Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.
Upcoming SlideShare
Primavera
Primavera
Loading in …3
×
1 of 13

11º domingo toc 2013 bene pagola

0

Share

Related Books

Free with a 30 day trial from Scribd

See all

Related Audiobooks

Free with a 30 day trial from Scribd

See all

11º domingo toc 2013 bene pagola

  1. 1. José Antonio Pagola Red Evangelizadora BUENAS NOTICIAS Contribúe a defender as mulleres máis indefensas. Pásao. 16 de xuño de 2013 11º Tempo ordinario (C) Lucas 7, 36-8,3 Música:MorningGlore;present:B.Areskurrinaga HC;euskaraz:D.Amundarain
  2. 2. Xesús encóntrase na casa de Simón, un fariseo que o invitou a comer. Inesperadamente, unha muller interrompe o banquete. Os invitados recoñécena decontado. É unha prostituta da aldea. A súa presenza crea malestar e expectación. Como reaccionará Xesús? Expulsaraa para que non contamine os invitados?
  3. 3. A muller non di nada. Está acostumada a ser despreciada, sobre todo, nos ambientes fariseos. Diríxese directamente cara a Xesús, déitase aos seus pés e rompe a chorar. Non sabe como agradecerlle a súa acollida: cobre os seus pés de bicos, únxeos cun perfume que trae consigo e sécallos coa súa cabeleira.
  4. 4. A reacción do fariseo non se fai esperar. Non pode disimular o seu desprezo: “Se este fose profeta, sabería quen é esta muller e o que é: unha pecadora”.
  5. 5. El non é tan inxenuo coma Xesús. Sabe moi ben que esta muller é unha prostituta, indigna de tocar a Xesús. Habería que apartala del.
  6. 6. Pero Xesús non a expulsa nin a rexeita.Pero Xesús non a expulsa nin a rexeita. Ao contrario, acóllea con respecto e tenrura.Ao contrario, acóllea con respecto e tenrura. Descobre nos seus xestos un amor limpo eDescobre nos seus xestos un amor limpo e unha fe agradecida.unha fe agradecida. Diante de todos, fala con ela para defender a súa dignidadeDiante de todos, fala con ela para defender a súa dignidade e revelarlle como a ama Deus:e revelarlle como a ama Deus: ““Os teus pecados están perdoados”.Os teus pecados están perdoados”.
  7. 7. Logo, mentres os invitados se escandalizan, reafírmaa na súa fe e deséxalle unha vida nova: ““A túa fe salvoute. Vai en paz”.A túa fe salvoute. Vai en paz”. Deus estará sempre con ela.Deus estará sempre con ela.
  8. 8. Hai uns meses,Hai uns meses, chamáronme parachamáronme para tomar parte nuntomar parte nun Encontro PastoralEncontro Pastoral moi particular.moi particular. Estaba entre nós unEstaba entre nós un grupo de prostitutas.grupo de prostitutas. Puiden falar amodoPuiden falar amodo con elas.con elas. Nunca as podereiNunca as poderei esquecer.esquecer. Ao longo de tres días puidemos escoitar a súa impotencia, os seus medos, a súa soidade...
  9. 9. Por vez primeira comprendín por que Xesús as quería tanto. Entendín tamén as súas palabras aos dirixentes relixiosos: “Asegúrovos que os publicanos e as prostitutas entrarán antes ca vós no Reino dos ceos”.
  10. 10. Estas mulleres enganadas e escravizadas,Estas mulleres enganadas e escravizadas, sometidas a toda clase de abusos,sometidas a toda clase de abusos, aterrorizadas para mantelas illadas, moitasaterrorizadas para mantelas illadas, moitas sen apenas protección nin seguridadesen apenas protección nin seguridade ningunha, son as vítimas invisibles dun mundoningunha, son as vítimas invisibles dun mundo cruel e inhumano, silenciado en boa parte polacruel e inhumano, silenciado en boa parte pola sociedade e esquecido practicamente polasociedade e esquecido practicamente pola Igrexa.Igrexa.
  11. 11. Os seguidores de Xesús non podemos vivir deOs seguidores de Xesús non podemos vivir de costas ao sufrimento destas mulleres.costas ao sufrimento destas mulleres. As nosas Igrexas diocesanas non poden abandonalasAs nosas Igrexas diocesanas non poden abandonalas ao seu triste destino.ao seu triste destino. Temos que levantar a voz para espertarTemos que levantar a voz para espertar a conciencia da sociedade.a conciencia da sociedade.
  12. 12. Temos que apoiar moito máis a quen loitanTemos que apoiar moito máis a quen loitan polos seus dereitos e a súa dignidade.polos seus dereitos e a súa dignidade. Xesús que as amou tanto sería tamén hoxe oXesús que as amou tanto sería tamén hoxe o primeiro en defendelas.primeiro en defendelas.
  13. 13. DEFENSOR DAS PROSTITUTAS   Xesús encóntrase na casa de Simón, un fariseo que o invitou a comer. Inesperadamente, unha muller interrompe o banquete. Os invitados recoñécena decontado. É unha prostituta da aldea. A súa presenza crea malestar e expectación. Como reaccionará Xesús? Expulsaraa para que non contamine os invitados? A muller non di nada. Está acostumada a ser despreciada, sobre todo, nos ambientes fariseos. Diríxese directamente cara a Xesús, déitase aos seus pés e rompe a chorar. Non sabe como agradecerlle a súa acollida: cobre os seus pés de bicos, únxeos cun perfume que trae consigo e sécallos coa súa cabeleira. A reacción do fariseo non se fai esperar. Non pode disimular o seu desprezo: “Se este fose profeta, sabería quen é esta muller e o que é: unha pecadora”. El non é tan inxenuo coma Xesús. Sabe moi ben que esta muller é unha prostituta, indigna de tocar a Xesús. Habería que apartala del. Pero Xesús non a expulsa nin a rexeita. Ao contrario, acóllea con respecto e tenrura. Descobre nos seus xestos un amor limpo e unha fe agradecida. Diante de todos, fala con ela para defender a súa dignidade e revelarlle como a ama Deus: “Os teus pecados están perdoados”. Logo, mentres os invitados se escandalizan, reafírmaa na súa fe e deséxalle unha vida nova: “A túa fe salvoute. Vai en paz”. Deus estará sempre con ela. Hai uns meses, chamáronme para tomar parte nun Encontro Pastoral moi particular. Estaba entre nós un grupo de prostitutas. Puiden falar amodo con elas. Nunca as poderé esquecer. Ao longo de tres días puidemos escoitar a súa impotencia, os seus medos, a súa soidade... Por vez primeira comprendín por que Xesús as quería tanto. Entendín tamén as súas palabras aos dirixentes relixiosos: “Asegúrovos que os publicanos e as prostitutas entrarán antes ca vós no Reino dos ceos”. Estas mulleres enganadas e escravizadas, sometidas a toda clase de abusos, aterrorizadas para mantelas illadas, moitas sen apenas protección nin seguridade ningunha, son as vítimas invisibles dun mundo cruel e inhumano, silenciado en boa parte pola sociedade e esquecido practicamente pola Igrexa. Os seguidores de Xesús non podemos vivir de costas ao sufrimento destas mulleres. As nosas Igrexas diocesanas non poden abandonalas ao seu triste destino. Temos que levantar a voz para espertar a conciencia da sociedade. Temos que apoiar moito máis a quen loitan polos seus dereitos e a súa dignidade. Xesús que as amou tanto sería tamén hoxe o primeiro en defendelas. José Antonio Pagola

×