Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

1º coresma c 2013 bene pagola

217 views

Published on

  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

1º coresma c 2013 bene pagola

  1. 1. José Antonio Pagola 17 de febreiro de 2013 1º Coresma (C)Música: Pachebel Canon 100;present:B.Areskurrinaga HC;euskaraz:D.Amundarain
  2. 2. As primeiras xeracións cristiás interesáronse moito polas probas e tensións que tivo que superar Xesús para manterse fiel a Deus e vivirsempre colaborando no seu proxectodunha vida máis humana e digna para todos.
  3. 3. O relato das tentacións de Xesús non é un episodiocerrado, que acontece nun momento e nun lugar determinado.Lucas advírtenos que, ao terminar estas tentacións,“o demoño marchouse ata outra ocasión". As tentacións volverán na vida de Xesús e na dos seus seguidores. seguidores
  4. 4. Por iso, osevanxelistas colocan o relato antes de narrar a actividade profética de Xesús. Os seus seguidores han de coñecer ben estas tentaciónsdesde o comezo, pois son as mesmas que eles terán quesuperar ao longo dos séculos, se nonqueren desviarse del.
  5. 5. Na primeiratentación fálase de pan. Xesús resistesea utilizar a Deus para saciar a súa propia fame: "non só de pan vive o home".
  6. 6. O primeiro para Xesús é buscar o Reino deDeus e a súa xustiza: que haxa pan para todos. Por iso acudirá un día a Deus, pero será para alimentar un xentío famento.
  7. 7. Tamén hoxe a nosa tentación é pensar só no noso pan e preocupármonos exclusivamente da nosa crise. Desviámonos de Xesús cando nos cremos condereito a telo, e esquecemos o drama, os medos e sufrimentos dos que carecen de case todo.
  8. 8. Na segunda tentación fálase de poder e de gloria. Xesús renuncia a todo iso. Non se prostrará ante o diabo que lle ofrece o imperio sobre todos os reinos do mundo: "Ao Señor, o teu Deus, adorarás". Xesús non buscaránunca ser servido senón servir.
  9. 9. Tamén hoxe se esperta nalgúns cristiáns a tentación de manteren, comosexa, o poder que ha ter a Igrexa como en tempos pasados. Ao Reino de Desviámonos de Deus Xesús cando abrímoslle presionamos as camiños conciencias cando tratando de traballamos impoñer á forza por un mundoas nosas crenzas. máis compasivo e solidario.
  10. 10. Na terceira tentación propónsellea Xesús que descenda de maneira grandiosa ante o pobo, sostido polos anxos de Deus. Xesús non se deixará enganar: "Non tentarás o Señor, o teu Deus".
  11. 11. Aínda que llopidan, non faránunca un signo espectacular do ceo. Só fará signos de bondade para aliviar osufrimento e as doenzas da xente.
  12. 12. Desviámonos de Xesús cando confundimos a nosa propiaostentación coa gloria de Deus. A nosa exhibición non revela a grandeza de Deus.Só unha vida de servizo humildeaos necesitados manifesta o seuAmor a todos os seus fillos.
  13. 13. NON DESVIARNOS DE XESÚS As primeiras xeracións cristiás interesáronse moito polas probas e tensións que tivo que superarXesús para manterse fiel a Deus e vivir sempre colaborando no seu proxecto dunha vida máis humana e dignapara todos. O relato das tentacións de Xesús non é un episodio cerrado, que acontece nun momento e nun lugardeterminado. Lucas advírtenos que, ao terminar estas tentacións, “o demoño marchouse ata outra ocasión". Astentacións volverán na vida de Xesús e na dos seus seguidores. Por iso, os evanxelistas colocan o relato antes de narrar a actividade profética de Xesús. Os seusseguidores han de coñecer ben estas tentacións desde o comezo, pois son as mesmas que eles terán quesuperar ao longo dos séculos, se non queren desviarse del. Na primeira tentación fálase de pan. Xesús resístese a utilizar a Deus para saciar a súa propia fame:"non só de pan vive o home". O primeiro para Xesús é buscar o Reino de Deus e a súa xustiza: que haxa pan paratodos. Por iso acudirá un día a Deus, pero será para alimentar un xentío famento. También hoxe a nosa tentación é pensar só no noso pan e preocuparnos exclusivamente da nosacrise. Desviámonos de Xesús cando nos cremos con dereito a telo, e esquecemos o drama, os medos esufrimentos dos que carecen de case todo. Na segunda tentación fálase de poder e de gloria. Xesús renuncia a todo iso. Non se prostrará ante odiabo que lle ofrece o imperio sobre todos os reinos do mundo: "Ao Señor, o teu Deus, adorarás". Xesús nonbuscará nunca ser servido senón servir. Tamén hoxe se esperta nalgúns cristiáns a tentación de manteren, como sexa, o poder que ha de tera Igrexa como en tempos pasados. Desviámonos de Xesús cando presionamos as conciencias tratando deimpoñer á forza as nosas crenzas. Ao Reino de Deus abrímoslle camiños cando traballamos por un mundo máiscompasivo e solidario. Na terceira tentación propónselle a Xesús que descenda de maneira grandiosa ante o pobo, sostidopolos anxos de Deus. Xesús non se deixará enganar:"Non tentarás o Señor, o teu Deus". Aínda que llo pidan, nonfará nunca un signo espectacular do ceo. Só fará signos de bondade para aliviar o sufrimento e as doenzas daxente. Desviámonos de Xesús cando confundimos a nosa propia ostentación coa gloria de Deus. A nosaexhibición non revela a grandeza de Deus. Só unha vida de servizo humilde aos necesitados manifesta o seuAmor a todos os seus fillos. José Antonio Pagola

×