SlideShare a Scribd company logo
1 of 4
Download to read offline
Sección Sindical PSA-Peugeot-Citroën
““NNoonn ddeebbeess qquueeiixxaarrttee ddaa nneevvee nnoo tteellllaaddoo ddoo tteeuu vveecciiññoo
ccaannddoo ttaamméénn ccoobbrree aa eennttrraaddaa ddaa ttúúaa ccaassaa..””
IMPULSO
POLO EMPREGO
Na automoción, sector forte-
mente afectado por esta crise
onde non aparecen culpables
pero si as vítimas, a defensa do
emprego vén sendo o común
denominador no que traballa-
dores/as e empresas acóllense
as axudas públicas económi-
cas, tanto de carácter inmedia-
tas para favorecer o consumo
(plan renove) como aquelas de
carácter estratéxicas, sexan a
través de formación ou as des-
tinadas ó I+D+I de novos pro-
dutos.
Ademais no noso caso, os
traballadores/as tamén en aras
de defender o emprego, fixe-
mos a nosa aportación de
incrementar o saldo negativo
da bolsa de horas.
Apesares de todos estes
esforzos, máis de 2000 compa-
ñeiros/as quedaron sen traballo
na planta, moitos deles incluso
sen acadar un ano de activida-
de para ter dereito a prestación
de desemprego.
Comentamos isto, porque
non é entendible, dende ningún
ángulo, que se prantexe dende
a Dirección o realizar horas
extras a destro e sinistro.
Dende a C.I.G. as horas
extras (e sempre voluntarias)
as entendemos como un recur-
so extremo, cando os medios
industriais non nos permiten
facer fronte a unha puntualida-
de produtiva.
Pero non só non é o caso,
senón que como todos sabe-
mos vimos de recibir grandes
sumas de diñeiro Público,
diñeiro que corresponde tamén
as aportacións dos traballado-
res/as que se quedaron sen tra-
ballo, co fin de manter o máxi-
mo emprego posible, e resulta
que, neste reponte de produ-
ción á Dirección o que se lle
ocorre é, propor realizar xorna-
das de 10 horas, e sábados de
9, cando ese exceso de traballo
podería ser racionalizado per-
mitindo a incorporación dunha
parte dese persoal que na
actualidade esta no PARO.
Esta situación obríganos a
pedir a tódos os
traballadores/as que realicen
unha reflexión acerca desta
proposición tan atrevida como
insolidaria, por iso antes de
contestar a enquisa que fai a
empresa, preparemos a res-
posta para darlle a ese que foi
compañeiro ou compañeira
nosa de traballo, que por ser
eventual tivo que irse a rúa.
Sección Sindical CIG-CITROEN
Correo electrónico:
automocion@cigcitroen.com
Páxina wed:
www.cigcitroen.com
SUMARIO:
Polo Emprego
Antigüidade
Dereito aclarado
V Congreso
Confederal da CIG
Metal
Citroën Ourense
Edita: Sección Sindical C.I.G.-PSA-Peugeot-Citroën U.P. VIGO
Nº 89 XUÑO 2009
2
IMPULSO SECCI N SINDICAL C I G PSA-PEUGEOT-CITROEN
Como todos sabemos
dentro das retribucións sala-
riais temos o concepto da
antigüidade que no noso
caso xérase, por trienios.
Desta retribución estaban o
marxe os traballadores/as
con contratos Eventuais.
Apesares de que na nego-
ciación do actual convenio
(2008-2011) a C.I.G. defen-
deu o dereito a pagar este
concepto para tódolos traba-
lladores/as con independen-
cia da modalidade dos seus
contratos, unha reivindicación
que ademais viña avalada
por Sentencias favorables
que se estaban dando a nivel
do Estado. Apesares dos
razoamentos, a Dirección da
empresa non aceptou esta
petición social e o con-
venio foi asinado polos
outros sindicatos sen
contemplar o dereito
para aqueles traballa-
dores eventuais que
tiñan varios contratos
que sumados no
tempo supoñen un
período igual ou supe-
rior ós 3 anos.
Ante esta situación a C.I.G.
so nos quedaba o camiño da
demanda ante a
Maxistratura.
Adía de hoxe xa contamos
con máis dun caso onde o
Xuíz vén de recoñecerlle este
dereito a un traballador que
sendo hoxe fixo, na súa
nómina non se computaba en
concepto de antigüidade os
anos na fábrica como even-
tual.
Ante esta situación a
C.I.G. formalizoulle á
Dirección a solicitude de que
se trate este tema na
Comisión Paritaria de
Convenio para regularizarlle
as nóminas a tódolos traballa-
dores/as que puideran verse
afectados.
ANTIGÜIDADE
Recentemente unha tra-
balladora desta fábrica non
puido disfrutar das vaca-
cións de decembro, ás que
tiña dereito, por estar con
licenza por maternidade. A
traballadora presentou a
correspondente reclamación
á Dirección, mais esta consi-
derou que non tiña dereito ó
seu disfrute, por entender
que o ano natural no que se
tiñan que coller, xa vencera.
Presentada a correspon-
dente demanda, a través
dos servizos xurídicos da
C.I.G., o Xuíz vén dar a
razón a esta compañeira, e
así, en consecuencia, os
días que deixou de disfrutar
do ano 2008, asístelle o
dereito a facer uso deles
neste ano 2009.
Entendemos que este
tipo de reclamacións non
deberan ter que chegar ós
tribunais, pois a intención e
a finalidade do lexislador é,
principalmente, que toda
persoa que se atope nun
proceso de maternidade non
teña ningún tipo de prexuízo
polo só feito de exercer este
dereito. Desexamos que
todos os posteriores casos
que se poidan dar sexan
atendidos coa atención que
merecen, esa atención da
que esta empresa fai gala
noutros foros.
DEREITO ACLARADO
3
IMPULSO SECCI N SINDICAL C I G PSA-PEUGEOT-CITROEN
Ante a posición intransixente
da maioría da patronal na nego-
ciación do Convenio Provincial
os sindicatos negociadores,
demandaron o pasado día 12 de
todolos traballadores/as do sec-
tor a nosa solidaridade.
Agradecer pois, a quenes
superando as presións que de
todo tipo se deron preferiron non
esperar a xubilarse para exercer
este dereito democrático que nos
identifica como traballadores/as
como é a SOLIDARIEDADE.
Coa axuda de todos espera-
mos se acade un acordo o antes
posible.
METAL
O próximos días 20 e 21
de Xuño, a Confederación
Intersindical Galega, vai
celebrar o seu V Congreso
na cidade de Compostela.
Un evento moi importante
para o funcionamento
interno da central sindical,
que a través dos 600 dele-
gados e delegadas que
foron elixidos nas respecti-
vas asembleas, aportarán
coas súas emendas, pro-
postas e elección dos
órganos de dirección do
sindicato os mecanismos
necesarios para que a
C.I.G., siga a dar a mellor
resposta a todos aqueles
problemas que na vida
laboral diaria nos enfronta-
mos.
Pola nosa Sección
Sindical foron elixidos na
Asemblea do pasado
sábado día 17 de abril, os
6 delegados/as que nos
corresponden.
No Congreso farase
unha posta ó día da nosa
organización, da que for-
mamos parte máis de
70.000 afiliados e afiliadas
de todo o país.
V CONGRESO DA C.I.G.
Este parece ser un dos
obxectivos clave na política
de emprego da Dirección.
Así, o tema dos traballa-
dores con posibilidade de
xubilarse parcialmente (85-
15) que foi conxelada a prin-
cipios de ano, a Dirección, e
apesares do reponte que
empezamos a ter na produ-
ción non esta disposta a acti-
var esta medida tan deman-
da polos traballadores/as que
alcanzamos a idade dos 60
anos.
Véñenos cun novo Plan
de Baixas Voluntarias para
estas idades, onde de novo
as indemnizacións pretenden
substituír as perdas que o
traballador/a tería unha vez
finalizado o período do paro,
e pasemos a ser pensionis-
tas, que como todos sabe-
mos pasaría a cobrar un 70%
aprox. da Base Reguladora,
cando coa xubilación parcial
é do 100 %.
Xubilando os traballado-
res/as co 100%, dando así
satisfacción a unha etapa
esperada por todos, e a súa
vez o seus postos quedar
cubertos por contratos rele-
vo, na C.I.G non vemos que
represente un perigo para o
futuro da empresa, toda vez
que a conxuntura da crise, xa
nos está dando sinais de
haber tocado fondo.
Claro que se o fin, é redu-
cir o cadro de persoal para
deixar grandes marxes á
futura eventualidade e de
curta duración (un ano),
entón estamos a falar de sen-
tar as bases para precarizar
aínda máis o emprego futuro,
así prexudícanse os traballa-
dores que cumpriron coa súa
vida laboral, e tamén para os
que se incorporan ó traballo,
onde podendo ter contratos
de 4 ou 5 anos, estes serán
de 6 meses renovables por
outros 6.
Por iso somos claros ó
insistir que hai que activar a
opción da XUBILACION
PARCIAL.
ADELGAZAR A EMPRESA
4
CONFEDERACIÓN INTERSINDICALGALEGA
IMPULSO SECCI N SINDICAL C I G PSA -PEUGEOT-CITROEN
O Teu dereito: Organizarte
A nosa obriga: Informarte
Nestas datas cúmprese o
20 aniversario da loita dos
traballadores e traballadoras
de Citroën en Ourense, na
defensa dos seus postos de
traballo. Pola importancia
que tiveron os feitos naquela
época para os directamente
implicados, así como para os
traballadores/as en xeral, é
bo que fagamos un pouco de
historia. No ano 1977 Citroën
decide abrir unha planta no
polígono de San Cibrao das
Viñas (Ourense) destinada á
parte mecánica dos coches
que se facían en Vigo e que
supoñían 900 empregos, dos
cales un importante número
o formarían traballadores do
centro de Citroen-Vigo.
Dez anos máis tarde
Citroën, xa no Grupo PSA, e
como consecuencia dun "
Plan Industrial", traza unha
folla de ruta onde figura o
peche do centro de Citroen-
Ourense.
Os sindicatos de clase,
vetados neste centro de tra-
ballo, non dubidaron en
poñerse ó fronte destes tra-
balladores/as que estaban
dispostos, decididamente, a
defender os seus postos de
traballo. En verdade estába-
se a comezar un duro confli-
to.
Despois de rebocar o
Comité de Empresa, cunha
composición monocolor, e
proceder a unhas novas
eleccións, os
traballadores/as afrontan con
moito esforzo unha loita
intensa, que despois de
varias mobilizacións por dife-
rentes lugares de Galicia,
remata cun acordo coa
Dirección da Empresa en
Madrid.
N o
c i t a d o
acordo os
traballa-
dores/as
que non
quixeran
seguir coa
nova fábri-
ca creada,
Labauto
Ibérica, tiñan a opción de
poder seguir na empresa que
foran contratados, é dicir
Citroën, incorporándose ó
centro de Vigo.
Apesares de que algúns
dos protagonistas desta loita,
voltaron bater na mesma
pedra, na C.I.G. reiteramos o
noso compromiso na defen-
sa do emprego e a liberdade
sindical. Por iso neste 20
aniversario, na Sección
Sindical da CIG-CITROEN,
non nos podíamos esquecer
das persoas que escribiron
unha páxina digna na historia
recente do movemento obrei-
ro de Galiza.
CITROEN OURENSE

More Related Content

Viewers also liked (20)

Impulso 86
Impulso 86Impulso 86
Impulso 86
 
Impulso 51
Impulso 51Impulso 51
Impulso 51
 
Impulso 82
Impulso 82Impulso 82
Impulso 82
 
Impulso 63
Impulso 63Impulso 63
Impulso 63
 
Impulso 72
Impulso 72Impulso 72
Impulso 72
 
Impulso 64 b
Impulso 64 bImpulso 64 b
Impulso 64 b
 
Impulso 57
Impulso 57Impulso 57
Impulso 57
 
Impulso 90
Impulso 90Impulso 90
Impulso 90
 
Impulso 69
Impulso 69Impulso 69
Impulso 69
 
Impulso 84
Impulso 84Impulso 84
Impulso 84
 
Impulso 79
Impulso 79Impulso 79
Impulso 79
 
Impulso 46
Impulso 46Impulso 46
Impulso 46
 
Impulso 68
Impulso 68Impulso 68
Impulso 68
 
Impulso 54
Impulso 54Impulso 54
Impulso 54
 
Impulso 58
Impulso 58Impulso 58
Impulso 58
 
Impulso 49
Impulso 49Impulso 49
Impulso 49
 
Impulso 77
Impulso 77Impulso 77
Impulso 77
 
Impulso 48
Impulso 48Impulso 48
Impulso 48
 
Impulso 60
Impulso 60Impulso 60
Impulso 60
 
Impulso 85
Impulso 85Impulso 85
Impulso 85
 

Similar to Impulso 89

Manifesto%20 conxunto%20mobilizacions%20cc.oo.%20 %20ugt%20sector%20grandes%2...
Manifesto%20 conxunto%20mobilizacions%20cc.oo.%20 %20ugt%20sector%20grandes%2...Manifesto%20 conxunto%20mobilizacions%20cc.oo.%20 %20ugt%20sector%20grandes%2...
Manifesto%20 conxunto%20mobilizacions%20cc.oo.%20 %20ugt%20sector%20grandes%2...
oscargaliza
 
2013 05-08 pc convenio grandes almacéns e liberalización horarios comerciais ...
2013 05-08 pc convenio grandes almacéns e liberalización horarios comerciais ...2013 05-08 pc convenio grandes almacéns e liberalización horarios comerciais ...
2013 05-08 pc convenio grandes almacéns e liberalización horarios comerciais ...
oscargaliza
 
Comunicado comercio alimentación pont 03
Comunicado comercio alimentación pont 03Comunicado comercio alimentación pont 03
Comunicado comercio alimentación pont 03
oscargaliza
 
2013 05-08 pnp convenio grandes almacéns e liberalización horarios comerciais...
2013 05-08 pnp convenio grandes almacéns e liberalización horarios comerciais...2013 05-08 pnp convenio grandes almacéns e liberalización horarios comerciais...
2013 05-08 pnp convenio grandes almacéns e liberalización horarios comerciais...
oscargaliza
 
2013 05-08 pnc convenio grandes almacéns e liberalización dos horarios comerc...
2013 05-08 pnc convenio grandes almacéns e liberalización dos horarios comerc...2013 05-08 pnc convenio grandes almacéns e liberalización dos horarios comerc...
2013 05-08 pnc convenio grandes almacéns e liberalización dos horarios comerc...
oscargaliza
 
Empresa ficticia(BIO-GIA)
Empresa ficticia(BIO-GIA)Empresa ficticia(BIO-GIA)
Empresa ficticia(BIO-GIA)
Raulssito
 
Galicia sindical junio 2010
Galicia sindical junio 2010Galicia sindical junio 2010
Galicia sindical junio 2010
oscargaliza
 
Galicia sindical 67 anos
Galicia sindical 67 anosGalicia sindical 67 anos
Galicia sindical 67 anos
oscargaliza
 

Similar to Impulso 89 (20)

Impulso 92
Impulso 92Impulso 92
Impulso 92
 
Impulso 95
Impulso 95Impulso 95
Impulso 95
 
Impulso 76b
Impulso 76bImpulso 76b
Impulso 76b
 
Manifesto%20 conxunto%20mobilizacions%20cc.oo.%20 %20ugt%20sector%20grandes%2...
Manifesto%20 conxunto%20mobilizacions%20cc.oo.%20 %20ugt%20sector%20grandes%2...Manifesto%20 conxunto%20mobilizacions%20cc.oo.%20 %20ugt%20sector%20grandes%2...
Manifesto%20 conxunto%20mobilizacions%20cc.oo.%20 %20ugt%20sector%20grandes%2...
 
Impulso 70
Impulso 70Impulso 70
Impulso 70
 
Impulso 93
Impulso 93Impulso 93
Impulso 93
 
Impulso 44
Impulso 44Impulso 44
Impulso 44
 
BR Extra, novo acordo e resume do ano 2018
BR Extra, novo acordo e resume do ano 2018BR Extra, novo acordo e resume do ano 2018
BR Extra, novo acordo e resume do ano 2018
 
Impulso 75
Impulso 75Impulso 75
Impulso 75
 
2013 05-08 pc convenio grandes almacéns e liberalización horarios comerciais ...
2013 05-08 pc convenio grandes almacéns e liberalización horarios comerciais ...2013 05-08 pc convenio grandes almacéns e liberalización horarios comerciais ...
2013 05-08 pc convenio grandes almacéns e liberalización horarios comerciais ...
 
Buzón Rebelde da CGT. Verán 2021
Buzón Rebelde da CGT. Verán 2021Buzón Rebelde da CGT. Verán 2021
Buzón Rebelde da CGT. Verán 2021
 
Comunicado comercio alimentación pont 03
Comunicado comercio alimentación pont 03Comunicado comercio alimentación pont 03
Comunicado comercio alimentación pont 03
 
Impulso 83
Impulso 83Impulso 83
Impulso 83
 
2013 05-08 pnp convenio grandes almacéns e liberalización horarios comerciais...
2013 05-08 pnp convenio grandes almacéns e liberalización horarios comerciais...2013 05-08 pnp convenio grandes almacéns e liberalización horarios comerciais...
2013 05-08 pnp convenio grandes almacéns e liberalización horarios comerciais...
 
2013 05-08 pnc convenio grandes almacéns e liberalización dos horarios comerc...
2013 05-08 pnc convenio grandes almacéns e liberalización dos horarios comerc...2013 05-08 pnc convenio grandes almacéns e liberalización dos horarios comerc...
2013 05-08 pnc convenio grandes almacéns e liberalización dos horarios comerc...
 
Buzón rebelde outono 2021
Buzón rebelde outono 2021Buzón rebelde outono 2021
Buzón rebelde outono 2021
 
Empresa ficticia(BIO-GIA)
Empresa ficticia(BIO-GIA)Empresa ficticia(BIO-GIA)
Empresa ficticia(BIO-GIA)
 
Galicia sindical junio 2010
Galicia sindical junio 2010Galicia sindical junio 2010
Galicia sindical junio 2010
 
Galicia sindical 67 anos
Galicia sindical 67 anosGalicia sindical 67 anos
Galicia sindical 67 anos
 
Novas 1038
Novas 1038 Novas 1038
Novas 1038
 

More from Impulso CIG Citroën (9)

Impulso 97
Impulso 97Impulso 97
Impulso 97
 
Impulso 96
Impulso 96Impulso 96
Impulso 96
 
Impulso 94
Impulso 94Impulso 94
Impulso 94
 
Impulso 2
Impulso 2Impulso 2
Impulso 2
 
Impulso 5
Impulso 5Impulso 5
Impulso 5
 
Impulso 87
Impulso 87Impulso 87
Impulso 87
 
Impulso 74
Impulso 74Impulso 74
Impulso 74
 
Impulso 67
Impulso 67Impulso 67
Impulso 67
 
Impulso 66
Impulso 66Impulso 66
Impulso 66
 

Impulso 89

  • 1. Sección Sindical PSA-Peugeot-Citroën ““NNoonn ddeebbeess qquueeiixxaarrttee ddaa nneevvee nnoo tteellllaaddoo ddoo tteeuu vveecciiññoo ccaannddoo ttaamméénn ccoobbrree aa eennttrraaddaa ddaa ttúúaa ccaassaa..”” IMPULSO POLO EMPREGO Na automoción, sector forte- mente afectado por esta crise onde non aparecen culpables pero si as vítimas, a defensa do emprego vén sendo o común denominador no que traballa- dores/as e empresas acóllense as axudas públicas económi- cas, tanto de carácter inmedia- tas para favorecer o consumo (plan renove) como aquelas de carácter estratéxicas, sexan a través de formación ou as des- tinadas ó I+D+I de novos pro- dutos. Ademais no noso caso, os traballadores/as tamén en aras de defender o emprego, fixe- mos a nosa aportación de incrementar o saldo negativo da bolsa de horas. Apesares de todos estes esforzos, máis de 2000 compa- ñeiros/as quedaron sen traballo na planta, moitos deles incluso sen acadar un ano de activida- de para ter dereito a prestación de desemprego. Comentamos isto, porque non é entendible, dende ningún ángulo, que se prantexe dende a Dirección o realizar horas extras a destro e sinistro. Dende a C.I.G. as horas extras (e sempre voluntarias) as entendemos como un recur- so extremo, cando os medios industriais non nos permiten facer fronte a unha puntualida- de produtiva. Pero non só non é o caso, senón que como todos sabe- mos vimos de recibir grandes sumas de diñeiro Público, diñeiro que corresponde tamén as aportacións dos traballado- res/as que se quedaron sen tra- ballo, co fin de manter o máxi- mo emprego posible, e resulta que, neste reponte de produ- ción á Dirección o que se lle ocorre é, propor realizar xorna- das de 10 horas, e sábados de 9, cando ese exceso de traballo podería ser racionalizado per- mitindo a incorporación dunha parte dese persoal que na actualidade esta no PARO. Esta situación obríganos a pedir a tódos os traballadores/as que realicen unha reflexión acerca desta proposición tan atrevida como insolidaria, por iso antes de contestar a enquisa que fai a empresa, preparemos a res- posta para darlle a ese que foi compañeiro ou compañeira nosa de traballo, que por ser eventual tivo que irse a rúa. Sección Sindical CIG-CITROEN Correo electrónico: automocion@cigcitroen.com Páxina wed: www.cigcitroen.com SUMARIO: Polo Emprego Antigüidade Dereito aclarado V Congreso Confederal da CIG Metal Citroën Ourense Edita: Sección Sindical C.I.G.-PSA-Peugeot-Citroën U.P. VIGO Nº 89 XUÑO 2009
  • 2. 2 IMPULSO SECCI N SINDICAL C I G PSA-PEUGEOT-CITROEN Como todos sabemos dentro das retribucións sala- riais temos o concepto da antigüidade que no noso caso xérase, por trienios. Desta retribución estaban o marxe os traballadores/as con contratos Eventuais. Apesares de que na nego- ciación do actual convenio (2008-2011) a C.I.G. defen- deu o dereito a pagar este concepto para tódolos traba- lladores/as con independen- cia da modalidade dos seus contratos, unha reivindicación que ademais viña avalada por Sentencias favorables que se estaban dando a nivel do Estado. Apesares dos razoamentos, a Dirección da empresa non aceptou esta petición social e o con- venio foi asinado polos outros sindicatos sen contemplar o dereito para aqueles traballa- dores eventuais que tiñan varios contratos que sumados no tempo supoñen un período igual ou supe- rior ós 3 anos. Ante esta situación a C.I.G. so nos quedaba o camiño da demanda ante a Maxistratura. Adía de hoxe xa contamos con máis dun caso onde o Xuíz vén de recoñecerlle este dereito a un traballador que sendo hoxe fixo, na súa nómina non se computaba en concepto de antigüidade os anos na fábrica como even- tual. Ante esta situación a C.I.G. formalizoulle á Dirección a solicitude de que se trate este tema na Comisión Paritaria de Convenio para regularizarlle as nóminas a tódolos traballa- dores/as que puideran verse afectados. ANTIGÜIDADE Recentemente unha tra- balladora desta fábrica non puido disfrutar das vaca- cións de decembro, ás que tiña dereito, por estar con licenza por maternidade. A traballadora presentou a correspondente reclamación á Dirección, mais esta consi- derou que non tiña dereito ó seu disfrute, por entender que o ano natural no que se tiñan que coller, xa vencera. Presentada a correspon- dente demanda, a través dos servizos xurídicos da C.I.G., o Xuíz vén dar a razón a esta compañeira, e así, en consecuencia, os días que deixou de disfrutar do ano 2008, asístelle o dereito a facer uso deles neste ano 2009. Entendemos que este tipo de reclamacións non deberan ter que chegar ós tribunais, pois a intención e a finalidade do lexislador é, principalmente, que toda persoa que se atope nun proceso de maternidade non teña ningún tipo de prexuízo polo só feito de exercer este dereito. Desexamos que todos os posteriores casos que se poidan dar sexan atendidos coa atención que merecen, esa atención da que esta empresa fai gala noutros foros. DEREITO ACLARADO
  • 3. 3 IMPULSO SECCI N SINDICAL C I G PSA-PEUGEOT-CITROEN Ante a posición intransixente da maioría da patronal na nego- ciación do Convenio Provincial os sindicatos negociadores, demandaron o pasado día 12 de todolos traballadores/as do sec- tor a nosa solidaridade. Agradecer pois, a quenes superando as presións que de todo tipo se deron preferiron non esperar a xubilarse para exercer este dereito democrático que nos identifica como traballadores/as como é a SOLIDARIEDADE. Coa axuda de todos espera- mos se acade un acordo o antes posible. METAL O próximos días 20 e 21 de Xuño, a Confederación Intersindical Galega, vai celebrar o seu V Congreso na cidade de Compostela. Un evento moi importante para o funcionamento interno da central sindical, que a través dos 600 dele- gados e delegadas que foron elixidos nas respecti- vas asembleas, aportarán coas súas emendas, pro- postas e elección dos órganos de dirección do sindicato os mecanismos necesarios para que a C.I.G., siga a dar a mellor resposta a todos aqueles problemas que na vida laboral diaria nos enfronta- mos. Pola nosa Sección Sindical foron elixidos na Asemblea do pasado sábado día 17 de abril, os 6 delegados/as que nos corresponden. No Congreso farase unha posta ó día da nosa organización, da que for- mamos parte máis de 70.000 afiliados e afiliadas de todo o país. V CONGRESO DA C.I.G. Este parece ser un dos obxectivos clave na política de emprego da Dirección. Así, o tema dos traballa- dores con posibilidade de xubilarse parcialmente (85- 15) que foi conxelada a prin- cipios de ano, a Dirección, e apesares do reponte que empezamos a ter na produ- ción non esta disposta a acti- var esta medida tan deman- da polos traballadores/as que alcanzamos a idade dos 60 anos. Véñenos cun novo Plan de Baixas Voluntarias para estas idades, onde de novo as indemnizacións pretenden substituír as perdas que o traballador/a tería unha vez finalizado o período do paro, e pasemos a ser pensionis- tas, que como todos sabe- mos pasaría a cobrar un 70% aprox. da Base Reguladora, cando coa xubilación parcial é do 100 %. Xubilando os traballado- res/as co 100%, dando así satisfacción a unha etapa esperada por todos, e a súa vez o seus postos quedar cubertos por contratos rele- vo, na C.I.G non vemos que represente un perigo para o futuro da empresa, toda vez que a conxuntura da crise, xa nos está dando sinais de haber tocado fondo. Claro que se o fin, é redu- cir o cadro de persoal para deixar grandes marxes á futura eventualidade e de curta duración (un ano), entón estamos a falar de sen- tar as bases para precarizar aínda máis o emprego futuro, así prexudícanse os traballa- dores que cumpriron coa súa vida laboral, e tamén para os que se incorporan ó traballo, onde podendo ter contratos de 4 ou 5 anos, estes serán de 6 meses renovables por outros 6. Por iso somos claros ó insistir que hai que activar a opción da XUBILACION PARCIAL. ADELGAZAR A EMPRESA
  • 4. 4 CONFEDERACIÓN INTERSINDICALGALEGA IMPULSO SECCI N SINDICAL C I G PSA -PEUGEOT-CITROEN O Teu dereito: Organizarte A nosa obriga: Informarte Nestas datas cúmprese o 20 aniversario da loita dos traballadores e traballadoras de Citroën en Ourense, na defensa dos seus postos de traballo. Pola importancia que tiveron os feitos naquela época para os directamente implicados, así como para os traballadores/as en xeral, é bo que fagamos un pouco de historia. No ano 1977 Citroën decide abrir unha planta no polígono de San Cibrao das Viñas (Ourense) destinada á parte mecánica dos coches que se facían en Vigo e que supoñían 900 empregos, dos cales un importante número o formarían traballadores do centro de Citroen-Vigo. Dez anos máis tarde Citroën, xa no Grupo PSA, e como consecuencia dun " Plan Industrial", traza unha folla de ruta onde figura o peche do centro de Citroen- Ourense. Os sindicatos de clase, vetados neste centro de tra- ballo, non dubidaron en poñerse ó fronte destes tra- balladores/as que estaban dispostos, decididamente, a defender os seus postos de traballo. En verdade estába- se a comezar un duro confli- to. Despois de rebocar o Comité de Empresa, cunha composición monocolor, e proceder a unhas novas eleccións, os traballadores/as afrontan con moito esforzo unha loita intensa, que despois de varias mobilizacións por dife- rentes lugares de Galicia, remata cun acordo coa Dirección da Empresa en Madrid. N o c i t a d o acordo os traballa- dores/as que non quixeran seguir coa nova fábri- ca creada, Labauto Ibérica, tiñan a opción de poder seguir na empresa que foran contratados, é dicir Citroën, incorporándose ó centro de Vigo. Apesares de que algúns dos protagonistas desta loita, voltaron bater na mesma pedra, na C.I.G. reiteramos o noso compromiso na defen- sa do emprego e a liberdade sindical. Por iso neste 20 aniversario, na Sección Sindical da CIG-CITROEN, non nos podíamos esquecer das persoas que escribiron unha páxina digna na historia recente do movemento obrei- ro de Galiza. CITROEN OURENSE