1. FERREIRA
1963-2004
Ferreira entra a traballar en Citroën no ano 63, despois de ter cursado os estudios de Mestria In-
dustrial.
Anos máis tarde pasa a ser Reglador (ADP)
No ano 66, Ferreira é xa Xurado de Empresa, (hoxe Comité de Empresa).
Profesionalmente é proposto para encargado no ano 1972. Cargo que nunca chegaría a ocupar.
En Setembro do 72, no conflicto laboral pola xornada de 40 horas, é despedido e logo readmitido,
despois dun mes, xunto con outros compañeiros. No mes de Novembro do 78, é sancionado con 3
días, o mesmo ca outros membros do Comité, por pecharse na sala de xuntas pola reivindicación
da readmisión dos despedidos do 72.
Coa chegada das eleccións democráticas, na dirección de Citroën desátase unha caza de bruxas
contra toda idea discrepante dun sindicalismo pro-patronal.
En 1978, é ascendido a oficial de 1ª.
O 19 de maio de 1981, é sancionado con 30 días por “graves insultos contra el servicio de perso-
nal”. A sentencia foi absolutoria.
Impóñenlle, o 24 de xuño, 45 días de sanción, acusado de descalificar á Dirección. A sentencia
correspondente redúcelle a sanción a 10 días
En agosto de 1985, sofre 3 días no cárcere, (xunto con 6 compañeiros máis) por solidarizarse cos
traballadores despedidos do Hotel Niza.
Estes longos 40 anos que Anxo leva na Fábrica, foron compatibilizados sempre con responsabili-
dades na defensa dos dereitos dos seus compañeiros/as, chegando a ocupar o cargo de Secreta-
rio Xeral, na etapa precedente, da Sección Sindical da C.I.G.en Citroën.
Preguntarémonos, máis dun, ¿cómo é posible tanto sacrificio persoal e profesional, tanta entrega
na defensa dos intereses de tódolos traballadores e traballadoras?
¿qué lle deu tanta fortaleza a este traballador para que dende o primeiro momento, e superando o
desalento, asumira tantas reponsabilidades? Foi quen de manterse firme na defensa da liberdade
nos tempos máis difíciles, tempos de verdadeira persecución, xunto con aqueles que, coma el,
defenderon a liberdade coma un dos pirncipais valores do ser humano. A súa profunda crenza nos
principios democráticos xunto coa solidariedade dos seus compañei-
ros/as foron, ó noso entender, os alicerces da súa resistencia e tenaci-
dade.
Se por todos é recoñecida esta laboura, os que estamos ó seu lado na
loita diraira podemos afirmar que unha das súas maiores cualidades é
a humana. Motor dun comportamento ético e moral que lle fai acredor
do respecto de todos, incluído o do seus adversarios
Somos conscientes, que estas poucas letras non fan xustiza a tan dila-
tada vida laboral, pero non por elo podemos esquecernos, por que
nas páxinas da historia do movemento obreiro así quedaron, da longa
lista de compañeiros de todo o abano sindical de clase que comparti-
ron o sufrimento na defensa dunhas Relacións Laborais Dignas.
Por todo, o agradecemento da
Seccion Sindical da C.I.G..Psa-Peugeot-Citroen.
Entrega de agasallo ós xubilados
Delegados da C.I.G., e CC.OO., ante a visita francesa (1991)
Ferreira na reivindicación
Peche dos tres sindicatos por un convenio con emprego(quenda de noite
2. IMPULSOEdita: Sección Sindical C.I.G. - PSA Peugeot-Citroën
Nº 57 MAIO 2004
Hai persoas que loitan un día e son boas, hai pesoas que loitan un ano e son mello-
res, e hainas que loitan toda unha vida. Esas son os imprescindibles
Bertolt Brecht
O próximo día 15 de xuño, xubílase o noso, o voso, compañeiro
ANXO GONZÁLEZ FERREIRA,
Os compañeiros e compañeiras que desexen compartir este acto poden facelo di-
rixíndose a calquera Delegado ou Delegada da C.I.G.
ACTO
LUGAR RESTAURANTE MARCOS
DATA 12 DE XUÑO
HORA 21,45
PREZO MENÚ 24, 50 €
Nota.– O prazo de reserva finaliza o día 28 de maio. Se se desexa participar do
agasallo, temos establecido unha aportación de 2,50 €
Manifestación na defensa do convenio do 91
Ferreira intervindo nunha asemblea na portería da Fábrica
17 DE MAIO
As nosas LETRAS este ano son para este traballador