Buzón Rebelde Verán 2021 ☝
Neste número tratamos, entre outro temas...
A CGT propón a volta da banca postal pública
Sancionada Xefa con falta moi grave por manipular horas de entrega notificacións
Enquisa a rurais
Outro ano máis perderemos poder adquisitivo.
O derroche da formación...
Perdemos mais de 500 euros este ano
Denunciamos os novos carros desmesurados de reparto
Un novo recorte, veñen os novos "grupos de traballo"
Correos Exprés chega ao CTA de Lavacolla, desta volta para se quedar
APS, deben ser denegados e xustificados por escrito
NESTE NÚMERO:
FOLGA GALEGA
CALENDARIO LABORAL
BOLSAS E CONVOCATORIAS
XUIZO EXCLUSIÓN DE BOLSAS
RECORTE EN BETANZOS
NOVAS BREVES
OPINIÓN "O IDÓNEO"
Desde a CGT de Galiza vimos de convocar oficialmente folga nas últimas dúas horas de cada xornada laboral, para todas as unidades.
Os motivos coñecédelos de sobra: queremos as prazas cubertas, queremos acabar cos recargos indiscriminados e queremos que Correos cumpra coas súas obrigas de prestación diaria do servizo postal universal. A folga trata de evitar estas carencias de persoal.
Queremos así dar cobertura legal a un xeito de loita que noutras zonas levan xa anos levando a cabo: Lembrade que na Zona IV (Madrid) houbo máis de 35 folgas destas características convocadas e levadas a cabo, para evitar recargos e forzar a Correos á contratación de persoal para cubrir as ausencias.
Podedes empregar esta folga legal libremente, se ben vos recomendamos que nolo comuniquedes para ter constancia do seguimento da mesma.
Galiza precisa contar con voz propia en Madrid e só unha forza
política como o BNG ten liberdade plena para defender, sen
ningún tipo de submisión nin dependencia, os nosos lexítimos
dereitos como pobo. O BNG nunca fallou na defensa de Galiza.
Ese é o noso mellor aval: somos quen sempre defende os intereses do pobo galego.
A connivencia do goberno coa Patronal é escandalosa. Tras unha reforma laboral que precarizou terriblemente o mundo laboral, unha crise económica que foi aproveitada por Grandes Empresas e Administración para reducir emprego e precarizar aínda máis as condicións laborais e salariais da clase traballadora e converter os Servizos Públicos nun Gran Negocio Privado.
Compre por elo revisar o Art. 315.3 do código penal que castiga ás persoas asalariadas a non defender seus dereitos baixo pena de multa ou cadea.
Buzón Rebelde Verán 2021 ☝
Neste número tratamos, entre outro temas...
A CGT propón a volta da banca postal pública
Sancionada Xefa con falta moi grave por manipular horas de entrega notificacións
Enquisa a rurais
Outro ano máis perderemos poder adquisitivo.
O derroche da formación...
Perdemos mais de 500 euros este ano
Denunciamos os novos carros desmesurados de reparto
Un novo recorte, veñen os novos "grupos de traballo"
Correos Exprés chega ao CTA de Lavacolla, desta volta para se quedar
APS, deben ser denegados e xustificados por escrito
NESTE NÚMERO:
FOLGA GALEGA
CALENDARIO LABORAL
BOLSAS E CONVOCATORIAS
XUIZO EXCLUSIÓN DE BOLSAS
RECORTE EN BETANZOS
NOVAS BREVES
OPINIÓN "O IDÓNEO"
Desde a CGT de Galiza vimos de convocar oficialmente folga nas últimas dúas horas de cada xornada laboral, para todas as unidades.
Os motivos coñecédelos de sobra: queremos as prazas cubertas, queremos acabar cos recargos indiscriminados e queremos que Correos cumpra coas súas obrigas de prestación diaria do servizo postal universal. A folga trata de evitar estas carencias de persoal.
Queremos así dar cobertura legal a un xeito de loita que noutras zonas levan xa anos levando a cabo: Lembrade que na Zona IV (Madrid) houbo máis de 35 folgas destas características convocadas e levadas a cabo, para evitar recargos e forzar a Correos á contratación de persoal para cubrir as ausencias.
Podedes empregar esta folga legal libremente, se ben vos recomendamos que nolo comuniquedes para ter constancia do seguimento da mesma.
Galiza precisa contar con voz propia en Madrid e só unha forza
política como o BNG ten liberdade plena para defender, sen
ningún tipo de submisión nin dependencia, os nosos lexítimos
dereitos como pobo. O BNG nunca fallou na defensa de Galiza.
Ese é o noso mellor aval: somos quen sempre defende os intereses do pobo galego.
A connivencia do goberno coa Patronal é escandalosa. Tras unha reforma laboral que precarizou terriblemente o mundo laboral, unha crise económica que foi aproveitada por Grandes Empresas e Administración para reducir emprego e precarizar aínda máis as condicións laborais e salariais da clase traballadora e converter os Servizos Públicos nun Gran Negocio Privado.
Compre por elo revisar o Art. 315.3 do código penal que castiga ás persoas asalariadas a non defender seus dereitos baixo pena de multa ou cadea.
Buzón Rebelde, órgano de difusión da CGT correos A Coruña.
Correos ven de facer unha ofensiva campaña publicitaria, cuns eslogans que ocultan as condicións de traballo e as irregularidades que se comenten nas unidades a diario, e a falta de respeto coa que Correos, por medio de xefaturas, servicios médicos etc… adoita tratar a persoal e cidadanía. Convidámosvos a ver esos vídeos e os comentar por medio de#CorreosMaltrata
Aproveitamos para propor outras frases que ben poderían encaixar nesa campaña:
Por fin pechouse a ignominia agardada. Non teñen vergonza. Asinan a Correos a condena a traballar en xornadas de 4 horas a milleiros de persoas a cambio de pastelear cursos de pago para manter, rozando a chantaxe, a unha afiliación, xogando coa necesidade de persoas que aspiran a un traballo.
Por desgraza, nada novo. Moitas das persoas que agora ven con preocupación a súa pertenencia nas bolsas levan moitos anos en Correos e viron como lles cobraban as clases en 2004 e 2005, como aprobaban en 2006, como lles obrigaban a pasar polo tubo e asinar fixo discontinuo en 2008. Viron como eses mesmos sindicatos expulsaron á xente aprobada en 2006 asinando en 2011 a “extinción da lista de expectativa de destino”. Viron como se destruían 18000 postos de traballo en 8 anos, co silencio cómplice deses mesmos sindicatos. Viron como nos anos 12,13,14 e 15 mantiveron a xente nas academias coa excusa de “que ía a haber un exame inminente”, que logo foi para unhas prazas escasas e precarias.
Compañerixs que levan máis de 10 anos e que se non entraron é porque, simplemente, as posibilidades eran escasísimas, non porque non quixeran o non se esforzaran. E ven agora como lles pretenden dar a patada recoñecendo unicamente a antigüidade desde o 2012.
Correos quere xente nova, mansiña, e que estexa acostumada á precariedade. E para isto, sempre pode contar cos sindicatos de pago e sen escrúpulos. Porque, desenganémonos dunha vez! O único que lles importa é poder chantaxear ás persoas cos seus cursos, asinando todo o que haxa que asinar a cambio de que Correos lles facilite manter o chiringuito.
Este verán de 2018 está a ser especialmente caótico nun organismo, Correos, xa famoso polas improvisacións chapuceiras, as meteduras de pata e os desastres organizativos....
Ver para crer. A CGT foi o único sindicato presente na mesa de negociación do convenio que non secundamos os chamados á folga, aínda que respectamos totalmente que as persoas fagan o que lles dite a consciencia...
E porque non secundamos esta folga?, pois por diferentes motivos. O primeiro e mais importante porque a folga carece totalmente de obxectivos claros e porque, ademais, os obxectivos explicitados rozan a burla ao persoal. Como exemplo, o tema salarial: No mes de marzo CCOO e UGT asinaron con Mariano Rajoy, un presidente en minoría e cercado pola corrupción, un “pacto salarial” para o sector público con “subidas” fixas e vinculadas ao IBEX35 (ao PIB). Xa naquel momento desde a CGT explicamos e denunciamos que estas subidas debería estar vinculadas ao custe da vida, ao IPC, pois se se aplica esta esmola do 1,75% e o custe da vida sube, por exemplo, un 3% PERDERIAMOS PODER ADQUSITIVO, ISTO É, ACABARÍAMOS O ANO PERDENDO DIÑEIRO. E o mesmo para os anos vindeiros...
Pois isto que xa alertabamos nos no mes de marzo xa está acontecer. Na altura de Agosto o IPC xa estaba nun 2.3%. CCOO e resto de palmeiros sindicais, piden o 1,75% CO QUE ESTAN PEDINDO QUE PERDAMOS DIÑEIRO!!! ¿E chámannos a unha “folga” para que pidamos iso?, delirante.
A CGT quere ir a unha folga, si, pero mantida no tempo, indefinida e con obxectivos claros, como estes: ELIMINACIÓN DOS DESCONTOS POR ESTAR DE BAIXA (eles non o piden), COBERTURA A TEMPO COMPLETO DE TODAS AS VACANTES (eles non o piden) SUBIDA SALARIAL DO IPC +2 PUNTOS (eles non o piden) UNHA SECCIÓN UN CARTEIR@ (eles non o piden) ELIMINACIÓN DOS SÁBADOS E XORNADA DE 35 HORAS DE LUNS A VENRES... e tantas e tantas outras cousas que non están a pedir e que, por desgraza, indican que esta negociación do convenio será unha (outra) oportunidade perdida para o persoal de Correos de recuperar a dignidade no posto de traballo.
1. 1 EDICIÓN 1031 www.ccooxustiza.com 19 de setembro de2014
CCOO presentará demandas masivas reclamando a paga extraordinaria apropiada indebidamente polo Goberno
Ante as filtracións ou informacións directas de que nunha retorcida manobra política dilatoria o goberno do Partido Popular non ten intención de abonar ás extensións de efectos, e que publicitará en ano electoral a devolución da paga extraordinaria a partir de 2016, o sector de Xustiza quere facer as seguintes consideracións e impulsar unha acción sindical decidida que remate na devolución íntegra no que nos foi roubado, o sector de xustiza de CCOO quere clarificar:
- Non son tempos de enfrontamentos e guerras cainitas entre os representantes dos traballadores, tampouco de tratar de obter réditos electoralistas senón de loitar decididamente contra os recortes de xeito unitario e decidido.
2. 2
- As negociacións para minimizar a perda tense demostrado que son inútiles, un fracaso que se pode corroborar con datos e que xustifican que as organizacións sindicais non deben xa avirse a pactos soterrados coa administración, que non ten máis disposición que a de pasar o rodillo para reducir o gasto público a costa dos dereitos da cidadanía e, particularmente, dos empregados públicos:
o Perda do 30% do poder adquisitivo en 4 anos: paga extra 2012, conxelación continuada e 4% da masa salarial a través do CAT de xuño e decembro 2013 e 2014
o Un infame decreto de IT que rebaixa até en 600 euros o salario por cometer o delito de enfermar, cando a Xuíces e Fiscais non lles descontan nada
o Atribución de novas funcións, como o expurgo, que noutras comunidades realizan funcionarios especializados de reforzo
o Diminución do cadro de persoal: plan de amortización 2012, que representa o 5% do cadro de persoal, baixas que non se cubren, reforzos que non se conceden, substitucións que non se pagan, etc
o Desaparición inminente dos Rexistros Civís como servizo público e gratuíto servido por funcionarios de xustiza e de decenas de xulgados de paz e órganos xudiciais pola reforma da LOPX
- Ante esta situación é hora xa de que todas as organizacións sindicais e os traballadores e traballadoras deixen a un lado a resignación o “loitar non serve, vano facer igual”, “outros están peor”, “os sindicatos están acomodados” etc e deamos todos un paso ao fronte, unitaria ou separadamente, dende o respecto e a franqueza, e non creamos as promesas electorais que está a lanzar o goberno
3. 3
que durante os últimos catro anos desbrozou os nosos dereitos até retrotraernos a tempos preconstitucionais
- No que toca á reclamación do que nos roubaron en decembro de 2012, CCOO inicia unha campaña de interposición de demandas masivas para acadar múltiples sentenzas que obriguen a administración ao seu pago inmediato, e que non lle quede outra que sentarse a negociar para pagar de oficio a paga extraordinaria íntegra a todos e cada un dos funcionarios de xustiza de Galicia. Así aconteceu en Valencia, onde a interposición de máis de 400 demandas, todas con sentenzas favorables, obrigou a un goberno valenciano, da dereita máis fiel ao austericidio, a negociar o seu pago íntegro a todos os empregados de xustiza:
Os delegados do Sector de Xustiza de CCOO poranse en contacto con todos os afiliados e afiliadas ao noso sindicato para a interposición inmediata das reclamacións admnistrativas e posteriores demandas. Así mesmo ofrece os seus servizos xurídicos a todos aqueles traballadores que queiran facer uso deles, para o que vos informaremos detalladamente. Estamos en condicións de interpoñer máis de 200 demandas de xeito inmediato, e animamos ao resto de organizacións sindicais a, en lugar de presentar extensións de efectos, que a xurisprudencia e as intencións claras da administración de non recoñecelas, fan que o cobro da paga extraordinaria a través delas non quede garantido.
4. 4
A fume de carozo
Estes dous individuos da foto, o Conselleiro Rueda e o Director Xeral de Xustiza, Juan José Martín, hai que dicilo claro: están a xogar con nós como nunha partida de bólas.
Non quedan tan lonxe os tempos en que cando o goberno do Estado era de distinto cor do da Xunta, sendo ministro Caamaño, reivindicábanse dende Galicia a creación de múltiples xulgados, competencias sobre o persoal para convocar oposicións, as promesas de consolidar decenas de reforzos e moitas outras propias do xogo político.
Agora que os tempos lles son favorables para aplastarnos, para converter aos funcionarios en acredores das débedas bancarias e coellos de indias do laboratorio neoliberal, as roldas de prensa destes dous son para o autobombo e a ficción, como é o caso da Nova oficina fiscal e a próxima Nova oficina xudicial, que tinxiranse dunha patina de modernidade e axilidade ante os medios de cara aos procesos electorais municipais e xerais. Os que estamos dentro sabemos que non hai nada máis lonxe da realidade: se a xustiza funciona e grazas ao voluntarismo dos compañeiros e compañeiras.
5. 5
As mesas de negociación acaban convertidas en meros trámites para salvar a cláusulas legais de “oídas as organizacións sindicais”. Así aconteceu claramente coa última mesa de negociación: a de acción social, outro dereito perdido e reducido tan só a axudas a persoas con minusvalía. Fomos convocados, segundo a Subdirectora Xeral, tan só para que a asesoría xurídica da Xunta de Galicia dese o visto e pracet á publicación. As reivindicacións de recuperar o 1% da masa salarial para a acción social, e as axudas de estudos e por fillos, como foron recuperadas noutras comunidades, foron apuntadas, pero no teito.
Non nos enganemos: non haberá novos xulgados nin ofertas de emprego público, reduciranse os chamamentos de interinos, non haberá novos reforzos e, en definitiva, nesta tesitura de desapego cara aos sindicatos e falta de loita unitaria, de gobernos que non respectan os mínimos dereitos, continuará a debacle das nosas condicións laborais.
Somos un colectivo de certa idade, as oposicións dos anos 80, con convocatorias achegadas as 2000 prazas por corpo, déixanos unha inmensa maioría do colectivo por riba dos cincuenta anos. As xubilacións sucédense e é por aí por onde vai vir o maior recorte: en dez anos o cadro de persoal reducirase brutalmente, en proporción inversa ao aumento da carga de traballo.
O réxime de clases pasivas permite a xubilación de funcionarios coa pensión íntegra aos 60 anos se teñen 35 cotizados. Polos corredores dos edificios xudiciais hai un ruxe ruxe enxordecedor: “en canto poda, marcho” , “quédanme tres anos para facer a maleta”, “qué ganiñas de estar na casa”,... nestes tempos, cun presente desolador e un futuro aínda máis negro, sen perspectivas de mellora, non é de estrañar que o que poida escape “a fume de carozo”
6. 6
Breves
Interinos: o prazo para presentar alegacións remata o 23 de setembro, incluído. Se precisades preparar alegacións poñédevos en contacto con os nosos delegados sindicais. Denunciamos, unha vez máis, a opacidade no criterio de valoración nos cursos, negada para os sindicatos e os traballadores, e totalmente arbitraria, cursos que foron puntuados na anterior bolsa non o son nesta. Ademais son múltiples os erros de valoración dos cursos de galego e informática.
Acción social: Das 74 solicitudes de acción social, unicamente concedida a funcionarios con minusvalía ou familiares, foron admitidas 68 coa seguinte asignación:
- Grao de minusvalía 33/65% à 195,34€ (a previsión era 300€)
- Grao de minusvalía 66/75% à 390,91 (a previsión era de 600€)
- Grao de minusvalía +75% à 780,37€ (a previsión era de 1200€)
CCOO non volverá a participar nun “paripé”, nun recorte máis, onde as cantidades a distribuír son ridículas. Esiximos á volta a unha acción social que supoña o 1% da masa salarial, como noutras comunidades e que se recuperen as axudas por fillos e estudos.
Día adicional de asuntos propios: no BOE do 17 de setembro publicouse o aguinaldo. Papá Montoro agasállanos cun día extra de asuntos propios, co que este ano poderanse pedir cinco días de asuntos propios, dous máis por haber
7. 7
dous festivos de ámbito nacional que coinciden en sábado e tres por acumulación horaria. Estes días poden acumularse aos das vacacións que se poden coller soltos (ata sete). Este carameliño non é suficiente para CCOO, queremos TODOS os dereitos substraídos dende 2010
Nova oficina fiscal: o Consello da Xunta aprobou o pasado venres o decreto da Nova oficina fiscal, estando só pendente xa da súa publicación no DOG. Consolidará 22 prazas de reforzo, que converteranse en plantilla tras a resolución do próximo concurso de traslado. Polo demais, como vimos dicindo nas follas informativas, tan só é un deseño publicitario, crea a aberración das libres designacións e non se achega a ratio dun funcionario por fiscal nin de lonxe. CCOO non asinou o decreto e non o dá por negociado, senón por imposto
Formación: Proximamente convocarase mesa de Formación para o vindeiro ano. Os cursos de linguaxe xurídica, imprescindibles non só para a formación do persoal, senón tamén para facilitar os traslados á Galicia e a puntuación dos interinos, continúan desaparecidos do mapa de formación por un conflito laboral co Profesorado. Solidarizámonos con este colectivo e demandamos da Xunta unha pronta solución, que non pase por litigar até a última instancia, como adoitan a facer, e que se convoquen dunha vez os cursos de linguaxe xurídica nivel medio e superior
8. 8
Correo de contacto: sectorxustizaccoo@gmail.com
Tfno do Sector de Xustiza: 619282917
Delegados:
Coruña: Raquel ccooxustizacoruna@gmail.com
Ferrol Mati matildeav1@gmail.com
Santiago: Ana ccooxustiza.santiago@gmail.com
Pontevedra: Tino Novoa cnovoa-fsc-vigo@galicia.ccoo.es
Ourense: Sonia soniaxustizaourense@gmail.com
Lugo. Rafa saxgccoo@gmail.com
Coordinación: Jorge jorgesuarez@galicia.ccoo.es
www.ccooxustiza.com