NESTE NÚMERO:
FOLGA GALEGA
CALENDARIO LABORAL
BOLSAS E CONVOCATORIAS
XUIZO EXCLUSIÓN DE BOLSAS
RECORTE EN BETANZOS
NOVAS BREVES
OPINIÓN "O IDÓNEO"
Desde a CGT de Galiza vimos de convocar oficialmente folga nas últimas dúas horas de cada xornada laboral, para todas as unidades.
Os motivos coñecédelos de sobra: queremos as prazas cubertas, queremos acabar cos recargos indiscriminados e queremos que Correos cumpra coas súas obrigas de prestación diaria do servizo postal universal. A folga trata de evitar estas carencias de persoal.
Queremos así dar cobertura legal a un xeito de loita que noutras zonas levan xa anos levando a cabo: Lembrade que na Zona IV (Madrid) houbo máis de 35 folgas destas características convocadas e levadas a cabo, para evitar recargos e forzar a Correos á contratación de persoal para cubrir as ausencias.
Podedes empregar esta folga legal libremente, se ben vos recomendamos que nolo comuniquedes para ter constancia do seguimento da mesma.
Perdemos mais de 500 euros este ano
Denunciamos os novos carros desmesurados de reparto
Un novo recorte, veñen os novos "grupos de traballo"
Correos Exprés chega ao CTA de Lavacolla, desta volta para se quedar
APS, deben ser denegados e xustificados por escrito
Buzón Rebelde Verán 2021 ☝
Neste número tratamos, entre outro temas...
A CGT propón a volta da banca postal pública
Sancionada Xefa con falta moi grave por manipular horas de entrega notificacións
Enquisa a rurais
Outro ano máis perderemos poder adquisitivo.
O derroche da formación...
Este verán de 2018 está a ser especialmente caótico nun organismo, Correos, xa famoso polas improvisacións chapuceiras, as meteduras de pata e os desastres organizativos....
Buzón Rebelde, órgano de difusión da CGT correos A Coruña.
Correos ven de facer unha ofensiva campaña publicitaria, cuns eslogans que ocultan as condicións de traballo e as irregularidades que se comenten nas unidades a diario, e a falta de respeto coa que Correos, por medio de xefaturas, servicios médicos etc… adoita tratar a persoal e cidadanía. Convidámosvos a ver esos vídeos e os comentar por medio de#CorreosMaltrata
Aproveitamos para propor outras frases que ben poderían encaixar nesa campaña:

Por fin pechouse a ignominia agardada. Non teñen vergonza. Asinan a Correos a condena a traballar en xornadas de 4 horas a milleiros de persoas a cambio de pastelear cursos de pago para manter, rozando a chantaxe, a unha afiliación, xogando coa necesidade de persoas que aspiran a un traballo.
Por desgraza, nada novo. Moitas das persoas que agora ven con preocupación a súa pertenencia nas bolsas levan moitos anos en Correos e viron como lles cobraban as clases en 2004 e 2005, como aprobaban en 2006, como lles obrigaban a pasar polo tubo e asinar fixo discontinuo en 2008. Viron como eses mesmos sindicatos expulsaron á xente aprobada en 2006 asinando en 2011 a “extinción da lista de expectativa de destino”. Viron como se destruían 18000 postos de traballo en 8 anos, co silencio cómplice deses mesmos sindicatos. Viron como nos anos 12,13,14 e 15 mantiveron a xente nas academias coa excusa de “que ía a haber un exame inminente”, que logo foi para unhas prazas escasas e precarias.
Compañerixs que levan máis de 10 anos e que se non entraron é porque, simplemente, as posibilidades eran escasísimas, non porque non quixeran o non se esforzaran. E ven agora como lles pretenden dar a patada recoñecendo unicamente a antigüidade desde o 2012.
Correos quere xente nova, mansiña, e que estexa acostumada á precariedade. E para isto, sempre pode contar cos sindicatos de pago e sen escrúpulos. Porque, desenganémonos dunha vez! O único que lles importa é poder chantaxear ás persoas cos seus cursos, asinando todo o que haxa que asinar a cambio de que Correos lles facilite manter o chiringuito.
2017 foi sen dubidas o ano da consolidación. Da consolidación de emprego ou da consolidación no sector do e-commerce, pero sobre todo da consolidación da precariedade laboral.
No 2017 os dados mostran cun 20% do persoal de Correos é precario (eventuais e fix@s descontinu@s), no 2017 a modalidade estrela de contratación foi a xornada parcial. Foi un ano no ca sinistralidade volveuse incrementar … un ano no cal tivemos unha miserenta subida salarial moi por embaixo da subida do IPC .
O ano que remata foino tamén de loitas, foron moitos os lugares nos que o persoal enfrontouse con mobilizacións e folgas aos recortes, os recargos e as malas condicións de traballo, a estas loitas sumáronse xeralmente veciñanza, asociacións e colectivos sociais.
Un ano no que a situación da empresa tivo constante presenza na opinión pública, nos medios de comunicación que se fixeron eco das mobilizacións e reivindicacións da plantilla e tamén nas redes sociais onde calquera tema sobre Correos acada centos de comentarios... negativos, por suposto.
Asimesmo, Correos estivo moi presente na esfera política, aprobándose distintas mocións municipais polo mantemento dos servizos repartidas por toda a xeografía do estado, proposicións parlamentarias en varias CC.AA e sendo tema de debate e cuestión no Congreso.
O vindeiro 2018 vai ser un ano importante para tod@s , temos enriba da mesa a negociación do IV Convenio/Acordo Marco e moitas melloras pendentes. O camiño que pretende seguir a empresa e o pseudosindicalismo “de pago e de cursillos” xa estamos vendo as claras cal é, aceitar e someterse á precarización do emprego como algo “inevitable”.
Nos propoñemos outro: Participar na CGT e defender os nosos dereitos loitando activamente...
POR UN CORREOS PÚBLICO E SOCIAL!
Neste número
Mobilizacións (das de verdade)
Medalla ao correo rural
Opinión
Breves
Barcelona está a ser o epicentro das mobilizacións. O pasado 22 de xuño levouse a cabo o bloqueo da saída das rutas de reparto no CTP do porto, que paralizou o reparto nesa cidade. Tamén se ocupou a oficina principal, a de Passeig de Grácia e asimismo a dirección de Zona, o persoal esixe a readmisión inmediata das 5 compañeiras despedidas, aplicando con extrema dureza o convenio e a reforma laboral
Ver para crer. A CGT foi o único sindicato presente na mesa de negociación do convenio que non secundamos os chamados á folga, aínda que respectamos totalmente que as persoas fagan o que lles dite a consciencia...
E porque non secundamos esta folga?, pois por diferentes motivos. O primeiro e mais importante porque a folga carece totalmente de obxectivos claros e porque, ademais, os obxectivos explicitados rozan a burla ao persoal. Como exemplo, o tema salarial: No mes de marzo CCOO e UGT asinaron con Mariano Rajoy, un presidente en minoría e cercado pola corrupción, un “pacto salarial” para o sector público con “subidas” fixas e vinculadas ao IBEX35 (ao PIB). Xa naquel momento desde a CGT explicamos e denunciamos que estas subidas debería estar vinculadas ao custe da vida, ao IPC, pois se se aplica esta esmola do 1,75% e o custe da vida sube, por exemplo, un 3% PERDERIAMOS PODER ADQUSITIVO, ISTO É, ACABARÍAMOS O ANO PERDENDO DIÑEIRO. E o mesmo para os anos vindeiros...
Pois isto que xa alertabamos nos no mes de marzo xa está acontecer. Na altura de Agosto o IPC xa estaba nun 2.3%. CCOO e resto de palmeiros sindicais, piden o 1,75% CO QUE ESTAN PEDINDO QUE PERDAMOS DIÑEIRO!!! ¿E chámannos a unha “folga” para que pidamos iso?, delirante.
A CGT quere ir a unha folga, si, pero mantida no tempo, indefinida e con obxectivos claros, como estes: ELIMINACIÓN DOS DESCONTOS POR ESTAR DE BAIXA (eles non o piden), COBERTURA A TEMPO COMPLETO DE TODAS AS VACANTES (eles non o piden) SUBIDA SALARIAL DO IPC +2 PUNTOS (eles non o piden) UNHA SECCIÓN UN CARTEIR@ (eles non o piden) ELIMINACIÓN DOS SÁBADOS E XORNADA DE 35 HORAS DE LUNS A VENRES... e tantas e tantas outras cousas que non están a pedir e que, por desgraza, indican que esta negociación do convenio será unha (outra) oportunidade perdida para o persoal de Correos de recuperar a dignidade no posto de traballo.
Buzón Rebelde, 19 publicación de CGT Correos A Coruña verán 2017Cgt Correos A Coruña
Aquí tedes o novo número do Buzón Rebelde 19, especial verán.
Entre outros temas denunciamos o descontrol e inseguridade nas mochilas
Esiximos o fin do enchufismo e a apertura inmediata de bolsas
Novo trending topic de CGT #CorreosNoMeRespeta, coincidindo co día do recoñecimento ao empregado 2017
Accións de comité de empresa e xunta de persoal
Quen forma ao novo persoal?
Escravxs, por que non??
etc...
Lembra que o buzón é a públicación de todas e todos. Se queres aportar algún tema ou un texto podesnolo enviar ao mail!

PARA EVENTUAIS:
ROMPAMOS COAS MAFIAS DAS ACADEMIAS SINDICAIS:
Lembrade que a CGT ten un libro á vosa disposición por 12 euros aprox. para preparar unha hipotética proba de acceso a Correos SAE e tamén unha páxina web para dúbidas e actualizacións.
Máis información neste comunicado:
Denuncia ante la inspección de trabajo. Correos incumple las distancias del p...Cgt Correos A Coruña
CGT Correos de A Coruña ha denunciado ante la inspección de Trabajo a Correos por no garantizar la distancia interpresonal de la plantilla mínima exigida por las autoridades ante la pandemia de COVID-19. Desde CGT Recuerdan que la ley es clara e indica que si esa distancia no es posible deplazando el mobiliario SE DEBE REALIZAR ORGANIZANDO LOS TURNOS Y LOS HORARIOS DEL PERSONAL DE TAL MANERA QUE SE EVITEN LAS AGLOMERACIONES.
Desde CGT vemos irresponsable y vergonzoso que una empresa Pública como Correos se intente parapetar en una argucia, una excepción de la norma por una supuesta y falsa "imposibilidad" de mantener esos 2 metros, en cuyo caso los epis son obligatorios. Correos PUEDE y DEBE garantizar esa distancia según lo dispuesto en la ley, tal como están realizando la inmensa mayoría de las administraciones públicas y las empresas públicas y privadas.
CGT lleva varios días instando a la dirección provincial y de zona a que tome medidas alternativas, con respuestas siempre vagas y ninguna medida concreta tomada hasta el momento. Lo que nos lleva a presentar esta denuncia. En el día de hoy hemos intentado contactar infructuosamente con las personas responsables de Zona ofrecíéndoles la retirada de la misma si se toman las medidas adecuadas ,sin respuesta por el momento.
Correos pretende pasar a la última fase de la "desescalada" poniendo en rieso, no sólo la salud del personal, sin también la seguridad y salud de toda la sociedad, lo que es inadmisible en la empresa pública más grande del estado. Desde CGT tenemos claro que si esta irresponsabilidad manifiesta deviene en efectos para la salud del personal o de la sociedad acudiremos a la fiscalía y a los juzgados correspondientes buscando a losas responsables.
RESUME
95.08 euros, se estás contratadx do 1 ao 31 de decembro (para todo o mundo - en xeral-)
Pagarase en xaneiro
Podes coller ata 2 días depois do 11/12 sen penalización.
Se colles máis, ou fora de esta época penaliza con 12.02 o primeiro día e 18,03 o segundo e o terceiro. Logo perdes a bufanda
24 e 31, caso de tocarche, tes dereito a un "módulo" de 79,48
Estar de baixa por motivo laboral ou similar non desconta.
Desde o sindicato CGT queremos advertir dos avisos por choiva e vento, con rachas de máis de 100km/h previstas para as xornadas dos días venres 9 de novembro e sábado 10 de novembro con alerta laranxa declarada por fenómenos de vento e choiva intensa, (anexamos aviso AEMET), sendo as característica desta alerta laranxa: “Un riesgo meteorológico importante (fenómenos meteorológicos no habituales y con cierto grado de peligro para las actividades usuales).(...). Las actividades habituales y al aire libre pueden verse alteradas.” Segundo o Plan Nacional de Predicción y Vigilancia de Fenómenos Meteorológicos Adversos
* ULTIMA HORA: ACORDO PARA PAGAR OS ATRASOS UNICAMENTE AO PERSOAL FUNCIONARIO*
Cobrarase no mes de setembro, o persoal laboral terá que agardar.
Máis información neste comunicado:
Desde CGT, tras considerar inxustos moitos puntos das bases da convocatoria das Bolsas de Emprego de Correos, comunicamos en tempo e forma á Comisión Paritaria unha solicitude previa á vía xudicial de rectificación das bases. Non obtivemos resposta algunha.Logo tivemos un acto de conciliación no que Correos presentouse pero non houbo avinza. O resto de Sindicatos nin acudiron á cita, supoñemos que non vir confirma que están dacordo con estas bases.
Ante esta circunstancia a CGT decidiu interpor ante a Audiencia Nacional, unha demanda de conflito colectivo solicitando a impugnación da convocatoria das bolsas de emprego de 2017, adheríndose á misma únicamente Sipte e LaB. O xuízo celebrouse o día 12 de Abril.
Paralelamente á este xuízo leváronse a cabo diferentes concentracións de apoio en diferentes ciudades do estado, Barcelona, Sevilla, Madrid, Las Palmas e Valencia. Na foto, a concentración de Sevilla.
Abertas as bolsas de contratación de persoal eventual de Correos. Prazo de inscripción desde mañán, 24/10/2017 ao 03 de Novembro por medio de www.correos.es (Inicio/ Información Corporativa/ Recursos Humanos/Empleo/ Bolsas de Empleo 2017)
O incremento aplicado será dun misérrimo 1% mentres que en 2016 o Índice de Prezos Consumo (custo da vida) aumentou un 1,5%, volvendo unha vez máis a clase traballadora a ver diminuída de facto a nosa nómina un 0,5%.
Chama a atención as OOSS que nos seus comunicados transmiten este feito como un gran logro na negociación mentres que o persoal de Correos seguimos perdendo diñeiro ano tras ano.
Se miramos o salario base da nosa nómina é inferior ao salario mínimo interprofesional, o motivo? Estas OOSS tan boas negociando coa patronal, baixáronse unha vez máis os pantalóns e así o acordaron coa firma do actual Convenio Colectivo de Correos.
Esta esmola lamentable pecha toda negociación salarial para 2017. Unha autentica vergoña asinada por todos os sindicatos menos por CGT, que nos negamos a asinar e reclamamos un incremento dun 11% (resultante simplemente de recuperar o IPC desde o 2010, que nos supuxo unha perdida de poder adquisitivo do 10,9%), sen contar os anos anteriores.
Ata cando seguiremos perdendo diñeiro? E ata cando seguirán estas OOSS asinando chapuzas que nos pintarán de grandes logros?
Agora xa están a negociar, con Montoro, outra esmola de aproximadamente o 2% anual até o 2020, e por riba non vinculada ao IPC, senón ao IBEX (PIB). Que lles darán a esta xente para que, ano tras ano, nos vendan como Xudas? Serán as horas de liberación por encima da lei para manter vagos, serán os cursos de formación para manter os enchufes? Ou será que simplemente, non cren no sindicalismo, non cren na posibilidade e na necesidade de mellorar as condicións laboráis. Simplemente aproveitanse diso para vivir ben e, de paso, montar una empresa chamada “sindicato” pero que ao que se adica é a facer de intermediario entre o persoal e o capital, dándolle sempre a razón ao segundo e recibindo por elo un xusto pago dos seus amos.
Sobre a mesa está a negociación do IV Convenio Colectivo onde se plasmarán as nosas táboas salariais. Non lles deixemos que volvan asinar acordos que nos prexudiquen e nos manteñan no camino da miseria económica.
RESUME DAS AXUDAS DE ACCIÓN SOCIAL 2017
Un ano más o 80% do persoal queda exluido das axudas ao estudo das nosas fillas, tamén é grave a inxustiza de incluir no cálculo da nómina a aportación por combustible de rurais. Alén diso a parte mais vulnerable de Correos, o persoal precario eventual, que ademáis e o mais novo e está en idade de comezar a pensar en ter fillas/os, é ao que se lle poñen más trabas para acceder a elas.
A CGT propuxo varias melloras, pero calquera sindicato que se contente con estas axudas e se vanaglorie de que se “atenderon as suas propostas” é cómplice destas exclusións e valida esta política de reducir ano tras ano as axudas.
Bos días.
Veñen de informarnos de que están a comezar a recoller as sinaturas para os recoñecimentos médicos de 2017.
Só para lembrarvos un par de puntos importantes.
A xente de reparto a pé:
Se non quere facer o recoñecemento NON ten porque asinar ningún tipo de documento de renuncia a nada (anexo II). Como é voluntario debe ser a persoa a que o solicite, e non a que renuncia.
A xente de reparto en moto:
NON é obrigatorio realizar este exame (neste punto TODOS os sindicatos estamos de acordo e cada ano Correos volve erre que erre).
Para elo Correos presenta o anexo III onde di que este é obrigatorio, o cal non é certo.
Se sodes motoristas para negarvos podedes facer 3 cousas:
NON asinar o anexo III e non acudir ao médico (os xefe teñen instruccións de levantar acta cunha testemuña da vosa negativa) ou asinar e indicar "NON CONFORME"
Asinar o anexo III e logo non acudir aos exames
Asinar o anexo III e logo non acudir aos exames presentando previamente unha escrita negándose.
CTA
O persoal da tarde e da noite ten dereito a recuperar o tempo investido en acudir a estes recoñecimentos, posto que Correos ten a obriga de os facer dentro da xornada laboral.
Desde a CGT solicitaremos que non se fagan análises de sangue de mañán a continuación da xornada de traballo da noite.
SOLICITA OS MODELOS Á CGT
Instrucción para a campaña de Nadal de Correos 2016.
Aquí tedes as instrucción da campaña de Nadal para o 2016, cos seus descontos. Etc...
Podense coller até dos dias sen desconto, un deles do 05 ao 11, e o segundo no resto do mes.
O importe da campaña serán 95,08 (o de cada ano desde que temos memoria, ou case,...)
Lembrade que este ano temos 8 días de APs. A empresa está comunicando ificiosamente que se poderán desfrutar no 2017, pero desde a CGT pensamos que sería importante solicitar eses dias DENTRO de este ano e, en todo caso, que sexan deneagados para poder ter unha base para os solicitar no ano que ven.
Apertas!
Aclaracións sobre eleccións 2016 carta ao director de Zona 1Cgt Correos A Coruña
ELECCIÓNS 2016. Esiximos a Correos a contratación necesaria para repartir a correspondencia electoral, que marque as horas extra necesarioas para repartir polas tardes se fora necesario, que os votos por correo os xestione as USES, que non se exclúa a ninguén do reparto electoral, que o Domingo de votación sexa voluntario e se ofereza a todo o mundo, que todo persoal do CTA traballe e cobre o plus electoral....
Borrador bases consolidación de empleo 29 de diciembre
BR Extra, novo acordo e resume do ano 2018
1. O R G A N O D E D I F U S I Ó N D A C G T C O R R E O S – A C O R U Ñ A EXTRA
cgtcorreosacorunha @gmail.com telefone: 674 070 105 RICO 83230
A EMPRESA E OS
ASINANTES DO
CONVENIO
FOTOGRAFÍANSE
AMAÑANDO UN
ACORDO EXPRÉSS
PARA O PERÍODO
2019/20
CONSOLIDACIÓN-EVENTUALIDADE
-SINIESTRALIDADE-
MOBILIZACIÓNS-LOITAS-
”NEGOCIACIÓNS”-ACORDOS...
ESPECIAL
2018
Todo isto e moito mais no noso BR ESPECIAL 2018
Mira, xa asina-
ron o dos cursi-
ños de Correos
2. O ano xa empezou
dando pistas de como
ía ser.. Detalliños como
ter a oficina de
Ortigueira sen luz,
confundir a catedral de
Burgos ca de León na
presentación dun selo,
ou facer un exame no
ca xente usaba os
teléfonos reflexan ben
como foi o conxunto,
un desastre total.
2018 foi un mal ano
para a plantilla de
Correos, neste ano
foimos despedid@s por
estar enferm@s,
excluid@s por ser
maiores ou
extorsionad@s por facer
cursiños. Aumentou a
sinistralidade,
aumentou a
eventualidade,
aumentaron as cargas
de traballo...
Tamén foi un ano de
loitas, houbo folgas,
manifestacións,
concentracións...
Tamén foi un ano de
reconquista de dereitos,
na CGT conseguimos
nos xulgados
importantes sentencias
en relación a
conciliación, a
protección da saúde e
outros dereitos básicos
Axitáronse as redes
sociais e chegouse
repetidamente aos
medios de
comunicación. Foi
tempo de respostar as
agresións e de amosar
a nosa solidariedade,
onde a acción directa
volveu a ter
protagonismo e parouse
a produción
Sen dubida foi un ano
de mulleres. Mulleres
que enchinmos as
prazas e rúas e
berramos con forza pola
igualdade e a liberdade,
tamén en Correos onde
a histórica folga
feminista do 8 de marzo
tivo un gran
seguimento.
Houbo grandes
cambios si, pero non os
esperados nin os
necesarios. Máis ben
cambios de cromos,
cambiáronnos o
presidente (e van xa
tropecentos), cesaron á
nefasta directora de
RR.HH. Aánda que fora
demasiado tarde...
Negociouse, ou fíxose
como que se negociaba,
para acordar o que xa
estaba acordado lonxe
de Correos, deixándose
de lado reivindicacións
e demandas históricas
do colectivo postal.
SE NINGUÉN
TRABALLA POR
TI!!
QUE NINGUÉN
DECIDA POR TI!!
¡ÁNIMO, QUE ESTE QUEDOU ASI
PORQUE HAI QUE VER AS QUE TIVO
QUE PASAR, PERO VAS VER QUE A
TI VAITE IR MELLOR
3. A CGT
Fomos o único sin-
dicato que nos atre-
vimos a denunciar
xudicialmente o te-
ma das inxustas
bolsas, que o xulga-
do desestimou coa
inestimable axuda
da maioría do resto
de sindicatos que se
puxeron do lado da
empresa no xuízo
Cousas veredes...
OS EXAMES
En setembro tivo lugar o tan
esperado, polo retraso na
súa convocatoria, exame de
consolidación.
Consolidou a imaxe de
Correos como especialistas
en chapuzas.
Un exame que houbo que
repetir logo do escándalo na
xa tristemente célebre aula A
da Fac. de Económicas en
Compostela, é que nin ao
segundo intento se fixo ben.
TRABALLAR É O MÁIS!!
AS BOLSAS
Logo de anos denunciando irregularidades
na contratación e esixindo a apertura
dunhas novas bolsas. Por fin este ano
entraron en ¿funcionamento?. A primeira
consecuencia foi a que víase vir, o plan
encuberto de “rexuvenecemento” do
persoal deixaba fora das bolsas, e por ende
da empresa, a milleiros de compañeiras
con anos de servizos prestados en Correos.
Ademais, moitas das novas bolsas
esgótanse no mesmo momento de
empezar a ¿funcionar? Voltándonos a
situación anterior con contratacións
fora de bolsa , facéndose ampliacións
insuficientes e todo isto a través dun
sistema máis confuso e opaco ca nunca,
sen publicidade nin transparencia, sen
criterios claramente definidos, con
rotacións e colindancias imposibles de
explicar, e con unas duracións e causas de
contratación que semellan arbitrarias
E todo isto aconteceu nun ano no cos
índices de eventualidade continuaron por
as nubes, ca contratación a tempo parcial
como modalidade de contratación en alza.
A pesares das loitas de algúns e grazas a
complicidade de outros, a transformación
de traballo estable e digno en eventual e
precario continuou a bo ritmo no 2018, e
de nós vai depender que o vindeiro 2019
sexa diferente
A LOITA É O ÚNICO CAMIÑO!!
4. 2018 foi un ano cheo de novas que nos
chegaban de Catalunya, e Barcelona foi
tamén en Correos un lugar en ebullición.
Fart@s de aguantar; contra os recargos e por
unha contratación suficiente, @s
compañeir@s okuparon as dependencias de
RR.HH. na zona. Esxindo a readmisión das
compañeiras despedidas cortáronse os
accesos ao CTA. E, recentemente, ao comezo
da folga de sábados convocada pela CGT
celebrouse con un piquete informativo que logrou parar a produción
nalgunha das USEs da cidade
Mentres tanto en
Madrid a estratexia dos
paros parciais como
forma de loita ante os
recargos segue a dar os
seus froitos e foron
máis de 35 os distritos
que fixeron paros ao
largo do ano.
Dende o pasado
febreiro esta
ferramenta a temos
dispoñible tamén en
toda a Galiza por mor
da convocatoria da
CGT dunha folga
parcial indefinida
contra os recargos.
En Nafarroa a soa
convocatoria dunha folga
indefinida levou á empresa a
adquirir un compromiso de
coberturas e a realizar un
redimensionamento
axeitado
A solidariedade ante os despedimentos
recorreu todo o estado, fixéronse
concentracións en moitas das cabeceiras
de zona e as compañeiras afectadas
recibiron numerosas mostras de apoio,
tamén dende A Coruña. En marzo teremos
o xuízo pola súa readmisión
SE TOCAN A UNHA TOCANOS A TODAS!!
5. O persoal excluído das bolsas foi
organizando a súa ira inicial, houbo
concentracións de rexeitamento en moitas
provincias, tamén en Compostela, que
remataron con unha manifestación en
Madrid, esta loita chegou aos medios de
comunicación e recentemente tamén ao
Congreso onde esta prevista unha
comparecencia do presidente da SEPI
para dar respostas sobre o tema
Se houbo unha nova no
eido laboral que pasará á
historia neste ano que
remata, esa foi sen
dubida a folga feminista
do 8 de marzo. Milleiros
de mulleres en todo o
mundo fixeron folga ese
dia. Unha folga laboral,
de estudios e coidados.
Tamén as traballadoras
de Correos paramos ese
día
A CGT foi un dos
sindicatos (o único en
Correos) que atenderon
as demandas do
movemento feminista
convocando folga de
xornada completa (e
non os paros de 2
horas) horas.
O 8M AS MULLERES
PARAMOS O MUNDO!!
A Coruña
tamén loita, e
recupera 1
carteir@!!
Na Coruña non
estivemos alle@s a conflitividade
laboral e vivíronse folgas. Fart@s
de aturar un redimensionamento
mal feito na UR3 da Coruña
fixeron folga contra as sobrecargas
de traballo recuperaron un posto
de trabalo, tamén na quenda de
tarde do CTA plantouse loitando
por unha xornada de luns a venres
6. Víase vir desde 9 de
marzo, cando se asinou
entre Mariano Rajoy Brey
e algún CCOO, UGT e
CSEIF o acordo “Para la
mejora del empleo público
y las condiciones de
trabajo”, pois é iso única,
pelada e tristemente iso, o
que se acordou o 19 de
decembro de 2019. Non
hai nin unha mísera
mellora para o persoal de
Correos. Cálcanse as
condicións salariais sen
ter en conta o brutal
descenso do poder
adquisitivo do persoal
postal. Pactase un
salario que NON estará
vinculado ao custe da
vida, o que poder facer,
en termos prácticos, que
acabemos perdendo
poder adquisitivo. A anos
luz das subas adicionais a
este pacto que logran
colectivos como o da
xustiza (105 euros de
suba lineal), educación
(6% a maiores), e
sanidade (4% a maiores),
xa non falemos das
recentes subas lineais e
directas de sobre 500
euros a policía e guardia
civil. En Correos: o que
nos quixo dar Mariano,
nin un céntimo mais.
Decepciónante.
No que supón a
estabilización do emprego
un pouco máis do mesmo.
Non “se logra forzar” a
Correos a nada, tal como
indican algúns
comunicados (bastante
patéticos), a realidade é
que Correos legalmente
non pode continuar
cunha taxa de
eventualidade do 30% foi
multada e advertida en
diferentes ocasións nos
últimos tempos. Se ben é
certo que a
administración Montoro
puxo un cepo nas
reposicións de persoal
público. A chegada dun
novo goberno e a
ameaza de novas multas
e sancións millonarias
“convenceron” ao
ministerio para abrir a
porta a novas
contratacións. Este é o
punto tamén onde os
sindicatos-xestoría ven o
maná, pois garántelles
anos de chantaxe sindical
a cambio de cursos,
afiliacións pola forza e
éxito nas eleccións
sindicais. Logo poderemos
dicir aquelo de “disfruten
de lo votado, como
dicimos tantas veces nos
centros de traballo”.
Sobre o tema dos
Sábados. Outro calote.
Non se “logra” nada
tampouco neste apartado.
A realidade é que
Correos declarou en
sede xudicial na
Audiencia Nacional en
setembro que para evitar
unha sentencia
previsible ante a
denuncia de SL e CGT
“amañaría o tema das 48
horas dos descansos
semanais antes de
acabar o ano”. Así é. E
crea un texto do que
aínda temos severas
dúbidas da súa
aplicación, pois indica
“con carácter xeral farase
con voluntarios” e que se
fará en caso de non haber
tales voluntarios? E como
se repartirá de luns a
venres a media hora que
terá que facer o persoal
que deixe de prestar as
gardas? Por non falar do
pírrico que resulta cobrar
7,75 euros brutos (?) por
hora. Demasiadas lagoas
a esta altura... veremos
Sobre o cacarexado
acordo para “quitar os
descontos por estar
enfermo”. Burla total.
Unha vez máis,
simplemente, aplícasenos
a palo seco o acordo
AMEPCT de Rajoy. E o
único que cambia é que
nos primeiros 4 días non
haberá descontos en caso
de Quimioterapia,
Radioterapia, Cirurxía e
Hospitalización. O resto
igual, que unha gripe nos
custe centos de euros
queda igual. Fume e máis
UNA ACORDO PREVISIBLE… E UNHA OPORTUNIDADE PERDIDA.
7. fume.
Outros temas como
xubilación parcial, plan de
igualdade... nada de nada.
O plan de acción social
“non poderá aumentar a
cantidade do ano
anterior” (conxelado) e a
xubilación parcial farase
por medio de contratos de
relevo, vamos o que marca
a lei, nin máis nin menos.
Por todo isto e por moito
mais a CGT non asina este
simulacro de negociación,
porque dos temas esixidos
pola CGT nada se falou,
por exemplo: Aumento de
salario vinculado ao custe
da vida (IPC) + 2% NADA
Eliminación dos descontos
por estar de baixa polos
motivos habituais: NADA
Suba do combustible no
RURAL? NADA Pagamento
da nocturnidade nas
vacacións do CTA: NADA
Unificar o salario nunha
cantidade única, cobrar
1200, e non
600+200+150+100+50+?,
NADA, Xornada de 35
horas de luns a venres?
NADA Asignar a cada
persoa unha sección
estable e con xornada
completa? NADA Novas
bolsas transparentes e
suficientes? NADA Fin da
persecución médica e
eliminación da
posibilidade de te despedir
por estar de baixa? NADA
Reintegración do persoal
laboral de Correos con
todos os dereitos no
Estatuto Básico do
Empregado Público
(EBEP)? NADA
Unha oportunidade
perdida, pensemos que
desde o 2010 a té o 2020
(unha década) non
tivemos ningún avance
nun texto do convenio que
queda exactamente igual
no seu 99%
Ademais diso é importante
mencionar que, unha vez
máis, asinaron ás nosas
costas. Asinaron sen
preguntar á xente que está
cada día na rúa repartindo
e nas oficinas, unha vez
máis 5 persoas que levan
30 anos liberados
asinaron un convenio sen
que o persoal fora
consultado, sen que
teñamos a posibilidade de
aportar ou puntualizar
algo, sen nos dar a
posibilidade de debater
eses textos nos nosos
centros de traballo. Sen o
REFERENDO previo que
cada vez esixe a CGT
antes de un acordo, e
que estamos valorando
facer nos mesmas entre
o colectivo.
E seguimos
defendendo todo
isto, por iso,
insistimos:
NON ASINAMOS!
Nunha palabra: Déronnos
o que xa era noso , o que
se aprobara para o sector
público, nin mais nin
menos.
TEMOS QUE LOITAR
POR UN CONVENIO
PROPIO E DIGNO.
8. En caso de quimioterapia, cirurxía, hospitalización ou embarazo non se farán
descontos salariales nos primeiros 4 días. O resto queda igual
Correos felicitounos as
festas con outra campaña
chistosa. “Temos moito
que aprender de Papá
Noel” din, medo nos da...
“Sincronizar un golpe é o segredo para
golpear de xeito potente”
Bruce Lee
PAPÁ NOEL
FICHA POR
CORREOS
2018: Modificación de 1.50% e 0,20% desde o 1 de xaneiro, e
0.25% desde o 1 de xullo de 2018. O persoal funcionario xa o
está a cobrar e o laboral cobrará desde o mes de febreiro
2019: Modificación do 2,25% fixo, vinculado ao PIB podería
haber un 0.25% adicional. 0,25 de fondos adicionais.
2020: 2% fixo, 1% vinculado ao PIB, 0.30% fondos adicionais
2021: Se se cumpre o obxectivo de estabilidade do déficit público 0.55%
Estabilización e reposición de postos de traballo.
Cubrirase a taxa de reposición dos anos 2017,2018 e as previsións da mesma de
2019 e 2020. Podería chegar até as 6626 postos
Adicionalmente haberá un proceso de estabilización con 4574 postos adicionais.
Con carácter xeral serán sempre voluntarios, pagarase a quen vaia 7,75 euros por hora