Successfully reported this slideshow.

Buzón rebelde 16, especial contratación verán 2015

0

Share

Loading in …3
×
1 of 4
1 of 4

More Related Content

Buzón rebelde 16, especial contratación verán 2015

  1. 1. 16 O R G A N O D E D I F U S I Ó N D A C G T C O R R E O S – A C O R U Ñ A Neste número:  Contratos “ a dedo” na nosa provincia este verán.  Procedimento a seguir cando nunha bolsa non hai xente.  Carta: “O persoal eventual denuncia!.” cgtcorreosacorunha @gmail.com telefone: 609381811 RICO 83230 COA CONNIVENCIA DA COMISIÓN PROVINCIAL DE EMPREGO (CCOO, CSiF, UGT e SL) Neste verán Correos está a contratar a xente da rúa, saltándose as bolsas de con- tratación colindantes e infor- mando de isto só a “amig@s e achegad@s” NON PODEMOS CONSENTIR CONTRATOS A DEDO, PARA FAMILIARES E AMIG@S, NUNHA EMPRESA PÚBLICA , E CON MÁIS DE 85000 PARAD@S NA NOSA PROVINCIA DIFUNDIDE: “SE ESTÁS NO PARO DIRÍXETE Á RÚA DO FRANCO NR 4 (Santiago de Compostela) E DEIXA TEU C.V (E UN XAMÓN)”
  2. 2. A CGT está a tomar medidas ante as es- candalosas denuncias que estamos a recibir de que se está, de xei- to irregular, a contra- tar a persoas que non están nas bolsas de contratación. Correos alega, para tal cousa, que nestes mes de Agosto non encontrou a ningunha persoa dispoñible en ningunha das bolsas da nosa provincia. Parécenos moi pouco ético que nunha em- presa pública como a nosa se abra un pro- ceso de contratación a xente da rúa saltándo- se todos os procede- mentos e os supostos legais previstos no III convenio colectivo, e avisando só a “achegados”. Ademais é vergoñoso que as organizacións sindicais que forman parte do comisión provincial de emprego d a C o r u ñ a (CCOO,UGT, SL e CSiF) miren para outro lado cando isto se está a producir. A este feito grave só lle podemos dar dúas explicacións: Ou non se enteran de nada (cousas difícil de crer vistas as numero- sas denuncias por estes feitos que levamos reci- bindo nestas semanas) ou sábeno e consénteno por algún interese oculto e difícil de explicar. Unha vez máis demóstra- se que estes comités de sindicatos asinantes que se reúnen, de forma to- talmente escurantista e opaca, unha vez ao mes coa empresa para paste- lear TODO, á hora da ver- dade e de defender os intereses da maioría e a xustiza na empresa públi- Buzón Rebelde 16 Previamente a contratar xente da rúa tiveron que informar a CCOO, UGT, CSif e SL, membros da comisión provincial de emprego, que ou non se enteran ou miran para outro lado... Correos está a filtrar unha información interesada a diversas persoas con influencia para que avisen a coñeci- dos e familiares e presenten o curriculum e poder acceder a contratos fora de todo control e sen que medie ningún tipo das condicións que esixe a contratación no sector público, isto é publicidade, igualdade de opor- tunidades e mérito. Quen decidiu que foran esas e non outras persoas as que teñan accedido a eses postos? En que lugar están os méritos que teñen que recoñecerse? Por poñer un exemplo vemos que na Coruña se contratou a dúas persoas sen ningún tipo de experiencia en Correos para atención ao cliente, sendo centos as persoas de reparto que fixeron o curso para realizar tal función. ca Correos SAE non ser- ven de nada. Queremos recordar que estes comités están for- mados cos sindicatos que asinaron o convenio co- lectivo, co único obxecti- vo de deixar fora á CGT en todas as provincias do Estado. Na Galiza a CIG resultou un dano colate- ral desta estratexia anti- CGT pois non tiña a posi- bilidade de asinar ao non estar na mesa de nego- ciación estatal , e por iso tampouco pode entrar nestas comisións. Desde o noso sindicato non estamos dispostos a permitir que nunha em- presa pública a contrata- ción non sexa transpa- rente e con criterio de igualdade de oportunida- des.
  3. 3. Qué indica o convenio colectivo en vigor?: “5. Situaciones de insuficiencia de candidatos y apertura de bolsas: En el caso de insuficiencia de candidatos en las bolsas de empleo se procederá inmediatamente a una nueva convocatoria cuando haya decaído o no se encuentren disponible el 50% de la bolsa, salvo que, en la Comisión de Empleo se determine lo contrario en casos excepcionales de disminución del volumen del tráfico postal que pueda cubrirse con los candidatos que quedan en aquellas bolsas. En supuestos excepcionales, y mientras se materializa el mecanismo de apertura de bolsas, se recurrirá a persona idónea, ya sea a través de los servicios públicos de empleo o directamente por parte de la empresa. De tales supuestos se informará previamente a la Comisión de Empleo Provincial. Todas las contrataciones se realizarán por el procedimiento recogido en las presentes normas de contratación. Texto BOE 153 de 28 Junio de 2011” Buzón Rebelde 16 No primeiro dos supostos Correos DEBE abrir as bolsas cando haxa menos do 50% de dispoñibilidade. Este pro- ceso pode ser aberto directamente desde a dirección de zona1, posto que a bolsa é provincial. No segundo dos supostos recursos humanos de Com- postela pode facer un chamamento a persoas de ou- tras bolsas dentro da propia provincia (bolsas colin- dantes). Este é o mecanismo que se estaba a empregar nos últimos 3 anos. Para que isto se leve a cabo debe SER INFORMADA previamente a comisión de emprego, repetimos, formada pola empresa e CCOO, UGT, SL e CSIF. Unicamente no terceiro dos supostos contemplados, e no caso de non atopar a ninguén dispoñible en todas as bolsas da provincia (cousa bastante pouco crible, por outra banda), Correos pode contratar a calquera persoa “idónea” (¿¿¿quén decide isto????) desde o INEM ou contratando directamente a empresa. E, unha vez máis, o convenio indica aquí que A COMI- SIÓN PROVINCIAL (CCOO, UGT, CsiF e SL) deben estar informada de estas actuacións. Páxina3 Se desde a empresa houbera un interese real en non favorecer o enchufismo de algúns, podería contratar por medio dos servizos públicos de emprego evitando desta maneira o noxento cheiro a corrupción que estamos notando nalgúns dos contratos efectuados NON IMOS MIRAR PARA OUTRO LADO, ACTUAREMOS: - INFORMANDO INMEDIATAMENTE DESTAS IRREGULARIDADES Á INSPECCIÓN DE TRABALLO. - ACUDINDO AOS XULGADOS COAS PERSOAS AFECTADAS QUE O DESEXEN POR NON SER CHAMADAS ESTANDO ACTIVAS EN BOLSAS COLINDANTES AO FORMALIZARSE OS CONTRATOS “A DEDO”. - ESTUDAREMOS LEVAR O CASO Á FISCALÍA ANTICORRUPCIÓN POR ENTENDER UN USO FRAUDULENTO DE RECURSOS PÚBLICOS QUE, AO NOSO ENTENDER, ROZA A PREVARICACIÓN.
  4. 4. O colectivo de pessoas contratadas também fa- zemos parte de Correos, existimos. Temos umha problemática concreta em quanto ao movimento sindical de correos e às nossas reivindicaçons. Mas eu diría que somos o sector mais desmovilizado e com menor presença sindical ou dentro das reivindicaçons. Levo arredor de 10 anos na listagem de trabalhadoras/es eventuais de Correos. Ao longo de todo este tempo, o siste- ma de contrataçom de esta empresa (que ante todo busca o maior lucro com a menor inversom) nom se caracterizou jamais por ser um sistema equitativo e justo . As pessoas que dela fazemos parte, sempre puidemos com- probar certas irregularidades em quanto a tempo de contra- taçom entre umhas e outras e aguardamos como simples objectos pasivos que temos que permanecer colados aos nossos telefones para ter o privilegio de recever a mensa- gem que nos informe da possibilidade de contrato. Nos últimos anos vemos como se vam reduzindo as posibilidades de trabalho porque se deixam de cubrir postos aplicando-se o recargo de secçons de trabalho das companheir@s laboráis e funcionári@s. Também fomos testemunhas de mais um jeito de precariza- çom do trabalho ofertado por Correos: os contratos a meia jornada, modalidade de contrataçom que semelha ser a ten- dencia futura pola que optará Correos. Um tipo de contrata- çom que méngua as nossas quotizaçons à Segurança Social e a quantia das prestaçons sociais por desemprego. Mas em fim, de este jeito a empresa tira do meio o maior volume de trabalho nas horas ponta aforrando dinheiro. Ja viviramos anos antes casos similares com os contratos a tempo parcial de quatro días ao mês (sábados ou domingos) hoje inexisten- tes. Formamos parte de bolsas de contrataçom que apenas forom públicas na páxina web de Correos durante um par de horas o dia da sua publicaçom e existe um suposto regulamento do qual descohecemos o conteúdo. Também somos víctimas do “Senhor Sistema” e “Senhora Rotaçom”; esta parelha acostu- ma a ser culpável de qualquer incidência ou irregularidade nas contrataçons segum as nossas companheir@s de Recursos Humanos quando a elas/es nos dirigimos com algumha queixa. O sistema de contrataçom que leva adiante Recursos Humanos é até insultante. Recevemos mensagens de texto que nos instam a chamar à sua oficina cada vez em praços inferiores de tempo e o pior é que as pessoas receptoras de tais mensagens passamos a manhá tentando contactar umha e outra vez mentres os telefones comunicam e comunicam. Mas se nom respondemos às mensagens “usted podrá decaer de la lista”. Desconhecemos a ordem exacta na que vam as listas de contrata- çom posto que só sabemos de jeito autodidacta, intuitivo e aproxi- mado como se combinam os movimentos da lista a meia e a jorna- da completa, as famosas rotaçons (vezes que passa por nós a lista), o conceito de “contrato vacante” ao que podemos optar a um máximo de 180 dias por ano com um parom obrigatório posterior. Esta situaçom de desinformaçom e precariedade enmarcada no contexto de crise actual na que nom encontramos alternativas no mercado laboral, gera umha situaçom de medo e pasividade e cria- çom de suspicacias entre as e os companheiros integrantes das bolsas de contrataçom . Isto dá pé à desuniom e desmobilizaçom do colectivo de pessoas eventuais de Correos. As contratadas e contratados de Correos deveriamos tomar consciencia do valor que temos. Nom somos afortunad@s porque se nos chame. Somos necessári@s! Estamos qualificad@s para desempenhar o nosso trabalho no mo- mento que nos chamam. Fazemo-lo sem que se nos aportem meios (uniformes ou EPI,s) adequados, fam-nos a acolhida ou os cursin- hos de segurança, manejo da maquinária que usamos ou dos pro- tocolos que desenvolvemos quando levamos tempo e tempo tra- balhando. Nom se nos pode tratar assim. Deveriamos ser tratad@s com respeito e em igualdade de condiçons . Um trato em igualdade e digno, umha adequada forma- çom sobre o trabalho que desenvolvemos, informaçom sobre o sistema de contrataçom polo que se rigem as bol- sas de contrataçom, direito à uniforme e EPI´s, a luita polo nom recurte de contratos poderiam ser algumhas das co- usas polas que poderiamos trabalhar. Pola nossa parte deveriamos estar unid@s deveriamos organizar- nos, deveriamos confeccionar umha táboa com as nossas reivindi- caçons e fazer valer os nossos direitos. Reproduzimos um texto chegado ao nosso sindicato para ser publicado no Buzón Rebelde: Buzón Rebelde 16

×