Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

Boletin diciembre17 new

387 views

Published on

Boletín Decembro

Published in: Internet
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

Boletin diciembre17 new

  1. 1. RECUPERAR O NADAL O tempo de Advento no inicio do Ano [,ituxico celebra os fitos máis sobresaíntes ou significativos da vida de Xesús de Nazaret. Entre eles, está a celebración do Nadal, que tan entroncada está na cultura occidental e no ámbito da experiencia cristiá. Unha sociedade paganizada ou laica foi transformando a celebración cristiá de pan- xoliñas, beléns, anxos e estrelas por outras maneiras máis mercantilizadas coma se fose un adianto da festa dos Reis Magos, unha celebración que nalgúns países, espe- cialmente de América, no que se refire aos agasallos e xoguetes, se adianta ao Neno Xesus §adal). Hoxe, o alumeado con carácter comercial, as árbores de Nadal, o Papá Noel substi- tuen en moitos lugares aos tradicionais 'onacementos" incluso dentro dos fogares cristiáns. Non se trata de ir contracorrente pero os cristiáns temos quc ter como ccn- tro a Xesús de Nazaret, que quixo entrar na nosa historia cunha mensaxe novidosa de paz e amor. Nos relatos da infancia de Xesús, o evanxelista Lucas ofrece datos temporais importantes cando sitúa o comezo da vida do Bautista "en tempo de Herodes, rei de Xudea..." (Lc 1,5). De aí que o Papa emérito, Bieito XVI, diga no seu libro o'Xesús de Nazaret" que "mentres que o dato temporal sobre o Bautista queda así dentro d¿ historia xudea, o relato da infancia de Xesús comeza coas pala- bras 'Por entón saíu un decreto do emperador Augusto...'. Aparece como trasfondo, pois, a gran historia r¡niversal representada polo imperio romano. Xesús é noso, Xesús é histórico, Xesús penténcenos- Para os cristiáns, a celebración do Nadal vai precedida das catro semanas de Advento como preparación inmediata ao gran acontecemento, por iso Xoán Bautista, co bautismo que anuncia, presenta como un cambio que establece un novo xeito de vivir de forma definitiva. Os catro evanxeos presentan a Xoán cunha referencia unánime á pasaxe de Isaías onde di: "Unha voz clama no deserto: Preparade o camino ó Señor! Achandade os camiños! (Is 40,3). Recuperar o Nadal pasa por un Advento de conversión ou cambio, sen consumismo pero con alegria, pode ser con árbores e luces pero tamén con beléns. Se é con árbo- res, que sexan trasplantables, para que o día de Reis lle poidamos facer un agasallo á nosa maltratada natureza. Atendamos a chamada do Papa Francisco na "Laudato si" (n.14), que tan ben encai- xa cunha parroquia franciscana como a nosa: "Necesitamos unha conversación que nos una a todos, porque o desafio ambiental que vivimos, e as súas raices humanas, interésannos e impáctannos a todos... Bo Advento e feliz Nadall BOLETÍN PARROQUIAL No 202 - Decembro 2017 PARROQUIA SAN FRANCISCO DE ASíS DOS TILOS Mantémola a esperanza? Que esperanza? Unha vez máis, nesta xanela aberta do Boletín parroquial, invítovos, ante o novo tempo de Advento, preparación do Nadal, a facer comigo unha revisión da nosa vida e mais da natureza, como observadores-protagonistas de tal visión. Desde a primavera, a nai natureza invitounos permanentemente a ollar ao ceo para dar grazes polo irmán Sol e a pedirlle que as nubes deixaran caer sobre ela a irmá auga; unha ollada e unha demanda-pregana que drrou moitos meses. A pesar dos meses de secura alarmante non perdemos a esperanza, quizais porque, tamén é verdadc, non tiñamos a qucn culpar de tal situación. As nubes aparece- ron. deixáronnos a auga.des€xada, pero seguimos mantendo a esperanza de que choiva máis. Ao comezar o Advento, esta ollada-demanda suxirenos algunha reflexión? A min recórdanme as catro semanas de Advcnto, tempo máis curto que o mete- reolóxico, pero máis cheo de mensaxe para manter a ESPERANZA. A situación social, politica, laboral e agraria está a ser dificiles pero... debemos manter a esperanza, unha csperanza da que nós, con Xesús, sornos protagonis- tas e capaces de realizar, con ela, un novo mundo. A xustiza, a solidariedade, a caridade, a presenza ante o que sofre, o perdón, a misericordia... son camiños que a esperanza nos ofrece para facer un mundo novo. Terá cabida Xesús de Nazaret neste proxecto? Estou convencido de que só, con Xesús, o meu, o teu, o noso proxecto dun rnundo distinto é posible? Quédannos catro semanas para responderlle a Xesús! Unha aperta, espéravos cos BRAZOS ABEMOS. Benjamín
  2. 2. ADVENTO 2017 CÁRITAS O tempo de Advento no que estamos está especialmente unido á austeri- dade e ao sacrificio como signos de conversión. En consecuencia, dal- gún xeito, esta moi unido á esmola, supoñendo que as nosas privacións deben repercutir en mellorar a situa- ción dos que teñen dificultades para poder levar unha vida digna ou en casos extremos -que os hai- para sobrevivir. Por suposto que no Nadal se mani- festa unha sensibilidade especial para compartir cos pobres, ben entendido que a atención debc ser permanente. Cu¡ha satisfacción especial asisti- mos o pasado 13 de novembro á inauguración dun novo e mellorado Centro de acollida Vieiro en Carretas, coa asistencia e bendición de D. Julián e coa presenza do presi- dente da Xunta e o Alcaldc da cida- de. Trátase dunha obra financiada por Cáritas que nos emociona e á que esperemos que sigan outras obras dedicadas á atención das per- soas sen teito ou sen fogar. Máis satisfacción debemos sentir porque un grupo de voluntarios -moi xenerosos- da nosa parroquia dos Tilos estean comprometidos directamente, pero a chamada a colaborar tamén é para todos, xa que está no ámbito de actuación da nosa Cáritas Interparroquial. PARROQUIA VIVA 3.- Primeiro domingo de Advento. 4.- Grupo de oración, ás 19.30, no des- pacho parroquial. 8.- Festa da Inmaculada Concepción. 10.- Reunión de pais/nais dos nenos/as de 2o da Primeira Comuñón, ás I l, no salón de actos da Asociación. 17.- Celebración comunitaria da Penitencia, ás 11. 18.- Grupo de oración, ás 19.30, no despacho parroquial. 24.- Noiteboa. Misa ás 10, ás l2 e ás 8 do serán. 25.- Nadal. Só haberá misa ás 12. ACONTECEMENTOS M¿trimonio: Ezequiel Merlo Ricardo e María Jesús Pérez de Vallejo (09-09-2017) Defuncións: Rafael Valle ConzáIez, da Trav. de Cacheiras, 6 (10-l l-2017) Manuela Castelao Alén, de Cobas de Aniba (18-11-2017) Empezamos o novo ano litún<ico co tempo doAdvento. Iniciamos o ciclo B e os evanxeos falannos de estar preparados para o cambio, presentando a unha per- soa fundamental na vocación de Xesús: Xoán o Bautista. Xoán é unha figura particular. Fillo único do sacerdote Zacanas, o seu futu- ro estaba no servizo ao Templo pero el fai unha opción de vida ben distinta: vaise ao deserto, afastase da zona de confort, do lugar de poder que lle corres- ponde por ser quen é, para deixarse inter- pelar pola xustiza, para poñerse nas mans de Deus. ...E todo empeza no deseúo, no lugar da fondura, alí onde a alma ten poucas dis- kaccións, onde as persoas se aüopan con- sigo mesmas. Xoán cambia mantos e filacterios por pel de camello, e segue un rigoroso criterio de xaxún para estar pre- parado para o momento da xustiza de Deus que xa chega. Isto impresionou a Xesús, que se sente atraído pola mensa- xe deste profeta de Israel. Había tanto tempo que en lsrael non había un autén- tico profeta que Xesus non dubida en apuntarse ao proxecto de Xoán. Bautízase e, con ese sinxelo xesto, emprende unha vida de comprorniso e servizo aos demais seguindo as ensinan- zas de Xoiín. Eu supoño que Xoán, como calquera mestre, ve máis aló: adiviña neste mozo que se une ao seu grupo un potencial, a pegada de Deus. E non vai dubidar, como mestre humilde que é, en apartarse cara a un lado cando chegue o momento, para deixar medrar o seu discípulo. Xesús, dentro do grupo dos bautizados por Xoán, segue buscando. Dáse conta dc que os ritos extcrnos, como dicía o seu mestre, non teñen validez, que Deus só quere que a xus- tiza cona como un río, como dicía Amós. En Xoán Xesús aprende esa apertura, o que significa a palabra con- versión ata as últimas consecuencias. Aprende a estar sempre disposto a cambiar, a deixarse transformar por Deus. Pero o mozo Xesús non está en todo de acordo co seu mestre Xoán. Xoán pre- dica o castigo, a machada ao pé da árbore, escapar á ira de Deus... Xesús no fondo do seu corazbn entende que Deus é Pai e Nai, e non acaba de crer que poida sentir ira polos seus fillos, senón un eterno e inconmensurable amor. Entende Xesús que ese amor é a verdadeira dinámica para o cambio. Por iso a Xesús non lle interesa o xaxún nin a austeridade. Para Xesús a salvación é para todos, gratuíta e, sobre todo, alegre, como o convite a unha festa. Onde Xoán ve renuncia, Xesús ve o gozo da Vida, auténtica e plena. Sen inxenuidades, sabendo que a dor forma parte do mundo, pero apostando pola vida e a alegría. Pois que así sexa. Bo Nadal.

×