Boletin febreiro 2016

BOLETÍN PARROQUIAL
Nº 187 - Febreiro 2016
PARROQUIA SAN FRANCISCO DE ASÍS DOS TILOS
OBRAS DE MISERICORDIA (II)
DAR DE COMER E BEBER A FAMENTOS E SEDENTOS
Empezamos, no boletín anterior, unha viaxe polas obras de misericordia.
Sen facer o percorrido tradicional, fixámonos neste mes en dúas das obras
máis sensibles aos nosos sentidos: darlle de comer ao famento e de beber ao
sedento. Por que? Por varias razóns: nos carteis que irán aparecendo perio-
dicamente, nas portas da igrexa, e logo na fronte do altar, invítasenos e
recórdasenos o importante que é exercer estas obras con aquelas persoas
próximas e non tan próximas.
Pero ademais neste mes de febreiro, concretamente o día 10, empeza a
Coresma, tempo de conversión; nesa mesma semana, MANS UNIDAS con-
vídanos a unir as nosas mans a prol de tantas e tantas persoas que o seguen
a pasar mal.
Cales son as obras de misericordia máis urxentes? Todas son importantes
pero, sen ningunha dúbida, darlle de comer ao famento e de beber ao seden-
to son as máis necesarias. Unha vez recuperadas as forzas físicas, seguen a
ser prioritarias as
outras necesidades
persoais.
Fagamos deste mes
de febreiro un mes
solidario, cheo de
misericordia e cami-
ño de conversión!
ORACIÓN PARA O XUBILEO DA MISERICORDIA
Señor Xesús,
ti ensináchesnos a ser misericordiosos como o Pai do ceo,
e dixéchesnos que quen te ve, veo tamén a El.
Amósanos o teu rostro e obteremos a salvación.
A túa mirada chea de amor liberou a Zaqueo e a Mateo da escravitude do
diñeiro;
á adúltera e á Madalena de buscar a felicidade soamente nunha criatura;
fixo chorar a Pedro despois da traizón,
e aseguroulle o Paraíso ao ladrón arrepentido.
Fai que cada un de nós escoite como propia a palabra que lle dixeches á
samaritana:
Se coñeceses o don de Deus!
Ti es o rostro visible do Pai invisible,
do Deus que manifesta a súa omnipotencia sobre todo co perdón e a mise-
ricordia:
fai que, no mundo, a Igrexa sexa o teu rostro visible, o seu Señor, resucita-
do e glorioso.
Ti quixeches que tamén os teus ministros fosen revestidos de debilidade
para que sintan sincera compaixón polos que se atopan na ignorancia ou no
erro:
fai que quen se achegue a un deles se sinta esperado, amado e perdoado por
Deus.
Manda o teu Espírito e conságranos a todos
coa súa unción
para que o Xubileo da Misericordia sexa un
ano de graza do Señor
e a túa Igrexa poida, con renovado entusias-
mo, levarlles a Boa Nova aos pobres,
proclamarlles a liberdade aos prisioneiros e
oprimidos
e restituírlles a vista aos cegos.
Pedímoscho por interseción de María, Nai
da Misericordia,
a ti que vives e reinas co Pai e o Espírito
Santo por sempre eternamente.
Amén.
MANS UNIDAS 2016
Invítovos a participar nesta Campaña.
Os colectivos tan diversos que colabo-
ran con nós achégannos unha riqueza
extraordinaria. Acompañar os máis
pobres e “sentir con eles” debe formar
parte dos valores fundamentais dunha
sociedade que desexe ser xusta. Loitar
contra a fame é unha cuestión urxente
na construción dun mundo digno, pois
segue a ser actual o que san Xoán
Paulo II denominaba “paradoxo da
abundancia”: hai comida para todos
pero non todos poden comer; mentres
que o dispendio, o descarte, o consu-
mo excesivo e o uso de alimentos para
outros fins están ante os nosos ollos.
En Mans Unidas colaboramos cos
pobres e con quen colabora con eles,
esforzámonos a prol dese mundo que
poña no centro a persoa, dunhas regras
comerciais nas que os pobres teñan
algo que dicir e dunha concepción do
desenvolvemento realmente humana e
para todos, o que obriga a individuos e
institucións a prestarlles unha atención
especialísima aos últimos dos últimos,
ao inmenso colectivo dos famentos.
Avancemos sen derrotismos. As metas
nunca se acadan de todo pero comezan
a ser reais cando cremos nelas e nos
poñemos a traballar. A indiferenza, en
cambio, empobrécenos moitísimo.
Un mundo máis xusto e irmandado é
necesario. Plántalle cara á fame.
SEMENTA.
PARROQUIA VIVA
2.- Presentación do Señor. Bendición
das candeas, ás 19 h.
10.- Mércores de Cinza. Xornada de
xaxún e abstinencia que sinala o
comezo da Coresma. Celebración, ás
19 h.
11.- Reunión do grupo parroquial
sinodal, ás 20 h.
12.- Cea de Mans Unidas, ás 20:30 h.
18.- Reunión dos pais e nais dos
nenos/as de 2º de Primeira
Comuñón, ás 8 do serán, nun local
da Asociación Recreativa e Cultural.
24.- Reunión do grupo de Cáritas, ás
20 h.
Nota: Todos os venres de Coresma,
ás 18:30 h haberá viacrucis. Logo
seguirá a Eucaristía.
O LAPIS
O inventor do lapis, antes de metelo
na caixa e envialo ao mundo, díxolle:
“Cinco cousas debes saber e recordar
sempre se queres ser o mellor lapis
do mundo”.
1ª.- Poderás facer grandes cousas,
pero só se permites que alguén te use.
2ª.- Experimentarás dor cando che
saquen punta, pero é necesario se
queres ser o mellor lapis do mundo.
3ª.- Corrixirás todas as faltas que
cometas.
4ª.- A túa parte máis importante está
sempre dentro de ti.
5ª.- Deixarás a túa marca sobre toda
a superficie na que sexas usado.
E, a pesar de todo, segue escribindo.
Agora ponte no lugar do lapis.
1.- Podes facer grandes cousas, pero
só se deixas que Deus e os demais te
usen e, ás veces, abusen de ti.
2.- Sentirás dor cando os problemas
da vida e as dificultades de todo tipo
che saquen punta. É necesario para
medrar e fortalecerte.
3.- Corrixe todos os erros que come-
tas.
4.- A túa parte máis importante está
dentro de ti.
5.- Deixa unha marca fermosa onde
escribas e por onde pases.
Impacto emocional, porque a presen-
tación do prato remítenos á alta coci-
ña, de empratado minimalista e sofis-
ticado, coa culler de madeira traba-
llada en perfecto equilibrio, que sos-
tén un “exquisito” manxar: un boca-
do de terra.
E tamén impacto moral, porque nos
lembra que non todo é tan sinxelo e
fácil como aparenta, que para ter un
prato na mesa e comer –iso que
nunha parte do mundo facemos
varias veces ao día sen prestar aten-
ción–, primeiro hai que ter algún ali-
mento e, para que ese alimento exis-
ta, antes hai que sementar.
Aquí vos deixamos a imaxe impac-
tante, sinxela e directa, coa que que-
remos ilustrar un lema igualmente
impactante, sinxelo e directo, que
nos envía a loitar contra a fame ata-
cando as súas causas e que nos con-
vida a plantarlle cara da única manei-
ra posible: sementando.
CAMPAÑA DE MANS UNIDAS
PLÁNTALLE CARA Á FAME:
SEMENTA
É dificil explicar o que se quere dicir
cunha imaxe, cando esta non preten-
de máis que ilustrar o que contan
unhas palabras, as do lema da
Campaña 2016 de Mans Unidas.
Por iso “impacto” é, quizais, a pala-
bra que define mellor o que quere
transmitir este cartel. Impacto visual,
polo contraste do prato branco, deli-
cado, pulido, co marrón escuro,
húmido, rudo, da terra sementada, e
o verde vivo da planta xermolada.
1 of 2

Recommended

Boletin abril 2016 by
Boletin abril 2016Boletin abril 2016
Boletin abril 2016parroquiadostilos
737 views2 slides
Boletin mayo 2016 by
Boletin mayo 2016Boletin mayo 2016
Boletin mayo 2016parroquiadostilos
937 views2 slides
Boletin xaneiro 2016 by
Boletin xaneiro 2016 Boletin xaneiro 2016
Boletin xaneiro 2016 parroquiadostilos
1K views2 slides
Boletin novembro 2015 by
Boletin novembro 2015Boletin novembro 2015
Boletin novembro 2015parroquiadostilos
633 views2 slides
Boletin octubre 2015 by
Boletin octubre 2015Boletin octubre 2015
Boletin octubre 2015parroquiadostilos
823 views2 slides
Boletin decembro 2015 by
Boletin decembro 2015Boletin decembro 2015
Boletin decembro 2015parroquiadostilos
791 views2 slides

More Related Content

What's hot

Boletin xuño 2017 by
Boletin xuño 2017Boletin xuño 2017
Boletin xuño 2017parroquiadostilos
1.1K views2 slides
Boletin xuño 2015 nº 182 by
Boletin xuño 2015 nº 182Boletin xuño 2015 nº 182
Boletin xuño 2015 nº 182parroquiadostilos
870 views2 slides
Boletin diciembre17 new by
Boletin diciembre17 newBoletin diciembre17 new
Boletin diciembre17 newparroquiadostilos dos
533 views2 slides
Boletin xaneiro 18 by
Boletin xaneiro 18Boletin xaneiro 18
Boletin xaneiro 18parroquiadostilos dos
847 views2 slides
Boletin decembro 2013 by
Boletin decembro 2013Boletin decembro 2013
Boletin decembro 2013parroquiadostilos
473 views2 slides
Boletin marzo 2014 by
Boletin marzo 2014Boletin marzo 2014
Boletin marzo 2014parroquiadostilos
939 views2 slides

What's hot(20)

Aniversario ordenacion Papa_gallego by immenxagraza
Aniversario ordenacion Papa_gallegoAniversario ordenacion Papa_gallego
Aniversario ordenacion Papa_gallego
immenxagraza142 views

Similar to Boletin febreiro 2016

Boletin otono17 new by
Boletin otono17 newBoletin otono17 new
Boletin otono17 newparroquiadostilos dos
139 views3 slides
Bole parroquial outono18 by
Bole parroquial outono18Bole parroquial outono18
Bole parroquial outono18parroquiadostilos dos
822 views3 slides
Xoves santo na casa 2020 os tilos by
Xoves santo na casa 2020 os tilosXoves santo na casa 2020 os tilos
Xoves santo na casa 2020 os tilosparroquiadostilos dos
1.3K views4 slides
Folla parroquial xaneiro 2018 by
Folla parroquial xaneiro 2018Folla parroquial xaneiro 2018
Folla parroquial xaneiro 2018Alfonso Mera Nogueiras
198 views8 slides
Boletín octubre 2014 by
Boletín octubre 2014Boletín octubre 2014
Boletín octubre 2014parroquiadostilos
696 views2 slides
Boletin by
BoletinBoletin
Boletinparroquiadostilos
153 views2 slides

Similar to Boletin febreiro 2016(20)

More from parroquiadostilos

CALENDARIO PARROQUIAL 22-23.pdf by
CALENDARIO PARROQUIAL 22-23.pdfCALENDARIO PARROQUIAL 22-23.pdf
CALENDARIO PARROQUIAL 22-23.pdfparroquiadostilos
3 views2 slides
Boletin abril 2018 by
Boletin abril 2018Boletin abril 2018
Boletin abril 2018parroquiadostilos
1.1K views2 slides
Rugido capaz de sacudir al mundo by
Rugido capaz de sacudir al mundoRugido capaz de sacudir al mundo
Rugido capaz de sacudir al mundoparroquiadostilos
1K views30 slides
Boletin abril0001 by
Boletin abril0001Boletin abril0001
Boletin abril0001parroquiadostilos
952 views2 slides
Comic jmj-2013 by
Comic jmj-2013Comic jmj-2013
Comic jmj-2013parroquiadostilos
5.6K views24 slides
Campaña manos unidas 2013 by
Campaña manos unidas 2013Campaña manos unidas 2013
Campaña manos unidas 2013parroquiadostilos
550 views36 slides

Boletin febreiro 2016

  • 1. BOLETÍN PARROQUIAL Nº 187 - Febreiro 2016 PARROQUIA SAN FRANCISCO DE ASÍS DOS TILOS OBRAS DE MISERICORDIA (II) DAR DE COMER E BEBER A FAMENTOS E SEDENTOS Empezamos, no boletín anterior, unha viaxe polas obras de misericordia. Sen facer o percorrido tradicional, fixámonos neste mes en dúas das obras máis sensibles aos nosos sentidos: darlle de comer ao famento e de beber ao sedento. Por que? Por varias razóns: nos carteis que irán aparecendo perio- dicamente, nas portas da igrexa, e logo na fronte do altar, invítasenos e recórdasenos o importante que é exercer estas obras con aquelas persoas próximas e non tan próximas. Pero ademais neste mes de febreiro, concretamente o día 10, empeza a Coresma, tempo de conversión; nesa mesma semana, MANS UNIDAS con- vídanos a unir as nosas mans a prol de tantas e tantas persoas que o seguen a pasar mal. Cales son as obras de misericordia máis urxentes? Todas son importantes pero, sen ningunha dúbida, darlle de comer ao famento e de beber ao seden- to son as máis necesarias. Unha vez recuperadas as forzas físicas, seguen a ser prioritarias as outras necesidades persoais. Fagamos deste mes de febreiro un mes solidario, cheo de misericordia e cami- ño de conversión! ORACIÓN PARA O XUBILEO DA MISERICORDIA Señor Xesús, ti ensináchesnos a ser misericordiosos como o Pai do ceo, e dixéchesnos que quen te ve, veo tamén a El. Amósanos o teu rostro e obteremos a salvación. A túa mirada chea de amor liberou a Zaqueo e a Mateo da escravitude do diñeiro; á adúltera e á Madalena de buscar a felicidade soamente nunha criatura; fixo chorar a Pedro despois da traizón, e aseguroulle o Paraíso ao ladrón arrepentido. Fai que cada un de nós escoite como propia a palabra que lle dixeches á samaritana: Se coñeceses o don de Deus! Ti es o rostro visible do Pai invisible, do Deus que manifesta a súa omnipotencia sobre todo co perdón e a mise- ricordia: fai que, no mundo, a Igrexa sexa o teu rostro visible, o seu Señor, resucita- do e glorioso. Ti quixeches que tamén os teus ministros fosen revestidos de debilidade para que sintan sincera compaixón polos que se atopan na ignorancia ou no erro: fai que quen se achegue a un deles se sinta esperado, amado e perdoado por Deus. Manda o teu Espírito e conságranos a todos coa súa unción para que o Xubileo da Misericordia sexa un ano de graza do Señor e a túa Igrexa poida, con renovado entusias- mo, levarlles a Boa Nova aos pobres, proclamarlles a liberdade aos prisioneiros e oprimidos e restituírlles a vista aos cegos. Pedímoscho por interseción de María, Nai da Misericordia, a ti que vives e reinas co Pai e o Espírito Santo por sempre eternamente. Amén.
  • 2. MANS UNIDAS 2016 Invítovos a participar nesta Campaña. Os colectivos tan diversos que colabo- ran con nós achégannos unha riqueza extraordinaria. Acompañar os máis pobres e “sentir con eles” debe formar parte dos valores fundamentais dunha sociedade que desexe ser xusta. Loitar contra a fame é unha cuestión urxente na construción dun mundo digno, pois segue a ser actual o que san Xoán Paulo II denominaba “paradoxo da abundancia”: hai comida para todos pero non todos poden comer; mentres que o dispendio, o descarte, o consu- mo excesivo e o uso de alimentos para outros fins están ante os nosos ollos. En Mans Unidas colaboramos cos pobres e con quen colabora con eles, esforzámonos a prol dese mundo que poña no centro a persoa, dunhas regras comerciais nas que os pobres teñan algo que dicir e dunha concepción do desenvolvemento realmente humana e para todos, o que obriga a individuos e institucións a prestarlles unha atención especialísima aos últimos dos últimos, ao inmenso colectivo dos famentos. Avancemos sen derrotismos. As metas nunca se acadan de todo pero comezan a ser reais cando cremos nelas e nos poñemos a traballar. A indiferenza, en cambio, empobrécenos moitísimo. Un mundo máis xusto e irmandado é necesario. Plántalle cara á fame. SEMENTA. PARROQUIA VIVA 2.- Presentación do Señor. Bendición das candeas, ás 19 h. 10.- Mércores de Cinza. Xornada de xaxún e abstinencia que sinala o comezo da Coresma. Celebración, ás 19 h. 11.- Reunión do grupo parroquial sinodal, ás 20 h. 12.- Cea de Mans Unidas, ás 20:30 h. 18.- Reunión dos pais e nais dos nenos/as de 2º de Primeira Comuñón, ás 8 do serán, nun local da Asociación Recreativa e Cultural. 24.- Reunión do grupo de Cáritas, ás 20 h. Nota: Todos os venres de Coresma, ás 18:30 h haberá viacrucis. Logo seguirá a Eucaristía. O LAPIS O inventor do lapis, antes de metelo na caixa e envialo ao mundo, díxolle: “Cinco cousas debes saber e recordar sempre se queres ser o mellor lapis do mundo”. 1ª.- Poderás facer grandes cousas, pero só se permites que alguén te use. 2ª.- Experimentarás dor cando che saquen punta, pero é necesario se queres ser o mellor lapis do mundo. 3ª.- Corrixirás todas as faltas que cometas. 4ª.- A túa parte máis importante está sempre dentro de ti. 5ª.- Deixarás a túa marca sobre toda a superficie na que sexas usado. E, a pesar de todo, segue escribindo. Agora ponte no lugar do lapis. 1.- Podes facer grandes cousas, pero só se deixas que Deus e os demais te usen e, ás veces, abusen de ti. 2.- Sentirás dor cando os problemas da vida e as dificultades de todo tipo che saquen punta. É necesario para medrar e fortalecerte. 3.- Corrixe todos os erros que come- tas. 4.- A túa parte máis importante está dentro de ti. 5.- Deixa unha marca fermosa onde escribas e por onde pases. Impacto emocional, porque a presen- tación do prato remítenos á alta coci- ña, de empratado minimalista e sofis- ticado, coa culler de madeira traba- llada en perfecto equilibrio, que sos- tén un “exquisito” manxar: un boca- do de terra. E tamén impacto moral, porque nos lembra que non todo é tan sinxelo e fácil como aparenta, que para ter un prato na mesa e comer –iso que nunha parte do mundo facemos varias veces ao día sen prestar aten- ción–, primeiro hai que ter algún ali- mento e, para que ese alimento exis- ta, antes hai que sementar. Aquí vos deixamos a imaxe impac- tante, sinxela e directa, coa que que- remos ilustrar un lema igualmente impactante, sinxelo e directo, que nos envía a loitar contra a fame ata- cando as súas causas e que nos con- vida a plantarlle cara da única manei- ra posible: sementando. CAMPAÑA DE MANS UNIDAS PLÁNTALLE CARA Á FAME: SEMENTA É dificil explicar o que se quere dicir cunha imaxe, cando esta non preten- de máis que ilustrar o que contan unhas palabras, as do lema da Campaña 2016 de Mans Unidas. Por iso “impacto” é, quizais, a pala- bra que define mellor o que quere transmitir este cartel. Impacto visual, polo contraste do prato branco, deli- cado, pulido, co marrón escuro, húmido, rudo, da terra sementada, e o verde vivo da planta xermolada.