SlideShare a Scribd company logo
1 of 2
Download to read offline
4
IMPULSO SECCIÓN SINDICAL C.I.G. PSA-PEUGEOT CITROËN
Ante a decisión dos tra-
balladores e traballadoras
da quenda da noite de
denunciar o incumpri-
mento por parte de Direc-
ción de ir pasando ás
quendas de día con con-
trato de oito horas a este
persoal, algún mando
atreveuse a ameazar con
que era ilegal andar coa
pegatina.
Este non se deca-
tou que Franco morreu
hai máis de 25 anos e que
a liberdade de expresión
é un dereito constitucio-
nal. Ilegal é coartar esta
liberdade. Cremos que o
problema radica en que
todos os que ameazan ou
chantaxean a estes traba-
lladores e traballadoras
teñen un contrato de oito
horas; se eles estiveran
na mesma situación non
nos cabe dúbida que a
visión sería moi diferen-
te.
AVISO
A partir deste momento,
por orde do "Doctor"
Correa, que nos momen-
tos que lle deixa libre a
súa dedicación á medici-
na exerce de Responsable
de persoal da M1 e da
nave Q, serán os Encar-
gados quen atendan ós
traballadores e traballa-
doras nas propias liñas,
nos casos en que necesi-
ten pequenas actuacións,
como instilar gotas nos
ollos, por exemplo. Isto
ten por obxecto evitar os
desprazamentos ó Servi-
cio Médico.
Non estamos se-
guros de se isto é o prin-
cipio, pois ben puidera
decidirse unha maior
intervención da liña de
mando nestes casos, unha
vez feitos os correspon-
dentes "cursos acelera-
dos de medicina aplica-
da".
De tódolos xeitos
cremos que o de suplir ó
propio Servicio Médico
aínda non se lles oco-
rreu... polo momento.
LIBERDADE DE EXPRESIÓN
IMPULSO Confederación Intersindical GalegaEdita: Sección Sindical C.I.G. - PSA Peugeot-Citroën
Nº 49 - Abril 2003
“A saúde laboral é un dereito dos traballadores, e unha obriga
dos empresarios.”
DÍA INTERNACIONAL DA
SAÚDE LABORAL
Sumario:
Día internacional
da Saúde Laboral
Cartas da Afilia-
ción: “Proposición
deshonesta”
Aviso
Liberdade de ex-
presión
O 28 de Abril celé-
brase o día Internacional
da Saúde no Traballo, por
elo esta Sección Sindical
quer facer un pequeno
balance deste ano no noso
centro de traballo dende
unha perspectiva sindical.
FALECEMENTOS.-
En primeiro lugar debe-
mos salientar que foi dos
peores anos, ó ter que la-
mentar ademais dos acci-
dentes menos graves, o
falecemento de traballado-
res no centro de traballo,
aínda que, oficiosamente,
sempre se trate de dicta-
minar que este suceso
acontece no exterior. Para
nós, e con independencia
desta confirmación, as
causas dos sucesos é o que
nos preocupa. Neste sen-
tido, que foran tres os
casos que se deran nos
últimos meses é para re-
flexionar seriamente.
LIMITADOS.-É
outro dos apartados da
Saúde Laboral do que non
nos sentimos satisfeitos. O
Servicio de Prevención,
que conta con medios téc-
nicos (como é o departa-
mento médico, hixienista,
psicosociólogo e ergonó-
mico) e humanos, ten a
obriga de facer cumprir a
Lei de Prevención de Ris-
cos Laborais, no seu artigo
25. Esto non sempre se
está facendo xa que ás
veces, é o Servicio de Per-
soal quen determina a
zona de traballo onde se
ten que adaptar o limitado,
como se a persoa limitada
fora un problema específi-
co do taller concreto, sen
contemplar a globalidade
dos postos de traballo de
toda a fábrica. Esta aptitu-
de trae consigo, non só o
sufrimento do limitado
(físico ou psíquico), senón
que, ademais, alimenta a
(Continúa na páxina 2)
2
IMPULSO SECCIÓN SINDICAL C.I.G. PSA-PEUGEOT CITROËN
idea de que, como alter-
nativa só lles queda a
baixa por I. T., polo cal,
en principio, todos nos
manifestamos en contra.
ADAPTACIÓN
MÁQUINAS.- Como
sabemos, no ano 98 en-
trou en vigor unha lei
pola cal esixíalle ás em-
presas que tivesen as
súas máquinas e ferra-
mentas, anteriores e pos-
teriores a este ano, adap-
tadas á normativa de Se-
guridade da Comunidade
Europea nesta materia.
Citroën acolleuse á mora-
toria que a propia lei con-
templaba de 5 anos para
proceder a dita adapta-
ción.
No ano 2002 venceu dita
moratoria e, a pesar de
dársenos nun informe a
mediados do ano pasado,
como cumpridas ditas
adaptacións, a C.I.G.
coñecedora do seu in-
cumprimento, formalizou
a pregunta ó Director,
que nos respondeu na
reunión do pasado día
10/03/03 que, efectiva-
mente, quedaban zonas
de fábrica por reformar
máquinas e ferramentas,
como, por exemplo a
nave F.
Este recoñecemento dei-
xou en evidencia non só
que os 5 anos de morato-
ria non foron suficientes,
que se podía entender
nalgúns casos, pero si nos
sorprendeu que a empre-
sa auditora deste traballo
dérao por finalizado no
seu informe, cando non
foi así.
MUTUAS.- Se
ben a C.I.G. leva escrito
bastante sobre as Mutuas,
neste informe é inevitable
referirnos de novo a elas,
pola relación directa que
teñen coa Saúde dos tra-
balladores e traballado-
ras.
Sabemos que hai
persoas que, en función
da súa doenza, a través
da Mutua sonlle adianta-
das as probas e reciben o
tratamento máis axiña,
algo que non debera su-
ceder se a Seguridade
Social realmente estivera
interesada en reducir as
listas de espera, nembar-
gantes esto non xustifica
outras actuacións xa de-
nunciadas, e que revelan
un trato do paciente, den-
de unha perspectiva prin-
cipal do negocio, un trato
que nada ten que ver co
que se debe e se necesita
dar a estas persoas. Can-
do menos humanizar o
trato; ese será o noso
obxectivo.
PREMIAR A SAÚDE.-
É un paradoxo, xa que,
¿que maior premio para a
nosa saúde que non ter
accidentes? Nembargan-
tes, cada vez máis nos
módulos establécense
"premios colectivos"
por bater records de
tempo sen accidentes.
Un tema que merece
unha análise profunda
dende a perspectiva da
Saúde, por entender
que, en ocasións, á
desgracia que poida
sufrir o accidentado do
grupo, súmaselle o
enfado dos seus compa-
ñeiros, ó ver frustradas as
"pastas con churros", por
exemplo. ¿Ata que punto
é esto facer prevención?
Este é o noso co-
mentario das cuestións
sobre as cales é evidente
que se pode mellorar, se
realmente todos coloca-
mos a SAÚDE dos traba-
lladores e traballadores
por enriba de calquera
outra consideración. Nese
compromiso está a C.I.G.
(Vén da páxina 1)
3
IMPULSO SECCIÓN SINDICAL C.I.G. PSA-PEUGEOT CITROËN
PROPOSICIÓN DESHONESTA
Cartas dos Afiliados
-¡¡Pase Antonio!!
¿Que tal la familia..? Le
mandé llamar para darle
una buena noticia.
-Vostede dirá
-Púes es para co-
municarle que le compra-
mos los 10 minutos de
parada.
-¿Ah si?, pois non
pensei que lle puidera
interesar.
-Púes si, ya ve;
pensando nos dijimos,
¿como podemos ayudar a
mejorar los salarios de
los operarios de Montaje,
y he aquí la solución, ya
que para ustedes ¡que
mas les da diez minutos
más o menos al día de
descanso!
-¿Ah, pero, fala en
serio en quererme com-
prar o descanso?
-Claro hombre, y
ádemas estoy dispuesto a
pagarle muy bien.
-¿Como canto?.
-Púes.. teniendo
en cuenta que 10 minutos
representan 36 horas y
media al año, estaríamos
dispuestos a pagarle la
friolera de 500 € , la mi-
tad en Calificación de
Puesto y la otra mitad en
Complemento Individual.
Irrestible, ¿a que si?
-Pois si que é moi-
to diñeiro, e ademais xa
non viría 5 sábados a
velar, porque eses coches
xa estarían feitos
¿verdade?
-Efectivamente, se
ve que usted piensa en
positivo..,no como otros.
-Oia, ¿vostede
sabe o que é estar na ca-
dea traballando, e que
che veña un coche tras
outro.., vostede sabe a
importancia que teñen
para esta cabeciña as
paradas..?
-Hombre aunque
yo no estoy en esa situa-
ción, creo que es una
buena oferta y ádemas
aquí nos trae el dinero y
¿que son 10 minutos...?
Nada.
-¿Que son 10 mi-
nutos di ? . Son 10 minu-
tos de vida, imaxínese o
perdelos.., por iso non
llos podo vender.
-Pero hombre
tiene que vender porque
en Francia...
-Mire non me
veña con esa cantine-
la. En Francia teñen
cousas que nos non
temos e o pouco que
aquí hai non pode-
mos renunciar a elo.
Ademais nos somos
os millores ¿non si?.
-Bueno Anto-
nio, hai que vender,
además tienes un hijo
con 6 horas de noche
y ya sabes lo que
puede pasar...
-De chantaxe na-
da, aquí vimos a cumprir
co noso traballo para
levarnos un salario digno,
e coa mesma dignidade
tanto él como eu, temos o
deber de defender os no-
sos dereitos.
-¿Ah si, conque
esas tenemos..?
-Si, a Saúde non
se vende.
Abril de 2003

More Related Content

Viewers also liked (20)

Impulso 46
Impulso 46Impulso 46
Impulso 46
 
Impulso 79
Impulso 79Impulso 79
Impulso 79
 
Impulso 68
Impulso 68Impulso 68
Impulso 68
 
Impulso 82
Impulso 82Impulso 82
Impulso 82
 
Impulso 73
Impulso 73Impulso 73
Impulso 73
 
Impulso 63
Impulso 63Impulso 63
Impulso 63
 
Impulso 76b
Impulso 76bImpulso 76b
Impulso 76b
 
Impulso 77
Impulso 77Impulso 77
Impulso 77
 
Impulso 86
Impulso 86Impulso 86
Impulso 86
 
Impulso 83
Impulso 83Impulso 83
Impulso 83
 
Impulso 85
Impulso 85Impulso 85
Impulso 85
 
Impulso 75
Impulso 75Impulso 75
Impulso 75
 
Impulso 51
Impulso 51Impulso 51
Impulso 51
 
Impulso 64 b
Impulso 64 bImpulso 64 b
Impulso 64 b
 
Impulso 87
Impulso 87Impulso 87
Impulso 87
 
Impulso 55
Impulso 55Impulso 55
Impulso 55
 
Impulso 90
Impulso 90Impulso 90
Impulso 90
 
Impulso 56
Impulso 56Impulso 56
Impulso 56
 
Impulso 57
Impulso 57Impulso 57
Impulso 57
 
Impulso 84
Impulso 84Impulso 84
Impulso 84
 

Similar to Impulso 49

Manifesto%20 conxunto%20mobilizacions%20cc.oo.%20 %20ugt%20sector%20grandes%2...
Manifesto%20 conxunto%20mobilizacions%20cc.oo.%20 %20ugt%20sector%20grandes%2...Manifesto%20 conxunto%20mobilizacions%20cc.oo.%20 %20ugt%20sector%20grandes%2...
Manifesto%20 conxunto%20mobilizacions%20cc.oo.%20 %20ugt%20sector%20grandes%2...
oscargaliza
 
Exercicio Empresa Carriños, S.A
Exercicio Empresa Carriños, S.AExercicio Empresa Carriños, S.A
Exercicio Empresa Carriños, S.A
Iolanda
 
Novas da xustiza 1028
Novas da xustiza 1028Novas da xustiza 1028
Novas da xustiza 1028
CCOOXustiza
 

Similar to Impulso 49 (20)

Impulso 89
Impulso 89Impulso 89
Impulso 89
 
Impulso 92
Impulso 92Impulso 92
Impulso 92
 
Impulso 91
Impulso 91Impulso 91
Impulso 91
 
Impulso 60
Impulso 60Impulso 60
Impulso 60
 
Impulso 70
Impulso 70Impulso 70
Impulso 70
 
Impulso 44
Impulso 44Impulso 44
Impulso 44
 
Impulso 64
Impulso 64Impulso 64
Impulso 64
 
Impulso 95
Impulso 95Impulso 95
Impulso 95
 
BR Extra, novo acordo e resume do ano 2018
BR Extra, novo acordo e resume do ano 2018BR Extra, novo acordo e resume do ano 2018
BR Extra, novo acordo e resume do ano 2018
 
Manifesto%20 conxunto%20mobilizacions%20cc.oo.%20 %20ugt%20sector%20grandes%2...
Manifesto%20 conxunto%20mobilizacions%20cc.oo.%20 %20ugt%20sector%20grandes%2...Manifesto%20 conxunto%20mobilizacions%20cc.oo.%20 %20ugt%20sector%20grandes%2...
Manifesto%20 conxunto%20mobilizacions%20cc.oo.%20 %20ugt%20sector%20grandes%2...
 
Buzón rebelde 12 definitivo cor
Buzón rebelde 12 definitivo corBuzón rebelde 12 definitivo cor
Buzón rebelde 12 definitivo cor
 
Impulso 97
Impulso 97Impulso 97
Impulso 97
 
Novas da xustiza nº1041
Novas da xustiza nº1041 Novas da xustiza nº1041
Novas da xustiza nº1041
 
Impulso 40
Impulso 40Impulso 40
Impulso 40
 
Exercicio Empresa Carriños, S.A
Exercicio Empresa Carriños, S.AExercicio Empresa Carriños, S.A
Exercicio Empresa Carriños, S.A
 
Impulso 69
Impulso 69Impulso 69
Impulso 69
 
Impulso 50
Impulso 50Impulso 50
Impulso 50
 
Novas 1038
Novas 1038 Novas 1038
Novas 1038
 
Novas da xustiza 1028
Novas da xustiza 1028Novas da xustiza 1028
Novas da xustiza 1028
 
Buzón rebelde outono 2021
Buzón rebelde outono 2021Buzón rebelde outono 2021
Buzón rebelde outono 2021
 

More from Impulso CIG Citroën (6)

Impulso 96
Impulso 96Impulso 96
Impulso 96
 
Impulso 94
Impulso 94Impulso 94
Impulso 94
 
Impulso 2
Impulso 2Impulso 2
Impulso 2
 
Impulso 5
Impulso 5Impulso 5
Impulso 5
 
Impulso 74
Impulso 74Impulso 74
Impulso 74
 
Impulso 72
Impulso 72Impulso 72
Impulso 72
 

Impulso 49

  • 1. 4 IMPULSO SECCIÓN SINDICAL C.I.G. PSA-PEUGEOT CITROËN Ante a decisión dos tra- balladores e traballadoras da quenda da noite de denunciar o incumpri- mento por parte de Direc- ción de ir pasando ás quendas de día con con- trato de oito horas a este persoal, algún mando atreveuse a ameazar con que era ilegal andar coa pegatina. Este non se deca- tou que Franco morreu hai máis de 25 anos e que a liberdade de expresión é un dereito constitucio- nal. Ilegal é coartar esta liberdade. Cremos que o problema radica en que todos os que ameazan ou chantaxean a estes traba- lladores e traballadoras teñen un contrato de oito horas; se eles estiveran na mesma situación non nos cabe dúbida que a visión sería moi diferen- te. AVISO A partir deste momento, por orde do "Doctor" Correa, que nos momen- tos que lle deixa libre a súa dedicación á medici- na exerce de Responsable de persoal da M1 e da nave Q, serán os Encar- gados quen atendan ós traballadores e traballa- doras nas propias liñas, nos casos en que necesi- ten pequenas actuacións, como instilar gotas nos ollos, por exemplo. Isto ten por obxecto evitar os desprazamentos ó Servi- cio Médico. Non estamos se- guros de se isto é o prin- cipio, pois ben puidera decidirse unha maior intervención da liña de mando nestes casos, unha vez feitos os correspon- dentes "cursos acelera- dos de medicina aplica- da". De tódolos xeitos cremos que o de suplir ó propio Servicio Médico aínda non se lles oco- rreu... polo momento. LIBERDADE DE EXPRESIÓN IMPULSO Confederación Intersindical GalegaEdita: Sección Sindical C.I.G. - PSA Peugeot-Citroën Nº 49 - Abril 2003 “A saúde laboral é un dereito dos traballadores, e unha obriga dos empresarios.” DÍA INTERNACIONAL DA SAÚDE LABORAL Sumario: Día internacional da Saúde Laboral Cartas da Afilia- ción: “Proposición deshonesta” Aviso Liberdade de ex- presión O 28 de Abril celé- brase o día Internacional da Saúde no Traballo, por elo esta Sección Sindical quer facer un pequeno balance deste ano no noso centro de traballo dende unha perspectiva sindical. FALECEMENTOS.- En primeiro lugar debe- mos salientar que foi dos peores anos, ó ter que la- mentar ademais dos acci- dentes menos graves, o falecemento de traballado- res no centro de traballo, aínda que, oficiosamente, sempre se trate de dicta- minar que este suceso acontece no exterior. Para nós, e con independencia desta confirmación, as causas dos sucesos é o que nos preocupa. Neste sen- tido, que foran tres os casos que se deran nos últimos meses é para re- flexionar seriamente. LIMITADOS.-É outro dos apartados da Saúde Laboral do que non nos sentimos satisfeitos. O Servicio de Prevención, que conta con medios téc- nicos (como é o departa- mento médico, hixienista, psicosociólogo e ergonó- mico) e humanos, ten a obriga de facer cumprir a Lei de Prevención de Ris- cos Laborais, no seu artigo 25. Esto non sempre se está facendo xa que ás veces, é o Servicio de Per- soal quen determina a zona de traballo onde se ten que adaptar o limitado, como se a persoa limitada fora un problema específi- co do taller concreto, sen contemplar a globalidade dos postos de traballo de toda a fábrica. Esta aptitu- de trae consigo, non só o sufrimento do limitado (físico ou psíquico), senón que, ademais, alimenta a (Continúa na páxina 2)
  • 2. 2 IMPULSO SECCIÓN SINDICAL C.I.G. PSA-PEUGEOT CITROËN idea de que, como alter- nativa só lles queda a baixa por I. T., polo cal, en principio, todos nos manifestamos en contra. ADAPTACIÓN MÁQUINAS.- Como sabemos, no ano 98 en- trou en vigor unha lei pola cal esixíalle ás em- presas que tivesen as súas máquinas e ferra- mentas, anteriores e pos- teriores a este ano, adap- tadas á normativa de Se- guridade da Comunidade Europea nesta materia. Citroën acolleuse á mora- toria que a propia lei con- templaba de 5 anos para proceder a dita adapta- ción. No ano 2002 venceu dita moratoria e, a pesar de dársenos nun informe a mediados do ano pasado, como cumpridas ditas adaptacións, a C.I.G. coñecedora do seu in- cumprimento, formalizou a pregunta ó Director, que nos respondeu na reunión do pasado día 10/03/03 que, efectiva- mente, quedaban zonas de fábrica por reformar máquinas e ferramentas, como, por exemplo a nave F. Este recoñecemento dei- xou en evidencia non só que os 5 anos de morato- ria non foron suficientes, que se podía entender nalgúns casos, pero si nos sorprendeu que a empre- sa auditora deste traballo dérao por finalizado no seu informe, cando non foi así. MUTUAS.- Se ben a C.I.G. leva escrito bastante sobre as Mutuas, neste informe é inevitable referirnos de novo a elas, pola relación directa que teñen coa Saúde dos tra- balladores e traballado- ras. Sabemos que hai persoas que, en función da súa doenza, a través da Mutua sonlle adianta- das as probas e reciben o tratamento máis axiña, algo que non debera su- ceder se a Seguridade Social realmente estivera interesada en reducir as listas de espera, nembar- gantes esto non xustifica outras actuacións xa de- nunciadas, e que revelan un trato do paciente, den- de unha perspectiva prin- cipal do negocio, un trato que nada ten que ver co que se debe e se necesita dar a estas persoas. Can- do menos humanizar o trato; ese será o noso obxectivo. PREMIAR A SAÚDE.- É un paradoxo, xa que, ¿que maior premio para a nosa saúde que non ter accidentes? Nembargan- tes, cada vez máis nos módulos establécense "premios colectivos" por bater records de tempo sen accidentes. Un tema que merece unha análise profunda dende a perspectiva da Saúde, por entender que, en ocasións, á desgracia que poida sufrir o accidentado do grupo, súmaselle o enfado dos seus compa- ñeiros, ó ver frustradas as "pastas con churros", por exemplo. ¿Ata que punto é esto facer prevención? Este é o noso co- mentario das cuestións sobre as cales é evidente que se pode mellorar, se realmente todos coloca- mos a SAÚDE dos traba- lladores e traballadores por enriba de calquera outra consideración. Nese compromiso está a C.I.G. (Vén da páxina 1) 3 IMPULSO SECCIÓN SINDICAL C.I.G. PSA-PEUGEOT CITROËN PROPOSICIÓN DESHONESTA Cartas dos Afiliados -¡¡Pase Antonio!! ¿Que tal la familia..? Le mandé llamar para darle una buena noticia. -Vostede dirá -Púes es para co- municarle que le compra- mos los 10 minutos de parada. -¿Ah si?, pois non pensei que lle puidera interesar. -Púes si, ya ve; pensando nos dijimos, ¿como podemos ayudar a mejorar los salarios de los operarios de Montaje, y he aquí la solución, ya que para ustedes ¡que mas les da diez minutos más o menos al día de descanso! -¿Ah, pero, fala en serio en quererme com- prar o descanso? -Claro hombre, y ádemas estoy dispuesto a pagarle muy bien. -¿Como canto?. -Púes.. teniendo en cuenta que 10 minutos representan 36 horas y media al año, estaríamos dispuestos a pagarle la friolera de 500 € , la mi- tad en Calificación de Puesto y la otra mitad en Complemento Individual. Irrestible, ¿a que si? -Pois si que é moi- to diñeiro, e ademais xa non viría 5 sábados a velar, porque eses coches xa estarían feitos ¿verdade? -Efectivamente, se ve que usted piensa en positivo..,no como otros. -Oia, ¿vostede sabe o que é estar na ca- dea traballando, e que che veña un coche tras outro.., vostede sabe a importancia que teñen para esta cabeciña as paradas..? -Hombre aunque yo no estoy en esa situa- ción, creo que es una buena oferta y ádemas aquí nos trae el dinero y ¿que son 10 minutos...? Nada. -¿Que son 10 mi- nutos di ? . Son 10 minu- tos de vida, imaxínese o perdelos.., por iso non llos podo vender. -Pero hombre tiene que vender porque en Francia... -Mire non me veña con esa cantine- la. En Francia teñen cousas que nos non temos e o pouco que aquí hai non pode- mos renunciar a elo. Ademais nos somos os millores ¿non si?. -Bueno Anto- nio, hai que vender, además tienes un hijo con 6 horas de noche y ya sabes lo que puede pasar... -De chantaxe na- da, aquí vimos a cumprir co noso traballo para levarnos un salario digno, e coa mesma dignidade tanto él como eu, temos o deber de defender os no- sos dereitos. -¿Ah si, conque esas tenemos..? -Si, a Saúde non se vende. Abril de 2003