SlideShare a Scribd company logo
1 of 2
A democracia quedou ás portas
A patronal de grandes superficies pecha o paso á liberdade sindical

Hai máis de trinta anos, os traballadores e traballadoras españois demos o
primeiro paso para recuperarmos o dereito e o exercicio da democracia no seo
das empresas coa aprobación no Parlamento do Estatuto dos Traballadores.
Posteriormente, a Lei orgánica de liberdade sindical facilitou a organización dos
traballadores e a presenza sindical democrática nos centros de traballo.

Hoxe, en pleno século XXI, aínda existen lugares de traballo aos que non
chegou a normalidade democrática. Tal é o caso das empresas agrupadas na
patronal ANGED, empresas tan presentes na nosa sociedade como El Corte
Inglés, Carrefour, Alcampo, Makro, Leroy Merlin, FNAC, Media Markt, Ikea, Aki,
Conforama, Hipercor, Eroski, Toys&rus, CyA.

Empresas que crearon e promoveron os seus propios «sindicatos» á medida.
Organizacións pseudosindicais que consenten nada menos que un convenio
que rebaixa descaradamente as condicións dos traballadores e traballadoras:
desregula a súa xornada ata facer imposible a conciliación da vida familiar e
persoal coa laboral; diminúe a cobertura en caso de enfermidade; elimina os
compromisos de garantía de emprego fixo, estable e con dereitos, que si
recollía o anterior convenio; impón a mobilidade total na empresa, e instaura
unha política salarial que pon en serio risco o mantemento do poder adquisitivo.

Todo isto nun sector con grandes dificultades para compaxinar a vida laboral e
persoal, cunha desprofesionalización crecente, con salarios que non acadan os
mil euros, sen garantías certas de descanso semanal, cunha alta porcentaxe de
contratos a tempo parcial non desexado –nalgunhas empresas preto do 90%–.
En definitiva, un sector con encanto para os ollos da opinión pública, pero con
máis de 300.000 traballadores e traballadoras en situación precaria e cunhas
condicións sociolaborais por baixo da media nacional.

CCOO e UGT levamos desenvolvendo dende o 4 de agosto de 2009 –nefasta
data na que os sindicatos corporativos FASGA e FETICO asinaron o actual
convenio– unha serie de accións, tanto xurídicas como sindicais, encamiñadas
a denunciar tan anacrónica e vergoñenta inxustiza (agravada ata o límite polo
novo tento de ANGED e os seus asociados, que aproveitaron interesadamente
a crise para degradar máis, se cabe, as condicións laborais dos seus
traballadores). Accións como denuncias e impugnacións do convenio ou
mobilizacións nas empresas que, máis alá do pronunciamento ao noso favor
dos tribunais, deixaron patente que a inmensa maioría do sector non quere este
convenio, abomina os que o asinaron e esixe responsabilidade a unha patronal
que destaca pola súa teimosía e avaricia infinitas.

Unha patronal que foi condenada polo Tribunal Supremo en cinco ocasións por
escamotear o dereito ao descanso semanal do seu persoal; unha patronal
cuxas empresas foron condenadas por atentar contra a liberdade sindical; unha
patronal que representa a compañías que discriminan en función da afiliación
sindical; unha patronal, en conclusión, que está moi lonxe de coñecer e
respectar os dereitos democráticos dos traballadores e traballadoras.

Falamos de empresas que tiveron e teñen cuantiosos beneficios –cuxa
repartición só se reflicte nas contas dos seus consellos de administración– e
que aínda así seguen a pretender que as minguas provocadas pola crise
recaian exclusivamente sobre os traballadores e traballadoras. Acaso o balance
de perdas destes non está saldado abondo coa destrución de preto de 80.000
postos de traballo e a substitución de emprego fixo a xornada completa por
emprego precario a tempo parcial? Recorrer á crise para socializar as supostas
perdas –«que as paguen os traballadores mentres nós gozamos das
ganancias»– e recortar de paso as condicións laborais dos teus empregados é
un exercicio irreverente e insoportable de cobiza, cinismo e ruindade.

Por todo isto, UGT e CCOO facemos un chamamento aos traballadores e
traballadoras de grandes superficies e mais ao conxunto da sociedade para que
fagan oír a súa voz nas concentracións que celebraremos diante das sedes de
ANGED en cada comunidade autónoma os días 12 de maio, 9 de xuño, 7 de
xullo e 9 de setembro. Tamén vos solicitamos a vosa activa participación na
concentración xeral que, como peche de campaña, faremos en Madrid o
vindeiro 6 de outubro.

Por último, animámosvos a que prestedes o voso apoio aos sindicatos
democráticos nas eleccións sindicais de finais de ano e que rexeitedes
consciente, categórica e libremente as candidaturas dos pseudosindicatos
sustentados e promovidos polas empresas. Apoiar a UGT e CCOO é a mellor
maneira de defender os teus dereitos e condicións de traballo.

More Related Content

Similar to Manifesto%20 conxunto%20mobilizacions%20cc.oo.%20 %20ugt%20sector%20grandes%20almacens[1]

Similar to Manifesto%20 conxunto%20mobilizacions%20cc.oo.%20 %20ugt%20sector%20grandes%20almacens[1] (20)

Impulso 88
Impulso 88Impulso 88
Impulso 88
 
Impulso 89
Impulso 89Impulso 89
Impulso 89
 
BR Extra, novo acordo e resume do ano 2018
BR Extra, novo acordo e resume do ano 2018BR Extra, novo acordo e resume do ano 2018
BR Extra, novo acordo e resume do ano 2018
 
Galicia sindical 13
Galicia sindical 13Galicia sindical 13
Galicia sindical 13
 
Novas xustiza 1032
Novas xustiza 1032Novas xustiza 1032
Novas xustiza 1032
 
Galicia sindical junio 2010
Galicia sindical junio 2010Galicia sindical junio 2010
Galicia sindical junio 2010
 
Buzón rebelde 12 definitivo cor
Buzón rebelde 12 definitivo corBuzón rebelde 12 definitivo cor
Buzón rebelde 12 definitivo cor
 
Galicia sindical 67 anos
Galicia sindical 67 anosGalicia sindical 67 anos
Galicia sindical 67 anos
 
Impulso 55
Impulso 55Impulso 55
Impulso 55
 
Impulso 91
Impulso 91Impulso 91
Impulso 91
 
2013.01.25 comunicado convenio[1]
2013.01.25 comunicado convenio[1]2013.01.25 comunicado convenio[1]
2013.01.25 comunicado convenio[1]
 
Impulso 69
Impulso 69Impulso 69
Impulso 69
 
Impulso 49
Impulso 49Impulso 49
Impulso 49
 
Impulso 73
Impulso 73Impulso 73
Impulso 73
 
Novas da xustiza nº1041
Novas da xustiza nº1041 Novas da xustiza nº1041
Novas da xustiza nº1041
 
Especial galicia sindical 28 abril
Especial galicia sindical 28 abrilEspecial galicia sindical 28 abril
Especial galicia sindical 28 abril
 
Impulso 52
Impulso 52Impulso 52
Impulso 52
 
Buzón rebelde 20 CGT Correos Coruña
Buzón rebelde 20 CGT Correos CoruñaBuzón rebelde 20 CGT Correos Coruña
Buzón rebelde 20 CGT Correos Coruña
 
Comunicado comercio alimentación pont 03
Comunicado comercio alimentación pont 03Comunicado comercio alimentación pont 03
Comunicado comercio alimentación pont 03
 
Contra a Reforma Laboral
Contra a Reforma LaboralContra a Reforma Laboral
Contra a Reforma Laboral
 

More from oscargaliza

Informe sanidade galega sos 2014
Informe sanidade galega sos 2014 Informe sanidade galega sos 2014
Informe sanidade galega sos 2014 oscargaliza
 
Manifesto galicia 28 abril 2014 (2)
Manifesto galicia 28 abril 2014 (2)Manifesto galicia 28 abril 2014 (2)
Manifesto galicia 28 abril 2014 (2)oscargaliza
 
28 de abril 20132gallego (3)diptico normaliza
28 de abril 20132gallego (3)diptico normaliza28 de abril 20132gallego (3)diptico normaliza
28 de abril 20132gallego (3)diptico normalizaoscargaliza
 
Bases bolsa emprego pereiro aguiar (11 04-2014)
Bases bolsa emprego pereiro aguiar (11 04-2014)Bases bolsa emprego pereiro aguiar (11 04-2014)
Bases bolsa emprego pereiro aguiar (11 04-2014)oscargaliza
 
Gran acto sindical 5 abril 2014. primer encuentro secciones sindicales ccoo
Gran acto sindical 5 abril 2014. primer encuentro secciones sindicales ccooGran acto sindical 5 abril 2014. primer encuentro secciones sindicales ccoo
Gran acto sindical 5 abril 2014. primer encuentro secciones sindicales ccoooscargaliza
 
Comunicado materiais construción pont 01
Comunicado materiais construción pont 01Comunicado materiais construción pont 01
Comunicado materiais construción pont 01oscargaliza
 
140307 nota plataforma
140307 nota plataforma140307 nota plataforma
140307 nota plataformaoscargaliza
 
Plataforma ccoo ii plan de de igualdad eci 070314
Plataforma  ccoo ii plan de de igualdad eci  070314Plataforma  ccoo ii plan de de igualdad eci  070314
Plataforma ccoo ii plan de de igualdad eci 070314oscargaliza
 
Estatuto actualizado marzo 2014
Estatuto actualizado marzo 2014Estatuto actualizado marzo 2014
Estatuto actualizado marzo 2014oscargaliza
 
Normas fecoht congreso de fusion Comfia-Fecoht
Normas fecoht congreso de fusion Comfia-FecohtNormas fecoht congreso de fusion Comfia-Fecoht
Normas fecoht congreso de fusion Comfia-Fecohtoscargaliza
 
Que és el Polígono Virtual de Galicia
Que és el Polígono Virtual de Galicia Que és el Polígono Virtual de Galicia
Que és el Polígono Virtual de Galicia oscargaliza
 
Boe ESTATUTO DE LOS TRABAJADORES -ULTIMA VERSIÓN-
Boe ESTATUTO DE LOS TRABAJADORES -ULTIMA VERSIÓN-Boe ESTATUTO DE LOS TRABAJADORES -ULTIMA VERSIÓN-
Boe ESTATUTO DE LOS TRABAJADORES -ULTIMA VERSIÓN-oscargaliza
 
Comunicado a toda a afiliación de fecoht galicia
Comunicado a toda a afiliación de fecoht galiciaComunicado a toda a afiliación de fecoht galicia
Comunicado a toda a afiliación de fecoht galiciaoscargaliza
 
Anexo normas congresuais proceso fusión comfia fecoht (14-02-14)
Anexo normas congresuais proceso fusión comfia fecoht (14-02-14)Anexo normas congresuais proceso fusión comfia fecoht (14-02-14)
Anexo normas congresuais proceso fusión comfia fecoht (14-02-14)oscargaliza
 
Acuerdo Cierre Restaurantes Nostrus
Acuerdo Cierre Restaurantes NostrusAcuerdo Cierre Restaurantes Nostrus
Acuerdo Cierre Restaurantes Nostrusoscargaliza
 
Estatutos fusion comfia fecoht para debate
Estatutos fusion comfia fecoht para debateEstatutos fusion comfia fecoht para debate
Estatutos fusion comfia fecoht para debateoscargaliza
 
Documento integracion sindical comfia fecoht (1)
Documento  integracion sindical comfia fecoht (1)Documento  integracion sindical comfia fecoht (1)
Documento integracion sindical comfia fecoht (1)oscargaliza
 
Anexo normas congresuais de fecoht proceso fusión comfia fecoht
Anexo normas congresuais de fecoht proceso  fusión comfia fecohtAnexo normas congresuais de fecoht proceso  fusión comfia fecoht
Anexo normas congresuais de fecoht proceso fusión comfia fecohtoscargaliza
 
Normas generales aprobadas en el Consejo Confederal 28/01/2014, para los proc...
Normas generales aprobadas en el Consejo Confederal 28/01/2014, para los proc...Normas generales aprobadas en el Consejo Confederal 28/01/2014, para los proc...
Normas generales aprobadas en el Consejo Confederal 28/01/2014, para los proc...oscargaliza
 
Convenio Colectivo Mercadona 2014
Convenio Colectivo Mercadona 2014Convenio Colectivo Mercadona 2014
Convenio Colectivo Mercadona 2014oscargaliza
 

More from oscargaliza (20)

Informe sanidade galega sos 2014
Informe sanidade galega sos 2014 Informe sanidade galega sos 2014
Informe sanidade galega sos 2014
 
Manifesto galicia 28 abril 2014 (2)
Manifesto galicia 28 abril 2014 (2)Manifesto galicia 28 abril 2014 (2)
Manifesto galicia 28 abril 2014 (2)
 
28 de abril 20132gallego (3)diptico normaliza
28 de abril 20132gallego (3)diptico normaliza28 de abril 20132gallego (3)diptico normaliza
28 de abril 20132gallego (3)diptico normaliza
 
Bases bolsa emprego pereiro aguiar (11 04-2014)
Bases bolsa emprego pereiro aguiar (11 04-2014)Bases bolsa emprego pereiro aguiar (11 04-2014)
Bases bolsa emprego pereiro aguiar (11 04-2014)
 
Gran acto sindical 5 abril 2014. primer encuentro secciones sindicales ccoo
Gran acto sindical 5 abril 2014. primer encuentro secciones sindicales ccooGran acto sindical 5 abril 2014. primer encuentro secciones sindicales ccoo
Gran acto sindical 5 abril 2014. primer encuentro secciones sindicales ccoo
 
Comunicado materiais construción pont 01
Comunicado materiais construción pont 01Comunicado materiais construción pont 01
Comunicado materiais construción pont 01
 
140307 nota plataforma
140307 nota plataforma140307 nota plataforma
140307 nota plataforma
 
Plataforma ccoo ii plan de de igualdad eci 070314
Plataforma  ccoo ii plan de de igualdad eci  070314Plataforma  ccoo ii plan de de igualdad eci  070314
Plataforma ccoo ii plan de de igualdad eci 070314
 
Estatuto actualizado marzo 2014
Estatuto actualizado marzo 2014Estatuto actualizado marzo 2014
Estatuto actualizado marzo 2014
 
Normas fecoht congreso de fusion Comfia-Fecoht
Normas fecoht congreso de fusion Comfia-FecohtNormas fecoht congreso de fusion Comfia-Fecoht
Normas fecoht congreso de fusion Comfia-Fecoht
 
Que és el Polígono Virtual de Galicia
Que és el Polígono Virtual de Galicia Que és el Polígono Virtual de Galicia
Que és el Polígono Virtual de Galicia
 
Boe ESTATUTO DE LOS TRABAJADORES -ULTIMA VERSIÓN-
Boe ESTATUTO DE LOS TRABAJADORES -ULTIMA VERSIÓN-Boe ESTATUTO DE LOS TRABAJADORES -ULTIMA VERSIÓN-
Boe ESTATUTO DE LOS TRABAJADORES -ULTIMA VERSIÓN-
 
Comunicado a toda a afiliación de fecoht galicia
Comunicado a toda a afiliación de fecoht galiciaComunicado a toda a afiliación de fecoht galicia
Comunicado a toda a afiliación de fecoht galicia
 
Anexo normas congresuais proceso fusión comfia fecoht (14-02-14)
Anexo normas congresuais proceso fusión comfia fecoht (14-02-14)Anexo normas congresuais proceso fusión comfia fecoht (14-02-14)
Anexo normas congresuais proceso fusión comfia fecoht (14-02-14)
 
Acuerdo Cierre Restaurantes Nostrus
Acuerdo Cierre Restaurantes NostrusAcuerdo Cierre Restaurantes Nostrus
Acuerdo Cierre Restaurantes Nostrus
 
Estatutos fusion comfia fecoht para debate
Estatutos fusion comfia fecoht para debateEstatutos fusion comfia fecoht para debate
Estatutos fusion comfia fecoht para debate
 
Documento integracion sindical comfia fecoht (1)
Documento  integracion sindical comfia fecoht (1)Documento  integracion sindical comfia fecoht (1)
Documento integracion sindical comfia fecoht (1)
 
Anexo normas congresuais de fecoht proceso fusión comfia fecoht
Anexo normas congresuais de fecoht proceso  fusión comfia fecohtAnexo normas congresuais de fecoht proceso  fusión comfia fecoht
Anexo normas congresuais de fecoht proceso fusión comfia fecoht
 
Normas generales aprobadas en el Consejo Confederal 28/01/2014, para los proc...
Normas generales aprobadas en el Consejo Confederal 28/01/2014, para los proc...Normas generales aprobadas en el Consejo Confederal 28/01/2014, para los proc...
Normas generales aprobadas en el Consejo Confederal 28/01/2014, para los proc...
 
Convenio Colectivo Mercadona 2014
Convenio Colectivo Mercadona 2014Convenio Colectivo Mercadona 2014
Convenio Colectivo Mercadona 2014
 

Manifesto%20 conxunto%20mobilizacions%20cc.oo.%20 %20ugt%20sector%20grandes%20almacens[1]

  • 1. A democracia quedou ás portas A patronal de grandes superficies pecha o paso á liberdade sindical Hai máis de trinta anos, os traballadores e traballadoras españois demos o primeiro paso para recuperarmos o dereito e o exercicio da democracia no seo das empresas coa aprobación no Parlamento do Estatuto dos Traballadores. Posteriormente, a Lei orgánica de liberdade sindical facilitou a organización dos traballadores e a presenza sindical democrática nos centros de traballo. Hoxe, en pleno século XXI, aínda existen lugares de traballo aos que non chegou a normalidade democrática. Tal é o caso das empresas agrupadas na patronal ANGED, empresas tan presentes na nosa sociedade como El Corte Inglés, Carrefour, Alcampo, Makro, Leroy Merlin, FNAC, Media Markt, Ikea, Aki, Conforama, Hipercor, Eroski, Toys&rus, CyA. Empresas que crearon e promoveron os seus propios «sindicatos» á medida. Organizacións pseudosindicais que consenten nada menos que un convenio que rebaixa descaradamente as condicións dos traballadores e traballadoras: desregula a súa xornada ata facer imposible a conciliación da vida familiar e persoal coa laboral; diminúe a cobertura en caso de enfermidade; elimina os compromisos de garantía de emprego fixo, estable e con dereitos, que si recollía o anterior convenio; impón a mobilidade total na empresa, e instaura unha política salarial que pon en serio risco o mantemento do poder adquisitivo. Todo isto nun sector con grandes dificultades para compaxinar a vida laboral e persoal, cunha desprofesionalización crecente, con salarios que non acadan os mil euros, sen garantías certas de descanso semanal, cunha alta porcentaxe de contratos a tempo parcial non desexado –nalgunhas empresas preto do 90%–. En definitiva, un sector con encanto para os ollos da opinión pública, pero con máis de 300.000 traballadores e traballadoras en situación precaria e cunhas condicións sociolaborais por baixo da media nacional. CCOO e UGT levamos desenvolvendo dende o 4 de agosto de 2009 –nefasta data na que os sindicatos corporativos FASGA e FETICO asinaron o actual convenio– unha serie de accións, tanto xurídicas como sindicais, encamiñadas a denunciar tan anacrónica e vergoñenta inxustiza (agravada ata o límite polo novo tento de ANGED e os seus asociados, que aproveitaron interesadamente a crise para degradar máis, se cabe, as condicións laborais dos seus traballadores). Accións como denuncias e impugnacións do convenio ou mobilizacións nas empresas que, máis alá do pronunciamento ao noso favor
  • 2. dos tribunais, deixaron patente que a inmensa maioría do sector non quere este convenio, abomina os que o asinaron e esixe responsabilidade a unha patronal que destaca pola súa teimosía e avaricia infinitas. Unha patronal que foi condenada polo Tribunal Supremo en cinco ocasións por escamotear o dereito ao descanso semanal do seu persoal; unha patronal cuxas empresas foron condenadas por atentar contra a liberdade sindical; unha patronal que representa a compañías que discriminan en función da afiliación sindical; unha patronal, en conclusión, que está moi lonxe de coñecer e respectar os dereitos democráticos dos traballadores e traballadoras. Falamos de empresas que tiveron e teñen cuantiosos beneficios –cuxa repartición só se reflicte nas contas dos seus consellos de administración– e que aínda así seguen a pretender que as minguas provocadas pola crise recaian exclusivamente sobre os traballadores e traballadoras. Acaso o balance de perdas destes non está saldado abondo coa destrución de preto de 80.000 postos de traballo e a substitución de emprego fixo a xornada completa por emprego precario a tempo parcial? Recorrer á crise para socializar as supostas perdas –«que as paguen os traballadores mentres nós gozamos das ganancias»– e recortar de paso as condicións laborais dos teus empregados é un exercicio irreverente e insoportable de cobiza, cinismo e ruindade. Por todo isto, UGT e CCOO facemos un chamamento aos traballadores e traballadoras de grandes superficies e mais ao conxunto da sociedade para que fagan oír a súa voz nas concentracións que celebraremos diante das sedes de ANGED en cada comunidade autónoma os días 12 de maio, 9 de xuño, 7 de xullo e 9 de setembro. Tamén vos solicitamos a vosa activa participación na concentración xeral que, como peche de campaña, faremos en Madrid o vindeiro 6 de outubro. Por último, animámosvos a que prestedes o voso apoio aos sindicatos democráticos nas eleccións sindicais de finais de ano e que rexeitedes consciente, categórica e libremente as candidaturas dos pseudosindicatos sustentados e promovidos polas empresas. Apoiar a UGT e CCOO é a mellor maneira de defender os teus dereitos e condicións de traballo.