1. Catalogo de recursos O comentario dunha pirámide de
Xeografia
procedementais poboación.
Introducción.
A pirámide de poboación é unha representación gráfica, mediante a técnica de “gráficas
de barras enfrontadas”, que reflicte a estructura da poboación por sexo e idade nun momento
determiñado. A partir dela pódense analizar tamén os acontecementos que tiveron repercusións
demográficas nos cen anos anteriores ó momento ó que se refire a pirámide. A súa utilidade é
transcendental para facer proxeccións demográficas de futuro e planificar politicas de acción
social.
Comentario.
a) Lectura: Comenzaremos por unha lectura atenta do gráfico. Onde descubriremos:
- Territorio ou espacio ó que se refire e ano de representación.
- Tipode poboación representada (rural, urbana, centro do país, periferia...)
- Intervalos de representación.
- Forma de representar os gráficos: porcentaxe (absoluta ou por sexo), tantos por
mil, datos absolutos...
- Outros datos: poboación activa, poboación por sectores, paro...
b) Comentario da estructura por sexo:
- Sempre nacen máis homes ca mulleres (a sex-ratio aproximadamente e a nivel
planetario é de105 ou 106 nenos por cada 100 nenas). Débese calcular a Taxa de
Masculinidade ou constatar a maior lonxitude da barra ou cohorte inferior da
pirámide (grupo de 0 a 4 anos) do lado dos homes.
- Tamén hai que indicar o momento no que a maior mortalidade masculina leva
a equiparación dos efectivos de ambolos dous sexos e sinalar a disparidade entre
efectivos de anciáns e ancianas.
- Hai que explicar a maior esperanza de vida das mulleres e as causas da maior
mortalidade masculina (gerras, estilo de vida...)
c) Comentario da estructura por idade:
Determiñar e comentar a estructura por idade a partir das porcentaxes de
xóvenes-inactivos (0-14 anos), adultos-activos (15-64 anos) ou anciáns-
inactivos (65 e máis anos), é a partir da forma da pirámide, que pode ser dos
tipos seguintes:
< A forma triangular, de parasol ou pagoda (España en 1900) indica
poboación xoven (os xóvenes supoñen máis do 35 % da poboación e os
anciáns menos do 5 %). A base é ancha polas altas taxas de natalidade, e
a poboación disminúe rapidamente cara o cumio polas taxas de
mortalidade elevadas e esperanza de vida baixa. É preciso sinalar as causas
da alta natalidade e da alta mortalidade, así como as consecuencias da alta
porcentaxe de xóvenes.
< A forma de oxiva ou campá (España en 1970) indica poboación adulta
ou estacionaria (hai unha acumulación de efectivos adultos: 53-70 %,
1
2. unha porcentaxe non moi elevada de xóvenes: 25-35 %, e tampouco
moitos anciáns: 5-12 %. A base da pirámide é menos ancha ca no caso
anterior porque a natalidade se foi recortando, pero de forma suave, de
xeito que aínda permite o relevo xeneracional. A poboación disminúe
lentamente cara o cumio debido ás taxas de mortalidade baixas. Tamén
aquí é preciso indicar as causas do progresivo recorte da natalidade e da
baixa mortalidade, así mesmo as co nsecuencias do predominio dunha
poboación adulta.
< A forma de furna (España en 1997) indica poboación avellentada (hai
unha alta porcentaxe de anciáns: máis do 12 %, porcentaxes inferiores ó
25 % para os xóvenes, e valores entre o 50-60 % para os adultos. A base
da pirámide estréitase, o que indica unha natalidade baixa e en descenso,
o cumio faise ancho, o que indica unha esperanza de vida
incrementándose. Debemos explicar as causas do avellentamento (caída
da natalidade e alta esperanza de vida) e as súas consecuencias (problemas
relacionados coas pensións, a saúde e a asistencia social.
d) Comentario dos acontecementos demográficos máis significativos:
Os acontecementos demográficos máis significativos dedúcense dos entrantes ou
entalladuras e saíntes ou ensanchamentos do perfil da pirámide. Analizaremos
sempre o perfil empezando pola parte superior da pirámide.
! Os entrantes ou entalladuras indican perda de poboación. Débense á
subnatalidade, ó aumento da mortalidade por guerras (afecta máis á
poboación masculina), fames ou epidemias (afecta por igual a ámbolos
dous sexos). Tamén poden atribuírse á emigración.
Hai que ter en conta que os entrantes producidos polos mortos dunha
guerra non coinciden nunca cos anos da guerra, senón que están entre 20
e 30 anos antes (4-5-6 barras ou cohortes máis arriba da pirámide)
afectando sobre todo á poboación masculina que no momento da guerra
estaba en idade de combater (entre 20 e 30 anos). Os entrantes que
coinciden cos anos da guerra débense á subnatalidade producida pola
mesma e afectan case por igual á homes e mulleres.
Os entrantes dunha pirámide constitúen unha xeneración oca ou
pequena, que se reflicte 20 ou 30 anos máis abaixo, creando un novo
entrante ou unha reducción de efectivos, cando os membros desa
xeneración chegan á idade de casarse e ter fillos (20-30 anos): debido a
que son unha xeneración menos numerosa, o total dos seus fillos é tamén
menor.
! Os saíntes ou ensanchamentos indican incremento de poboación.
Débense a diversas causas: baby boom postbélico, desenvolvemento
económico, inmigración, etc. Provocan unha xeneración abultada ou
ensanchamento 20-30 anos máis abaixo (4-5-6 cohortes máis abaixo),
cando chegan á idade de casarse e ter fillos: como son máis, o número
total dos seus fillos tamén é maior.
Para analizar os entrantes e saíntes dunha pirámide, hai que relacionalos cos feitos
históricos que tiveron unha incidencia demográfica.
2
5. Comentario.
a) Lectura:
O gráfico obxecto de comentario é a pirámide de po boación de España
correspondente ó ano 1.991. As pirámides representan a estructura da poboación por
idade e sexo e permiten visualizar a evolución da mesma, así como a influencia dos
distintos factores que inciden na dinámica demográfica (natalidade, mortalidade,
avellentamento, movementos migratorios...).
Está elaborada a partir dos datos do censo de 1.991 para todo o Estado español
e representa as distintintas cohortes en tramos quinquenais por medio de histogramas
de barras enfrontadas en función da porcentaxe de cada grupo de idade sobre o total
da poboación.
b) Comentario da estructura por sexo:
Podemos constatar o maior número de nenos fronte ás nenas no tramo 0-14 anos,
para comenzar a equipararse a partires dos 15-25 anos. A maior mortalidade masculina
explicaría esta equiparación que se concretaría na cohorte dos 30-34 anos.
A partir deste momento prodúcese o desequilibrio a favor dos efectivos femininos.
Este desequilibrio viría explicado polo estilo de vida máis arriscado, por parte dos homes,
que incrementaría a súa mortalidade: accidentes de tráfico, laborais, strés, consumo de
alcohol e tabaco; ou pola estructura biolóxica máis feble ca das mulleres. Por estas razóns
é maior a esperanza de vida feminina.
c) Comentario da estructura por idade:
Nesta pirámide a poboación xove representa un 18,5 % (lonxe do 30 % que
adoitan ter os países de poboación expansiva, xove e dinámica). A poboación vella supón
un 13,8 % (moi por riba do 10 % das poboacións xoves). Estamos, polo tanto, diante do
caso dunha poboación avellentada, cunhas taxas de mortalidade e natalidade baixas e
un crecemento vexetativo reducido.
A gráfica debuxa un perfil tipo bulbo ou furna: cunha base que se está estreitando
(natalidade reducíndose), un forte ensanchamento na parte media correspondente á
poboación adulta (reflicte a alta natalidade dos anos 1955-75) e un cumio ancho (mostra
do aumento da esperanza de vida).
A poboación representada podería calificarse como estancada, con tendencias
regresivas, na que o relevo xeneracional non está garantido (o número de fillos por muller
está moi lonxe dos 2,1 necesarios). Característica típica dos paises desenvo lvidos de
Europa entre os que nos atopamos.
As causas desta situación son dous axentes demográficos: a disminución da
natalidade e o aumento da esperanza de vida durante a década de 1980.
A natalidade foise reducindo paulatinamente ata a década de 1970, caéndo
vertixino samente a partir de 1975 por mor da crise económica derivada da crise do
petróleo. Pero outros factores foron máis efectivos na cída: xeneralización do uso de
métodos anticonceptivos, retraso na idade de contraer matrimonio, retraso na
aparición do primeiro fillo, incorporación masiva da muller ó traballo, falla de
axudas sociais á infancia: subvencións por fillo, guarderías públicas, escaso apoio
ás familias numerosas, perspectivas negativas de atopar emprego...
A esperanza de vida foi aumentando gracias a desaparición da mortalidade
5
6. catastrófica, aumento do nivel de vida, mellora nas condicións hixiénicas e
alimentarias, avances médicos e xeneralización da atención médica á meirande parte
da poboación.
d) Comentario dos acontecementos histórico-demográficos máis significativos:
Na cohorte de 70-74 anos, correspondente ós nacidos entre 1916-20, podemos
observar un entrante ou entalladura que reflicte o déficit de nacementos que supuxo a
epidemia de gripe española de 1918 e os mortos provocados, directa ou indirectamente,
pola Guerra Civil de 1936 e que ademáis coincide coa xeneración pequena que se orixina
na Guerra de Cuba. Nas cohortes correspondentes ós 60-70 anos (nacidos entre 1.921 e
1.930) pódese apreciar un lixeiro que se corresponde co mantemento de altas taxas de
natalidade nos felices vinte e que, en parte, vese disminuído pola emigración a América
por xoves en idade de procrear.
Nas cohortes entre 45 e 55 anos (nacidos entre 1.936 e 1.945) pódese apreciar un
profundo entrante que se corresponde coa xeneración pequena, comentada no párrafo
anterior e que, ademáis, pódese atribuír ó déficit de nacementos provocados pola Guerra
Civil e as penurias económicas da postguerra (anos da fame). Dende aquí ata o grupo de
35-40 anos hai un incremento sostido, aínda que non moi grande, debido á emigración á
América. Nesta última cohorte podemos apreciar as consecuencias da xeneración pequena
que provocan un pequeno entrante na pirámide agravado pola emigración á Europa,
consecuencia do paro xerado polo Plano de Estabilización de 1.959 e polo inicio da
mecanización a gran escala do campo español.
As cohortes que representan a poboación entre 15-20 anos (nacidos ata o
quinquenio 1.971-75) representan unha alta natalidade consecuencia do baby-boom. A
partir de aquí as taxas de natalidade caen de forma espectacular por razóns xa explicadas.
e) Conclusións:
Esta pirámide representa unha poboación avellentada, que podería ser no futuro
regresiva (reducirse o numero total de habitantes). O avellentamento provocaría
dificultades o sistema de pensións, ó reducirse o número de activos en relación ó
aumento de pasivos; obrigaría a unha maior inversión pública en asistencia social á
Terceira Idade e, ademáis reduciríase o consumo privado ó ser menor a capacidade de
consumo das clases pasivas.
6