Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

30º domingo tob bene pagola 2012)

263 views

Published on

  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

30º domingo tob bene pagola 2012)

  1. 1. José Antonio Pagola Red evangelizadora BUENAS NOTICIAS Contribúe á curación da nosa cegueira. Pásao 28 de outubro de 2012 30 Tempo ordinario (B) Marcos 10, 46-52Presentación: B. Areskurrinaga HC: euslaraz: D. Amundarain
  2. 2. A curación do cego Bartimeo está narrada por Marcos para urxir áscomunidadees cristiás a saír da súa cegueira e mediocridade.Só así seguirán a Xesús polo camiño do Evanxeo. O relato é dunha sorprendenteactualidade para a Igrexa dos nosos días.
  3. 3. Bartimeo é "un mendigocego, sentado ao bordo do camiño". Na súa vida sempre é de noite. Oíu falar de Xesús, pero noncoñece o seu rostro. Non pode seguilo.
  4. 4. Está xunto ao camiñopolo que marcha El, pero está fóra. Non é esta a nosa situación? Cristiáns cegos, sentados xunto ao camiño, incapaces de seguir a Xesús?
  5. 5. Entre nós é de noite. Descoñecemos a Xesús.Fáltanos luz para seguir o seu camiño.Ignoramos cara a onde se encamiña a Igrexa. Non sabemos sequera que futuro queremos para ela.
  6. 6. Instalados nunha relixión que nonlogra converternos en seguidores de Xesús, vivimos xunto ao Evanxeo, pero fóra. Que podemos facer?
  7. 7. A pesar da súacegueira, Bartimeo capta que Xesúsestá pasando cerca del. Non dubida un instante. Algo lle di que en Xesús está a súa salvación: "Xesús, Fillo de David, ten compaixón de min".Este grito repetido con fe vai desencadear a súa curación.
  8. 8. Hoxe óense na Igrexa queixas e lamentos, críticas, protestas e mutuasdescualificacións. ións Non se escoitaa oración humilde e confiada do cego.
  9. 9. Esquecéusenos que só Xesús pode salvar a esta Igrexa. Non percibimos a súa presenza achegda. Só cremos en nós.
  10. 10. O cego nonve, pero sabeescoitar a vozde Xesús que lle chega a través dos seus enviados: "Ánimo, érguete, que te chama". Este é o clima que necesitamos crear na Igrexa. Igrexa
  11. 11. Animarnos mutuamente a reaccionar. Non seguir instalados nunha relixión convencional. Volver a Xesús que nos está chamando.Este é o primeiro obxectivo pastoral.
  12. 12. O cego reacciona de forma admirable: solta o manto que o impide erguerse,dá un salto no medio da súa escuridade e achégase a Xesús.Do seu corazón só agroma unha petición: "Mestre, que poida ver".Se os seus ollos se abren, todo cambiará.
  13. 13. O relato conclúe dicindo que o cego recobrou a vista e que “o seguía polo camiño".Esta é a curación que necesitamos hoxe os cristiáns.O salto cualitativo que pode cambiar a Igrexa.
  14. 14. Se cambia o noso modo de mirar a Xesús, selemos o seu Evanxeo conollos novos, se captamos a orixinalidade da súa mensaxe e nos apaixonamos co seuproxecto dun mundo máishumano, a forza de Xesúshanos arrastrar. As nosascomunidades coñecerán aledicia de vivir seguíndoo de preto.
  15. 15. CON OLLOS NOVOS A curación do cego Bartimeo está narrada por Marcos para urxir ás comunidades cristiás a saír da súa cegueirae mediocridade. Só así seguirán a Xesús polo camiño do Evanxeo. O relato é dunha sorprendente actualidadepara a Igrexa dos nosos días. Bartimeo é "un mendigo cego sentado ao bordo do camiño". Na súa vida sempre é de noite. Oíu falarde Xesús, pero non coñece o seu rostro. Non pode seguilo. Está xunto ao camiño polo que marcha El, pero estáfóra. Non é esta a nosa situación? Cristiáns cegos, sentados xunto ao camiño, incapaces de seguir a Xesús? Entre nós é de noite. Descoñecemos a Xesús. Fáltanos luz para seguir o seu camiño. Ignoramos caraa onde se encamiña a Igrexa. Non sabemos sequera que futuro queremos para ela. Instalados nunha relixión quenon logra converternos en seguidores de Xesús, vivimos xunto ao Evanxeo, pero fóra. Que podemos facer? A pesar da súa cegueira, Bartimeo capta que Xesús está pasando cerca del. Non dubida un instante.Algo lle di que en Xesús está a súa salvación: "Xesús, Fillo de David, ten compaixón de min". Este grito repetidocon fe vai desencadear a súa curación. Hoxe óense na Igrexa queixas e lamentos, críticas, protestas e mutuas descalificacións. Non seescoita a oración humilde e confiada do cego. Esquecéusenos que só Xesús pode salvar a esta Igrexa. Nonpercibimos a súa presenza achegada. Só cremos en nós. O cego non ve, pero sabe escoitar a voz de Xesús que lle chega a través dos seus enviados: "Ánimo,lérguete, que te chama". Este é o clima que necesitamos crear na Igrexa. Animarnos mutuamente a reaccionar.Non seguir instalados nunha relixión convencional. Volver a Xesús que nos está chamando. Este é o primeiroobxectivo pastoral. O cego reacciona de forma admirable: solta o manto que o impide erguerse, dá un salto no medio dasúa escuridade e se achega a Xesús. Do seu corazón só agroma unha petición: “Mestre, que poida ver". Se osseus ollos se abren, todo cambiará. O relato conclúe dicindo que o cego recobrou a vista e que “o seguía polocamiño". Esta é a curación que necesitamos hoxe os cristiáns. O salto cualitativo que pode cambiar a Igrexa.Se cambia o noso modo de mirar a Xesús, se lemos o seu Evanxeo con ollos novos, se captamos a orixinalidade dasúa mensaxe e nos apaixonamos co seu proxecto dun mundo máis humano, a forza de Xesús hanos arrastrar. Asnosas comunidades coñecerán a ledicia de vivir seguíndoo de preto. José Antonio Pagola

×