SlideShare a Scribd company logo
1 of 12
 Xesús naceu en Belén de Xudea en tempos 
do rei Herodes.
Daquela, uns magos de Oriente presentáronse en 
Xerusalén preguntando:
-« Onde está o Rei dos xudeus que naceu? Porque 
vimos saír a súa estrela e 
viñemos adoralo.»
Ao informarse o rei Herodes, sobresaltouse, e todo 
Xerusalén con el; convocou os sumos sacerdotes e os 
escribas do país, e preguntoulles onde tiña que 
nacer o Mesías.
Eles contestáronlle:
-«En Belén de Xudea, porque así o escribiu o profeta:
“E ti, Belén, terra de Xudea, non é nin con moito menos 
a última das cidades de Xudea, pois de ti sairá un xefe 
que será o pastor do meu pobo Israel."»
Entón Herodes chamou en segredo os magos para que 
lle precisaran o tempo en que lles aparecer a estrela, e  
mandounos a Belén, dicíndolles:
-«Ide e informádevos coidadosamente que hai do 
neno e, cando o encontredes, avisádeme, para ir eu 
tamén adoralo.»
Eles, despois de oír o rei, puxéronse en camiño, e 
de pronto a estrela que viran saír comezou a 
guialos ata que veu pararse encima de onde  estaba 
o neno.
Ao vela estrela, enchéronse de inmensa ledicia
. Entraron na casa, viron o neno con María, súa 
nai, e caendo de xeonllos adorárono; despois, 
abrindo os seus cofres, ofrecéronlle regalos: 
ouro, incenso e mirra.
E tenso recibido en soños un oráculo, para que non 
volvesen a Herodes, marcharon á súa terra por 
outro camiño.
Epifanía do Señor (B)
Lectura do santo Evanxeo
segundo san Mateo 2, 1-12
clic
06-01-2018
Epifanía do Señor – B
(Mateo 2,1-1)
José Antonio Pagola
Presentación:B.Areskurrinaga HC
Euskaraz: D. Amundarain
Música: Duérmete-Brahms
Non hai técnicas nin métodos que
conduzan de forma automática
cara a Deus.
Pero si hai actitudes e xestos que nos
poden dispoñer ás persoas a
preparararnos ao encontro con El.
Máis aínda.
As palabras máis
belas e os discursos
máis brillantes sobremáis brillantes sobre
Deus son inútiles seDeus son inútiles se
cada un non noscada un non nos
abrimos a El.abrimos a El.
Como?Como?
O máis importante
para orientarnos
cara a Deus é
invocalo desde o
fondo do corazón, a
soas, na intimidade
da propia
conciencia.
É aí onde un se abre
confiadamente ao
misterio de Deus ou
decide vivir só,
de forma atea, sen
Deus.
Pero,
pódese
invocar a Deus
cando un non cre
nel nin está seguro
de nada?
Carlos de Foucauld
e outros non
crentes iniciaron a
súa busca de Deus
con esta
invocación:
«Deus, se existes,«Deus, se existes,
amósame o teuamósame o teu
rostro».rostro».
Esta invocación humilde
e sincera no medio da
escuridade é,
probablemente, un dos
camiños máis puros
para facernos sensibles
ao misterio de Deus.
Para orientarnos cara a Deus tamén é importante
eliminar da propia vida aquilo que nos está impedindo
encontrarnos con El.
Se un, por exemplo, ten a pretensión de sabelo todo e de
ter comprendido xa o misterio último da realidade, do
ser humano, da vida e da morte, é difícil que busque de
verdade a Deus.
Se un vive
encollido por
diferentes
medos ou
afundido na
desesperanza,
como se
abrirá con
confianza a un
Deus
que o ama sen
fin?
Se alguén se pecha no seu propio egoísmo e só
sente desamor e indiferenza cara aos demais,
como poderá abrirse a un Deus que é só Amor?
Para orientarnos cara a Deus é
importante manter o desexo,
perseverar na busca, seguir
invocando, saber esperar.
No hai outra forma de camiñar cara
ao Misterio de quen é a fonte da
vida.
O relato dos magos destaca de
moitas formas a súa actitude
exemplar na busca do Salvador.
Estes homes saben poñerse en
camiño cara ao Misterio.
Saben preguntar
humildemente, superar
momentos de
escuridade, perseverar
na busca e adorar a
Deus encarnado na
fraxilidade dun ser
humano.

More Related Content

What's hot (19)

5 epifania b 2015
5 epifania b 20155 epifania b 2015
5 epifania b 2015
 
5 epifania b 2015
5 epifania b 20155 epifania b 2015
5 epifania b 2015
 
31º todos os santos 1 tob
31º todos os santos 1 tob31º todos os santos 1 tob
31º todos os santos 1 tob
 
8º domingo toa 2014
8º domingo toa  20148º domingo toa  2014
8º domingo toa 2014
 
Misericordiosos como o pai
Misericordiosos como o paiMisericordiosos como o pai
Misericordiosos como o pai
 
Benventuranzas para ser santos
Benventuranzas para ser santosBenventuranzas para ser santos
Benventuranzas para ser santos
 
Que fai deus na cruz
Que fai deus na cruzQue fai deus na cruz
Que fai deus na cruz
 
23º domingo 2013 toc
23º domingo 2013  toc23º domingo 2013  toc
23º domingo 2013 toc
 
Dom16 tob b.pagola
Dom16 tob b.pagolaDom16 tob b.pagola
Dom16 tob b.pagola
 
23º domingo 2016 toc
23º domingo 2016  toc23º domingo 2016  toc
23º domingo 2016 toc
 
3 que fai deus na cruz c
3 que fai deus na cruz  c3 que fai deus na cruz  c
3 que fai deus na cruz c
 
3 epifania.2013 c
3 epifania.2013 c3 epifania.2013 c
3 epifania.2013 c
 
9º domingo trindade b 2012 bene pagola
9º domingo trindade  b 2012  bene pagola9º domingo trindade  b 2012  bene pagola
9º domingo trindade b 2012 bene pagola
 
Figuras e profetas do advento
Figuras e profetas do adventoFiguras e profetas do advento
Figuras e profetas do advento
 
13º domingo toc 2013 bene pagola
13º domingo toc 2013 bene pagola13º domingo toc 2013 bene pagola
13º domingo toc 2013 bene pagola
 
Evanxeo Da Epifanía (AGV)
Evanxeo Da Epifanía (AGV)Evanxeo Da Epifanía (AGV)
Evanxeo Da Epifanía (AGV)
 
16º domingo tob 2015 bene pagola
16º domingo tob 2015 bene pagola16º domingo tob 2015 bene pagola
16º domingo tob 2015 bene pagola
 
25º domingo tob 2015 pagola
25º domingo tob  2015  pagola25º domingo tob  2015  pagola
25º domingo tob 2015 pagola
 
19º domingo tob 2012 bene-pagola
19º domingo tob 2012  bene-pagola19º domingo tob 2012  bene-pagola
19º domingo tob 2012 bene-pagola
 

More from Nuria M Núñez Elissetche

More from Nuria M Núñez Elissetche (20)

A terra que canta
A terra que cantaA terra que canta
A terra que canta
 
Co tempo
Co tempoCo tempo
Co tempo
 
Domingo 16 ord b
Domingo 16 ord bDomingo 16 ord b
Domingo 16 ord b
 
1º coresma b 2018
1º coresma b 20181º coresma b 2018
1º coresma b 2018
 
6º domingo tob 2018 bene pagola
6º domingo tob 2018  bene  pagola6º domingo tob 2018  bene  pagola
6º domingo tob 2018 bene pagola
 
6º domingo tob 2018
6º domingo tob 20186º domingo tob 2018
6º domingo tob 2018
 
O xardín
O xardínO xardín
O xardín
 
5º domingo tob 2018 bene pagola
5º domingo tob 2018 bene pagola5º domingo tob 2018 bene pagola
5º domingo tob 2018 bene pagola
 
5º domingo tob 2018
5º domingo tob  20185º domingo tob  2018
5º domingo tob 2018
 
4º domingo tob 2018
4º domingo tob 20184º domingo tob 2018
4º domingo tob 2018
 
4º domingo tob 2018 bene pagola
4º domingo tob 2018  bene pagola4º domingo tob 2018  bene pagola
4º domingo tob 2018 bene pagola
 
Ruxido capaz de sacudir o mundo
Ruxido capaz de sacudir o mundoRuxido capaz de sacudir o mundo
Ruxido capaz de sacudir o mundo
 
2º domingo tob 2018
2º domingo tob 20182º domingo tob 2018
2º domingo tob 2018
 
2º domingo tob 2018 bene pagola
2º domingo tob  2018  bene pagola2º domingo tob  2018  bene pagola
2º domingo tob 2018 bene pagola
 
4 epifania b 2018
4 epifania b 20184 epifania b 2018
4 epifania b 2018
 
5 bautismo do señor b 2018
5 bautismo do señor b 20185 bautismo do señor b 2018
5 bautismo do señor b 2018
 
3 santa maría nai de deus 2017 b
3 santa maría nai de deus  2017 b3 santa maría nai de deus  2017 b
3 santa maría nai de deus 2017 b
 
2 sagrada familia 2017 b
2 sagrada familia 2017  b2 sagrada familia 2017  b
2 sagrada familia 2017 b
 
1 nadal b 2011 natividade do señor
1 nadal  b 2011 natividade do señor1 nadal  b 2011 natividade do señor
1 nadal b 2011 natividade do señor
 
1º advento b inmaculada 2017
1º advento b inmaculada 20171º advento b inmaculada 2017
1º advento b inmaculada 2017
 

4 epifania do señor b 2018 bene pagola