Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

Reportándose

441 views

Published on

  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

Reportándose

  1. 1. “ REPORTÁNDOSE” Unha vez un sacerdote estaba dando un percorrido pola igrexa ao mediodía. Ao pasar polo altar decidiu quedarse cerca para ver quen viña orar. Nese intre abriuse a porta; o sacerdote sorprendeuse ao ver un home achegándose polo corredor; o home estaba sen afeitarse desde había varios días, vestía unha camisa esgazada, tiña o abrigo gastado cuxos bordos comezaran a esfiañarse. O home axeonllou, inclinou a cabeza, logo ergueuse e marchou. Durante os seguintes días o mesmo home, sempre ao mediodía, estaba na igrexa cargando unha maleta… axeonllaba brevemente e logo volvía saír. Acende os altofalantes
  2. 2. O sacerdote, un pouco temeroso, empezou a sospeitar que se tratase dun ladrón, polo que un día púxose na porta da igrexa e cando o home se dispoñía a saír preguntoulle: “Que fas aquí?”. O home díxolle que traballaba cerca e tiña media hora libre para o xantar e aproveitaba ese momento para orar , “só me quedo uns instantes, sabe, porque a fábrica queda un pouco lonxe, así que só me axeonllo e digo: “Señor, só vin novamente para contarche que feliz me fas cando me liberas dos meus pecados… non sei moi ben orar , pero penso en Ti todos os días… así que Xesús, este é Xoán reportándose”.
  3. 3. O sacerdote sentíndose un parvo, díxolle a Xoán que estaba ben e que era benvido á igrexa cando quixer. O sacerdote axeonllouse perante o altar, sintiu a emoción no seu corazón e dirixiuse a XESÚS, mentres no seu corazón repetía a pregaría de Xoán: “ SÓ VIN PARA DiCIRCHE, SEÑOR, QUE FELIZ FUN DESDE QUE TE ENCONTREI A TRAVÉS DOS MEUS SEMELLANTES E ME LIBERACHES DOS MEUS PECADOS… NON SEI MOI BEN COMO ORAR, PERO PENSO EN TI TODOS OS DÍAS… ASÍ QUE, XESÚS, SON EU REPORTÁNDOME”.
  4. 4. Certo día o sacerdote notou que o vello Xoán non viñera. Os días seguiron pasando sen que Xoán volvese para orar. Continuaba ausente, polo que o sacerdote comezou a preocuparse, ata que un día foi á fábrica a preguntar por el. Alí dixéronlle que estaba enfermo, que pese a que os médicos estaban moi preocupados polo seu estado, aínda crían que tiña oportunidade de sobrevivir. A semana que Xoán estivo no hospital trouxo moitos cambios, el sorría todo o tempo e a súa alegría era contaxiosa. A enfermeira jefe non podía entender por que Xoán estaba tan feliz, xa que nunca recibira nin flores, nin tarxetas, nin visitas.
  5. 5. O sacerdote achegouse ao leito de Xoán coa enfermeira e esta díxolle, mentres Xoán escoitaba: “Ningún amigo veu visitalo, el non ten a onde recorrer”. Sorprendido o vello Xoán díxolle cun sorriso: “A enfermeira está equivocada… pero ela non pode saber que TODOS OS DÍAS, desde que cheguei aquí, a MEDIODÍA, UN QUERIDO AMIGO MEU VÉN, SENTA AQUÍ NA CAMA, AGÁRRAME DAS MANS, INCLÍNASE SOBRE MIN E DIME: “SÓ VIN PARA DICIRCHE, XOÁN, QUE FELIZ FUN DESDE QUE ENCONTREI A TÚA AMIZADE E TE LIBEREI DOS TEUS PECADOS. SEMPRE ME GUSTOU OÍR AS TÚAS ORACIÓNS, PENSO EN TI CADA DÍA… ASÍ QUE XOÁN, ESTE É XESÚS REPORTÁNDOSE”.
  6. 6. P.D. Ahora, cada día, non podemos perder a oportunidade de decirlle a Xesús: Aquí estou REPORTÁNDOME… É curioso como podemos enviar contos e “bromas” a través do correo electrónico…, as cales se esparexen como lume voraz, pero cando envías mensaxes de Deus, pensámolo dúas veces antes de compartilos con outros.
  7. 7. Hoxe ti podes cambiar a forma de orar de moitas persoas que coñeces...só falta que queiras facelo. É curioso que cando termines de ler esta mensaxe, non a vas enviar a moitos dos que están na túa lista de direccións, porque non estás seguro do que eles pensan ao respecto... Do que eles pensan ao respecto? Do que eles vaian pensar de TI? Non te deteñas: envíallelo.
  8. 8. Decídete, hoxe é o momento… tal vez mañá sexa demasiado tarde...
  9. 9. OLA, AQUÍ UN DOS TEUS MELLORES AMIGOS REPORTÁNDOSE

×