Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

18º domingo tob bene pagola 2012

774 views

Published on

  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

18º domingo tob bene pagola 2012

  1. 1. José Antonio Pagola 5 de agosto de 2012Red evangelizadora BUENAS NOTICIAS 18º Tempo ordinario (B)Anuncia a Boa Nova de Xesús. Pásao. Xoán 6, 24-35Música:Carrozas de Fuego:present:B.Areskurrinaga HC; euskaraz: D. Amundarain
  2. 2. Por que seguir interesándonos por Xesús despois de vinte séculos?Que podemos esperar del?Que nos pode achegaraos homes e mulleres do noso tempo? Vainos resolver acaso os problemas do mundo actual?
  3. 3. O evanxeo de Xoán fala dun diálogo de grande interese, queXesús mantén cunha multitude na beira do lago de Galilea.
  4. 4. O día anterior compartiron con Xesús unha comida sorprendente e gratuita. Comeron pan ata fartarse. Como o van deixar marchar? O que buscan é que Xesús repita o seu xesto e os volva alimentar gratis. Non pensan en nada máis.
  5. 5. Xesús desconcértaos conun planeamento inesperado: "Traballade, non poloalimento que perece, senónpolo que perdura ata a vida eterna".
  6. 6. Pero, como non preocuparnos polo pan de cada día? O pan é indispensable para vivir.Necesitámolo e debemos traballar para que nunca lle falte a ninguén.
  7. 7. Xesús sábeo. O pan é o primeiro. Sen comer non podemos subsistir.Por iso preocúpase tanto dos famentos e mendigos que non reciben dos ricosnin as migallas que caen da súa mesa.
  8. 8. Por iso maldí os terratenentes insensatos que almacenan o gran sen pensar nospobres. Por iso ensina os seus seguidores a pedir cada día ao Pai pan para todos os seus fillos.
  9. 9. Pero Xesús quere espertar neles unha fame diferente.Fálalles dun pan que non sacia só a fame dun día, senón a fame e a sede de vida que hai no ser humano. Non o temos que esquecer.
  10. 10. En nós hai unha fame de xustiza para todos, unha fame de liberdade, de paz, de verdade.Xesús preséntase como ese Pan que nos véndo Pai, non para fartarnos de comida senón "para dar vida ao mundo“.
  11. 11. Este Pan, vido de Deus, "perdura ata a vida eterna". Os alimentos que comemos cada día mantéñennos vivos durante anos,pero chega un momento en que non poden defendernos da morte. É inútil que sigamos comendo. Non nos poden dar vida máis alá da morte.
  12. 12. Xesús preséntase como ese Pan de vida eterna. Cada un ha de decidir comoquere vivir e como quere morrer.
  13. 13. Pero, crer en Cristo é alimentar ennós unha forza indestrutible, empezar avivir algo que Seguir a Xesús énon rematará entrar no coa nosa misterio da morte. morte sostidos pola súa forza resucitadora.
  14. 14. Ao escoitar as súas palabras, aquelasxentes de Cafarnaún grítanlle desde o fondo do seu corazón:"Señor, dános sempre dese pan".
  15. 15. Desde a nosa fe vacilante, nós non nos atrevemos a pedir algo semellante.Quizais, só nos preocupa a comida de cada día. e, ás veces, só a nosa.
  16. 16. PAN DE VIDA Por que seguir interesándonos por Xesús despois de vinte séculos? Que podemos esperar del? Quenos pode achegar aos homes e mulleres do noso tempo? Vainos resolver acaso os problemas do mundo actual? Oevanxeo de Xoán fala dun diálogo de grande interese, que Xesús mantén cunha multitude na beirs do lago deGalilea. O día anterior compartiron con Xesús unha comida sorprendente e gratuíta. Comeron pan atafartarse. Como o van deixar marchar? O que buscan é que Xesús repita o seu xesto e os volva alimentar gratis.Non pensan en nada máis. Xesús desconcértaos cun planeamento inesperado: "Traballade, non polo alimento que perece,senón polo que perdura ata a vida eterna". Pero, como non preocuparnos polo pan de cada día? O pan éindispensable para vivir. Necesitámolo e debemos traballar para que nunca lle falte a ninguén. Xesús sábeo. O pan é o primeiro. Sen comer non podemos subsistir. Por iso preocúpase tanto dosfamentos e mendigos que non reciben dos ricos nin as migallas que caen da súa mesa. Por iso maldí osterratenentes insensatos que almacenan o gran sen pensar nos pobres. Por iso ensina os seus seguidores apedir cada día ao Pai pan para todos os seus fillos. Pero Xesús quere espertar neles unha fame diferente. Fálalles dun pan que non sacia só a fame dundía, senón a fame e a sede de vida que hai no ser humano. Non o temos que esquecer. En nós hai unha fame dexustiza para todos, unha fame de liberdade, de paz, de verdade. Xesús preséntase como ese Pan que nos vén doPai, non para fartarnos de comida senón "para dar vida ao mundo“. Este Pan, vido de Deus, "perdura ata a vida eterna". Os alimentos que comemos cada díamantéñennos vivos durante anos, pero chega un momento en que non poden defendernos da morte. É inútil quesigamos comendo. Non nos poden dar vida máis alá da morte. Xesús preséntase como ese Pan de vida eterna. Cada un ha de decidir como quere vivir e comoquere morrer. Pero, crer en Cristo é alimentar en nós unha forza indestructible, empezar a vivir algo que nonrematará coa nosa morte. Seguir a Xesús é entrar no misterio da morte sostidos pola súa forza resucitadora. Ao escoitar as súas palabras, aquelas xentes de Cafarnaún grítanlle desde lo fondo do seu corazón:"Señor, dános sempre dese pan". Desde a nosa fe vacilante, nós non nos atrevemos a pedir algo semellante.Quizais, só nos preocupa a comida de cada día. e, ás veces, só a nosa. José Antonio Pagola

×