SlideShare a Scribd company logo
1 of 2
Download to read offline
4
IMPULSO SECCIÓN SINDICAL C.I.G. PSA-PEUGEOT CITROËN
Se alguén chegara a dubi-
dar das miñas conviccións
democráticas poría o grito no
ceo.
Pero se observamos a
realidade, nos momentos en
que as miñas opinións teño
que contrastalas coas dos
outros, fáiseme costa arriba
aceptar que podo estar eu
equivocado e os demais ter
razón. E isto nótase moito
máis cando o tema da discu-
sión dá lugar a grande debate.
Podíamos poñer como exem-
plo o convenio colectivo.
Eu participo activamente
no debate, defendendo o meu
punto de vista e, ó final, a
miña opinión é derrotada por
maioría. Se fose verdadeira-
mente demócrata aceptaría de
maneira natural o resultado e
vería o debate como un exer-
cicio san no dereito ás nosas
liberdades de expresión.
Pero, en moitos casos non
é así. A pesar de que a maio-
ría dixo que eu non teño ra-
zón, estou convencido de que
os equivocados son os de-
mais. No fondo creo que os
outros son ignorantes, parvos,
que non teñen nin idea. O
único listo e intelixente aquí
son eu. Incluso podo chegar a
poñer en dúbida se a decisión
tomada se fixo verdadeira-
mente de maneira democráti-
ca. Dúbida que non tería,
baixo ningún concepto, se
saíra triunfante a miña posi-
ción.
Moito máis grave é cando,
sen tan sequera participar no
debate, vou dándolle leccións
a todo o mundo de como hai
que facer as cousas.
Con esta conducta, o que
revelo é que:
-non teño respecto polos
meus compañeiros, que non
opinan coma min;
-carezo da humildade
suficiente como para pensar
que todos podemos ter razón
e todos podemos estar equi-
vocados en calquera decisión
que tomamos;
-vexo ós que non opinan
coma min como seres inferio-
res.
Con esta radiografía, eu
teño moi serias razóns para
ter que preguntarme: ¿de
verdade, son demócrata?
A DIFICULTADE DE SER DEMÓCRATA
Por acordo do Consello
Confederal, a cota sindical
quedou establecida en
8'7 € , a partir do mes de
abril, inclusive.
NOVA COTA SINDICAL
Volvemos a recordar que,
nos casos de accidente de
traballo, é o mando do taller o
que ten que facer o parte de
accidente para acudir ó médi-
co.
En ningún caso se debe
acudir á consulta do médico
da Seguridade Social, pois
este acabará por remitir ó
pácente á Mutua, co cal, a
persoa accidentada perderá
un tempo para que o atendan
debidamente, a parte de ter
que andar reclamando innece-
sariamente..
PARTES DE ACCIDENTE
Da importancia da cele-
bración desta data debemos
salientar dúas cousas:
1º.- O longo camiño que
tivemos que recorrer para
que se recoñecera que os
traballadores e traballadoras
somos persoas tan importan-
tes como os que forman as
clases dominantes. Que a
nosa dignidade, como seres
humanos, é incuestionable.
Que formamos parte da so-
ciedade e que hai que contar
con nós. Que os dereitos
humanos son universais,
afectando a todos e a todas.
Xa non se nos considera
como seres anónimos sen
dereitos, cunha única obriga:
ser escravos.
Agora temos dereitos
individuais e colectivos e, polo
tanto, responsabilidades á
hora de utilizalos e defende-
los.
2º.- A concienciación de
que temos que seguir neste
camiño, sen abandonar nunca
a loita, tendo presente que
esta, tanto serve para avan-
zar nos nosos dereitos, como
para defender os que temos,
dependendo do momento
histórico polo que esteamos
atravesando.
Neste sentido, nunca
debemos ver o momento
presente como definitivo,
senón dentro da perspectiva
histórica da acción das orga-
nizacións, sen deixarnos
influír polas circunstancias
concretas do agora mesmo.
Avanzamos ata aquí e temos
que seguir avanzando. Esta é
a nosa misión.
A manifestación anual, á
que debemos asistir, é a
testemuña:
*da nosa determinación
de continuar este camiño;
*do recordo das condi-
cións humanas e sociais das
que partimos;
*da lembranza de tódolos
traballadores e traballadoras
que nos precederon nesta
loita e, ós cales, debémoslle o
conseguido;
*da nosa organización.
A C.I.G. Este ano convoca
co Lema CONTRA A PRECA-
RIEDADE, MÁIS E MELLOR
EMPREGO. A manifestación
saíra ás 12 dende a DOBLA-
DA.
ANTE O 1º DE MAIO
IMPULSOEdita: Sección Sindical C.I.G. - PSA Peugeot-Citroën
Nº 56 ABRIL 2004
O atallo non sempre é o camiño máis curto (Anónimo)
ÍNDICE:
Ante o 1º de maio
“Carta aberta a un compañei-
ro “Cando trunfa a comenen-
cia”
Cando as barbasdo veci-
ño...Documentos da historia
Complemento por xubilación
Mili” e cotización á Segurida-
de Social
Documentos da historia
Partes de accidentes
A difucultade de ser demó-
crata
Nova cota sindical
2
IMPULSO SECCIÓN SINDICAL C.I.G. PSA-PEUGEOT CITROËN
Cando os traballadores/
as de Montaxe comezaron a
mobilizarse na defensa dos
descansos, a C.I.G. advertía ó
persoal dos restantes talleres,
que detrás de Montaxe poderí-
an seguirlle outras zonas da
fábrica. Lamentablemente
parece ser que non nos equi-
vocábamos, xa que o pasado
mércores día 21, a C.I.G. aler-
taba das intencións de algún
"estudioso" por quererlle
recortar 10 minutos de des-
canso en Lixado do 02 en
Pintura, ignorando que dito
recorte significaría, ó noso
xuízo, un cambio nas condi-
cións de traballo; en conse-
cuencia, de querer levar
adiante dita pretensión, sería
preceptivo a convocatoria do
Comité de Empresa en tempo
e forma, xa que algo teremos
que dicir ó respecto.
CANDO AS BARBAS DO VECIÑO....
No momento en que me
diche a túa opinión sobre o
Convenio Colectivo leveime
unha grande e desagradable
sorpresa, independentemente
da opinión xeral sobre el, que
sempre pode ser discutida.
Foi unha situación desas,
nas que se comproba canto
hai de falsidade e hipocrisía na
conducta dalgunhas persoas.
Comezaches dicindo que
-o aumento salarial era acep-
table, pero que non había
nada máis-. Eu fixen referen-
cia, entre outras cousas, a que
-tamén era importante o com-
promiso dos 1000 contratos
indefinidos-.
E foi aquí onde me desar-
maches. Afirmaches que -isto
non era importante-.
-¿Como non ía ser impor-
tante o conseguir que o teu
fillo e os fillos dos demais
puideran ter un contrato inde-
finido?-, pregunteiche.
-É que o meu fillo xa está
indefinido-, respostache.
¡Ah!, entón foi cando "caín
da burra". Antes, esta reivindi-
cación era moi importante,
porque ti tiñas o problema sen
resolver; agora que o tes
resolto, os problemas dos
demais non teñen importancia.
Facíaste prudente, mode-
rado e transixente; de repente
volvécheste “duro" e esixente,
en demanda de solucións. En
r e a l i d a d e , ¿ c ó m o
eres?.Posiblemente nin unha
cousa nin outra. Sinxelamente
non es máis ca un ser come-
nenciudo e egoísta. Sóbrache
verniz para aparentar e fálta-
che sentimento de solidarieda-
de e decencia política.
¡Unha pena!
CARTA ABERTA A UN COMPAÑEIRO
“CANDO TRUNFA A COMENENCIA”
3
IMPULSO SECCIÓN SINDICAL C.I.G. PSA-PEUGEOT CITROËN
Como xa coñecedes
por informacións anterio-
res, e despois da consulta
feita pola CIG, quedou
aberta a posibilidade de
que cada persoa decida
como quere que se lle
aplique a cantidade co-
rrespondente a este con-
cepto. Existen, pois, dúas
opcións:
1ª.- O ingreso en nó-
mina de 112'82 €, reparti-
dos en 14 pagas. Para elo
debes cubrir un impreso
para facer a petición neste
sentido ANTES DO 31 DE
MAIO PRÓXIMO.
2ª.- Un sistema de
capitalización, para o cal a
aportación sería 150 €/
ano, (por non ter deduc-
cións fiscais e da S.Social),
e que se percibirían á
xubilación con 65 anos, ou
nos caos de Invalidez total,
absoluta, grande invalidez
ou de falecemento.
Pode darse a posibili-
dade de que en futuras
negociacións colectivas
haxa unha aportación por
parte da Empresa cara ó
sistema de capitalización.
A nosa intención foi a
defensa da liberdade das
persoas a decidir. A partir
de aquí que cada traballa-
dor/ra adopte a postura
que considere tendo en
conta a información sobre
as dúas opcións.
COMPLEMENTO POR XUBILACIÓN.
ELIXE CON COÑECEMENTO
Para aqueles casos nos que se
teñan cotizados menos de 35 anos
á Seguridade Social para tero o
100 % da pensión de xubilación, ou
menos de 30 anos para os casos
de prexubilación, pódenselle sumar
o tempo de "mili" que exceda de 9
meses. Se se cumpriu estrictamente
cos 9 meses de Servicio Militar non
computa este tempo.
A solicitude hai que facela ante
a Dirección do Ministerio de Defen-
sa da Provincia, cubrindo un
"certificado para cómputo recíproco
de cotas", acompañando fotocopia
do DNI e da Cartilla Militar. ( Hai
que levar os orixinais para compul-
sar).
Ó que estivera nesta situación
computaríaselle 1 ano de cotiza-
ción, pois a diferencia sería de
meses en tódolos casos.
“MILI” E A COTIZACIÓN Á
SEGURIDADE SOCIAL
Ante o avance das organi-
zacións dos traballadores, as
clases dominantes responde-
ron violentamente para evitar
a consolidación de ditas orga-
nizacións, acusándoas de todo
o peor e condenando ós seus
dirixentes. Unha mostra deste
fanatismo antiobreiro foi o
discurso que o deputado con-
servador, Cánovas, pronunciou
nas Cortes no 1871, para
poñer fóra da lei a Asociación
Internacional dos Traballado-
res:
"Luchad si os empeñais,
aúnque no tenéis razón, lu-
chad; nosotros nos defendere-
mos; los propietarios españo-
les, los propietarios de todo el
mundo se defenderán, y harán
bién, contra la invasión de
tales ideas. Si esta es unha
nueva irrupción de bárbaros...
nos defenderemos, si, luchare-
mos.
Porque en la defensa de
este orden social está hoy sin
duda alguna la mayor legitimi-
dad: quién alcance a defender
la propiedad, a restablecer el
orden social, a dar a estas
naciones ... la seguridad y la
garantía de los derechos de
cada uno y a libertarlas de la
invasión bárbara del proleta-
riado ignorante, este ten-
drá ..., una verdadera legitimi-
dad."
Pero contra o vento da
historia non hai discurso posi-
ble.
DOCUMENTOS DA HISTORIA

More Related Content

Viewers also liked (20)

Impulso 65
Impulso 65Impulso 65
Impulso 65
 
Impulso 54
Impulso 54Impulso 54
Impulso 54
 
Impulso 51
Impulso 51Impulso 51
Impulso 51
 
Impulso 46
Impulso 46Impulso 46
Impulso 46
 
Impulso 79
Impulso 79Impulso 79
Impulso 79
 
Impulso 68
Impulso 68Impulso 68
Impulso 68
 
Impulso 77
Impulso 77Impulso 77
Impulso 77
 
Impulso 87
Impulso 87Impulso 87
Impulso 87
 
Impulso 63
Impulso 63Impulso 63
Impulso 63
 
Impulso 73
Impulso 73Impulso 73
Impulso 73
 
Impulso 82
Impulso 82Impulso 82
Impulso 82
 
Impulso 43
Impulso 43Impulso 43
Impulso 43
 
Impulso 60
Impulso 60Impulso 60
Impulso 60
 
Impulso 89
Impulso 89Impulso 89
Impulso 89
 
Impulso 72
Impulso 72Impulso 72
Impulso 72
 
Impulso 69
Impulso 69Impulso 69
Impulso 69
 
Impulso 90
Impulso 90Impulso 90
Impulso 90
 
Impulso 52
Impulso 52Impulso 52
Impulso 52
 
Impulso 57
Impulso 57Impulso 57
Impulso 57
 
Impulso 84
Impulso 84Impulso 84
Impulso 84
 

Similar to Impulso 56

Buzón Rebelde Especial Eventuais
Buzón Rebelde Especial EventuaisBuzón Rebelde Especial Eventuais
Buzón Rebelde Especial Eventuais
Cgt Correos A Coruña
 
Buzón Rebelde 25: unha folga para perder cartos?
Buzón Rebelde 25: unha folga para perder cartos?Buzón Rebelde 25: unha folga para perder cartos?
Buzón Rebelde 25: unha folga para perder cartos?
Cgt Correos A Coruña
 

Similar to Impulso 56 (11)

Buzón rebelde 12 definitivo cor
Buzón rebelde 12 definitivo corBuzón rebelde 12 definitivo cor
Buzón rebelde 12 definitivo cor
 
Impulso 50
Impulso 50Impulso 50
Impulso 50
 
Impulso 44
Impulso 44Impulso 44
Impulso 44
 
Novas da xustiza nº1041
Novas da xustiza nº1041 Novas da xustiza nº1041
Novas da xustiza nº1041
 
Impulso 70
Impulso 70Impulso 70
Impulso 70
 
Buzón rebelde 16, especial contratación verán 2015
Buzón rebelde 16, especial contratación verán 2015Buzón rebelde 16, especial contratación verán 2015
Buzón rebelde 16, especial contratación verán 2015
 
Novas xustiza 1032
Novas xustiza 1032Novas xustiza 1032
Novas xustiza 1032
 
Buzón Rebelde Especial Eventuais
Buzón Rebelde Especial EventuaisBuzón Rebelde Especial Eventuais
Buzón Rebelde Especial Eventuais
 
Buzón Rebelde 25: unha folga para perder cartos?
Buzón Rebelde 25: unha folga para perder cartos?Buzón Rebelde 25: unha folga para perder cartos?
Buzón Rebelde 25: unha folga para perder cartos?
 
Buzón rebelde 20 CGT Correos Coruña
Buzón rebelde 20 CGT Correos CoruñaBuzón rebelde 20 CGT Correos Coruña
Buzón rebelde 20 CGT Correos Coruña
 
Comunicado cgt coruña 27 n
Comunicado cgt coruña 27 nComunicado cgt coruña 27 n
Comunicado cgt coruña 27 n
 

More from Impulso CIG Citroën (15)

Impulso 97
Impulso 97Impulso 97
Impulso 97
 
Impulso 96
Impulso 96Impulso 96
Impulso 96
 
Impulso 95
Impulso 95Impulso 95
Impulso 95
 
Impulso 93
Impulso 93Impulso 93
Impulso 93
 
Impulso 94
Impulso 94Impulso 94
Impulso 94
 
Impulso 92
Impulso 92Impulso 92
Impulso 92
 
Impulso 91
Impulso 91Impulso 91
Impulso 91
 
Impulso 2
Impulso 2Impulso 2
Impulso 2
 
Impulso 5
Impulso 5Impulso 5
Impulso 5
 
Impulso 85
Impulso 85Impulso 85
Impulso 85
 
Impulso 83
Impulso 83Impulso 83
Impulso 83
 
Impulso 76b
Impulso 76bImpulso 76b
Impulso 76b
 
Impulso 75
Impulso 75Impulso 75
Impulso 75
 
Impulso 74
Impulso 74Impulso 74
Impulso 74
 
Impulso 67
Impulso 67Impulso 67
Impulso 67
 

Impulso 56

  • 1. 4 IMPULSO SECCIÓN SINDICAL C.I.G. PSA-PEUGEOT CITROËN Se alguén chegara a dubi- dar das miñas conviccións democráticas poría o grito no ceo. Pero se observamos a realidade, nos momentos en que as miñas opinións teño que contrastalas coas dos outros, fáiseme costa arriba aceptar que podo estar eu equivocado e os demais ter razón. E isto nótase moito máis cando o tema da discu- sión dá lugar a grande debate. Podíamos poñer como exem- plo o convenio colectivo. Eu participo activamente no debate, defendendo o meu punto de vista e, ó final, a miña opinión é derrotada por maioría. Se fose verdadeira- mente demócrata aceptaría de maneira natural o resultado e vería o debate como un exer- cicio san no dereito ás nosas liberdades de expresión. Pero, en moitos casos non é así. A pesar de que a maio- ría dixo que eu non teño ra- zón, estou convencido de que os equivocados son os de- mais. No fondo creo que os outros son ignorantes, parvos, que non teñen nin idea. O único listo e intelixente aquí son eu. Incluso podo chegar a poñer en dúbida se a decisión tomada se fixo verdadeira- mente de maneira democráti- ca. Dúbida que non tería, baixo ningún concepto, se saíra triunfante a miña posi- ción. Moito máis grave é cando, sen tan sequera participar no debate, vou dándolle leccións a todo o mundo de como hai que facer as cousas. Con esta conducta, o que revelo é que: -non teño respecto polos meus compañeiros, que non opinan coma min; -carezo da humildade suficiente como para pensar que todos podemos ter razón e todos podemos estar equi- vocados en calquera decisión que tomamos; -vexo ós que non opinan coma min como seres inferio- res. Con esta radiografía, eu teño moi serias razóns para ter que preguntarme: ¿de verdade, son demócrata? A DIFICULTADE DE SER DEMÓCRATA Por acordo do Consello Confederal, a cota sindical quedou establecida en 8'7 € , a partir do mes de abril, inclusive. NOVA COTA SINDICAL Volvemos a recordar que, nos casos de accidente de traballo, é o mando do taller o que ten que facer o parte de accidente para acudir ó médi- co. En ningún caso se debe acudir á consulta do médico da Seguridade Social, pois este acabará por remitir ó pácente á Mutua, co cal, a persoa accidentada perderá un tempo para que o atendan debidamente, a parte de ter que andar reclamando innece- sariamente.. PARTES DE ACCIDENTE Da importancia da cele- bración desta data debemos salientar dúas cousas: 1º.- O longo camiño que tivemos que recorrer para que se recoñecera que os traballadores e traballadoras somos persoas tan importan- tes como os que forman as clases dominantes. Que a nosa dignidade, como seres humanos, é incuestionable. Que formamos parte da so- ciedade e que hai que contar con nós. Que os dereitos humanos son universais, afectando a todos e a todas. Xa non se nos considera como seres anónimos sen dereitos, cunha única obriga: ser escravos. Agora temos dereitos individuais e colectivos e, polo tanto, responsabilidades á hora de utilizalos e defende- los. 2º.- A concienciación de que temos que seguir neste camiño, sen abandonar nunca a loita, tendo presente que esta, tanto serve para avan- zar nos nosos dereitos, como para defender os que temos, dependendo do momento histórico polo que esteamos atravesando. Neste sentido, nunca debemos ver o momento presente como definitivo, senón dentro da perspectiva histórica da acción das orga- nizacións, sen deixarnos influír polas circunstancias concretas do agora mesmo. Avanzamos ata aquí e temos que seguir avanzando. Esta é a nosa misión. A manifestación anual, á que debemos asistir, é a testemuña: *da nosa determinación de continuar este camiño; *do recordo das condi- cións humanas e sociais das que partimos; *da lembranza de tódolos traballadores e traballadoras que nos precederon nesta loita e, ós cales, debémoslle o conseguido; *da nosa organización. A C.I.G. Este ano convoca co Lema CONTRA A PRECA- RIEDADE, MÁIS E MELLOR EMPREGO. A manifestación saíra ás 12 dende a DOBLA- DA. ANTE O 1º DE MAIO IMPULSOEdita: Sección Sindical C.I.G. - PSA Peugeot-Citroën Nº 56 ABRIL 2004 O atallo non sempre é o camiño máis curto (Anónimo) ÍNDICE: Ante o 1º de maio “Carta aberta a un compañei- ro “Cando trunfa a comenen- cia” Cando as barbasdo veci- ño...Documentos da historia Complemento por xubilación Mili” e cotización á Segurida- de Social Documentos da historia Partes de accidentes A difucultade de ser demó- crata Nova cota sindical
  • 2. 2 IMPULSO SECCIÓN SINDICAL C.I.G. PSA-PEUGEOT CITROËN Cando os traballadores/ as de Montaxe comezaron a mobilizarse na defensa dos descansos, a C.I.G. advertía ó persoal dos restantes talleres, que detrás de Montaxe poderí- an seguirlle outras zonas da fábrica. Lamentablemente parece ser que non nos equi- vocábamos, xa que o pasado mércores día 21, a C.I.G. aler- taba das intencións de algún "estudioso" por quererlle recortar 10 minutos de des- canso en Lixado do 02 en Pintura, ignorando que dito recorte significaría, ó noso xuízo, un cambio nas condi- cións de traballo; en conse- cuencia, de querer levar adiante dita pretensión, sería preceptivo a convocatoria do Comité de Empresa en tempo e forma, xa que algo teremos que dicir ó respecto. CANDO AS BARBAS DO VECIÑO.... No momento en que me diche a túa opinión sobre o Convenio Colectivo leveime unha grande e desagradable sorpresa, independentemente da opinión xeral sobre el, que sempre pode ser discutida. Foi unha situación desas, nas que se comproba canto hai de falsidade e hipocrisía na conducta dalgunhas persoas. Comezaches dicindo que -o aumento salarial era acep- table, pero que non había nada máis-. Eu fixen referen- cia, entre outras cousas, a que -tamén era importante o com- promiso dos 1000 contratos indefinidos-. E foi aquí onde me desar- maches. Afirmaches que -isto non era importante-. -¿Como non ía ser impor- tante o conseguir que o teu fillo e os fillos dos demais puideran ter un contrato inde- finido?-, pregunteiche. -É que o meu fillo xa está indefinido-, respostache. ¡Ah!, entón foi cando "caín da burra". Antes, esta reivindi- cación era moi importante, porque ti tiñas o problema sen resolver; agora que o tes resolto, os problemas dos demais non teñen importancia. Facíaste prudente, mode- rado e transixente; de repente volvécheste “duro" e esixente, en demanda de solucións. En r e a l i d a d e , ¿ c ó m o eres?.Posiblemente nin unha cousa nin outra. Sinxelamente non es máis ca un ser come- nenciudo e egoísta. Sóbrache verniz para aparentar e fálta- che sentimento de solidarieda- de e decencia política. ¡Unha pena! CARTA ABERTA A UN COMPAÑEIRO “CANDO TRUNFA A COMENENCIA” 3 IMPULSO SECCIÓN SINDICAL C.I.G. PSA-PEUGEOT CITROËN Como xa coñecedes por informacións anterio- res, e despois da consulta feita pola CIG, quedou aberta a posibilidade de que cada persoa decida como quere que se lle aplique a cantidade co- rrespondente a este con- cepto. Existen, pois, dúas opcións: 1ª.- O ingreso en nó- mina de 112'82 €, reparti- dos en 14 pagas. Para elo debes cubrir un impreso para facer a petición neste sentido ANTES DO 31 DE MAIO PRÓXIMO. 2ª.- Un sistema de capitalización, para o cal a aportación sería 150 €/ ano, (por non ter deduc- cións fiscais e da S.Social), e que se percibirían á xubilación con 65 anos, ou nos caos de Invalidez total, absoluta, grande invalidez ou de falecemento. Pode darse a posibili- dade de que en futuras negociacións colectivas haxa unha aportación por parte da Empresa cara ó sistema de capitalización. A nosa intención foi a defensa da liberdade das persoas a decidir. A partir de aquí que cada traballa- dor/ra adopte a postura que considere tendo en conta a información sobre as dúas opcións. COMPLEMENTO POR XUBILACIÓN. ELIXE CON COÑECEMENTO Para aqueles casos nos que se teñan cotizados menos de 35 anos á Seguridade Social para tero o 100 % da pensión de xubilación, ou menos de 30 anos para os casos de prexubilación, pódenselle sumar o tempo de "mili" que exceda de 9 meses. Se se cumpriu estrictamente cos 9 meses de Servicio Militar non computa este tempo. A solicitude hai que facela ante a Dirección do Ministerio de Defen- sa da Provincia, cubrindo un "certificado para cómputo recíproco de cotas", acompañando fotocopia do DNI e da Cartilla Militar. ( Hai que levar os orixinais para compul- sar). Ó que estivera nesta situación computaríaselle 1 ano de cotiza- ción, pois a diferencia sería de meses en tódolos casos. “MILI” E A COTIZACIÓN Á SEGURIDADE SOCIAL Ante o avance das organi- zacións dos traballadores, as clases dominantes responde- ron violentamente para evitar a consolidación de ditas orga- nizacións, acusándoas de todo o peor e condenando ós seus dirixentes. Unha mostra deste fanatismo antiobreiro foi o discurso que o deputado con- servador, Cánovas, pronunciou nas Cortes no 1871, para poñer fóra da lei a Asociación Internacional dos Traballado- res: "Luchad si os empeñais, aúnque no tenéis razón, lu- chad; nosotros nos defendere- mos; los propietarios españo- les, los propietarios de todo el mundo se defenderán, y harán bién, contra la invasión de tales ideas. Si esta es unha nueva irrupción de bárbaros... nos defenderemos, si, luchare- mos. Porque en la defensa de este orden social está hoy sin duda alguna la mayor legitimi- dad: quién alcance a defender la propiedad, a restablecer el orden social, a dar a estas naciones ... la seguridad y la garantía de los derechos de cada uno y a libertarlas de la invasión bárbara del proleta- riado ignorante, este ten- drá ..., una verdadera legitimi- dad." Pero contra o vento da historia non hai discurso posi- ble. DOCUMENTOS DA HISTORIA