Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

Boletin xuño 2017

849 views

Published on

Boletín Parroquia San Francisco de Asís dos Tilos Archidiocesis de Santiago de Compostela

Published in: Spiritual
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

Boletin xuño 2017

  1. 1. BOLETÍN PARROQUIAL Nº 199 - Xuño 2017 PARROQUIA SAN FRANCISCO DE ASÍS DOS TILOS VODAS DE OURO SACERDOTAIS Ter un párroco con 28 anos de antigüidade supón que máis dunha xeneración de fregueses conviviu con el no proceso de constitución dunha comunidade e de avanzar nunha experiencia de fe adulta e comprometida. Todo o proceso de fe que se realiza nos sacramentos de iniciación chegáron- nos da súa man, a iniciación na oración con sentido comunitario tamén, e as celebracións eucarísticas dominicais, coa súa secuencia cíclica, enriquecidas co seu maxisterio, seguramente marcaron a nosa experiencia relixiosa e de familia crente. Pero hai máis, ter dirixido e cooperado na construción do tem- plo e complexo parroquial foi tamén algo decisivo desde unha visión máis material, pero se a isto engadimos que conviviu con todos dentro da mesma urbanización aínda resalta máis unha dedicación integrada e próxima, pouco frecuente nestes tempos. Por iso dedicamos especialmente a edición deste boletín a D. Benjamín, transcribindo o seu saúdo e o relato da súa historia persoal como pastor, con variadas experiencias pastorais, e como párroco. Congratulámonos, na celebración das súas Vodas de Ouro sacerdotais, co seu servizo e entrega. Grazas, moitas grazas, e que o Señor o recompense. Queridos fregueses e veciños da parroquia dos Tilos. Quero facervos partí- cipes, neste último boletín do curso 2016-2017, dunha pequena semblanza dos meus cincuenta anos de sacerdote. Desexo que todos sexades coñecedo- res dos meus comezos no Seminario de Belvís ata o día de hoxe. Esta é unha pequena contribución para unha revista que a nosa promoción sacerdotal (1967-2017) editará con motivo das vodas de ouro sacerdotais: PARROQUIA VIVA 4.- XXI Aniversario da bendición e inauguración do templo parroquial. Confirmacións. Logo da misa de 12, festa do compartir. Os alimentos deben traerse antes das 11:30. 8.- Pleno do Consello pastoral parroquial ás 20:30. 10.- Excursión parroquial das familias de catequese e da parroquia. 17.- Celebración comunitaria do perdón ás 18:00. 18.- Festa do Corpus Christi. Día nacional da Caridade. 25.- Primeiras Comuñóns ás 12 da mañá. 28.- Reunión do grupo de Cáritas ás 20:30. SETEMBRO: 16.- Asemblea parroquial para o novo curso. ACONTECEMENTOS Bautismos: Martín Gil SanMiguel, de Senén e Isabel (07-05-2017) David Hortas Rodríguez, de Javier e Mª Carmen (07-05-2017) Confirmacións: María Tomé Castro Paula García López Carolina Gómez Martínez María Lete Blanco Alejandro da Silva Sueiro Francisco López Lamas Santiago Golpe Sánchez Ian Alonso Neira Juan Ramón Blanco Ferreiro Zaira Fernández Lea Sandra María Soneira Pérez Sara Seoane Mata Fabián Rodríguez Costa Defuncións: Mª del Carmen Criado Abeal (18-05-2017)
  2. 2. e Urquijo coa mediación da familia López Calo, puiden seguir no Seminario; rematada a etapa humanís- tica en Belvís, pasamos ao Seminario Maior para seguir coa formación filo- sófica e teolóxica. Non quero porme- norizar nin nos formadores nin nos profesores nin, sequera, na alimenta- ción; aspectos que, vistos desde hoxe, son un argumento máis para afirmar que a presenza e a graza do Señor se fai viva e presente en circunstancias, per- soas e situacións moi dispares. Acabada a etapa formativa, chega, o 23 de xullo do ano 1967, a ordenación sacerdotal. Miras o presente e, sobre todo, miras o futuro dun sacerdote novo, sen ser moi consciente do que vai implicar para un, para a Igrexa e para a sociedade, o Concilio Vaticano II, recentemente concluído. Ao mesmo tempo, quizais sen darlle a importancia que logo tivo, vai pasar coa revolución estudantil do ano 1968. No nivel perso- al, ambos os dous acontecementos van marcar as miñas inquedanzas de cura e crego recentemente ordenado. Fun enviado a unha parroquia (S. Cosme de Oíns) do concello de Arzúa, onde redescubrín a bondade, a relixio- sidade e a proximidade da xente desta parroquia. Dous anos despois destináronme como coadxutor a S. Martín de Noia, outra experiencia distinta e que me esixía Hoxe, ante a óptica dun crente en Xesús, e mirando cara atrás, non cin- cuenta anos senón sesenta e dous, debo facer un público recoñecemento: na miña vida todo o considero graza, incluso cando, en varios momentos deste montón de anos non o sentía así. Repito todo é graza: nacín no seo dunha familia humilde, nunha aldea (Vilacoba, no concello de Lousame); xunto cos meus pais (Heliodoro e Teresa) nacemos e medramos cinco irmáns (dos cales só tres seguimos peregrinando). A escola e a igrexa parroquial conformaron, xunto coa familia, unha trindade dun neno que, aos dez anos, é invitado a ir ao Seminario como única oportunidade de seguir estudando e como sementeiro de vocacións sacerdotais. Alí, en Belvís, lonxe de tódalas vivencias da miña nenez, encontreime cun montón de rapaces e non tan rapaces que, dirixido por un grupo de cregos (non creo que fose equipo sacerdotal), nos instaba a formarnos en catro actitudes: piedade, disciplina, urbanidade e aplicación. Endexamais escoitara semellantes ter- mos pero, hoxe, non daquela, son cons- ciente da súa grande importancia na formación e crecemento persoal. Así, nun clima de multitude, fómonos modelando como persoas e, incluso, na incipiente vocación sacerdotal. Pasan tres anos, e grazas a D. Lucas de Oriol unha presenza máis actualizada cun novo tipo emerxente de mocidade (falo dos anos setenta). Sete anos des- pois, previa petición, fun enviado a Ordoeste e Barcala, engadindo logo Corneira (todas no concello da Baña). Ao mesmo tempo matriculeime na facultade de Psicoloxía co único inte- rese de formarme, e de sentirme, con 32 anos, mozo entre mozos/as de 18 anos. Tras rematar Psicoloxía, fun enviado a Roma e, á volta, encargá- ronme a Pastoral Familiar na Diocese xunto coa adscrición a S. Xoán de Calo. Catro anos despois (1989) pro- puxéronme crear unha parroquia nova, como comunidade canónica, pois como tal comunidade cristiá xa nacera anos antes; e aquí sigo hoxe. Esta é a parroquia de S. Francisco de Asís dos Tilos, no concello de Teo. Cincuenta anos despois, vexo todo isto como don e como graza; máis que dar recibín moitas ensinanzas que me foron forxando para ir corrixindo aspectos e integrándoos na vida per- soal e sacerdotal; cincuenta anos nos que, xunto as cruces diarias sempre atopei “cireneos”, expresión da pre- senza do Señor Xesús na tarefa dun cristián sacerdote. A súa compaña sempre foi para min apoio e estímulo para seguir adiante. Dende hai vinte anos que resido no complexo parroquial de S. Francisco de Asís dos Tilos, sempre tiven dous veciños, irmáns sacerdotes, Luis e José Antonio Seoane Ares, pero, en todo momento, e quero confesalo con toda humildade, teño un amigo, día e noite, ao que cando estou a punto de quedar durmido lle digo: “Xesús, amigo e veciño, quedas de garda”, ao mesmo tempo que lle pido graza e perdón. Asegúrovos que non falla. Deixo para o final un recordo especial e entrañable para os compañeiros de pro- moción, sacerdotes e segrares: grazas por estar sempre aí; grazas pola vosa amizade; grazas, pois a vosa constancia fixo e fai posible que durante estes anos nos xuntásemos para rezar, para cele- brar e para fortalecer a nosa amizade. Grazas, grazas, grazas. P.D. Non sei o que o Señor nos ten gar- dado, pero o que me gustaría é que agora fose toda a xente da parroquia dos Tilos: unha comunidade como era a dos anos 90; comunidade viva, comu- nidade profética (que denunciaba os males e carencias e, que ao mesmo tempo, loitou para que aquela veciñan- za fose tamén unha comunidade cristiá (chegando a constituírse en parro- quia); que a nosa parroquia fose un fiel reflexo da primeira comunidade dos apóstolos: na fracción do pan, na escoita da Palabra e na oración. Neste primeiro domingo de xuño, día de Pentecoste, o Señor envíanos o seu Espírito; só fai falla a nosa vontade de facer realidade este proxecto de comunidade. TODO É GRAZAS A DEUS

×