SlideShare a Scribd company logo
1 of 2
Download to read offline
BOLETÍN PARROQUIAL
Nº 186 - Xaneiro 2016
PARROQUIA SAN FRANCISCO DE ASÍS DOS TILOS
OBRAS DE MISERICORDIA
CONSOLAR O TRISTE
Ao longo destes meses imos pormenorizar cada unha das obras de misericordia
non só co ánimo de recordalas senón tamén co de poñelas en práctica.
Actuando con misericordia manifestamos o Amor a Deus no amor aos irmáns.
Comezamos neste boletín desenvolvendo a cuarta obra espiritual: Consolar o
triste.
Acudimos a María, referente a imitar nas nosas relacións familiares, cos enfer-
mos, cos pobres, etc. En María, Deus envíalle o “consolo ao seu pobo”, a tra-
vés de Xesucristo. Ela, cando estivo xunto ao seu Fillo na cruz, mereceu esta
felicitación prometida polo Evanxeo: “Felices os que choran porque eles serán
consolados” (Mt 5, 5). Despois da resurrección do seu fillo Xesús, recibiu este
consolo, e por iso pode consolar os demais fillos en calquera loita.
María é a nai que sofre ao pé da cruz do seu Fillo e consola os discípulos des-
acougados despois da morte de Xesús.
María pódenos axudar a poñer en práctica esta obra de misericordia cando na
familia, nas relacións sociais, nos encontros ocasionais, nas visitas aos enfer-
mos, etc., nos encontramos con persoas aflixidas, desconsoladas ou, simple-
mente, necesitadas dunha palabra de agarimo.
PREGARIA A MARÍA, NAI DE MISERICORDIA
Santa María Nai, consolo dos aflixidos, dámosche grazas por aprendernos a
ser misericordiosos cos demais. Fai que, dende a nosa pequenez, te imitemos e
nos convirtamos en bálsamo curador dos máis pobres e aflixidos deste mundo.
Amén.
LOGOTIPO DO ANO DA MISERICORDIA
Referencia bíblica:
Lc 6, 36-38
“Sede compasivos como voso
Pai é compasivo.
Non xulguedes e non seredes
xulgados. Non condenedes a
ninguén, e tampouco Deus vos
condenará. Perdoade, e Deus
perdoaravos. Dade, e Deus
daravos: el encherá a vosa bolsa
ata os bordes e fará que reborde.”
Explicación do logotipo:
Vese como o Fillo de Deus
carga sobre os seus ombreiros o
home descarreirado. Recupérase
así unha imaxe moi querida na
antiga Igrexa, na que se expresa
o amor de Cristo que completa o
misterio da súa Encarnación coa
Redención.
A obra pon de relevo a imaxe do Bo Pastor que abraza o corpo do home, e
faino de tal xeito que cambia a súa vida.
O Bo Pastor, con profunda misericordia, carga sobre si mesmo a humanida-
de e os seus ollos confúndense cos do home. Cristo ve cos ollos de Adán, e
este, cos ollos de Cristo. Cada ser humano descobre deste xeito en Cristo,
novo Adán, a propia humanidade e o futuro que lle espera, contemplando na
súa mirada o amor do Pai.
A escena sitúase dentro dunha mandorla (forma de améndoa), imaxe moi
utilizada na iconografía antiga e medieval.
Os tres óvalos concéntricos, de cores progresivamente máis claras cara ao
exterior, suxiren o movemento de Cristo que leva ao ser humano fóra da
noite do pecado. Por outra banda, a profundidade da cor máis escura suxire
tamén a profundidade do amor do Pai que o perdoa todo.
Poderiamos preguntarnos: “Que é o
que na miña vida crea tensións, con-
flitos, agresividades? O meu carác-
ter, o meu egoísmo, a miña intoleran-
cia... Que impide a harmonía, a paz e
a alegría arredor de min? E que hai
na miña vida, nas miñas actitudes,
nas miñas palabras que resulta alen-
tador, que axuda aos demais a ser
felices, que lles proporciona paz e
axuda, para potencialo durante o ano
que iniciamos? Que podería facer de
positivo que non fago para converte-
lo en compromiso?”. Isto si que axu-
daría a que ese gran saco de semen-
tes que é o ano que comezamos se
convertese nunha gran colleita...
O mesmo hai que dicir da paz, pois
só temos paz cando a promovemos.
Pódese afirmar dela o que san Juan
de la Cruz dicía do amor: Regala paz
e recollerás paz.
Ao final da vida só teremos o tempo
que vivimos para amar, para servir,
para medrar, para sementar paz e
felicidade... Só teremos a colleita das
sementes de ben.
O Señor agasállanos con 365 sacos
de sementes e cómpre sementalas
todas. Como di Disraeli: “A vida é
demasiado breve para sermos mes-
quiños ou para perdela de forma
tonta...”
PARROQUIA VIVA
1.- Festa de Santa María, Nai de
Deus. Só misa ás 12 horas.
6.- Festa dos Reis Magos.
10.- Prosegue o curso catequético,
ás 11 horas.
19.- Reunión do grupo sinodal, ás
20:15 horas.
21.- Reunión dos pais e nais dos
nenos/as de 2º de Primeira
Comuñón, ás 8 do serán, nun local
da Asociación Recreativa e Cultural.
22.- Pleno do Consello Pastoral
Parroquial, ás 20:30 horas.
24.- Xornada da Infancia misionei-
ra.
27.- Reunión do grupo de Cáritas,
ás 20 horas.
Feliz ano novo! É unha frase moi
pronunciada nestas datas. Pero esta
felicitación non debe reducirse a un
simple bo desexo, senón que debe
traducirse nun bo compromiso.
Lembremos as palabras de Santiago
sobre a axuda ao indixente: “Se
chama á túa porta un home farrapen-
to, tremendo de frío e co estómago
baleiro, tendendo a súa man supli-
cante, e ti lle dis: “Párteseme a alma
de verte así, procura buscar algo de
comer e algo co que defenderte do
frío e un acubillo”, de que lle serviría
que lle deses só palabras de alento?
Non serían, acaso, un sarcasmo?” (St
2, 14-16).
De que serviría dicirlles ás persoas
que están ao meu carón: “Deséxovos
un ano moi feliz!”, se moitas veces
son eu a causa de moitos dos seus
sufrimentos, se, podendo darlles a
man para alentalos ou proporcionar-
lles paz, non o fago? Non é isto unha
especie de mofa?
O gran regalo que debemos facernos
uns a outros ao comezo do ano non
debe reducirse a desexarnos un ano
próspero e feliz, senón que debe con-
sistir en comprometernos a facernos
mutuamente felices, sendo fieis e
solidarios uns cos outros ao longo
dos 365 días do ano.
REFLEXIÓNS EN CÁRITAS
“Toda forma de discriminación nos
dereitos fundamentais da persoa, xa
sexa social ou cultural, por motivos
de sexo, raza, cor, condición social,
lingua ou relixión, debe ser vencida e
eliminada por ser contraria ao plan
divino. Verdadeiramente, é lamenta-
ble que os dereitos fundamentais da
persoa non estean aínda protexidos
na forma debida por todas partes.”
Const. Gaudium et spes, n. 29
“Cáritas está inserta na misión da
Igrexa, e hoxe ser Evanxeo, ser Boa
Nova, con todas as consecuencias, é
un imperativo urxente. Encarnar a
coherencia e a radicalidade do
Evanxeo, ser Boa Nova en cada
encontro, con cada persoa, en cada
acción, en cada escoita, en cada pro-
xecto, en cada proceso, en cada escri-
to, en cada presenza... Boa Nova para
as persoas en situación de exclusión,
boa nova para a sociedade, boa nova
para o mundo, boa nova que entraña
esperanza. Chámasenos a ir ao
mundo enteiro, sen fronteiras, sen
límites, sen exclusións, nun mundo
que é único, no que todos somos
unha soa familia humana. Por iso, o
noso pensamento e acción debe con-
templar a todos os pobos e a todas as
persoas.”
A. Abril, Presencia profética de
Cáritas en el contexto actual, Madrid
2012, p. 13
COS MELLORES DESEXOS
FELIZ ANO NOVO!
ACONTECEMENTOS
Bautismo:
Javier Taboada Bao, de Xacobo e Ana
(26-12-2015)
Matrimonio:
Xacobo Taboada Iglesias e Ana Bao
Díaz (26-12-2015)

More Related Content

What's hot (20)

Boletin xuño 2015 nº 182
Boletin xuño 2015 nº 182Boletin xuño 2015 nº 182
Boletin xuño 2015 nº 182
 
Boletin xuño 2017
Boletin xuño 2017Boletin xuño 2017
Boletin xuño 2017
 
Boletin diciembre17 new
Boletin diciembre17 newBoletin diciembre17 new
Boletin diciembre17 new
 
Boletin xaneiro 18
Boletin xaneiro 18Boletin xaneiro 18
Boletin xaneiro 18
 
Boletin xuño 2014
Boletin xuño 2014Boletin xuño 2014
Boletin xuño 2014
 
Boletin decembro 2013
Boletin decembro 2013Boletin decembro 2013
Boletin decembro 2013
 
Boletin marzo 2014
Boletin marzo 2014Boletin marzo 2014
Boletin marzo 2014
 
Boletin novembro 2013
Boletin novembro 2013Boletin novembro 2013
Boletin novembro 2013
 
Boletin xaneiro 2014
Boletin xaneiro 2014Boletin xaneiro 2014
Boletin xaneiro 2014
 
Boletin maio 2014 2
Boletin maio 2014 2Boletin maio 2014 2
Boletin maio 2014 2
 
4º advento b 2014 bene pagola
4º advento b  2014  bene pagola4º advento b  2014  bene pagola
4º advento b 2014 bene pagola
 
Boletin maio 2015 nº 181
Boletin maio 2015 nº 181Boletin maio 2015 nº 181
Boletin maio 2015 nº 181
 
2º domingo toc 2016 bene pagola
2º domingo toc 2016  bene pagola2º domingo toc 2016  bene pagola
2º domingo toc 2016 bene pagola
 
Bolenovembro18
Bolenovembro18Bolenovembro18
Bolenovembro18
 
Boletin otono17 new
Boletin otono17 newBoletin otono17 new
Boletin otono17 new
 
19º domingo toc bene pagola 2013
19º domingo toc bene pagola 201319º domingo toc bene pagola 2013
19º domingo toc bene pagola 2013
 
2º domingo toc 2013
2º domingo toc  20132º domingo toc  2013
2º domingo toc 2013
 
19º domingo toc 2016 bene pagola
19º domingo toc 2016  bene pagola19º domingo toc 2016  bene pagola
19º domingo toc 2016 bene pagola
 
28º domingo toc 2013 bene pagola
28º domingo toc  2013  bene pagola28º domingo toc  2013  bene pagola
28º domingo toc 2013 bene pagola
 
Aniversario ordenacion Papa_gallego
Aniversario ordenacion Papa_gallegoAniversario ordenacion Papa_gallego
Aniversario ordenacion Papa_gallego
 

Similar to Boletin xaneiro 2016

Similar to Boletin xaneiro 2016 (20)

Carta pastoral Pentecoste
Carta pastoral  PentecosteCarta pastoral  Pentecoste
Carta pastoral Pentecoste
 
Enfermo 2011 gal
Enfermo 2011 galEnfermo 2011 gal
Enfermo 2011 gal
 
Enfermo 2011 gal
Enfermo 2011 galEnfermo 2011 gal
Enfermo 2011 gal
 
Boletin febreiro 2014
Boletin febreiro 2014Boletin febreiro 2014
Boletin febreiro 2014
 
Boletin otono17 new
Boletin otono17 newBoletin otono17 new
Boletin otono17 new
 
12º domingo toc 2016 pagola
12º domingo toc 2016 pagola12º domingo toc 2016 pagola
12º domingo toc 2016 pagola
 
Carta Pastoral CORESMA 2011
Carta Pastoral CORESMA 2011Carta Pastoral CORESMA 2011
Carta Pastoral CORESMA 2011
 
2 nadal sda. familia c 2015 bene pagola
2 nadal sda. familia  c 2015  bene pagola2 nadal sda. familia  c 2015  bene pagola
2 nadal sda. familia c 2015 bene pagola
 
Pv maio 2014
Pv maio 2014Pv maio 2014
Pv maio 2014
 
4º pascua b 2015 bene pagola
4º pascua b 2015  bene pagola4º pascua b 2015  bene pagola
4º pascua b 2015 bene pagola
 
49 pd v xaneiro 2012
49  pd v xaneiro 201249  pd v xaneiro 2012
49 pd v xaneiro 2012
 
7º pascua ascension 3013 bene pagola
7º pascua ascension  3013 bene pagola7º pascua ascension  3013 bene pagola
7º pascua ascension 3013 bene pagola
 
Boletin tilos 167
Boletin tilos 167Boletin tilos 167
Boletin tilos 167
 
15º domingo toa 2014 bene pagola
15º domingo toa 2014 bene pagola15º domingo toa 2014 bene pagola
15º domingo toa 2014 bene pagola
 
6 nadal bautismo señor b 2015 bene pagola
6 nadal bautismo señor  b  2015  bene pagola6 nadal bautismo señor  b  2015  bene pagola
6 nadal bautismo señor b 2015 bene pagola
 
Ofrenda Antigo Reino
Ofrenda Antigo ReinoOfrenda Antigo Reino
Ofrenda Antigo Reino
 
6º pascua c bene pagola 2013
6º pascua c  bene pagola 20136º pascua c  bene pagola 2013
6º pascua c bene pagola 2013
 
Pv maio 2013
Pv  maio 2013Pv  maio 2013
Pv maio 2013
 
3º advento 2012 bene pagola
3º advento 2012 bene pagola3º advento 2012 bene pagola
3º advento 2012 bene pagola
 
14º domingo toc 2016 bene pagola
14º domingo  toc 2016 bene pagola14º domingo  toc 2016 bene pagola
14º domingo toc 2016 bene pagola
 

More from parroquiadostilos

ADORACIÓN EUCARÍSTICA. invitación a ser un Adorador
ADORACIÓN EUCARÍSTICA. invitación a ser un AdoradorADORACIÓN EUCARÍSTICA. invitación a ser un Adorador
ADORACIÓN EUCARÍSTICA. invitación a ser un Adoradorparroquiadostilos
 
EXCURSIÓN DA PARROQUIA DO 15 DE XUÑOINFORMACIÓN
EXCURSIÓN DA PARROQUIA DO 15 DE XUÑOINFORMACIÓNEXCURSIÓN DA PARROQUIA DO 15 DE XUÑOINFORMACIÓN
EXCURSIÓN DA PARROQUIA DO 15 DE XUÑOINFORMACIÓNparroquiadostilos
 
excursión fin curso parroquial.pdf EXCURSIÓN PARROQUIAL
excursión fin curso parroquial.pdf EXCURSIÓN PARROQUIALexcursión fin curso parroquial.pdf EXCURSIÓN PARROQUIAL
excursión fin curso parroquial.pdf EXCURSIÓN PARROQUIALparroquiadostilos
 
DIPTICO Peregrinación Portugal y Vía de la Plata Os Tilos 2024.definitivo.pdf
DIPTICO Peregrinación Portugal y Vía de la Plata Os Tilos 2024.definitivo.pdfDIPTICO Peregrinación Portugal y Vía de la Plata Os Tilos 2024.definitivo.pdf
DIPTICO Peregrinación Portugal y Vía de la Plata Os Tilos 2024.definitivo.pdfparroquiadostilos
 
CALENDARIO PARROQUIAL 22-23.pdf
CALENDARIO PARROQUIAL 22-23.pdfCALENDARIO PARROQUIAL 22-23.pdf
CALENDARIO PARROQUIAL 22-23.pdfparroquiadostilos
 
Rugido capaz de sacudir al mundo
Rugido capaz de sacudir al mundoRugido capaz de sacudir al mundo
Rugido capaz de sacudir al mundoparroquiadostilos
 

More from parroquiadostilos (11)

ADORACIÓN EUCARÍSTICA. invitación a ser un Adorador
ADORACIÓN EUCARÍSTICA. invitación a ser un AdoradorADORACIÓN EUCARÍSTICA. invitación a ser un Adorador
ADORACIÓN EUCARÍSTICA. invitación a ser un Adorador
 
EXCURSIÓN DA PARROQUIA DO 15 DE XUÑOINFORMACIÓN
EXCURSIÓN DA PARROQUIA DO 15 DE XUÑOINFORMACIÓNEXCURSIÓN DA PARROQUIA DO 15 DE XUÑOINFORMACIÓN
EXCURSIÓN DA PARROQUIA DO 15 DE XUÑOINFORMACIÓN
 
excursión fin curso parroquial.pdf EXCURSIÓN PARROQUIAL
excursión fin curso parroquial.pdf EXCURSIÓN PARROQUIALexcursión fin curso parroquial.pdf EXCURSIÓN PARROQUIAL
excursión fin curso parroquial.pdf EXCURSIÓN PARROQUIAL
 
DIPTICO Peregrinación Portugal y Vía de la Plata Os Tilos 2024.definitivo.pdf
DIPTICO Peregrinación Portugal y Vía de la Plata Os Tilos 2024.definitivo.pdfDIPTICO Peregrinación Portugal y Vía de la Plata Os Tilos 2024.definitivo.pdf
DIPTICO Peregrinación Portugal y Vía de la Plata Os Tilos 2024.definitivo.pdf
 
CALENDARIO PARROQUIAL 22-23.pdf
CALENDARIO PARROQUIAL 22-23.pdfCALENDARIO PARROQUIAL 22-23.pdf
CALENDARIO PARROQUIAL 22-23.pdf
 
Boletin abril 2018
Boletin abril 2018Boletin abril 2018
Boletin abril 2018
 
Boletín octubre 2014
Boletín octubre 2014Boletín octubre 2014
Boletín octubre 2014
 
Boletin
BoletinBoletin
Boletin
 
Rugido capaz de sacudir al mundo
Rugido capaz de sacudir al mundoRugido capaz de sacudir al mundo
Rugido capaz de sacudir al mundo
 
Boletin abril0001
Boletin abril0001Boletin abril0001
Boletin abril0001
 
Comic jmj-2013
Comic jmj-2013Comic jmj-2013
Comic jmj-2013
 

Boletin xaneiro 2016

  • 1. BOLETÍN PARROQUIAL Nº 186 - Xaneiro 2016 PARROQUIA SAN FRANCISCO DE ASÍS DOS TILOS OBRAS DE MISERICORDIA CONSOLAR O TRISTE Ao longo destes meses imos pormenorizar cada unha das obras de misericordia non só co ánimo de recordalas senón tamén co de poñelas en práctica. Actuando con misericordia manifestamos o Amor a Deus no amor aos irmáns. Comezamos neste boletín desenvolvendo a cuarta obra espiritual: Consolar o triste. Acudimos a María, referente a imitar nas nosas relacións familiares, cos enfer- mos, cos pobres, etc. En María, Deus envíalle o “consolo ao seu pobo”, a tra- vés de Xesucristo. Ela, cando estivo xunto ao seu Fillo na cruz, mereceu esta felicitación prometida polo Evanxeo: “Felices os que choran porque eles serán consolados” (Mt 5, 5). Despois da resurrección do seu fillo Xesús, recibiu este consolo, e por iso pode consolar os demais fillos en calquera loita. María é a nai que sofre ao pé da cruz do seu Fillo e consola os discípulos des- acougados despois da morte de Xesús. María pódenos axudar a poñer en práctica esta obra de misericordia cando na familia, nas relacións sociais, nos encontros ocasionais, nas visitas aos enfer- mos, etc., nos encontramos con persoas aflixidas, desconsoladas ou, simple- mente, necesitadas dunha palabra de agarimo. PREGARIA A MARÍA, NAI DE MISERICORDIA Santa María Nai, consolo dos aflixidos, dámosche grazas por aprendernos a ser misericordiosos cos demais. Fai que, dende a nosa pequenez, te imitemos e nos convirtamos en bálsamo curador dos máis pobres e aflixidos deste mundo. Amén. LOGOTIPO DO ANO DA MISERICORDIA Referencia bíblica: Lc 6, 36-38 “Sede compasivos como voso Pai é compasivo. Non xulguedes e non seredes xulgados. Non condenedes a ninguén, e tampouco Deus vos condenará. Perdoade, e Deus perdoaravos. Dade, e Deus daravos: el encherá a vosa bolsa ata os bordes e fará que reborde.” Explicación do logotipo: Vese como o Fillo de Deus carga sobre os seus ombreiros o home descarreirado. Recupérase así unha imaxe moi querida na antiga Igrexa, na que se expresa o amor de Cristo que completa o misterio da súa Encarnación coa Redención. A obra pon de relevo a imaxe do Bo Pastor que abraza o corpo do home, e faino de tal xeito que cambia a súa vida. O Bo Pastor, con profunda misericordia, carga sobre si mesmo a humanida- de e os seus ollos confúndense cos do home. Cristo ve cos ollos de Adán, e este, cos ollos de Cristo. Cada ser humano descobre deste xeito en Cristo, novo Adán, a propia humanidade e o futuro que lle espera, contemplando na súa mirada o amor do Pai. A escena sitúase dentro dunha mandorla (forma de améndoa), imaxe moi utilizada na iconografía antiga e medieval. Os tres óvalos concéntricos, de cores progresivamente máis claras cara ao exterior, suxiren o movemento de Cristo que leva ao ser humano fóra da noite do pecado. Por outra banda, a profundidade da cor máis escura suxire tamén a profundidade do amor do Pai que o perdoa todo.
  • 2. Poderiamos preguntarnos: “Que é o que na miña vida crea tensións, con- flitos, agresividades? O meu carác- ter, o meu egoísmo, a miña intoleran- cia... Que impide a harmonía, a paz e a alegría arredor de min? E que hai na miña vida, nas miñas actitudes, nas miñas palabras que resulta alen- tador, que axuda aos demais a ser felices, que lles proporciona paz e axuda, para potencialo durante o ano que iniciamos? Que podería facer de positivo que non fago para converte- lo en compromiso?”. Isto si que axu- daría a que ese gran saco de semen- tes que é o ano que comezamos se convertese nunha gran colleita... O mesmo hai que dicir da paz, pois só temos paz cando a promovemos. Pódese afirmar dela o que san Juan de la Cruz dicía do amor: Regala paz e recollerás paz. Ao final da vida só teremos o tempo que vivimos para amar, para servir, para medrar, para sementar paz e felicidade... Só teremos a colleita das sementes de ben. O Señor agasállanos con 365 sacos de sementes e cómpre sementalas todas. Como di Disraeli: “A vida é demasiado breve para sermos mes- quiños ou para perdela de forma tonta...” PARROQUIA VIVA 1.- Festa de Santa María, Nai de Deus. Só misa ás 12 horas. 6.- Festa dos Reis Magos. 10.- Prosegue o curso catequético, ás 11 horas. 19.- Reunión do grupo sinodal, ás 20:15 horas. 21.- Reunión dos pais e nais dos nenos/as de 2º de Primeira Comuñón, ás 8 do serán, nun local da Asociación Recreativa e Cultural. 22.- Pleno do Consello Pastoral Parroquial, ás 20:30 horas. 24.- Xornada da Infancia misionei- ra. 27.- Reunión do grupo de Cáritas, ás 20 horas. Feliz ano novo! É unha frase moi pronunciada nestas datas. Pero esta felicitación non debe reducirse a un simple bo desexo, senón que debe traducirse nun bo compromiso. Lembremos as palabras de Santiago sobre a axuda ao indixente: “Se chama á túa porta un home farrapen- to, tremendo de frío e co estómago baleiro, tendendo a súa man supli- cante, e ti lle dis: “Párteseme a alma de verte así, procura buscar algo de comer e algo co que defenderte do frío e un acubillo”, de que lle serviría que lle deses só palabras de alento? Non serían, acaso, un sarcasmo?” (St 2, 14-16). De que serviría dicirlles ás persoas que están ao meu carón: “Deséxovos un ano moi feliz!”, se moitas veces son eu a causa de moitos dos seus sufrimentos, se, podendo darlles a man para alentalos ou proporcionar- lles paz, non o fago? Non é isto unha especie de mofa? O gran regalo que debemos facernos uns a outros ao comezo do ano non debe reducirse a desexarnos un ano próspero e feliz, senón que debe con- sistir en comprometernos a facernos mutuamente felices, sendo fieis e solidarios uns cos outros ao longo dos 365 días do ano. REFLEXIÓNS EN CÁRITAS “Toda forma de discriminación nos dereitos fundamentais da persoa, xa sexa social ou cultural, por motivos de sexo, raza, cor, condición social, lingua ou relixión, debe ser vencida e eliminada por ser contraria ao plan divino. Verdadeiramente, é lamenta- ble que os dereitos fundamentais da persoa non estean aínda protexidos na forma debida por todas partes.” Const. Gaudium et spes, n. 29 “Cáritas está inserta na misión da Igrexa, e hoxe ser Evanxeo, ser Boa Nova, con todas as consecuencias, é un imperativo urxente. Encarnar a coherencia e a radicalidade do Evanxeo, ser Boa Nova en cada encontro, con cada persoa, en cada acción, en cada escoita, en cada pro- xecto, en cada proceso, en cada escri- to, en cada presenza... Boa Nova para as persoas en situación de exclusión, boa nova para a sociedade, boa nova para o mundo, boa nova que entraña esperanza. Chámasenos a ir ao mundo enteiro, sen fronteiras, sen límites, sen exclusións, nun mundo que é único, no que todos somos unha soa familia humana. Por iso, o noso pensamento e acción debe con- templar a todos os pobos e a todas as persoas.” A. Abril, Presencia profética de Cáritas en el contexto actual, Madrid 2012, p. 13 COS MELLORES DESEXOS FELIZ ANO NOVO! ACONTECEMENTOS Bautismo: Javier Taboada Bao, de Xacobo e Ana (26-12-2015) Matrimonio: Xacobo Taboada Iglesias e Ana Bao Díaz (26-12-2015)