NESTE NÚMERO:
FOLGA GALEGA
CALENDARIO LABORAL
BOLSAS E CONVOCATORIAS
XUIZO EXCLUSIÓN DE BOLSAS
RECORTE EN BETANZOS
NOVAS BREVES
OPINIÓN "O IDÓNEO"
Desde a CGT de Galiza vimos de convocar oficialmente folga nas últimas dúas horas de cada xornada laboral, para todas as unidades.
Os motivos coñecédelos de sobra: queremos as prazas cubertas, queremos acabar cos recargos indiscriminados e queremos que Correos cumpra coas súas obrigas de prestación diaria do servizo postal universal. A folga trata de evitar estas carencias de persoal.
Queremos así dar cobertura legal a un xeito de loita que noutras zonas levan xa anos levando a cabo: Lembrade que na Zona IV (Madrid) houbo máis de 35 folgas destas características convocadas e levadas a cabo, para evitar recargos e forzar a Correos á contratación de persoal para cubrir as ausencias.
Podedes empregar esta folga legal libremente, se ben vos recomendamos que nolo comuniquedes para ter constancia do seguimento da mesma.