Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

Inmaculada 5

491 views

Published on

  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

Inmaculada 5

  1. 1. Inmaculada Concepción de María Lucas 1, 26-38 Se é a festa do “sí” de Deus e do “sí” de María, é tamén a festa do compromiso do noso “sí” María ensínanos a estar abiertos/as á novidade e á utopía de Deus.
  2. 2. 26 Ao sexto mes, enviou Deus o anxo Gabriel a unha vila de Galilea chamada Nazaret, 27 a unha mociña prometida a un home chamado Xosé, da estirpe de David; o nome da mociña era María. 28 O anxo entrou onde estaba María e díxolle: –Alégrate!, chea de graza, o Señor está contigo. O diálogo comeza coa exhortación a estar alegres . Todo sucede baixo o amor libre e gratuíto de Deus. Deus confía en María converténdoa en crente. Non hai razón para o temor, senón para a alegría e a entrega. É un saúdo dirixido a cada un de nós, por ser tambén elixidos de Deus e levar connosco a Xesús resucitado. N A Z A R E T
  3. 3. 29 Ao oír estas palabras, ela turbouse e preguntábase que significaba tal saúdo. 30 O anxo díxolle: – Non temas, María, pois Deus concedeuche o seu favor. 31 Concibirás e darás a luz un fillo, ao que poñerás por nome Xesús. 32 el será grande, será chamado Fillo do Altísimo; o Señor Deus daralle o trono de David, seu pai, 33 reinará sobre a estirpe de Xacob por sempre e o seu reino non terá fin. Deus e a súa obra son máis grandes que todo o mal que poida haber no mundo. Celebramos a festa da bondade de Deus. Un canto á beleza. Un canto agradecido ao amor infinito de Deus. O que sucedeu a María sucédenos a todos nós se nos decidimos a actuar como ela, subindo paso a paso polos camiños da fe, da confianza, da liberdade, da alegría, da luz, do Si namorado, do amor entregado... Se , como ela, coa súa xenerosa e solidaria disposición, nos poñemos nas mans do Señor e ao servizo dos demais.
  4. 4. María é palabra de liberdade que pregunta, palabra sabia que interroga. Busca respostas, aínda que tarden en chegar. María é unha muller libre, que libre e confiadamente pon a súa vontade nas mans de Deus. Non busca refuxio na autoridad paterna nin na do seu prometido, como tivese feito toda muller naquel momento, María é amor feito entrega, loanza e servizo. 34 María díxolle ao anxo: –Como será isto, se eu son virxe?
  5. 5. 35 O anxo contestoulle: – O Espírito Santo virá sobre ti e o poder do Altísimo cubrirate coa súa sombra; por iso, o que vai nacer será santo e chamarase Fillo de Deus. Deus quere ofrecer ao ser humano un sinal salvador. Un sinal entrañable, achegado á vida: unha muller embarazada. María –e cada un de nós- empapada no seu fillo, convértese en fonte de bondade,,tenrura, misericordia, proximidade, fortaleza e liberdade, para si mesma e para os demais..
  6. 6. 36 Aí tes a túa curmá Sabela que concibiu un fillo na súa vellez, e xa está de seis meses a que todos tiñan por estéril; 37 porque para Deus nada hai imposible. O sinal de Deus expresa a liberación da vergoña e marxinación que supoñía, para a muller, a esterilidad naquela sociedade, a súa protección cara aos máis débiles.
  7. 7. 38 María díxolle: – Velaquí está a escrava do Señor, fágase en min o que dixeches . E o anxo marchou de onda ela. María, invitada a ser nai de Deus, sabe superar todos os seus prexuízos e antepoñer a vontade de Deus aos seus plans e proxectos. O seu “sí” é a manifestación da súa absoluta dispoñibilidade á vontade de Deus e da súa xenerosa solidaridade con toda a humanidade. Asume a súa condición de persoa, dubida, busca, pregunta e, en total e plena liberdade, arríscase e expresa a súa decisión asumindo as consecuencias que descoñece. Sentímonos comprometidos, coma ela, pola palabra de Deus? Se nos miramos no seu espello, en que nos parecemos?
  8. 8. María, Nai ti es Es Muller, Es Vida, Es Misterio, Es Don, Es Nai, a nosa Paz, Rostro Materno de Deus. Es niño, anchura, ceo onde a alma colle voo e desde a altura e do chan aprende a cantar Amor. Es primavera e árbore, Es froito e Es flor da colleita primeira da terra do Señor. Es fonte, calma e sombra, Es fogar e lareira, Es remanso sereno, Es presenza e canción, Es proximidade e cume, Es Palabra, Es voz. Es Belén e Es Pascua, Es Silencio e Paixón. Por Ti, Nai, cada home é Encarnación de Deus. Polo que Ti Es, Nai, os homes, teus fillos, son. María Isabel Pereda

×