2. Os que fostes bautizados,
os que tedes escoitado a voz do Espírito,
os que acollestes a revelación do Deus vivo,
os que descubristes que sodes seus fillos,
adentrádevos no deserto sen medo
e camiñade con paso lixeiro!
3. Coresma é ese tempo que vén e vai,
tempo para vivilo en camiño,
sen instalarse, sen retelo, sen lamento,
coa esperanza sempre a flor de pel
e a mirada fixa noutro tempo,
a Pascua, que é definitivo.
4. Entrade na Coresma convencidos,
listos para o combate,
lixeiros de equipaxe;
a mente despexada,
entrañas cheas de tenrura e misericordia,
calzado apropiado,
e moita paciencia convosco mesmos.
5. Deixádevos arrolar pola brisa do Espírito;
poñede o voso corazón en sintonía
cos latexos de Deus e o grito dos aflixidos,
bebede nos mananciais da vida
e non vos deixedes enganar polos espexismos do
deserto.
6. Baixade do monte aos camiños da vida,
baixade sen medo e cheos de misterio.
Non profanedes os tempos vivos,
buscade de noite como Nicodemo
e, como aqueles gregos,
preguntade aos discípulos e amigos por Xesús e o seu Reino
e como sementarse no campo do mundo para xermolar ao seu estilo.
7. Vivide a Coresma ben espertos,
camiñando en comunidade,
con fe, esperanza e amor,
fixos os OLLOS en Xesús.
Dádevos esa oportunidade!
8. Os que fostes bautizados, Deixádevos arrolar pola brisa do Espírito;
os que tedes escoitado a voz do Espírito, poñede o voso corazón en sintonía
os que acollestes a revelación do Deus vivo, cos latexos de Deus e o grito dos
os que descubristes que sodes seus fillos, aflixidos,
adentrádevos no deserto sen medo bebede nos mananciais da vida
e camiñade con paso lixeiro! e non vos deixedes enganar polos
Coresma é ese tempo que vén e vai, espexismos do deserto.
tempo para vivilo en camiño, Baixade do monte aos camiños da vida,
sen instalarse, sen retelo, sen lamento, baixade sen medo e cheos de misterio.
coa esperanza sempre a flor de pel Non profanedes os tempos vivos,
e a mirada fixa noutro tempo, buscade de noite como Nicodemo
a Pascua, que é definitivo. e, como aqueles gregos, preguntade aos
Entrade na Coresma convencidos, discípuos e amigos
listos para o combate, por Xesús e o seu Reino
lixeiros de equipaxe; e como sementarse no campo do mundo
a mente despexada, para xermolar ao seu estilo.
entrañas cheas de tenrura e misericordia, Vivide a Coresma ben espertos,
calzado apropiado, camiñando en comunidade,
e moita paciencia con vós mesmos.
mesmos con fe, esperanza e amor,
fixos os OLLOS en Xesús
Dádevos esa oportunidade! (Ulibarri Fl)