SlideShare a Scribd company logo
1 of 10
Download to read offline
novas da xustiza
Número 1028 Edita: CCOO de Xustiza 26 de maio de 2014
Mesa sectorial
ASÍ NOS IRÁ
Priorizar a mediática nova oficina xudicial
sobre os problemas laborais dos traballadores
(arquivos, substitucións, gardas,...)
determinou que as organizacións sindicais
plantáramos á Dirección Xeral até unha
negociación seria en beneficio dos nosos
compañeiros. Non lles imos facer a campaña!
Páxina 3
Gardas nos Xulgados de Instrución
Denuncia ante a Inspección de Traballo
A desidia da Dirección Xeral e a nova figura que ordena a nosa
xornada por decisión unilateral e paralegal, o secretario
coordinador, permiten xornadas maratonianas nas gardas de
instrución, que poden chegar a superar as 60 horas semanais
Páxina 5
Represión sindical
Tres anos de prisión para dúas
traballadoras por botar colorante
nunha piscina
No novo mundo que nos queren impor, a eliminación da
protesta, a represión, a criminalización dos que reivindican os
seus dereitos lexítimos é un requisito sine qua nom para
conseguir os seus fins: a impunidade da explotación laboral,
conduce a decisións cruentas como esta. Quérennos mudos e
escravos! Páxina 7
Taboleiro de avisos
Concurso de traslado
Publicado no DOG e BOE do
19 de maio. O prazo de
presentación de instancias
remata o 20 de maio.
Recomendamos o uso do
AINOA para evitar erros
MESA SECTORIAL
23/05/14
Ante a presión sindical a
Dirección Xeral convoca
mesa sectorial para este
venres
2Novas da Xustiza
Editorial
Van a por todas: o rostro
inhumano do capital
O memorandum que o estado español enviou
a Europa para o periodo 2014-2017 prevé un
recorte de 48.000 millóns en gasto público.
Cando remate a campaña electoral poñede os
chalecos antibalas
Páxina 9
Humor
Brotes verdes para daltónicos
Por Bernardo Vergara
Publicado na nosa páxina web
Outras novas
 CCOO na negociación da LOPX
 Concurso de traslado: publicación no BOE
 Recuperación dos días por antigüidade
3Novas da Xustiza
Mesa sectorial
Así nos irá…
O pasado martes 13 de maio, a Dirección Xeral de Xustiza convocou ás organizacións
sindicais a Mesa Sectorial, a fin de tratar a nova oficina fiscal e o decreto de nova oficina
xudicial.
Tras anos de recortes, de nulo respecto pola negociación colectiva e de decisións unilaterais
abusivas, CCOO, UGT e CiG, postura que tamén compartiu USO, decidimos non acudir a lavar
a cara a unha Dirección Xeral empeñada en vender grandes alardes moi afastados da
realidade: por moita nova oficina fiscal e xudicial, que publican nos medios antes incluso de
seren negociadas, os traballadores e traballadoras da Xustiza sabemos que o colapso, con
redución de medios persoais e materias e vulneración de dereitos constantes, non se
soluciona con catro titulares de prensa.
E por iso, por respecto aos compañeiros, polo que nos negamos a negociar só o que marca a
axenda política da Dirección Xeral, na que tamén incluíu no pasado:
- Eliminación da paga extra de decembro de 2012
- Eliminación do 4% da masa salarial (mínimo 400 euros nas extras) sine die
- Conxelación salarial dende 2010
- Decreto de IT’s: poderemos pagar máis de 400 euros por cometer o delito de enfermar
- Atribución de novas funcións
- Amortización do 5% do cadro de persoal no 2012
- Un futuro incerto para máis do 30% do cadro de persoal coas reformas do Rexistro Civil
ou a Lei Orgánica do Poder Xudicial
- Perda de días de vacacións e asuntos propio... e un largo etcétera
4Novas da Xustiza
Todas estas decisións foron impostas, e quizais sexa a hora de dicir até aquí chegamos. Non
é unha cuestión de parar o golpe do rodillo, o que non podemos é ser cómplices dese mesmo
rodillo, entrando ao xogo dos recortes como espectadores, sen ningún tipo de oposición máis
que a participación no paripé no que converteron as mesas sectoriais.
Polo tanto as organizacións sindicais contestamos á convocatoria, non negándonos, senón
demandando que se incluíran os seguintes temas:
- Arquivos e expurgo: polo incumprimento do compromiso de nomear dous funcionarios
itinerantes por provincia, cando hai xulgados sobresaturados, como os sociais, aos que xa se
lles está a impor esta función.
- Substitucións: pasaron xa seis meses dende que a Dirección Xeral se comprometeu a
procurar unha solución, para que a igual traballo igual salario
- Aplicación dos cómputos horarios nos SACES por dilixencias urxentes
- Gardas nos xulgados de instrución: un novo golpe de mano que, ao igual que pasa co
expurgo, deixa aos secretarios coordinadores a ordenación paralegal das nosas funcións
Esta decisión de non acudir senón se falaba primeiro dos compromisos incumpridos, foi
comunicada ao sindicato CSIF, quen, nunha postura oportunista e demagóxica, acudiu en
solitario a facerlle o xogo a administración, rachando unha unidade necesaria para sumar
forzas contra o expolio.
A Dirección Xeral volveu demostrar que o colectivo de funcionarios non está na súa
prioridade, e si o está ese deseño moderno de oficina que, subrepticiamente, agocha
reordenacións, mobilidade salvaxe e amortizacións. E si, así nos vai.
A presión sindical obriga á Adminsitración a unha nova convocatoria para este venres.
A pesares de que un sindicato si acudiu a mesa anterior, esta foi suspendida e non se
deu nada por negociado. CCOO seguirá a defender os intereses dos traballadores e
traballadoras que representa.
5Novas da Xustiza
Gardas Instrución
CCOO, UGT E CIG DENUNCIAN
O ABUSO LABORAL ANTE A
INSPECCIÓN
As Organizacións Sindicais consideran responsable á
Dirección Xeral por omisión do seu deber e á secretaria
coordinadora por alterar a xornada laboral superando as 48
horas semanais que establece a lexislación europea
CCOO, UGT e CIG veñen de denunciar ante a Inspección de
Traballo a intolerable intromisión na nosa xornada e horarios por
parte dalgún Secretario Xudicial nos Xulgados de Instrución da
Coruña.
Até o de agora establecíanse quendas rotatorias entre os sete
funcionarios da garda nas tardes e fins de semana, sistema que
funcionaba e prestaba un servizo eficaz.
O recurso dunha funcionaria, desestimado pola Secretaria
Coordinadora no súa resolución, foi utilizado por un Secretario dun
xulgado concreto, baseándose perniciosamente nos razoamentos
xurídicos, que non poden servir de base para ditar un acordo,
senón tan só o fallo, para obrigar aos sete funcionarios da garda a
completar o horario completo, isto é 52 horas mínimo.
Este horario contravén de plano a directiva europea 2003/88/CE,
de directa aplicación no noso país e que establece un tope máximo
de 48 horas semanais na xornada de traballo. Denunciada a
situación ante a Dirección Xeral, non deu resposta, unha vez máis,
eludindo as competencias que lle corresponden, polo que tamén se
inclúe como denunciada no escrito.
Ao igual que sucede cos Arquivos e Expurgo, vemos como a
complicidade da Dirección Xeral permite que os secretarios
Enlace á denuncia ante a
Inspección de traballo,
preme aquí
6Novas da Xustiza
coordinadores asuman de facto a ordenación das nosas funcións
non xurisdicionais e as competencias sobre xornada e horarios.
Ademais da denuncia ante a inspección de traballo, denunciamos
nos medios de comunicación unha xornada que non se da en
ningún ámbito laboral, nin médicos nin bombeiros nin ningún outro
colectivo, e que repercute directamente non só na saúde laboral
dos compañeiros, senón tamén no servizo de calidade que
aspiramos a prestar.
Non podemos tolerar que por unha decisión arbitraria, as
condicións abusivas se tornen nun modelo de explotación laboral,
e se convertan nun pulso entre os nosos superiores xerárquicos e
os funcionarios, pola inacción da Dirección Xeral de Xustiza, polo
que tanto en mesa sectorial, como nos medios de comunicación e
exercendo accións legais que nos corresponden, loitaremos por
mudar a situación e volvela ao punto de orixe, para a prestación
dun servizo que funcionaba á perfección e que é un golpe de man
irracional máis de quen non sabe exercer a súa autoridade.
A Opinión da Coruña:
Los sindicatos denuncian el horario ´ilegal´ del
servicio de juzgado de guardia
Redacción | A Coruña
Los sindicatos UGT, CC OO y CIG denunciaron ayer la situación de
las guardias en los juzgados de A Coruña y calificaron de "ilegal" y
"anómalo" el horario impuesto a los trabajadores, quienes realizan
jornadas semanales "de 52 horas, en el mejor de los casos".
Los representantes de Justicia de las centrales sindicales
aseguraron ayer en una rueda de prensa que debido "a un
conflicto en un juzgado en concreto", la secretaria coordinadora
provincial, a través de una instrucción, determinó que
permanezcan en la guardia de lunes a sábado siete trabajadores
durante ocho horas; y el domingo, de 09.00 a 14.00 horas.
7Novas da Xustiza
Represión sindical
Tamara e Ana: tres anos de
cárcere por botar colorante
nunha piscina
Campaña de acoso e derribo contra o dereito lexítimo a
protesta cidadá contra os recortes
Tamara e Ana participaban nun piquete informativo nunha folga de
instalacións deportivas no ano 2010. Alguén botou colorante nunha piscina,
ocasionando danos por valor de 600 euros. Nun primeiro momento as dúas
mozas, que dende CCOO acreditamos que non foron identificadas como
autoras materiais, si como integrantes do piquete, foron condenadas a seis
meses de prisión. A fiscalía recurreu, por un defecto na valoración da pena e
a Audiencia Provincial deulle a razón: ambas veron como a súa pena se
convertía en tres anos de prisión!
Para estas dúas persoas, unha delas embarazadas, só queda o indulto. É
incrible que dende o poder se estea a impulsar unha campaña de represión
contra a protesta lexítima. Tamara e Ana, non son afiliadas a ningún
8Novas da Xustiza
sindicato, nin forman parte de ningún comando antisistema. Tan só loitaban
en conciencia por unhas condicións laborais dignas. Pero este sistema
corrupto de podremia consinte que a defensa dos dereitos se criminalice, e
así, estanse a espallar por todo o país condenas impulsadas pola fiscalía
contra traballadores e traballadoras na súa loita contra un modelo laboral de
explotación: despedimentos, salarios baixos, emprego precario e
desemprego estrutural.
O medo que pretenden instaurar na conciencia colectiva da clase
traballadora ten un fin: consolidar un novo modelo, onde os funcionarios
públicos tamén estamos directamente afectados: a nova oficina xudicial e a
reforma da Lei Orgánica do Poder Xudicial, xunto coas privatizacións só
teñen un camiño: adelgazar os chibos expiatorios da crise, facer unha purga
de empregados públicos. Non nos deixemos amedrentar!
Manifesto: Defender os dereitos da clase traballadora non é
delito!
Asina para que lle concedan o indulto a Ana e Tamara!
9Novas da Xustiza
Editorial
Van a por todas: o rostro inhumano
do capital
A campaña electoral sitúanos nun mundo idílico, a fin da recesión económica,
o aumento das exportacións, o incremento do PIB, a macroeconomía, a senda
da recuperación póñense en boca do goberno e os candidatos, rodeados de
palmeiros, flashes, e amplas reportaxes nos telexornais.
Milongas. A pé de rúa está a realidade, non en gráficos e debuxiños de curvas
ascendentes. Nunha charla sobre servizos públicos, Maite Bustamante,
avogada especializada en Servizos Sociais, contaba que por primeira vez en
Cáritas non había prendas no roupeiro. Lupe Ces, profesora de primaria, dicía
que os pais xa non podían comprar gafas para os seus nenos. Milleiros de
persoas en Galicia non perciben ningún tipo de prestación. Somos o segundo
país da Unión Europea, por detrás de Romanía, co índice máis alto en pobreza
infantil. Cóntanse por miles os mozos e mozas que emigran ao norte para
malvivir con minijobs en Holanda, Alemania ou o Reino Unido. Recuperación?
Si, dos ricos, das 300 persoas que acumulan máis riqueza que 3000 millóns de
pobres. Ese é o rostro inhumano do capital, o absurdo dese colectivo
acomodado que controla os medios de comunicación, o poder, as nosas vidas.
As organizacións sindicais non somos partidos políticos. Representamos os
intereses da clase traballadora, o que nos cualifica para pedir que non se
voten aos partidos que impulsan os recortes.
No Programa de estabilidade 2014-2017 enviado á Unión Europea polo
goberno español, prevese un recorte de 48.000 millóns en gasto público.
Cando pasa unha campaña electoral de promesas e programas que saben que
non van cumprir, chega “o tío do mazo”. Ese recorte sempre se deriva ao
capítulo I, o gasto en persoal. O deseño da nova oficina xudicial, que colle
pulo tras dez anos paralizado, non ten outro fin que dar cumprimento a ese
programa: amortizacións, mobilidade salvaxe, centro de destino provincial,
novas funcións,... iso é o que temos que agardar, non axilidade, eficiencia,
10Novas da Xustiza
expediente electrónico, dotación de medios persoais e materiais.
Aínda non vos destes conta, con este goberno sobramos a metade! E como
consecuencia, unha xustiza ao servizo da banca, das grandes corporacións,
dos corruptos e ladróns que en moitos casos nos gobernan, a xustiza de dobre
vía xa chegou!. Desapegar a resignación, organizarse, reivindicar a dignidade
é a nosa tarefa. Necesitamos asembleas e asembleas onde fixar unha folla de
ruta. Nós xa empezamos, a primeira no Proa na Coruña, e temos un
calendario establecido, onde informar e concienciar. Cando cheguen os golpes,
a conformación dunha conciencia colectiva debe axudar a crear frontes de
loita. Participade nas asembleas, eles están organizados e van gañando. Como
dixo o multimillonario Warren Buffet: “claro que hai loita de clases, pero polo
momento imos gañando nós”
Novas da Xustiza
Edita
CCOO de Xustiza
Subscricións-Colaboracións
Se queres publicar un artigo ou un
comentario no boletín, se queres
realizar unha consulta ou unha
suxestión ou se queres recibir o
boletín remítenos un correo
electrónico a
sectorxustizaccoo@gmail.com
Síguenos en
www.ccooxustiza.com
twitter
facebook
google +

More Related Content

What's hot

Novas xustiza 1032
Novas xustiza 1032Novas xustiza 1032
Novas xustiza 1032CCOOXustiza
 
Caos nas bolsas de contratación de Correos
Caos nas bolsas de contratación de CorreosCaos nas bolsas de contratación de Correos
Caos nas bolsas de contratación de CorreosCgt Correos A Coruña
 
Novas da xustiza nº1034 - CCOO
Novas da xustiza nº1034 - CCOONovas da xustiza nº1034 - CCOO
Novas da xustiza nº1034 - CCOOCCOOXustiza
 
BR Extra, novo acordo e resume do ano 2018
BR Extra, novo acordo e resume do ano 2018BR Extra, novo acordo e resume do ano 2018
BR Extra, novo acordo e resume do ano 2018Cgt Correos A Coruña
 
Art 315.3 do codigo penal
Art 315.3 do codigo penalArt 315.3 do codigo penal
Art 315.3 do codigo penalChelo_martinez
 
Buzón Rebelde da CGT Correos da Coruña 24
Buzón Rebelde da CGT Correos da Coruña 24 Buzón Rebelde da CGT Correos da Coruña 24
Buzón Rebelde da CGT Correos da Coruña 24 Cgt Correos A Coruña
 
Boletín definitivo saúde laboral inverno 2015
Boletín definitivo saúde laboral inverno 2015Boletín definitivo saúde laboral inverno 2015
Boletín definitivo saúde laboral inverno 2015Cgt Correos A Coruña
 
Novas da xustiza nº1035.
Novas da xustiza nº1035. Novas da xustiza nº1035.
Novas da xustiza nº1035. CCOOXustiza
 

What's hot (12)

Novas 1023.
Novas 1023. Novas 1023.
Novas 1023.
 
Carta a xefe do cta
Carta a xefe do cta Carta a xefe do cta
Carta a xefe do cta
 
Novas xustiza 1032
Novas xustiza 1032Novas xustiza 1032
Novas xustiza 1032
 
Caos nas bolsas de contratación de Correos
Caos nas bolsas de contratación de CorreosCaos nas bolsas de contratación de Correos
Caos nas bolsas de contratación de Correos
 
O Buzón Rebelde 13, Especial Nadal
O Buzón Rebelde 13, Especial NadalO Buzón Rebelde 13, Especial Nadal
O Buzón Rebelde 13, Especial Nadal
 
Novas nº 1039
Novas nº 1039 Novas nº 1039
Novas nº 1039
 
Novas da xustiza nº1034 - CCOO
Novas da xustiza nº1034 - CCOONovas da xustiza nº1034 - CCOO
Novas da xustiza nº1034 - CCOO
 
BR Extra, novo acordo e resume do ano 2018
BR Extra, novo acordo e resume do ano 2018BR Extra, novo acordo e resume do ano 2018
BR Extra, novo acordo e resume do ano 2018
 
Art 315.3 do codigo penal
Art 315.3 do codigo penalArt 315.3 do codigo penal
Art 315.3 do codigo penal
 
Buzón Rebelde da CGT Correos da Coruña 24
Buzón Rebelde da CGT Correos da Coruña 24 Buzón Rebelde da CGT Correos da Coruña 24
Buzón Rebelde da CGT Correos da Coruña 24
 
Boletín definitivo saúde laboral inverno 2015
Boletín definitivo saúde laboral inverno 2015Boletín definitivo saúde laboral inverno 2015
Boletín definitivo saúde laboral inverno 2015
 
Novas da xustiza nº1035.
Novas da xustiza nº1035. Novas da xustiza nº1035.
Novas da xustiza nº1035.
 

Viewers also liked

Viewers also liked (8)

Mi trabajo para evaluacion por pares
Mi trabajo para evaluacion por paresMi trabajo para evaluacion por pares
Mi trabajo para evaluacion por pares
 
FICOD-Agrega
FICOD-AgregaFICOD-Agrega
FICOD-Agrega
 
Proyecto diapositiva
Proyecto diapositivaProyecto diapositiva
Proyecto diapositiva
 
Presentación FP
Presentación FPPresentación FP
Presentación FP
 
7. softwareteken
7. softwareteken7. softwareteken
7. softwareteken
 
Программа Hot Potatoes
Программа Hot PotatoesПрограмма Hot Potatoes
Программа Hot Potatoes
 
Plano proyecto
Plano proyectoPlano proyecto
Plano proyecto
 
Instructivo para subir tareas
Instructivo para subir tareasInstructivo para subir tareas
Instructivo para subir tareas
 

Similar to Novas da xustiza 1028

Similar to Novas da xustiza 1028 (20)

Novas 1021
Novas 1021Novas 1021
Novas 1021
 
Novas da xustiza nº1041
Novas da xustiza nº1041 Novas da xustiza nº1041
Novas da xustiza nº1041
 
Novas febreiro 17
Novas febreiro 17Novas febreiro 17
Novas febreiro 17
 
Novas da Xustiza Febreiro 2017
Novas da Xustiza Febreiro 2017Novas da Xustiza Febreiro 2017
Novas da Xustiza Febreiro 2017
 
Novas da Xustiza febreiro 2017
Novas da Xustiza febreiro 2017 Novas da Xustiza febreiro 2017
Novas da Xustiza febreiro 2017
 
Novas 1022
Novas 1022Novas 1022
Novas 1022
 
Novas da xustiza 1056
Novas da xustiza 1056Novas da xustiza 1056
Novas da xustiza 1056
 
Buzón rebelde 16, especial contratación verán 2015
Buzón rebelde 16, especial contratación verán 2015Buzón rebelde 16, especial contratación verán 2015
Buzón rebelde 16, especial contratación verán 2015
 
Impulso 48
Impulso 48Impulso 48
Impulso 48
 
Buzón rebelde número 15 defintivo cor
Buzón rebelde número 15 defintivo corBuzón rebelde número 15 defintivo cor
Buzón rebelde número 15 defintivo cor
 
Novas da xustiza nº 1055
Novas da xustiza nº 1055Novas da xustiza nº 1055
Novas da xustiza nº 1055
 
Novas da Xustiza abril 2017
Novas da Xustiza abril 2017Novas da Xustiza abril 2017
Novas da Xustiza abril 2017
 
Novas 1038
Novas 1038 Novas 1038
Novas 1038
 
Comunicado cgt coruña 27 n
Comunicado cgt coruña 27 nComunicado cgt coruña 27 n
Comunicado cgt coruña 27 n
 
Buzón Rebelde Outono 2023.pdf
Buzón Rebelde Outono 2023.pdfBuzón Rebelde Outono 2023.pdf
Buzón Rebelde Outono 2023.pdf
 
Gaceta its
Gaceta itsGaceta its
Gaceta its
 
Impulso 52
Impulso 52Impulso 52
Impulso 52
 
Novas da xustiza nº1037
Novas da xustiza nº1037 Novas da xustiza nº1037
Novas da xustiza nº1037
 
Impulso 49
Impulso 49Impulso 49
Impulso 49
 
Nota informativa sentenza 5
Nota informativa sentenza 5Nota informativa sentenza 5
Nota informativa sentenza 5
 

More from CCOOXustiza

Novas da xustiza maio 2017 blog
Novas da xustiza maio 2017   blogNovas da xustiza maio 2017   blog
Novas da xustiza maio 2017 blogCCOOXustiza
 
Novas marzo 2017
Novas  marzo 2017Novas  marzo 2017
Novas marzo 2017CCOOXustiza
 
Novas marzo 2017
Novas  marzo 2017 Novas  marzo 2017
Novas marzo 2017 CCOOXustiza
 
S.g. entroido coruña 2017
S.g.  entroido coruña 2017S.g.  entroido coruña 2017
S.g. entroido coruña 2017CCOOXustiza
 
Semanas grandes de galicia 2017
Semanas grandes de galicia 2017Semanas grandes de galicia 2017
Semanas grandes de galicia 2017CCOOXustiza
 
Novas da xustiza 1064
Novas da xustiza 1064Novas da xustiza 1064
Novas da xustiza 1064CCOOXustiza
 
Novas da xustiza 1063
Novas da xustiza 1063Novas da xustiza 1063
Novas da xustiza 1063CCOOXustiza
 
Novas da xustiza 1062
Novas da xustiza 1062Novas da xustiza 1062
Novas da xustiza 1062CCOOXustiza
 
Novas da xustiza 1061
Novas da xustiza 1061Novas da xustiza 1061
Novas da xustiza 1061CCOOXustiza
 
Novas da xustiza 1060
Novas da xustiza 1060Novas da xustiza 1060
Novas da xustiza 1060CCOOXustiza
 
Novas da xustiza 1060
Novas da xustiza 1060Novas da xustiza 1060
Novas da xustiza 1060CCOOXustiza
 
Novas da xustiza 1059
Novas da xustiza 1059Novas da xustiza 1059
Novas da xustiza 1059CCOOXustiza
 
NOvas da xustiza 1057
NOvas da xustiza 1057NOvas da xustiza 1057
NOvas da xustiza 1057CCOOXustiza
 
Novas da xustiza 1054
Novas da xustiza 1054Novas da xustiza 1054
Novas da xustiza 1054CCOOXustiza
 
Novas da xustiza 1053
Novas da xustiza 1053Novas da xustiza 1053
Novas da xustiza 1053CCOOXustiza
 
Novas da xustiza 1053
Novas da xustiza 1053Novas da xustiza 1053
Novas da xustiza 1053CCOOXustiza
 
Novas da xustiza nº 1052
Novas da xustiza nº 1052Novas da xustiza nº 1052
Novas da xustiza nº 1052CCOOXustiza
 
Novas da xustiza nº 1051
Novas da xustiza nº 1051Novas da xustiza nº 1051
Novas da xustiza nº 1051CCOOXustiza
 
Novas da xustiza nº 1051
Novas da xustiza nº 1051Novas da xustiza nº 1051
Novas da xustiza nº 1051CCOOXustiza
 
Novas da xustiza nº 1050 rexistro civil
Novas da xustiza nº 1050 rexistro civilNovas da xustiza nº 1050 rexistro civil
Novas da xustiza nº 1050 rexistro civilCCOOXustiza
 

More from CCOOXustiza (20)

Novas da xustiza maio 2017 blog
Novas da xustiza maio 2017   blogNovas da xustiza maio 2017   blog
Novas da xustiza maio 2017 blog
 
Novas marzo 2017
Novas  marzo 2017Novas  marzo 2017
Novas marzo 2017
 
Novas marzo 2017
Novas  marzo 2017 Novas  marzo 2017
Novas marzo 2017
 
S.g. entroido coruña 2017
S.g.  entroido coruña 2017S.g.  entroido coruña 2017
S.g. entroido coruña 2017
 
Semanas grandes de galicia 2017
Semanas grandes de galicia 2017Semanas grandes de galicia 2017
Semanas grandes de galicia 2017
 
Novas da xustiza 1064
Novas da xustiza 1064Novas da xustiza 1064
Novas da xustiza 1064
 
Novas da xustiza 1063
Novas da xustiza 1063Novas da xustiza 1063
Novas da xustiza 1063
 
Novas da xustiza 1062
Novas da xustiza 1062Novas da xustiza 1062
Novas da xustiza 1062
 
Novas da xustiza 1061
Novas da xustiza 1061Novas da xustiza 1061
Novas da xustiza 1061
 
Novas da xustiza 1060
Novas da xustiza 1060Novas da xustiza 1060
Novas da xustiza 1060
 
Novas da xustiza 1060
Novas da xustiza 1060Novas da xustiza 1060
Novas da xustiza 1060
 
Novas da xustiza 1059
Novas da xustiza 1059Novas da xustiza 1059
Novas da xustiza 1059
 
NOvas da xustiza 1057
NOvas da xustiza 1057NOvas da xustiza 1057
NOvas da xustiza 1057
 
Novas da xustiza 1054
Novas da xustiza 1054Novas da xustiza 1054
Novas da xustiza 1054
 
Novas da xustiza 1053
Novas da xustiza 1053Novas da xustiza 1053
Novas da xustiza 1053
 
Novas da xustiza 1053
Novas da xustiza 1053Novas da xustiza 1053
Novas da xustiza 1053
 
Novas da xustiza nº 1052
Novas da xustiza nº 1052Novas da xustiza nº 1052
Novas da xustiza nº 1052
 
Novas da xustiza nº 1051
Novas da xustiza nº 1051Novas da xustiza nº 1051
Novas da xustiza nº 1051
 
Novas da xustiza nº 1051
Novas da xustiza nº 1051Novas da xustiza nº 1051
Novas da xustiza nº 1051
 
Novas da xustiza nº 1050 rexistro civil
Novas da xustiza nº 1050 rexistro civilNovas da xustiza nº 1050 rexistro civil
Novas da xustiza nº 1050 rexistro civil
 

Novas da xustiza 1028

  • 1. novas da xustiza Número 1028 Edita: CCOO de Xustiza 26 de maio de 2014 Mesa sectorial ASÍ NOS IRÁ Priorizar a mediática nova oficina xudicial sobre os problemas laborais dos traballadores (arquivos, substitucións, gardas,...) determinou que as organizacións sindicais plantáramos á Dirección Xeral até unha negociación seria en beneficio dos nosos compañeiros. Non lles imos facer a campaña! Páxina 3 Gardas nos Xulgados de Instrución Denuncia ante a Inspección de Traballo A desidia da Dirección Xeral e a nova figura que ordena a nosa xornada por decisión unilateral e paralegal, o secretario coordinador, permiten xornadas maratonianas nas gardas de instrución, que poden chegar a superar as 60 horas semanais Páxina 5 Represión sindical Tres anos de prisión para dúas traballadoras por botar colorante nunha piscina No novo mundo que nos queren impor, a eliminación da protesta, a represión, a criminalización dos que reivindican os seus dereitos lexítimos é un requisito sine qua nom para conseguir os seus fins: a impunidade da explotación laboral, conduce a decisións cruentas como esta. Quérennos mudos e escravos! Páxina 7 Taboleiro de avisos Concurso de traslado Publicado no DOG e BOE do 19 de maio. O prazo de presentación de instancias remata o 20 de maio. Recomendamos o uso do AINOA para evitar erros MESA SECTORIAL 23/05/14 Ante a presión sindical a Dirección Xeral convoca mesa sectorial para este venres
  • 2. 2Novas da Xustiza Editorial Van a por todas: o rostro inhumano do capital O memorandum que o estado español enviou a Europa para o periodo 2014-2017 prevé un recorte de 48.000 millóns en gasto público. Cando remate a campaña electoral poñede os chalecos antibalas Páxina 9 Humor Brotes verdes para daltónicos Por Bernardo Vergara Publicado na nosa páxina web Outras novas  CCOO na negociación da LOPX  Concurso de traslado: publicación no BOE  Recuperación dos días por antigüidade
  • 3. 3Novas da Xustiza Mesa sectorial Así nos irá… O pasado martes 13 de maio, a Dirección Xeral de Xustiza convocou ás organizacións sindicais a Mesa Sectorial, a fin de tratar a nova oficina fiscal e o decreto de nova oficina xudicial. Tras anos de recortes, de nulo respecto pola negociación colectiva e de decisións unilaterais abusivas, CCOO, UGT e CiG, postura que tamén compartiu USO, decidimos non acudir a lavar a cara a unha Dirección Xeral empeñada en vender grandes alardes moi afastados da realidade: por moita nova oficina fiscal e xudicial, que publican nos medios antes incluso de seren negociadas, os traballadores e traballadoras da Xustiza sabemos que o colapso, con redución de medios persoais e materias e vulneración de dereitos constantes, non se soluciona con catro titulares de prensa. E por iso, por respecto aos compañeiros, polo que nos negamos a negociar só o que marca a axenda política da Dirección Xeral, na que tamén incluíu no pasado: - Eliminación da paga extra de decembro de 2012 - Eliminación do 4% da masa salarial (mínimo 400 euros nas extras) sine die - Conxelación salarial dende 2010 - Decreto de IT’s: poderemos pagar máis de 400 euros por cometer o delito de enfermar - Atribución de novas funcións - Amortización do 5% do cadro de persoal no 2012 - Un futuro incerto para máis do 30% do cadro de persoal coas reformas do Rexistro Civil ou a Lei Orgánica do Poder Xudicial - Perda de días de vacacións e asuntos propio... e un largo etcétera
  • 4. 4Novas da Xustiza Todas estas decisións foron impostas, e quizais sexa a hora de dicir até aquí chegamos. Non é unha cuestión de parar o golpe do rodillo, o que non podemos é ser cómplices dese mesmo rodillo, entrando ao xogo dos recortes como espectadores, sen ningún tipo de oposición máis que a participación no paripé no que converteron as mesas sectoriais. Polo tanto as organizacións sindicais contestamos á convocatoria, non negándonos, senón demandando que se incluíran os seguintes temas: - Arquivos e expurgo: polo incumprimento do compromiso de nomear dous funcionarios itinerantes por provincia, cando hai xulgados sobresaturados, como os sociais, aos que xa se lles está a impor esta función. - Substitucións: pasaron xa seis meses dende que a Dirección Xeral se comprometeu a procurar unha solución, para que a igual traballo igual salario - Aplicación dos cómputos horarios nos SACES por dilixencias urxentes - Gardas nos xulgados de instrución: un novo golpe de mano que, ao igual que pasa co expurgo, deixa aos secretarios coordinadores a ordenación paralegal das nosas funcións Esta decisión de non acudir senón se falaba primeiro dos compromisos incumpridos, foi comunicada ao sindicato CSIF, quen, nunha postura oportunista e demagóxica, acudiu en solitario a facerlle o xogo a administración, rachando unha unidade necesaria para sumar forzas contra o expolio. A Dirección Xeral volveu demostrar que o colectivo de funcionarios non está na súa prioridade, e si o está ese deseño moderno de oficina que, subrepticiamente, agocha reordenacións, mobilidade salvaxe e amortizacións. E si, así nos vai. A presión sindical obriga á Adminsitración a unha nova convocatoria para este venres. A pesares de que un sindicato si acudiu a mesa anterior, esta foi suspendida e non se deu nada por negociado. CCOO seguirá a defender os intereses dos traballadores e traballadoras que representa.
  • 5. 5Novas da Xustiza Gardas Instrución CCOO, UGT E CIG DENUNCIAN O ABUSO LABORAL ANTE A INSPECCIÓN As Organizacións Sindicais consideran responsable á Dirección Xeral por omisión do seu deber e á secretaria coordinadora por alterar a xornada laboral superando as 48 horas semanais que establece a lexislación europea CCOO, UGT e CIG veñen de denunciar ante a Inspección de Traballo a intolerable intromisión na nosa xornada e horarios por parte dalgún Secretario Xudicial nos Xulgados de Instrución da Coruña. Até o de agora establecíanse quendas rotatorias entre os sete funcionarios da garda nas tardes e fins de semana, sistema que funcionaba e prestaba un servizo eficaz. O recurso dunha funcionaria, desestimado pola Secretaria Coordinadora no súa resolución, foi utilizado por un Secretario dun xulgado concreto, baseándose perniciosamente nos razoamentos xurídicos, que non poden servir de base para ditar un acordo, senón tan só o fallo, para obrigar aos sete funcionarios da garda a completar o horario completo, isto é 52 horas mínimo. Este horario contravén de plano a directiva europea 2003/88/CE, de directa aplicación no noso país e que establece un tope máximo de 48 horas semanais na xornada de traballo. Denunciada a situación ante a Dirección Xeral, non deu resposta, unha vez máis, eludindo as competencias que lle corresponden, polo que tamén se inclúe como denunciada no escrito. Ao igual que sucede cos Arquivos e Expurgo, vemos como a complicidade da Dirección Xeral permite que os secretarios Enlace á denuncia ante a Inspección de traballo, preme aquí
  • 6. 6Novas da Xustiza coordinadores asuman de facto a ordenación das nosas funcións non xurisdicionais e as competencias sobre xornada e horarios. Ademais da denuncia ante a inspección de traballo, denunciamos nos medios de comunicación unha xornada que non se da en ningún ámbito laboral, nin médicos nin bombeiros nin ningún outro colectivo, e que repercute directamente non só na saúde laboral dos compañeiros, senón tamén no servizo de calidade que aspiramos a prestar. Non podemos tolerar que por unha decisión arbitraria, as condicións abusivas se tornen nun modelo de explotación laboral, e se convertan nun pulso entre os nosos superiores xerárquicos e os funcionarios, pola inacción da Dirección Xeral de Xustiza, polo que tanto en mesa sectorial, como nos medios de comunicación e exercendo accións legais que nos corresponden, loitaremos por mudar a situación e volvela ao punto de orixe, para a prestación dun servizo que funcionaba á perfección e que é un golpe de man irracional máis de quen non sabe exercer a súa autoridade. A Opinión da Coruña: Los sindicatos denuncian el horario ´ilegal´ del servicio de juzgado de guardia Redacción | A Coruña Los sindicatos UGT, CC OO y CIG denunciaron ayer la situación de las guardias en los juzgados de A Coruña y calificaron de "ilegal" y "anómalo" el horario impuesto a los trabajadores, quienes realizan jornadas semanales "de 52 horas, en el mejor de los casos". Los representantes de Justicia de las centrales sindicales aseguraron ayer en una rueda de prensa que debido "a un conflicto en un juzgado en concreto", la secretaria coordinadora provincial, a través de una instrucción, determinó que permanezcan en la guardia de lunes a sábado siete trabajadores durante ocho horas; y el domingo, de 09.00 a 14.00 horas.
  • 7. 7Novas da Xustiza Represión sindical Tamara e Ana: tres anos de cárcere por botar colorante nunha piscina Campaña de acoso e derribo contra o dereito lexítimo a protesta cidadá contra os recortes Tamara e Ana participaban nun piquete informativo nunha folga de instalacións deportivas no ano 2010. Alguén botou colorante nunha piscina, ocasionando danos por valor de 600 euros. Nun primeiro momento as dúas mozas, que dende CCOO acreditamos que non foron identificadas como autoras materiais, si como integrantes do piquete, foron condenadas a seis meses de prisión. A fiscalía recurreu, por un defecto na valoración da pena e a Audiencia Provincial deulle a razón: ambas veron como a súa pena se convertía en tres anos de prisión! Para estas dúas persoas, unha delas embarazadas, só queda o indulto. É incrible que dende o poder se estea a impulsar unha campaña de represión contra a protesta lexítima. Tamara e Ana, non son afiliadas a ningún
  • 8. 8Novas da Xustiza sindicato, nin forman parte de ningún comando antisistema. Tan só loitaban en conciencia por unhas condicións laborais dignas. Pero este sistema corrupto de podremia consinte que a defensa dos dereitos se criminalice, e así, estanse a espallar por todo o país condenas impulsadas pola fiscalía contra traballadores e traballadoras na súa loita contra un modelo laboral de explotación: despedimentos, salarios baixos, emprego precario e desemprego estrutural. O medo que pretenden instaurar na conciencia colectiva da clase traballadora ten un fin: consolidar un novo modelo, onde os funcionarios públicos tamén estamos directamente afectados: a nova oficina xudicial e a reforma da Lei Orgánica do Poder Xudicial, xunto coas privatizacións só teñen un camiño: adelgazar os chibos expiatorios da crise, facer unha purga de empregados públicos. Non nos deixemos amedrentar! Manifesto: Defender os dereitos da clase traballadora non é delito! Asina para que lle concedan o indulto a Ana e Tamara!
  • 9. 9Novas da Xustiza Editorial Van a por todas: o rostro inhumano do capital A campaña electoral sitúanos nun mundo idílico, a fin da recesión económica, o aumento das exportacións, o incremento do PIB, a macroeconomía, a senda da recuperación póñense en boca do goberno e os candidatos, rodeados de palmeiros, flashes, e amplas reportaxes nos telexornais. Milongas. A pé de rúa está a realidade, non en gráficos e debuxiños de curvas ascendentes. Nunha charla sobre servizos públicos, Maite Bustamante, avogada especializada en Servizos Sociais, contaba que por primeira vez en Cáritas non había prendas no roupeiro. Lupe Ces, profesora de primaria, dicía que os pais xa non podían comprar gafas para os seus nenos. Milleiros de persoas en Galicia non perciben ningún tipo de prestación. Somos o segundo país da Unión Europea, por detrás de Romanía, co índice máis alto en pobreza infantil. Cóntanse por miles os mozos e mozas que emigran ao norte para malvivir con minijobs en Holanda, Alemania ou o Reino Unido. Recuperación? Si, dos ricos, das 300 persoas que acumulan máis riqueza que 3000 millóns de pobres. Ese é o rostro inhumano do capital, o absurdo dese colectivo acomodado que controla os medios de comunicación, o poder, as nosas vidas. As organizacións sindicais non somos partidos políticos. Representamos os intereses da clase traballadora, o que nos cualifica para pedir que non se voten aos partidos que impulsan os recortes. No Programa de estabilidade 2014-2017 enviado á Unión Europea polo goberno español, prevese un recorte de 48.000 millóns en gasto público. Cando pasa unha campaña electoral de promesas e programas que saben que non van cumprir, chega “o tío do mazo”. Ese recorte sempre se deriva ao capítulo I, o gasto en persoal. O deseño da nova oficina xudicial, que colle pulo tras dez anos paralizado, non ten outro fin que dar cumprimento a ese programa: amortizacións, mobilidade salvaxe, centro de destino provincial, novas funcións,... iso é o que temos que agardar, non axilidade, eficiencia,
  • 10. 10Novas da Xustiza expediente electrónico, dotación de medios persoais e materiais. Aínda non vos destes conta, con este goberno sobramos a metade! E como consecuencia, unha xustiza ao servizo da banca, das grandes corporacións, dos corruptos e ladróns que en moitos casos nos gobernan, a xustiza de dobre vía xa chegou!. Desapegar a resignación, organizarse, reivindicar a dignidade é a nosa tarefa. Necesitamos asembleas e asembleas onde fixar unha folla de ruta. Nós xa empezamos, a primeira no Proa na Coruña, e temos un calendario establecido, onde informar e concienciar. Cando cheguen os golpes, a conformación dunha conciencia colectiva debe axudar a crear frontes de loita. Participade nas asembleas, eles están organizados e van gañando. Como dixo o multimillonario Warren Buffet: “claro que hai loita de clases, pero polo momento imos gañando nós” Novas da Xustiza Edita CCOO de Xustiza Subscricións-Colaboracións Se queres publicar un artigo ou un comentario no boletín, se queres realizar unha consulta ou unha suxestión ou se queres recibir o boletín remítenos un correo electrónico a sectorxustizaccoo@gmail.com Síguenos en www.ccooxustiza.com twitter facebook google +