SlideShare a Scribd company logo
1 of 2
Download to read offline
4
IMPULSO SECCIÓN SINDICAL C.I.G. PSA-PEUGEOT CITROËN
Atópome totalmente
abraiado e indignado pola
"proposta" da empresa
respecto ós tempos de
montaxe e o paso da xen-
te do turno da noite cara
o día.
En primeiro lugar,
non ten ningún sentido
querer baixar o tempo de
descanso dos traballado-
res pondo unha serie de
desculpas que non teñen
lugar. Eles saben tan ben
coma nós, de moi boa
tinta, que montaxe é un
dos lugares no que é máis
alto o índice de persoas
con problemas de estrees
e doenzas do corazón e
eu pregúntome ¿a que é
debido querer eses dez
minutos?. Busqueille
unha explicación e pensei
neses 7 ou 8 coches que
poderían facer a máis,
pero non creo que poida
ser iso. Entón atopei o
que creo que é a resposta:
se non é pola producción
nin polos cartos, quizais
sexa por cortar o tempo
que teñen os compañeiros
de comunicarse uns cos
outros. Pode ser que non
lles interese que falemos
e o que nos poidamos
dicir.
Quizais deberiamos
tomarnos isto coma o que
é, un asalto a nosa liber-
dade e que mellor manei-
ra de demostralo que
facendo chantaxe cos
contratos de noite. ¿Ata
onde imos chegar?, ¿Que
será o seguinte?. Ó me-
llor, o próximo será que
leve un cronometrador ó
bocadillo, e dicir que se
pode comer en tan só 5
minutos senón falamos.
Ou que para tomar o café
non fai falla máis de 2
minutos se non o deixa-
mos arrefriar e, incluso
menos, se non falamos
nin removemos o azucre
Respecto ós contratos
de 6 horas ¿como poden
ofrecer algo que non ten
nin pés nin testa? Que
sexamos traballadores
non quere dicir que sexa-
mos parvos ou que deba-
mos pedir que a empresa
cumpra co que dixo no
seu día. ¿Canto máis tere-
mos que tragar? ¿cantas
promesas incumpridas
escoitaremos máis?, ¿ata
onde imos chegar?, ¿por
qué os mandos nos pre-
sionan para que cambie-
mos o contrato con inter-
vencións como estas?:
“É tan bo, tan bo, que
podes traballar dende as
8 ás 2 e de 4 á 6”
“Decir que no, no te
va a favorecer en nada.
Atente a las consecuen-
cias”
Existen outras pre-
guntas, tamén, que debe-
riamos facer: como se
nos pagarían as pagas, as
vacacións e a paga de
participación.
Antes de tomar cal-
quera decisión, consulte-
mos personalmente no
INEM
Creo que todos nós
deberiamos pensar nesto
e nun momento dado
actuar dalgún xeito para
que non nos sigan a to-
mar polo que non somos,
nin parvos, nin ovellas.
Pensemos que se agora
fan esto xa poderán facer
practicamente o que lles
pete. Movámonos dun
xeito pacífico e legal e
demostrémoslles que
aínda hai cousas polas
que non imos tragar e que
o tempo dos parvos ató-
pase no seu
fin.
Cartas dos Afiliados
¿QUÉ SERÁ O SEGUINTE?
LUÍS
IMPULSO Confederación Intersindical GalegaEdita: Sección Sindical C.I.G. - PSA Peugeot-Citroën
Nº 48 - Abril 2003
Eles ( os que se opoñen á liberdade persoal en favor dos seus negocios), non poden
inverter o proceso da construcción dunhas estructuras positivas na sociedade sen o
noso consentimento e a nosa participación. Porque sen a nosa complicidade non
teñen poder. Sen nós, eles non existen. (Douglas Rushkoff.- Coerción.)
Polo feito de que a súa
profesión é curar ás per-
soas enfermas, o esta-
mento médico sempre
gozou dunha certa consi-
deración por parte da
sociedade, en xeral e,
moi particularmente,
polas persoas que nece-
sitan recorrer ós seus
servicios.
Por elo, a parte da
súa competencia profe-
sional, posúen unhas
normas deontolóxicas e
son fieis ó xuramento
hipocrático de vivir fa-
cendo o ben. É dicir, na
súa profesión, a compo-
ñente ética é fundamen-
tal.
Pero, polos sínto-
mas que nos últimos
tempos vimos detectan-
do, estes principios van
quedando esquecidos en
aras de cumprir unha
función represiva a favor
dos intereses económi-
cos e prexudicando gra-
vemente a saúde dos
traballadores e traballa-
doras.
Imos facer refe-
rencia a algúns médicos
da Mutua, que exercen
un verdadeiro acoso
sobre o persoal de baixa,
con ameazas incluídas,
para que se reincorporen
ó traballo sen estar en
condicións.
(Continúa na páxina 2)
Sumario:
Médicos: do xuramento
hipocrático a funciona-
rios represores
Os 10 minutos
Qué será o seguinte?
MÉDICOS:
DO XURAMENTO HIPOCRÁTICO A
FUNCIONARIOS REPRESORES.
“Habiendo sido estudiado su proceso de baja
por los Servicios Médicos de Mutua Univer-
sal, consideramos que Ud. se encuentra en
condiciones de asumir el puesto de trabajo,
por lo que le solicitamos acuda, a la mayor
brevedad, a su médico de cabecera para que
le de el alta. De no hacerlo así, procederemos
a ponerlo en conocimiento de los servicios de
Inspección Médica. (Carta da Mutua a un tra-
ballador)
2
IMPULSO SECCIÓN SINDICAL C.I.G. PSA-PEUGEOT CITROËN
Este persoal médico vai perden-
do o tacto humano. A valoración dunha
persoa fano dende un punto de vista
físico (ás veces nin isto), pero esqué-
cense da compoñente psíquica que, nal-
gunhas ocasións é o verdadeiro proble-
ma da limitación
Venderon os seus principios
éticos, a súa fidelidade ó “Xuramento”
para gozar doutro tipo de consideración:
a dos que ostentan o poder económico,
para os cales, os traballadores e traba-
lladoras de baixa por enfermidade so-
mos unha carga. Estes médicos forman
parte agora dos que contemplan a medi-
cina dende un punto de vista económi-
co, non como un servicio social. Traizo-
aron o Xuramento Hipocrático. Claro
que é de supoñer que non lles importe
moito... Se chegan a menosprezar a
saúde das persoas...
Están levando a cabo unha acti-
tude inhumana de acoso cara ó persoal
de baixa ou con limitacións.
Estas situacións teñen que erra-
dicarse, se non queremos unha volta
atrás nas nosas condicións de vida. E a
erradicación pódese facer por medio da
concienciación dos profesionais da me-
dicina, o que sería o mellor, ou, no seu
defecto, pola denuncia.
O que temos claro é que a esta
situación hai que poñerlle fin.
A Mutua, “sempre mediando a
autorización do pacente, poderá
levar a cabo aquelas probas, exa-
mes, consultas...”
O contacto individual co
pácente “debe redundar nun
achegamento da medicina ó en-
fermo de maneira que este deixe
de ser un número para converter-
se nun nome” (Documento da
Dirección sobre xestión das baixas
por parte da Mutua).
OS 10 MINUTOS
Coa cesión no ano
95 dos dez minutos de
producción en montaxe, o
que se buscaba era a eli-
minación de reempraza-
dores. Agora preténdese
que perdamos as dúas
cousas.
No intermedio
leváronse a cabo unha
serie continuada de actua-
cións sobre tempos, rebai-
xándoos reparto tras re-
parto e cargando estes ó
máximo.
Estamos a tratar
unha cuestión que afecta
moi directamente á saúde
dos traballadores e traba-
lladoras e comprobamos
diariamente os problemas
cos que nos vemos na
obriga de enfrontar: cada
día máis limitacións físi-
cas e psíquicas, aumenta-
do estas últimas alarman-
temente.
Os responsables de
medir os tempos só lles
preocupa o sacar máis
producción con menos
xente, é dicir, aumentan-
do o esforzo individual e,
a veces, con métodos que
temos moi serias dúbidas
de que sexan científicos,
pola sensación de chapu-
za que percibimos en ca-
sos concretos.
Ademais, a propia
conducta que a represen-
tación da Dirección na
Comisión Paritaria de
Tempos practica é cada
día menos seria. ¿Como
se pode vir a unha reu-
nión sen ter resposta das
(Continúa na páxina 3)
3
IMPULSO SECCIÓN SINDICAL C.I.G. PSA-PEUGEOT CITROËN
reclamacións feitas un
mes antes, para dicir ex-
clusivamente que van
estudialo? O normal sería
que nesa reunión deran a
r e s p o s t a .
Pero convén
que estas
respostas se
perdan no
tempo, in-
cumprindo
os compro-
misos que a
mesma Di-
rección plas-
mou en di-
versos docu-
mentos.
Por outra parte, o
feito de querer ligar o
asunto dos contratos de
noite con este problema
parécenos unha grande
torpeza.
Primeiro, porque
os traballadores de mon-
taxe veno como unha
chantaxe: "se non cede-
des non se cambia ó per-
soal de noite".
Segundo, os com-
pañeiros e compañeiras
de noite séntense como
se foran moeda de cam-
bio, cando a transforma-
ción de contrato e de
quenda estaba claramente
comprometido.
¿ Que ten que ver
unha cousa coa outra?
Resumindo:
Os traballadores e
traballadoras de Montaxe
necesitan os descansos.
Os traballadores e
traballadoras da quenda
de noite teñen dereito a
que se cumpran os com-
promisos contraídos no
seu día: ir pasando ó día
con contratos de 8 horas
a medida que se vaia
marchando persoal.
Esta foi e é a nosa
postura.
(Vén da páxina 2)
O que non se cumpre:
Composicións.- Avance na fiabilidade, acadando o 85%.
Previsión de ocos na composición no caso de emerxencias.
Consideración dos tempos por aprovisionamento nos casos de división
de operacións.
Mellorar o equilibrado dos repartos nun 50%.
Información por parte do mando e analista de tempos ó traballador
con ocasión de cronometraxe explicando os motivos.
Información previa por parte de mando ós traballadores do seu módu-
lo, tanto con ocasión dos cambios de reparto como nas modificacións de tem-
pos e as súas causas
Establecemento dun procedemento polo cal... o traballador poderá
presentarlle a súa queixa ou reclamación ó Mando, quen a formalizará por
escrito e daralle resposta á maior brevidade e, en todo caso, nun prazo máxi-
mo dunha semana...
.(Documento da Dirección sobre Organización do Traballo na Liñas de
Montaxe. 15-06-95)

More Related Content

Viewers also liked (20)

Impulso 51
Impulso 51Impulso 51
Impulso 51
 
Impulso 75
Impulso 75Impulso 75
Impulso 75
 
Impulso 58
Impulso 58Impulso 58
Impulso 58
 
Impulso 70
Impulso 70Impulso 70
Impulso 70
 
Impulso 83
Impulso 83Impulso 83
Impulso 83
 
Impulso 89
Impulso 89Impulso 89
Impulso 89
 
Impulso 64
Impulso 64Impulso 64
Impulso 64
 
Impulso 74
Impulso 74Impulso 74
Impulso 74
 
Impulso 84
Impulso 84Impulso 84
Impulso 84
 
Impulso 73
Impulso 73Impulso 73
Impulso 73
 
Impulso 87
Impulso 87Impulso 87
Impulso 87
 
Impulso 55
Impulso 55Impulso 55
Impulso 55
 
Impulso 79
Impulso 79Impulso 79
Impulso 79
 
Impulso 72
Impulso 72Impulso 72
Impulso 72
 
Impulso 68
Impulso 68Impulso 68
Impulso 68
 
Impulso 69
Impulso 69Impulso 69
Impulso 69
 
Impulso 76
Impulso 76Impulso 76
Impulso 76
 
Impulso 65
Impulso 65Impulso 65
Impulso 65
 
Impulso 90
Impulso 90Impulso 90
Impulso 90
 
Impulso 57
Impulso 57Impulso 57
Impulso 57
 

Similar to Impulso 48 (20)

Impulso 92
Impulso 92Impulso 92
Impulso 92
 
Impulso 95
Impulso 95Impulso 95
Impulso 95
 
Impulso 88
Impulso 88Impulso 88
Impulso 88
 
Impulso 50
Impulso 50Impulso 50
Impulso 50
 
Novas da xustiza 1028
Novas da xustiza 1028Novas da xustiza 1028
Novas da xustiza 1028
 
Impulso 97
Impulso 97Impulso 97
Impulso 97
 
Impulso 44
Impulso 44Impulso 44
Impulso 44
 
Novas da xustiza nº1041
Novas da xustiza nº1041 Novas da xustiza nº1041
Novas da xustiza nº1041
 
Caos nas bolsas de contratación de Correos
Caos nas bolsas de contratación de CorreosCaos nas bolsas de contratación de Correos
Caos nas bolsas de contratación de Correos
 
Buzón rebelde 16, especial contratación verán 2015
Buzón rebelde 16, especial contratación verán 2015Buzón rebelde 16, especial contratación verán 2015
Buzón rebelde 16, especial contratación verán 2015
 
Buzón Rebelde 22
Buzón Rebelde 22Buzón Rebelde 22
Buzón Rebelde 22
 
Buzón rebelde 12 definitivo cor
Buzón rebelde 12 definitivo corBuzón rebelde 12 definitivo cor
Buzón rebelde 12 definitivo cor
 
BR Extra, novo acordo e resume do ano 2018
BR Extra, novo acordo e resume do ano 2018BR Extra, novo acordo e resume do ano 2018
BR Extra, novo acordo e resume do ano 2018
 
Impulso 91
Impulso 91Impulso 91
Impulso 91
 
Novas 1038
Novas 1038 Novas 1038
Novas 1038
 
Contra a Reforma Laboral
Contra a Reforma LaboralContra a Reforma Laboral
Contra a Reforma Laboral
 
Comunicado comercio metal pont equipos 05
Comunicado comercio metal pont equipos 05Comunicado comercio metal pont equipos 05
Comunicado comercio metal pont equipos 05
 
Plataforma comercio alimentación 2012 (pontevedra)
Plataforma comercio alimentación 2012 (pontevedra)Plataforma comercio alimentación 2012 (pontevedra)
Plataforma comercio alimentación 2012 (pontevedra)
 
Buzón rebelde outono 2021
Buzón rebelde outono 2021Buzón rebelde outono 2021
Buzón rebelde outono 2021
 
Novas xustiza 1032
Novas xustiza 1032Novas xustiza 1032
Novas xustiza 1032
 

More from Impulso CIG Citroën (9)

Impulso 96
Impulso 96Impulso 96
Impulso 96
 
Impulso 94
Impulso 94Impulso 94
Impulso 94
 
Impulso 2
Impulso 2Impulso 2
Impulso 2
 
Impulso 5
Impulso 5Impulso 5
Impulso 5
 
Impulso 86
Impulso 86Impulso 86
Impulso 86
 
Impulso 85
Impulso 85Impulso 85
Impulso 85
 
Impulso 82
Impulso 82Impulso 82
Impulso 82
 
Impulso 77
Impulso 77Impulso 77
Impulso 77
 
Impulso 67
Impulso 67Impulso 67
Impulso 67
 

Impulso 48

  • 1. 4 IMPULSO SECCIÓN SINDICAL C.I.G. PSA-PEUGEOT CITROËN Atópome totalmente abraiado e indignado pola "proposta" da empresa respecto ós tempos de montaxe e o paso da xen- te do turno da noite cara o día. En primeiro lugar, non ten ningún sentido querer baixar o tempo de descanso dos traballado- res pondo unha serie de desculpas que non teñen lugar. Eles saben tan ben coma nós, de moi boa tinta, que montaxe é un dos lugares no que é máis alto o índice de persoas con problemas de estrees e doenzas do corazón e eu pregúntome ¿a que é debido querer eses dez minutos?. Busqueille unha explicación e pensei neses 7 ou 8 coches que poderían facer a máis, pero non creo que poida ser iso. Entón atopei o que creo que é a resposta: se non é pola producción nin polos cartos, quizais sexa por cortar o tempo que teñen os compañeiros de comunicarse uns cos outros. Pode ser que non lles interese que falemos e o que nos poidamos dicir. Quizais deberiamos tomarnos isto coma o que é, un asalto a nosa liber- dade e que mellor manei- ra de demostralo que facendo chantaxe cos contratos de noite. ¿Ata onde imos chegar?, ¿Que será o seguinte?. Ó me- llor, o próximo será que leve un cronometrador ó bocadillo, e dicir que se pode comer en tan só 5 minutos senón falamos. Ou que para tomar o café non fai falla máis de 2 minutos se non o deixa- mos arrefriar e, incluso menos, se non falamos nin removemos o azucre Respecto ós contratos de 6 horas ¿como poden ofrecer algo que non ten nin pés nin testa? Que sexamos traballadores non quere dicir que sexa- mos parvos ou que deba- mos pedir que a empresa cumpra co que dixo no seu día. ¿Canto máis tere- mos que tragar? ¿cantas promesas incumpridas escoitaremos máis?, ¿ata onde imos chegar?, ¿por qué os mandos nos pre- sionan para que cambie- mos o contrato con inter- vencións como estas?: “É tan bo, tan bo, que podes traballar dende as 8 ás 2 e de 4 á 6” “Decir que no, no te va a favorecer en nada. Atente a las consecuen- cias” Existen outras pre- guntas, tamén, que debe- riamos facer: como se nos pagarían as pagas, as vacacións e a paga de participación. Antes de tomar cal- quera decisión, consulte- mos personalmente no INEM Creo que todos nós deberiamos pensar nesto e nun momento dado actuar dalgún xeito para que non nos sigan a to- mar polo que non somos, nin parvos, nin ovellas. Pensemos que se agora fan esto xa poderán facer practicamente o que lles pete. Movámonos dun xeito pacífico e legal e demostrémoslles que aínda hai cousas polas que non imos tragar e que o tempo dos parvos ató- pase no seu fin. Cartas dos Afiliados ¿QUÉ SERÁ O SEGUINTE? LUÍS IMPULSO Confederación Intersindical GalegaEdita: Sección Sindical C.I.G. - PSA Peugeot-Citroën Nº 48 - Abril 2003 Eles ( os que se opoñen á liberdade persoal en favor dos seus negocios), non poden inverter o proceso da construcción dunhas estructuras positivas na sociedade sen o noso consentimento e a nosa participación. Porque sen a nosa complicidade non teñen poder. Sen nós, eles non existen. (Douglas Rushkoff.- Coerción.) Polo feito de que a súa profesión é curar ás per- soas enfermas, o esta- mento médico sempre gozou dunha certa consi- deración por parte da sociedade, en xeral e, moi particularmente, polas persoas que nece- sitan recorrer ós seus servicios. Por elo, a parte da súa competencia profe- sional, posúen unhas normas deontolóxicas e son fieis ó xuramento hipocrático de vivir fa- cendo o ben. É dicir, na súa profesión, a compo- ñente ética é fundamen- tal. Pero, polos sínto- mas que nos últimos tempos vimos detectan- do, estes principios van quedando esquecidos en aras de cumprir unha función represiva a favor dos intereses económi- cos e prexudicando gra- vemente a saúde dos traballadores e traballa- doras. Imos facer refe- rencia a algúns médicos da Mutua, que exercen un verdadeiro acoso sobre o persoal de baixa, con ameazas incluídas, para que se reincorporen ó traballo sen estar en condicións. (Continúa na páxina 2) Sumario: Médicos: do xuramento hipocrático a funciona- rios represores Os 10 minutos Qué será o seguinte? MÉDICOS: DO XURAMENTO HIPOCRÁTICO A FUNCIONARIOS REPRESORES. “Habiendo sido estudiado su proceso de baja por los Servicios Médicos de Mutua Univer- sal, consideramos que Ud. se encuentra en condiciones de asumir el puesto de trabajo, por lo que le solicitamos acuda, a la mayor brevedad, a su médico de cabecera para que le de el alta. De no hacerlo así, procederemos a ponerlo en conocimiento de los servicios de Inspección Médica. (Carta da Mutua a un tra- ballador)
  • 2. 2 IMPULSO SECCIÓN SINDICAL C.I.G. PSA-PEUGEOT CITROËN Este persoal médico vai perden- do o tacto humano. A valoración dunha persoa fano dende un punto de vista físico (ás veces nin isto), pero esqué- cense da compoñente psíquica que, nal- gunhas ocasións é o verdadeiro proble- ma da limitación Venderon os seus principios éticos, a súa fidelidade ó “Xuramento” para gozar doutro tipo de consideración: a dos que ostentan o poder económico, para os cales, os traballadores e traba- lladoras de baixa por enfermidade so- mos unha carga. Estes médicos forman parte agora dos que contemplan a medi- cina dende un punto de vista económi- co, non como un servicio social. Traizo- aron o Xuramento Hipocrático. Claro que é de supoñer que non lles importe moito... Se chegan a menosprezar a saúde das persoas... Están levando a cabo unha acti- tude inhumana de acoso cara ó persoal de baixa ou con limitacións. Estas situacións teñen que erra- dicarse, se non queremos unha volta atrás nas nosas condicións de vida. E a erradicación pódese facer por medio da concienciación dos profesionais da me- dicina, o que sería o mellor, ou, no seu defecto, pola denuncia. O que temos claro é que a esta situación hai que poñerlle fin. A Mutua, “sempre mediando a autorización do pacente, poderá levar a cabo aquelas probas, exa- mes, consultas...” O contacto individual co pácente “debe redundar nun achegamento da medicina ó en- fermo de maneira que este deixe de ser un número para converter- se nun nome” (Documento da Dirección sobre xestión das baixas por parte da Mutua). OS 10 MINUTOS Coa cesión no ano 95 dos dez minutos de producción en montaxe, o que se buscaba era a eli- minación de reempraza- dores. Agora preténdese que perdamos as dúas cousas. No intermedio leváronse a cabo unha serie continuada de actua- cións sobre tempos, rebai- xándoos reparto tras re- parto e cargando estes ó máximo. Estamos a tratar unha cuestión que afecta moi directamente á saúde dos traballadores e traba- lladoras e comprobamos diariamente os problemas cos que nos vemos na obriga de enfrontar: cada día máis limitacións físi- cas e psíquicas, aumenta- do estas últimas alarman- temente. Os responsables de medir os tempos só lles preocupa o sacar máis producción con menos xente, é dicir, aumentan- do o esforzo individual e, a veces, con métodos que temos moi serias dúbidas de que sexan científicos, pola sensación de chapu- za que percibimos en ca- sos concretos. Ademais, a propia conducta que a represen- tación da Dirección na Comisión Paritaria de Tempos practica é cada día menos seria. ¿Como se pode vir a unha reu- nión sen ter resposta das (Continúa na páxina 3) 3 IMPULSO SECCIÓN SINDICAL C.I.G. PSA-PEUGEOT CITROËN reclamacións feitas un mes antes, para dicir ex- clusivamente que van estudialo? O normal sería que nesa reunión deran a r e s p o s t a . Pero convén que estas respostas se perdan no tempo, in- cumprindo os compro- misos que a mesma Di- rección plas- mou en di- versos docu- mentos. Por outra parte, o feito de querer ligar o asunto dos contratos de noite con este problema parécenos unha grande torpeza. Primeiro, porque os traballadores de mon- taxe veno como unha chantaxe: "se non cede- des non se cambia ó per- soal de noite". Segundo, os com- pañeiros e compañeiras de noite séntense como se foran moeda de cam- bio, cando a transforma- ción de contrato e de quenda estaba claramente comprometido. ¿ Que ten que ver unha cousa coa outra? Resumindo: Os traballadores e traballadoras de Montaxe necesitan os descansos. Os traballadores e traballadoras da quenda de noite teñen dereito a que se cumpran os com- promisos contraídos no seu día: ir pasando ó día con contratos de 8 horas a medida que se vaia marchando persoal. Esta foi e é a nosa postura. (Vén da páxina 2) O que non se cumpre: Composicións.- Avance na fiabilidade, acadando o 85%. Previsión de ocos na composición no caso de emerxencias. Consideración dos tempos por aprovisionamento nos casos de división de operacións. Mellorar o equilibrado dos repartos nun 50%. Información por parte do mando e analista de tempos ó traballador con ocasión de cronometraxe explicando os motivos. Información previa por parte de mando ós traballadores do seu módu- lo, tanto con ocasión dos cambios de reparto como nas modificacións de tem- pos e as súas causas Establecemento dun procedemento polo cal... o traballador poderá presentarlle a súa queixa ou reclamación ó Mando, quen a formalizará por escrito e daralle resposta á maior brevidade e, en todo caso, nun prazo máxi- mo dunha semana... .(Documento da Dirección sobre Organización do Traballo na Liñas de Montaxe. 15-06-95)