SlideShare a Scribd company logo
1 of 6
Download to read offline
1
A defensa dos derei-
tos da clase traballado-
ra pasa por non permi-
tir ningún tipo de dis-
criminacións. A violen-
cia de xénero, que tan-
tas vítimas ten causado,
e segue a causar, é un
dos males desta sociedade,
polo que a C.I.G. está, e se-
guirá estando, alí onde se
poidan aportar vías de solu-
ción para un problema tan
grave
Esta é unha loita que
debe estar presente en tó-
dolos eidos, e no mundo do
traballo tamén. En datas
pasadas a C.I.G., xunto a
outros sindicatos, asina-
mos un acordo coa Direc-
ción do Grupo
PSA, no que
recollen as me-
didas que se
adoptan para axudar ás
mulleres que son vítimas
da violencia de xénero
O desexable sería
que non se tivera que
facer uso destas medi-
das, mais a realidade é
outra. Por iso entendemos
dende a Sección Sindical da
C.I.G., que os contidos do
acordo deben ser coñecidos.
VIOLENCIA DE XÉNERO
ACORDO DE DESENVOLVEMENTO DA L.O.
DE MEDIDAS DE PROTECCIÓN INTEGRAL CONTRA
A VIOLENCIA DE XÉNERO
IMPULSOEdita: Secc. Sindical C.I.G. - PSA Peugeot-Citroën
Nº65 ABRIL 2005
2
ACORDO DE DESENVOLVEMENTO DA L.O. DE MEDIDAS DE PROTECCIÓN
INTEGAL CONTRA A VIOLECIA DE XÉNERO
PREÁMBULO
A sociedade española, a través do poder lexislativo, tomou conciencia e deu un paso significativo no ca-
miño da erradicación dun problema social de actualidade como é a discriminación da muller, como obxecto de
violencia, polo mero feito de ser muller e proveniente de aqueles homes no seu momento vinculados por lazos
de afectividade.
A L.O. 1/2004 contempla unha variada gama de aspectos que intenta abarcar aquelas relacións onde a
violencia exercida sobre a muller pode ser susceptible de ser detectada ou ben ser corrixida ou atemperada.
Son os poderes públicos, como en outro tipo de disfuncións, os depositarios da capacidade suficiente
para adoptar aquelas medidas en todas as ordes para facer efectivos os dereitos dos que son titulares as mulle-
res sometidas a situacións de violencia e, xa que logo, de discriminación, en especial cando en moitas ocasións,
directa ou indirectamente, tamén son vítimas os menores. En consecuencia a mencionada Lei Orgánica especifi-
ca as actuacións e as modificacións normativas tendentes a facer real e efectiva a protección á muller obxecto
de violencia.
Estas modificacións legais tamén teñen o seu espello no ámbito do Dereito social, como non podía ser
doutro xeito, previndo a circunstancia da muller no medio laboral. Se ben o mero cumprimento da lei xa supón a
satisfacción dunha situación de mínimos, no Grupo PSA en España, en aplicación da súa política de acadar un
desenvolvemento sostible e en cumprimento de Acordos xa subscritos coas organizacións sindicais presentes no
mesmo –Acordo de Igualdade Home Muller de dada 15/09/2004-, desexa que a norma que nos ocupa, máis alá
do seu cumprimento textual, poida ser obxecto dun desenvolvemento, e no seu caso mellora, no que atinxe ás
relacións laborais da muller traballadora.
O presente acordo pretende unha adecuación da L.O. 1/2004, nos seus contidos laborais, á realidade da
organización do Grupo PSA en España, intentando unha execución dos dereitos regulados naquela. Así, con-
témplanse as circunstancias de prestación da actividade laboral, vacacións e permisos etc.
O acoso no medio laboral é tamén unha manifestación dun certo tipo de violencia cara a muller pola me-
ra razón de selo e que o Grupo PSA rexeita a condena. Aquelas prácticas neste sentido, sexa cal fora o nivel do
que procedan, serán corrixidas coas medidas legais en vigor e a muller recibirá a asistencia e apio precisos.
Tamén se reitera a vontade da Dirección do Grupo PSA na colaboración cos poderes públicos na conso-
lidación nos seus Centros e Entidades dunha cultura de igualdade a todos os niveis.
O Grupo PSA insta a colaboración de todos os niveis xerárquicos e de todos os traballadores ó obxecto
de facer efectivos os dereitos aquí desenvolvidos, así como na consecución dunha sociedade sen discrimina-
cións por razón de xénero
ACORDO
Primeiro: Ámbito Persoal
O acordo está dirixido a proporcionar un apoio global e coordinado, no seno das Empresas do Grupo PSA en
España, e aquelas traballadoras vítimas de violencia de xénero na concreción definida na L.O. 1/2004 desde o
preciso momento da existencia de orde xudicial de protección a favor da muller ou ben informe do Ministerio Fis-
cal que indique a existencia de indicios de violencia de xénero sobre aquela
Segundo: Ámbito funcional
As entidades afectadas son as pertencentes ó Grupo PSA Peugeot Citroën en España, concretamente:
PCAE, S.A.
ACE, S.A.. e filiais (CONCISA, ATESA)
3
PAE, S.A. e filiais (HISPANOMOCIÓN)
Banque PSA Finace, Sucursal e España
A este perímetro poderanse adherir outras entidades en funcións da política de integración do Grupo PSA.
Terceiro: Reordenación do tempo de traballo:
En relación ás posibilidades que incorpora o novo apartado 7, do artigo 37 da L.E.T., e en coherencia cos
diferentes sistemas de organización do traballo existentes nas Entidades do Grupo, establécese que:
Se a traballadora realiza o seu traballo nunha área organizada en quendas de mañá/tarde e noite, terá
dereito a elixir aquela quenda que lle permita unha maior protección persoal ou unha mellor reorganización
da súa vida persoal familiar, respectando ou adaptando as súas condicións contractuais.
Se a traballadora está adscrita a unha área na que existen diferentes horarios de traballo, poderá optar
por acollerse a aquel horario que lle posibilite dar unha resposta máis satisfactoria ás dificultades citadas no
parágrafo anterior, compatibilizándoas coas necesidades do servizo.
Se no departamento ó que estivera adscrita a traballadora se practicase o horario flexible, e este lle per-
mitira unha maior protección dos dereitos recollidos na L.O., tratarase de facilitar o seu acceso ó mesmo, nos
termos en que este estea definido.
Así mesmo, a traballadora poderá solicitar a redución da súa xornada ordinaria con redución de salario até
un máximo da metade de aquela. Tal solicitude deberá ser atendida, preferentemente, mantendo á traballa-
dora no posto que viñera desenvolvendo. Se isto fora organizativamente inviable, facilitarase un posto do
mesmo grupo profesional ou categoría equivalente no que sexa factible a realización da xornada reducida
solicitada.
O área na que preste servizos a traballadora poderá efectuar as modificacións necesarias na organización do
departamento ó que estea adscrita para que o exercicio dos dereitos descritos nos puntos anteriores non se
vexa limitado pola imposibilidade de manter correctamente a actividade.
Cuarto: Teletraballo:
No caso de que a traballadora, con finalidade de facer efectiva a súa protección ou o seu dereito á asistencia
social integral, solicitará a posibilidade de realizar o seu traballo fóra das instalacións da Empresa solicitarase
se o tipo de traballo realizado habitualmente pola traballadora e a estrutura, organización e modos de funcio-
namento do seu departamento ou área de traballo o permiten.
Se o anterior fora viable, definiranse as normas e condicións de esta nova situación.
En todo caso, a Entidade ou Centro correspondente ocuparase de por a disposición da traballadora medios
técnicos necesarios para facilitar o mellor cumprimento das súas funcións.
Quinto: Vacacións:
Se o dereito de protección ou o de asistencia social integral da traballadora fan necesaria a fixación do perío-
do vacacional nunhas datas determinadas buscaranse fórmulas de adaptación , dos procesos habituais e
convencionais establecidos para a asignación de vacacións, ó caso concreto.
Sexto: Permisos:
Á muller vítima de violencia de xénero facilitaránselle os permisos necesarios para a realización das xestións
administrativas, xudiciais ou médicas que lle permitan facer efectivo o seu dereito á protección ou á asisten-
cia social integral.
Ditos permisos, con independencia dos legal ou convencionalmente acordados, serán retribuídos até 16 ho-
ras/ano. Na súa tramitación e xustificación seguiranse os procedementos habituais de cada Entidade.
A utilización destes permisos non será considerada ausencia ós efectos do cobro de primas ou pluses cuxa
4
finalidade sexa a de incentivar a presenza no traballo.
Sétimo: Prazos:
En defecto de pacto entre as partes en cada suposto concreto, os dereitos definidos neste capítulo terán unha
duración máxima dun ano e, en todo caso en función da orde de protección.
Transcorrido dito prazo revisaranse as condicións que deron lugar á concesión de que se trate, prolongándose
en función da evolución das circunstancias da interesada.
Capítulo III- Mobilidade
Noveno: Posibilidade de recolocación noutra Empresa do Grupo:
Ante a existencia dunha situación que obrigue á traballadora a pensarse a necesidade de cambiar o seu ende-
rezo a outra localidade, a Entidade correspondente, con independencia do cumprimento do disposto no art. 40
3 bis) da L.E.T., porao en coñecemento do coordinador central de mobilidade da Dirección de Recursos Hu-
manos España.
Este ampliará o perímetro de búsqueda dun posible posto de traballo correspondente ó grupo profesional da
traballadora ós centros de traballo das Empresas do Grupo en España incluídas no ámbito de aplicación deste
acordo, co fin de aumentar as oportunidades de poderlle ofrecer unha recolocación no prazo máis breve posi-
ble. A condicións e prazos do posible cambio a outra Entidade definiranse en función das vacantes que poidan
ser presentadas á traballadora.
Décimo: Gastos de desprazamento e traslado:
Naqueles casos en que a traballadora, como consecuencia de ser vítima de violencia de xénero, véxase obri-
gada a desprazarse temporalmente ou a trasladarse definitivamente a outro centro de traballo que implique un
cambio de enderezo, poderanse acordar medidas económicas de acompañamento, en función das circunstan-
cias de cada caso.
Capítulo IV- Asistencia e beneficios sociais
Undécimo: Xestión integral da situación laboral da traballadora vítima de violencia de xénero:
Tan pronto se teña coñecemento nunha Entidade do Grupo de que unha traballadora pertencente ó seu cadro
de persoal é vítima de violencia de xénero, dirixirase a dita traballadora a unha persoa dentro da Organización
que se ocupará, coa maior discreción e confidencialidade posible, de prestarlle apoio e colaboración e de xes-
tionar as medidas laborais contidas na L.O. e no presente acordo que se adapten a súa situación e que facili-
ten tanto a súa protección como o seu dereito á asistencia social integral.
Naquelas Entidades nas que exista un departamento de asistencia social será o seu responsable encargado
de prestar esta orientación á traballadora. En onde non exista, designarase a persoa ou departamento que
debe asumir esta función. Estes departamentos serán, así mesmo, os encargados de propor aquelas medidas
que, estando relacionadas co entorno laboral e non sendo contempladas expresamente no presente docu-
mento, consideren necesario poñer en práctica en cada caso concreto.
As persoas designadas para cumprir estas contarán coa información e formación necesarias para o eficaz de-
senvolvemento das mesmas.
Duodécimo: Complementos por I.T.
No suposto de Incapacidade Temporal derivada de violencia de xénero exercida contra unha traballadora,
aboaranse os complementos necesarios para que, xunto coa prestación legal que lle corresponda, acade o
mesmo nivel de retribución ordinaria que viñera cobrando nos meses anteriores, con exclusión dos devengos
excepcionais (prima de participación, noras extraordinarias...). Tel relación causa-efecto será declarada polos
facultativos sanitarios.
5
Tales complementos serán pagados polo sistema habitualmente empregado en cada Entidade.
Decimoterceiro: Préstamos e axudas sociais:
As solicitudes de préstamos ou axudas sociais presentadas por mulleres vítimas de violencia de xénero
cuxo obxectivo sexa obter fondos económicos que permitan coadxuvar a á mellora da súa seguridade
ou da súa situación social e a do seu entorno, serán obxecto dun tratamento específico, tendo en conta
especialmente as cargas familiares ou menores ó seu cargo.
Decimocuarto: Plano de Aforro Empresa:
Con idéntico fin que o descrito no apartado anterior, dentro do regramento que regula o Plano de Aforro
Empresa incluirase unha posibilidade adicional de rescate das cantidades aportadas ó mesmo no supos-
to de que a traballadora sexa vítima de violencia de xénero.
Capítulo V –Colaboración coas Administracións, Organismos Públicos e Asociacións
As Empresas do Grupo PSA en España e as Organizacións Sindicais presentes nelas están abertas a
apoiar e participar nos planos e campañas lanzados desde as Administracións Públicas co fin de fomen-
tar, na sociedade en xeral e nas persoas que traballan nas súas empresas en particular, os valores de
tolerancia, respecto á persoa, e igualdade entre mulleres e homes.
Tal vontade de colaboracións concrétase así mesmo na posibilidade de participar no desenvolvemento
de programas orientados á mellora da empleabilidade e das posibilidades de incorporación ó mundo la-
boral de mulleres vítimas de violencia de xénero.
Capítulo VI –Seguimento e vixencia do acordo.
Este acordo está, en principio, vinculado á vixencia da L.O. 1/2005 de medidas de protección integral
contra a violencia de xénero. En consecuencia, en tanto as situacións de violencia de xénero sigan exis-
tindo na sociedade española facendo necesaria a continuidade de dita normativa legal, este acordo ten
unha vocación de estabilidade.
Sen embargo, realizarase unha reflexión sobre a conveniencia do seu mantemento ou modificación no
transcurso da sesión na que, anualmente, se leve a cabo o seguimento do Acordo de Igualdade Home-
Muller.
6
A VIOLENCIA DE XÉNERO
É UN PROBLEMA DA
SOCIEDADE,
POLO TANTO
UN
PROBLEMA
SOCIAL

More Related Content

Viewers also liked (20)

Impulso 43
Impulso 43Impulso 43
Impulso 43
 
Impulso 77
Impulso 77Impulso 77
Impulso 77
 
Impulso 88
Impulso 88Impulso 88
Impulso 88
 
Impulso 56
Impulso 56Impulso 56
Impulso 56
 
Impulso 67
Impulso 67Impulso 67
Impulso 67
 
Impulso 55
Impulso 55Impulso 55
Impulso 55
 
Impulso 54
Impulso 54Impulso 54
Impulso 54
 
Impulso 69
Impulso 69Impulso 69
Impulso 69
 
Impulso 86
Impulso 86Impulso 86
Impulso 86
 
Impulso 72
Impulso 72Impulso 72
Impulso 72
 
Impulso 60
Impulso 60Impulso 60
Impulso 60
 
Impulso 68
Impulso 68Impulso 68
Impulso 68
 
Impulso 64 b
Impulso 64 bImpulso 64 b
Impulso 64 b
 
Impulso 90
Impulso 90Impulso 90
Impulso 90
 
Impulso 48
Impulso 48Impulso 48
Impulso 48
 
Impulso 75
Impulso 75Impulso 75
Impulso 75
 
Impulso 70
Impulso 70Impulso 70
Impulso 70
 
Impulso 49
Impulso 49Impulso 49
Impulso 49
 
Impulso 83
Impulso 83Impulso 83
Impulso 83
 
Impulso 76b
Impulso 76bImpulso 76b
Impulso 76b
 

More from Impulso CIG Citroën (14)

Impulso 97
Impulso 97Impulso 97
Impulso 97
 
Impulso 96
Impulso 96Impulso 96
Impulso 96
 
Impulso 95
Impulso 95Impulso 95
Impulso 95
 
Impulso 93
Impulso 93Impulso 93
Impulso 93
 
Impulso 94
Impulso 94Impulso 94
Impulso 94
 
Impulso 92
Impulso 92Impulso 92
Impulso 92
 
Impulso 91
Impulso 91Impulso 91
Impulso 91
 
Impulso 2
Impulso 2Impulso 2
Impulso 2
 
Impulso 5
Impulso 5Impulso 5
Impulso 5
 
Impulso 89
Impulso 89Impulso 89
Impulso 89
 
Impulso 87
Impulso 87Impulso 87
Impulso 87
 
Impulso 82
Impulso 82Impulso 82
Impulso 82
 
Impulso 76
Impulso 76Impulso 76
Impulso 76
 
Impulso 73
Impulso 73Impulso 73
Impulso 73
 

Impulso 65

  • 1. 1 A defensa dos derei- tos da clase traballado- ra pasa por non permi- tir ningún tipo de dis- criminacións. A violen- cia de xénero, que tan- tas vítimas ten causado, e segue a causar, é un dos males desta sociedade, polo que a C.I.G. está, e se- guirá estando, alí onde se poidan aportar vías de solu- ción para un problema tan grave Esta é unha loita que debe estar presente en tó- dolos eidos, e no mundo do traballo tamén. En datas pasadas a C.I.G., xunto a outros sindicatos, asina- mos un acordo coa Direc- ción do Grupo PSA, no que recollen as me- didas que se adoptan para axudar ás mulleres que son vítimas da violencia de xénero O desexable sería que non se tivera que facer uso destas medi- das, mais a realidade é outra. Por iso entendemos dende a Sección Sindical da C.I.G., que os contidos do acordo deben ser coñecidos. VIOLENCIA DE XÉNERO ACORDO DE DESENVOLVEMENTO DA L.O. DE MEDIDAS DE PROTECCIÓN INTEGRAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO IMPULSOEdita: Secc. Sindical C.I.G. - PSA Peugeot-Citroën Nº65 ABRIL 2005
  • 2. 2 ACORDO DE DESENVOLVEMENTO DA L.O. DE MEDIDAS DE PROTECCIÓN INTEGAL CONTRA A VIOLECIA DE XÉNERO PREÁMBULO A sociedade española, a través do poder lexislativo, tomou conciencia e deu un paso significativo no ca- miño da erradicación dun problema social de actualidade como é a discriminación da muller, como obxecto de violencia, polo mero feito de ser muller e proveniente de aqueles homes no seu momento vinculados por lazos de afectividade. A L.O. 1/2004 contempla unha variada gama de aspectos que intenta abarcar aquelas relacións onde a violencia exercida sobre a muller pode ser susceptible de ser detectada ou ben ser corrixida ou atemperada. Son os poderes públicos, como en outro tipo de disfuncións, os depositarios da capacidade suficiente para adoptar aquelas medidas en todas as ordes para facer efectivos os dereitos dos que son titulares as mulle- res sometidas a situacións de violencia e, xa que logo, de discriminación, en especial cando en moitas ocasións, directa ou indirectamente, tamén son vítimas os menores. En consecuencia a mencionada Lei Orgánica especifi- ca as actuacións e as modificacións normativas tendentes a facer real e efectiva a protección á muller obxecto de violencia. Estas modificacións legais tamén teñen o seu espello no ámbito do Dereito social, como non podía ser doutro xeito, previndo a circunstancia da muller no medio laboral. Se ben o mero cumprimento da lei xa supón a satisfacción dunha situación de mínimos, no Grupo PSA en España, en aplicación da súa política de acadar un desenvolvemento sostible e en cumprimento de Acordos xa subscritos coas organizacións sindicais presentes no mesmo –Acordo de Igualdade Home Muller de dada 15/09/2004-, desexa que a norma que nos ocupa, máis alá do seu cumprimento textual, poida ser obxecto dun desenvolvemento, e no seu caso mellora, no que atinxe ás relacións laborais da muller traballadora. O presente acordo pretende unha adecuación da L.O. 1/2004, nos seus contidos laborais, á realidade da organización do Grupo PSA en España, intentando unha execución dos dereitos regulados naquela. Así, con- témplanse as circunstancias de prestación da actividade laboral, vacacións e permisos etc. O acoso no medio laboral é tamén unha manifestación dun certo tipo de violencia cara a muller pola me- ra razón de selo e que o Grupo PSA rexeita a condena. Aquelas prácticas neste sentido, sexa cal fora o nivel do que procedan, serán corrixidas coas medidas legais en vigor e a muller recibirá a asistencia e apio precisos. Tamén se reitera a vontade da Dirección do Grupo PSA na colaboración cos poderes públicos na conso- lidación nos seus Centros e Entidades dunha cultura de igualdade a todos os niveis. O Grupo PSA insta a colaboración de todos os niveis xerárquicos e de todos os traballadores ó obxecto de facer efectivos os dereitos aquí desenvolvidos, así como na consecución dunha sociedade sen discrimina- cións por razón de xénero ACORDO Primeiro: Ámbito Persoal O acordo está dirixido a proporcionar un apoio global e coordinado, no seno das Empresas do Grupo PSA en España, e aquelas traballadoras vítimas de violencia de xénero na concreción definida na L.O. 1/2004 desde o preciso momento da existencia de orde xudicial de protección a favor da muller ou ben informe do Ministerio Fis- cal que indique a existencia de indicios de violencia de xénero sobre aquela Segundo: Ámbito funcional As entidades afectadas son as pertencentes ó Grupo PSA Peugeot Citroën en España, concretamente: PCAE, S.A. ACE, S.A.. e filiais (CONCISA, ATESA)
  • 3. 3 PAE, S.A. e filiais (HISPANOMOCIÓN) Banque PSA Finace, Sucursal e España A este perímetro poderanse adherir outras entidades en funcións da política de integración do Grupo PSA. Terceiro: Reordenación do tempo de traballo: En relación ás posibilidades que incorpora o novo apartado 7, do artigo 37 da L.E.T., e en coherencia cos diferentes sistemas de organización do traballo existentes nas Entidades do Grupo, establécese que: Se a traballadora realiza o seu traballo nunha área organizada en quendas de mañá/tarde e noite, terá dereito a elixir aquela quenda que lle permita unha maior protección persoal ou unha mellor reorganización da súa vida persoal familiar, respectando ou adaptando as súas condicións contractuais. Se a traballadora está adscrita a unha área na que existen diferentes horarios de traballo, poderá optar por acollerse a aquel horario que lle posibilite dar unha resposta máis satisfactoria ás dificultades citadas no parágrafo anterior, compatibilizándoas coas necesidades do servizo. Se no departamento ó que estivera adscrita a traballadora se practicase o horario flexible, e este lle per- mitira unha maior protección dos dereitos recollidos na L.O., tratarase de facilitar o seu acceso ó mesmo, nos termos en que este estea definido. Así mesmo, a traballadora poderá solicitar a redución da súa xornada ordinaria con redución de salario até un máximo da metade de aquela. Tal solicitude deberá ser atendida, preferentemente, mantendo á traballa- dora no posto que viñera desenvolvendo. Se isto fora organizativamente inviable, facilitarase un posto do mesmo grupo profesional ou categoría equivalente no que sexa factible a realización da xornada reducida solicitada. O área na que preste servizos a traballadora poderá efectuar as modificacións necesarias na organización do departamento ó que estea adscrita para que o exercicio dos dereitos descritos nos puntos anteriores non se vexa limitado pola imposibilidade de manter correctamente a actividade. Cuarto: Teletraballo: No caso de que a traballadora, con finalidade de facer efectiva a súa protección ou o seu dereito á asistencia social integral, solicitará a posibilidade de realizar o seu traballo fóra das instalacións da Empresa solicitarase se o tipo de traballo realizado habitualmente pola traballadora e a estrutura, organización e modos de funcio- namento do seu departamento ou área de traballo o permiten. Se o anterior fora viable, definiranse as normas e condicións de esta nova situación. En todo caso, a Entidade ou Centro correspondente ocuparase de por a disposición da traballadora medios técnicos necesarios para facilitar o mellor cumprimento das súas funcións. Quinto: Vacacións: Se o dereito de protección ou o de asistencia social integral da traballadora fan necesaria a fixación do perío- do vacacional nunhas datas determinadas buscaranse fórmulas de adaptación , dos procesos habituais e convencionais establecidos para a asignación de vacacións, ó caso concreto. Sexto: Permisos: Á muller vítima de violencia de xénero facilitaránselle os permisos necesarios para a realización das xestións administrativas, xudiciais ou médicas que lle permitan facer efectivo o seu dereito á protección ou á asisten- cia social integral. Ditos permisos, con independencia dos legal ou convencionalmente acordados, serán retribuídos até 16 ho- ras/ano. Na súa tramitación e xustificación seguiranse os procedementos habituais de cada Entidade. A utilización destes permisos non será considerada ausencia ós efectos do cobro de primas ou pluses cuxa
  • 4. 4 finalidade sexa a de incentivar a presenza no traballo. Sétimo: Prazos: En defecto de pacto entre as partes en cada suposto concreto, os dereitos definidos neste capítulo terán unha duración máxima dun ano e, en todo caso en función da orde de protección. Transcorrido dito prazo revisaranse as condicións que deron lugar á concesión de que se trate, prolongándose en función da evolución das circunstancias da interesada. Capítulo III- Mobilidade Noveno: Posibilidade de recolocación noutra Empresa do Grupo: Ante a existencia dunha situación que obrigue á traballadora a pensarse a necesidade de cambiar o seu ende- rezo a outra localidade, a Entidade correspondente, con independencia do cumprimento do disposto no art. 40 3 bis) da L.E.T., porao en coñecemento do coordinador central de mobilidade da Dirección de Recursos Hu- manos España. Este ampliará o perímetro de búsqueda dun posible posto de traballo correspondente ó grupo profesional da traballadora ós centros de traballo das Empresas do Grupo en España incluídas no ámbito de aplicación deste acordo, co fin de aumentar as oportunidades de poderlle ofrecer unha recolocación no prazo máis breve posi- ble. A condicións e prazos do posible cambio a outra Entidade definiranse en función das vacantes que poidan ser presentadas á traballadora. Décimo: Gastos de desprazamento e traslado: Naqueles casos en que a traballadora, como consecuencia de ser vítima de violencia de xénero, véxase obri- gada a desprazarse temporalmente ou a trasladarse definitivamente a outro centro de traballo que implique un cambio de enderezo, poderanse acordar medidas económicas de acompañamento, en función das circunstan- cias de cada caso. Capítulo IV- Asistencia e beneficios sociais Undécimo: Xestión integral da situación laboral da traballadora vítima de violencia de xénero: Tan pronto se teña coñecemento nunha Entidade do Grupo de que unha traballadora pertencente ó seu cadro de persoal é vítima de violencia de xénero, dirixirase a dita traballadora a unha persoa dentro da Organización que se ocupará, coa maior discreción e confidencialidade posible, de prestarlle apoio e colaboración e de xes- tionar as medidas laborais contidas na L.O. e no presente acordo que se adapten a súa situación e que facili- ten tanto a súa protección como o seu dereito á asistencia social integral. Naquelas Entidades nas que exista un departamento de asistencia social será o seu responsable encargado de prestar esta orientación á traballadora. En onde non exista, designarase a persoa ou departamento que debe asumir esta función. Estes departamentos serán, así mesmo, os encargados de propor aquelas medidas que, estando relacionadas co entorno laboral e non sendo contempladas expresamente no presente docu- mento, consideren necesario poñer en práctica en cada caso concreto. As persoas designadas para cumprir estas contarán coa información e formación necesarias para o eficaz de- senvolvemento das mesmas. Duodécimo: Complementos por I.T. No suposto de Incapacidade Temporal derivada de violencia de xénero exercida contra unha traballadora, aboaranse os complementos necesarios para que, xunto coa prestación legal que lle corresponda, acade o mesmo nivel de retribución ordinaria que viñera cobrando nos meses anteriores, con exclusión dos devengos excepcionais (prima de participación, noras extraordinarias...). Tel relación causa-efecto será declarada polos facultativos sanitarios.
  • 5. 5 Tales complementos serán pagados polo sistema habitualmente empregado en cada Entidade. Decimoterceiro: Préstamos e axudas sociais: As solicitudes de préstamos ou axudas sociais presentadas por mulleres vítimas de violencia de xénero cuxo obxectivo sexa obter fondos económicos que permitan coadxuvar a á mellora da súa seguridade ou da súa situación social e a do seu entorno, serán obxecto dun tratamento específico, tendo en conta especialmente as cargas familiares ou menores ó seu cargo. Decimocuarto: Plano de Aforro Empresa: Con idéntico fin que o descrito no apartado anterior, dentro do regramento que regula o Plano de Aforro Empresa incluirase unha posibilidade adicional de rescate das cantidades aportadas ó mesmo no supos- to de que a traballadora sexa vítima de violencia de xénero. Capítulo V –Colaboración coas Administracións, Organismos Públicos e Asociacións As Empresas do Grupo PSA en España e as Organizacións Sindicais presentes nelas están abertas a apoiar e participar nos planos e campañas lanzados desde as Administracións Públicas co fin de fomen- tar, na sociedade en xeral e nas persoas que traballan nas súas empresas en particular, os valores de tolerancia, respecto á persoa, e igualdade entre mulleres e homes. Tal vontade de colaboracións concrétase así mesmo na posibilidade de participar no desenvolvemento de programas orientados á mellora da empleabilidade e das posibilidades de incorporación ó mundo la- boral de mulleres vítimas de violencia de xénero. Capítulo VI –Seguimento e vixencia do acordo. Este acordo está, en principio, vinculado á vixencia da L.O. 1/2005 de medidas de protección integral contra a violencia de xénero. En consecuencia, en tanto as situacións de violencia de xénero sigan exis- tindo na sociedade española facendo necesaria a continuidade de dita normativa legal, este acordo ten unha vocación de estabilidade. Sen embargo, realizarase unha reflexión sobre a conveniencia do seu mantemento ou modificación no transcurso da sesión na que, anualmente, se leve a cabo o seguimento do Acordo de Igualdade Home- Muller.
  • 6. 6 A VIOLENCIA DE XÉNERO É UN PROBLEMA DA SOCIEDADE, POLO TANTO UN PROBLEMA SOCIAL