Hora santa xoves 2020

HORA SANTA CELEBRADA O XOVES SANTO

HORA SANTA, XOVES 2020
Parroquia San Francisco de Asís dos Tilos
Os audios e oracións están pensadas para reler varias veces, para ilas remoendo cada quen o seu ritmo.
INTRODUCIÓN
Vivimos tempos incertos, nunha situación de indefensión e medo que, no fondo, nos pode conectar
con Xesús en Xetsemaní. No horto das oliveiras Xesús non ten máis para onde mirar que alzar os
seus ollos ao Pai da Vida, para, confiado nel, literalmente nas súas mans, vivir un presente incerto
coa confianza dun futuro de resurrección.
Nós hoxe tampouco sabemos onde mirar para buscar consolo, por iso nesta noite se volve moito
máis viva a necesidade de poñerse nas mans do Deus Pai-Nai, amor e esperanza que nos vacina
contra todo desalento.
A oración que propoñemos hoxe é unha meditación na que remoeremos amodo textos e cancións
que acenden luz nos lugares da desesperanza máis absolutos. Con Etty Hillesum, que resistiu
impávida no medio do exterminio, apalparemos a dor resilente. Con Thomas Merton recoñeceremos
os signos de resurrección, abertos á esperanza.
Canción: Xetsemaní, de Salomé Arricibita
Oración 1.
Meu Deus, estes tempos son tempos de terror. Está noite, por primeira vez, quedei esperta na
escuridade cos ollos ardentes, mentres desfilaban ante min, sen parar, imaxes de sufrimento.
Vouche prometer unha cousa, meu Deus, unha cousa moi pequena: voume abster de pendurar
neste día, como outros tantos pesos, as angustias que me inspira o futuro. Pero iso require
certo adestramento. Polo de agora, a cada día abóndalle a súa pena.
Vouche axudar, meu Deus, a non te apagar en min, pero non che podo garantir que vaia ter
éxito. Con todo, hai unha cousa que vexo cada vez con máis claridade: non es ti quen pode
axudarnos a nós, senón nós quen podemos axudarte a ti e, ao facelo, axudarnos a nós mesmos.
Isto é todo o que podemos salvar neste tempo, e tamén o único que conta: un pouco de ti en
nós, meu Deus.
Igual tamén nos poidamos contribuír a sacarte á luz nos corazóns devastados dos outros. (Etty
Hillesum)
Canción2: Pongo mi vida en tus manos, Luis Guitarra
Oración 2.
Deus, prométoche unha cousa: non farei que as miñas preocupacións polo futuro pesen como
un lastre hoxe, anque para iso preciso unha certa práctica. Cada día, en por si, é dabondo.
Axudareite, Deus, para que non me abandones, pero non te podo asegurar nada por
anticipado.
So unha cousa é para min cada vez máis evidente: que ti non nos podes axudar, que debemos
axudarte nos a ti, e así axudarémonos a nos mesmos. É o único que ten importancia nestes
tempos, Deus, salvar un anaco de ti en nós. Igual así podemos facer algo por te resucitar nos
corazóns desolados da xente. Si, meu señor, parece que ti tampouco podes cambiar moito as
circunstancias; ao fin e ao cabo pertences a esta vida. Non te esixo responsabilidades, ti nolas
poderías esixir a nós máis adiante. (Etty Hillesum)
Canción 3. Ergo os meus ollos cara o ceo, de Xesús Portas.
Evanxeo: Xn 12, 1-8. A unción en Betania.
Seis días antes da Pascua, foi Xesús a Betania, onde estaba Lázaro, a quen resucitara de entre os
mortos. Fixéronlle alí unha cea. Marta servía, mentres que Lázaro era un dos comensais.
Entón María, collendo unha libra de perfume de nardo puro, de moito prezo, unxiu os pés de Xesús
e enxugoullos cos seus cabelos. A casa quedou chea do recendo do perfume.
Pero Xudas, o Iscariote, un dos seus discípulos, o que o había de entregar, dixo:
-¿Por que non se vendeu ese perfume por trescentos denarios, e non se lles deron ós pobres?
Dixo isto non porque tivese interese polos pobres, senón porque era ladrón e, tendo el a bolsa,
botaba man do que se metía nela.
Pero Xesús replicou:
-Déixaa estar: que garde isto para o día do meu enterro; pois ós pobres sempre os tedes entre vós,
mentres que a min non sempre me ides ter.
Palabra de Deus.
Hoxe a Palabra fálanos de sufrimento e resilencia. Deus acompáñanos nas tebras, igual que
acompañaba a Xesús. Deixamos un tempo para deixar abrollar as nosas reflexións persoais.
ORACIÓN POLA COMUNIDADE UNIVERSAL
Nesta hora de dor e sufrimento, tamén temos que ser quen de saír de nós mesmos e ver os
sufrimentos que hai ao noso redor, para facernos conscientes deles e acompañalos coa nosa oración
e con xestos eficaces de proximidade.
• os inmigrantes que están na rúa porque pecharon os CIE’s e non teñen papeis que os fagan
ser inmigrantes regulares para poder traballar en condicións de dignidade.
• As mulleres maltratadas que levan 3 semanas pechadas na casa 24h cos seus maltratadores
sen ver que haxa posibilidade de escape, sufrindo por elas e polos seus fillos, que tamén
están confinados co maltratador.
• Presos e presas. Agora que nos vemos confinados pensamos nas persoas que pasan parte da
súa vida nos cárceres. Son seres humanos necesitados de comprensión e apoio. Aínda que o
cine nolos presenta moitas veces coma dementes irredentos, teñen familias ás que non ven,
son seres humanos que sofren ausencia e illamento.
• Os nenos e nenas con familias desestruturadas e en pobreza, que hai 3 semanas que non
teñen un cole ao que ir e no que comer, que quedaron sen o espazo no que fuxir de
situacións familiares límite.
• As persoas maiores que viven en residencias da terceira idade, sen visitas familiares e coa
incerteza de verse desvalidas diante do avance do coronavirus.
• As persoas enfermas que viven en illamento hospitalario, sen apenas contacto co mundo
exterior, na anguria e incerteza, temendo pola súa familia e pola súa propia recuperación.
• As persoas enfermas mentais, que necesitan saír á rúa e cando o fan son branco da
inquisición dos veciños. Polas persoas que seguen tratamentos de rehabilitación ou
psicolóxicos, e os viron interrompidos por mor do confinamento
• As persoas migrantes que están nos montes de Libia ou Marrocos, as que viven amoreadas
en campos de refuxiados, nun inferno do que non poden escapar porque as fronteiras seguen
pechadas e non dispoñen de recursos sanitarios.
• As persoas que viven en países pobres, sen asistencia sanitaria, que están sendo arrasados
por unha pandemia sen que os seus gobernos fagan o mínimo necesario para protexer á
poboación.
• As persoas ás que lles morre algún ser querido nestes tempos de pandemia e non poden
celebrar o enterro nin sentirse acompañadas pola comunidade nos momentos de loito e dor.
Brevemente, facemos presente cada un as necesidades que coñecemos e temos cerca de nós.
Canción 4. En ti descansa mi alma, Salomé Arricibita.
Oración 3.-
Señor, meu Deus, non teño nin idea cara onde vou. Non coñezo o camiño que hai ante min.
Non teño seguridade de onde acaba. Non me coñezo realmente, e o feito de que crea cumpro a
túa vontade non significa realmente que o estea a facer.
Pero creo que o desexo de te agradar agrádache realmente. E espero non facer nada nunca
aparte dese desexo.
Sei que se fago iso ti hasme guiar polo camiño recto, aínda que eu non o saiba. Por iso sempre
confiarei en Ti aínda que pareza perdido e á sombra da morte. Non temerei, pois ti sempre
estás comigo, e non deixarás que me enfronte só aos meus inimigos. (Thomas Merton).
A xeografía desdebúxase, a brúxula perdeu o seu Norte, non ten o horizonte sentido nin
explicación o camiño: non podo nin sequera esperar unha aurora boreal diferente que ilumine
as miñas tebras cun fugaz ¡Hurra!
Ou, corazón ardente, invisible e inconcibible neste deserto. Ti, só ti, eres verdade e aquí te
atopei.
Aquí adorareite e louvareite nunha morte silenciada, ata que os meus fieis osos de neve,
durante tempo branqueados e erosionados polos ventos deste Sahara, resuciten conforme ao
teu decreto, se eleven e derramen as flores da túa eterna primavera. (Thomas Merton)
Canción5. Quiero vivir más allá. Salomé Arricibita.

Recommended

Ramos na casa 2020 parroquia os tilos by
Ramos na casa 2020 parroquia os tilosRamos na casa 2020 parroquia os tilos
Ramos na casa 2020 parroquia os tilosparroquiadostilos dos
1.2K views5 slides
CELEBRACIÓN 26 DE ABRIL by
CELEBRACIÓN 26 DE ABRILCELEBRACIÓN 26 DE ABRIL
CELEBRACIÓN 26 DE ABRILparroquiadostilos dos
1.3K views6 slides
Xoves santo na casa 2020 os tilos by
Xoves santo na casa 2020 os tilosXoves santo na casa 2020 os tilos
Xoves santo na casa 2020 os tilosparroquiadostilos dos
1.3K views4 slides
V domingo coresma 2020 na casa by
V domingo coresma 2020 na casaV domingo coresma 2020 na casa
V domingo coresma 2020 na casaparroquiadostilos dos
1K views6 slides
17º domingo toc 2013 noso pai by
17º domingo toc 2013 noso pai17º domingo toc 2013 noso pai
17º domingo toc 2013 noso paiNuria M Núñez Elissetche
768 views12 slides
1 advento celebración 1 by
1   advento celebración 11   advento celebración 1
1 advento celebración 1Nuria M Núñez Elissetche
262 views2 slides

More Related Content

What's hot

31º defuntos tob 2015 bene pagola by
31º defuntos tob  2015 bene pagola31º defuntos tob  2015 bene pagola
31º defuntos tob 2015 bene pagolaNuria M Núñez Elissetche
259 views14 slides
Boletín novembro 2016 by
Boletín novembro 2016Boletín novembro 2016
Boletín novembro 2016parroquiadostilos
664 views2 slides
4º advento c 2012 by
4º advento c 20124º advento c 2012
4º advento c 2012Nuria M Núñez Elissetche
912 views10 slides
María visita a sabela by
María visita a sabelaMaría visita a sabela
María visita a sabelaNuria M Núñez Elissetche
217 views8 slides
Venres Santo by
Venres SantoVenres Santo
Venres SantoManuel Lage Lorenzo
242 views9 slides
Cancioneiro galego by
Cancioneiro galegoCancioneiro galego
Cancioneiro galegoManuel Lage Lorenzo
6.7K views66 slides

What's hot(20)

Similar to Hora santa xoves 2020

30º todos os defuntos bene pagola by
30º todos os defuntos bene pagola30º todos os defuntos bene pagola
30º todos os defuntos bene pagolaNuria M Núñez Elissetche
500 views11 slides
Misericordiosos como o pai by
Misericordiosos como o paiMisericordiosos como o pai
Misericordiosos como o paiNuria M Núñez Elissetche
443 views41 slides
Deus ámate xoán paulo ii by
Deus ámate   xoán paulo iiDeus ámate   xoán paulo ii
Deus ámate xoán paulo iiNuria M Núñez Elissetche
306 views29 slides
12º domingo toc 2013 bene pagola by
12º domingo toc 2013 bene pagola12º domingo toc 2013 bene pagola
12º domingo toc 2013 bene pagolaNuria M Núñez Elissetche
761 views14 slides
19º domingo toc bene pagola 2013 by
19º domingo toc bene pagola 201319º domingo toc bene pagola 2013
19º domingo toc bene pagola 2013Nuria M Núñez Elissetche
697 views16 slides
9º corpo e sangue de cristo c 2013 bene pagola by
9º corpo e sangue de cristo c 2013 bene pagola9º corpo e sangue de cristo c 2013 bene pagola
9º corpo e sangue de cristo c 2013 bene pagolaNuria M Núñez Elissetche
871 views14 slides

Similar to Hora santa xoves 2020(20)

Revista Rañolas Nº 1 - Abril 2005 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE) by Revista_Ranholas
Revista Rañolas Nº 1 - Abril 2005 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 1 - Abril 2005 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 1 - Abril 2005 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista_Ranholas1.6K views
ConfSusoCarracedo by guestd68abb
ConfSusoCarracedoConfSusoCarracedo
ConfSusoCarracedo
guestd68abb146 views

More from parroquiadostilos dos

Calendario parroquial 1920 by
Calendario parroquial 1920Calendario parroquial 1920
Calendario parroquial 1920parroquiadostilos dos
1.1K views1 slide
Parroquial 1920 by
Parroquial 1920Parroquial 1920
Parroquial 1920parroquiadostilos dos
914 views2 slides
Boleton parroquial nadal by
Boleton parroquial nadalBoleton parroquial nadal
Boleton parroquial nadalparroquiadostilos dos
801 views2 slides
Boletin semana santa by
Boletin semana santaBoletin semana santa
Boletin semana santaparroquiadostilos dos
1.1K views2 slides
Boletin ARCHIDIÓCESIS SANTIAGO DE COMPOSTELA by
Boletin ARCHIDIÓCESIS  SANTIAGO DE COMPOSTELABoletin ARCHIDIÓCESIS  SANTIAGO DE COMPOSTELA
Boletin ARCHIDIÓCESIS SANTIAGO DE COMPOSTELAparroquiadostilos dos
755 views6 slides
Bolenovembro18 by
Bolenovembro18Bolenovembro18
Bolenovembro18parroquiadostilos dos
720 views2 slides

Hora santa xoves 2020

  • 1. HORA SANTA, XOVES 2020 Parroquia San Francisco de Asís dos Tilos Os audios e oracións están pensadas para reler varias veces, para ilas remoendo cada quen o seu ritmo. INTRODUCIÓN Vivimos tempos incertos, nunha situación de indefensión e medo que, no fondo, nos pode conectar con Xesús en Xetsemaní. No horto das oliveiras Xesús non ten máis para onde mirar que alzar os seus ollos ao Pai da Vida, para, confiado nel, literalmente nas súas mans, vivir un presente incerto coa confianza dun futuro de resurrección. Nós hoxe tampouco sabemos onde mirar para buscar consolo, por iso nesta noite se volve moito máis viva a necesidade de poñerse nas mans do Deus Pai-Nai, amor e esperanza que nos vacina contra todo desalento. A oración que propoñemos hoxe é unha meditación na que remoeremos amodo textos e cancións que acenden luz nos lugares da desesperanza máis absolutos. Con Etty Hillesum, que resistiu impávida no medio do exterminio, apalparemos a dor resilente. Con Thomas Merton recoñeceremos os signos de resurrección, abertos á esperanza. Canción: Xetsemaní, de Salomé Arricibita Oración 1. Meu Deus, estes tempos son tempos de terror. Está noite, por primeira vez, quedei esperta na escuridade cos ollos ardentes, mentres desfilaban ante min, sen parar, imaxes de sufrimento. Vouche prometer unha cousa, meu Deus, unha cousa moi pequena: voume abster de pendurar neste día, como outros tantos pesos, as angustias que me inspira o futuro. Pero iso require certo adestramento. Polo de agora, a cada día abóndalle a súa pena. Vouche axudar, meu Deus, a non te apagar en min, pero non che podo garantir que vaia ter éxito. Con todo, hai unha cousa que vexo cada vez con máis claridade: non es ti quen pode axudarnos a nós, senón nós quen podemos axudarte a ti e, ao facelo, axudarnos a nós mesmos. Isto é todo o que podemos salvar neste tempo, e tamén o único que conta: un pouco de ti en nós, meu Deus. Igual tamén nos poidamos contribuír a sacarte á luz nos corazóns devastados dos outros. (Etty Hillesum) Canción2: Pongo mi vida en tus manos, Luis Guitarra Oración 2. Deus, prométoche unha cousa: non farei que as miñas preocupacións polo futuro pesen como un lastre hoxe, anque para iso preciso unha certa práctica. Cada día, en por si, é dabondo. Axudareite, Deus, para que non me abandones, pero non te podo asegurar nada por anticipado. So unha cousa é para min cada vez máis evidente: que ti non nos podes axudar, que debemos axudarte nos a ti, e así axudarémonos a nos mesmos. É o único que ten importancia nestes tempos, Deus, salvar un anaco de ti en nós. Igual así podemos facer algo por te resucitar nos corazóns desolados da xente. Si, meu señor, parece que ti tampouco podes cambiar moito as circunstancias; ao fin e ao cabo pertences a esta vida. Non te esixo responsabilidades, ti nolas poderías esixir a nós máis adiante. (Etty Hillesum)
  • 2. Canción 3. Ergo os meus ollos cara o ceo, de Xesús Portas. Evanxeo: Xn 12, 1-8. A unción en Betania. Seis días antes da Pascua, foi Xesús a Betania, onde estaba Lázaro, a quen resucitara de entre os mortos. Fixéronlle alí unha cea. Marta servía, mentres que Lázaro era un dos comensais. Entón María, collendo unha libra de perfume de nardo puro, de moito prezo, unxiu os pés de Xesús e enxugoullos cos seus cabelos. A casa quedou chea do recendo do perfume. Pero Xudas, o Iscariote, un dos seus discípulos, o que o había de entregar, dixo: -¿Por que non se vendeu ese perfume por trescentos denarios, e non se lles deron ós pobres? Dixo isto non porque tivese interese polos pobres, senón porque era ladrón e, tendo el a bolsa, botaba man do que se metía nela. Pero Xesús replicou: -Déixaa estar: que garde isto para o día do meu enterro; pois ós pobres sempre os tedes entre vós, mentres que a min non sempre me ides ter. Palabra de Deus. Hoxe a Palabra fálanos de sufrimento e resilencia. Deus acompáñanos nas tebras, igual que acompañaba a Xesús. Deixamos un tempo para deixar abrollar as nosas reflexións persoais. ORACIÓN POLA COMUNIDADE UNIVERSAL Nesta hora de dor e sufrimento, tamén temos que ser quen de saír de nós mesmos e ver os sufrimentos que hai ao noso redor, para facernos conscientes deles e acompañalos coa nosa oración e con xestos eficaces de proximidade. • os inmigrantes que están na rúa porque pecharon os CIE’s e non teñen papeis que os fagan ser inmigrantes regulares para poder traballar en condicións de dignidade. • As mulleres maltratadas que levan 3 semanas pechadas na casa 24h cos seus maltratadores sen ver que haxa posibilidade de escape, sufrindo por elas e polos seus fillos, que tamén están confinados co maltratador. • Presos e presas. Agora que nos vemos confinados pensamos nas persoas que pasan parte da súa vida nos cárceres. Son seres humanos necesitados de comprensión e apoio. Aínda que o cine nolos presenta moitas veces coma dementes irredentos, teñen familias ás que non ven, son seres humanos que sofren ausencia e illamento. • Os nenos e nenas con familias desestruturadas e en pobreza, que hai 3 semanas que non teñen un cole ao que ir e no que comer, que quedaron sen o espazo no que fuxir de situacións familiares límite. • As persoas maiores que viven en residencias da terceira idade, sen visitas familiares e coa incerteza de verse desvalidas diante do avance do coronavirus. • As persoas enfermas que viven en illamento hospitalario, sen apenas contacto co mundo exterior, na anguria e incerteza, temendo pola súa familia e pola súa propia recuperación. • As persoas enfermas mentais, que necesitan saír á rúa e cando o fan son branco da inquisición dos veciños. Polas persoas que seguen tratamentos de rehabilitación ou psicolóxicos, e os viron interrompidos por mor do confinamento
  • 3. • As persoas migrantes que están nos montes de Libia ou Marrocos, as que viven amoreadas en campos de refuxiados, nun inferno do que non poden escapar porque as fronteiras seguen pechadas e non dispoñen de recursos sanitarios. • As persoas que viven en países pobres, sen asistencia sanitaria, que están sendo arrasados por unha pandemia sen que os seus gobernos fagan o mínimo necesario para protexer á poboación. • As persoas ás que lles morre algún ser querido nestes tempos de pandemia e non poden celebrar o enterro nin sentirse acompañadas pola comunidade nos momentos de loito e dor. Brevemente, facemos presente cada un as necesidades que coñecemos e temos cerca de nós. Canción 4. En ti descansa mi alma, Salomé Arricibita. Oración 3.- Señor, meu Deus, non teño nin idea cara onde vou. Non coñezo o camiño que hai ante min. Non teño seguridade de onde acaba. Non me coñezo realmente, e o feito de que crea cumpro a túa vontade non significa realmente que o estea a facer. Pero creo que o desexo de te agradar agrádache realmente. E espero non facer nada nunca aparte dese desexo. Sei que se fago iso ti hasme guiar polo camiño recto, aínda que eu non o saiba. Por iso sempre confiarei en Ti aínda que pareza perdido e á sombra da morte. Non temerei, pois ti sempre estás comigo, e non deixarás que me enfronte só aos meus inimigos. (Thomas Merton). A xeografía desdebúxase, a brúxula perdeu o seu Norte, non ten o horizonte sentido nin explicación o camiño: non podo nin sequera esperar unha aurora boreal diferente que ilumine as miñas tebras cun fugaz ¡Hurra! Ou, corazón ardente, invisible e inconcibible neste deserto. Ti, só ti, eres verdade e aquí te atopei. Aquí adorareite e louvareite nunha morte silenciada, ata que os meus fieis osos de neve, durante tempo branqueados e erosionados polos ventos deste Sahara, resuciten conforme ao teu decreto, se eleven e derramen as flores da túa eterna primavera. (Thomas Merton) Canción5. Quiero vivir más allá. Salomé Arricibita.