SlideShare a Scribd company logo
1 of 8
Download to read offline
Ninguén conserva os seus dereitos se é incapazaz de
exercelos como é debido (Simone Weio)
As persoas que nos incorporamos
a un posto de traballo, debemos saber
que a nosa actividade está regrada
entre DEBERES e DEREITOS.
Se somos de recente incorporación
ó mundo laboral, a confusión adoita ser
aínda maior, xa que incluso os que xa
levan toda unha vida traballando tamén
teñen dúbidas, con frecuencia, nestas
cuestións. Son regras que tamén van
mudando co tempo, para prexuízo dos
asalariados, particularmente polas con-
tinuas Reformas Laborais.
En todo caso dende a Sección
Sindical da C.I.G., o que pretendemos
con este modesto boletín é facilitar ós
de novo ingreso a información dos De-
reitos, ou recordárllelos a aqueles que
xa levan algúns anos nesta fábrica. Os
Deberes, como xa ai quen nolos recor-
dan a diario, poremos os básicos.
DEBERES, aínda que os demos
por coñecidos, non queremos cometer
o erro de non sinalar aquí algúns, xa
que máis alá da valoración que poida-
mos ter sobre os mesmos, tamén é
importante telos presentes, sobre todo,
polos argumentos que lles valen á Di-
rección para pornos en fóra de xogo,
dando lugar a máis dun desgusto. Non
debemos esquecer que a lei di que o
descoñecemento da mesma non nos
exime da responsabilidade.
DEREITOS. No que a estes res-
pecta, están recollidos aqueles que
foron gañados polo usos e costumes,
así como todos aqueles que se recollen
na lexislación, sexa a Constitución, Lei
de Liberdade Sindical, Estatuto dos
Traballadores, Lei de Prevención de
Riscos Laborais, Convenio Colectivo
etc. Foron gañados coa loita sindical,l
incluso cando esta estaba prohibida,,
custando grandes sacrificios ó move-
mento obreiro.
IMPULSOEdita: Sección Sindical C.I.G.- Psa-Peugeot-Citroen U.P. VIGO
Nº 75, Xullo 2006
OS DEREITOS DAS PERSOAS NO CENTRO
DE TRABALLO
2
Impulso Sección Sindical C.I.G. PSA-Peugeo-Citroen
Estes, ó igual que os Dereitos, veñen dados por diferentes condutos,
a propia lexislación ou os acordos establecidos en Convenios coa Represen-
tación dos Traballadores/as
As persoas que traballamos nesta fábrica, temos o Deber de:
• A asistencia ó traballo
• Cumprir coas obrigas concretas do seu posto de traballo, consonte
coas regras da boa fe e dilixencia.
• A realización do traballo con calidade
• A respectar ós demais
• A manter as instalacións en condicións.
• A respectar as medidas de Seguridade
• A entregar os partes de confirmación así como os de baixa, dentro dos
tres días seguintes ó da súa expedición polo médico.
DEBERES
3
Impulso Sección Sindical C.I.G. PSA-Peugeo-Citroen
DEREITOS
Como xa dixemos, estes tamén teñen as mesmas fontes, ou sexa,
que ademais dos que por mutuo acordo se veñan practicando, o que se
chama usos e costumes, están os que se regulan por normativa legal, ou
acordos entre as partes.
Imos seguir unha orde cronolóxica aproximada sobre a incorpora-
ción das persoas ó traballo.
DOCUMENTACIÓN
• Entrega dunha copia do contrato de traballo
• Entrega do texto do Convenio Colectivo en
vigor, no que se regulan as relacións labo-
rais
• Entrega do texto que regula a Mutualidade,
se decide asociarse voluntariamente. Esta
Fundación está participada por unha cota que pagamos os traballado-
res/as e que representamos o 51 % do capital sendo o 49 %, a apor-
tación da Empresa. A súa finalidade é aportar axudas económicas no
caso de I.T., ou outras axudas como en gafas, dentes, ortodoncias,
psicoterapia, medicamentos etc...
LUGAR DE TRABALLO
• Recibir a roupa e calzado de traballo axeitados, (a súa renovación
está en función do uso)
• Ter unha taquilla e candado ,( recoñecido polo Ser-
vizo de Prevención debido a nosa reclamación xa
que non se estaba cumprindo coa Lei) que estará
ubicada nun vestiario dotado de todo o mobiliario
necesario (duchas, bancos, espellos, sistema de
aireación) con espazo suficiente para as persoas
que o ocupen.
• Percibir mensualmente unha peza de xabón
4
Impulso Sección Sindical C.I.G. PSA-Peugeo-Citroen
SAÚDE LABORAL
• Recibir un curso de Seguridade, relacionado co posto de traballo que
vaia a ocupar
• A recibir información específica dos riscos labo-
rais relacionados co posto de traballo a realizar
• Usar Equipos de Protección Individual (gafas
de seguridade (graduadas se é o caso), man-
guitos, guantes, calzado de seguridade, etc.)
específicos do posto e taller. Sendo remplaza-
dos cando estes non reúnan as condicións de
seguridade para o que foron creados
• A ser atendido no Servizo Médico, no suposto de accidente, ou enfermi-
dade, común ou profesional, previa autoriza-
ción do taller
• A que se lle realicen recoñecementos médicos
periódicos
• A recibir sesións de rehabilitación. Estas serán
en horas de traballo se a causa da lesión é
motivada por unha enfermidade profesional ou
accidente de traballo
TEMPOS E RENDEMENTOS
• Ter información do tempo atribuído a realiza-
ción de cada unha das operacións que se
fan no posto de traballo
• A que a velocidade das cadeas non varíen
dentro dun mesmo reparto
• A tres xornadas para a aprendizaxe do posto
• Un descanso de 15 minutos para o bocadillo
5
Impulso Sección Sindical C.I.G. PSA-Peugeo-Citroen
PERMISOS
• Permisos retribuídos por causa de: ernfermidade grave, hospitalización,
casamento, mortandaz, cambio de enderezo, nacemento de fillo/a, asis-
tencia inexcusable a un deber público, ou por asistencia a exames en
organizacións oficiais
DEREITOS SINDICAIS
• Elixir libremente a afiliación, ou non, a calque-
ra organización sindical
• A estar asistido por un representante sindical
INVIOLABILIDADE DA PERSOA
• Non ser discriminado por razón de contrato ou
quenda.
• Ó respecto da súa intimidade e á consideración
debida á súa dignidade, comprendida a protección
fronte a ofensas verbais ou físicas de natureza se-
xual.
• A non seren discriminados para o emprego ou unha
vez empregados, por razóns de sexo, estado civil,
pola idade dentro dos límites enmarcados pola Lei,
raza, condición social, ideas relixiosas ou políticas,
afiliación ou non a un sindicato, así como por razón
de lingua, dentro do Estado Español.
• A ser acompañado por un representante, ou cal-
quera outra persoa, no caso de ser requirido para
un cacheo
6
Impulso Sección Sindical C.I.G. PSA-Peugeo-Citroen
LIMITADOS
• Tampouco poderán ser discriminados por ra-
zóns de diminucións físicas, psíquicas e sen-
soriais, sempre que se atopasen en condi-
cións de aptitude para desempeñar o traballo
ou emprego de que se trate
• A traballar nun posto adaptado ás limitacións,
sempre que estas estean debidamente recoñecidas no Servizo Médi-
co.
CONCILIACIÓN FAMILIAR
• Dereito a conciliación da vida familiar. Protec-
ción da maternidade, cun posto de traballo
adaptado, control e coidado médico laboral,
permiso por maternidade, permiso por lacta-
ción. Cobertura igual que no caso de IT por
continxencias profesionais, no suposto de non
existir un posto adaptado á súa situación. De-
reito a Excedencia laboral de até tres anos por
maternidade, ou por coidado dun familiar.
Estas son algunhas das cuestións que se poden dar na vida diaria
no centro de traballo, e que dende a Sección sindical da C.I.G., entendemos
que deberías coñecer.
Para a defensa dos dereitos dos traballadores e traballadoras, a lei
contempla a posibilidade da constitución de Centrais Sindicais. A represen-
tación destas centrais sindicais, conforman un Órgano Colexiado que se
denomina Comité de Empresa que, no noso caso, está integrado por 35
membros. A elección dos representantes sindicais realízase cada catro
anos, en votación democrática. Proporcionalmente os integrantes do Comi-
té de Empresa, son acompañados na súa labor por outros compañeiros/as
denominados Delegados/as sindicais nun número proporcional segundo a
representación acadada na votación, até un máximo de catro por central
sindical
O conxunto desta representación sindical son os encargados da nego-
ciación colectiva en representación dos intereses dos traballadores. Os acor-
7
Impulso Sección Sindical C.I.G. PSA-Peugeo-Citroen
Nome Zona Teléfono
Bermúdez ......................... “ M-1 ”- Quenda - A ......................... 4943
Chapela ........................... “ A ” - Quenda - Cent . ...................... 4896
Dapía ................................ “ M-2 “ - Quenda - A ......................... 4411
Manuel ............................. “ M-1 “ - Quenda - A ......................... 4910
Marco ............................... “ E “ - Quenda - Noite ...................... 4414
Portabales ........................ “ M-1 “ - Quenda - B ......................... 4911
Labrador ........................... “ M-2 “ - Quenda - B ......................... 4984
Maqui ............................... “ M-1 “ - Quenda - Noite .................. 4760
Miguel ............................... “ D “ - Quenda - A ............................ 4890
Pérez ................................ “ E “ - Quenda - Cent. ...................... 4890
Víctor ................................ “ M-1 “ - Quenda - B ......................... 4767
SECCIÓN SINDICAL
C.I.G.
ASEMBLEA DE
AFILIADOS/AS
CONSELLO
SINDICAL
EXECUTIVA
dos ós que se poidan chegar quedan plasmados nun texto que se denomina
Convenio Colectivo, sendo este o documento base polo que se rexen as
relacións laborais no noso centro de traballo.
A C.I.G. Está representada no centro de traballo pola Sección Sindi-
cal. Está composta polo conxunto da afiliación á C.I.G., en PSA-Peugeot-
Citroën. estrutura orgánica é:
Os representantes sindicais cos que conta a Sección Sindical da
C.I.G., en Citroën son os seguintes:
8
Impulso Sección Sindical C.I.G. PSA-Peugeo-Citroen
DEFENSA DOS DEREITOS
Os compañeiros e compañeiras representantes no Comité de Em-
presa e Delegados/as Sindicais da C.I.G., foron elixidos tendo en conta
sempre a súa quenda, a súa nave ou taller, así como o volume de poboa-
ción traballadora.
A Sección Sindical conta con compañeiros e compañeiras coa dedi-
cación e cos coñecementos necesarios para defender os dereitos dos tra-
balladores e traballadoras e para dar resposta ós problemas laborais da
vida diaria . Ó ser parte da C.I.G., os afiliados e afiliadas dispomos dunha
estrutura sindical, con gran capacidade de resposta diante dos problemas
laborais, así como co apoio dun servizo xurídico para a defensa dos intere-
ses dos traballadores e traballadoras.
⇒ O teu dereito: Organizarte
⇒ A nosa obriga: Informarte

More Related Content

Viewers also liked (20)

Impulso 64 b
Impulso 64 bImpulso 64 b
Impulso 64 b
 
Impulso 85
Impulso 85Impulso 85
Impulso 85
 
Impulso 51
Impulso 51Impulso 51
Impulso 51
 
Impulso 54
Impulso 54Impulso 54
Impulso 54
 
Impulso 58
Impulso 58Impulso 58
Impulso 58
 
Impulso 60
Impulso 60Impulso 60
Impulso 60
 
Impulso 48
Impulso 48Impulso 48
Impulso 48
 
Impulso 89
Impulso 89Impulso 89
Impulso 89
 
Impulso 72
Impulso 72Impulso 72
Impulso 72
 
Impulso 79
Impulso 79Impulso 79
Impulso 79
 
Impulso 86
Impulso 86Impulso 86
Impulso 86
 
Impulso 68
Impulso 68Impulso 68
Impulso 68
 
Impulso 74
Impulso 74Impulso 74
Impulso 74
 
Impulso 64
Impulso 64Impulso 64
Impulso 64
 
Impulso 84
Impulso 84Impulso 84
Impulso 84
 
Impulso 77
Impulso 77Impulso 77
Impulso 77
 
Impulso 76b
Impulso 76bImpulso 76b
Impulso 76b
 
Impulso 65
Impulso 65Impulso 65
Impulso 65
 
Impulso 63
Impulso 63Impulso 63
Impulso 63
 
Impulso 70
Impulso 70Impulso 70
Impulso 70
 

Similar to Impulso 75 (12)

Presentación lexislación laboral
Presentación lexislación laboralPresentación lexislación laboral
Presentación lexislación laboral
 
Impulso 92
Impulso 92Impulso 92
Impulso 92
 
Impulso 55
Impulso 55Impulso 55
Impulso 55
 
Impulso 93
Impulso 93Impulso 93
Impulso 93
 
Impulso 88
Impulso 88Impulso 88
Impulso 88
 
Díptico muller fina lx
Díptico muller fina lxDíptico muller fina lx
Díptico muller fina lx
 
1. Guía básica del autónomo
1. Guía básica del autónomo1. Guía básica del autónomo
1. Guía básica del autónomo
 
Impulso 40
Impulso 40Impulso 40
Impulso 40
 
Impulso 95
Impulso 95Impulso 95
Impulso 95
 
Impulso 82
Impulso 82Impulso 82
Impulso 82
 
Plataforma comercio alimentación 2012 (pontevedra)
Plataforma comercio alimentación 2012 (pontevedra)Plataforma comercio alimentación 2012 (pontevedra)
Plataforma comercio alimentación 2012 (pontevedra)
 
Impulso 76
Impulso 76Impulso 76
Impulso 76
 

More from Impulso CIG Citroën (8)

Impulso 96
Impulso 96Impulso 96
Impulso 96
 
Impulso 94
Impulso 94Impulso 94
Impulso 94
 
Impulso 91
Impulso 91Impulso 91
Impulso 91
 
Impulso 2
Impulso 2Impulso 2
Impulso 2
 
Impulso 5
Impulso 5Impulso 5
Impulso 5
 
Impulso 87
Impulso 87Impulso 87
Impulso 87
 
Impulso 67
Impulso 67Impulso 67
Impulso 67
 
Impulso 66
Impulso 66Impulso 66
Impulso 66
 

Impulso 75

  • 1. Ninguén conserva os seus dereitos se é incapazaz de exercelos como é debido (Simone Weio) As persoas que nos incorporamos a un posto de traballo, debemos saber que a nosa actividade está regrada entre DEBERES e DEREITOS. Se somos de recente incorporación ó mundo laboral, a confusión adoita ser aínda maior, xa que incluso os que xa levan toda unha vida traballando tamén teñen dúbidas, con frecuencia, nestas cuestións. Son regras que tamén van mudando co tempo, para prexuízo dos asalariados, particularmente polas con- tinuas Reformas Laborais. En todo caso dende a Sección Sindical da C.I.G., o que pretendemos con este modesto boletín é facilitar ós de novo ingreso a información dos De- reitos, ou recordárllelos a aqueles que xa levan algúns anos nesta fábrica. Os Deberes, como xa ai quen nolos recor- dan a diario, poremos os básicos. DEBERES, aínda que os demos por coñecidos, non queremos cometer o erro de non sinalar aquí algúns, xa que máis alá da valoración que poida- mos ter sobre os mesmos, tamén é importante telos presentes, sobre todo, polos argumentos que lles valen á Di- rección para pornos en fóra de xogo, dando lugar a máis dun desgusto. Non debemos esquecer que a lei di que o descoñecemento da mesma non nos exime da responsabilidade. DEREITOS. No que a estes res- pecta, están recollidos aqueles que foron gañados polo usos e costumes, así como todos aqueles que se recollen na lexislación, sexa a Constitución, Lei de Liberdade Sindical, Estatuto dos Traballadores, Lei de Prevención de Riscos Laborais, Convenio Colectivo etc. Foron gañados coa loita sindical,l incluso cando esta estaba prohibida,, custando grandes sacrificios ó move- mento obreiro. IMPULSOEdita: Sección Sindical C.I.G.- Psa-Peugeot-Citroen U.P. VIGO Nº 75, Xullo 2006 OS DEREITOS DAS PERSOAS NO CENTRO DE TRABALLO
  • 2. 2 Impulso Sección Sindical C.I.G. PSA-Peugeo-Citroen Estes, ó igual que os Dereitos, veñen dados por diferentes condutos, a propia lexislación ou os acordos establecidos en Convenios coa Represen- tación dos Traballadores/as As persoas que traballamos nesta fábrica, temos o Deber de: • A asistencia ó traballo • Cumprir coas obrigas concretas do seu posto de traballo, consonte coas regras da boa fe e dilixencia. • A realización do traballo con calidade • A respectar ós demais • A manter as instalacións en condicións. • A respectar as medidas de Seguridade • A entregar os partes de confirmación así como os de baixa, dentro dos tres días seguintes ó da súa expedición polo médico. DEBERES
  • 3. 3 Impulso Sección Sindical C.I.G. PSA-Peugeo-Citroen DEREITOS Como xa dixemos, estes tamén teñen as mesmas fontes, ou sexa, que ademais dos que por mutuo acordo se veñan practicando, o que se chama usos e costumes, están os que se regulan por normativa legal, ou acordos entre as partes. Imos seguir unha orde cronolóxica aproximada sobre a incorpora- ción das persoas ó traballo. DOCUMENTACIÓN • Entrega dunha copia do contrato de traballo • Entrega do texto do Convenio Colectivo en vigor, no que se regulan as relacións labo- rais • Entrega do texto que regula a Mutualidade, se decide asociarse voluntariamente. Esta Fundación está participada por unha cota que pagamos os traballado- res/as e que representamos o 51 % do capital sendo o 49 %, a apor- tación da Empresa. A súa finalidade é aportar axudas económicas no caso de I.T., ou outras axudas como en gafas, dentes, ortodoncias, psicoterapia, medicamentos etc... LUGAR DE TRABALLO • Recibir a roupa e calzado de traballo axeitados, (a súa renovación está en función do uso) • Ter unha taquilla e candado ,( recoñecido polo Ser- vizo de Prevención debido a nosa reclamación xa que non se estaba cumprindo coa Lei) que estará ubicada nun vestiario dotado de todo o mobiliario necesario (duchas, bancos, espellos, sistema de aireación) con espazo suficiente para as persoas que o ocupen. • Percibir mensualmente unha peza de xabón
  • 4. 4 Impulso Sección Sindical C.I.G. PSA-Peugeo-Citroen SAÚDE LABORAL • Recibir un curso de Seguridade, relacionado co posto de traballo que vaia a ocupar • A recibir información específica dos riscos labo- rais relacionados co posto de traballo a realizar • Usar Equipos de Protección Individual (gafas de seguridade (graduadas se é o caso), man- guitos, guantes, calzado de seguridade, etc.) específicos do posto e taller. Sendo remplaza- dos cando estes non reúnan as condicións de seguridade para o que foron creados • A ser atendido no Servizo Médico, no suposto de accidente, ou enfermi- dade, común ou profesional, previa autoriza- ción do taller • A que se lle realicen recoñecementos médicos periódicos • A recibir sesións de rehabilitación. Estas serán en horas de traballo se a causa da lesión é motivada por unha enfermidade profesional ou accidente de traballo TEMPOS E RENDEMENTOS • Ter información do tempo atribuído a realiza- ción de cada unha das operacións que se fan no posto de traballo • A que a velocidade das cadeas non varíen dentro dun mesmo reparto • A tres xornadas para a aprendizaxe do posto • Un descanso de 15 minutos para o bocadillo
  • 5. 5 Impulso Sección Sindical C.I.G. PSA-Peugeo-Citroen PERMISOS • Permisos retribuídos por causa de: ernfermidade grave, hospitalización, casamento, mortandaz, cambio de enderezo, nacemento de fillo/a, asis- tencia inexcusable a un deber público, ou por asistencia a exames en organizacións oficiais DEREITOS SINDICAIS • Elixir libremente a afiliación, ou non, a calque- ra organización sindical • A estar asistido por un representante sindical INVIOLABILIDADE DA PERSOA • Non ser discriminado por razón de contrato ou quenda. • Ó respecto da súa intimidade e á consideración debida á súa dignidade, comprendida a protección fronte a ofensas verbais ou físicas de natureza se- xual. • A non seren discriminados para o emprego ou unha vez empregados, por razóns de sexo, estado civil, pola idade dentro dos límites enmarcados pola Lei, raza, condición social, ideas relixiosas ou políticas, afiliación ou non a un sindicato, así como por razón de lingua, dentro do Estado Español. • A ser acompañado por un representante, ou cal- quera outra persoa, no caso de ser requirido para un cacheo
  • 6. 6 Impulso Sección Sindical C.I.G. PSA-Peugeo-Citroen LIMITADOS • Tampouco poderán ser discriminados por ra- zóns de diminucións físicas, psíquicas e sen- soriais, sempre que se atopasen en condi- cións de aptitude para desempeñar o traballo ou emprego de que se trate • A traballar nun posto adaptado ás limitacións, sempre que estas estean debidamente recoñecidas no Servizo Médi- co. CONCILIACIÓN FAMILIAR • Dereito a conciliación da vida familiar. Protec- ción da maternidade, cun posto de traballo adaptado, control e coidado médico laboral, permiso por maternidade, permiso por lacta- ción. Cobertura igual que no caso de IT por continxencias profesionais, no suposto de non existir un posto adaptado á súa situación. De- reito a Excedencia laboral de até tres anos por maternidade, ou por coidado dun familiar. Estas son algunhas das cuestións que se poden dar na vida diaria no centro de traballo, e que dende a Sección sindical da C.I.G., entendemos que deberías coñecer. Para a defensa dos dereitos dos traballadores e traballadoras, a lei contempla a posibilidade da constitución de Centrais Sindicais. A represen- tación destas centrais sindicais, conforman un Órgano Colexiado que se denomina Comité de Empresa que, no noso caso, está integrado por 35 membros. A elección dos representantes sindicais realízase cada catro anos, en votación democrática. Proporcionalmente os integrantes do Comi- té de Empresa, son acompañados na súa labor por outros compañeiros/as denominados Delegados/as sindicais nun número proporcional segundo a representación acadada na votación, até un máximo de catro por central sindical O conxunto desta representación sindical son os encargados da nego- ciación colectiva en representación dos intereses dos traballadores. Os acor-
  • 7. 7 Impulso Sección Sindical C.I.G. PSA-Peugeo-Citroen Nome Zona Teléfono Bermúdez ......................... “ M-1 ”- Quenda - A ......................... 4943 Chapela ........................... “ A ” - Quenda - Cent . ...................... 4896 Dapía ................................ “ M-2 “ - Quenda - A ......................... 4411 Manuel ............................. “ M-1 “ - Quenda - A ......................... 4910 Marco ............................... “ E “ - Quenda - Noite ...................... 4414 Portabales ........................ “ M-1 “ - Quenda - B ......................... 4911 Labrador ........................... “ M-2 “ - Quenda - B ......................... 4984 Maqui ............................... “ M-1 “ - Quenda - Noite .................. 4760 Miguel ............................... “ D “ - Quenda - A ............................ 4890 Pérez ................................ “ E “ - Quenda - Cent. ...................... 4890 Víctor ................................ “ M-1 “ - Quenda - B ......................... 4767 SECCIÓN SINDICAL C.I.G. ASEMBLEA DE AFILIADOS/AS CONSELLO SINDICAL EXECUTIVA dos ós que se poidan chegar quedan plasmados nun texto que se denomina Convenio Colectivo, sendo este o documento base polo que se rexen as relacións laborais no noso centro de traballo. A C.I.G. Está representada no centro de traballo pola Sección Sindi- cal. Está composta polo conxunto da afiliación á C.I.G., en PSA-Peugeot- Citroën. estrutura orgánica é: Os representantes sindicais cos que conta a Sección Sindical da C.I.G., en Citroën son os seguintes:
  • 8. 8 Impulso Sección Sindical C.I.G. PSA-Peugeo-Citroen DEFENSA DOS DEREITOS Os compañeiros e compañeiras representantes no Comité de Em- presa e Delegados/as Sindicais da C.I.G., foron elixidos tendo en conta sempre a súa quenda, a súa nave ou taller, así como o volume de poboa- ción traballadora. A Sección Sindical conta con compañeiros e compañeiras coa dedi- cación e cos coñecementos necesarios para defender os dereitos dos tra- balladores e traballadoras e para dar resposta ós problemas laborais da vida diaria . Ó ser parte da C.I.G., os afiliados e afiliadas dispomos dunha estrutura sindical, con gran capacidade de resposta diante dos problemas laborais, así como co apoio dun servizo xurídico para a defensa dos intere- ses dos traballadores e traballadoras. ⇒ O teu dereito: Organizarte ⇒ A nosa obriga: Informarte