SlideShare a Scribd company logo
1 of 4
Download to read offline
. 
CAPA 
Titulares 
2º PÁXINA 
Non hai presa polo 
convenio 
Reaxuste local 
3º PÁXINA 
Éxito plataforma 
Ferrol 
Breves 
CONTRACAPA 
Como solicitar que 
se recoñeza un 
accidente laboral. 
Guía práctica 
ÉXITO DAS MOBILIZACIÓNS DA PLATAFORMA DE 
CARTEIR@S DE FERROL: A REDUCCIÓN QUEDA EN 5 
SECCIÓNS MENOS. (AÍNDA ASÍ NON NOS CONFORMAMOS) 
Ilustración 1 A Manifestación de mais de 500 persoas que percorreu as rúas de Ferrol 
Consulta a pseudo-negociación do teu Convenio en Facebook ou na nosa WEB! 
NOVAS DA NEGOCIACIÓN DO IV CONVENIO COLECTIVO: 
Tivemos a II xuntanza no día 18 de Setembro. Por outra banda, e logo da 
denuncia de CGT, Molina (máximo dirixente de CSIF) declara 3 veces na 
Audiencia Nacional que MINTE á afiliación, coa incredulidade de toda a sala. 
En marcha un 
novo reaxuste 
local. 
Especial: se non nos recoñecen accidente no traballo. Guía práctica 
EXTRACTO DA SENTENZA 157/2014 DA AUDIENCIA NACIONAL: 
Non temos presa 
para asinar o 
novo convenio 
colectivo. E non o 
faremos sen un 
referéndum 
previo! 
Editorial no 
interior...
EDITORIAL. IV CONVENIO COLECTIVO: NON TEMOS PRESA POR ASINAR!! 
Logo da II xuntanza do pasado 18 de Setembro vemos que o panorama é realmente moi delicado. Por unha banda temos a un Correos que parece non pintar nada nestas negociacións, atrapado entre o control da SEPI e o control total do ministerio de Facenda por medio das súas pautas de negociación no sector público que impide calquera avance positivo cara o colectivo en materia salarial ou de dereitos. Por outra banda temos a uns sindicatos “oficiais” claramente desprestixiados logo de demostrarse nesta crise que non serven, que son un niño constante de corrupción e que están moi ocupados, simplemente, en sobrevivir como “estrutura”. Estes sindicatos levan 3 anos sen pegar golpe vivindo do conto e mirando para outro lado mentres o persoal sufríamos os recortes, os recargos, os tribunais médicos, os descontos do CPA por ir ao médico... Agora ameazan á empresa con mobilizacións e nós preguntámonos: 
Logo de tantos anos falando só na orella dos “seus”, de pasar polos centros dicindo que “non pasa nada, que cumpramos o horario, que non nos podemos queixar porque, total, para 4 cartas que hai”... realmente, insistimos, logo de anos DESMOBILIZANDO e tentando desactivar todo tipo de loitas desde as carterías, actuando de bombeiros apaga-lumes (ver os casos da UR1 e Ur2 da Coruña, de Compostela e de Ferrol) COMO SE PODE TER TANTA CARA DE FALAR DE MOBILIZACIÓNS??!! 
No ano 2015 hai eleccións sindicais e todo parece indicar que eses sindicatos xogaron todo o seu futuro de permanencia nas poltronas a un regaliño de última hora que puideran vender ao colectivo como mostra da súa “forza” diante da empresa (tal como acontecera no II convenio con aqueles “atrasos-esmola” e no III co tema de librar os sábados). As eleccións achéganse e o canguele de non haber convenio-esmola-agasallo para sobrevivir liberad@s sen repartir 4 anos mais fai que algún/has se poñan nervios@s. 
Correos, entre o lamento por non poder facer nada (“non me deixan”) e as mal disimuladas ganas de asinar un convenio que nos sitúe definitivamente como masa laboral preparada para competir dunha maneira flexible e competitiva (léase: salario de 800 euros vinculados (aínda máis) ao absentismo, flexibilidade horaria total, aumento de contratos parciais, redución drástica de permisos...). Agora ameaza con deixar sen efecto a ultraactividade do noso convenio, aínda sabendo que non ten nada que facer pois a duración sen límite está garantida porque temos unha cláusula que declara que “este convenio estará en vigor até que se asine outro”. 
Desde CGT entendemos que a cuestión postal é unha cuestión política e social. Por iso queremos levar a nosa loita máis alá da parte meramente sindical interna. Mais tamén sabedes que non confiamos nos partidos que nos gobernan por consideralos cómplices da crise-estafa que vivimos. Por iso insistimos que a nosa loita (como a do 15M ou a das hipotecas, por pór dous exemplos) debe estar vinculada e respaldada directamente pola cidadanía e non pol@s súas representantes. Non basta unha moción no concello do noso “partido amigo” (sexa da cor que sexa)para cubrir o expediente. Temos que denuncia-lo desmantelamento do servizo postal en todas partes: AAVV, creando plataformas cidadás de apoio ao servizo postal, denunciando en todo tipo de foros públicos, aproveitando as asembleas abertas que se están a producir nas rúas, etc. Ademais no ano 2015 pode haber grandes sorpresas para o bipartidismo nas eleccións xerais. Non perdemos nada con agardar uns meses máis... 
O CONVENIO ACTUAL É PÉSIMO, PERO ESTÁ CLARO QUE NESTE MOMENTO, CO COLECTIVO DESMOBILIZADO LOGO DE ANOS DE DISCURSO ANTISINDICAL, SEN A SOCIEDADE AO NOSO CARÓN E CON ESTE GOVERNO DAS TESOIRAS É MELLOR (COMO NO CHISTE) QUEDARSE, DE MOMENTO, CO SUSTO ANTES QUE COA MORTE! 
PRÓXIMO REAXUSTE LOCAL 
Neste mes de outubro temos un proceso aberto de reaxuste local. 
No cadro da dereita podedes ver moi resumidas as datas nas que podedes solicitar as prazas da vosa unidade/localidade (se as houber e a Correos lle dera a gana de sacalas). Unha vez máis un proceso sen apenas información, onde non saen todas as prazas que hai, onde se penaliza @s compañeir@s dos CTA e dos servizos rurais ao non consideralos da mesma localidade. 
Se tes dúbidas contacta con CGT! 
Entre o 17 e o 30 de Outubro: 
Procesos de cambios de quenda na mesma unidade. Os modelos serán proporcionados por RRHH. 
Entre o 3 e o 14 de Novembro. 
Apertura solicitudes 
para cambios de centro/unidade. 
21 Novembro Asignación provisional 
28 Novembro: Resolución definitiva 
Xaneiro de 2015: Cambio efectivo de centro/unidade 
Os únicos sobres que interesan no PPSOE...
ÉXITO DAS MOBILIZACIÓNS DA PLATAFORMA DE TRABALLADORES/AS DE CORREOS DE FERROL 
O 23 de Setembro coñecemos as decisións definitivas de Correos ao respecto da redución de seccións de reparto en Ferrol: A redución quedou en 5 seccións, que estaban vacantes, quedando a UR1 en 24 reparto a pé e 8 reparto en moto. Menos do 9 por cento, cando o habitual estaba sendo entre o 15 e o 25 por cento. Non nos conformamos, porque entendemos que nesta casa non sobra ninguén, pero é un primeiro paso e unha boa lección aprendida para outras seccións que se ven e viron recortadas. 
Nesta plataforma de Ferrol demostrouse que só a loita constante e mantida no tempo serve para algo. Correos só se reprantexou rebaixar a redución de seccións logo de concentracións, manifestacións, recollidas de sinaturas, traslado da loita á cidadanía... Na foto podemos ver a manifestación de compañeir@s (apoiada por CGT e CIG) que percorreu as rúas de Ferrol denunciando o desmantelamento e os recortes do servizo postal. 
Aínda así quedan cousas pendentes, entre elas: 
Reforzo da USE que ten que asumir o polígono da Gándara de Narón. Remodelación e aumento do distrito que serve Caranza Chegada de correspondencia mellor clasificada por seccións desde o CTA. 
Presentada no CTA unha táboa reivindicativa común. 
O pasado 6 de Outubro levamos a cabo o primeiro paso dunha reivindicación histórica de CGT. Presentar dunha forma conxunta desde o comité de empresa e a xunta de persoal unha táboa de 36 puntos comúns. 
Concentración do comité e da Xunta de persoal. 
No 30 de setembro realizamos unha concentración conxunta diante da dirección de zona en Compostela destes órganos que teñen que servir para representarnos a todo o mundo. 
O obxecto da concentración: Protestar contra a falta de contratación e a perda de postos de traballo. 
Na UR1 da Coruña cúmprense 6 meses desde que comezamos a recoller os partes de pendentes diarios. 
¿¿Perigo de un novo Alcatraz na UR4 da Coruña?? 
Aumentan as queixas sobre a arbitrariedade e a desorganización de traballo nesta unidade. Desde CGT queremos deixar claro que non permitiremos que ese centro volva ser coñecido en todas partes polo seu mal ambiente no traballo!
1º.- Arquivar toda a documenta- ción dende o inicio, orixinais, fotocopias e/ou fotos, para previr unha posible denegación por parte da Mutua ou da empresa. 2º.- Acudir á medic@ da Mutua para solicitar: 2.1- Ao/á xef@ da Unidade Médica: o Volante de Asistencia. 2.2- Ao/á médic@: o Parte de accidente (tríptico verde) e o Informe d@ médic@ (artigo 11 do Código Médico Deontolóxico). No caso de que NON nolos queiran dar pediremos o seu nº de Colexiado (están obrigados, art. 10.2 do Código Deontolóxico) e solicitaremos a Folla de Reclamacións (art. 12.6 R/D 38/2010). De negarse teremos que chamar á Policía Local. Na Folla de Reclamacións reflectiremos o noso desacordo e o trato recibido, mostrando como foi o accidente (lugar, hora, etc.). É moi importante que tanto no parte médico como na Folla de Reclamacións expoñamos as tarefas que realizamos no traballo (movementos repetitivos e posturas forzadas), especialmente en clasificación e reparto. 3º.- A Mutua está obrigada a recoñecer as lesións cando ocorren por realizar as tarefas dentro da xornada laboral (R/D 1/1994, de 20 de junio, Ley General S.S.). Será RRHH de CORREOS, por medio dun burofax da Mutua, quen nos informará que NON fora consideradas Accidente de Traballo. Neste caso haberá que: 3.1- Facer una escrita a RRHH da túa provincia ou zona pedindo explicacións de por qué non se considera Accidente de Traballo, baseándonos no R/D 1/1994 del 20 de junio, nos seus puntos 1 e 3. De contado faremos unha SOLICITUDE DE DETERMINACIÓN DE CONTINXENCIA: 
4º.- Para facer unha SOLICITUDE DE DETERMINACIÓN DE CONTINXENCIA ante a denegación de Accidente de Traballo: 4.1- Iremos ao/á nos@ propi@ médic@ de cabeceira a explicarlle a situación para solicitarlle a baixa (moi importante) comunicándolle que queremos realizar unha SOLICITUDE DE DETERMINA- CIÓN DE CONTINXENCIA. Ademais debemos: 4.2- Solicitar o informe médico do SAS para que quede reflectida a patoloxía que padecemos. 4.3- Poñer unha Reclamación á Mutua a través de telefone do INSS: 902112651 ou a través da páxina: www.ovrmatepss.es/virtual Na Reclamación á Mutua proporcionaremos os nosos datos encheremos un informe do feito. Como nela podemos aportar até 3 documentos aconsellamos: - O Informe médico da Mutua. - O Informe médico do SAS. - E o burofax da Mutua. 5.- Se, a pesares de todo, o médico de cabeceira segue a denegarnos a baixa, e a consideramos necesaria, podemos pornos en contacto coa Inspección Médica da nosa provincia para que o evalúen. 5.1- Solicitaremos cita en INSS da zona máis próxima (na web: www.seg_social.es, ou no telefone 901166565). O INSS faranos saber que documentos solicitar e presentar. 5.2- RRHH de CORREOS deberá proporcionarnos o informe da empresa no que se detallan: a actividade a que se dedica, número de traballadores/as, horarios, a súa versión dos feitos, etc. Toda esta documentación aportarase o día da cita no INSS, onde realizaremos a DETERMINACIÓN DE CONTINXENCIA. Se tiveras calquera dúbida: 901166565 -telefone de información do INSS- 
Sindicato Provincial de Correos de A Coruña 
2º Andar Edificio Xefatura Provincial de Correos . 15080 A Coruña 
Tlfes: 981.223.496. Rico: 83230. Móbil: 609381811 Mail: cgtcorreosacorunha@gmail.com 
Web: http://cgtcorreosacorunha-hayalternativa.blogspot.com

More Related Content

Viewers also liked

Ud5 CASO CLÍNICO-3-parte-1
Ud5 CASO CLÍNICO-3-parte-1Ud5 CASO CLÍNICO-3-parte-1
Ud5 CASO CLÍNICO-3-parte-1neumosur
 
Mood board task 10
Mood board task 10Mood board task 10
Mood board task 10charlie__97
 
Examen de Passage 2014 TDI V1
Examen de Passage 2014 TDI V1Examen de Passage 2014 TDI V1
Examen de Passage 2014 TDI V1Chingongou ­
 
Creating culture of innovation and creativity North Kirklees CCG
 Creating culture of innovation and creativity North Kirklees CCG Creating culture of innovation and creativity North Kirklees CCG
Creating culture of innovation and creativity North Kirklees CCGMichael Barker
 
Järjestöosaaminen esiin virtuaalisin osaamismerkein (id 14948)
Järjestöosaaminen esiin virtuaalisin osaamismerkein (id 14948)Järjestöosaaminen esiin virtuaalisin osaamismerkein (id 14948)
Järjestöosaaminen esiin virtuaalisin osaamismerkein (id 14948)MS SOSTE
 
Pamplet sukan
Pamplet sukanPamplet sukan
Pamplet sukanwosr
 

Viewers also liked (9)

Markdown
MarkdownMarkdown
Markdown
 
Ud5 CASO CLÍNICO-3-parte-1
Ud5 CASO CLÍNICO-3-parte-1Ud5 CASO CLÍNICO-3-parte-1
Ud5 CASO CLÍNICO-3-parte-1
 
Mood board task 10
Mood board task 10Mood board task 10
Mood board task 10
 
Examen de Passage 2014 TDI V1
Examen de Passage 2014 TDI V1Examen de Passage 2014 TDI V1
Examen de Passage 2014 TDI V1
 
Creating culture of innovation and creativity North Kirklees CCG
 Creating culture of innovation and creativity North Kirklees CCG Creating culture of innovation and creativity North Kirklees CCG
Creating culture of innovation and creativity North Kirklees CCG
 
Ldb mapperò di prinzio 09
Ldb mapperò  di prinzio 09Ldb mapperò  di prinzio 09
Ldb mapperò di prinzio 09
 
Järjestöosaaminen esiin virtuaalisin osaamismerkein (id 14948)
Järjestöosaaminen esiin virtuaalisin osaamismerkein (id 14948)Järjestöosaaminen esiin virtuaalisin osaamismerkein (id 14948)
Järjestöosaaminen esiin virtuaalisin osaamismerkein (id 14948)
 
Pamplet sukan
Pamplet sukanPamplet sukan
Pamplet sukan
 
What gender are you?
What gender are you?What gender are you?
What gender are you?
 

Similar to Buzón rebelde 12 definitivo cor

Buzón rebelde 20 CGT Correos Coruña
Buzón rebelde 20 CGT Correos CoruñaBuzón rebelde 20 CGT Correos Coruña
Buzón rebelde 20 CGT Correos CoruñaCgt Correos A Coruña
 
Buzón rebelde número 15 defintivo cor
Buzón rebelde número 15 defintivo corBuzón rebelde número 15 defintivo cor
Buzón rebelde número 15 defintivo corCgt Correos A Coruña
 
Novas da Xustiza nº1033.
Novas da Xustiza nº1033.Novas da Xustiza nº1033.
Novas da Xustiza nº1033.CCOOXustiza
 
Novas da xustiza nº1041
Novas da xustiza nº1041 Novas da xustiza nº1041
Novas da xustiza nº1041 CCOOXustiza
 
Caos nas bolsas de contratación de Correos
Caos nas bolsas de contratación de CorreosCaos nas bolsas de contratación de Correos
Caos nas bolsas de contratación de CorreosCgt Correos A Coruña
 
Novas da xustiza 1056
Novas da xustiza 1056Novas da xustiza 1056
Novas da xustiza 1056CCOOXustiza
 
Manifesto%20 conxunto%20mobilizacions%20cc.oo.%20 %20ugt%20sector%20grandes%2...
Manifesto%20 conxunto%20mobilizacions%20cc.oo.%20 %20ugt%20sector%20grandes%2...Manifesto%20 conxunto%20mobilizacions%20cc.oo.%20 %20ugt%20sector%20grandes%2...
Manifesto%20 conxunto%20mobilizacions%20cc.oo.%20 %20ugt%20sector%20grandes%2...oscargaliza
 
Boletín definitivo saúde laboral inverno 2015
Boletín definitivo saúde laboral inverno 2015Boletín definitivo saúde laboral inverno 2015
Boletín definitivo saúde laboral inverno 2015Cgt Correos A Coruña
 
Novas da xustiza nº 1042
Novas da xustiza nº 1042 Novas da xustiza nº 1042
Novas da xustiza nº 1042 CCOOXustiza
 
Novas da xustiza nº1035.
Novas da xustiza nº1035. Novas da xustiza nº1035.
Novas da xustiza nº1035. CCOOXustiza
 
Buzón Rebelde 22 Especial 2017 CGT Correos A Coruña
Buzón Rebelde  22 Especial 2017 CGT Correos A CoruñaBuzón Rebelde  22 Especial 2017 CGT Correos A Coruña
Buzón Rebelde 22 Especial 2017 CGT Correos A CoruñaCgt Correos A Coruña
 
Buzón Rebelde, 19 publicación de CGT Correos A Coruña verán 2017
Buzón Rebelde, 19 publicación de CGT Correos A Coruña verán 2017Buzón Rebelde, 19 publicación de CGT Correos A Coruña verán 2017
Buzón Rebelde, 19 publicación de CGT Correos A Coruña verán 2017Cgt Correos A Coruña
 

Similar to Buzón rebelde 12 definitivo cor (20)

O Buzón Rebelde 13, Especial Nadal
O Buzón Rebelde 13, Especial NadalO Buzón Rebelde 13, Especial Nadal
O Buzón Rebelde 13, Especial Nadal
 
Buzón rebelde 20 CGT Correos Coruña
Buzón rebelde 20 CGT Correos CoruñaBuzón rebelde 20 CGT Correos Coruña
Buzón rebelde 20 CGT Correos Coruña
 
Buzón rebelde número 15 defintivo cor
Buzón rebelde número 15 defintivo corBuzón rebelde número 15 defintivo cor
Buzón rebelde número 15 defintivo cor
 
Comunicado cgt coruña 27 n
Comunicado cgt coruña 27 nComunicado cgt coruña 27 n
Comunicado cgt coruña 27 n
 
Novas da Xustiza nº1033.
Novas da Xustiza nº1033.Novas da Xustiza nº1033.
Novas da Xustiza nº1033.
 
Impulso 56
Impulso 56Impulso 56
Impulso 56
 
Novas da xustiza nº1041
Novas da xustiza nº1041 Novas da xustiza nº1041
Novas da xustiza nº1041
 
Caos nas bolsas de contratación de Correos
Caos nas bolsas de contratación de CorreosCaos nas bolsas de contratación de Correos
Caos nas bolsas de contratación de Correos
 
Buzón Rebelde Outono 2023.pdf
Buzón Rebelde Outono 2023.pdfBuzón Rebelde Outono 2023.pdf
Buzón Rebelde Outono 2023.pdf
 
Novas da xustiza 1056
Novas da xustiza 1056Novas da xustiza 1056
Novas da xustiza 1056
 
Manifesto%20 conxunto%20mobilizacions%20cc.oo.%20 %20ugt%20sector%20grandes%2...
Manifesto%20 conxunto%20mobilizacions%20cc.oo.%20 %20ugt%20sector%20grandes%2...Manifesto%20 conxunto%20mobilizacions%20cc.oo.%20 %20ugt%20sector%20grandes%2...
Manifesto%20 conxunto%20mobilizacions%20cc.oo.%20 %20ugt%20sector%20grandes%2...
 
Boletín definitivo saúde laboral inverno 2015
Boletín definitivo saúde laboral inverno 2015Boletín definitivo saúde laboral inverno 2015
Boletín definitivo saúde laboral inverno 2015
 
Novas da xustiza nº 1042
Novas da xustiza nº 1042 Novas da xustiza nº 1042
Novas da xustiza nº 1042
 
Buzón Rebelde Especial Eventuais
Buzón Rebelde Especial EventuaisBuzón Rebelde Especial Eventuais
Buzón Rebelde Especial Eventuais
 
Libro probas 2015
Libro probas 2015Libro probas 2015
Libro probas 2015
 
Novas da xustiza nº1035.
Novas da xustiza nº1035. Novas da xustiza nº1035.
Novas da xustiza nº1035.
 
Buzón Rebelde 22 Especial 2017 CGT Correos A Coruña
Buzón Rebelde  22 Especial 2017 CGT Correos A CoruñaBuzón Rebelde  22 Especial 2017 CGT Correos A Coruña
Buzón Rebelde 22 Especial 2017 CGT Correos A Coruña
 
Buzón Rebelde, 19 publicación de CGT Correos A Coruña verán 2017
Buzón Rebelde, 19 publicación de CGT Correos A Coruña verán 2017Buzón Rebelde, 19 publicación de CGT Correos A Coruña verán 2017
Buzón Rebelde, 19 publicación de CGT Correos A Coruña verán 2017
 
Impulso 49
Impulso 49Impulso 49
Impulso 49
 
Novas nº 1039
Novas nº 1039 Novas nº 1039
Novas nº 1039
 

More from Cgt Correos A Coruña

Denuncia ante la inspección de trabajo. Correos incumple las distancias del p...
Denuncia ante la inspección de trabajo. Correos incumple las distancias del p...Denuncia ante la inspección de trabajo. Correos incumple las distancias del p...
Denuncia ante la inspección de trabajo. Correos incumple las distancias del p...Cgt Correos A Coruña
 
Instrucción campaña nadal Correos 2018
Instrucción campaña nadal Correos 2018Instrucción campaña nadal Correos 2018
Instrucción campaña nadal Correos 2018Cgt Correos A Coruña
 
Peticion medidas temporal novembro 2018
Peticion medidas temporal novembro 2018Peticion medidas temporal novembro 2018
Peticion medidas temporal novembro 2018Cgt Correos A Coruña
 
Acordo funcionarios para cobrar atrasos
Acordo funcionarios para cobrar atrasosAcordo funcionarios para cobrar atrasos
Acordo funcionarios para cobrar atrasosCgt Correos A Coruña
 
Instruccións campaña nadal 2016 (1)
Instruccións campaña  nadal 2016 (1)Instruccións campaña  nadal 2016 (1)
Instruccións campaña nadal 2016 (1)Cgt Correos A Coruña
 
Moción presentada na deputación da coruña
Moción presentada na deputación da coruñaMoción presentada na deputación da coruña
Moción presentada na deputación da coruñaCgt Correos A Coruña
 
Aclaracións sobre eleccións 2016 carta ao director de Zona 1
Aclaracións sobre eleccións 2016 carta ao director de Zona 1Aclaracións sobre eleccións 2016 carta ao director de Zona 1
Aclaracións sobre eleccións 2016 carta ao director de Zona 1Cgt Correos A Coruña
 
TEMOS DEREITO A TER DEREITOS. EN DEFENSA DO PÚBLICO
TEMOS DEREITO A TER DEREITOS. EN DEFENSA DO PÚBLICOTEMOS DEREITO A TER DEREITOS. EN DEFENSA DO PÚBLICO
TEMOS DEREITO A TER DEREITOS. EN DEFENSA DO PÚBLICOCgt Correos A Coruña
 
CGT gana sentencia al tribunal médico central de Correos.
CGT gana sentencia al tribunal médico central de Correos.CGT gana sentencia al tribunal médico central de Correos.
CGT gana sentencia al tribunal médico central de Correos.Cgt Correos A Coruña
 
Borrador bases consolidación de empleo 29 de diciembre
Borrador bases consolidación de empleo 29 de diciembreBorrador bases consolidación de empleo 29 de diciembre
Borrador bases consolidación de empleo 29 de diciembreCgt Correos A Coruña
 

More from Cgt Correos A Coruña (20)

Buzón rebelde outono 2021
Buzón rebelde outono 2021Buzón rebelde outono 2021
Buzón rebelde outono 2021
 
Buzón Rebelde da CGT. Verán 2021
Buzón Rebelde da CGT. Verán 2021Buzón Rebelde da CGT. Verán 2021
Buzón Rebelde da CGT. Verán 2021
 
Denuncia ante la inspección de trabajo. Correos incumple las distancias del p...
Denuncia ante la inspección de trabajo. Correos incumple las distancias del p...Denuncia ante la inspección de trabajo. Correos incumple las distancias del p...
Denuncia ante la inspección de trabajo. Correos incumple las distancias del p...
 
Instrucción campaña nadal Correos 2018
Instrucción campaña nadal Correos 2018Instrucción campaña nadal Correos 2018
Instrucción campaña nadal Correos 2018
 
Peticion medidas temporal novembro 2018
Peticion medidas temporal novembro 2018Peticion medidas temporal novembro 2018
Peticion medidas temporal novembro 2018
 
Acordo funcionarios para cobrar atrasos
Acordo funcionarios para cobrar atrasosAcordo funcionarios para cobrar atrasos
Acordo funcionarios para cobrar atrasos
 
Comunicado xuizo bolsas Correos
Comunicado xuizo bolsas CorreosComunicado xuizo bolsas Correos
Comunicado xuizo bolsas Correos
 
Bolsa de emprego 2017
Bolsa de emprego 2017Bolsa de emprego 2017
Bolsa de emprego 2017
 
Comunicado 1% salario Correos
Comunicado 1% salario Correos Comunicado 1% salario Correos
Comunicado 1% salario Correos
 
Acción social 2017 ok
Acción social 2017 okAcción social 2017 ok
Acción social 2017 ok
 
Recoñecimentos 2017
Recoñecimentos 2017Recoñecimentos 2017
Recoñecimentos 2017
 
Instruccións campaña nadal 2016 (1)
Instruccións campaña  nadal 2016 (1)Instruccións campaña  nadal 2016 (1)
Instruccións campaña nadal 2016 (1)
 
Moción presentada na deputación da coruña
Moción presentada na deputación da coruñaMoción presentada na deputación da coruña
Moción presentada na deputación da coruña
 
Aclaracións sobre eleccións 2016 carta ao director de Zona 1
Aclaracións sobre eleccións 2016 carta ao director de Zona 1Aclaracións sobre eleccións 2016 carta ao director de Zona 1
Aclaracións sobre eleccións 2016 carta ao director de Zona 1
 
TEMOS DEREITO A TER DEREITOS. EN DEFENSA DO PÚBLICO
TEMOS DEREITO A TER DEREITOS. EN DEFENSA DO PÚBLICOTEMOS DEREITO A TER DEREITOS. EN DEFENSA DO PÚBLICO
TEMOS DEREITO A TER DEREITOS. EN DEFENSA DO PÚBLICO
 
Axudas acción social 2016
Axudas acción social 2016Axudas acción social 2016
Axudas acción social 2016
 
CGT gana sentencia al tribunal médico central de Correos.
CGT gana sentencia al tribunal médico central de Correos.CGT gana sentencia al tribunal médico central de Correos.
CGT gana sentencia al tribunal médico central de Correos.
 
Calendario laboral 2016
Calendario laboral 2016Calendario laboral 2016
Calendario laboral 2016
 
Bases consolidación empleo 2015
Bases consolidación empleo 2015Bases consolidación empleo 2015
Bases consolidación empleo 2015
 
Borrador bases consolidación de empleo 29 de diciembre
Borrador bases consolidación de empleo 29 de diciembreBorrador bases consolidación de empleo 29 de diciembre
Borrador bases consolidación de empleo 29 de diciembre
 

Buzón rebelde 12 definitivo cor

  • 1. . CAPA Titulares 2º PÁXINA Non hai presa polo convenio Reaxuste local 3º PÁXINA Éxito plataforma Ferrol Breves CONTRACAPA Como solicitar que se recoñeza un accidente laboral. Guía práctica ÉXITO DAS MOBILIZACIÓNS DA PLATAFORMA DE CARTEIR@S DE FERROL: A REDUCCIÓN QUEDA EN 5 SECCIÓNS MENOS. (AÍNDA ASÍ NON NOS CONFORMAMOS) Ilustración 1 A Manifestación de mais de 500 persoas que percorreu as rúas de Ferrol Consulta a pseudo-negociación do teu Convenio en Facebook ou na nosa WEB! NOVAS DA NEGOCIACIÓN DO IV CONVENIO COLECTIVO: Tivemos a II xuntanza no día 18 de Setembro. Por outra banda, e logo da denuncia de CGT, Molina (máximo dirixente de CSIF) declara 3 veces na Audiencia Nacional que MINTE á afiliación, coa incredulidade de toda a sala. En marcha un novo reaxuste local. Especial: se non nos recoñecen accidente no traballo. Guía práctica EXTRACTO DA SENTENZA 157/2014 DA AUDIENCIA NACIONAL: Non temos presa para asinar o novo convenio colectivo. E non o faremos sen un referéndum previo! Editorial no interior...
  • 2. EDITORIAL. IV CONVENIO COLECTIVO: NON TEMOS PRESA POR ASINAR!! Logo da II xuntanza do pasado 18 de Setembro vemos que o panorama é realmente moi delicado. Por unha banda temos a un Correos que parece non pintar nada nestas negociacións, atrapado entre o control da SEPI e o control total do ministerio de Facenda por medio das súas pautas de negociación no sector público que impide calquera avance positivo cara o colectivo en materia salarial ou de dereitos. Por outra banda temos a uns sindicatos “oficiais” claramente desprestixiados logo de demostrarse nesta crise que non serven, que son un niño constante de corrupción e que están moi ocupados, simplemente, en sobrevivir como “estrutura”. Estes sindicatos levan 3 anos sen pegar golpe vivindo do conto e mirando para outro lado mentres o persoal sufríamos os recortes, os recargos, os tribunais médicos, os descontos do CPA por ir ao médico... Agora ameazan á empresa con mobilizacións e nós preguntámonos: Logo de tantos anos falando só na orella dos “seus”, de pasar polos centros dicindo que “non pasa nada, que cumpramos o horario, que non nos podemos queixar porque, total, para 4 cartas que hai”... realmente, insistimos, logo de anos DESMOBILIZANDO e tentando desactivar todo tipo de loitas desde as carterías, actuando de bombeiros apaga-lumes (ver os casos da UR1 e Ur2 da Coruña, de Compostela e de Ferrol) COMO SE PODE TER TANTA CARA DE FALAR DE MOBILIZACIÓNS??!! No ano 2015 hai eleccións sindicais e todo parece indicar que eses sindicatos xogaron todo o seu futuro de permanencia nas poltronas a un regaliño de última hora que puideran vender ao colectivo como mostra da súa “forza” diante da empresa (tal como acontecera no II convenio con aqueles “atrasos-esmola” e no III co tema de librar os sábados). As eleccións achéganse e o canguele de non haber convenio-esmola-agasallo para sobrevivir liberad@s sen repartir 4 anos mais fai que algún/has se poñan nervios@s. Correos, entre o lamento por non poder facer nada (“non me deixan”) e as mal disimuladas ganas de asinar un convenio que nos sitúe definitivamente como masa laboral preparada para competir dunha maneira flexible e competitiva (léase: salario de 800 euros vinculados (aínda máis) ao absentismo, flexibilidade horaria total, aumento de contratos parciais, redución drástica de permisos...). Agora ameaza con deixar sen efecto a ultraactividade do noso convenio, aínda sabendo que non ten nada que facer pois a duración sen límite está garantida porque temos unha cláusula que declara que “este convenio estará en vigor até que se asine outro”. Desde CGT entendemos que a cuestión postal é unha cuestión política e social. Por iso queremos levar a nosa loita máis alá da parte meramente sindical interna. Mais tamén sabedes que non confiamos nos partidos que nos gobernan por consideralos cómplices da crise-estafa que vivimos. Por iso insistimos que a nosa loita (como a do 15M ou a das hipotecas, por pór dous exemplos) debe estar vinculada e respaldada directamente pola cidadanía e non pol@s súas representantes. Non basta unha moción no concello do noso “partido amigo” (sexa da cor que sexa)para cubrir o expediente. Temos que denuncia-lo desmantelamento do servizo postal en todas partes: AAVV, creando plataformas cidadás de apoio ao servizo postal, denunciando en todo tipo de foros públicos, aproveitando as asembleas abertas que se están a producir nas rúas, etc. Ademais no ano 2015 pode haber grandes sorpresas para o bipartidismo nas eleccións xerais. Non perdemos nada con agardar uns meses máis... O CONVENIO ACTUAL É PÉSIMO, PERO ESTÁ CLARO QUE NESTE MOMENTO, CO COLECTIVO DESMOBILIZADO LOGO DE ANOS DE DISCURSO ANTISINDICAL, SEN A SOCIEDADE AO NOSO CARÓN E CON ESTE GOVERNO DAS TESOIRAS É MELLOR (COMO NO CHISTE) QUEDARSE, DE MOMENTO, CO SUSTO ANTES QUE COA MORTE! PRÓXIMO REAXUSTE LOCAL Neste mes de outubro temos un proceso aberto de reaxuste local. No cadro da dereita podedes ver moi resumidas as datas nas que podedes solicitar as prazas da vosa unidade/localidade (se as houber e a Correos lle dera a gana de sacalas). Unha vez máis un proceso sen apenas información, onde non saen todas as prazas que hai, onde se penaliza @s compañeir@s dos CTA e dos servizos rurais ao non consideralos da mesma localidade. Se tes dúbidas contacta con CGT! Entre o 17 e o 30 de Outubro: Procesos de cambios de quenda na mesma unidade. Os modelos serán proporcionados por RRHH. Entre o 3 e o 14 de Novembro. Apertura solicitudes para cambios de centro/unidade. 21 Novembro Asignación provisional 28 Novembro: Resolución definitiva Xaneiro de 2015: Cambio efectivo de centro/unidade Os únicos sobres que interesan no PPSOE...
  • 3. ÉXITO DAS MOBILIZACIÓNS DA PLATAFORMA DE TRABALLADORES/AS DE CORREOS DE FERROL O 23 de Setembro coñecemos as decisións definitivas de Correos ao respecto da redución de seccións de reparto en Ferrol: A redución quedou en 5 seccións, que estaban vacantes, quedando a UR1 en 24 reparto a pé e 8 reparto en moto. Menos do 9 por cento, cando o habitual estaba sendo entre o 15 e o 25 por cento. Non nos conformamos, porque entendemos que nesta casa non sobra ninguén, pero é un primeiro paso e unha boa lección aprendida para outras seccións que se ven e viron recortadas. Nesta plataforma de Ferrol demostrouse que só a loita constante e mantida no tempo serve para algo. Correos só se reprantexou rebaixar a redución de seccións logo de concentracións, manifestacións, recollidas de sinaturas, traslado da loita á cidadanía... Na foto podemos ver a manifestación de compañeir@s (apoiada por CGT e CIG) que percorreu as rúas de Ferrol denunciando o desmantelamento e os recortes do servizo postal. Aínda así quedan cousas pendentes, entre elas: Reforzo da USE que ten que asumir o polígono da Gándara de Narón. Remodelación e aumento do distrito que serve Caranza Chegada de correspondencia mellor clasificada por seccións desde o CTA. Presentada no CTA unha táboa reivindicativa común. O pasado 6 de Outubro levamos a cabo o primeiro paso dunha reivindicación histórica de CGT. Presentar dunha forma conxunta desde o comité de empresa e a xunta de persoal unha táboa de 36 puntos comúns. Concentración do comité e da Xunta de persoal. No 30 de setembro realizamos unha concentración conxunta diante da dirección de zona en Compostela destes órganos que teñen que servir para representarnos a todo o mundo. O obxecto da concentración: Protestar contra a falta de contratación e a perda de postos de traballo. Na UR1 da Coruña cúmprense 6 meses desde que comezamos a recoller os partes de pendentes diarios. ¿¿Perigo de un novo Alcatraz na UR4 da Coruña?? Aumentan as queixas sobre a arbitrariedade e a desorganización de traballo nesta unidade. Desde CGT queremos deixar claro que non permitiremos que ese centro volva ser coñecido en todas partes polo seu mal ambiente no traballo!
  • 4. 1º.- Arquivar toda a documenta- ción dende o inicio, orixinais, fotocopias e/ou fotos, para previr unha posible denegación por parte da Mutua ou da empresa. 2º.- Acudir á medic@ da Mutua para solicitar: 2.1- Ao/á xef@ da Unidade Médica: o Volante de Asistencia. 2.2- Ao/á médic@: o Parte de accidente (tríptico verde) e o Informe d@ médic@ (artigo 11 do Código Médico Deontolóxico). No caso de que NON nolos queiran dar pediremos o seu nº de Colexiado (están obrigados, art. 10.2 do Código Deontolóxico) e solicitaremos a Folla de Reclamacións (art. 12.6 R/D 38/2010). De negarse teremos que chamar á Policía Local. Na Folla de Reclamacións reflectiremos o noso desacordo e o trato recibido, mostrando como foi o accidente (lugar, hora, etc.). É moi importante que tanto no parte médico como na Folla de Reclamacións expoñamos as tarefas que realizamos no traballo (movementos repetitivos e posturas forzadas), especialmente en clasificación e reparto. 3º.- A Mutua está obrigada a recoñecer as lesións cando ocorren por realizar as tarefas dentro da xornada laboral (R/D 1/1994, de 20 de junio, Ley General S.S.). Será RRHH de CORREOS, por medio dun burofax da Mutua, quen nos informará que NON fora consideradas Accidente de Traballo. Neste caso haberá que: 3.1- Facer una escrita a RRHH da túa provincia ou zona pedindo explicacións de por qué non se considera Accidente de Traballo, baseándonos no R/D 1/1994 del 20 de junio, nos seus puntos 1 e 3. De contado faremos unha SOLICITUDE DE DETERMINACIÓN DE CONTINXENCIA: 4º.- Para facer unha SOLICITUDE DE DETERMINACIÓN DE CONTINXENCIA ante a denegación de Accidente de Traballo: 4.1- Iremos ao/á nos@ propi@ médic@ de cabeceira a explicarlle a situación para solicitarlle a baixa (moi importante) comunicándolle que queremos realizar unha SOLICITUDE DE DETERMINA- CIÓN DE CONTINXENCIA. Ademais debemos: 4.2- Solicitar o informe médico do SAS para que quede reflectida a patoloxía que padecemos. 4.3- Poñer unha Reclamación á Mutua a través de telefone do INSS: 902112651 ou a través da páxina: www.ovrmatepss.es/virtual Na Reclamación á Mutua proporcionaremos os nosos datos encheremos un informe do feito. Como nela podemos aportar até 3 documentos aconsellamos: - O Informe médico da Mutua. - O Informe médico do SAS. - E o burofax da Mutua. 5.- Se, a pesares de todo, o médico de cabeceira segue a denegarnos a baixa, e a consideramos necesaria, podemos pornos en contacto coa Inspección Médica da nosa provincia para que o evalúen. 5.1- Solicitaremos cita en INSS da zona máis próxima (na web: www.seg_social.es, ou no telefone 901166565). O INSS faranos saber que documentos solicitar e presentar. 5.2- RRHH de CORREOS deberá proporcionarnos o informe da empresa no que se detallan: a actividade a que se dedica, número de traballadores/as, horarios, a súa versión dos feitos, etc. Toda esta documentación aportarase o día da cita no INSS, onde realizaremos a DETERMINACIÓN DE CONTINXENCIA. Se tiveras calquera dúbida: 901166565 -telefone de información do INSS- Sindicato Provincial de Correos de A Coruña 2º Andar Edificio Xefatura Provincial de Correos . 15080 A Coruña Tlfes: 981.223.496. Rico: 83230. Móbil: 609381811 Mail: cgtcorreosacorunha@gmail.com Web: http://cgtcorreosacorunha-hayalternativa.blogspot.com