A estrutura da poboación en España e en Galicia

4,259 views

Published on

Tradución ao galego e adaptación dunha presentación do prof. Isaac Buzo

Published in: Education
0 Comments
0 Likes
Statistics
Notes
• Be the first to comment

• Be the first to like this

No Downloads
Views
Total views
4,259
On SlideShare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
2,395
Actions
Shares
0
Downloads
93
Comments
0
Likes
0
Embeds 0
No embeds

No notes for slide

A estrutura da poboación en España e en Galicia

1. 1. POBOACIÓN Isaac Buzo Sánchez (ADAPTADO) ESTRUTURA DA POBOACIÓN ESPAÑOLA E GALEGA España 1996
2. 2. DEFINICIÓN

Denomínase estrutura da pobación á clasificación dos compoñentes dunha determinada poboación atendendo a diferentes variables:

Idade e sexo: estrutura demográfica

Actividadeeconómica: estrutura profesional

Relixión

Lingua

Orixe étnica

Etc.

O estudo da estrutura da poboación adoita realizarse utilizando diferentes tipos de gráficos:

- Pirámide de poboación

- Gráficos sectoriais

Prof. Isaac Buzo Sánchez
3. 3. ESTRUTURA DEMOGRÁFICA A estrutura demográfica dunha poboación é a súa distribución por idade e sexo Está distribución adoita representarse nun gráfico de barras horizontais denominado pirámide de poboación, onde fican reflectidas as proporcións a respecto do total da poboación, de homes (á esquerda) e mulleres (á dereita) e dos diferentes grupos de idade (de cinco en cinco anos), representado en forma de barras Fonte: Elaboración propia España 1996 Prof. Isaac Buzo Sánchez
4. 4. ESTRUTURA DEMOGRÁFICA: España 1 3 4 5 2 Fonte: wikimedia Prof. Isaac Buzo Sánchez 6 6
5. 5. ESTRUTURA DEMOGRÁFICA: España A análise da pirámide de poboación española presenta as seguintes características: - Forte estrangulamento na base, motivado polo descenso da natalidade e da fecundidade a partir da metade dos anos 70 - Lixeiro incremento da base nos últimos anos a causa do aumento da natalidade provocada pola chegada de inmigrantes e pola chegada á idade fértil da xeración do baby-boom - Notable incremento da poboación adulta, sobre todo entre os 20 e os 40 anos, como consecuencia do baby-boom . Malia o elevado número de mulleres en idade fértil, o número de nacementos estase a reducir notablemente pola baixa fecundidade - Redución do grupo de idade entre os 40 e 60 anos, como consecuencia das perdas ocasionadas pola Guerra Civil. Trátase dunha xeración oca correspondente aos non naciods na Guerra Civil e na Posguerra, e ás consecuencias da emigración exterior na súa etapa de maior intensidade (1960-1975) Prof. Isaac Buzo Sánchez 1 2 3 4
6. 6. ESTRUTURA DEMOGRÁFICA: España - A maior mortalidade natural masculina nos grupos de idade superior e a maior esperanza de vida feminina apréciase claramente no cumio da pirámide - Por sexo apréciase unha poboación masculina máis elevada cá feminina até os 24 anos, momento a partir do cal tenden a igualarse para diferenciarse de novo a partir dos 45 anos, esta vez a favor das mulleres (Taxa de masculinidade ou sex-ratio ) - Aínda que nas pirámides de poboación máis actuais tenden a ser imperceptibles os seus efectos, cómpre sinalar os efectos da gripe de 1918 ou os da Guerra Civil sobre as pirámides de poboación de outros momentos durante o século XX Prof. Isaac Buzo Sánchez 5 6 7
7. 7. ESTRUTURA DEMOGRÁFICA: España
8. 8. ESTRUTURA DEMOGRÁFICA: España
9. 9. ESTRUTURA DEMOGRÁFICA: Galicia Fonte: IGE Galicia. 2005
10. 10. ESTRUTURA DEMOGRÁFICA: Galicia Fonte: INE. Padrón municipal de habitantes
11. 11. ESTRUTURA PROFESIONAL É a clasificación da poboación atendendo a criterios laborais POBOACIÓN ACTIVA Aquela que se atopa en idade llegal de traballar e TRABALLA = OCUPADOS DESEXA TRABALLAR = PARADOS INACTIVA Aquela que non pode traballar ou non quere traballar CATIVOS XUBILADOS AMAS DE CASA ESTUDANTES INCAPACITADOS RENDISTAS Prof. Isaac Buzo Sánchez
12. 12. ESTRUTURA PROFESIONAL Para comparar os datos de actividade de diversos lugares utilízase a Taxa de Actividade, que pon en relación o total da poboación activa coa poboación total expresada en tantos por cento Taxa de actividade = Poboación activa x 100 / Poboación absoluta Outro dato importante que se obtén da estrutura profesional é a taxa de dependencia, que é a relación entre a poboación dependente (menores de 16 e maiores de 65) coa poboación potencialmente activa Taxa de dependencia = Poboación dependente (0-16 e +65) x 100 / Poboación potencialmente activa (16-65) Prof. Isaac Buzo Sánchez
13. 13. ESTRUTURA PROFESIONAL A poboación activa clasifícase nos tres sectores profesionais: Primario: que inclúe as actividades relacionadas coa agricultura, gandaría, explotación forestal e pesca Secundario: que inclúe aquelas profesións que están relacionadas coa industria, minería e a construción Terciario: inclúe todas as actividades que ofrecen un servizo: educación, sanidade, turismo, transporte, comercio, etc. Prof. Isaac Buzo Sánchez
14. 14. ESTRUTURA PROFESIONAL A poboación activa represéntase nun gráfico sectorial , sendo cada sector proporcional á poboación que traballa nel A proporción de cada un dos sectores a respecto do total da poboación activa é un indicador do grao de desenvolvemento da sociedade que se está a analizar Sociedades enriquecidas: < 15 % primario; 30-40 % secundario; >50 % terciario Sociedades empobrecidas : 50-85 % primario; 20 % secundario;<20 % terciario Fonte: Elaboración propia Prof. Isaac Buzo Sánchez
15. 15. ESTRUTURA PROFESIONAL: España: Taxa de actividade

A taxa de actividade descendeu até 1987 ,debido á emigración (marcha de poboación en idade de traballar) e ao aumento da taxa de dependencia (retraso na incorporación ao mercado laboral dos estudantes). A partir de 1987 aumenta a taxa de actividade debido á incorporación paulatina da muller ao traballo, á fin da emigración e ao inicio da inmigración, así como ao cambio que se produciu no sistema de elaboración da EPA. Actualmente:

Maior actividade en homes que en mulleres

Aumento progresivo da taxa de actividade feminina

Maiores taxas de actividade entre os homes de 25-54 anos (logo comezan as xubilacións anticipadas)

Maiores taxas de actividade entre as mulleres entre os 20 e 24 anos (moitas abandonan temporal ou definitivamente o traballo para ter fillos)

Maiores taxas de actividade en rexións economicamente dinámicas (costa mediterránea, arquipélagos, Euskadi, Barcelona e Madrid)

Menores taxas de actividade nas rexións interiores (máis poboación dependente: anciáns e cativos) e rexións afectadas pola crise industrial (concas mineiras, industria naval, etc.)

Prof. Isaac Buzo Sánchez
16. 16. ESTRUTURA PROFESIONAL: España: Taxa de actividade Fonte: España en Cifras 2007. INE Prof. Isaac Buzo Sánchez
17. 17. ESTRUTURA PROFESIONAL: España: Desemprego

O desemprego evolucionou nas seguintes etapas:

Até 1973: non foi un problema grave (<3%): emigración e poucas mulleres traballando

Entre 1973 e 1985 : aumentou a taxa de desemprego debido á crise económica, á reconversión industrial, ao retorno dos emigrantes e á incorporación da muller ao traballo e á progresiva incorporación das xeracións do baby-boom ao mundo laboral

Entre 1985 e 1995 : o desemprego retrocedeu lixeiramente até 1990 pola mellora da situación económica para volver crecer posteriormente até 1995 (tralos fastos do 92)

Desde 1995 até 2008 , a taxa de desemprego descende a causa da favorable coxuntura económica e á entrada no mercado laboral de xeracións menos numerosas. A redución da taxa de desemprego permitiu a incorporación de inmigrantes estranxeiros ao mercado laboral español nos últimos dez anos

Dende 2088 até a actualidade : a forte crise económica mundial, unido ao estalido da burbulla inmobiliaria e á creba do crecemento económico español centrado fundamentalmente no sector da construción, leva a un forte aumento do desemprego, até acadar máis de 4 millóns de desempregados, con taxas próximas ao 20%

Prof. Isaac Buzo Sánchez
18. 18. ESTRUTURA PROFESIONAL: España: Desemprego Fuente: España en Cifras 2007. INE Prof. Isaac Buzo Sánchez
19. 19. ESTRUTURA PROFESIONAL: España: Desemprego Fonte: EPA 4º trimestre 2009. INE
20. 20. ESTRUTURA PROFESIONAL: España: Desemprego Fonte: Ministerio de Trabajo. Marzo de 2010
21. 21. ESTRUTURA PROFESIONAL España: Desemprego Etapas da evolución sectorial ao longo do s. XX

O sector primario evolucionou dende un 63 % a principios do s. XX até un 6 % na actualidade. Causas: éxodo rural, só freado durante a Guerra Civil e posguerra, nos momentos de crises económicas (1975) e polas axudas europeas ás actividades agrarias

O sector secundario ocupa un 16% da poboación a comezos do s. XX, aumentando durante todo o século até a crise de mediados dos 70, que fai diminuír os traballadores industriais até o 30 %, cifra que máis ou menos se mantén na actualidade

Os servizos partían dun 18 % en 1900 (fundamentalmente administrativos) e foron medrando durante o século até se converter no sector dominante, cun 63 % na actualidade

Territorialmente o sector primario é maior nas rexións do interior, Galicia e Andalucía, mentres que o sector industrial ten máis peso na Rioxa, Navarra, Cataluña e Euskadi. As rexións litorais e turísticas, xunto con Madrid, teñen un sector terciario por riba da media Prof. Isaac Buzo Sánchez
22. 22. ESTRUTURA PROFESIONAL España: Desemprego ESTRUTURA DA POBOACIÓN ACTIVA DE ESPAÑA. AÑO 2000 Fonte: Elaboración propia Prof. Isaac Buzo Sánchez