SlideShare a Scribd company logo
1 of 3
Download to read offline
Á MESA DO PARLAMENTO GALEGO
O Grupo Parlamentar de Alternativa Galega de Esquerda (EU-ANOVA), por medio da
súa deputada Yolanda Díaz Pérez e do seu deputado Antón Sánchez García, e ao
abeiro do recollido no artigo 160 do Regulamento da Cámara, presenta a seguinte
PROPOSICIÓN NON DE LEI para o seu debate plenario, relativa á liberalización dos
horarios comerciais e o gravoso e antisocial convenio colectivo de grandes almacéns.
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
A recente sinatura do convenio colectivo de grandes almacéns marca un grave
retroceso nas condicións laborais, económicas e sociais das traballadoras e
traballadores do sector, e de xeito indirecto para o resto dos sectores do comercio
(alimentación, téxtil e vario), dada a condición de marco regulamentador de referencia,
que vén marcando uns mínimos en todos os convenios colectivos sexan estatais,
nacionais, de provincia ou empresa. O convenio asinouse entre os sindicatos amarelos
Fasga e Fetico coa patronal dos grandes almacéns e conxuga dúas agresións centrais :
o recorte de dereitos e o avance na liberalización dos horarios.
Incluso o Ministerio de Traballo tivo que elaborar un informe crítico para corrixir
cuestións inaceptables que presentaba o convenio. Logo dos cambios introducidos a
raíz do informe non se conculca a lei, pero resta un documento extraordinariamente
lesivo para os intereses das traballadoras e traballadores. Os seus contidos son tan
negativos que levan ao Grupo Parlamentar da Alternativa Galega da Esquerda (EU-
ANOVA) a presentar esta iniciativa para defender os intereses das traballadoras e
traballadores e denunciar a voadura dos dereitos gañados con moitos anos de loita e
sacrificios; dereitos que se perden ao abeiro dun marco legal restritivo dos dereitos e
liberdades da clase traballadora, cunha regulamentación laboral tiránica en favor do
capital, logo das sucesivas contrarreformas laborais de 2010 e 2012, efectuadas polo
PSOE e o PP.
Digitally signed by Rexistro
Entrada
Date: 2013.05.08 12:41:21 +02:00
Reason: 7605
Location: Parlamento de Galicia
Signature Not Verified
Entre os retrocesos consignados no convenio se atopan a conxelación salarial que non
é tal, porque na realidade se perde poder adquisitivo pola suba da inflación; a obriga
de traballar os domingos e de balde, coa retirada de certas compensacións pactadas de
antano; o pase de calendarios anuais a trimestrais; a minoración das compensacións
horarias pola realización de horas extraordinarias; o aumento de 28 horas anuais de
traballo sen incremento salarial (ou como retrotraernos ás fórmulas da extracción da
plusvalía absoluta); a perda do dereito a dispor das vacacións de 21 días seguidos do
verán; ou a disposición dun 10% da xornada ( ate 179 horas ao ano) de xeito arbitrario
pola empresa e que veñen a engadirse en xornadas como: o verán, as festas do nadal
ou pontes, ademais dos domingos, e que son as datas de maior calidade en canto á
conciliación se refire; se asina a arbitrariedade da conxelación ou rebaixa do salario un
5% nos centros onde descendan as vendas; ou o salario dos contratos formativos cae
por baixo do salario mínimo, ao computarse só o tempo efectivamente traballado, co
que pode chegarse a cobrarse 450 euros mes.
Todo este catálogo de agresións se patrocina por un sector do gran empresariado cuxas
empresas declaran grandes beneficios. Esa é a saída da crise neoliberal, máis horas de
traballo en peores condicións e con menos dereitos, e toda a profesionalidade e
traballo das traballadoras e traballadores no peto dos grandes empresarios; eses que
coa complicidade obediente dos gobernos do PP no Estado e no noso país impulsan
esa política que destrúe emprego, que pecha o pequeno comercio, que desartella os
nosos barrios e todo para engordar a caverna dos grandes almacéns, a de a
liberalización dos horarios comerciais. Lembrar que este Grupo Parlamentar presentou
unha emenda á totalidade ao proxecto lexislativo de contrarreforma da lei 13/2006 de
horarios comerciais.
Toda a riqueza e diversidade que achega o pequeno comercio resta sacrificado diante
dos intereses das grandes empresas do sector, que na actualidade xa dispoñen dunha
enorme e excesiva liberdade horaria: 78 horas de apertura comercial en 6 días da
semana entre as 09:00 e as 22:00 horas, así como os 10 domingos anuais e as vendas
ao traverso da rede. Lonxe de axudar socialmente a nada, o sofisma da liberalización
dos horarios non crea novo emprego, senón que carga sobre o persoal xa existente
xornadas imposibles e fai inane toda a retórica gubernamental sobre conciliación
familiar. Tamén estase a impoñer un modelo de sociedade, baseado no consumo en
beneficio duns poucos, en lugar de poñer en valor o tempo de lecer de calidade e non
só consumista.
Este Grupo Parlamentar, xa que logo, achega a seguinte Proposición non de lei para o
seu debate plenario:
- O Parlamento Galego insta á Xunta de Galicia para que non acceda ás demandas
das grandes empresas do sector en favor da liberalización dos horarios
comerciais e denegue calquera medida nese sentido.
- O Parlamento Galego insta á Xunta a que non declare a Santiago de
Compostela, zona de máxima afluencia turística, coartada que se quere
empregar para liberalizar aínda máis os horarios comerciais.
- O Parlamento Galego insta a Xunta de Galicia a expresar o seu apoio político ás
traballadoras e traballadores dos grandes almacéns en Galicia e a reprobar o
convenio colectivo asinado o 30 de xaneiro de 2013 e que se publicou no BOE
de 22 de abril.
Compostela, 8 de maio de 2013.
Asdo. Yolanda Díaz Pérez
Asdo. Antón Sánchez García
Asinado dixitalmente por:
Yolanda Díaz Pérez na data 08/05/2013 12:23:39
Antón Sánchez García na data 08/05/2013 12:23:42

More Related Content

Viewers also liked

Sentencia elecciones carrefour ourense
Sentencia elecciones carrefour ourenseSentencia elecciones carrefour ourense
Sentencia elecciones carrefour ourense
oscargaliza
 
ZFConf 2011: Behavior Driven Development в PHP и Zend Framework (Константин К...
ZFConf 2011: Behavior Driven Development в PHP и Zend Framework (Константин К...ZFConf 2011: Behavior Driven Development в PHP и Zend Framework (Константин К...
ZFConf 2011: Behavior Driven Development в PHP и Zend Framework (Константин К...
ZFConf Conference
 
Acordo hesperia illa da toxa
Acordo hesperia illa da toxaAcordo hesperia illa da toxa
Acordo hesperia illa da toxa
oscargaliza
 
Engagement Party
Engagement PartyEngagement Party
Engagement Party
ncomee
 
Hassinger Chiropractic Clinic
Hassinger Chiropractic ClinicHassinger Chiropractic Clinic
Hassinger Chiropractic Clinic
Keith Hassinger
 
Acta c.i. 30 09-2011 logo
Acta c.i. 30 09-2011 logoActa c.i. 30 09-2011 logo
Acta c.i. 30 09-2011 logo
oscargaliza
 
Convenio hosteleria ourense 2011 2013
Convenio hosteleria ourense 2011 2013Convenio hosteleria ourense 2011 2013
Convenio hosteleria ourense 2011 2013
oscargaliza
 
Panfleto carrefour meridiano 2012 ii
Panfleto carrefour meridiano 2012   iiPanfleto carrefour meridiano 2012   ii
Panfleto carrefour meridiano 2012 ii
oscargaliza
 
M&A Integration Check Lists and Benchmarks From Our Most Successful
M&A Integration Check Lists and Benchmarks From Our Most SuccessfulM&A Integration Check Lists and Benchmarks From Our Most Successful
M&A Integration Check Lists and Benchmarks From Our Most Successful
peregoff
 
Viewers also liked (20)

Sentencia elecciones carrefour ourense
Sentencia elecciones carrefour ourenseSentencia elecciones carrefour ourense
Sentencia elecciones carrefour ourense
 
Pavan Gadey Marriage Invitation Card
Pavan Gadey Marriage Invitation CardPavan Gadey Marriage Invitation Card
Pavan Gadey Marriage Invitation Card
 
ZFConf 2011: Behavior Driven Development в PHP и Zend Framework (Константин К...
ZFConf 2011: Behavior Driven Development в PHP и Zend Framework (Константин К...ZFConf 2011: Behavior Driven Development в PHP и Zend Framework (Константин К...
ZFConf 2011: Behavior Driven Development в PHP и Zend Framework (Константин К...
 
ParaEmpezarNumbers
ParaEmpezarNumbersParaEmpezarNumbers
ParaEmpezarNumbers
 
Acordo hesperia illa da toxa
Acordo hesperia illa da toxaAcordo hesperia illa da toxa
Acordo hesperia illa da toxa
 
Engagement Party
Engagement PartyEngagement Party
Engagement Party
 
Hassinger Chiropractic Clinic
Hassinger Chiropractic ClinicHassinger Chiropractic Clinic
Hassinger Chiropractic Clinic
 
2014 Stop slavery! Pocheon African Art musuem in South Korea
2014 Stop slavery! Pocheon African Art musuem in South Korea2014 Stop slavery! Pocheon African Art musuem in South Korea
2014 Stop slavery! Pocheon African Art musuem in South Korea
 
Lua on Steroids
Lua on SteroidsLua on Steroids
Lua on Steroids
 
Content statbyschool 2554_m3_1057012007
Content statbyschool 2554_m3_1057012007Content statbyschool 2554_m3_1057012007
Content statbyschool 2554_m3_1057012007
 
Acta c.i. 30 09-2011 logo
Acta c.i. 30 09-2011 logoActa c.i. 30 09-2011 logo
Acta c.i. 30 09-2011 logo
 
Replacing Rounds PSA Stonaker
Replacing Rounds PSA StonakerReplacing Rounds PSA Stonaker
Replacing Rounds PSA Stonaker
 
Convenio hosteleria ourense 2011 2013
Convenio hosteleria ourense 2011 2013Convenio hosteleria ourense 2011 2013
Convenio hosteleria ourense 2011 2013
 
Rock'n Roll in Database S
Rock'n Roll in Database SRock'n Roll in Database S
Rock'n Roll in Database S
 
Panfleto carrefour meridiano 2012 ii
Panfleto carrefour meridiano 2012   iiPanfleto carrefour meridiano 2012   ii
Panfleto carrefour meridiano 2012 ii
 
Operation outbreak
Operation outbreakOperation outbreak
Operation outbreak
 
M&A Integration Check Lists and Benchmarks From Our Most Successful
M&A Integration Check Lists and Benchmarks From Our Most SuccessfulM&A Integration Check Lists and Benchmarks From Our Most Successful
M&A Integration Check Lists and Benchmarks From Our Most Successful
 
M. Holovaty, Концепции автоматизированного тестирования
M. Holovaty, Концепции автоматизированного тестированияM. Holovaty, Концепции автоматизированного тестирования
M. Holovaty, Концепции автоматизированного тестирования
 
PAISAJES PARADISIACOS
PAISAJES PARADISIACOSPAISAJES PARADISIACOS
PAISAJES PARADISIACOS
 
Consciousness Hacking - Algemene Presentatie
Consciousness Hacking - Algemene PresentatieConsciousness Hacking - Algemene Presentatie
Consciousness Hacking - Algemene Presentatie
 
Similar to 2013 05-08 pnp convenio grandes almacéns e liberalización horarios comerciais 090007605 (4)

Galicia sindical numero 15
Galicia sindical numero 15Galicia sindical numero 15
Galicia sindical numero 15
oscargaliza
 
Galicia sindical 13
Galicia sindical 13Galicia sindical 13
Galicia sindical 13
oscargaliza
 
Presidencia da xunta
Presidencia da xuntaPresidencia da xunta
Presidencia da xunta
oscargaliza
 
Comunicado comercio alimentación pont 03
Comunicado comercio alimentación pont 03Comunicado comercio alimentación pont 03
Comunicado comercio alimentación pont 03
oscargaliza
 
Respuesta domingos isabel
Respuesta domingos isabelRespuesta domingos isabel
Respuesta domingos isabel
oscargaliza
 
Respuesta domingos isabel
Respuesta domingos isabelRespuesta domingos isabel
Respuesta domingos isabel
oscargaliza
 
Sociedade anónima de xestión do Plan Xacobeo contra da redución do 5%
Sociedade anónima de xestión do Plan Xacobeo contra da redución do 5%Sociedade anónima de xestión do Plan Xacobeo contra da redución do 5%
Sociedade anónima de xestión do Plan Xacobeo contra da redución do 5%
Gardapeiraos Máximus
 
Similar to 2013 05-08 pnp convenio grandes almacéns e liberalización horarios comerciais 090007605 (4) (20)

Age
AgeAge
Age
 
Manifiesto
ManifiestoManifiesto
Manifiesto
 
Galicia sindical numero 15
Galicia sindical numero 15Galicia sindical numero 15
Galicia sindical numero 15
 
Galicia sindical 13
Galicia sindical 13Galicia sindical 13
Galicia sindical 13
 
Programa electoral das Xerais de 2023
Programa electoral das Xerais de 2023Programa electoral das Xerais de 2023
Programa electoral das Xerais de 2023
 
Presidencia da xunta
Presidencia da xuntaPresidencia da xunta
Presidencia da xunta
 
Novas xustiza 1032
Novas xustiza 1032Novas xustiza 1032
Novas xustiza 1032
 
Novas da Xustiza nº1033.
Novas da Xustiza nº1033.Novas da Xustiza nº1033.
Novas da Xustiza nº1033.
 
En defensa das traballadoras e traballadores. Que non rouben os nosos dereitos.
En defensa das traballadoras e traballadores. Que non rouben os nosos dereitos.En defensa das traballadoras e traballadores. Que non rouben os nosos dereitos.
En defensa das traballadoras e traballadores. Que non rouben os nosos dereitos.
 
BR Extra, novo acordo e resume do ano 2018
BR Extra, novo acordo e resume do ano 2018BR Extra, novo acordo e resume do ano 2018
BR Extra, novo acordo e resume do ano 2018
 
Psdeg
PsdegPsdeg
Psdeg
 
Contra a Reforma Laboral
Contra a Reforma LaboralContra a Reforma Laboral
Contra a Reforma Laboral
 
Novas da xustiza nº1041
Novas da xustiza nº1041 Novas da xustiza nº1041
Novas da xustiza nº1041
 
Propostas de resolución presentadas no Debate sobre o estado da Nación Galega...
Propostas de resolución presentadas no Debate sobre o estado da Nación Galega...Propostas de resolución presentadas no Debate sobre o estado da Nación Galega...
Propostas de resolución presentadas no Debate sobre o estado da Nación Galega...
 
Antidecretazo
AntidecretazoAntidecretazo
Antidecretazo
 
Comunicado comercio alimentación pont 03
Comunicado comercio alimentación pont 03Comunicado comercio alimentación pont 03
Comunicado comercio alimentación pont 03
 
Respuesta domingos isabel
Respuesta domingos isabelRespuesta domingos isabel
Respuesta domingos isabel
 
Respuesta domingos isabel
Respuesta domingos isabelRespuesta domingos isabel
Respuesta domingos isabel
 
Sociedade anónima de xestión do Plan Xacobeo contra da redución do 5%
Sociedade anónima de xestión do Plan Xacobeo contra da redución do 5%Sociedade anónima de xestión do Plan Xacobeo contra da redución do 5%
Sociedade anónima de xestión do Plan Xacobeo contra da redución do 5%
 
Impulso 92
Impulso 92Impulso 92
Impulso 92
 
More from oscargaliza

Informe sanidade galega sos 2014
Informe sanidade galega sos 2014 Informe sanidade galega sos 2014
Informe sanidade galega sos 2014
oscargaliza
 
Manifesto galicia 28 abril 2014 (2)
Manifesto galicia 28 abril 2014 (2)Manifesto galicia 28 abril 2014 (2)
Manifesto galicia 28 abril 2014 (2)
oscargaliza
 
28 de abril 20132gallego (3)diptico normaliza
28 de abril 20132gallego (3)diptico normaliza28 de abril 20132gallego (3)diptico normaliza
28 de abril 20132gallego (3)diptico normaliza
oscargaliza
 
Bases bolsa emprego pereiro aguiar (11 04-2014)
Bases bolsa emprego pereiro aguiar (11 04-2014)Bases bolsa emprego pereiro aguiar (11 04-2014)
Bases bolsa emprego pereiro aguiar (11 04-2014)
oscargaliza
 
Gran acto sindical 5 abril 2014. primer encuentro secciones sindicales ccoo
Gran acto sindical 5 abril 2014. primer encuentro secciones sindicales ccooGran acto sindical 5 abril 2014. primer encuentro secciones sindicales ccoo
Gran acto sindical 5 abril 2014. primer encuentro secciones sindicales ccoo
oscargaliza
 
Comunicado materiais construción pont 01
Comunicado materiais construción pont 01Comunicado materiais construción pont 01
Comunicado materiais construción pont 01
oscargaliza
 
140307 nota plataforma
140307 nota plataforma140307 nota plataforma
140307 nota plataforma
oscargaliza
 
Plataforma ccoo ii plan de de igualdad eci 070314
Plataforma  ccoo ii plan de de igualdad eci  070314Plataforma  ccoo ii plan de de igualdad eci  070314
Plataforma ccoo ii plan de de igualdad eci 070314
oscargaliza
 
Estatuto actualizado marzo 2014
Estatuto actualizado marzo 2014Estatuto actualizado marzo 2014
Estatuto actualizado marzo 2014
oscargaliza
 
Normas fecoht congreso de fusion Comfia-Fecoht
Normas fecoht congreso de fusion Comfia-FecohtNormas fecoht congreso de fusion Comfia-Fecoht
Normas fecoht congreso de fusion Comfia-Fecoht
oscargaliza
 
Que és el Polígono Virtual de Galicia
Que és el Polígono Virtual de Galicia Que és el Polígono Virtual de Galicia
Que és el Polígono Virtual de Galicia
oscargaliza
 
Boe ESTATUTO DE LOS TRABAJADORES -ULTIMA VERSIÓN-
Boe ESTATUTO DE LOS TRABAJADORES -ULTIMA VERSIÓN-Boe ESTATUTO DE LOS TRABAJADORES -ULTIMA VERSIÓN-
Boe ESTATUTO DE LOS TRABAJADORES -ULTIMA VERSIÓN-
oscargaliza
 
Comunicado a toda a afiliación de fecoht galicia
Comunicado a toda a afiliación de fecoht galiciaComunicado a toda a afiliación de fecoht galicia
Comunicado a toda a afiliación de fecoht galicia
oscargaliza
 
Anexo normas congresuais proceso fusión comfia fecoht (14-02-14)
Anexo normas congresuais proceso fusión comfia fecoht (14-02-14)Anexo normas congresuais proceso fusión comfia fecoht (14-02-14)
Anexo normas congresuais proceso fusión comfia fecoht (14-02-14)
oscargaliza
 
Acuerdo Cierre Restaurantes Nostrus
Acuerdo Cierre Restaurantes NostrusAcuerdo Cierre Restaurantes Nostrus
Acuerdo Cierre Restaurantes Nostrus
oscargaliza
 
Estatutos fusion comfia fecoht para debate
Estatutos fusion comfia fecoht para debateEstatutos fusion comfia fecoht para debate
Estatutos fusion comfia fecoht para debate
oscargaliza
 
Documento integracion sindical comfia fecoht (1)
Documento  integracion sindical comfia fecoht (1)Documento  integracion sindical comfia fecoht (1)
Documento integracion sindical comfia fecoht (1)
oscargaliza
 
Anexo normas congresuais de fecoht proceso fusión comfia fecoht
Anexo normas congresuais de fecoht proceso  fusión comfia fecohtAnexo normas congresuais de fecoht proceso  fusión comfia fecoht
Anexo normas congresuais de fecoht proceso fusión comfia fecoht
oscargaliza
 
Normas generales aprobadas en el Consejo Confederal 28/01/2014, para los proc...
Normas generales aprobadas en el Consejo Confederal 28/01/2014, para los proc...Normas generales aprobadas en el Consejo Confederal 28/01/2014, para los proc...
Normas generales aprobadas en el Consejo Confederal 28/01/2014, para los proc...
oscargaliza
 
Convenio Colectivo Mercadona 2014
Convenio Colectivo Mercadona 2014Convenio Colectivo Mercadona 2014
Convenio Colectivo Mercadona 2014
oscargaliza
 
More from oscargaliza (20)

2013 05-08 pnp convenio grandes almacéns e liberalización horarios comerciais 090007605 (4)

  • 1. Á MESA DO PARLAMENTO GALEGO O Grupo Parlamentar de Alternativa Galega de Esquerda (EU-ANOVA), por medio da súa deputada Yolanda Díaz Pérez e do seu deputado Antón Sánchez García, e ao abeiro do recollido no artigo 160 do Regulamento da Cámara, presenta a seguinte PROPOSICIÓN NON DE LEI para o seu debate plenario, relativa á liberalización dos horarios comerciais e o gravoso e antisocial convenio colectivo de grandes almacéns. EXPOSICIÓN DE MOTIVOS A recente sinatura do convenio colectivo de grandes almacéns marca un grave retroceso nas condicións laborais, económicas e sociais das traballadoras e traballadores do sector, e de xeito indirecto para o resto dos sectores do comercio (alimentación, téxtil e vario), dada a condición de marco regulamentador de referencia, que vén marcando uns mínimos en todos os convenios colectivos sexan estatais, nacionais, de provincia ou empresa. O convenio asinouse entre os sindicatos amarelos Fasga e Fetico coa patronal dos grandes almacéns e conxuga dúas agresións centrais : o recorte de dereitos e o avance na liberalización dos horarios. Incluso o Ministerio de Traballo tivo que elaborar un informe crítico para corrixir cuestións inaceptables que presentaba o convenio. Logo dos cambios introducidos a raíz do informe non se conculca a lei, pero resta un documento extraordinariamente lesivo para os intereses das traballadoras e traballadores. Os seus contidos son tan negativos que levan ao Grupo Parlamentar da Alternativa Galega da Esquerda (EU- ANOVA) a presentar esta iniciativa para defender os intereses das traballadoras e traballadores e denunciar a voadura dos dereitos gañados con moitos anos de loita e sacrificios; dereitos que se perden ao abeiro dun marco legal restritivo dos dereitos e liberdades da clase traballadora, cunha regulamentación laboral tiránica en favor do capital, logo das sucesivas contrarreformas laborais de 2010 e 2012, efectuadas polo PSOE e o PP. Digitally signed by Rexistro Entrada Date: 2013.05.08 12:41:21 +02:00 Reason: 7605 Location: Parlamento de Galicia Signature Not Verified
  • 2. Entre os retrocesos consignados no convenio se atopan a conxelación salarial que non é tal, porque na realidade se perde poder adquisitivo pola suba da inflación; a obriga de traballar os domingos e de balde, coa retirada de certas compensacións pactadas de antano; o pase de calendarios anuais a trimestrais; a minoración das compensacións horarias pola realización de horas extraordinarias; o aumento de 28 horas anuais de traballo sen incremento salarial (ou como retrotraernos ás fórmulas da extracción da plusvalía absoluta); a perda do dereito a dispor das vacacións de 21 días seguidos do verán; ou a disposición dun 10% da xornada ( ate 179 horas ao ano) de xeito arbitrario pola empresa e que veñen a engadirse en xornadas como: o verán, as festas do nadal ou pontes, ademais dos domingos, e que son as datas de maior calidade en canto á conciliación se refire; se asina a arbitrariedade da conxelación ou rebaixa do salario un 5% nos centros onde descendan as vendas; ou o salario dos contratos formativos cae por baixo do salario mínimo, ao computarse só o tempo efectivamente traballado, co que pode chegarse a cobrarse 450 euros mes. Todo este catálogo de agresións se patrocina por un sector do gran empresariado cuxas empresas declaran grandes beneficios. Esa é a saída da crise neoliberal, máis horas de traballo en peores condicións e con menos dereitos, e toda a profesionalidade e traballo das traballadoras e traballadores no peto dos grandes empresarios; eses que coa complicidade obediente dos gobernos do PP no Estado e no noso país impulsan esa política que destrúe emprego, que pecha o pequeno comercio, que desartella os nosos barrios e todo para engordar a caverna dos grandes almacéns, a de a liberalización dos horarios comerciais. Lembrar que este Grupo Parlamentar presentou unha emenda á totalidade ao proxecto lexislativo de contrarreforma da lei 13/2006 de horarios comerciais. Toda a riqueza e diversidade que achega o pequeno comercio resta sacrificado diante dos intereses das grandes empresas do sector, que na actualidade xa dispoñen dunha enorme e excesiva liberdade horaria: 78 horas de apertura comercial en 6 días da semana entre as 09:00 e as 22:00 horas, así como os 10 domingos anuais e as vendas ao traverso da rede. Lonxe de axudar socialmente a nada, o sofisma da liberalización dos horarios non crea novo emprego, senón que carga sobre o persoal xa existente xornadas imposibles e fai inane toda a retórica gubernamental sobre conciliación familiar. Tamén estase a impoñer un modelo de sociedade, baseado no consumo en beneficio duns poucos, en lugar de poñer en valor o tempo de lecer de calidade e non só consumista. Este Grupo Parlamentar, xa que logo, achega a seguinte Proposición non de lei para o seu debate plenario: - O Parlamento Galego insta á Xunta de Galicia para que non acceda ás demandas das grandes empresas do sector en favor da liberalización dos horarios comerciais e denegue calquera medida nese sentido.
  • 3. - O Parlamento Galego insta á Xunta a que non declare a Santiago de Compostela, zona de máxima afluencia turística, coartada que se quere empregar para liberalizar aínda máis os horarios comerciais. - O Parlamento Galego insta a Xunta de Galicia a expresar o seu apoio político ás traballadoras e traballadores dos grandes almacéns en Galicia e a reprobar o convenio colectivo asinado o 30 de xaneiro de 2013 e que se publicou no BOE de 22 de abril. Compostela, 8 de maio de 2013. Asdo. Yolanda Díaz Pérez Asdo. Antón Sánchez García Asinado dixitalmente por: Yolanda Díaz Pérez na data 08/05/2013 12:23:39 Antón Sánchez García na data 08/05/2013 12:23:42