Inclúe parte do Macizo Central (Serras da Queixa, Montes do Invernadeiro, Altos do Samión e unha parte das de Fial das Corzas e San Mamede); parte do val do río Bibei, cos afluentes pola esquerda e parte do Xares, pola dereita; e o val do Navea entre os encoros de Chandrexa e Guistolas.
É unha área de elevado interese xeomorfolóxico e paisaxístico que acolle unha grande diversidade de hábitats e especies.
É un grupo de serras cos cumes aplanados situado na zona central da provincia de Ourense. No seu conxunto presenta unha forma redondeada de aspecto macizo escavada polas beiras polos profundos vales dos ríos que nacen nos cumes. Está rodeado polo val do Sil, polo norte, o val do Bibei polo leste, a depresións de Monterrei polo sur e as depresións da Limia e de Maceda polo oeste.
Inclúe as serras do Eixe, A Mina, Calva e unha pequena parte da Segundeira, unha parte da do Canizo, os montes do Covelo e varios tramos do val do Bibei.
Linda co Parque Natural “Lago de Sanabria e arredores” (Zamora) e o Monumento Natural Lago da Baña (León).
É un espazo que combina a alta montaña con algúns vales de ríos nos que se dan condicións climáticas que propician a aparición dunha grande diversidade de animais e vexetais. Ademais ten un grande interese xeolóxico e paisaxístico.
O macizo de Trevinca está formado por cinco serras que conflúen en Pena Trevinca: Eixe, Mina, Cabreira, Calva e Segundeira, compartidas entre Ourense (Galiza), Zamora e León (Castela-León). Unha área dun grande interese xeolóxico, paisaxístico e ecolóxico.
CONCELLOS: Carballedo, Chantada e Taboada.
A comarca de Chantada está situada no suroeste da provincia de Lugo, entre as serras da Dorsal (Martiñá, Faro, Farelo e Vacaloura), que lle serven de linde con Pontevedra e Ourense polo oeste, e o val do río Miño, ao leste, lindando coas Terras de Lemos. No territorio desta comarca distínguense claramente tres unidades: as serras, con altitudes superiores aos 1.000 m, a superficie de aplanamento de Chantada e o encaixado val do Miño, con paredes que nalgúns lugares acadan os 400 m de altura.
As serras e o río Miño son os grandes protagonistas da natureza da comarca e neles atópanse paisaxes e espazos naturais de gran beleza e valor ecolóxico.
Concellos: A Gudiña, A Mezquita, Viana do Bolo e Vilariño de Conso
O territorio é, na súa maior parte, de alta montaña, situado entre dous importantes macizos, Pena Trevinca e Macizo Central Ourensan, e varias serras de menor altitude. É unha sucesión de cumes e vales profundos e encaixados polos que circulan ríos das cuncas do Sil (Bibei, Camba e Conso) e do Douro (Rabaçal, con numerosas cabeceiras). O sur da Gudiña e os concellos de A Mezquita e Riós, coñécese como Terra de Frieiras.
É unha comarca con importantes valores ambientais e culturais.
A comarca de Sarria está situada no centro-sur da provincia de Lugo, entre o val do Miño e as serras orientais galegas. No territorio diferéncianse tres unidades claras. O centro está ocupado pola depresión de Sarria, o leste e sur polas serras de Albela, Oribio, Lóuzara e Trapa, e o oeste polos restos dunha penichaira moi erosionada na que o Miño escavou a súa canle e na que se ergue a serra do Páramo.
Os ríos forman parte da cunca do Miño (Neira-Sarria) e do Sil (Cabe-Mao, Lóuzara).
CONCELLOS: O Incio, Láncara, Paradela, O Páramo, Samos, Sarria e Triacastela.

Concellos: A Rúa, A Veiga, Carballeda de Valdeorras, Larouco, O Barco de Valdeorras, O Bolo, Petín, Rubiá e Vilamartín de Valdeorras.
Está situada no surleste de Galiza, ocupando o norleste da provincia de Ourense, nos lindes con Zamora e León das que a separan os montes do Macizo de Trevinca e Enciña da Lastra.
O territorio presenta grandes contrastes entre o valdo Sil, de fondo aplanado, onde se asenta a maior parte da poboación e dos recursos, e as serras do norte (Cereixido, Cabalos, Lastra) e do centro e sur (Mouzón, Macizo de Trevinca), onde se atopan as maiores alturas de Galiza.
CONCELLOS: Dodro Padrón e Rois
A comarca do Sar está situada ao sur da provincia da Coruña ocupando parte do esteiro e do último tramo do Ulla e os vales de varios afluentes entre os que destaca o Sar. É un terreo de contrastes entre as terras baixas, as Veigas de Padrón e pequenos cumes, restos de antigas superficies de erosión que se sitúan polos lindes leste e oeste.
A comarca conta con interesantes espazos naturais, sobre todo a área protexida no río Ulla e o seu esteiro.
Concellos de Chandrexa de Queixa, Manzaneda, A Pobra de Trives e San Xoán de Río.
A comarca de Terra de Trives está situada no centro-norte da provincia de Ourense. Está asentada sobre un territorio cun releve moi accidentado e de grandes alturas no que se poden diferenciar dúas unidades de relevo en liña xerais: no leste, centro e sur un conxunto de serras que van elevándose ata acadar as máximas alturas na Cabeza Grande de Manzaneda (1.782 m), no Macizo Central; ao norte os restos dunha penichaira moi erosionada e dividida polos profundos vales dos ríos que desembocan no Bibei, en especial o Navea e o San Lázaro.
Acolle un importante patrimonio natural e cultural.
Un espazo de montaña que comprende a Serra do Candán, os Montes do Testeiro e o curso alto do Deza e os seus afluentes Candán, Grobas e Asneiro, e un pequeno tramo do curso do Lérez.
É unha área de elevada pluviosidade que conserva bosques e especies de flora e fauna pouco abundantes en Galiza. Os seus cumes, como os de grande parte do territorio galego, están marcados pola presenza de aeroxeradores.
CONCELLOS: Silleda, Forcarei, Lalín, Beariz e O Irixo.
O espazo inclúe o curso baixo do Río Miño (na beira galega), desde a presa da Frieira, e parte do cursos dos seus afluentes Termes (As Neves), Deva (Arbo) e Ribadil (Crecente).
O tamaño deste espazo e a variedade de microclimas fai que se atopen ecosistemas e hábitats moi diferentes desde o curso medio do río ata o seu encontro co mar o que lle da un alto valor ecolóxico, ao que hai que engadir tamén o paisaxístico e xeolóxico.
CONCELLOS: A Guarda, O Rosal, Tomiño, Tui, Salvaterra, As Neves, Arbo, Crecente e A Cañiza (Pontevedra) e Padrenda (Ourense).
Concellos: Arnoia, Avión, Beade, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, Leiro, Melón e Ribadavia.
O territorio da comarca sitúase ao abrigo das últimas serras da Dorsal Galega (O Suído e o Faro de Avión) e ocupa unha parte do val do Miño, o val do Avia e o curso baixo de Arnoia. As variacións de altitude e no releve determinan a existencia de áreas diferenciadas: os vales dos ríos e zonas próximas e as áreas de montaña, que chegan ata alturas superiores aos 1.000 m. Os principais valores naturais sitúanse nos cumes das serras e nos ríos, onde se conserva unha rica flora e fauna.
Un amplo espazo que inclúe dúas áreas coñecidas tradicionalmente como “Os Ancares” e “O Courel”, artellados na contorna das serras do mesmo nome, situadas no leste de Galiza. Un territorio de montañas de relevo abrupto, no que se suceden serras e vales percorridos por ríos que forman parte da cunca do Navia e do Sil (Lor, Quiroga, Selmo, Soldón). Conserva importantes valores xeolóxicos (vales glaciares, canóns, fervenzas, pregamentos), paisaxísticos, e ecolóxicos (diversidade de ecosistemas entre os que destacan as grandes fragas).
A amplitude e importancia ambiental dos Ancares e do Courel faríaos merecentes dunha protección de maior nivel.
CONCELLOS: Navia de Suarna, Cervantes, Becerreá, As Nogais, Triacastela, Pedrafita do Cebreiro, Samos, O Incio, Folgoso do Courel, A Pobra de Brollón, Quiroga, Ribas do Sil.
Ocupa o tramo final do val do río Limia en terras de Ourense e o conxunto de serras que o rodean polo NO (estribacións das serras do Leboreiro e o Monte do Quinxo) e polo S-SE (serras de Santa Eufemia, do Xurés e do Pisco). É un espazo cun grande valor paisaxístico ecolóxico e cultural no que se atopan especies pouco comúns ou únicas.
O LIC “Ancares-Courel” é un amplo espazo que inclúe dúas áreas coñecidas tradicionalmente como “Os Ancares” e “O Courel”, artellados na contorna das serras do mesmo nome, situadas no leste de Galiza. Un territorio de montañas de relevo abrupto, no que se suceden serras e vales e que acolle importantes valores xeolóxicos (vales glaciares, canóns, fervenzas, pregamentos), paisaxísticos, e ecolóxicos (diversidade de ecosistemas entre os que destacan as grandes fragas).
A amplitude e importancia ambiental dos Ancares e do Courel faríaos merecentes dunha protección de maior nivel.
Este primeiro traballo está dedicado aos Ancares, o terreo situado na contorna da serra dos Ancares e o val do río Navia.
É a zona do río Miño comprendida entre Portomarín e Os Peares, na provincia de Lugo. Un tramo do río encaixado entre xistos, cuarcitas, gneis... duns 50 km de lonxitude e ata 400 m de desnivel.
O percorrido do Miño no Canón forma paraxes de grande importancia ecolóxica e paisaxística. Resulta espectacular pola altura das súas ladeiras, pola vexetación diversa que acolle (carballeiras, soutos, ervedeiros, sobreirais...) e polo grande interese etnográfico resultante do traballo de séculos para conseguir gañar terras para o cultivo das vides. A todo isto hai que engadir os numerosos monumentos que forman parte da chamada Ribeira Sacra, coñecida por ese nome desde a Idade Media por ser zona onde abondan as igrexas e mosteiros.
Situada na Península da Barbanza entre as Rías de Noia, ao Norte e a de Arousa, ao Sur, compartida entre as comarcas da Barbanza e Noia.
As alturas máximas, de norte a sur, son o Iroite (687 m), Outeiro Louro (613 m), Alto da Torre (656 m), Barbanza (652 m), Alto da Lagoa (622 m), Os Forcados (620 m) e A Curota (569 m), Nunha estribación cara ao oeste destaca o Enxa (543 m).
Por riba dos 500 m a serra da Barbanza é un extenso altiplán erosionado, dividido en dúas áreas por unha falla que vai de Boiro a Portosín.
Un dos aspectos máis interesantes desta serra son as vistas panorámicas sobre as rías de Arousa e Noia e, e as costas de Corrubedo e Aguiño.
CONCELLOS: Arzúa, Boimorto, O Pino e Touro.
A comarca de Arzúa está situada no sur da provincia da Coruña entre os ríos Tambre e Ulla.
O relevo está formado por unha sucesión de formas suaves que separan os vales do Tambre e Ulla e van gañando altura cara ao leste onde se atopan as estribacións dos montes do Bocelo.
Está atravesada por numerosos cursos de auga que fragmentan o territorio e circulan cara aos dous ríos principais.
Os espazos naturais de maior valor atópanse nos ríos Ulla e Tambre e nos seus afluentes.
CONCELLOS: Castro Caldelas, Montederramo, Parada do Sil e A Teixeira
A comarca de Terra de Caldelas está situada no centro-norte da provincia de Ourense, separada de Lugo polo profundo canón do río Sil.
É un territorio de grandes contrastes no relevo e no clima marcado polas grandes diferenzas de altitude entre o fondo do Val do Sil (300 m) e os cumes das serras (a máxima altura está no San Mamede, con 1.619 m), e pola diferente orientación á solaina ou avesía, o que da lugar a numerosos ambientes.
Nas áreas máis asolladas domina o cultivo da vide acollido, desde 1995 á D.O. Ribeira Sacra, dentro da subzona Ribas de Sil.
CONCELLOS: Melide, Santiso, Sobrado e Toques.
A comarca de Melide está situada no surleste da provincia da Coruña, separada de Lugo polas serras da Dorsal e de Pontevedra polo río Ulla. O territorio é moi variado en formas de relevo e na composición das rochas o que da lugar a unha gran diversidade paisaxística e biolóxica. Sitúase entre unha superficie achairada, as serras da Dorsal Galega que fan de linde polo leste e o profundo val do Ulla. Outros ríos que recollen as augas da comarca son o Mandeo e o Tambre, nos seus cursos altos.
Acolle importantes valores naturais asociados ás serras e aos ríos.
A comarca do Condado constitue unha unidade xeográfica ben definida asentada no val do río Tea, que inclúe case toda a súa cunca, agás un pequeno tramo do seu curso alto, desde as estribacións cara ao suroeste do Suído, ao norte; ao río Miño, ao que vai o Tea, ao sur; flanqueada polo leste polos montes da Paradanta, e polo oeste pola serra do Galleiro e os montes de Budiño. Os principais valores naturais da zona ofrecennos os ríos e as amplas e ricas paisaxes que se poden gozar desde os seus montes coroados, nalgúns casos, por formidables penedos.
CONCELLOS: Mondariz, Mondariz Balneario, As Neves, Ponteareas e Salvaterra.
A comarca Terra de Celanova atópase ao oeste da provincia de Ourense, lindando con Portugal polo suroeste. O territorio é moi irregular e está formado polas serras Serras (Laboreiro, Outeiro de Augas, Montes de Bande, Monte Calvo e San Cibrao) e os vales dos ríos Arnoia e Deva e os seus afluentes. É unha área dun grande interesse natural e cultural.
Concellos: A Bola, A Merca, Cartelle, Celanova, Gomesende, Pontedeva, Quintela de Leirado, Ramirás e Verea.

-LIC (decembro 2004) e -ZEC (Zona de Especial Protección dos Valores Naturais) Baixa Limia-Serra do Xurés.
Exténdese polas serras limítrofes entre Galiza e Portugal, desde o río Barxas ata o linde do concello de Calvos de Randín con Baltar. Serras do Laboreiro, Queguas, Quinxo, Santa Eufemia, Xurés, Pisco e A Pena. Inclúe un pequeno tramo do río Limia (no encoro de Lindoso) e as cabeceiras dos afluentes que baixan desas serras, así como o río Barxas, as cabeceiras do Deva (da cunca do Miño).
Situada no nordeste de Galiza, entre a Terra Cha e as Mariñas Lucenses, nos concellos de Muras, Ourol, Vilalba e Abadín.
Prolóngase cara ao norte nos montes do Buio e dos Cabaleiros, polo leste na Toxiza e cara ao leste pola Carba e o Guriscado, formando un conxunto que se podería considerar un macizo.
É unha serra que acolle importantes valores naturais, en especial as turbeiras.
É unha cadea montañosa de 210 km de lonxitude que se estende de norte a sur, desde Estaca de Bares ao Miño, na raia con Portugal. Marca a linde entre as provincias de A Coruña e Pontevedra (ao oeste) coas de Lugo e Ourense (ao leste). É un bloque que se elevou a finais do Período Terciario sobre montañas anteriores moi erosionadas.
Unha achega ao Parque Nacional da Peneda-Gerês, en Portugal: descrición, xeoloxía, releve, ríos, flora, fauna, aproveitamento, valores culturais, problemas...
CONCELLOS: Amoeiro, Barbadás, Coles, Esgos, Nogueira de Ramuín, Ourense, O Pereiro de Aguiar, A Peroxa, San Cibrao das Viñas, Toén, Vilamarín e Taboadela.
CONCELLOS: Camariñas, Vimianzo e Zas
A Terra de Soneira ten unha gran diversidade paisaxística: costa exposta e recortada (costa da Morte) costa protexida (Ría de Camariñas) vales fluviais (Val de Soneira -cunca do río Grande-, curso alto do río Castro e encoro da Fervenza no Xallas) e pequenas serras( Serra da Pena Forcada, serra de Santiago, Faro da Fontefría, estribacións de Buxantes e montes de Santa Bárbara ) que sen chegar aos cincocentos m de altura ondulan a paisaxe, enriquécenna e súrtena, segundo a súa estrutura e composición, de atractivas formas.
A comarca dos Ancares inclúe os concellos de Baralla, Becerreá, Cervantes, Navia de Suarna, As Nogais e Pedrafita do Cebreiro. Está situada en plenas serras orientais galegas, ao leste da provincia de Lugo, no linde con León. É un territorio eminentemente de montaña onde se atopan serras que acadan case os dous mil metros altura. O río Navia atravesa a comarca de sur a norte e recibe numerosos afluentes que baixan das serras. Conserva importantes valores xeolóxicos (vales glaciares, canóns, fervenzas), ecolóxicos (diversidade de ecosistemas e de especies), e culturais.
Inclúe as Serras da Carba, do Xistral, parte dos montes do Buio e A Toxiza e as cabeceiras dos ríos Eume, Landro, Masma, Ouro e varios afluentes do Miño.
Neste espazo podemos atopar diversos ecosistemas: turbeiras de montaña e de val, cursos altos de ríos, mato de monte baixo, bosques autóctonos e bosques de repoboación. Ten un grande interese xeolóxico e ecolóxico por acoller un dos mellores conxuntos de turbeiras de Europa e especies únicas ou moi escasas e de gran valor. Moitos dos cumes destas serras están coroados por aeroxeradores.
CONCELLOS: As Pontes de García Rodríguez, Abadín, Alfoz, Cervo, Mondoñedo, Muras, O Valadouro, Ourol, Vilalba, Xermade, Xove.
Reserva da Biosfera "Os Ancares Lucenses..."monadela
Está situada en plenas serras orientais galegas, ao leste da provincia de Lugo, no linde con León e Asturias. É un territorio eminentemente de montaña onde se atopan serras que acadan case os dous mil metros altura. O río Navia atavesa o espazo de sur a norte e recibe numerosos afluentes que baixan das serras.
Conserva importantes valores xeolóxicos (vales glaciares, canóns, fervenzas), paisaxísticos, e ecolóxicos (diversidade de ecosistemas entre os que destacan as grandes fragas).
O concello de Vimianzo está situado, na súa maior parte, no núcleo do Val de Soneira -o val do río Grande-. Conta con dous pequenos tramos de litoral, na costa ao mar aberto e no interior da Ría de Camariñas. Está protexido no LIC/ZEC e ZEPA “Costa da Morte”.
A ría de Corme e Laxe está situada na Costa da Morte. Ábrese entre as puntas do Roncudo (ao norte) e Laxe (ao sur), na saída ao mar do río Anllóns. Nesta ría pódense distinguir dúas áreas diferenciadas: o interior, formado polo esteiro do Anllóns, protexido da forza do mar por unha barra de area de 2 km; e o resto do espazo, máis aberto, rochoso e recortado con algunhas zonas abrigadas nas que hai praias. As vilas máis importantes son Corme, Ponteceso e Laxe. Está protexida no LIC/ZEC “Río Anllóns” e “Costa da Morte” e na ZEPA “Costa da Morte”.
O concello de Ponteceso está situado na marxe dereita da ría de Corme e Laxe e na costa de mar aberto, entre as puntas do Roncudo e Queimada. Os principais núcleos de poboación son Ponteceso e Corme. Acolle áreas de grande valor paisaxístico e biolóxico asociados ás costas e ao río. Está protexida nos LICs/ZECs “Costa da Morte” e “Río Anllóns” e na ZEPA “Espazo Mariño da Costa da Morte”.
O concello de Laxe está situado no corazón da Costa da Morte, entre a ría de Corme e Laxe e o litoral de mar aberto. Ten unha costa moi diversa na que se alternan grandes areais e marismas, ría, enseadas, cabos, illotes, furnas... con tramos expostos e protexidos, zonas baixas e elevados cantís. É dun grande interese paisaxístico, xeolóxico e biolóxico. Está protexida no LIC/ZEC e ZEPA “Costa da Morte” e na Paisaxe Protexida “Penedos de Traba e Pasarela”.
O concello de Camariñas está situado no centro da Costa da Morte. Ten unha parte de costa moi exposta polo norte e o oeste e outra parte protexida, dentro da ría, polo sur. Acolle importantes áreas de interese paisaxístico, xeolóxico, ecolóxico e cultural. Está protexida no LIC/ZEC e ZEPA “Costa da Morte”,no Sitio Natural de Interese Nacional “Cabo Vilán” e no Lugar de Interese Xeolóxico “Praia do Trece”.
CABANA DE BERGANTIÑOS está situado no fondo e na banda sur da ría de Corme e Laxe, onde ten un amplo tramo de litoral, en parte protexido nos LICs/ZECs “Río Anllóns” e “Costa da Morte”.
O concello de Malpica de Bergantiños forma parte do tramo de litoral coñecido como Costa da Morte, unha sucesión de cantís abruptos entre os que se atopan algunhas praias e que inclúe as illas Sisargas.
Acolle importantes valores naturais e culturais. Parte do litoral está protexido no LIC/ZEC e ZEPA “Costa da Morte”.
O concello de Carballo forma da parte da Costa da Morte, unha costa exposta aberta ao océano e moi diversa, na que se alternan grandes areais e marismas, enseadas cabos, illas... con zonas baixas e elevados cantís. Parte do litoral está protexido no LIC/ZEC e ZEPA “Costa da Morte”.
O concello de Arteixo atópase na fachada atlántica, no comezo do tramo de costa coñecido como “A Costa da Morte”. Nos seus 19 km de costa atópanse cantís de distintas alturas, esteiros, coídos e extensos areais. É unha costa dun grande valor ecolóxico, paisaxístico e xeolóxico, cunha importante actividade industrial e turística. Unha parte está protexida no LIC/ZEC e ZEPA “Costa da Morte”.
O concello de A Laracha ten unha única parroquia que da ao mar, Caión. Está situada na Costa da Morte e ten un litoral que alterna cantís e areais de grande valor paisaxístico e biolóxico.
A costa comprendida entre a Punta de Mera e Torella é un espazo de mar aberto que separa as rías da Coruña e Betanzos-Ares. Un espazo de enormes valores paisaxísticos e ecolóxicos.
É unha ría curta e ampla, que se abre entre as puntas do Seixo Branco e Herminia, cunha separación de 4 km, e unha lonxitude total de 14 km, dos que case a metade corresponden á chamada ría do Burgo formada polo esteiro do Mero, que está separada da parte máis ancha pola frecha de Santa Cristina.
O concello de Oleiros ten unha liña litoral de case 40 km. Unha parte na ría do Burgo, outra na ría da Coruña, unha terceira mirando ao mar aberto e outra na boca da ría de Betanzos. Parte está protexida no LIC/ZEC e Monumento Natural “Costa de Dexo e Seixo Branco”
O concello da Coruña ten unha costa moi recortada e variada, parte na ría, onde se atopa o porto da cidade, e parte en mar aberto onde se suceden cantís e fermosas praias como as de Orzán e Riazor.
2. Inclúe parte do Macizo Central (Serras da Queixa, Montes do Invernadeiro, Altos
do Samión e unha parte das de Fial das Corzas e San Mamede); parte do val do
río Bibei, cos afluentes pola esquerda e parte do Xares, pola dereita; e o val do
Navea entre os encoros de Chandrexa e Guistolas.
É unha área de elevado interese xeomorfolóxico e paisaxístico que acolle unha
grande diversidade de hábitats e especies.
3. SITUACIÓN:
No centro-norte da provincia
de Ourense. Localidades de
referencia: Manzaneda, A
Pobra de Trives, Chandrexa de
Queixa e Vilariño de Conso.
SUPERFICIE:
46.986 ha
CONCELLOS:
O Bolo, Chandrexa de Queixa,
Laza, Manzaneda, A Pobra de
Trives, Viana do Bolo, Vilariño
de Conso, Larouco e
Montederramo (Ourense) e
Quiroga (Lugo)
VALORES NATURAIS:
Fragas, pegadas glaciarias, ,
ríos, paisaxes, flora e fauna...
4. Hai unha proposta
de ampliación
pendente de aprobar
que inclúe o río
Camba ata Viana do
Bolo.
5. PROTECCIÓN
-Lugar de importancia comunitaria (LIC) 29 de decembro de 2004
-Zona especial de conservación (ZEC) 31 de marzo de 2014
-Inclúe o Parque Natural “O Invernadeiro” de 5.722 ha e o Monumento Natural
“Souto de Rozavales” de 1,80 ha.
Encoro do Cenza desde os cumes de Fial das Corzas
6. RELEVO/XEOLOXÍA
É un territorio que alterna montes e vales profundos, ocupado na súa maior parte
polo MACIZO CENTRAL, un extenso antiplán escalonado situado na zona
centro-norte da provincia de Ourense, rodeado polas depresións tectónicas da
Limia e Maceda e polos profundos canóns fluviais do Sil e do Bibei. Está dividido
en dous polo río Queixa-Navea e composto por cinco serras: Queixa (con Cabeza
de Manzaneda, a altura máxima, de 1.782 m), Fial das Corzas, Invernadeiro, San
Mamede e O Burgo.
O Macizo Central desde o Alto do Boi (O Courel)
7. Granitos en Manzaneda
A rocha dominante é o granito de dúas micas salvo no sector sur onde abondan
os xistos, as lousas e as cuarcitas. Os materiais foron erguidos na Era Primaria,
arrasados na Secundaria e rexuvenecidos na Terciaria pola Oroxenia Alpina.
11. SERRA DE QUEIXA
Ocupa a parte central do Macizo Central, con orientación N-S e nela atópanse os
picos máis altos: Cabeza Grande de Manzaneda (1.782 m), Cabeza Pequena de
Manzaneda (1.777 m) e Os Toleiros (1.734 m) . Nos cumes do Seixo conflúe coa
serra de Fial das Corzas e O Invernadeiro.
Na parte occidental dominan as pelitas e areíscas e na oriental o granito de dúas
micas.
É unha serra de formas suaves e redondeadas, aplanadas pola acción dos
glaciares e nalgunhas zonas sobresaen formacións graníticas acasteladas.
Na vertente oriental nacen os ríos Cernado, Cenza e Conso, na occidental o
Casteligo ou Dorelle, Forcadas e Requeixo e na norte o San Lázaro. Estes ríos
escavan vales profundos con grandes desniveis.
Cumes da Serra da Queixa
13. SERRA DE FIAL DAS CORZAS
Situada a continuación da serra da Queixa, con orientación N-SE. É unha serra de
cumes redondeados formada por areíscas e lousas. O cume máis alto é Cabeza
da Veiga do Fial, con 1.552 m. Na súa vertente occidental nace o río Camba, e no
leste as cabeceiras do Navea.
15. MONTES DO INVERNADEIRO
Esténdense, con orientación NO-SE, desde a confluencias das serras de Fial das
Corzas e Queixa (Pico do Seixo, con 1.707 m) ata o Val do río Camba.Están
limitados polos ríos Ribeira Pequena e Conso que excavan profundos vales e
desembocan no Camba no encoro das Portas.As rochas máis comúns son os
xistos, as lousas e as cuarcitas. Nas súas abas nacen os ríos Ribeira Grande,
Ribeira Pequena e varios afluentes do Conso. A parte entre os ríos Conso e
Ribeira Grande coñécese tamén co nome de serra da Pena.
A zona ten moito interese xeolóxico, paisaxístico, botánico e faunístico. Unha
parte está protexida como Parque Natural.
Vista suroeste da Serra do Invernadeiro co val do Camba á dereita
17. ALTOS DO SAMIÓN
Unha pequena serra con orientación NE-S situada entre a Serra de San Mamede,
Fial das Corzas e serra de Queixa, no concello de Chandrexa de Queixa. Os
puntos máis altos son o Xistral, con 1.596 m e o Penedo de Samión, con 1.348 m.
Nas súas abas nacen varios afluentes do Navea.
Accedese desde As Taboazas ou desde Requeixo. Pódense facer rutas de
sendeirismo polos cumes con vistas espectaculares
Altos de Samión desde San Mamede.
18. SERRA DE SAN MAMEDE
Esténdese con dirección NO-SE. Formada por xistos e areíscas, que orixinan un
relevo de formas redondeadas e suaves con granitos de dúas micas e algunha
cuarcita nos cumes que lle dan á paisaxe un aspecto ruiniforme e de grandes
penedos. O cume máis alto, San Mamede con 1.619 m. Na vertente norte nacen o
río Mao e varias cabeceiras do Navea.
Neste espazo está protexida unha parte da ladeira leste.
Serra de San Mamede desde Cabeza de Manzaneda
20. GLACIARISMO
Durante as glaciacións do final do Cuaternario (Würm), a alta zona achairada da
Queixa estivo ocupada por un glaciar de casquete ata os 1.250 m e en cotas máis
baixas por varios glaciares de circo e lingua. Desta época consérvanse
numerosas pegadas: lagoas, circos e vales glaciares, morrenas, rochas con
marcas do xeo...
Val glaciar do Cenza
21. Os glaciares máis importantes foron:
-Cenza ou Couselo, desde os Sistil ata
Chagoazoso.
-Cabeza Pequena de Manzaneda
-Marmentelo (SO de Cabeza de
Manzaneda).
-As Lamas: polo que corre o rego das
Lamas, chamado máis abaixo Requeixo e
San Miguel.
-San Lázaro: no NE de Cabeza Grande de
Manzaneda, na cabeceira do río San
Lázaro.
-Cerveira, no SO da serra de Queixa, no
linde coa do Invernadeiro.
-Forcadas e Requeixo, no SO de Cabeza
Grande de Manzaneda, nas cabeceiras do
río Grande.
-O Figueiro, nas nacentes do río Ribeira
Grande, no interior do Parque Natural do
Invernadeiro.
Por todos estes vales glaciares pódense facer
rutas a pé para percorrelos e apreciar a formas
dos vales e os distintos tipos de depósitos
rochosos. O de máis doado acceso é o do
Cenza, ao que se pode chegar pola estrada do
encoro.
Rochas coas pegadas da acción do xeo
Morenas de Chagoazoso
22. Depósitos glaciares no val do Cenza
No Corvo de Cavalo, na vertente sudoriental de Cabeza de Manzaneda, ocupando o curso alto do río
Cenza consérvanse as mellores mostras das glaciacións de Galiza: circo glaciar, morrenas laterais,
rochas de aspecto aborregado puídas e estriadas polo xeo, unha lagoa estacional...
23. Morrena de Chaguazoso. É unha morrena lateral que se atopa na marxe esquerda do val do río Cenza, a
mellor conservada de Galiza, formada por grandes bloques graníticos.
28. REDE FLUVIAL
O Macizo Central da lugar a unha ampla rede fluvial que forma parte das concas
do Miño e Douro. Verte ao Sil (polo sur, norte e leste) e ao Támega e Arnoia (polo
sur). O principal río deste espazo é o Bibei e os seus afluentes Camba (co Ribeira
Pequena, Ribeira Grande, Conso e Cenza), San Miguel, Xares, San Lazaro e
Queixa-Navea.
Nacentes do rego de Cernado, afluente do Bibei
29. RÍO BIBEI
Nace na vertente zamorana de Pena Trevinca a 1.900 m de altura. Desde Viana do
Bolo (a 733 m de altura) ata que se une co Sil en Montefurado (a 290 m de altura)
discorre por un canón de 40 m de lonxitude, ata 500 m de profundidade e unha
pendente media do 50%, escavado en granitos, xistos e gneis. Os principais
afluentes son o Xares e rego da Porriñeira (pola dereita) e o Camba, Conso, San
Miguel, San Lázaro e Navea (pola esquerda).
O Bibei nas As Ermidas (O Bolo). Nas zonas orientadas ao sur hai
socalcos nos que se cultivan vides, en grande parte abandonados.
31. Río Xares pouco antes
de xuntarse co Bibei.
Río Xares
Recolle augas da vertente sur da
serra do Eixe e da Serra Calva.
No curso alto discorre polo
antigo val glaciar de A Ponte e
despois de Prada encáixase
forrmando un profundo canón ata
xuntarse co Bibei na zona do
Larouco.
33. Río Camba
Nace nos Altos de Gancedo (Camba-Laza), rodea polo sur o Macizo Central ourensán e
bótase no Bibei en Viana do Bolo. Os afluentes máis destacados son o Ribeira Grande, o
Ribeira Pequena, o Conso e o Cenza.
O Camba no encoro das Portas, ao fondo os montes do Invernadeiro
34. Río Ribeira Grande
Fórmase pola confluencia de numerosos
regos: Augacenza ou Corga do Figueiro,
Corga da Vela, Teixeiroá, Corga da Cenza
e xúntase co Camba no encoro das
Portas. A fonte máis alonxada (río
Casarello) nace debaixo do Monte do
Bidual (Serra de Queixa).
35. Río Ribeira Pequena
Nace debaixo da Cabeza da Veiga do Fial e xúntase co Ribeira Grande no encoro das Portas.
36. Río Conso
Chamado Cerveira na súa cabeceira. Nace no Sextil Branco (Serra de Queixa) e baixa entre
os Montes do Invernadeiro e os os montes da Pioreta e a Culadiña, cambiando bruscamente
de dirección cara ao norte para xuntarse co Bibei no encoro do Bao, entre Viana do Bolo e
Vilariño de Conso. O principal afluente é o Cenza.
O Conso entre Pradoalvar e As Hedradas
40. Fervenza da Louseira. En Entrecinsa,
na parroquia de Sabuguido, no regato
Veigas de Camba que desemboca no
Conso. Un salto en lousas de
aproximadamente 20 m de altura.
41. Río Cenza
Fórmase no antigo circo glaciar do
Corvo do Cavalo, na vertente leste de
Cabeza de Manzaneda e ten un
percorrido curto antes de ser
encorado no seu curso alto. No seu
val consérvanse interesantes
representacións de turbeiras de
montaña e de pegadas glaciarias.
42. Encoro no tramo alto do Cenza. Asolagou o mellor val glaciar de
Galiza e interesantes representacións de turbeiras de montaña
43. Salto da Cenza en Castiñeiras (Vilariño de
Conso). O río salva un desnivel en rochas
graníticas de máis de 100 m de altura (é a
fervenza máis alta de Galiza). Antes do
salto o río forma un pequeno canón con
varios saltos máis pequenos, pozas e
rápidos.
44. Rego de San Miguel
Fórmase coa unión dos regos que
drenan os vales glaciares de
Prada e Lamas, na vertente leste
de Cabeza de Manzaneda. Xúntase
ao Bibei augas abaixo do encoro
do Vao.
46. Río San Lázaro
Nace en Cabeza de Manzaneda e ao longo de case todo o seu percorrido fai fronteira entre
os concellos de A Pobra de Trives e Manzaneda. Xúntase ao Bibei nas proximidades do
Larouco. Ten un percorrido con grandes desniveis e excava un estreito canón desde
Manzaneda ata a súa desembocadura. O principal afluente é o Tintín, no que hai un encoro.
O río San Lázaro entrando no Bibei na área recreativa do Caneiro (Manzaneda)
47. Rego de San Lázaro ao pouco do seu
nacemento
Fervenza no rego de San Lázaro entre
Manzaneda e Trives
48. Río Navea
O río (nun comezo chamado
Queixa) recolle as augas de varios
regos que nacen na Serra de
Queixa, Montes do Samión e serra
de San Mamede que conflúen no
encoro de Chandrexa de Queixa.
Máis abaixo circula entre as Serra
do Burgo e Queixa. Xúntase co
Bibei nas proximidades da súa
desembocadura no Sil. Está
afectado por dous encoros:
Chandrexa e Guístolas. Os seus
afluentes mais importantes pola
dereita son o rego do Acerral, o
río Grande e o río de Casteligo.
Pola esquerda o regueiro do
Marco, o rego de Rabal (protexido
neste espazo) e o das Cabanas.
Unha grande parte do Navea
discorre por profundos canóns e
vales encaixados rodeados de
fragas autóctonas de grande
interese ecolóxico e paisaxístico.
49. Val do Navea no inverno.
Unha grande parte do Navea discorre por profundos canóns e vales encaixados rodeados de fragas
autóctonas de grande interese ecolóxico e paisaxístico.
50. Unha das cabeceiras do río Grande, entre os Altos do Samión e a serra de Queixa
51. Río Dorelle ou Casteligo
Nace en Cabeza de Manzaneda e despois dun curto percorrido con bastante desnivel xúntase ao Navea
na parroquia de Casteligo (Chandrexa de Queixa).
52. Vides no val do Bibei
CLIMA
Oceánico de montaña, con trazos de clima continental. Os veráns son calorosos e
secos, denotando o seu carácter parcialmente mediterráneo, e os invernos
bastantes fríos. As precipitacións son moi abundantes (media anual superior a
2000 mm), en parte en forma de neve.
Debido ao seu complexo relevo aparecen microclimas en áreas reducidas.
Neve en Manzaneda
53. Pertence á rexión eurosiberiana, provincia atlántica-europea, subprovincia
cántabro-atlántica e sector galaico-portugués e limita co sector lusitano-duriense
da subprovincia carpetano-leonesa, correspondente á rexión Mediterránea.
As distintas condicións ambientais dan lugar a un grande número de hábitats,
desde os pasteiros e as matogueiras dos cumes aos bosques dos vales.
ECOLOXÍA
TIPOS DE HÁBITATS DO ANEXO I DA
DIRECTIVA 92/43/CEE
-Augas estancadas, oligotróficas ou
mesotróficas con vexetación
de Littorelletea uniflorae e/ou Isoeto-
Nanojuncetea
-Lagos e estanques distróficos naturais
-Ríos dos pisos basal a montano con
vexetación de Ranunculion fluitantis e
de Callitricho-Batrachion
-Queirogais húmidos atlánticos de zonas
temperadas de Erica ciliaris e Erica tetralix
-Queirogais secos europeos
-Queirogais alpinos e boreais
-Queirogais oromediterráneos endémicos
con toxos
54. -Matogueiras arborescentes de Laurus nobilis
-Prados ibéricos silíceos de Festuca indigesta
-Zonas subestépicas de gramíneas e anuais do Thero-Brachypodietea
-Formacións herbosas con Nardus, con numerosas especies, sobre substratos silíceos de
zonas montañosas (e de zonas submontañosas da Europa continental)
-Prados con molinias sobre substratos calcáreos, turbosos ou arxilo-limosos (Molinion
caeruleae)
-Megaforbios eutrofos hidrófilos das orlas de chaira e dos pisos montano a alpino
-Prados pobres de sega de baixa altitude (Alopecurus pratensis, Sanguisorba officinalis)
-Prados de sega de montaña
-Turbeiras altas activas
-'Mires' de transición
-Depresións sobre substratos turbosos do Rhynchosporion
-Desprendementos mediterráneos occidentais e termófilos
-Encostas rochosas silíceas con vexetación casmofítica
-Rochedos silíceos con vexetación pioneira do Sedo-Scleranthion ou do Sedo albi-
Veronicion dillenii
-Covas non explotadas polo turismo
-Bosques de encostas, desprendementos ou barrancos do Tilio-Acerion
-Bosques aluviais de Alnus glutinosa e Fraxinus excelsior (Alno-Padion, Alnion incanae,
Salicion albae)
-Carballeiras galaico-portugueses con Quercus robur e Quercus pyrenaica
-Soutos
-Bosques galería de Salix alba e Populus alba
-Sobreirais
-Aciñeirais
-Acevedos
55. FLORA
A vexetación dominante na serra son os pasteiros e o mato formado por carqueixas, uces,
carpazas, xestas, piornos, arandeiras silveiras, codesos, uces brancas e fentos comúns. Na
zona máis degradada hai toxos, queirugas, pelos de raposo, tomelos...
Nos canóns fluviais e nas zonas baixas e soleadas do macizo atopamos unha vexetación
mediterránea formada por sobreiras, aciñeiras, érbedos, cantroxos, estevas... Por enriba dos
600 m de altura hai bosque mixto de carácter eurosiberiano formado por rebolos, bidueiros,
abelairas, pradairos e capudres. Nas proximidades das poboacións hai soutos, algúns moi
antigos.
Toda a área amosa as pegadas dun uso intensivo para o pastoreo e as repoboacións
forestais.
A zona acolle unha gran riqueza botánica, con máis de 900 especies e case cen endemismos
ibéricos
56. As árbores máis comúns son o carballo común (Quercus robur), o rebolo ou cerquiño
(Quercus pyrenaica), o carballo albar ou carba (Quercus petraea) (que ten aquí a súa
localización máis sudoccidental en Europa), o seu híbrido co carballo (Quercus x rosacea), o
bidueiro (Betula celtiberica), o acivro (Ilex aquifolium), a abeleira (Corylus avellana), o
ameneiro (Alnus glutinosa), o sanguiño (Frangula alnus), o teixo (Taxus baccata), o
cancereixo ou capudre (Sorbus aucuparia), o salgueiro cabuxo (Salix caprea), o abruñeiro
(Prunus spinosa), o pradairo (Acer pseudoplatanus), a pereira brava (Pyrus cordata). o freixo
(Fraxinus excelsior), a amieira (Alnus glutinosa)...
57. No val do Figueiro (O Invernadeiro) consérvanse os que sexan posiblemente os bosque máis antigos de
Galiza con carballos de máis de 500 anos acompañados de acivros, carbas, pradairos, bidueiros,
capudres, salgueiros... Esta área está catalogada como reserva integral e só é posible acceder a ela con
fins científicos (cunha autorización especial).
63. Podemos atopar un grande
número de plantas endémicas e
raras en Galiza: Allium
victorialis, Festuca elegans,
Festuca graniticola (exclusiva
do Macizo Central ourensán),
Festuca summilusitanica,
Hieracium rupicolum, Jasione
laevis subsp. carpetana,
Narcisus asturiensis, Serratula
legionensis, Teesdaliopsis
conferta, Armeria ciliata,
Ornithogalum concinnum,
Dianthus langeanus...
(Armeria ciliata)
64. Tamén hai un grande número de plantas vasculares endémicas ibéricas, raras ou pouco
comúns, como Anemone trifolia subsp. albida, Silene foetida, Veronica micrantha, Arenaria
tetraquetra, Silene Foetida, Silene ciliata, Viola bubani, Eryngium duriaei, Gentiana lutea,
Serratula legionensis... ou o ameazado Eryngium duriaei subsp. juresianum.
Eryngium duriaei subsp. juresianum.
Anémona (Anemone trifolia)
65. As matogueiras predominantes son as uceiras da asociación Genistello tridentatae-Ericetum
aragonensis, caracterizadas pola uz Erica australis subsp. aragonensis e a carqueixa
(Pterospartum tridentatum con dúas supespecies a cantabricum e a lasianthum). En solos
máis profundos e húmidos aparecen Erica arborea e as xesteiras de Genista florida subsp.
polygaliphylla e a xesta branca (Cytisus multiflorus).
Uz vermella (Erica australis).Uz, urce (Erica arborea)
66. Xesta branca (Cytisus multiflorus). Florece
na primavera nos matos do sur de Galiza.
Xesta (Genista florida)
71. Dentro da flora dependente de chans anegados destacan as que viven entre o leito de
rochas dos ríos e regatos (Galium broterianum, Oenanthe crocata, Carex elata subsp.
reuteriana); nas matogueiras desenvolvidas en pequenas depresións onde se acumula a
auga (Genista micrantha, Erica tetralix), que segundo o tempo que permanezan anegados
modifican a composición de especies, chegando á formación de turbeiras.
Xunca de algodón (Eriosphorum angustifolium). Vive en
lugares húmidos con solos acedos a certa altitude.
72. Hai numerosas especies de fentos, brións e hepáticas (algunhas moi raras en España, como
Aphanolejaeunea microscopica),
Fenta (Blecnum spicant)Dentabrú (Osmunda regalis)
73. ESPECIES DO ANEXO II
DA DIRECTIVA 92/43/CEE
Festuca elegans
Festuca summilusitana
Narcissus asturiensis
Narcissus
pseudonarcissusssp. nobilis
Veronica micrantha
Narciso (Narcisus asturiensis)
74. Rebentabois (Amanita muscaria).
Común nos bosques de bidueiros.
A humidade das zonas fondas dos vales
permite o desenvolvemento dunha grande
diversidade de fungos e liques que se
asentan no solo, entre as rochas ou nos
toros das árbores
Lobaria pulmonaria.
É un lique facilmente recoñecible polo seu grande
tamaño que se atopa sobre os toros das árbores.
75. ÁRBORES SENLLEIRAS
ÁRBORES SENLLEIRAS
Castiñeiro (Castanea sativa)
-Soutogrande (Vilariño de Conso)
-Pumbariños, no Souto de Rozavales
en Manzaneda
-Cubeiros (Placín, Manzaneda)
-Souto de Cernado (Manzaneda)
Castiñeiro de Soutogrande
(Vilariño de Conso)
-12,5 m de perímetro.
76. Castiñeiro de Pumbariños, no Souto de Rozavales en Manzaneda. É un dos de maior perímetro de Galiza,
con máis de 12 m, e supera os 500 anos. Foi declarado Monumento natural no 1995.
77. Castiñeiro de Pumbariños
no inverno
MONUMENTO NATURAL
“SOUTO DE ROZAVALES”
Pequeno espazo de 1,79 ha en San
Martiño de Arriba, no concello de
Manzaneda. É un souto formado
por castiñeiros moi antigos entre
os que destaca o castiñeiro de
Pumbariños.
78. No souto de Cernado (Manzaneda) hai algúns castiñeiros de bo porte. O máis grande, na imaxe,
sobrepasa os 9 m de perímetro.
83. FAUNA
Destaca pola riqueza da súa fauna silvestre. Hai 176 especies de vertebrados e
numerosos invertebrados, entre os que se atopan algunhas raras en Galiza.
INVERTEBRADOS
Hai unha gran variedade de insectos e arañas.
INCLUÍDAS NO ANEXO II DA
DIRECTIVA HÁBITATS
Lesma (Geomalacus maculosus)
Vacaloura (Lucanus cervus)
Lesma
Vacaloura
85. PEIXES
Hai dúas especies de peixes autóctonos ameazados,
o cacho (Squalius carolitertii), e a boga do Douro ou
escalo (Chondrostoma duriense).
ANFIBIOS
Limpafontes común (Lissotriton boscai), limpafontes
verde (Triturus marmoratus), ra patilonga (Rana
iberica), estroza (Hyla arborea), ra verde (Pelophylax
perezi), rá vermella (Rana temporaria), sapo
corriqueiro (Bufo calamita), sapo cunqueiro (Bufo
bufo), sapo raxado (Discoglossus galganoi)…
Ra patilonga
(Rana iberica) Sapo cunqueiro (Bufo bufo)
ESPECIES DO ANEXO II DA
DIRECTIVA 92/43/CEE
Chondrostoma polylepis
Rutilus arcasii
ESPECIES DO ANEXO II DA DIRECTIVA
92/43/CEE
Discoglossus galganoi
86. RÉPTILES
Víbora fociñuda (Vipera latastei),
víbora de Seoane (Vipera seoanei),
cobra de colar (Natrix natrix),
cobra de auga (Natrix maura),
cobregón (Malpolon
monspessulanus), esgonzo común
(Chalcides striatus), escáncer
(Anguis fragilis), lagarto das
silveiras (Lacerta schreiberi),
lagarto arnao (Timon lepida),
lagarta galega (Podarcis bocagei),
lagarta dos penedos (Podarcis
hispanica), lagarta rabuda
(Psammodromus algirus)...
Víbora de
Seoane
(Vipera
seoanei)
Lagarto das silveiras (Lacerta schreiberi)
ESPECIES DO ANEXO II DA DIRECTIVA 92/43/CEE
Lacerta monticola
Lacerta schreiberi
87. AVES
Especies propias de áreas de matogueira e rochedos, e en particular as aves de rapina:
aguia real (Aquila chrysaetos), aguia cobreira (Circaetus gallicus), tartaraña cincenta (Circus
pygargus), gatafornela (Circus cyaneus), azor (Accipiter gentilis), gabián (Accipiter nisus),
falcón peregrino (Falco peregrinus), lagarteiro (Falco tinnunculus), miñato común (Buteo
buteo), bufo real (Bubo bubo), moucho común (Athene noctua), avelaiona (Strix aluco), pica
dos prados (Anthus campestris), pica alpina (Anthus spinoletta), merlo rubio (Monticola
saxatilis), andoriña dos penedos (Ptyonoprogne rupestris), perdiz pardilla (Perdix perdix
subsp. hispaniensis), papoazul (Lucinia svecica, a única poboación galega), abellaruco
(Merops apiaster)...
Cotovía (Galerida cristata)
88. ESPECIES DO ANEXO II DA
DIRECTIVA 92/43/CEE
Aquila chrysaetos,
Circaetus gallicus
Circus pygargus
Circus cyaneus
Accipiter gentilis
Accipiter nisus
Falco peregrinus
Bubo bubo
Anthus campestris
Perdix perdix subsp. hispaniensis
Lucinia svecica
Águia real
(Aquila chrysaetos)
Bufo real (Bubo bubo).
Tartaraña cincenta
(Circus pygargus)
90. Gralla negra (Corvus corone). É común en toda
Galiza, pero máis raro na alta montaña.
Charrela (Perdix perdix subsp. Hispaniensis),
especie ibérica moi ameazada.
91. MAMÍFEROS
É un dos maiores valores do espazo: leirón (Glis glis), trilladeira nival (Chyonomis nivalis),
aguaneiro (Galemys pyrenaicus), lobo (Canis lupus), gato bravo (Felis sylvestris), marta
(Martes martes), armiño (Mustela erminea), tourón (Mustela putorius), lontra (Lutra lutra),
xabarín (Sus scrofa), corzo (Capreolus capreolus), lebre ibérica (Lepus granatensis)...
Hai varias especies reintroducidas: cervo (Cervus elaphus), cabra brava (Capra pyrenaica) e
rebezo (Rupicapra rupicapra).
ESPECIES DO ANEXO II DA
DIRECTIVA 92/43/CEE
Barbastella barbastellus
Galemys pyrenaicus
Lutra lutra
Rhinolophus ferrumequinum
Rhinolophus hipposideros
Aguaneiro (Galemys
pyrenaicus) ten nos numerosos
regatos un hábitat óptimo.
92. Corzo (Capreolus capreolus).
É o único cérvido que mantivo
permanentemente a súa
presenza en Galiza.
Lebre ibérica (Lepus granatensis).
Lobo (Canis lupus), ten unha poboación estable
no Invernadeiro.
94. Ponte romana de Larouco
sobre o Bibei
HISTORIA-PATRIMONIO CULTURAL
A zona estivo poboada desde tempos moi antigos, especialmente nas áreas de
clima máis benigno dos vales.
Consérvanse elementos etnográficos de interes e monumentos histórico-
artísticos.
Miliarios en Larouco
96. Prada (Manzaneda): aldea abandonada asentada nun circo glaciar.
PUNTOS DE INTERESE
-Vales glaciares: Cenza ou Couselo, Cabeza Pequena de Manzaneda, Marmentelo,
As Lamas, Cerveira, Forcadas e Requeixo, O Figueiro.
-Parque Natural do Invernadeiro
-Fervenzas: Arcos (Ribeira grande, O Invernadeiro), Cenza, afluentes do Conso
(Vilariño de Conso), San Lázaro.
-Cabeza de Manzaneda
-Encoro de Chandrexa de Queixa
-Codos do Larouco (canón do Bibei), miliarios e ponte romana.
-Portomourisco: ponte sobre o Xares.