SlideShare a Scribd company logo
1 of 2
Download to read offline
4
IMPULSO SECCIÓN SINDICAL C.I.G. PSA-PEUGEOT CITROËN
O pasado día 2 de febrei-
ro celebrouse a asemblea
xeral extraordinaria da mutua-
lidade. Nela informouse ós
socios compromisarios do
resultado das contas do ano
2003, así como da cantidade
que en concepto de Derrama
Activa, este ano ascende á 54
euros ( 9.000 ptas).
Así mesmo informouse de
que o número de compañei-
ros/as que este ano que re-
matou percibiron a axuda por
xubilación ós 65 anos foi de
27. Recordamos que, como xa
explicamos nunha anterior
publicación, que este é o
último ano que se percibe esta
compensación por xubilación,
dado que cada mutualista xa
ten acumulada unha derrama
similar ou superior.
MUTUALIDADE
Manter durante oito
meses unha protesta das
características da que se levou
a cabo en Montaxe pola elimi-
nación dos 10 minutos, co que
supuxo de sacrifi-
cio e de incomo-
didades dos
traballadores e
traballadoras
participantes, só
pode valorarse
dende unha
perspectiva glo-
bal de loita de
tódolos traballadores e traba-
lladoras polos nosos dereitos.
Foron moitos meses
de compañeirismo, de resis-
tencia, que demostraron o que
pode lograr a solidariedade. É
certo que non recuperamos os
10 minutos, pero ganámonos
o respecto propio e o dos
demais, aínda que isto non o
van dicir nunca. Quedamos
sen os 10 minutos, pero gana-
mos en dignidade obreira, o
que debe terse en conta para
o futuro.
Polo medio tamén
houbo miserias sindicais, pero
isto non debemos telo en
conta; ó fin e ó cabo, non son
estas as que nos solucionan
os problemas, senón a entre-
ga solidaria, o sentimento de
unidade por enriba de diferen-
tes maneiras de pensar. É
dicir, a actitude coherente e
honesta de todos e todas
aqueles que "deron o callo"
para defender un dereito de
todos. Isto é o que pervive, da
exemplo e fai historia.
DERON O CALLO
IMPULSOEdita: Sección Sindical C.I.G. - PSA Peugeot-Citroën
Nº - 55 Febreiro 2004
As empresas do Grupo PSA PEUGEOT CITROËN velan polo respecto dos dereitos dos seus empregados. Teñen
por principio non aplicar ningunha discriminación, nin na contratación nin nas relacións de traballo, tratando a cada
persoa con dignidade e respectando totalmente a súa vida privada. (Código Ético de PSA PEUGEOT-CITROËN)
Sumario:
Contratación indefinida
Flexibilidade labogal e
dignidade humana
Convenio Colectivo 2004
Documento de acción
sindical
“Deron o Callo”
Mutualidade
A finais de xaneiro
entregáronsenos as listas
do persoal que pasaba a
ter contrato indefinido,
quedando pendiente unha
reunión da comisión de
emprego para cotexar os
datos.
Sen entrar aquí na
valoración cuantitativa, de
novo manifestamos a nosa
discordancia coa maneira
en que a Dirección realiza
ditas contratacións. Rebe-
lámonos e rebelarémonos
sempre en contra de que
as persoas con máis anti-
güidade nos contratos, e
que están preto dos 30
anos ou pasen deles se
queden atrás, e sen em-
bargo pasen a indefinidos
os máis novos en idade e
en contratos. Esta é unha
política inxusta e discrimi-
natoria, véxase por onde
se vexa, a máis de revestir
un carácter de certa inhu-
manidade, pois non se
teñen en conta as situa-
cións persoais nas que se
vén os traballadores e
traballadoras afectados,
despois de deixar o seu
esforzo nesta fábrica du-
rante estes anos. Alegrá-
monos polos poucos ca-
sos, pois algúns houbo,
que pasaron a indefinidos
cunha idade sobre a trinte-
na, pero unha política labo-
ral san, democrática e
humanitaria require ter en
conta o que vimos defen-
dendo ano tras ano. A
aplicación duns criterios
claros e xustos neste senti-
do, eliminarían suspicacias
e toda clase de maledicen-
cias. Nós seguiremos de-
fendendo este camiño.
CONTRATACIÓN INDEFINIDA
2
IMPULSO SECCIÓN SINDICAL C.I.G. PSA-PEUGEOT CITROËN
O concepto de flexibilidade
está tan manido que serve
para todo; pero utilízase sem-
pre como eufemismo para
enmascarar a sinxela explota-
ción, sen máis
Tal como se desenvolve
hoxe o mundo industrial pare-
ce necesaria certa flexibilidade
laboral, pero usada no seu
teórico significado, é dicir:
- Capacidade para desen-
volver varios postos de traba-
llo.
- Capacidade para formar-
se, favorecendo a mobilidade
funcional.
- Organizar quendas diver-
sas para poder realizar a
producción dunha maneira
óptima.
Pero estas medidas deben
ter un límite: salvagardar a
dignidade dos traballadores e
traballadoras, e salvagárdase
esta dignidade cando se reco-
ñecen as capacidades perso-
ais para acceder a categorías
correspondentes, sen que
existan situacións de discrimi-
nación ou desidia por parte da
Dirección da Empresa; cando
os horarios de traballo se
organizan tendo en conta a
influencia que estes teñen
sobre a saúde física e psíquica
das persoas; cando as cargas
de traballo están dentro de
límites razoables; cando un
contrato de traballo non se
utiliza como arma de submi-
sión.
Expresado doutra manei-
ra: a flexibilidade convértese
en explotación cando ditas
capacidades profesionais non
son recoñecidas e, sen embar-
go aprovéitase a disposición e
os coñecementos persoais, a
responsabilidade profesional
individual no traballo para
fabricar o producto, o que
inflúe positivamente na súa
calidade. Pero compróbase
logo como se lles aplica este
recoñecemento a outras per-
soas que non reúnen estas
calidades.
Tamén a flexibilidade con-
vértese en explotación cando
as quendas e os horarios de
traballo non contemplan a vida
familliar e social dos traballa-
dores e traballadoras, senón
en base ó criterio do respon-
sable respectivo, ó que o
único que lle preocupa é saír
do paso a calquera prezo;
cando se aplica consciente-
mente unha sobrecarga na
realización do traballo.
Así mesmo, explótase ó
persoal cando se contrata a
este para "usar e tirar", e non
se lle garante un futuro, nin se
lle ten en conta os anos de
traballo realizados.
Ou sexa, existe explota-
ción e, polo tanto, aténtase
contra a dignidade humana,
cando da flexibilidade se fai un
dogma, unha escusa para que
os traballadores e traballado-
ras rebaixemos os nosos
dereitos a un nivel inferior,
agredindo as nosas condicións
de vida e traballo actuais.
Cando se nos trata de enganar
coa necesidade de que acep-
temos unha situación de in-
xustiza e de miseria, como
"solución" dos nosos propios
males; pero o único que se
soluciona son os intereses
daqueles que utilizan esta
táctica, e que agrandan osten-
tosamente o seu patrimonio ás
nosas costas.
Nunca debemos perder de
vista esta situación.
FLEXIBILIDADE LABORAL E DIGNIDADE HUMANA
3
IMPULSO SECCIÓN SINDICAL C.I.G. PSA-PEUGEOT CITROËN
Diante da próxima nego-
ciación colectiva, e a parte das
reivindicacións normais e que
no anteproxecto aprobado
pola asemblea de afiliados/as
vos faremos chegar, hai te-
mas, ademais do económico,
sobre os cales pretendemos
incidir por consideralos de
máxima importancia:
1.- EMPREGO
* solucionar o problema
do persoal con contrato de 4
horas.
* incrementar o cadro de
persoal con contrato indefini-
do.
* establecer criterios
xustos e verificables, tanto
para a contrataciòn indefinida
como eventual, desterrando
dunha vez a discriminación
que os responsables nesta
materia veñen aplicando.
2.– XUBILACIÓNS
As xubilaacións parciais
(60 ou máis anos), non amor-
tizarán o 15% da xornada
laboral
3.– CATEGORÍAS
Reducir os prazos de
ascensos á categoría superior
(ata Profesional de 2ª B), por
considerar exesivo os 5 anos
actuais.
En canto ós Profesionais
de oficio (a partir de Profesio-
nal de 2ª A), propoñemos o
ascenso automático a partir
dos 10 anos. Así mesmo para
os Of. de 2ª Técnicos e Admi-
nistrativos.
No que respecta á mobili-
dade funcional, reclamamos o
ascenso automático naqueles
casos nos que se realicen
durante 9 meses traballados
en superior categoría.
4.– QUENDA DE NOITE
Conscientes de tóda-
las dificultades coa que nos
atopamos nesta quenda, pre-
tendemos racionalizar o seu
funcionamento, de tal maneira
que se faga compatible o seu
funcionamento coas necesida-
des dos traballadores e traba-
lladoras.
5.– CONCILIACIÓN DA
VIDA FAMILIAR NO TRABALLO
Pretendemos introducir no
Convenio parte da lexislación
existente sobre esta materia,
pois cada día é máis importan-
te, polas necesidades que se
nos presentan no seo das
familias.
A reivindicación de que se
tramite a construcción dunha
gardería vai tamén neste sen-
tido.
Pola nosa parte encara-
mos esta negociación co áni-
mo de avanzar en tódolos
terreos. Os traballadores e
traballadoras desta empresa
temos dereito a mellorar nas
nosas condicións de vida e
traballo.
Despois dun debate nos
órganos da Sección Sindical, o
pasado día 29 asinouse en
Madrid, estando presentes
tódolos sindicatos do Grupo
PSA no Estado Español, un
documento, polo cal o Grupo
recoñece a importancia da
existencia dos sindicatos; fai
fincapé na necesidade dunha
política de diálogo estable e
recoñece que, incluso, os
desacordos forman parte das
relacións sociais e laborais.
É un documento marco
que engloba a todo o Grupo.
No futuro poderíase concretar
en cada centro de traballo.
Parécenos interesante se,
tal e como se desprende da
súa lectura, de verdade se
pretende establecer unhas
relacións laborais normais.
Comprobarémolo coa expe-
riencia futura.
DOCUMENTO DE ACCIÓN SINDICAL
CONVENIO 2004

More Related Content

Viewers also liked (20)

Impulso 87
Impulso 87Impulso 87
Impulso 87
 
Impulso 46
Impulso 46Impulso 46
Impulso 46
 
Impulso 76b
Impulso 76bImpulso 76b
Impulso 76b
 
Impulso 54
Impulso 54Impulso 54
Impulso 54
 
Impulso 49
Impulso 49Impulso 49
Impulso 49
 
Impulso 56
Impulso 56Impulso 56
Impulso 56
 
Impulso 77
Impulso 77Impulso 77
Impulso 77
 
Impulso 88
Impulso 88Impulso 88
Impulso 88
 
Impulso 43
Impulso 43Impulso 43
Impulso 43
 
Impulso 67
Impulso 67Impulso 67
Impulso 67
 
Impulso 73
Impulso 73Impulso 73
Impulso 73
 
Impulso 63
Impulso 63Impulso 63
Impulso 63
 
Impulso 82
Impulso 82Impulso 82
Impulso 82
 
Impulso 68
Impulso 68Impulso 68
Impulso 68
 
Impulso 52
Impulso 52Impulso 52
Impulso 52
 
Impulso 85
Impulso 85Impulso 85
Impulso 85
 
Impulso 72
Impulso 72Impulso 72
Impulso 72
 
Impulso 58
Impulso 58Impulso 58
Impulso 58
 
Impulso 83
Impulso 83Impulso 83
Impulso 83
 
Impulso 60
Impulso 60Impulso 60
Impulso 60
 

Similar to Impulso 55 (20)

Impulso 92
Impulso 92Impulso 92
Impulso 92
 
Impulso 40
Impulso 40Impulso 40
Impulso 40
 
Impulso 91
Impulso 91Impulso 91
Impulso 91
 
Impulso 95
Impulso 95Impulso 95
Impulso 95
 
Impulso 93
Impulso 93Impulso 93
Impulso 93
 
Impulso 75
Impulso 75Impulso 75
Impulso 75
 
Impulso 48
Impulso 48Impulso 48
Impulso 48
 
Impulso 97
Impulso 97Impulso 97
Impulso 97
 
Manifesto%20 conxunto%20mobilizacions%20cc.oo.%20 %20ugt%20sector%20grandes%2...
Manifesto%20 conxunto%20mobilizacions%20cc.oo.%20 %20ugt%20sector%20grandes%2...Manifesto%20 conxunto%20mobilizacions%20cc.oo.%20 %20ugt%20sector%20grandes%2...
Manifesto%20 conxunto%20mobilizacions%20cc.oo.%20 %20ugt%20sector%20grandes%2...
 
Contra a Reforma Laboral
Contra a Reforma LaboralContra a Reforma Laboral
Contra a Reforma Laboral
 
Novas 1038
Novas 1038 Novas 1038
Novas 1038
 
Comunicado hostaleria pont 02
Comunicado hostaleria pont 02Comunicado hostaleria pont 02
Comunicado hostaleria pont 02
 
Impulso 64
Impulso 64Impulso 64
Impulso 64
 
Novas febreiro 17
Novas febreiro 17Novas febreiro 17
Novas febreiro 17
 
Novas da Xustiza Febreiro 2017
Novas da Xustiza Febreiro 2017Novas da Xustiza Febreiro 2017
Novas da Xustiza Febreiro 2017
 
Novas da Xustiza febreiro 2017
Novas da Xustiza febreiro 2017 Novas da Xustiza febreiro 2017
Novas da Xustiza febreiro 2017
 
Impulso 44
Impulso 44Impulso 44
Impulso 44
 
Comunicado comercio alimentación pont (firma)
Comunicado comercio alimentación pont (firma)Comunicado comercio alimentación pont (firma)
Comunicado comercio alimentación pont (firma)
 
Plataforma comercio alimentación 2012 (pontevedra)
Plataforma comercio alimentación 2012 (pontevedra)Plataforma comercio alimentación 2012 (pontevedra)
Plataforma comercio alimentación 2012 (pontevedra)
 
Impulso 51
Impulso 51Impulso 51
Impulso 51
 

More from Impulso CIG Citroën (8)

Impulso 96
Impulso 96Impulso 96
Impulso 96
 
Impulso 94
Impulso 94Impulso 94
Impulso 94
 
Impulso 2
Impulso 2Impulso 2
Impulso 2
 
Impulso 5
Impulso 5Impulso 5
Impulso 5
 
Impulso 86
Impulso 86Impulso 86
Impulso 86
 
Impulso 84
Impulso 84Impulso 84
Impulso 84
 
Impulso 79
Impulso 79Impulso 79
Impulso 79
 
Impulso 76
Impulso 76Impulso 76
Impulso 76
 

Impulso 55

  • 1. 4 IMPULSO SECCIÓN SINDICAL C.I.G. PSA-PEUGEOT CITROËN O pasado día 2 de febrei- ro celebrouse a asemblea xeral extraordinaria da mutua- lidade. Nela informouse ós socios compromisarios do resultado das contas do ano 2003, así como da cantidade que en concepto de Derrama Activa, este ano ascende á 54 euros ( 9.000 ptas). Así mesmo informouse de que o número de compañei- ros/as que este ano que re- matou percibiron a axuda por xubilación ós 65 anos foi de 27. Recordamos que, como xa explicamos nunha anterior publicación, que este é o último ano que se percibe esta compensación por xubilación, dado que cada mutualista xa ten acumulada unha derrama similar ou superior. MUTUALIDADE Manter durante oito meses unha protesta das características da que se levou a cabo en Montaxe pola elimi- nación dos 10 minutos, co que supuxo de sacrifi- cio e de incomo- didades dos traballadores e traballadoras participantes, só pode valorarse dende unha perspectiva glo- bal de loita de tódolos traballadores e traba- lladoras polos nosos dereitos. Foron moitos meses de compañeirismo, de resis- tencia, que demostraron o que pode lograr a solidariedade. É certo que non recuperamos os 10 minutos, pero ganámonos o respecto propio e o dos demais, aínda que isto non o van dicir nunca. Quedamos sen os 10 minutos, pero gana- mos en dignidade obreira, o que debe terse en conta para o futuro. Polo medio tamén houbo miserias sindicais, pero isto non debemos telo en conta; ó fin e ó cabo, non son estas as que nos solucionan os problemas, senón a entre- ga solidaria, o sentimento de unidade por enriba de diferen- tes maneiras de pensar. É dicir, a actitude coherente e honesta de todos e todas aqueles que "deron o callo" para defender un dereito de todos. Isto é o que pervive, da exemplo e fai historia. DERON O CALLO IMPULSOEdita: Sección Sindical C.I.G. - PSA Peugeot-Citroën Nº - 55 Febreiro 2004 As empresas do Grupo PSA PEUGEOT CITROËN velan polo respecto dos dereitos dos seus empregados. Teñen por principio non aplicar ningunha discriminación, nin na contratación nin nas relacións de traballo, tratando a cada persoa con dignidade e respectando totalmente a súa vida privada. (Código Ético de PSA PEUGEOT-CITROËN) Sumario: Contratación indefinida Flexibilidade labogal e dignidade humana Convenio Colectivo 2004 Documento de acción sindical “Deron o Callo” Mutualidade A finais de xaneiro entregáronsenos as listas do persoal que pasaba a ter contrato indefinido, quedando pendiente unha reunión da comisión de emprego para cotexar os datos. Sen entrar aquí na valoración cuantitativa, de novo manifestamos a nosa discordancia coa maneira en que a Dirección realiza ditas contratacións. Rebe- lámonos e rebelarémonos sempre en contra de que as persoas con máis anti- güidade nos contratos, e que están preto dos 30 anos ou pasen deles se queden atrás, e sen em- bargo pasen a indefinidos os máis novos en idade e en contratos. Esta é unha política inxusta e discrimi- natoria, véxase por onde se vexa, a máis de revestir un carácter de certa inhu- manidade, pois non se teñen en conta as situa- cións persoais nas que se vén os traballadores e traballadoras afectados, despois de deixar o seu esforzo nesta fábrica du- rante estes anos. Alegrá- monos polos poucos ca- sos, pois algúns houbo, que pasaron a indefinidos cunha idade sobre a trinte- na, pero unha política labo- ral san, democrática e humanitaria require ter en conta o que vimos defen- dendo ano tras ano. A aplicación duns criterios claros e xustos neste senti- do, eliminarían suspicacias e toda clase de maledicen- cias. Nós seguiremos de- fendendo este camiño. CONTRATACIÓN INDEFINIDA
  • 2. 2 IMPULSO SECCIÓN SINDICAL C.I.G. PSA-PEUGEOT CITROËN O concepto de flexibilidade está tan manido que serve para todo; pero utilízase sem- pre como eufemismo para enmascarar a sinxela explota- ción, sen máis Tal como se desenvolve hoxe o mundo industrial pare- ce necesaria certa flexibilidade laboral, pero usada no seu teórico significado, é dicir: - Capacidade para desen- volver varios postos de traba- llo. - Capacidade para formar- se, favorecendo a mobilidade funcional. - Organizar quendas diver- sas para poder realizar a producción dunha maneira óptima. Pero estas medidas deben ter un límite: salvagardar a dignidade dos traballadores e traballadoras, e salvagárdase esta dignidade cando se reco- ñecen as capacidades perso- ais para acceder a categorías correspondentes, sen que existan situacións de discrimi- nación ou desidia por parte da Dirección da Empresa; cando os horarios de traballo se organizan tendo en conta a influencia que estes teñen sobre a saúde física e psíquica das persoas; cando as cargas de traballo están dentro de límites razoables; cando un contrato de traballo non se utiliza como arma de submi- sión. Expresado doutra manei- ra: a flexibilidade convértese en explotación cando ditas capacidades profesionais non son recoñecidas e, sen embar- go aprovéitase a disposición e os coñecementos persoais, a responsabilidade profesional individual no traballo para fabricar o producto, o que inflúe positivamente na súa calidade. Pero compróbase logo como se lles aplica este recoñecemento a outras per- soas que non reúnen estas calidades. Tamén a flexibilidade con- vértese en explotación cando as quendas e os horarios de traballo non contemplan a vida familliar e social dos traballa- dores e traballadoras, senón en base ó criterio do respon- sable respectivo, ó que o único que lle preocupa é saír do paso a calquera prezo; cando se aplica consciente- mente unha sobrecarga na realización do traballo. Así mesmo, explótase ó persoal cando se contrata a este para "usar e tirar", e non se lle garante un futuro, nin se lle ten en conta os anos de traballo realizados. Ou sexa, existe explota- ción e, polo tanto, aténtase contra a dignidade humana, cando da flexibilidade se fai un dogma, unha escusa para que os traballadores e traballado- ras rebaixemos os nosos dereitos a un nivel inferior, agredindo as nosas condicións de vida e traballo actuais. Cando se nos trata de enganar coa necesidade de que acep- temos unha situación de in- xustiza e de miseria, como "solución" dos nosos propios males; pero o único que se soluciona son os intereses daqueles que utilizan esta táctica, e que agrandan osten- tosamente o seu patrimonio ás nosas costas. Nunca debemos perder de vista esta situación. FLEXIBILIDADE LABORAL E DIGNIDADE HUMANA 3 IMPULSO SECCIÓN SINDICAL C.I.G. PSA-PEUGEOT CITROËN Diante da próxima nego- ciación colectiva, e a parte das reivindicacións normais e que no anteproxecto aprobado pola asemblea de afiliados/as vos faremos chegar, hai te- mas, ademais do económico, sobre os cales pretendemos incidir por consideralos de máxima importancia: 1.- EMPREGO * solucionar o problema do persoal con contrato de 4 horas. * incrementar o cadro de persoal con contrato indefini- do. * establecer criterios xustos e verificables, tanto para a contrataciòn indefinida como eventual, desterrando dunha vez a discriminación que os responsables nesta materia veñen aplicando. 2.– XUBILACIÓNS As xubilaacións parciais (60 ou máis anos), non amor- tizarán o 15% da xornada laboral 3.– CATEGORÍAS Reducir os prazos de ascensos á categoría superior (ata Profesional de 2ª B), por considerar exesivo os 5 anos actuais. En canto ós Profesionais de oficio (a partir de Profesio- nal de 2ª A), propoñemos o ascenso automático a partir dos 10 anos. Así mesmo para os Of. de 2ª Técnicos e Admi- nistrativos. No que respecta á mobili- dade funcional, reclamamos o ascenso automático naqueles casos nos que se realicen durante 9 meses traballados en superior categoría. 4.– QUENDA DE NOITE Conscientes de tóda- las dificultades coa que nos atopamos nesta quenda, pre- tendemos racionalizar o seu funcionamento, de tal maneira que se faga compatible o seu funcionamento coas necesida- des dos traballadores e traba- lladoras. 5.– CONCILIACIÓN DA VIDA FAMILIAR NO TRABALLO Pretendemos introducir no Convenio parte da lexislación existente sobre esta materia, pois cada día é máis importan- te, polas necesidades que se nos presentan no seo das familias. A reivindicación de que se tramite a construcción dunha gardería vai tamén neste sen- tido. Pola nosa parte encara- mos esta negociación co áni- mo de avanzar en tódolos terreos. Os traballadores e traballadoras desta empresa temos dereito a mellorar nas nosas condicións de vida e traballo. Despois dun debate nos órganos da Sección Sindical, o pasado día 29 asinouse en Madrid, estando presentes tódolos sindicatos do Grupo PSA no Estado Español, un documento, polo cal o Grupo recoñece a importancia da existencia dos sindicatos; fai fincapé na necesidade dunha política de diálogo estable e recoñece que, incluso, os desacordos forman parte das relacións sociais e laborais. É un documento marco que engloba a todo o Grupo. No futuro poderíase concretar en cada centro de traballo. Parécenos interesante se, tal e como se desprende da súa lectura, de verdade se pretende establecer unhas relacións laborais normais. Comprobarémolo coa expe- riencia futura. DOCUMENTO DE ACCIÓN SINDICAL CONVENIO 2004