SlideShare a Scribd company logo
1 of 2
Download to read offline
4
IMPULSO SECCIÓN SINDICAL C.I.G. PSA-PEUGEOT CITROËN
CONFEDERACIÓN INTERSINDICAL GALEGA
Un Encargado escribiu na UEP
“Este mes perdimos las galletas por
culpa de un accidentado..” Non fixo
falta o nome todos sabían quen era.
Así de atrevido este mando non
se cortou un pelo en satanizar ante os
seus compañeiros de Módulo as “graves
consecuencias que tivo para o acto lúdi-
co mensual o accidente do traballador”
Afortunadamente mandos supe-
riores conscientes da barbaridade man-
dáronllo borrar.
Preocúpanos porque ven a ser un
exemplo da pouca sensibilidade cara a
Saúde dos traballadores.
En todo caso desde a C.I.G.,
maniféstamoslle ó accidentado que es-
tea tranquilo, xa que “só se accidenta
quen traballa”
Pena de Galletas..
A formación contínua ademais
dunha necesidade industrial, tamén é un
dereito dos traballadores/as a mellorar
os seus coñecementos profesionais.
Lembramos esto, porque sabe-
mos que hai persoas que habendo
formalizada a petición de realizar un
curso, obteñen o silencio como resposta.
De haber unha demora, esta debe
estar razoada, o que nunca pode suceder
é que se nos prive dese dereito, de ser
así, pono en coñecemento do Delegado
Sindical para que o teu caso sexa trata-
do na Comisión.
FORMACIÓN
Nun folleto publicado con mo-
tivo de “La Fiesta del Socio” do Grupo
de Empresa, chamoume a atención o
tratamento do idioma, de ahí a miña
pequena crítica
Cando falades das actuacións,
presentades a “Los Tonechos”, cun cas-
trapo moi a tono cos que no seu día nos
viñeron a ensinar “a hablar bien”, os
mesmos que nos obrigaban a chamarlle
Carballino ó Carballiño, cando se o que
querían era castelizarnos teríannos que
dicer Roblecito, ou tamén no caso de
Ponteareas, que “lo correcto” era
“Puenteareas”, cando en castelán sería
Puentearenas.
Non critico o uso da vosa liber-
dade a renunciar da lingua galega, ain-
da que entre os socios nos encontremos
galegos-practicantes, o que pido é, que
se faga sen menosprezo. Neste caso, o
razoable sería respetar en calquer idio-
ma o nome da denominación real, e
dicir “OS TONECHOS” . De persistir a
teima por traducir ó idioma do reino,
diríades: El grupo “LOS TONIOS”.
“ LOS TONIOS”
IMPULSOEdita: Secc. Sindical C.I.G. - PSA Peugeot-Citroën
Nº 60 OUTUBRO 2004
Procura que o teu valor careza de rabia e a týa ira de frivolidade, pois non hai valor
SUMARIO
“Pobre Humanidade”
Quenda de noite
“A velocidade na noite
é diferente”
“O Camiño”
Acordo de igualdade
Home-Muller
Contrato de 6 horas
“ Los Tonios”
“Pena de galletas”
Formación
Hai uns meses, na
recta de Samil, un coñecido
médico circulaba a toda
velocidade no seu potente
coche, atropelou a un moto-
rista, quedando este tendido
no chan. O médico votou
rapidamente man do seu
móbil ¿para chamar a unha
ambulancia? !Non¡ Para
poñerse en contacto co seu
avogado e procurar salvar
as súas costas. Isto era moi-
to máis importante que pre-
ocuparse da situación do
home atropelado.
Veunos á mente este
desgraciado episodio a raíz
do caso do compañeiro que
se desmaiou en Montaxe o
pasado mes.
¡Como é posible que
a ninguén se lle ocorrera
parar a cadea para prestarlle
atención¡ ¡Como é posible
que se asistira impasible-
mente ó espectáculo de ver
como as portas dos coches
pasaban por enriba del¡
Naturalmente que os res-
ponsables da liña son os que
teñen máis culpa neste caso,
pero, ¡compañeiros¡, ¿qué
pasa con nós, que xa é máis
importante un coche máis
ou menos que a preocupa-
ción pola situación dun
compañeiro noso, que traba-
lla ó noso carón tódolos
días, e que da rapidez en
prestarlle atención debida
pode depender, incluso, a
súa vida. Non foi este o
caso, afortunadamente, pero
puido selo.
¿Onde quedou o
noso sentido, non xa da
solidariedade, senón do
sentimento humano?
¿Cómo nos deixamos endu-
recer desta maneira? ¿Cara
onde camiñamos con esta
conducta?
Confiamos que estas
reflexións servan para que
situacións como esta non se
repitan e saibamos actuar
coa responsabilidade que a
outros lles faltou.
Un compañeiro/a é
un compañeiro/a por enriba
de todo.
¡POBRE HUMANIDADE!
2
IMPULSO SECCIÓN SINDICAL C.I.G. PSA-PEUGEOT CITROËN
“A velocidade das liñas de montaxe non se variarán dentro dun mesmo
reparto” Esto é o que temos contemplado no Convenio Colectivo, no seu artigo 26.
Mais a quenda de noite parece estar á marxe, os datos que recollemos na 2ª termina-
ción da M-1, nos últimos 11 meses así o evidencian:
Este exemplo supón ter traballado 1 hora e 17 minutos non retribuídas. É
hora de que a Dirección esixa á xerarquía do taller o repecto á velocidade nesta
quenda.
Un estudio realizado pola
C.I.G., sobre as condi-
cións de traballo e Preven-
tivas nas novas instala-
cións de Final de Liña en
Montaxe, entre as defi-
ciencias que atopamos,
destacamos as distancias
que teñen que percorrer os
traballadores que sacan os coches para a
pista, os cales teñen que andar unha
distancia de 190 metros por cada coche
que sacan. Se a producción é de 90 uni-
dades diarias, estamos a falar duns 85
km. semanais por cada traballador.
Esto sería como levar un
coche tódalas semanas a
Compostela e vir a pé. Non
sabemos se esta situación
está avaliada polo Servicio
de Prevención, o que si
sabemos é que se non se
acada unha solución cos
traballadores, nun prazo de 9 anos per-
correrán, en horas de traballo, unha dis-
tancia similar a circunferencia da Terra.
Faga frío, calor, vente ou chova.
O CAMIÑO...
MES RECUPERADOS MES RECUPERADOS
Setembro 2003 4 Marzo 2004 5
Outubro 2003 6 Abril 2004 5
Novembro 2003 5 Maio 2004 7
Decembro 2003 4 Xuño 2004 6
Xaneiro 2004 7 Xullo 2004 4
Febreiro 2004 9 TOTAL 62
QUENDA DE NOITE
A VELOCIDADE NA NOITE É DIFERENTE
3
IMPULSO SECCIÓN SINDICAL C.I.G. PSA-PEUGEOT CITROËN
R e c e n t e m e n t e
asinouse entre os repre-
sentantes sindicais e os
responsables do grupo
PSA, un Documento que
recolle a necesidade de
realizar actuacións para a
integración da muller no
mundo laboral. O obxec-
tivo é lograr a igualdade
home-muller.
Un dos apartados
no que nos temos que
concienciar todos, é a
situación natural na que
se pode atopar unha mu-
ller cando decide quedar
preñada. Esta situación
non pode ser entendida
como unha enfermidade,
trátase dun estado natural
de gran transcendencia
para a propia persoa, así
como para o resto da
sociedade, polo que ten
que recibir as máximas
atencións e facilidades
por parte de todos.
Dende o punto de
vista legal podemos citar
que:
O artigo 26, da
Lei de Prevención de
Riscos Laborais, dispón
a obriga das Empresas en
relación coa traballadora
en situación de embara-
zo, (que non enfermida-
de, como alguén ten ma-
nifestado), parto recente
ou en época de lactación,
da protección de todo
risco que puidera ter no
seu posto e, se fose o
caso, a adaptación noutro
posto de traballo compa-
tible co seu estado.
No artigo 37, do
Estatuto dos Traballa-
dores, recolle o dereito
das mulleres a unha hora
de ausencia do traballo
por lactación dun fillo
menor de nove meses.
Este permiso poderá ser
aproveitado indistinta-
mente pola nai ou o pai
no caso de que ambos
traballen.
Na Lei 39/1999
para promover a Conci-
liación da Vida Laboral
e Familiar das persoas
traballadoras, tamén se
fala de cómo favorecer a
incorporación da muller
ao traballo, configurando
un sistema que recolla as
novas relacións sociais e
un xeito de cooperación e
compromiso entre homes
e mulleres. Tendo en
conta o sentir deste Do-
cumento, sería bo que
todos nos sensibilizáse-
mos, os mandos tamén,
da situación na que esta-
mos, no que respecta á
muller no traballo e que
na formación que se im-
parte, se contemplara un
apartado específico para
este tema.
Coa protección
legal, o Documento da
Igualdade home-muller, e
as nosas conciencias, non
teríamos desculpa se nes-
ta planta atopásemos
unha muller embarazada
que non estivera recibin-
do a atención a que ten
dereito.
IGUALDADE HOME-MULLER
Con respecto a última nómina
dos traballadores que tiñan contrato de
6 horas e pasaron á quenda de día, para
a C.I.G., observamos que a fórmula de
pagamento das vacacións non é correc-
ta, ó descontarse máis días dos debidos.
Polo que solicitamos da Dirección unha
reunión para clarificar a situación.
CONTRATOS DE 6 HORAS

More Related Content

Viewers also liked (20)

Impulso 63
Impulso 63Impulso 63
Impulso 63
 
Impulso 73
Impulso 73Impulso 73
Impulso 73
 
Impulso 88
Impulso 88Impulso 88
Impulso 88
 
Impulso 66
Impulso 66Impulso 66
Impulso 66
 
Impulso 89
Impulso 89Impulso 89
Impulso 89
 
Impulso 65
Impulso 65Impulso 65
Impulso 65
 
Impulso 52
Impulso 52Impulso 52
Impulso 52
 
Impulso 76
Impulso 76Impulso 76
Impulso 76
 
Impulso 72
Impulso 72Impulso 72
Impulso 72
 
Impulso 90
Impulso 90Impulso 90
Impulso 90
 
Impulso 69
Impulso 69Impulso 69
Impulso 69
 
Impulso 57
Impulso 57Impulso 57
Impulso 57
 
Impulso 75
Impulso 75Impulso 75
Impulso 75
 
Impulso 77
Impulso 77Impulso 77
Impulso 77
 
Impulso 67
Impulso 67Impulso 67
Impulso 67
 
Impulso 64 b
Impulso 64 bImpulso 64 b
Impulso 64 b
 
Impulso 56
Impulso 56Impulso 56
Impulso 56
 
Impulso 68
Impulso 68Impulso 68
Impulso 68
 
Impulso 54
Impulso 54Impulso 54
Impulso 54
 
Impulso 51
Impulso 51Impulso 51
Impulso 51
 

Similar to Impulso 60 (10)

Impulso 55
Impulso 55Impulso 55
Impulso 55
 
Impulso 40
Impulso 40Impulso 40
Impulso 40
 
Impulso 44
Impulso 44Impulso 44
Impulso 44
 
Impulso 97
Impulso 97Impulso 97
Impulso 97
 
Impulso 48
Impulso 48Impulso 48
Impulso 48
 
Impulso 91
Impulso 91Impulso 91
Impulso 91
 
Impulso 64
Impulso 64Impulso 64
Impulso 64
 
Buzón rebelde 20 CGT Correos Coruña
Buzón rebelde 20 CGT Correos CoruñaBuzón rebelde 20 CGT Correos Coruña
Buzón rebelde 20 CGT Correos Coruña
 
Manifesto%20 conxunto%20mobilizacions%20cc.oo.%20 %20ugt%20sector%20grandes%2...
Manifesto%20 conxunto%20mobilizacions%20cc.oo.%20 %20ugt%20sector%20grandes%2...Manifesto%20 conxunto%20mobilizacions%20cc.oo.%20 %20ugt%20sector%20grandes%2...
Manifesto%20 conxunto%20mobilizacions%20cc.oo.%20 %20ugt%20sector%20grandes%2...
 
Impulso 76b
Impulso 76bImpulso 76b
Impulso 76b
 

More from Impulso CIG Citroën (11)

Impulso 96
Impulso 96Impulso 96
Impulso 96
 
Impulso 95
Impulso 95Impulso 95
Impulso 95
 
Impulso 93
Impulso 93Impulso 93
Impulso 93
 
Impulso 94
Impulso 94Impulso 94
Impulso 94
 
Impulso 92
Impulso 92Impulso 92
Impulso 92
 
Impulso 2
Impulso 2Impulso 2
Impulso 2
 
Impulso 5
Impulso 5Impulso 5
Impulso 5
 
Impulso 87
Impulso 87Impulso 87
Impulso 87
 
Impulso 86
Impulso 86Impulso 86
Impulso 86
 
Impulso 84
Impulso 84Impulso 84
Impulso 84
 
Impulso 74
Impulso 74Impulso 74
Impulso 74
 

Impulso 60

  • 1. 4 IMPULSO SECCIÓN SINDICAL C.I.G. PSA-PEUGEOT CITROËN CONFEDERACIÓN INTERSINDICAL GALEGA Un Encargado escribiu na UEP “Este mes perdimos las galletas por culpa de un accidentado..” Non fixo falta o nome todos sabían quen era. Así de atrevido este mando non se cortou un pelo en satanizar ante os seus compañeiros de Módulo as “graves consecuencias que tivo para o acto lúdi- co mensual o accidente do traballador” Afortunadamente mandos supe- riores conscientes da barbaridade man- dáronllo borrar. Preocúpanos porque ven a ser un exemplo da pouca sensibilidade cara a Saúde dos traballadores. En todo caso desde a C.I.G., maniféstamoslle ó accidentado que es- tea tranquilo, xa que “só se accidenta quen traballa” Pena de Galletas.. A formación contínua ademais dunha necesidade industrial, tamén é un dereito dos traballadores/as a mellorar os seus coñecementos profesionais. Lembramos esto, porque sabe- mos que hai persoas que habendo formalizada a petición de realizar un curso, obteñen o silencio como resposta. De haber unha demora, esta debe estar razoada, o que nunca pode suceder é que se nos prive dese dereito, de ser así, pono en coñecemento do Delegado Sindical para que o teu caso sexa trata- do na Comisión. FORMACIÓN Nun folleto publicado con mo- tivo de “La Fiesta del Socio” do Grupo de Empresa, chamoume a atención o tratamento do idioma, de ahí a miña pequena crítica Cando falades das actuacións, presentades a “Los Tonechos”, cun cas- trapo moi a tono cos que no seu día nos viñeron a ensinar “a hablar bien”, os mesmos que nos obrigaban a chamarlle Carballino ó Carballiño, cando se o que querían era castelizarnos teríannos que dicer Roblecito, ou tamén no caso de Ponteareas, que “lo correcto” era “Puenteareas”, cando en castelán sería Puentearenas. Non critico o uso da vosa liber- dade a renunciar da lingua galega, ain- da que entre os socios nos encontremos galegos-practicantes, o que pido é, que se faga sen menosprezo. Neste caso, o razoable sería respetar en calquer idio- ma o nome da denominación real, e dicir “OS TONECHOS” . De persistir a teima por traducir ó idioma do reino, diríades: El grupo “LOS TONIOS”. “ LOS TONIOS” IMPULSOEdita: Secc. Sindical C.I.G. - PSA Peugeot-Citroën Nº 60 OUTUBRO 2004 Procura que o teu valor careza de rabia e a týa ira de frivolidade, pois non hai valor SUMARIO “Pobre Humanidade” Quenda de noite “A velocidade na noite é diferente” “O Camiño” Acordo de igualdade Home-Muller Contrato de 6 horas “ Los Tonios” “Pena de galletas” Formación Hai uns meses, na recta de Samil, un coñecido médico circulaba a toda velocidade no seu potente coche, atropelou a un moto- rista, quedando este tendido no chan. O médico votou rapidamente man do seu móbil ¿para chamar a unha ambulancia? !Non¡ Para poñerse en contacto co seu avogado e procurar salvar as súas costas. Isto era moi- to máis importante que pre- ocuparse da situación do home atropelado. Veunos á mente este desgraciado episodio a raíz do caso do compañeiro que se desmaiou en Montaxe o pasado mes. ¡Como é posible que a ninguén se lle ocorrera parar a cadea para prestarlle atención¡ ¡Como é posible que se asistira impasible- mente ó espectáculo de ver como as portas dos coches pasaban por enriba del¡ Naturalmente que os res- ponsables da liña son os que teñen máis culpa neste caso, pero, ¡compañeiros¡, ¿qué pasa con nós, que xa é máis importante un coche máis ou menos que a preocupa- ción pola situación dun compañeiro noso, que traba- lla ó noso carón tódolos días, e que da rapidez en prestarlle atención debida pode depender, incluso, a súa vida. Non foi este o caso, afortunadamente, pero puido selo. ¿Onde quedou o noso sentido, non xa da solidariedade, senón do sentimento humano? ¿Cómo nos deixamos endu- recer desta maneira? ¿Cara onde camiñamos con esta conducta? Confiamos que estas reflexións servan para que situacións como esta non se repitan e saibamos actuar coa responsabilidade que a outros lles faltou. Un compañeiro/a é un compañeiro/a por enriba de todo. ¡POBRE HUMANIDADE!
  • 2. 2 IMPULSO SECCIÓN SINDICAL C.I.G. PSA-PEUGEOT CITROËN “A velocidade das liñas de montaxe non se variarán dentro dun mesmo reparto” Esto é o que temos contemplado no Convenio Colectivo, no seu artigo 26. Mais a quenda de noite parece estar á marxe, os datos que recollemos na 2ª termina- ción da M-1, nos últimos 11 meses así o evidencian: Este exemplo supón ter traballado 1 hora e 17 minutos non retribuídas. É hora de que a Dirección esixa á xerarquía do taller o repecto á velocidade nesta quenda. Un estudio realizado pola C.I.G., sobre as condi- cións de traballo e Preven- tivas nas novas instala- cións de Final de Liña en Montaxe, entre as defi- ciencias que atopamos, destacamos as distancias que teñen que percorrer os traballadores que sacan os coches para a pista, os cales teñen que andar unha distancia de 190 metros por cada coche que sacan. Se a producción é de 90 uni- dades diarias, estamos a falar duns 85 km. semanais por cada traballador. Esto sería como levar un coche tódalas semanas a Compostela e vir a pé. Non sabemos se esta situación está avaliada polo Servicio de Prevención, o que si sabemos é que se non se acada unha solución cos traballadores, nun prazo de 9 anos per- correrán, en horas de traballo, unha dis- tancia similar a circunferencia da Terra. Faga frío, calor, vente ou chova. O CAMIÑO... MES RECUPERADOS MES RECUPERADOS Setembro 2003 4 Marzo 2004 5 Outubro 2003 6 Abril 2004 5 Novembro 2003 5 Maio 2004 7 Decembro 2003 4 Xuño 2004 6 Xaneiro 2004 7 Xullo 2004 4 Febreiro 2004 9 TOTAL 62 QUENDA DE NOITE A VELOCIDADE NA NOITE É DIFERENTE 3 IMPULSO SECCIÓN SINDICAL C.I.G. PSA-PEUGEOT CITROËN R e c e n t e m e n t e asinouse entre os repre- sentantes sindicais e os responsables do grupo PSA, un Documento que recolle a necesidade de realizar actuacións para a integración da muller no mundo laboral. O obxec- tivo é lograr a igualdade home-muller. Un dos apartados no que nos temos que concienciar todos, é a situación natural na que se pode atopar unha mu- ller cando decide quedar preñada. Esta situación non pode ser entendida como unha enfermidade, trátase dun estado natural de gran transcendencia para a propia persoa, así como para o resto da sociedade, polo que ten que recibir as máximas atencións e facilidades por parte de todos. Dende o punto de vista legal podemos citar que: O artigo 26, da Lei de Prevención de Riscos Laborais, dispón a obriga das Empresas en relación coa traballadora en situación de embara- zo, (que non enfermida- de, como alguén ten ma- nifestado), parto recente ou en época de lactación, da protección de todo risco que puidera ter no seu posto e, se fose o caso, a adaptación noutro posto de traballo compa- tible co seu estado. No artigo 37, do Estatuto dos Traballa- dores, recolle o dereito das mulleres a unha hora de ausencia do traballo por lactación dun fillo menor de nove meses. Este permiso poderá ser aproveitado indistinta- mente pola nai ou o pai no caso de que ambos traballen. Na Lei 39/1999 para promover a Conci- liación da Vida Laboral e Familiar das persoas traballadoras, tamén se fala de cómo favorecer a incorporación da muller ao traballo, configurando un sistema que recolla as novas relacións sociais e un xeito de cooperación e compromiso entre homes e mulleres. Tendo en conta o sentir deste Do- cumento, sería bo que todos nos sensibilizáse- mos, os mandos tamén, da situación na que esta- mos, no que respecta á muller no traballo e que na formación que se im- parte, se contemplara un apartado específico para este tema. Coa protección legal, o Documento da Igualdade home-muller, e as nosas conciencias, non teríamos desculpa se nes- ta planta atopásemos unha muller embarazada que non estivera recibin- do a atención a que ten dereito. IGUALDADE HOME-MULLER Con respecto a última nómina dos traballadores que tiñan contrato de 6 horas e pasaron á quenda de día, para a C.I.G., observamos que a fórmula de pagamento das vacacións non é correc- ta, ó descontarse máis días dos debidos. Polo que solicitamos da Dirección unha reunión para clarificar a situación. CONTRATOS DE 6 HORAS