Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

ColeccióN 14

205 views

Published on

Colección de documentos sobre o capitalismo e o socialismo entre 1945 e 1973

Published in: Education, News & Politics
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

ColeccióN 14

  1. 1. Colección doc umental Capítulo XIV 1º de bacharelato. Capitalismo e socialismo: dúas vías para o desenvolvem ento. A situación polit ica en Europa. As democracias liberais. 1945-73. A. O funcionamento do sistema politico. (Fonte : PAN IAGU A SOT O, J.L.: Regímen es políticos. Gobern antes y gobe rnados: E l poder y sus co ntroles.E d . Sa l va t , C o l . A u la A bi e rt a Sa l va t . N º 10. Barcelona. 1981) B. Estructura do réxime liberal parlamentario. “No réxim e parlamentario a organ izac ión d as relació ns entre os po dere s executivo e lexislativo articúlase da seguinte maneira, que pasamos a enunciar esquemáticamente: • O Parlamento inviste ó Gob erno e ó seu presidente, q ue se presenta ante él para expor o seu programa. O xefe do Gabinete, polo xeral líder da maioría, adoita escoller ós seus ministros entre os parlamentarios, aínda que pode non facelo así. • Tanto o Goberno como o Parlamento dispoñen de iniciativa lexislativa. O primeiro propón proxectos de lei *, e o segundo proposicións de lei **, que deberán ser discutidos e aprobados por votación, segundo o procedemento e as maiorías requeridas en cada caso pola Constitución ou o Regulamento interno da Cámara. • O Goberno elabora o Orzamento Anual do Estado, e o Parlamento apróbao, con ou sin enmendas, ou o rexeita. • O Goberno dirixe a politica nacional e internacional, dacordo co seu Programa, mentras que o Parlamento ten a facultade de controlalo a través de preguntas, interpelacións, mocións, etc. • O Goberno disolve o Parlamento, e éste á súa vez pode facer dimitir ó Gabinete. Es tes casos es tán suxeitos a un procedemento que recolle a Constitución , para sustraelos ó simple capricho ou conveniencia momentánea.” (PANIAGUA SOT O, J.L .: Réxi m e s politicos. Gobernantes e gobernados: o poder e os seus controles. Ed. Salva t. Col. Aula Abierta Salvat, nº 10. Barcelona. 1981) 239
  2. 2. * Prop osición de lei: Dise dos textos articulados que, orixinados nas Cámaras (iniciativa lexislati v a do Parlamento), se tramitarán, se son acep tado s polo P leno, a ta a sú a form a def initiva com o lei. * * Proxe cto d e lei: Denominación que reciben o s t e x to s l e ga i s qu e o G o b er n o ( in i c ia t i v a l e x is l a t iv a d o E x ec u t i vo ) p r e se n t a á s C á m a r a s ; u n h a vez tomados en consideración polo Pleno, e despois dos trámites regulamentarios, chegarán a converterse en leis. C. As constitucións, normas básicas das democracias liberais. “Art. 2º. Francia é unha República indivisible, laica, democrática e social que garante a igualdade ante a lei de todos os cidadáns... O seu principio é o goberno do pobo, polo pobo e para o pobo. Art. 5º. O Presidente da República velará polo respecto á Consti tución e asegu rará coa súa arbitraxe o funcionamento regular dos poderes públicos, así como a conti nuidade do Estado. Será o garante da independencia nacional, da integridade do territorio, do respecto dos acordos da Comunidade e dos tratados. Art. 16º. Cando as institucións da República, a independencia da nación, a integridade do seu territorio ou o cumplimento dos seus compromisos internacionais estén ameazados dunha maneira grave e inmediata, e o funcionamento regular dos poderes públicos constitucionais estea interrumpido, o Presidente da República tomará as medidas esixidas por tales circunstancias, previa consulta oficial co Primeiro Ministro, os presidentes das asambleas e o Cons ello Cons titucional. Info rmara disto á Nación por medio dunha mensaxe: Estas medidas deberán estar inspiradas na vontade de asegurar ós poderes públicos constitucionais, coa mellor dialción, os medios de cumplir a súa misión. O Consello Constitucional será consultado a este respecto. O parlamento reuniráse automáticamente. A Asamblea Nacional non poderá ser disolvida durante o exercicio de poderes excepcionais. Art. 20º. O Goberno determina e dirixe a política da Nación. Dispó n da Administración e das Forzas Armadas. É responsable ante o Parlamento nas condicións e con arreglo ós procedementos previstos. Art. 24º. O Parlamen to compren de a Asamb lea Nacional e o Senado. Os diputados da Asamblea Nacional serán elixidos por su fraxio d irecto. O Senado será elixido por sufraxio indirecto . Asegurará a representación das colectividades territoriais da República.” (Constitución da V República francesa) A situación politica en Europa. As democracias populares. 1945-73 D. O funcionamento do sistema politico. O Estado e o Partido Comunista na URSS 240
  3. 3. E. A Constitución da URSS. Art. 1. A Unión de Repúb licas Socialistas Soviéticas é un Es tado socialista de todo o pobo que expresa a vontade e os intereses dos obreiros, dos campesiños e dos intelectuais, dos traballadores... Art. 2. Na URSS, todo o poder pertence ó pobo. O pobo exerce o poder estatal a través dos Soviets de Diputados Populares, fundamento politico da URSS. Todos os demais organism os estatais atópans e baixo o control dos Soviets de Diputados Populares e réndenlles contas da súa xestión. Art. 3. A organización e a actividade do Estado soviético estructúranse segu ndo o principio do centralismo democrático: electividade de todos os órganos de poder de abaixo arriba, deber de render contas ó pobo da súa xestión e obligatoriedade das decisións dos órganos superiores para os inferiores... Art. 6. A forza dirixente e orientadora da sociedade soviétic a e o núcleo do seu si stema politico , das organizacións estatais e sociais é o Partido Comunista da Unión Soviética. O PCUS exi ste para o pobo e sirve ó pobo... Art. 9. O desenvolvemento do sistema politico da sociedade soviética oriéntase fundamentalmente a seguir desplegando a democracia socialista: participación cada vez mais ampla dos cidadáns na administración dos asuntos do Estado e da sociedade... Art. 10. A base do sistema económico da URSS é a propiedade socialista dos medios de producción en forma de propiedade do Estado (patrimonio de todo o pobo)... Art. 39. Os cidadáns da UR SS posúen a ple nitude de dereitos e liberdades socio-económicos, politicos e persoais, proclamados e garantidos pola Constitución da URSS e as leis soviéticas... O uso dos dereitos e liberdades polos cidadáns non debe lesionar os interses da sociedade e o Estado, nin os dereitos doutros cidadáns. (Constitución da Unión de Rep úblicas Soc ialistas Soviética s, 1977) A gran expansión capita lista no mundo. 1945-1973. F. Os Acordos de Bretton Woods e o liderádego económico dos EE.UU. “Características fundamentais do Sistema de Bretton Woods: a) Establecemento de paridades de tódalas moedas a través do ouro. b) Os Banc os Centra is do s paí ses adheridos , non teñe n obrigac ión d e cam biar a súa moeda nacional por ouro , excepto EE.UU. Que debía cambiar o dólar por ouro (paridade dólar = ouro), a peti ción de c alquera Autoridade Monetaria estranxeira. c) O dólar é a moeda de intervención do sistema, dada a súa convertibilidade en ouro. d) Cada autori dade monetari a (tras definir a súa paridade dolar a través do ouro), sinala un cambio lixeiramente superior e lixe irame nte i nferi or, que son o seu ti po de venda e o seu tipo de co mpra de divisas estranxeiras, respectivame nte. Esto co nstitúe a banda de fluctuación de cada moeda c on res pect o ó dolar. e) Previsión da c reación do Fon do Monetario Inte rnacinal (FMI), que regulará o comercio e os pagos entre os distintos países, para o que se aportan unhas cuotas (parte en ouro, parte en moe da nacional e parte en obrigacións do goberno correspondente) que constituirá un fondo. f) Os pagos internacionais abreviaranse mediante un sistema de créditos que concederían dous organismos con gran importanc ia no futuro desenvolvemen to do sistema capitalista: Banco Internacional de Reconstrucción e Fomento ou Banco Mundial e o Fondo Monetario Internacio nal. g) Definición das fun cións do Banco m undial: Administrar e xestion ar o Fondo Monetario Internacional e a concesión de c réditos ós países s olicitantes. O Fondo Monetario Internacional deberá: estabilizar o valor das moedas, impedir caóticas depreciacións competitivas e incrementar os investimentos dos países ricos cara os países pobres.” (Reelaborado partindo de GARCÍA ALMIÑANA e outros: Historia do Mundo Contemporáneo. Ed. ECIR. Valencia. 1997) 241
  4. 4. G. O papel dos factores tecnlóxicos na expansión. “Debido a que a innovación se converteu na forma moderna de competencia, o esforzo que cada empresa consagra á investigación científica e ó desenvolvemento técnico ten unha importancia decisiva. Neste terreo, os EUA levaron unha vantaxe abraiante. No ano 1965 (...) a parte do Producto Nacional Bruto destinado á investigación foi o 3,61 % nos EUA fronte ó 2,01 % en Europa (...). Estes esforzos non só permiten aumentar de cote os descubrimentos científicos, senón que tamén reducen cada vez máis o camiño entre o descubrimento científico e a súa explotación industrial: este é precisamente o trazo característico da economía moderna. Para pasar da invención científica á explotación industrial precisáronse: - 112 anos para a fotografía. - 56 anos para o teléfono. - 35 anos para a radio. - 15 anos para o radar. - 12 anos para a televisión. - 6 anos para a bomba atómica. - 5 anos para otransi stor. - 3 anos para os circuítos integrados.” (SERV AN SC HREI BER, J .J.: O desafío amer icano.) H. O papel do Estado na economía. Análise histórica do proceso de intervención. Fonte: Albiñana, Opus cit. Pax. 288 I. O papel do Estado na econom ía. A política econ ómica. “Dende o século XVIII desenvolveuse, sen embargo, un movemento favorable á restricción das actividades do Estado. O libro de Adam Smith A riqueza das nacións (1776), sintetizou as novas ideas e converteuse na obra clave dos economistas durante cen anos. O século XIX foi o século do liberalismo. O 242
  5. 5. Estado reducíu as súas actividades e, era corrente, na época, a opinión de que o progreso e a diminución do intervencionismo iniciaran camiños paralelos e sen retorno. A historia, sen embargo, encargaríase de desmentir esas prediccións, e xa as últimas décdas do século XIX contemplaron a formación dunha opinión intelec tual favorable, de novo, á intervención estatal. Dú as guerras mundiais e a creación do c hamado “Estado de benestar” significarán, no século XIX, a asunción polo Estado do papel protagonista na vida económica. Este é o mundo en que vivimos hoxe. Pero nel atópanse sintomas da creación dunha opinión pública contraria ó papel dominante do Estado. Estas i deas constitu iron xa parte do programa de partidos e grupos políticos que nalgúns países pensan que sería bo e efectivo introducir claras limitacións, mesmo de carácter institucional, no papel do Estado. É dificil, se n embargo , predecir se estamos ante unh a reacción pasaxeira contra os exceso s do Estado ou ante o inicio dun cambio duradeiro. Non pode esquecerse, adem áis, que, para ter éxito, os programas de liberalización haberán de enfrontarse tanto a formas de pensamento e actuación moi arraigadas como ós intereses particulares. Os datos disponibles non amosan aínda resultados claros. Trátase sen dúbida dunha das cuestións clave destes anos finais do século XX.” ( C A B R I LL O , F.: Liber alism o e inte rvenc ionism o. En: BAL BOA LÓ PEZ e out ros: Historia domundo contemporáneo. Síntese e documentos. Ed. Xerais. Vigo. 1994. Paxs. 176-177) J. O papel do Estado na economía. O neocapitalismo de Estado. “En Francia, a parte que o Estado ten na producción é cada vez maís importante. Ademais das grandes empresas nacionalizadas, ten un conxunto de participacións maioritarias, directas e indirectas, que lles dá ós poderes públicos franceses unha posición única nas economías non socialistas (...). O Estado e: O primeiro amo, con mais de 1 millón de asalariados, isto é, o 14 % de toda a mán de obra industrial francesa e o 6 % da poboación acti va. O primeiro investidor, xa que leva a cabo o 20 % do inves timento naci onal. En canto ás ramas da actividade económica, o Estado é: O primeiro productor de carbón, electricidade, gas natural e fertilizantes potásicos, con case toda a producción destes elementos. O primeiro productor de avións, cos 2/3 de todo o material aeronáutico. (...). Hai que engadir tamén que o Estado francés ten influencia directa en moitos outros sectores, ben pola súa posición de comprador (material aeronéutico, cons trucción electrica e e lectrónica, material de guerra, de obras públicas, etc.), ben pola súa condición de distribuidor de créditos e subvencións. (...). Así, pódese dicir que, como productor e como co mprador, o Estado controla de feito un tercio de toda a actividade económica nacional. (...)” (Revista Entreprise. 28 de agosto de 1965) K. A expansión da econ omía europea. ÍNDICES DE PRODUCCIÓN TOTAL ANOS FRANCIA RFA ITALIA SUECIA R. UNIDO 1950 100 100 100 100 100 1955 124 156 134 118 114 1960 156 212 175 140 130 1965 207 271 227 182 154 1970 275 340 304 220 172 1975 327 370 337 246 187 243
  6. 6. L. O papel da publicidade como dinamizador do consumo e factor de desenvolvemento. Anuncio publicitario español dos anos 60 LL. O aumento do nive l de vida. Esco lar. O bligat ori. 13 anos 14 anos 16 anos Semana laboral X o rn a d a 1 0 h . F i n d e s e m a n a li b r e X. 8h Semana de 48h 1860 1870 1880 1890 1900 1910 1920 1930 1940 1950 1960 1970 Vacac. Pagadas 2 semanas 3 semanas 4 semanas S a l a r io 1 9 3 8 = 1 0 0 60 100 120 150 175 M. O proceso de terciarización da poboació n activa. 244
  7. 7. N. O Estado do Benestar ou Welfare State. 245
  8. 8. O. A hexemonía económica americana. As “multinacionais”. “Durante as décadas de 1920 e 1930 xeneralizáronse, ademáis, os métodos iniciados por General Motors e Du Pont de Nemours: des centralización en “divisións”, cada unha cunha liña de productos e unha oficina central, e unha oficina xeral que su pervisa e dirixe o conxunto. Es as estructuras amplas e flexibles e o seu enorme tamaño -amén das leis antitrust da fin de século- impulsáronas a saír dos Estados Unidos, e o seu control dos mercados exteriores converteuse nu nha arma de competencia olig opolística. A súa expansión exterior quedou parcialmente frenada pola recesión dos anos trinta. Finalizada a Segunda Guerra Mundial e organizada a CEE, os xigantes norteamericanos sentironse atraídos pola expansión europea e, ó mesmo tempo, desafiados polo seu crecemento. Mentras as empresas europeas, moito máis pequenas, se fusionaban e m ultinacionalizaban, as norteamericanas trasladáronse mas ivamente a Europa Occiden tal. En 1957, as inversións estadounidenses superaron por primeira vez a cuantía das que os europeos realizaran nos Estados Unidos. As vantaxes salariais ofrecidas por Europa e a masa de información acum ulada durante os anos de guerra, o Plan Marshall e o medo das grandes compañías a qu edar rezagadas se non saían ó extranxeiro como as demais contribuíron tamén a organizar o que Hymer (1) chamara “sistema do Atlántico Norte”.” (1) HYME R, S. H.: La com pañía m ultinacio nal. Un e nfoque radical. E d . B lu m e , M a d r id . 1 9 8 2 . (ASCÓ N, Rosa e out ros: Geogr afía 3. Tr abajo, p roducc ión y espa cio industr ial. Ed. Crítica. Barcelona, 1988. Pax. 131) O milagre económico de Alemaña e Xapón. Dous xigantes mundiais. P. O desenvolvemento alemán. Q. O despegue de Xapón. “O Xapón é actualmente o terceiro país productor de aceiro do mundo despois dos Estados Unidos e da Unión Soviética. A tonelaxe total co nst ruída nos estaleiros navais representa o 40 % da producción mundial e os seus talleres teñen en construcción neste momento barcos de 300.000 toneladas. Agora ben, estas realizacións obtivéronse en a penas vinte anos, despois dunha derrota aplastante que deixou ó Xapón totalmente arruinado... ¿A que se debe es te innegable éxito? En prime iro lugar a unha incontestable act itude para asimilar innovacións estranxeiras. Por este sentido innato da observación que lle fai reparar en todo, incluso nas c ousas mais i mperceptibles, por es te de sexo de apre nder s en lí mite, de prefecci onars e para superar ós seus veciños, de adoptar o que hai de mellor e melloralo aínda máis, o xaponés é un temible 246
  9. 9. competidor no mercado in ternacional. Engade ademais a esta extraordinaria disposición de espírito, o maior triunfo, o dunha man de obra da que obtén o máximo proveito. O éxito xaponés débese, en segundo lugar, a unha frugalidade lexendaria e hábitos espartanos. Por iso se explica, sen dúbida, a aceptación por cada un, incluso cando a súa competencia está unánimemente recoñecida, de salarios moi baixos. ¡Que importa, se ten asegurada a subsiste ncia, o fogar e o vestido!... Por último, o “milagre xaponés” pode explicarse polo sentido de grupo e a tradición ancestral de submisión ó xefe...” (ROBE RT, J. : “Impresions japonaises”. Revista Education et gest ion. num. 8 , 1967 .) Os movementos de integració n económica. O desexo de facerse máis fortes. R. A filosofía que inspirou a CEE. “É un pensamento a miúdo repetido que a humanidade é incapaz de aprender da historia, é non é totalmente correcto se xulgamos a nosa experienci a en Alemaña. Como result ado do desastre que as dúas guerras mundiais trouxeron a Alemaña, a gran maioría do noso pobo deuse conta consciente ou intuitivamente que as nacións non poden continu ar vivindo segundo os seus propios desexos e inclinacións, senón que deben axuntar os seus inte reses cos dos outro s pobos da terra. Xa non hai ningún problema im portante que sexa exclusivamente alemán ou ata exclusivamente europeo. Debemos aprender a pensar e a actuar nun marco máis amplo. A expresión ¡Todos somos irmáns! non é unha frase baleira e non debemos permitir nunca que chegue a selo. Non debemos pensar en certos países como afastados e, a consecuencia, carentes de interese para nós. Calquera país nos concerne porque a paz é indivisible, e soamente cando todos os países, nas súas decisións e actos, teñan en conta o estado do mundo no seu conxunto, conseguiremos que chegue a paz". (ADEN AUER , Konrad: El fin del nacionalismo. En: www.historiasiglo20.org) S. A fundación da CEE. O Tratado de Roma. “Art. 2. A Comunidade ten como misión, para chegar a un mercado común e a unha aproximaci ó n p r o g r esiva das políticas económicas dentro do conxunto da Comunidade, unha expansión contínua e equilibrada, unha estabilidade crecente, unha aceleración da mellora do nivel de vida e unhas relacións máis estreitas entre os Estados que congrega. Art. 3. Coas finalidades enunciadas no artigo precedente, a acción da comunidade comporta, segundo as condicións e os ritmos previstos no pre sente tratado: a) A eliminación entre os Estados membros dos dereitos de alfándega e das restriccións cuantitativas na entrada e mais na sa ída de mer cadorías (...). b ) O establecemento dunha tarifa de alfándega común e dunha politica comercial com ún cara ós Estados terceiros. c) A abolic ión, entre os Esta dos me mbr os, dos ob stáculo s para a lib r e c i r c ulación de persoas, de servicios e de capita l. d) A instaura ción dunha politica común no t erreo dos tr ansporte s (...). e) O achegamento das lexislacións nacionais na medida necesaria para o funcionamento do mercado común. i) A c r e a ci ó n d u n Fo n d o S o c ia l E ur o p e o ( F S E ) para mellora-las posibilidades de traballo dos obreiros e cont ribuír ó aum ento d o seu niv el de vid a (...).” (Tratado de Roma. Roma, 1957) T. O futuro da Unión Europea. "¿Conti núa sen do vostede optimis ta respec to ao porvir da cidadanía europe a? Si, porque a cidadanía nacional é un punto de referencia que ten menos importancia que noutros tempos. Cada día máis, as xentes traballan nun contexto europeo, ata mundial. Económ ica e cult uralm ente , vívese xa fora do marco nacional. Ademais, os progresos realizados nos últimos c incuenta anos s on enormes: a superación do conflicto franco-alemán, o fin da división entre a Europa occidental e a oriental. Hoxe se esta empezando a debater sobre o tema: ¿Pódese ser europeo sen pertencer ás culturas his tóricas dominantes en Europa? Na miña opinión, é un avance considerable". (Entrevista a Catherine wihtol de W enden, autor a do libro: La citoyenneté europeénne. En: www.historiasiglo20.org. 7-III- 2006) 247
  10. 10. U. A vida da CEE. Un proceso en fases. Estados membros da Unión Europea (Fonte:www.iris.cnice.mec.es) V. A Constitu ción europea. “Artículo 1-43. A Unión e os Estados membros actuarán conxuntamente con espírito de solidariedade se un Estado membro é obxect o dun ataque terrorista ou vítima dunha c atástrofe natural ou de orixe humana. A Unión mobilizará todos os instrumentos de que dispoña, incluídos os medios militares postos á súa disposición polos Estados me mbros, para: a) - previr a ameaza terrorista no territorio dos Estados membros; - protexer as institucións democráticas e á poboación civil de pos ibles ataques t erroristas; - prestar asistencia a un Estado membro no territorio deste, a petici ón das súas autoridades polít icas, en caso de ataque terrorista; b) prestar asistencia a un Estado membro no territorio deste, a petición das súas autoridades políticas, en caso de catástrofe natural ou de orixe humana. As modalidades de aplicación do presente artigo están previstas no artigo III-329.” (Constitución E uropea. Ou tubro de 2004) 248
  11. 11. W. As institucións da CEE en 1986 As institucións da CEE en 1986 Problemas sociais en Occ idente. Desequilibrios intern os. X. A segregación racial nos EE.UU. Black is b eautiful: a rebelión dos negros. Malcom X. “Non son demócrata, non son republicano e nin sequera me considero norteamericano (...). Ben, eu non creo niso de enganarse a un mesmo. Non sentarei na túa mesa co prato valeiro para verte comer e dicir que son o teu comensal. Se eu non probo o que hai no teu prato, sentar na túa mesa non fará de min un comensal. O feito de estar nos EUA non nos fai ser norteamericanos. Ter nacido aqui non nos fai norteamericanos. Porque se o nacemento nos fixese norteamericanos non precisariamos facer unha emenda da Constitución, non habería que ir con tra aquilo que impide exerce-los dereitos civís, agora mesmo en Wáshington. Non hai que promulgar leis de dereitos civís para facer norteamericano a un polaco. Non, eu non son norteamericano. Son un dos vintedous millóns de negros victimas da democracia, que non é máis ca unha hipocresía disfrazada. Así é que non estou aqui falándovos como un norteamericano, nin como un patriota, nin como o que saúda a bandeira, non , eu non. Eu falo como unha victima deste sistema norteamericano. E vexo os Estados Unidos cos ollos dunha victima. Non vexo ningún soño norteamericano; vexo un pesadelo norteamericano.” ( D is c u rs o de M a lc o m X ) 249
  12. 12. Y. O maio francés de 1968. “¡¡Traballadores de París!! Despois dunha semana de loitas c ontínuas , os estu diantes de París, onte pola tarde, ocup ámo-la Sorbo na. E estamos deci didos a qu edar. Ata agora impuxérannos unha educación burguesa, o contido da cal non podiamos criticar, e que nos preparaba como futuros dirixentes e instrumentos da vosa explotación. Ata agora criam os q ue poderiam os resolve-los nosos problemas polos medios tradicionais, como os partidos politicos, a elección de representantes e as manife stación s. A experie ncia dest es días am osóuno-la ineficacia destes medios e que tan só a acción de masas, dirixidas desde a base, pode obrigar ó po der a retroc eder. (...) Entre os vosos problemas e os nosos hai sem ellanzas profundas. ¿Quen decide as normas e os ritmos?¿Quen decide os obxectivos da producción? En todas partes a regra é a mesma, só se vos pide que executede-las ordes da xerarquía. Sindicatos e partidos da opos ición non vos propoñen e ndexamais nada esencialmente diferente. É sempre unha minoría a que decide en nome voso tanto na producción como na sociedade.” (Proclama do Comité de Acción Loitas obre iras e e studia ntís feita en maio do ano 1968) Os inicios da cri se. Inflacción, desemprego, inestabilidade mo netaria... Z. O aumento dos prezos enerxéticos. Evolución dos prezos do petróleo 250
  13. 13. A evolución dos países social istas. Desestalinización e descentralizació n. Z. 1. Problemas agrícolas na eco nomía soviétic a. “Constátase un neto desfase entre o ritmo de crecemento da nos a industria socialist a, da poboación urbana, do benestar das masas laboriosas, por unha parte, e o nivel actual da producción agríc ola , por outra (...). Como cons ecuencia da e xpans ión d a industria so cialista, prodúcese un cre cemento acelerado da poboación urbana, triplicándose o número entre 1926 e 1962. Na medida na que s e enriquece a soc iedade socialista, o benestar material dos traballadores elévase sen cesar. No momento actual, o salario real dos obreiros e empregados da URSS é varias veces superior ó nivel prerrevolucionario. Esto significa que o noso país é cada ano máis rico, que o desafogo material dos traballadores elévase e que naturalmente, ó mesmo tempo ten máis necesidade da agricultura. Sen embargo, o ritmo de desenvolvemento da agricultura soviética acusa claramente un retraso sobre o ritmo de desenvolvemento da industria e o incremento das necesidades da poboación de productos de consumo. Digamos simplemente que, aumentando a producción industrial en 2,3 veces dende 1940 a 1952, a producción agrícola global (en prezos comparables) non aumentou máis que nun 10 %... ¿Cales son as cau sas do nive l insufic iente da produc ción gríco la no seu conxunto e do retraso de varias ramas im portante s da agricultura?. O partido Comunista practicou sistemáticamente unha politica tendente a desenvolver ó máximo a industria pesada, condición indispensable do desenvolvemento de tódolos sectores importantes da economía nacional, e conseguiu neste aspecto éxitos importantes (...). Os nosos mellores cadros están ocupados na industrialización do país. Non estamos en condicións de asegurar simultaneamente o desenvolvemento rápido da industria pesada, da agricultura e da industria lixeira (...)” (KRU SCH EV, N . : Informe sobre os problemas agrícolas 3-IX-1953) Z. 2. Reform as na xesti ón empresarial. “... A fin de contrarrestar as tendencias á irresponsabilidade dos burócratas individuais, o Estado soviético tivo que introducir en 1935 o princi pio da “rendibilidade individual das empresas”. Deste xeito, os ingresos dos burócratas dependen do cumplimento do plan financeiro da empresa, o que con f recuencia en tra en conflicto coas ne cesidades de realizar o plan material, coa calidade dos productos ou soamente coa planificación... ... O burócrata, que sabe que a realización do plan depende do aprovisionamento regular da “súa” empresa de materias prim as, producto s auxiliares, corrente eléc trica, etc ., ó enfront arse coa relativa escaseza destes bens trata de protexerse reclamando constantemente unhas cantidades de productos superiores ás que realmente necesita, co que contribúe a aumentar a súa escaseza... De feito, esta tende ncia dos burócratas a crear unha marxe de seguridade para a formación de “reservas” chega tan lonxe que mesmo inte ntan ocultar e infravalorar sistemáticamente a capacidade de producción das súas empresas...” (MANDEL, E.: Tratado de economía marxista. En: Historia do mundo contemporáneo. Ed. Rodeira-Edebé. A Coruña, 2002. Pax. 278) Z. 3. A desestalinización. “O marxismo xamais negou a importancia dos xefes na dirección da clase traballadora e na organización das masas. Non obstante, condenou sempre como perigoso o predominio da vontade dun so dirixent e sobre as decisións colexiadamente deliberadas polos órganos do Partido (...). O Comité Central do Partido notou dende hai tempo na conducta do camarada Nikita Kruschev rrepetidas transgresións e violacións do principo da direcc ión colexiada, ó mesmo tempo que manifestacións e actitudes típicas de culto á personalidade (...). Pero os principais prexuízos provocados polaas iniciativas persoais do camarada Kruschev nestes anos, e en particular dende 1962, manifestáronse na organización do Partido en materia de producción agrícola e industrial (...) Na dirección da agricultura, deu o principal exemplo da súa falta de ponderación e da precipitación das 251
  14. 14. súas iniciativas. Unha destas con sistiu na liqu idación do siste ma de rotación e na introducc ión do cultivo intenso do millo como forraxe. Se a medida aparecía como válida para certas rexións, aplicada en gran escala produciu serios prexuizos noutras rexións e un empobrecemento das terras menos fértiles (...)” (Informe de Suslov presentado ó Comité Central do PC da URSS en outubro de 1964) Z. 4. O espacio xeográfico do COMECON. Fonte: w w w .b a r ra c lo u .c o m . 8-III-2006 Z. 4. Rebelións contra o dirixismo soviéti co. A opinión de T ito en Iugoslavia. “A URSS comenzou a practica-la súa política expansionis ta xa antes de co menza-la última Gue rra Mundial, cando asinou o pacto c on Hitler e se repartiron as zonas dintereses á hora de invadir territorios estranxeiros (...). Continuou esta mesma polític a cando rematou a guerra mundial (...). Cando se trata dun país socialista, a URSS intenta xustifica-lo uso dos seus métodos imperialistas coa suposta necesidade de que os pequenos paíse s socialistas ou as democracias populares subordinen os seus intereses ós intereses da Unión Soviética, potencia dirixente do socialismo, e iso, presumiblemente, no nome da revolución mundial. En rrealidade, esta subxugaci ón de pobos peque nos, como o proba a escravización de Polonia e, seguidamente, de Romanía, Hungría, Bulgaria, Checoslovaquia, etc., só ten unha finalidade, que non é a revolución mundial, senón realmente a hexemonía mundial.” (Declaracións de J. Broz, TITO, no VI Congreso do Partido Comunista Iugoslavo no ano 1953) Z. 5. Rebelións contra o dirixismo soviéti co. A vía checa. “O recoñecemento dos diversos intereses dos grupos sociais dos individuos e a súa unificación, esixen a elaboración e aplicación dun novo sistema polít ico, dun novo mode lo de democracia socialis ta. Hoxe, cando se borran as diferencias de clase, o criterioprincipal de avaliación dos individuos na sociedade é este: ¿en que medida contribúe unha determinada persoa ó desenvolvemento social? O partido criticou a miudo as concepc ións igualitarias, pero na práctica, a nivelación estendeuse nunha medida sen 252
  15. 15. precedentes, e chegou a ser un dos principais freos do desenvolvemento económico intensivo e da elevación do nivel de vida. Se nos esforzamos hoxe en e liminar as tendencias igualitarias, e en valorar os principios do rendemento, non cremos que así se creen unhas novas capas privilexiadas. Queremos que en tódolos sectores da nosa vida social, a remuneración das persoas dependa da importancia social e da eficiencia do seu traballo, da mostra de in iciativa pe rsoal, do grao de responsabilidade e dos riscos . Isto está de aco rdo co interese do desenvolvemento de toda a nosa sociedade. O principi o de rendemento leva á madurez técnic a, á rendabilidade e á productividade do traballo, á autoridade e ós poderes dos dirixentes responsables, e o principio da participación nos beneficios subliña a importancia crecente da cualificación de tódolos traballadores... O socialismo no n pode significar soamente a liberación dos traballadores da dominación das relacións de clase e da explotación, senón tamén, un pleno des envolvemento da personalidade. Debe ofrecer máis que calquera democracia burguesa...” ( P ro g r am a de “Renovación do socialismo” do Comité Central do Partido Comunista checoslovaco, do 5 de abril de 1968. En: BALBOA LÓPEZ, X. e outros. Obra citada. Pax. 182) A China maoísta. Unha nova versión comunista. Z. 6. Os comen zos da revolución. A Longa Marcha. Z. 7. Os cambi os na economí a. “Un labor central da reforma ec onómic a que se ha de emprender é a int egración da planificación gobernamental e das forzas do me rcado. A planifi cación te n un papel fundamental na macrorregulación da economía, controla os vaivéns da oferta e da deman da e encargase do axuste es tructural e máis da repartición da economía interior. O papel das forzas de mercado reside na microeconomía, na producción día a día e na repartición dos recursos. 253
  16. 16. No futuro, os departamentos gobernamen tais de tódolos niveis non se deberán encargar máis do funcionamento e da administración das empresas. A polít ica e conómica do gobe rno de be m udar. No canto de outorgar fondos e materiais, aproba-los proxectos e determina-los obxec tivos, deberanse lim itar ó labor de elaborar plans, coordinar, supervisar e ofrecer servicios. Os feitos demostraron, que naquelas rexións da China onde se introduciron mecanismos de mercado, a economía estimulouse e desenvolveuse rapidamente. No sur da provincia de Guandong, por exemplo, o 90% das actividades económicas dependen dos mec anismos do mercado. A producción organízase segu ndo as esixencias do mercado... O resultado é un ha economía local relativamente próspera. Só a competencia do mercado lles permite sobrevivir ás empresas superiores e elimina-las inferiores...” ( G A O SHAG QUA N (viceminist ro da com isión de Estado ): S o b re a r eestructuración do sistema económico. 1992. En: ARÓSTEGUI SÁNCHEZ, J.: Obra citada. Pax. 285) Z. 8. A Revo lución Cu ltural. “A loita era moi encarnizada daquela. Obrgabamos ós profesores a levaren un pucho e máis un cartel pendurado do pescozo non que aparecían frases escritas como: “So n un monstro”. Com parecían por quendas ante toda-las clases, onde os ins ultabamos e os ase diabamos con c onsignas, ac usacións e ordes de se reformaren. Obrigabámolos a limpa-los labavos, enzoufabámolos con pintura negra e organizabamos “equipos de control de monstros” (kuan niu-kui tui) que se encargaban de que recibisen o trato que merecían. Acusabámolos de faltas concretas e non parabamos ata que confesasen que as cometeran. Fixo falta case unha semana de loita sen tregua para que un home admitise que dixera: “Mao está errado” nunha conversa cun colega seu.” (MICHE L, A.: Memorias del guardia rojo Dai Hsiao-ai. 1976. En: ARÓSTEGUI SÁNCHEZ, J.: Obra citada. Pax. 285) Z. 9. A evolución da socialización da economía chinesa. Z. 10. O Gran Salto cara Adiante. A comu na Chinesa. “Art. 1. A comuna é unha organización social de base, construída voluntariamente polos traballadores baixo a dirección do Goberno popular e do Partido Comunista. O se u obxectivo é gob ernarse no campo da 254
  17. 17. producción indust rial e agrícola, dos cambios, da cultura, da educación e da polític a. Art. 2. A finalidade das comu nas é reforzar o sistema socialista e preparar activamente as condicións do tránsito progresivo ao sistem a comunista. Art. 3. Os membros das cooperativas que entren nas comunas deben entregar todas as terras..., casas, gando, árbores e demais medios de producción. Sen embargo, poden gardarse animais e aves en pouca cantidade a título de propiedade privada.... Art. 6. As comunas proseguirán os traballos hidráulicos..., asegurarán o contínuo auxe da producción agrícola..., desenvolverán rapidamente a industria... fabricando instrumentos de labranza, fertilizantes e materiais de construcción. (Proxecto de estatuto da Comuna popular Sputnik. 1958. En: ALFEIRÁN RODR IGUEZ e ROMERO MA SIÁ, A. : Obra citada. Pax. 370) Os problemas de desenvolvemento de Am érica Latina. Recursos e inestabilidad e. Z. 11. A explosión demográfica. Altas taxas de crecemento. Fonte: www.gisweb.ciat.cgiar.org 8-III-2006 Z. 12. Problemas agrarios. A revolución campesiña. “1. Tendo en consideración que o pobo mexicano, acaudillado por Francisc o I Madero, foi a derramar o seu sang ue para reco ncquistar lib erdades e reivi ndic ar dereitos conculcados, e non para que un home se fixese co poder, violando os sagrados principios que xurou defender baixo o lema de “sufraxio efectivo e non reelección”..., declaramos ao dito F ranci sco I Madero inepto para realizar as promesas da Revolución da que foi autor... 7. En virtudede que a inmensa maioría dos pobos e cidadáns mexicanos son únicamentedonos do terreo que pisan, sen poder mellorar en nada a súa condición social ninipoder dedicarse á industria ou á agricultura, por est ar monopolizadas por unhas poucas mans as terras, montes e augas; por esta causa se expropiarán, previa indemnización , a terceira parte destes monopolios aos seus poderosos propietarios, a fin de que os 255
  18. 18. pobos e cidadáns de México obteñan campos, colonias, terras legais para pobos ou campos de sementeira ou de labor e se mellore en todo e para todo a falta de prosperidade e benestar dos mexicanos. 8. Serán nacionalizados os bens dos terratenentes, científicos ou caciques que se opoñan directa ou indirectamente ao presente Plan, e as dúas terceiras partes que a eles corres pondan se rán destinadas para indemnizacións de guerra,pensións de viúvas e orfos das ví ctimas que sucumban nas loitas do presente Plan.” ( Z A P A T A, E . e a X U N T A R E V O L UC I O N A R IA D O E S T A D O D E M O R E L O S : Plan de A yala . 1 9 1 1 . E n : A LF E I R Á N R O D R I GU E Z e ROMERO MASIÁ: Obra citada. Pax. 397) Z. 13. Problemas agrarios. Melloras tecnolóxicas. Superficie de regadío (Miles de Has.) América Latina e o Caribe. (1972-1998) Fonte: www.unep.org. Z. 14. Des equilib rios indu striais. Dependen cia t ecnolóxi ca exterior. “O xefe dunha misión técnica norteamericana en Brasil, John Abb ink, ant icipara proféticamente, en 1950: “os Estados Uni dos deben estar preparados para guiar a inevitable industrialización dos países non desenvolvidos, se se desexa evitar o golpe dun des envolvemento eco nómico inte nsísimo fora da éxida norteamericana... A ind ustrializaci ón, se no n está co ntrolada dal gún xeito, le vará a unha substanci al reducción dos mercados estadounidenses de exportación”. En efecto, ¿acaso a industrialización, aín da que sexa teleguiada dende fora, non sustitúe con producción nacional as me rcadurías que antes cada país deb ía importar do exterior? Celso Furtado advirte que, a medida que América Latina avanza na sustitución de importacións de productos máis com plexos, “a dependenci a de insumos qu e proveñen das matrices tende a aumenta r”. Entre 1957 e 1964 duplicaronse as vendas das filiais norteamericanas, en tanto as súas importacións, sen incluír os equipamentos, se multiplicaron por máis de tres. “Esa tendencia parecería indicar que a eficacia sustituti va é unha función decrec ente da expansión indu strial controlada por compañías estranxeiras”. A dependencia non se rompe, senón que cambia de c alidade: os Estados Unidos venden, agora, en América Latina, unha proporción maior de productos máis so fisticados e de alto ni vel tecnolóxico. “A longo prazo -opina o Departamento de Comercio- , a medida que medra a produc ción ind ustrial mexic ana, crean se m aiore s opo rtuni dades para exportacións adicionais dos Estados Unidos...” Arxentina, México e brasil son moi bos compradres de maquinaria industrial, maquinaria electrica, motores, equipos e repostos de orixe norteamericana. As filiais das grandees corporacións abastécense nas súas casas matrices, a prezos deliberadamente caros.” 256
  19. 19. (GALEA NO, E. : Las venas abiertas de América Latina.. Ed. Siglo XX I. Madrid,1994 . Paxs. 400-401) Z. 15. Inestabilidade política. O populismo. “1. A verdadeira democracia é aquela onde o goberno fai o que o pobo quere e defende un só interese: o pobo. 2. O peronismo é esencialmente poppular. Todo cículo politico é antipopular e, polo tanto, non é peronista... 4. Para o peronismo non existe máis que unha clase de homes: os que traballan... 7. Ningún peronista debe de sentirse máis do que é nin menos do que debe ser. Cando un peronista comeza a sentirse máis do que é, comeza a converterse en oligarca... 10. Os dous brazos do peronismo son a xustiza social e a axuda social... 13. Un goberno sen doutrina é un corpo sen alma. Por iso o peronismo ten a súa propia doutrina política, económica e social: o xusticialismo... 16. Como doutrina económica, o xusticialismo realiza a economía social, poñendo o capital ao servicio da econom ía e esta ao s ervicio do b enestar xeral. 17. Como doutrina soc ial, o xust icialis mo realiza a xusti za social, que da a cada persoa o seu dereito en función social... 19. Constituímos un goberno centralizado, un Estado organizado e un Pobo libre. 20. Nesta terra o mellor que temos é o pobo.” ( P E R Ó N , J. D.: A s v inte verdades do xusticialismo. 1950. En: ALFEIRÁN RODRIGUEZ e ROM ERO MASIÁ: Obra citada. Pax.399) Z. 16. Inestabilidade política. A revolución. “A Asemblea Xeral Nacional do Pobo de Cuba expresa a convicción de que a democracia non pode consistir só no exercicio do voto electoral, que case sempre está manexado polos latifundistas e políticos profesionais, senón do dereito dos cidadáns a decidir. .. os seus pro pios dest inos . Üni camente exis tirá democracia en América Latina cando so pobos sexan realamente libres par a escoller, cando os humildes non estean reducidos pola fame, a desigualdade social, o analfabetismo e os sistema xurídicos á máis ominosa impotencia. Por iso, a Asemblea Xeral Nacional do Pobo de Cuba: condena o latifundio; condena os salarios de fame e explotación; condena o analfabetismo; conde na a falta de protección á vellez; condena a discrimanc ión do negro e do indio; condena a desigualdade e explotación da muller; condena as oligarquís militares e políticas; condena as concesións de recursos naturais dos nosos países aos oligopolios estranxeiros; condena aos gobernos que non escoitan os sentimentos dos seus pobos e acatan os mandfatos de Washington; condena o monopolio das noticias por axencias ianquis; conden a os monopolios e as em presas imperialistas que saquean continuamente as nosas riquezas, explotando aos nosos obreiros e campesiños, desangran e manteñen atrasadas as nosas economías e someten a política de América Latina aos seus designios e intereses.” (Primeira declaración da Habana. 1960. En: ALFEIRÁN RODRIGUEZ e ROMERO MASIÁ: Obra citada. Pax. 400) Z. 17. Inestabilidade política. As dictaduras militares. “... Os que pretenden doblegarnos con presións ou ameazas foráneas, equivócanse rotundamente, e só verán crecer unha cohesión interna que sempre se axiganta ante a adversidade. Os que, pola súa b anda pretenden dende o interior aliarse con estes desbordes internacion ais que pareceran revivir formas de imperialismo que criamos xa superadas no Occidente, só logran retratarse mellor nas súas ambicións sin freo, e facerse acreedores ó xusto desprezo do pobo chileno. Menos aceptables son aínda os intentos de intervención foránea cando a causa que se invoca para ela é unha suposta defensa dos dereitos humanos. A nosa historia e a nosa idiosincrasia forxaronse no respecto á dignidade do home. Só unha amraga experiencia recente, que estivo a punto de conducirnos á guerra civil, nos fixo comprender que os dereitos humanos non poden sobrevivir nun réxime político e xurídico que abre campo á agresión ideolóxica do marxismo- leninismo, hoxe ó servicio do imperialis mo soviétic o, ou á subversión te rrorista, que converte a convivencia social nunha com pleta anarquía. 257
  20. 20. Resulta incomprensible que toda restriccióna determinados dereitos das persoas se enxuice como unha presunta transgresión dos dereitos humanos, mentras que a actitude feble ou demagóxica de moitos gobernos fronte ó te rrorismo non mereza reparo algún na materia, aínda cando é evidente que ela se traduce nunha complicidade por omisión, cunha das formas máis brutais de violación dos dereitos humanos. É posible que o noso enfoque máis amplo e profundo nesta materia sexa dificil de comprender para os que non viviron un drama coma o noso. Ahí está, en cambio, a razón pola que as limitacións excepcionais que transitoriamente tivemos que i mpor a certos dereitos, cont aron co respaldo do pobo e da xuventude da nosa patria, que viron nela o complemento duro pero necesario para asegurar a nosa Liberción Nacional, e proxectar así amplos horizontes de paz e progreso para o presente e o futuro de Chile. A xuventude destacouse pola súa com prensión visionaria cara a esixencia histórica que afrontamos no sentido de dar vida a un Novo Réxime político institucional...” (PINOC HET, A.: Discurso en Cerro Chacarillas. 9 de xullo de 1977 . En: www.bic entena riochile.cl. 9-III-2006) Z. 18. Os axentes din amizadores da politica latinoame ricana. Fonte: www.funglode.org. 9-III-2006 258
  21. 21. Documentos fílm icos relacionados co a unidade temática. 1. Ben vido M íster Ma rshall. España. 1952. Dir. Luís García Berlanga. Xénero: comedia. Duración: 95 m. 2. A confesión. Francia-Italia. Dir. Constantin Costa-Gavras. Xénero: drama político/biográfico. Duración: 135 m. 3. Ladrón de bicicletas. Italia. 1948. Dir. Vittorio de Sica. Xénero: drama. Duración: 88 m. 4. Un, dous, tres. EE. UU. 1963. Dir. Billy Wilder. Xénero: comedia. Duración: 108 m. 5. Habana. EE. UU. 1990. Dir. Sydne y Pollack. Xéne ro: drama romántico. Duración: 6. A Batalla de Chile. España. 1973-1977. Dir. Patricio Guzmán. Xénero: documental. Duración: sin datos. 7. Salvador Allende. Chile. 2004. Dir. Patricio Guzmán. Xénero: documental. Duración: 100 m. 8. A histor ia ofic ial. Argentina. 1984. Dir. Luís Puenzo. Xénero: drama. Duración: 110 m. 9. Baixo o volcán. EE. UU. 1984. Dir. John Huston. Xénero: drama. Duración: 109 m. 10. Easy Rider. (Buscando o meu destino. ) EE. UU. 1969. Dir. Dennis Hopper. Xénero: drama de carretera. Duración: 94 m. 11. Deus e o dem o na ter ra do sol. Brasil. 1964. Dir. Glauber Rocha. Xénero: drama social. Duración: 125 m. 12. Desaparecido. EE. UU. 1982. Dir. Constantin Costa-Gavras. Xénero: drama político. Duración: 122 m. 13. Europa. Poderoso continente. Reino Unido. 1974. Dir. Sin datos. Xénero: documental. Duración: Sin datos. 14. O sangue do c óndor. 1979. Dir. Patricio Guzmán. Xénero: documental. Sin datos nos demáis apartados. 15. O estranxeiro. Italia. 1967. Dir. Luchino Visconti. Xénero: drama. Duración: 105 m. 16. Memorias do subdesenvolvemento. Cuba. 1968. Dir. Tomás Gutierrez Alea. Xénero: comedia. Duración: 85 m. 17. Xeración perdida. EE. UU. 1980. Dir. John Byrum. Xénero: drama biográfico. Duración: 109 m. 18. A casa Rusia. EE. UU. 1990. Dir. Fred Schepise. Xénero: drama de intriga. Duración: 123 m. 19. JFK. Caso aberto. EE. UU. 1991. Dir. Oliver Stone. Xénero: drama de intriga. Duración: 190 m. 20. O círculo do poder. EE. UU. 1991. Dir. Andrei Konchalovsky. Xénero: drama biográfico. Duración: 137 m. 21. Queima do polo sol. Rusia. 1994. Dir. Nikita Mikhalkov. Xénero: drama. Duración: 152 m. 22. ¡Vivir!. Hong Kong. 1994. Dir. Zhang Yimou. Xénero: drama. Duración: 125 m. 23. L’ América. 1994. Dir. G. Amelio. Sin datos nos demais apartados. 24. Antes da chuvia. Macedonia. 1994. Dir. Milcho Manchevski. Xénero: drama. Duración: 110 m. 25. Malcolm X. EE. UU. 1992. Dir. Spike Lee. Xénero: drama biográfico. Duración: 193 m. 259

×