Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

Necesito un abrazo

345 views

Published on

  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

Necesito un abrazo

  1. 1. "Conserva o recordo do perfume da rosa,e nunca notarás, que se está murchando..."
  2. 2. Hai anos, nas quendas da noche, eu conducía un taxi, que se converteu nun confesionario móbil. Os pasaxeiros contábanme cousas das súas vidas.Escoite a varias persoas que me abraiaban, me ennobrecían, me facían rir e moitas outras me deprimían.Pero ninguén me conmoveu tanto como a muller que recollín nunha fría noite de outubro.
  3. 3. Un día respondín á chamada dunhavivenda nun modesto sector da cidade.Cando cheguei ás 2.30 da madrugada, o lugar estaba escuro excepto por unhatenue luz no primeiro andar. Baixo esas circunstancias, moitos condutores esperan un minuto e márchanse. Aínda que a situación se vía perigosa, eu camiñei ata a porta e toquei.“Un minuto”, respondeu unha frágil voz.
  4. 4. Puiden escoitar cando alguén camiñaba lentamentearrastrando os pés sobre o piso, despois dunha longapausa, a porta abriuse e apareceu unha muller anciá, dunsoitenta anos.Ao seu lado había unha pequena maleta de nailon e unhacaixa de cartón chea de fotos e recordos.O departamento víase como se ninguén tivese vivido alídurante anos. Todos os mobles estaban cubertos consabas, non había reloxos nin cadros nas paredes.
  5. 5. Ella repetía o seuagradecemento pola miña xentileza. Non é nada, díxenlle, Eu só trato as persoas comoquero que traten a miña nai.
  6. 6. Xa no taxi deume un papel escrito cunha dirección,entón preguntoume: Podería conducir polo centro?Ese non é o camiño máis curto, respondinlle rapidamente.Oh, non importa, díxome ela, vou camiño do asilo equixer ver a miña cidade por última vez.Mireina polo espello retrovisor, os seus ollos estaban chorosos.Non teño familia, non teño a ninguén. Ela continuou: eu sei quexa non me queda moito tempo por vivir…
  7. 7. Tranquilamente apaguei o taxímetro.As seguintes dúas horas conducín a través da cidade.Ela amosoume o edificio onde traballara comooperadora de elevadores.Pasamos polos barrios onde ela e o seu esposo vivironlogo de casar.
  8. 8. Pediume quenos detivésemos fronte a un almacén de mobles ondeunha vez houbo un salón debaile, no que ela aprendeu abailar cando era nena.
  9. 9. .Algunhas veces pedíame que pasase amodo porfronte a un edificio en particular, unha esquina,un teatro, ou polo parque, e miraba cara a escuridade sen dicir nada.
  10. 10. Cando apareceu a primeira raiola de sol nohorizonte, ela repentinamente díxome:Estou cansa, xa quero chegar a descansar.
  11. 11. Conducín en silencio ata a dirección que me dera. Dous asistentes que estaban esperándoa viñeron ao taxi tan prontochegamos. Eran moi amables. Abrín o maleteiro e levei a súa equipaxe ata a porta. A muller sentou nunha cadeira de rodas. - Canto lle debo?, preguntou, buscando na súa bolsa. Nada, díxenlle. Agacheime e abraceina. Ela sostívome con forza, e díxome: GRACIÑAS, NECECITABA ESE ABRAZO! Apertei a súa man, daquela camiñei cara a luz do amencer.
  12. 12. Detrás de min unha porta pechou…. “Foi o son dunha vida concluída”
  13. 13. De regreso á casa eu reflexionaba: Que pasaría se á muller a tivese recollido un condutor malhumorado ou algún que estivese impaciente por rematar a súa quenda? Que pasaría se tivese rexeitado a chamada, ou tivese esperado un minuto e me tivese marchado?Eu non creo que fixese algo máis importante na miña vida.
  14. 14. Ás veces pensamos que as nosas vidas están cheas de grandes momentos, pero os máis grandes momentos son os que nos collen desprevistos. Alguén tal vez non recorde o que fixeches ou o que dixeches...pero sempre recordarán cómo os fixestes sentir...

×