Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

Pv abril 2012

573 views

Published on

  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

Pv abril 2012

  1. 1. Palabra de Vida Abril 2012
  2. 2. «Vós xa estades limpos, pola palabra que vos teño falado» (Xn 15,3)
  3. 3. Creo que o corazón dos discípulos,se estremecería al oír estas decididas palabras de alento.
  4. 4. Que marabilloso sería que Xesús nolas puidese dirixir tamén a nós!Para ser un poco dignos delas, tratemos de comprendelas.
  5. 5. Xesús acaba de facer a famosa comparación da vide e os bacelos. El é a vide verdadeira, e o Pai, o viñateiro, que corta os bacelos estériles e poda os que dan froito para que dean máis.
  6. 6. e explicado isto, afirma:«Vós xa estades limpos, pola palabra que vos teño falado»
  7. 7. «Vós xa estades limpos...». De que pureza se trata?
  8. 8. Da disposición de ánimo necesariapara estar ante Deus, da ausencia de obstáculos (como opecado, por exemplo) que impideno contacto co sagrado, o encontro co divino.
  9. 9. Para ter esta purezanecesítase unha axuda do Alto.
  10. 10. Xa no Antigo Testamento, o home adquirira conciencia da súaincapacidade para achegarse a Deus só coas súa forzas. Era necesario que Deus lle purificase o corazón, lle dese un corazón novo.
  11. 11. Un salmo belísimo di:«... Crea en min, oh Deus, un corazón puro».
  12. 12. «Vós xa estades limpos, pola palabra que vos teño falado»
  13. 13. Segundo Xesús, hai un medio para ser puro, e é a súa Palabra. Esa Palabra que os discípulos oíron e acolleron e os purificou.
  14. 14. En efecto, a Palabra de Xesús non é como as palabras humanas. Cristo está presente nela como o está, de distinto modo, na Eucaristía. Por ela Cristo penetra en nós.Ao aceptala e poñela en práctica, Cristo nace e crece no noso corazón.
  15. 15. Pablo VI dicía: «Como se fai presente Xesús nas almas? Mediantea comunicación da Palabra transmítese o pensamento divino, o Verbo, o Fillo de Deus feito home. Poderíase afirmar que o Señor se encarna en nós cando aceptamos que a Palabra veña a vivir dentro de nós»
  16. 16. «Vós xa estades limpos, pola palabra que vos teño falado»
  17. 17. Tamén se compara a Palabra de Xesús cunha semente esparexida no máis íntimo do crente. Se é acollida, penetrano home e desenvólvese como unha semente, crece, dá froito e “cristifica”, facéndonos conformes a Cristo.
  18. 18. A Palabra, interiorizada así polo Espírito, ten realmente a capacidade e a forza de manter o cristián afastado do mal: mentres deixe obrar nel a Palabra, manterase libre do pecado, é decir, puro. Soamente pecará se deixa de obedecer á verdade.
  19. 19. «Vós xa estades limpos, pola palabra que vos teño falado»
  20. 20. Como vivir entón para merecer tamén nós o eloxio de Xesús? Poñendo en prácticacada Palabra de Deus, nutríndonos dela en cada momento, facendo da nosaexistencia unha obra de continua reevanxelización.
  21. 21. Todo isto para chegar a ter os mesmos pensamentos esentimentos que Xesús, para facer que reviva no mundo, para amosar a unha sociedade tantas veces atrapada no mal e no pecado, a pureza divina, a transparencia que dá o Evanxeo.
  22. 22. Ademais, durante este mes, se é posible (é dicir, se outrostamén comparten as nosas intencións), procuremos poñer en práctica de forma especial a Palabra que expresa o mandamento do amor recíproco.
  23. 23. Pois para o evanxelista Xoán, que refire a frase de Xesús que hoxe consideramos, existe un vínculoentre a Palabra de Cristoe o mandamento novo. Segundo el, é no amor recíproco onde se vive a Palabra cos seus efectos de purificación, de santidade, de ausencia de pecado, de froitos,de proximidade a Deus.
  24. 24. O individuo illado é incapaz de resistir moito tempo as incitacións do mundo,
  25. 25. mentres que no amor recíproco encontra o ambiente san, capaz de protexer a súa existencia cristiá auténtica.
  26. 26. «Vós xa estades limpos, pola palabra que vos teño falado» (Xn 15,3) “Palabra de Vida”, Texto de: Chiara Lubich, escrito en 1982. Este comentario da Palabra de Vida tradúcese a 97 linguas e idiomas, incluído o galego, e chega a varios millóns de personas en todo o mundo a través da prensa, radio, televisión e internet.
  27. 27. Nota do Secretariado de Catequese de Santiago de Compostelapara o curso 2011-12, cuxo lema do proxecto, uníndose á diocese, é “A PALABRA DE DEUS, CORAZÓN DA CATEQUESE”: “Temos comprendido que a nosa diocese e o mundo necesita unha cura de Evanxeo porque só a Boa Nova pode devolverlle a vida que lle falta. Por iso invítasenos a vivir a Palabra de Vida, ou de calquera outro modo a Palabra de Deus, por exemplo a que se proclama cada domingo na celebración da Eucaristía”. Sexamos evanxeos vivos, palabras de vida, outro Xesús! e así imitaremos a María Santísima, a Nai da Luz, do Verbo: a palabra viva. “A nós non nos abonda con vivila cada un pola súa conta; é necesario ademais que nos comuniquemos mutuamente as nosas experiencias sobre ela. Así nos evanxelizaremos como individuos e como comunidade: somos Xesús cada vez máis, individualmente e colectivamente” (C.L.). Comunicádenos a luz que recibides desde a Palabra e a vida que se vai construíndo en vós desde ela (podedes facelo por correo electrónico: catequese@planalfa.es). GRAZAS.

×