SlideShare a Scribd company logo
1 of 2
Download to read offline
4
IMPULSO SECCIÓN SINDICAL C.I.G. PSA-PEUGEOT CITROËN
O intento de desprestixiar ós
sindicatos por parte dos medios de co-
municación, nas mans dos grupos finan-
ceiros, non é unha casualidade. A in-
tención non é outra máis que os traba-
lladores e traballadoras non se organi-
cen; que afronten os seus problemas en
solitario, pois desta maneira a indefen-
sión é total.
Plásmase esta situación naque-
les sectores onde non existe vida sindi-
cal, como por exemplo, a hostalería, ou
o comercio. O persoal traballa 12 e 14
horas diarias, cando non máis, por pou-
co máis do salario mínimo. En moitos
casos teñen un contrato a tempo parcial,
cotizando por catro horas, e facéndoos
traballar máis do dobre, etc. Estes son
algúns exemplos.
¿ Que significa isto? Que a
patronal, cando non ten enfronte ó sin-
dicato, abusa e explota ó máximo ós
traballadores e traballadoras, con condi-
cións que non teñen nada que envexar
ás que se padeceron hai máis de 100
anos.
E estamos a falar daquelas
cuestións que son dereitos recoñecidos.
É dicir, que esta patronal ignora, pasa
por enriba destes dereitos para adquirir
ilegalmente maiores beneficios.
Son as consecuencias do baixo
nivel de concienciación sindical exis-
tente na sociedade obreira.
Hai que escoller: ou sindicalis-
mo, ou escravitude.
AUSENCIA SINDICAL, VERSUS VORACIDADE PATRONAL IMPULSO Confederación Intersindical GalegaEdita: Sección Sindical C.I.G. - PSA Peugeot-Citroën
Nº 42 - Outubro 2002
As eleccións sindicais é unha cuestión que lle compete
exclusivamente ós sindicatos. A Empresa só ten a obriga de poñer
os medios necesarios para poder celebralas, pero a propia lei pro-
híbelle intervir no proceso, sobre todo, de facer propaganda nunha
dirección determinada, nin de manipular as conciencias dos traba-
lladores e traballadoras por medio de promesas varias.
Por elo esiximos que non se repitan actuacións anteriores
e se respecte a legalidade vixente en tódolos extremos.
¡ Que se deixe, dunha vez, ós traballadores e traballado-
ras en paz!
¡ Que voten por quen queiran en liberdade!
Polo menos nós, os demócratas, os que respectamos a
libre vontade das persoas, é o que pretendemos.
SUMARIO:
♠ Polo voto
en liberda-
de
♠ Catro anos
despois (III)
♠ Convivir
SEMPRE NA TÚA DEFENSA
POLO VOTO EN LIBERDADE
2
IMPULSO SECCIÓN SINDICAL C.I.G. PSA-PEUGEOT CITROËN
QUENDA DA NOITE.- Na creación da
quenda de noite tivo moito que ver a
defensa sindical que sae realizou a favor
do emprego, reducindo ó máximo as
horas extras. Ó nacer con algunhas in-
cógnitas, obrigounos a adquirir un ma-
ior grado de responsabilidade na procu-
ra da súa consolidación.
Unha das características desta
quenda é o alto grao de flexibilidade
con que se puxo en marcha; flexibilida-
de que intentamos corrixir, polo menos
naqueles casos que, ó noso xuízo, se
recorría a ela para cubrir deficiencias
organizativas.
Precisamente, por ser unha quen-
da nova, e con problemas de todo tipo,
potenciados por ser persoal eventual, a
CIG deu o primeiro paso para nomear
un Delegado Sindical.
Foi necesario iniciar un proceso
de reclamacións, tanto a nivel indivi-
dual como colectivo, para facerlle ver á
Dirección que, aceptando algunhas par-
ticularidades, non podía ser un caixón
de xastre, onde valía todo. Dende o pri-
meiro momento preocupou- nos a idea
que se percibía de estar implantando
dúas culturas laborais: unha de día e
outra de noite. É o que intentamos evi-
tar.
Pasamos dunha situación, na cal,
se cometían innumerables abusos, qui-
zais, en parte, debido á falta de expe-
riencia dos novos mandos, chegando a
cuestionarse, in- cluso, os dereitos máis
elementais do persoal eventual, por ter
esta característica, ata a situación actual,
na que van quedando erradicados na
súa grande maioría os vicios máis sa-
lientables.
Seguimos insistindo, fundamen-
talmente, en lograr un calendario labo-
ral estable e o respecto ós horarios esta-
blecidos dentro dun período razoable.
Estamos convencidos da súa necesidade
e da posibilidade de levalo a cabo.
EMPREGO.- Tendo en conta que a CIG
está preocupada porque a mocidade
galega teña un futuro mellor, e que nos
últimos tres anos tiveron que emigrar a
outras zonas do Estado para topar un
posto de traballo máis de 50.000 mozos
e mozas, a aposta que fixemos pola cre-
ación do quenda de noite foi moi impor-
tante. Significou unha saída para unha
parte desa xuventude, que nós temos
que considerar. Son persoas que poden
seguir vivindo no seu propio país. Foron
os compromisos neste sentido o que
decidiu a nosa actitude ante a negocia-
ción colectiva.
Neste tema concentramos os
noso esforzos en tres aspectos:
1.- Partindo do principio de que
todo o mundo ten dereito a un posto de
traballo, a nosa reivindicación foi de
que se consideraran as solicitudes de
traballo por orden de chegada.
2.- Ante o grande número de
contratos eventuais que existen actual-
mente, para garantir a igualdade de
oportunidades, defendemos sempre que
os contratos indefinidos tiñan que facer-
se por orde de antigüidade.
3.- No que se refire ó cambio de
quenda de noite para día, dende que
vimos posibilidades de levalo a cabo,
inmediatamente volvemos votar man do
(Continúa na páXina 3)
CATRO ANOS DESPOIS (III)
3
IMPULSO SECCIÓN SINDICAL C.I.G. PSA-PEUGEOT CITROËN
principio de antigüidade no contrato
para facer estes cambios.
As reivindicacións destes tres
puntos, de aplicalas a Empresa, remata-
ría con todo tipo de suspicacias, actuarí-
ase con máis xustiza e teriamos a segu-
ridade de beneficiármonos todos, antes
ou despois. Somos conscientes de que
aínda queda lonxe esta conquista, pero
sempre se comezou reivindicando aque-
lo que parecía lonxano, ata facelo posi-
ble.
(Vén da páxina 2)
Aconvivencia entre persoas
sempre pode crear algún tipo de tira-
mentos. Dependerá sempre do carácter
e das circunstancias persoais de cada un
ou unha, pero o que reviste maior im-
portancia, para ben ou para mal, e o
grado de madurez que cada humano
teñamos. Disto vai depender a calidade
das relacións.
Dende un tempo a esta parte
vimos observando un certo incremento
da crispación, sobre todo en algúns ta-
lleres, e a aparición, cada vez máis fre-
cuentemente, de casos de depresión.
Non é a sociedade na que vivi-
mos a máis adecuada, precisamente,
para manternos sans mentalmente, pois
estamos sometidos a todo tipo de pre-
sións, e esta realidade tamén se dá no
centro de traballo. Queda sempre algún
responsable que, por estar sometido,
tamén, á presión, por falta de sensibili-
dade ou dunha formación adecuada,
non canalizan humanamente estes ca-
sos. Todo isto sucede, é verdade. Pero,
se, nalgún caso, se da a circunstancia de
que nós non somos capaces de com-
prender á persoa que está ó noso lado,
estaremos axudando a manter este am-
biente negativo. Pola contra, unha acti-
tude de sincero compañeirismo serviría
para equilibrar, nalgunha medida, as
distintas presións recibidas de tódalas
partes.
Sexamos conscientes de que
convivimos 8 horas diarias, debendo
aproveitar este tempo para incrementar
e afondar nas relacións intelectuais.
Esta actitude favoreceríanos a todos e
todas. O contrario significaría colaborar
na destrucción, máis ou menos intensa-
mente, dos demais.
Medremos, pois, en madurez.
Iranos mellor en tódalas ordes da nosa
vida.
CONVIVIR

More Related Content

Similar to Impulso 40 (20)

Impulso 52
Impulso 52Impulso 52
Impulso 52
 
Impulso 76b
Impulso 76bImpulso 76b
Impulso 76b
 
Impulso 90
Impulso 90Impulso 90
Impulso 90
 
Impulso 69
Impulso 69Impulso 69
Impulso 69
 
Impulso 60
Impulso 60Impulso 60
Impulso 60
 
Buzón rebelde 16, especial contratación verán 2015
Buzón rebelde 16, especial contratación verán 2015Buzón rebelde 16, especial contratación verán 2015
Buzón rebelde 16, especial contratación verán 2015
 
Impulso 88
Impulso 88Impulso 88
Impulso 88
 
Novas da xustiza nº1041
Novas da xustiza nº1041 Novas da xustiza nº1041
Novas da xustiza nº1041
 
Contra a Reforma Laboral
Contra a Reforma LaboralContra a Reforma Laboral
Contra a Reforma Laboral
 
Impulso 49
Impulso 49Impulso 49
Impulso 49
 
Os itinerarios de inserción socio laboral
Os itinerarios de inserción socio laboralOs itinerarios de inserción socio laboral
Os itinerarios de inserción socio laboral
 
3. Emprender en tiempos de crisis
3. Emprender en tiempos de crisis3. Emprender en tiempos de crisis
3. Emprender en tiempos de crisis
 
Impulso 73
Impulso 73Impulso 73
Impulso 73
 
Impulso 75
Impulso 75Impulso 75
Impulso 75
 
Impulso 93
Impulso 93Impulso 93
Impulso 93
 
Impulso 43
Impulso 43Impulso 43
Impulso 43
 
Buzón Rebelde Especial Eventuais
Buzón Rebelde Especial EventuaisBuzón Rebelde Especial Eventuais
Buzón Rebelde Especial Eventuais
 
Buzón Rebelde 22
Buzón Rebelde 22Buzón Rebelde 22
Buzón Rebelde 22
 
Impulso 89
Impulso 89Impulso 89
Impulso 89
 
Comunicado cgt coruña 27 n
Comunicado cgt coruña 27 nComunicado cgt coruña 27 n
Comunicado cgt coruña 27 n
 

More from Impulso CIG Citroën (19)

Impulso 96
Impulso 96Impulso 96
Impulso 96
 
Impulso 95
Impulso 95Impulso 95
Impulso 95
 
Impulso 94
Impulso 94Impulso 94
Impulso 94
 
Impulso 92
Impulso 92Impulso 92
Impulso 92
 
Impulso 91
Impulso 91Impulso 91
Impulso 91
 
Impulso 5
Impulso 5Impulso 5
Impulso 5
 
Impulso 87
Impulso 87Impulso 87
Impulso 87
 
Impulso 86
Impulso 86Impulso 86
Impulso 86
 
Impulso 85
Impulso 85Impulso 85
Impulso 85
 
Impulso 84
Impulso 84Impulso 84
Impulso 84
 
Impulso 82
Impulso 82Impulso 82
Impulso 82
 
Impulso 83
Impulso 83Impulso 83
Impulso 83
 
Impulso 79
Impulso 79Impulso 79
Impulso 79
 
Impulso 77
Impulso 77Impulso 77
Impulso 77
 
Impulso 76
Impulso 76Impulso 76
Impulso 76
 
Impulso 74
Impulso 74Impulso 74
Impulso 74
 
Impulso 72
Impulso 72Impulso 72
Impulso 72
 
Impulso 68
Impulso 68Impulso 68
Impulso 68
 
Impulso 67
Impulso 67Impulso 67
Impulso 67
 

Impulso 40

  • 1. 4 IMPULSO SECCIÓN SINDICAL C.I.G. PSA-PEUGEOT CITROËN O intento de desprestixiar ós sindicatos por parte dos medios de co- municación, nas mans dos grupos finan- ceiros, non é unha casualidade. A in- tención non é outra máis que os traba- lladores e traballadoras non se organi- cen; que afronten os seus problemas en solitario, pois desta maneira a indefen- sión é total. Plásmase esta situación naque- les sectores onde non existe vida sindi- cal, como por exemplo, a hostalería, ou o comercio. O persoal traballa 12 e 14 horas diarias, cando non máis, por pou- co máis do salario mínimo. En moitos casos teñen un contrato a tempo parcial, cotizando por catro horas, e facéndoos traballar máis do dobre, etc. Estes son algúns exemplos. ¿ Que significa isto? Que a patronal, cando non ten enfronte ó sin- dicato, abusa e explota ó máximo ós traballadores e traballadoras, con condi- cións que non teñen nada que envexar ás que se padeceron hai máis de 100 anos. E estamos a falar daquelas cuestións que son dereitos recoñecidos. É dicir, que esta patronal ignora, pasa por enriba destes dereitos para adquirir ilegalmente maiores beneficios. Son as consecuencias do baixo nivel de concienciación sindical exis- tente na sociedade obreira. Hai que escoller: ou sindicalis- mo, ou escravitude. AUSENCIA SINDICAL, VERSUS VORACIDADE PATRONAL IMPULSO Confederación Intersindical GalegaEdita: Sección Sindical C.I.G. - PSA Peugeot-Citroën Nº 42 - Outubro 2002 As eleccións sindicais é unha cuestión que lle compete exclusivamente ós sindicatos. A Empresa só ten a obriga de poñer os medios necesarios para poder celebralas, pero a propia lei pro- híbelle intervir no proceso, sobre todo, de facer propaganda nunha dirección determinada, nin de manipular as conciencias dos traba- lladores e traballadoras por medio de promesas varias. Por elo esiximos que non se repitan actuacións anteriores e se respecte a legalidade vixente en tódolos extremos. ¡ Que se deixe, dunha vez, ós traballadores e traballado- ras en paz! ¡ Que voten por quen queiran en liberdade! Polo menos nós, os demócratas, os que respectamos a libre vontade das persoas, é o que pretendemos. SUMARIO: ♠ Polo voto en liberda- de ♠ Catro anos despois (III) ♠ Convivir SEMPRE NA TÚA DEFENSA POLO VOTO EN LIBERDADE
  • 2. 2 IMPULSO SECCIÓN SINDICAL C.I.G. PSA-PEUGEOT CITROËN QUENDA DA NOITE.- Na creación da quenda de noite tivo moito que ver a defensa sindical que sae realizou a favor do emprego, reducindo ó máximo as horas extras. Ó nacer con algunhas in- cógnitas, obrigounos a adquirir un ma- ior grado de responsabilidade na procu- ra da súa consolidación. Unha das características desta quenda é o alto grao de flexibilidade con que se puxo en marcha; flexibilida- de que intentamos corrixir, polo menos naqueles casos que, ó noso xuízo, se recorría a ela para cubrir deficiencias organizativas. Precisamente, por ser unha quen- da nova, e con problemas de todo tipo, potenciados por ser persoal eventual, a CIG deu o primeiro paso para nomear un Delegado Sindical. Foi necesario iniciar un proceso de reclamacións, tanto a nivel indivi- dual como colectivo, para facerlle ver á Dirección que, aceptando algunhas par- ticularidades, non podía ser un caixón de xastre, onde valía todo. Dende o pri- meiro momento preocupou- nos a idea que se percibía de estar implantando dúas culturas laborais: unha de día e outra de noite. É o que intentamos evi- tar. Pasamos dunha situación, na cal, se cometían innumerables abusos, qui- zais, en parte, debido á falta de expe- riencia dos novos mandos, chegando a cuestionarse, in- cluso, os dereitos máis elementais do persoal eventual, por ter esta característica, ata a situación actual, na que van quedando erradicados na súa grande maioría os vicios máis sa- lientables. Seguimos insistindo, fundamen- talmente, en lograr un calendario labo- ral estable e o respecto ós horarios esta- blecidos dentro dun período razoable. Estamos convencidos da súa necesidade e da posibilidade de levalo a cabo. EMPREGO.- Tendo en conta que a CIG está preocupada porque a mocidade galega teña un futuro mellor, e que nos últimos tres anos tiveron que emigrar a outras zonas do Estado para topar un posto de traballo máis de 50.000 mozos e mozas, a aposta que fixemos pola cre- ación do quenda de noite foi moi impor- tante. Significou unha saída para unha parte desa xuventude, que nós temos que considerar. Son persoas que poden seguir vivindo no seu propio país. Foron os compromisos neste sentido o que decidiu a nosa actitude ante a negocia- ción colectiva. Neste tema concentramos os noso esforzos en tres aspectos: 1.- Partindo do principio de que todo o mundo ten dereito a un posto de traballo, a nosa reivindicación foi de que se consideraran as solicitudes de traballo por orden de chegada. 2.- Ante o grande número de contratos eventuais que existen actual- mente, para garantir a igualdade de oportunidades, defendemos sempre que os contratos indefinidos tiñan que facer- se por orde de antigüidade. 3.- No que se refire ó cambio de quenda de noite para día, dende que vimos posibilidades de levalo a cabo, inmediatamente volvemos votar man do (Continúa na páXina 3) CATRO ANOS DESPOIS (III) 3 IMPULSO SECCIÓN SINDICAL C.I.G. PSA-PEUGEOT CITROËN principio de antigüidade no contrato para facer estes cambios. As reivindicacións destes tres puntos, de aplicalas a Empresa, remata- ría con todo tipo de suspicacias, actuarí- ase con máis xustiza e teriamos a segu- ridade de beneficiármonos todos, antes ou despois. Somos conscientes de que aínda queda lonxe esta conquista, pero sempre se comezou reivindicando aque- lo que parecía lonxano, ata facelo posi- ble. (Vén da páxina 2) Aconvivencia entre persoas sempre pode crear algún tipo de tira- mentos. Dependerá sempre do carácter e das circunstancias persoais de cada un ou unha, pero o que reviste maior im- portancia, para ben ou para mal, e o grado de madurez que cada humano teñamos. Disto vai depender a calidade das relacións. Dende un tempo a esta parte vimos observando un certo incremento da crispación, sobre todo en algúns ta- lleres, e a aparición, cada vez máis fre- cuentemente, de casos de depresión. Non é a sociedade na que vivi- mos a máis adecuada, precisamente, para manternos sans mentalmente, pois estamos sometidos a todo tipo de pre- sións, e esta realidade tamén se dá no centro de traballo. Queda sempre algún responsable que, por estar sometido, tamén, á presión, por falta de sensibili- dade ou dunha formación adecuada, non canalizan humanamente estes ca- sos. Todo isto sucede, é verdade. Pero, se, nalgún caso, se da a circunstancia de que nós non somos capaces de com- prender á persoa que está ó noso lado, estaremos axudando a manter este am- biente negativo. Pola contra, unha acti- tude de sincero compañeirismo serviría para equilibrar, nalgunha medida, as distintas presións recibidas de tódalas partes. Sexamos conscientes de que convivimos 8 horas diarias, debendo aproveitar este tempo para incrementar e afondar nas relacións intelectuais. Esta actitude favoreceríanos a todos e todas. O contrario significaría colaborar na destrucción, máis ou menos intensa- mente, dos demais. Medremos, pois, en madurez. Iranos mellor en tódalas ordes da nosa vida. CONVIVIR