SlideShare uses cookies to improve functionality and performance, and to provide you with relevant advertising. If you continue browsing the site, you agree to the use of cookies on this website. See our User Agreement and Privacy Policy.
SlideShare uses cookies to improve functionality and performance, and to provide you with relevant advertising. If you continue browsing the site, you agree to the use of cookies on this website. See our Privacy Policy and User Agreement for details.
Successfully reported this slideshow.
Activate your 30 day free trial to unlock unlimited reading.
1.
Catalogo de recursos O comentario de textos fílmicos
Historia
procedementais argumentais
I. Introducción.
O mundo actual está moi influenciado polos medios de comunicación audiovisual e é de
esperar que, tendo en conta o ritmo dos avances tecnolóxicos na actualidade, esta influencia sexa
aínda maís intensa no futuro. A sociedade recibe hoxe unha gran parte da información a través
destes medios e o alumnado non é alleo a este fenómeno. Se a esta circunstancia lle engadimos
que a imaxe, e sobre todo en movemento, é un poderoso representante da realidade, sempre e
cando se manteña fiel a esta, teremos un recurso con enormes posibilidades didácticas no ensino.
Para o seu aproveitamento didáctico debemos asumir unha série de pautas sistematizadas
que, por unha banda, nos permitan facer unha análise proveitosa dos textos fílmicos e, por outra,
unifique criterios sobre a mesma.
Os métodos de análise non son unívocos, admiten moitas versións e plantexamentos. Por
iso con esta proposta só pretendemos propoñer un punto de partida.
II. Comentario.
A análise e comentario pódese organizar a través destes pasos:
1. FICHA TÉCNICA.
2. RESUMO DO ARGUMENTO DA PELÍCULA.
3. CLASIFICACIÓN DO FILME SEGUNDO O XÉNERO.
4. ANÁLISE E COMENTARIO.
5. CRÍTICA E CONCLUSIÓNS.
1. FICHA TÉCNICA: Son unha série de datos que collemos durante o visionado da película.
Chámaselles tamén títulos de crédito ou créditos e aparecen ó comenzo e ó remate da cinta. Unha
ficha técnica recopila os datos seguintes:
a) Título en español: No caso de que se teña feito versión española, título desa versión.
b) Título orixinal: O da versión orixinal. Na língua en que orixinariamente se realizou
a película.
c) Producción: País ou países onde se realizou, empresas productoras, nome do
productor, cooperativa de producción, etc. Ano de producción.
d) Argumento: Nome ou nomes das persoas das que partíu a idea orixinal do filme. Se
o argumento procede dunha obra literaria debemos facer constar o título desta, o
autor e a data de publicación.
e) Guión: Nome ou nomes dos que, partindo da idea orixinal, crean o guión.
f) Director: Constitúe un dos datos máis importantes para a valoración dun filme, xa
que é a figura que lle imprime os caracters artísticos, ideolóxicos, técnicos,
históricos, etc. á película. Por esta razón é importante facer unha pequena reseña
biográfica do director, na que se citen os rasgos culturais e ideolóxicos que mellor
o definan. Non debemos esquecer unha relación antolóxica da súa obra.
g) Técnicos e profesionais: Precisar datos sobre as persoas que participaron na película
a través da fotografía, música, montaxe, decoración, vestiario, efectos especiais...
h) Intérpretes: Apartado no que debemos esforzarnos en citar o nome do artista
relacionándoo co nome do personaxe que encarna na cinta. Se os intérpretes non son
profesionais debémolo indicar claramente.
1
2.
i) Duración: Expresada en minutos ou en metros de película.
2. RESUMO DO ARGUMENTO: Debe facerse despois do visionado da cinta. Redactarémolo
tendo en conta que o que se pretende é un esquema sintetizado e breve pero claro, nunca
pormenorizado. Debe servir para recordarnos o esencial da trama argumental.
3. CLASIFICACIÓN DO FILME SEGUNDO O XÉNERO: Os xéneros cinematográficos son
liñas temáticas que recibiron un tratamento narrativo e formal semellante ó longo da historia do
cine. Chámaselles xeneros por analoxía coa Literatura. Podemos citar os seguintes:
! O western: Reflicte a expansión dos EE.UU. Cara o Oeste, a través das terras
salvaxes e indómitas, e os conflictos que xurdiron durante a colonización das
mesmas no s. XIX. Todo isto tratado cun prisma idealizador e nostálxico.
! O musical: É o froito da conxunción perfecta dunha série de elementos extra-
cinematográficos como a música, a canción e a danza e outros específicamente
cinematográficos, como o decorado, a iluminación, a cor, a planificación, os
movementos de cámara e o ritmo imposto pola montaxe.
! A ciencia-ficción: O seu antecedente é a literatura de anticipación do s. XIX e
caracterízase pola localización das súas accións nun hipotético futuro ou nun presente
dominado pola tecnoloxía e os coñecementos científicos. Todo isto mixturado con
fenómenos fantásticos ós que se lles pretende dar explicacións científicas.
! O terror: Este tipo de cine parte normalmente dunha obra literaria, concretamente
da chamada novela gótica, producto do romanticismo de vea sobrenatural. A morte
e o tenebroso invaden este espacio expresivo. Cinematográficamente caracterízase
pola irracionalidade e o antinaturalismo. Os séres malignos e monstruosos aprópianse
da pantalla, para establecer unha comunicación co espectador a través do medo.
! O cine negro: Actualmente máis coñecido por thriller. Caracterízase por que
contempla dende unha perspectiva cinematográfica a corrupción da sociedade,
incluídas as institucións e os estratos sociais que polo seu nivel económico e social
se tiñan por “respetables. Dende o punto de vista plástico as películas distinguense
polo tratamento realista con toques impresionistas, conseguidos con iluminacións
contrastadas. Neste xénero as realacións persoais baseanse na violencia.
! A comedia: Xénero que pretende que o espectador se esqueza da realidade cotiá a
través de gags ou situacións cómicas visuais ou verbais protagonizadas por
personaxes con rasgos externos que se sitúan fora da normalidade.
! O cine histórico: Todo filme é un documento histórico no que se reflicten, entre
outras cousas, a cultura, a ideoloxía, etc. da sociedade da que procede. Pero hai
tamén un xénero histórico que se preocupa pola reconstrucción de feitos pasados. Ás
veces con tratamentos pouco rigurosos, dependendo das modas e os gustos de cada
momento. O rigor científico e a fidelidade do narrado dependen da vontade do
guionista, do realizador e do director.
4. ANÁLISE E COMENTARIO: A análise dun documento fílmico demos facela dende dúas
perspectivas:
a) Perspectiva técnica.
b) Perspectiva histórica.
a) Perspectiva Técnica: Onde deberemos analizar aqueles recursos técnicos que inciden na
2
3.
capacidade expresiva do filme e, polo tanto no seu significado. Destes recursos técnicos os máis
importantes son:
< A escala: Que se refire á amplitude do campo visual e ó tamaño das figuras que se
reflicten no fotograma. Podemos diferenciar segundo isto:
‹ Plano xeral: Mostra unha gran paisaxe ou decorado na que non se percibe a figura
humana. Ten unha clara intención de descubrir ambientes ou localizar accións.Fig.
1
‹ Plano de conxunto: Ofrece unha maior aproximación co anterior a un ambiente e
permite a identificación de algúns individuos. Fig. 2
‹ Plano enteiro: Os límites superior e inferior da pantalla coinciden coa cabeza e os
pés do personaxe ou personaxes. Fig. 3
‹ Plano medio: Que capta ó personaxe da cintura para arriba. Fig. 5
‹ Plano americano: Mostra ó personaxe a partir dos xiónllos. Fig. 4
‹ Primeiro plano: Presenta estrictamente o rostro do personaxe xunto coa parte
superior dos hombreiros. Fig. 6
‹ Plano detalle: Presenta un obxecto que enche totalmente o encuadre. Fig. 7
< O movemento da cámara: É un recurso expresivo capaz de conferir sentido ós
acontecementos reproducidos. Podemos observar os seguintes:
a Panorámica: A cámara xira sobre o seu propio eixe. É un movemento de rotación
no que a base se manten fixa. Equivale ó movemento de cabeza e pode diferenciarse
entre: Panorámica horizontal, vertical e de balanceo. Este movemento sirve para
expresar a relación no espacio de dous suxeitos, dúas zonas ou dous motivos. Crea
expectación ou dramatismo. Fig. 8
a Travelling: A cámara trasládase sobre a súa base, que ten unhas rodas que circulan
por raíles. Pode ser: de profundidade en avance ou retroceso, circular, olícuo, etc. Da
vida ou dinamismo a un obxecto estático, polariza a atención sobre un suxeito ou
obxecto. Crea unha sensación de relaxamento, explora un espacio. Fig. 9
a Zoom: É un desplazamento aparente, xa que quen se desplaza é a optica da cámara.
Este efecto produce sensación de aproximación ou alonxamento do personaxe.
Enfatiza unha situación, acrecenta a tensión ou relaxa, segundo sexa de avance ou
retroceso.
a A angulación: Dáse cando a cámara non se sitúa frontalmente ó que capta e a unha
altura do chan que a fai identificarse coa visión humana, senón que rompe o plano
horizontal e sube ou baixa. Podemos diferenciar dous tipos básicos de angulacións:
O picado: a cámara elévase e o obxectivo diríxese cara abaixo, situándo ó suxeito
nunha altura inferior á normal. Indica empequenecemento ou humillación. O
contrapicado: a cámara descende e o obxectivo diríxese cara arriba, situándo ó
suxeito nunha altura superior á normal. Indica engrandecemento ou exaltación.
b) Perspectiva histórica: Esta parte da análise é a plenamente adicada a analizar os feitos
históricos que nos presenta a cinta. Tendo en conta este obxectivo debemos preocuparnos de:
‚ Establecer as coordenadas espacio-temporais da película: Situaremos a acción no
espacio xeográfico e no espacio temporal. Se é necesario, elaborando mapas ou eixes
cronolóxicos.
‚ Anotar conceptos: Como nomes de institucións politicas, económicas, relixiosas ou
sociais. Relacionar nomes de figuras históricas relevantes e explicar o seu papel na
historia. Localizar xeográficamente os escenarios concretos da acción. Estas anotacións
3
4.
defínense posteriormente á visualización con apoio bibliográfico, multimedia ou de
internet.
‚ Destacar as secuencias máis significativas: Sobre todo dende o punto de vista histórico.
Explicando a información concreta de carácter histórico que cada secuencia subministra.
‚ Fixarse na interpretación dos actores: Para comprobar se son fieles ó caracter
psicolóxico dos personaxes que interpretan.
‚ Observar os decorados e vestiarios: Comprobando se son fieles á época da acción a
arquitectura, tocados, armamentos, transportes...
‚ Atender á fidelidade histórica: Indicando se o filme trata o feito representado con rigor
histórico ou é manipulado ideolóxicamente, se pode ser explicando as causas de calquera
dos tratamentos.
5. CRÍTICA E CONCLUSIÓNS: Remataremos facendo unha valoración persoal sobre a
utilidade da película para analizar o feito filmado, incluíndo se a consideramos axeitada ou non,
dende o punto de vista didáctico, para mellorar a aprendizaxe. Explicando sempre as causas das
nosas opinións.
Graficos:
Figura 1. Plano xeral
A escala:
Figura 2. Plano de conxunto.
4
5.
Figura 3. Plano enteiro.
A escala:
Figura 4. Plano americano.
Figura 5. Plano medio
5
6.
Figura 6. Primeiro plano
A escala:
Figura 7. Plano detalle.
Movementos da
cámara:
Figura 8. Panorámica
6
7.
Movementos da
cámara:
Figura 9. Travelling
Figura 10. Picado
Angulación:
Figura 11. Contrapicado
7
8.
.Figura 12. Dura/definición.
Figura 13. Suave-tres cuartos/tranquilidade
Iluminación:
Figura 14. Lateral/preocupación
Figura 15. Sete octavos/paz
Figura 16. Contraluz/misterio
8
9.
Figura 17. Frontal-superior/tensión
Figura 18. Frontal-inferior/tormento
Iluminación:
Figura 19. Cenital/ameaza
9
0 likes
Be the first to like this
Views
Total views
463
On SlideShare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
1
You have now unlocked unlimited access to 20M+ documents!
Unlimited Reading
Learn faster and smarter from top experts
Unlimited Downloading
Download to take your learnings offline and on the go
You also get free access to Scribd!
Instant access to millions of ebooks, audiobooks, magazines, podcasts and more.
Read and listen offline with any device.
Free access to premium services like Tuneln, Mubi and more.