Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

10º corpo de cristo b 2012 bene pagola

297 views

Published on

  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

10º corpo de cristo b 2012 bene pagola

  1. 1. José Antonio Pagola 10 de xuño de 2012 O Corpo e o Sangue de Cristo (B) Marcos 14, 12-16Red evangelizadora BUENAS NOTICIASPensa en quen se senten indefensos ante a crise. Pásao.Música: Mar adentro;presentación:B.Areskurrinaga HC
  2. 2. Todos os cristiáns o É tentador ir á misa para sabemos. compartir unha experiencia A eucaristía relixiosa que nos permite dominical descansar dos problemas, tensións e malas noticias pódese que nos presionan por todas converter partes.facilmente nun "refuxio relixioso" quenos protexe da vida conflitiva na que nos movemos ao longo da semana.
  3. 3. A veces somos sensibles ao que afecta á dignidade dacelebración, pero preocúpanos menos esquecernos das esixencias que entraña celebrar a cea do Señor.
  4. 4. Moléstanos que un sacerdote non se ateñaestritamente á normativa ritual, pero podemos seguir celebrando rutineiramente a misa,sen escoitar as chamadas do Evanxeo.
  5. 5. O risco sempre é o mesmo: Comungar con Cristo no íntimo do corazón, senpreocuparnos de comungar cos irmáns que sofren. Compartir o pan da eucaristía e ignorar afame de millóns de irmáns privados de pan, de xustiza e de futuro.
  6. 6. Nos próximos anos vanse iragravando os efectos da crise moito máis do que nos temiamos. A fervenza de medidas que se nos ditan de maneira inapelable e implacable iránfacendo medrar entre nós unha desigualdade inxusta.
  7. 7. Iremos vendo como persoas do nosocontorno, máis ou menos próximo, se van empobrecendo ata quedar á mercé dun futuro incerto e imprevisible
  8. 8. Coñeceremos de cerca inmigrantes privados de asistencia sanitaria,enfermos sen saber como resolver os seus problemas de saúde oumedicación, familias obrigadas a vivirda caridade, persoas ameazadas polo desafiuzamento, xente desasistida,mocidade sen un futuro nada claro...
  9. 9. Non o poderemos evitar. Ou endurecemos os nososhábitos egoístas de sempre ou nos facemos máis solidarios.
  10. 10. A celebración da eucaristía no medio destasociedade en crise pode ser un lugarde concienciación.
  11. 11. Necesitamos liberarnos dunha culturaindividualista que nos acostumou avivir pensando sónos nosos propios intereses, para aprender sinxelamente a ser máis humanos.Toda a eucaristía está orientada a crear fraternidade.
  12. 12. Non é normal escoitar todos os domingos ao longo do ano o Evanxeo de Xesús, sen reaccionar ante as súas chamadas. Non podemos pedir ao Pai “o noso pan de cada día" sen pensar naqueles que teñen dificultades para obtelo. obtelo
  13. 13. Non podemos comungarcon Xesús sen facernos máis xenerosos e solidarios. Non podemos darnos a paz uns aos outros senestar dispostos a tenderunha man aos que están máis sós e indefensos ante a crise .
  14. 14. EUCARISTÍA E CRISE  Todos os cristiáns o sabemos. A eucaristía dominical pódese converter facilmente nun "refuxiorelixioso" que nos protexe da vida conflitiva na que nos movemos ao longo da semana. É tentador ir á misa paracompartir unha experiencia relixiosa que nos permite descansar dos problemas, tensións e malas noticias que nospresionan por todas partes. A veces somos sensibles ao que afecta á dignidade da celebración, pero preocúpanos menosesquecernos das esixencias que entraña celebrar a cea do Señor. Moléstanos que un sacerdote non se ateñaestricamente á normativa ritual, pero podemos seguir celebrando rutineiramente a misa, sen escoitar as chamadasdo Evanxeo. O risco sempre é o mesmo: comungar con Cristo no íntimo do corazón, sen preocuparnos de comungarcos irmáns que sofren. Compartir o pan da eucaristía e ignorar a fame de millóns de irmáns privados de pan, dexustiza e de futuro. Nos próximos anos vanse ir agravando os efectos da crise moito máis do que nos temiamos. A fervenzade medidas que se nos ditan de maneira inapelable e implacable irán facendo medrar entre nós unha desigualdadeinxusta. Iremos vendo como persoas do noso contorno, máis ou menos cercano, se van empobrecendo ata quedar amercé dun futuro incerto e imprevisible. Coñeceremos de cerca inmigrantes privados de asistencia sanitaria, enfermos sen saber como resolveros seus problemas de saúde ou medicación, familias obrigadas a vivir da caridade, persoas ameazadas poloodesafiuzamento, xente desasistida, mocidade sen un futuro nada claro...Non o poderemos evitar. Ou endurecemosos nosos hábitos egoístas de sempre ou nos facemosmáis solidarios. A celebración da eucaristía no medio desta sociedade en crise pode ser un lugar de concienciación.Necesitamos liberarnos dunha cultura individualista que nos acostumou a vivir pensando só nos nosos propiosintereses, para aprender sinxelamente a ser máis humanos. Toda a eucaristía está orientada a crear fraternidade. Non é normal escoitar todos os domingos ao longo do ano o Evanxeo de Xesús, sen reaccionar ante assúas chamadas. Non podemos pedir ao Pai “o noso pan de cada día" sen pensar naqueles que teñen dificultadespara obtelo. Non podemos comungar con Xesús sen facernos máis xenerosos e solidarios. Non podemos darnos apaz uns aos outros sen estar dispostos a tender unha man a quen están máis sós e indefensos ante a crise . José Antonio Pagola

×