Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

3º domingo toa 2014 bene pagola

809 views

Published on

  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

3º domingo toa 2014 bene pagola

  1. 1. José Antonio Pagola Red evangelizadora BUENAS NOTICIAS Anuncia a Boa Nova de Deus. Pásao Música: Mozart, Sinfonia nº 11 Present:B.Areskurrinaga HC Euskaraz:D.Amundarain 26 de xaneiro de 2014 3º Tempo ordinario (A) Mateu 4, 12-23
  2. 2. O primeiro escritor que recolleu a actuación e a mensaxe de Xesús resumiuno todo dicindo que Xesús proclamaba a “Boa Nova de Deus”.
  3. 3. Máis tarde, os demais evanxelistas empregan o mesmo termo grego (euanggelion) e expresan a mesma convicción: no Deus anunciado por Xesús as xentes encontraban algo “novo” e “bo”.
  4. 4. Hai aínda nese Evanxeo algo que poida ser lido, no medio da nosa sociedade indiferente e descrida, como algo novo e bo para o home e a muller dos nosos días?
  5. 5. Algo que se poida encontrar no Deus anunciado por Xesús e que non proporciona facilmente a ciencia, a técnica ou o progreso? Como é posible vivir a fe en Deus nos nosos días?
  6. 6.  No Evanxeo de Xesús os crentes atopámonos cun Deus desde o que podemos sentir e vivir a vida como un agasallo que ten a súa orixe no misterio último da realidad que é Amor.
  7. 7. Para min é bo non sentirme só e perdido na existencia, nin nas mans do destino ou do azar. Teño a Alguén a quen podo agradecer a vida.
  8. 8. No Evanxeo de Xesús encontrámonos cun Deus que, a pesar das nosas torpezas, nos dá a forza para defender a nosa liberdade sen rematar escravos de calquera ídolo; para non vivir sempre a medias, nin ser uns “vividores”;
  9. 9. … para ir aprendendo formas novas e máis humanas de traballar e de gozar, de sufrir e de amar. Para min é bo poder contar coa forza da miña pequena fe nese Deus.
  10. 10. No Evanxeo de Xesús atopámonos cun Deus que esperta a nosa responsabilidade para non desentendernos dos demais.
  11. 11. Non poderemos facer grandes cousas, pero sabemos que temos que contribuír a una vida máis digna e máis ditosa para todos, pensando sobre todo nos máis necesitados e indefensos.
  12. 12. Para min é bo crer nun Deus que me pregunta con frecuencia que fago polos meus irmáns.
  13. 13. No Evanxeo de Xesús encontrámonos cun Deus que nos axuda a entrever que o mal, a inxustiza e a morte non teñen a última palabra. palabra
  14. 14. Un día todo o que aquí non puido ser, o que quedou a medias, as nosas arelas máis grandes e os nosos desexos máis íntimos acadarán en Deus a súa plenitude. A min faime ben vivir e esperar a miña morte con esta confianza.
  15. 15. Certamente, cada un de nós ten que decidir como quere vivir e como quere morrer. Cada un ha de escoitar a súa propia verdade. Para min non é o mesmo crer en Deus que non crer.
  16. 16. A min faime ben poder facer o meu percorrido por este mundo sintíndome acollido, fortalecido, perdoado e salvado polo Deus revelado en Xesús.
  17. 17. ALGO NOVO E BO   O primeiro escritor que recolleu a actuación e a mensaxe de Xesús resumiuno todo dicindo que Xesús proclamaba a “Boa Nova de Deus”. Máis tarde, os demais evanxelistas empregan o mesmo termo grego (euanggelion) e expresan a mesma convicción: no Deus anunciado por Xesús as xentes encontraban algo “novo” e “bo”. Hai aínda nese Evanxeo algo que poida ser lido, no medio da nosa sociedade indiferente e descrida, como algo novo e bo para o home e a muller dos nosos días? Algo que se poida atopar no Deus anunciado por Xesús e que non proporciona facilmente a ciencia, a técnica ou o progreso? Como é posible vivir a fe en Deus nos nosos días? No Evanxeo de Xesús os crentes encontrámonos cun Deus desde o que podemos sentir e vivir a vida como un agasallo que ten a súa orixe no misterio último da realidade que é Amor. Para min é bo non sentirme só e perdido na existencia, nin nas mans do destino ou do azar. Teño a Alguien a quen podo agradecer a vida. No Evanxeo de Xesús atopámonos cun Deus que, a pesar das nosas torpezas, nos dá forza para defender a nosa liberdade sen rematar escravos de calquera ídolo; para non vivir sempre a medias nin ser uns “vividores”; para ir aprendendo formas novas e máis humanas de traballar e de gozar, de sufrir e de amar. Para min é bo poder contar coa forza da miña pequena fe nese Deus. No Evanxeo de Xesús encontrámonos cun Deus que esperta a nosa responsabilidade para non desentendernos dos demais. Non poderemos facer grandes cousas, pero sabemos que temos que contribuír a unha vida máis digna e máis ditosa para todos, pensando sobre todo nos máis necesitados e indefensos. Para min é bo crer nun Deus que me pregunta con frecuencia que fago polos meus irmáns. No Evanxeo de Xesús atopámonos cun Deus que nos axuda a entrever que o mal, a inxustiza e a morte non teñen a última palabra. Un día todo o que aquí non puido ser, o que quedou a medias, as nosas arelas máis grandes e os nosos desexos máis íntimos acadarán en Deus a súa plenitude. A min faime ben vivir e esperar a miña morte con esta confianza. Certamente, cada un de nós ten que decidir como quere vivir e como quere morrer. Cada un ha escoitar a súa propia verdade. Para min non é o mesmo crer en Deus que non crer. A min faime ben poder facer o meu percorrido por este mundo sentíndome acollido, fortalecido, perdoado e salvado polo Deus revelado en Xesús. José Antonio Pagola

×