Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

21º domingo toa 2014 bene pagola

702 views

Published on

  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

21º domingo toa 2014 bene pagola

  1. 1. José Antonio Pagola Rede evanxelizadora BUENAS NOTICIAS Difunde a fe en Xesús, o Cristo. Pásalo. 24 de agosto de 2014 21º Tempo ordinario (A) Mateu 16, 13-20 Musika: Mahler,Musika: Mahler, Sinfonia 5.a AdagiettoSinfonia 5.a Adagietto Presentación:B.Areskurrinaga HCPresentación:B.Areskurrinaga HC Euskaraz:D.Amundarain.Euskaraz:D.Amundarain.
  2. 2. Tamén hoxe nos dirixe Xesús aos cristiáns a mesma pregunta que fixo un día aos seus discípulos: “E vós, quién dicides que son eu?”
  3. 3. Non nos pregunta só para que nos pronunciemos sobre a súa identidade misteriosa, senón tamén para que revisemos a nosa relación con El. Que lle podemos responder desde as nosas comunidades?
  4. 4. Coñecemos cada vez mellor a Xesús, ou o temos “encerrado nos nosos vellos esquemas aburridos” de sempre?
  5. 5. Somos comunidadesSomos comunidades vivas, interesadas envivas, interesadas en poñer a Xesús no centropoñer a Xesús no centro da nosa vida e das nosasda nosa vida e das nosas actividades, ou vivimosactividades, ou vivimos estancados na rutina e naestancados na rutina e na mediocridade?mediocridade?
  6. 6. Amamos a Xesús con paixón ou se converteu para nós nun personaxe gastado ao que seguimos invocando mentres no noso corazón vai crecendo a indiferenza e o esquecemento?
  7. 7. Os que se achegan ás nosas comunidades poden sentir a forza e o atractivo que ten para nós?
  8. 8. Sentímonos discípulos e discípulas de Xesús? Estamos aprendendo a vivir co seu estilo de vida no medio da sociedad actual, ou nos deixamos arrastrar por calquera reclamo máis apetecible para os nosos intereses?
  9. 9. Dános igual vivir de calquera maneira, ou fixemos da nosa comunidade unha escola para aprender a vivir coma Xesús?
  10. 10. Estamos aprendendo a ollar a vida como a ollaba Xesús? Ollamos desde as nosas comunidades os necesitados e excluídos con compaixón e responsabilidade, ou nos encerramos nas nosas celebracións, indiferentes ao sufrimento dos máis desvalidos e esquecidos: os que foron sempre os predilectos de Xesús ?
  11. 11. Seguimos a Xesús colaborando con El noSeguimos a Xesús colaborando con El no proxecto humanizador do Pai, ou seguimosproxecto humanizador do Pai, ou seguimos pensando que o máis importante dopensando que o máis importante do cristianismo é preocuparnos exclusivamente da nosa salvación?
  12. 12. Estamos convencidos de que o modo de seguir a Xesús é vivir cada día facendo a vida máis humana e máis ditosa para todos?
  13. 13. Vivimos o domingo cristián celebrando a resurrección de Xesús, ou organizamos o noso fin de semana baleiro de todo sentido cristián? Temos aprendido a encontrar a Xesús no silencio do corazón, ou sentimos que a nosa fe se vai apagando afogada polo ruído e o baleiro que hai dentro de nós?
  14. 14. Cremos en Xesús resucitado que camiña connosco cheo de vida? Vivimos acollendo nas nosas comunidades a paz que nos deixou en herdanza aos seus seguidores?
  15. 15. Cremos que Xesús nos ama cun amor que nunca acabará? Cremos na súa fuerza renovadora? Sabemos ser testemuñas do misterio de esperanza que levamos dentro de nós?
  16. 16. QUÉ DICIMOS NÓS   Tamén hoxe nos dirixe Xesús aos cristiáns a mesma pregunta que fixo un día aos seus discípulos: “E vós, quen dicides que son eu?”. Non nos pregunta só para que nos pronunciemos sobre a súa identidade misteriosa, senón tamén para que revisemos a nosa relación con El. Que lle podemos responder desde as nosas comunidades? Coñecemos cada vez mellor a Xesús, ou o temos “encerrado nos nosos vellos esquemas aburridos” de sempre? Somos comunidades vivas, interesadas en poñer a Xesús no centro da nosa vida e das nosas actividades, ou vivimos estancados na rutina e a mediocridade? Amamos a Xesús con paixón ou se converteu para nós nun personaxe gastado ao que seguimos invocando mentres no noso corazón vai crecendo a indiferenza e o esquecemento? Os que se achegan ás nosas comunidades poden sentir a forza e o atractivo que ten para nós? Sentímono discípulos e discípulas de Xesús? Estamos aprendendo a vivir co seu estilo de vida no medio da sociedade actual, ou nos deixamos arrastrar por calquera reclamo máis apetecible para os nosos intereses? Dános igual vivir de calquera maneira, ou temos feito da nosa comunidade unha escola para aprender a vivir coma Xesús? Estamos aprendendo a ollar a vida como a ollaba Xesús? Ollamos desde as nosas comunidades os necesitados e excluídos con compaixón e responsabilidade, ou nos encerramos nas nosas celebracións, indiferentes ao sufrimento dos máis desvalidos e esquecidos: os que foron sempre os predilectos de Xesús? Seguimos a Xesús colaborando con El no proxecto humanizador do Pai, ou seguimos pensando que o máis importante do cristianismo é preocuparnos exclusivamente da nosa salvación? Estamos convencidos de que o modo de seguir a Xesús é vivir cada día facendo a vida máis humana e máis ditosa para todos? Vivimos o domingo cristián celebrando a resurrección de Xesús, ou organizamos o noso fin de semana baleiro de todo sentido cristián? Temos aprendido a encontrar a Xesús no silencio do corazón, ou sentimos que a nosa fe se vai apagando afogada polo ruído e o baleiro que hai dentro de nós? Cremos en Xesús resucitado que camiña connosco cheo de vida? Vivimos acollendo nas nosas comunidades a paz que nos deixou en herdanza aos seus seguidores? Cremos que Xesús nos ama cun amor que nunca acabará? Cremos na súa forza renovadora? Sabemos ser testemuñas do misterio de esperanza que levamos dentro de nós? José Antonio Pagola

×