Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

Inmaculada 4 bene

397 views

Published on

  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

Inmaculada 4 bene

  1. 1. María de Nazaré nai de noso Señor, compoñeira das nosas marchas, ven visitarnos, queda connosco. Necesitámoste, nai boa, vivimos tempos difíciles, atravesamos baixóns, temos caídas, agárranos a febleza inmobilízanos a apatía, dános rabia a solidez da inxustiza. María, virxe da Esperanza, contáxianos a túa forza, acércanos o Espírito que enche a túa vida. Axúdanos a vivir con alegría, a pesar das probas e das cruces que encontramos no seguimento do teu Fillo. María da Esperanza
  2. 2. Que no nos desalente a lentitude dos cambios, que as espiñas da vida non nos afoguen a semente do Evanxeo. Que non perdamos a utopía, nai boa, de crer que é posible outro mundo e outra sociedade. Que non baixemos os brazos na loita pola xustiza e na práctica da solidariedade. Que non se enturbe a nosa mirada, ao punto que non vexamos a luz do Señor que nos acompaña sempre, que camiña ao noso lado, que nos sostén nos momentos duros. María, ti criches e xogaches a vida. E non che foi fácil. Tamén pasaches tempos de incertidume, de non entender as cousas que pasaban, de sufrimento e soidade.
  3. 3. E saíches adiante, con bo ánimo e entrega. Ensináchesnos co teu exemplo que para dar vida hai que entregar a vida, todos os días, nas boas, e nas malas, e nas máis ou menos. Sendo unha moza, estando comprometida, corriches o risco de dicir si ao plan de Deus. Confiaches nel e o soño de Deus fíxose realidade. Nai, nos nosos días Deus segue soñando. O seu Reino de irmáns está moi lonxe de ser realidade.
  4. 4. E pídenos, como a ti en Nazaré, que deamos o mellor de nós para axudalo a realizar o seu Proxecto. María, como custa dicirlle si ao Señor! Como custa dicir si más alá das palabras, dicir si cos feitos, con actitudes, con xestos... coa vida!
  5. 5. Ensínanos a esperar no Señor, a confiar na súa palabra, a deixarnos guiar polo seu Espírito, a enchernos do seu bo humor e alegría. Ensínanos a escoitar a súa voz, na realidade de todos os días, no sufrimento de tantos, nas ansías de liberación e cambio, na sede de xustiza das maiorías. Ensínanos a orar para non perder a Esperanza e para darlle raíces sólidas. Ensínanos a orar para discernir onde poñer os esforzos e descubrir o noso lugar e misión. Ensínanos a orar para non desalentarnos nas dificultades e contratempos. María,
  6. 6. Camiña connosco, acompáñanos nai boa, fortalece a nosa esperanza para que sexa o motor da nosa entrega, o pozo onde beber para seguir, o refuxio onde descansar e retomar forzas. Ata a nosa esperanza ao proxecto do Pai. Dános firmeza e ata teimosía para seguir adiante. Enche os nosos corazóns da esperanza que libera para vivir o amor solidario. O que se espera conséguese con esforzo, con traballo e coa vida. Confiámonoss nas túas mans para que nos fagas fortes na fe comprometidos na solidariedade e firmes, moi firmes, na Esperanza do Reino.

×