Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

Boletin abril 2016

551 views

Published on

Boletín da parroquia de San Francisco de Asís dos Tilos
Abril 2016

Published in: Spiritual
  • Be the first to comment

Boletin abril 2016

  1. 1. BOLETÍN PARROQUIAL Nº 189 - Abril 2016 PARROQUIA SAN FRANCISCO DE ASÍS DOS TILOS ANO SANTO DA MISERICORDIA Hai un ano, o Papa Francisco, coincidindo co domingo pascual da Divina Misericordia, proclamou este ano como “Ano Santo da Misericordia”. Acollemos este anuncio con moita alegría pero, a medida que pasan os días dá a sensación de que xa non é noticia non só na sociedade senón incluso tampouco na propia Igrexa. Por que chego a esta conclusión? A nivel da UE decídese que aos milleiros de refuxiados se lles pechen as portas de entrada a Europa, mentres que o Papa Francisco visitará, nos próximos días, a illa de Lesbos (Grecia) para amosar a súa implicación cos dereitos humanos. É un xesto moi importante do Papa, pero que tamén nos invita a todos, crentes e non crentes, a preguntarnos se estamos a exercer a misericordia. A nivel parroquial, hai unha serie de propostas: acoller e coller os “corazóns misericordiosos” levándoos á vida persoal e comunitaria; fixarnos nos carteis que, cada semana no templo, nos invitan a poñer en práctica unha obra de misericordia; facer o Camiño Portugués, dende Valença do Miño a Santiago, exercendo a miseri- cordia con todos os que encontremos no camiño; recoñecer a misericordia de Deus perdoando os que non ofenderon ou os que ofendemos; acudir á reconciliación con Deus e cos irmáns a través do Sacramento da Penitencia. Propostas temos moitas e variadas. Non deixemos pasar esta oportunidade que a Igrexa nos ofrece de ser misericordiosos e, como fillos, de sentirnos queridos e perdoados polo Pai da Misericordia.
  2. 2. Hoxe, Xesús, segue liberando e aco- llendo as mulleres e nós temos o noso papel e a nosa responsabilidade, pero debemos actuar como seguido- ras e seguidores de Xesús. Recoñezamos, na nosa oración, a nosa culpa por omisión e permisivi- dade. Deus e Pai de Misericordia, pedí- mosche perdón porque no noso mundo hai tantas mulleres que sofren a soidade e a pobreza, o paro e a des- igualdade no traballo, a discrimina- ción polo feito de ser nais, a violen- cia física e psicolóxica. Axúdanos a restablecer a dignidade que merece toda filla e fillo de Deus e a poñer en práctica a misericordia que nos ensinas por medio do teu Fillo e irmá noso Xesucristo. Fai que coa forza do teu Espírito e o noso arrepentimento celebremos o Xubileo deste Ano Santo. PARROQUIA VIVA 2.- Primeira etapa do Camiño Portugués (Valença do Miño - O Porriño). 11-15.- Encontros de Noivos, ás 20:30, nun local da Asociación Recreativa e Cultural. 16.- Segunda etapa do Camiño Portugués (O Porriño - Redondela), saída ás 8 h. 21.- Reunión dos pais e nais dos nenos/as de 2º da Primeira Comuñón, ás 20:30, nun local da Asociación Recreativa e Cultural. 27.- Reunión do grupo de Cáritas, ás 20:30. 30.- Terceira etapa do Camiño Portugués (Redondela - Pontevedra), saída ás 8 h. PERDOAR AS OFENSAS Para comentar esta obra de miseri- cordia, encontramos no Evanxeo de S. Lucas moitos textos que nos poden axudar; non en van se identifíca este evanxeo como o da Misericordia. Fixarémonos na curación dunha muller en sábado: Lc 13,10-17. Xesús está ensinando na sinagoga, ve a unha muller e dille: “Muller, que- das libre”. A muller non pode velo, está encurvada, pero si que pode oílo. Libre da súa enfermidade, enderéita- se. A muller, ata aquel intre, non ten voz nin para laiarse nin para pedir axuda. Acepta esta situación coa marxinación social e legal que com- porta. Xesús fixouse directamente nela e curouna. Ela ségueo e glorifi- ca a Deus. Para Xesús é máis impor- tante liberar a muller da súa enfermi- dade que gardar o sábado, e incluso vai máis alá porque lle recoñece todos os seus dereitos ao chamala filla de Abrahán. A actualidade do Evanxeo constata a situación de tan- tas mulleres que dende sempre foron marxina- das, afastadas de postos de respon- sabilidade, eti- quetadas e insul- tadas polo feito de ser mulleres. PAZ E CARIDADE Unha das mensaxes máis pascuais é: “a paz sexa contigo ou convosco”. Xesús tróuxonos unha mensaxe clara e ben definida de amor porque non foi só de palabra senón de obras, foi o seu tes- temuño permanente: “amádevos como eu vos amei”. Foi unha mensaxe, ademais, identita- ria: “nisto coñecerán que sodes meus discípulos, se vos amades uns a outros”. Ser persoa de paz é unha clave de vida para un crente, conscientes de que esta paz de Xesús supon esixencias porque a paz tamén a constrúen: • Os que sofren polo Evanxeo. • Os que se entregan ao servizo da cari- dade en Cáritas ou noutros servizos para os excluídos. • Os que están preto dos que sofren por enfermidade, cárcere, inmigración, droga, sida… A Igrexa sempre foi samaritana nestas situacións. • Os que levan a súa axuda aos máis necesitados en pobos marxinados ou en desenvolvemento. Aí están os nosos misioneiros ou quen os axuda, Mans Unidas, etc. • Todos os voluntarios, moitas veces anónimos, sempre serviciais e dispos- tos a axudar aos demais. Nas primeiras comunidades cristiás, o que máis chamaba a atención era a súa caridade, o amor que se tiñan, a axuda aos pobres −“ninguén pasaba necesida- de”−; por iso vivían en paz. PORTAS E CHAVES Temos demasiadas portas e temos demasiadas chaves. Que esas chaves do amor non pechen senón que abran todas as portas. As das nosas casas, para acoller a todos. As das nosas mentes, para que este- an sempre dispostas a abrirse á ver- dade. As dos nosos corazóns, para que non prescindan de ninguén. Aínda que ti podes entrar incluso coas portas pechadas, nós preferi- mos que entres coas portas abertas de par en par. ORACIÓN

×