Concellos: A Gudiña, A Mezquita, Viana do Bolo e Vilariño de Conso
O territorio é, na súa maior parte, de alta montaña, situado entre dous importantes macizos, Pena Trevinca e Macizo Central Ourensan, e varias serras de menor altitude. É unha sucesión de cumes e vales profundos e encaixados polos que circulan ríos das cuncas do Sil (Bibei, Camba e Conso) e do Douro (Rabaçal, con numerosas cabeceiras). O sur da Gudiña e os concellos de A Mezquita e Riós, coñécese como Terra de Frieiras.
É unha comarca con importantes valores ambientais e culturais.
CONCELLOS: Castro Caldelas, Montederramo, Parada do Sil e A Teixeira
A comarca de Terra de Caldelas está situada no centro-norte da provincia de Ourense, separada de Lugo polo profundo canón do río Sil.
É un territorio de grandes contrastes no relevo e no clima marcado polas grandes diferenzas de altitude entre o fondo do Val do Sil (300 m) e os cumes das serras (a máxima altura está no San Mamede, con 1.619 m), e pola diferente orientación á solaina ou avesía, o que da lugar a numerosos ambientes.
Nas áreas máis asolladas domina o cultivo da vide acollido, desde 1995 á D.O. Ribeira Sacra, dentro da subzona Ribas de Sil.
CONCELLOS: Melide, Santiso, Sobrado e Toques.
A comarca de Melide está situada no surleste da provincia da Coruña, separada de Lugo polas serras da Dorsal e de Pontevedra polo río Ulla. O territorio é moi variado en formas de relevo e na composición das rochas o que da lugar a unha gran diversidade paisaxística e biolóxica. Sitúase entre unha superficie achairada, as serras da Dorsal Galega que fan de linde polo leste e o profundo val do Ulla. Outros ríos que recollen as augas da comarca son o Mandeo e o Tambre, nos seus cursos altos.
Acolle importantes valores naturais asociados ás serras e aos ríos.
Concellos de Chandrexa de Queixa, Manzaneda, A Pobra de Trives e San Xoán de Río.
A comarca de Terra de Trives está situada no centro-norte da provincia de Ourense. Está asentada sobre un territorio cun releve moi accidentado e de grandes alturas no que se poden diferenciar dúas unidades de relevo en liña xerais: no leste, centro e sur un conxunto de serras que van elevándose ata acadar as máximas alturas na Cabeza Grande de Manzaneda (1.782 m), no Macizo Central; ao norte os restos dunha penichaira moi erosionada e dividida polos profundos vales dos ríos que desembocan no Bibei, en especial o Navea e o San Lázaro.
Acolle un importante patrimonio natural e cultural.
A comarca Terra de Celanova atópase ao oeste da provincia de Ourense, lindando con Portugal polo suroeste. O territorio é moi irregular e está formado polas serras Serras (Laboreiro, Outeiro de Augas, Montes de Bande, Monte Calvo e San Cibrao) e os vales dos ríos Arnoia e Deva e os seus afluentes. É unha área dun grande interesse natural e cultural.
Concellos: A Bola, A Merca, Cartelle, Celanova, Gomesende, Pontedeva, Quintela de Leirado, Ramirás e Verea.
A comarca dos Ancares inclúe os concellos de Baralla, Becerreá, Cervantes, Navia de Suarna, As Nogais e Pedrafita do Cebreiro. Está situada en plenas serras orientais galegas, ao leste da provincia de Lugo, no linde con León. É un territorio eminentemente de montaña onde se atopan serras que acadan case os dous mil metros altura. O río Navia atravesa a comarca de sur a norte e recibe numerosos afluentes que baixan das serras. Conserva importantes valores xeolóxicos (vales glaciares, canóns, fervenzas), ecolóxicos (diversidade de ecosistemas e de especies), e culturais.

A comarca de Quiroga, coñecida en grande parte tamén co nome do Courel, está situada ao sur de Lugo, lindando polo leste con León e O Barco (Ourense) e inclúe os concellos de Folgoso do Courel, Quiroga e Ribas de Sil. O territorio é, na súa maior parte, de alta montaña, agás o val do Sil, que a atravesa polo sur. Está percorrida por numerosos ríos, pertencentes á cunca do Sil, que escavan profundos vales.
É unha comarca dun grande interese natural que acolle pegadas glaciarias, monumentos xeolóxicos, paisaxes impresionantes en calquera época do ano, e unha grande biodiversidade.
Unha comarca do sur de Ourense, no linde con Portugal, formada polos concellos de Bande, Entrimo, Lobeira, Lobios e Muíños. De grande interese natural e cultural.
Concellos: A Rúa, A Veiga, Carballeda de Valdeorras, Larouco, O Barco de Valdeorras, O Bolo, Petín, Rubiá e Vilamartín de Valdeorras.
Está situada no surleste de Galiza, ocupando o norleste da provincia de Ourense, nos lindes con Zamora e León das que a separan os montes do Macizo de Trevinca e Enciña da Lastra.
O territorio presenta grandes contrastes entre o valdo Sil, de fondo aplanado, onde se asenta a maior parte da poboación e dos recursos, e as serras do norte (Cereixido, Cabalos, Lastra) e do centro e sur (Mouzón, Macizo de Trevinca), onde se atopan as maiores alturas de Galiza.
Cabana de Bergantiños, Carballo, Coristanco, A Laracha, Laxe, Malpica de Bergantiños e Ponteceso
A comarca de Bergantiños está situada no oeste da provincia de A Coruña e forma parte do amplo espazo coñecido como Costa da Morte. É un territorio de relevo moi accidentado cunha grande diversidade morfolóxica e litolóxica atravesado de SE a NO polo río Anllóns, a arteria principal que drena a comarca. Ten unha costa moi recortada na que alternan cantís, enseadas, rías e areais que son a base de actividades pesqueiras e turísticas.
Está situada ao surleste de Pontevedra, lindando con Ourense e Portugal dos que a separa o río Miño. O relevo, irregular, está condicionado pola serra do Suído, ao norte, a do Faro de Avión ao norleste, a Paradanta no centro, cruzando a comarca do norleste ao suroeste, entre as que se atopa o val e o curso alto do río Tea; e o río Miño ao leste e ao sur cara ao que se dirixen as pendentes e os afluentes Ribadil, Deva e Cea.
É unha comarca que acolle importantes valores naturais, ligados sobre todo aos rios e as serras.
CONCELLOS: Arbo, A Cañiza, Crecente e Covelo.
Concellos: Castrelo do Val, Cualedro, Laza, Monterrei, Oímbra, Riós, Verín e Vilardevós.
A comarca de Verín está situada no sur da provincia de Ourense, no linde con Portugal. O centro está ocupado pola depresión de Monterrei ou de Verín, unha foxa tectónica rodeada de montañas que segue unha inclinación lixeira de norte a sur, e atravesada polo río Támega e os seus afluentes. As maiores alturas atópanse ao norte, nas serras do Macizo Central.
Acolle zonas de gran interese natural.
Concellos: Arnoia, Avión, Beade, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, Leiro, Melón e Ribadavia.
O territorio da comarca sitúase ao abrigo das últimas serras da Dorsal Galega (O Suído e o Faro de Avión) e ocupa unha parte do val do Miño, o val do Avia e o curso baixo de Arnoia. As variacións de altitude e no releve determinan a existencia de áreas diferenciadas: os vales dos ríos e zonas próximas e as áreas de montaña, que chegan ata alturas superiores aos 1.000 m. Os principais valores naturais sitúanse nos cumes das serras e nos ríos, onde se conserva unha rica flora e fauna.
Inclúe parte do Macizo Central (Serras da Queixa, Montes do Invernadeiro, Altos do Samión e unha parte das de Fial das Corzas e San Mamede); parte do val do río Bibei, cos afluentes pola esquerda e parte do Xares, pola dereita; e o val do Navea entre os encoros de Chandrexa e Guistolas.
É unha área de elevado interese xeomorfolóxico e paisaxístico que acolle unha grande diversidade de hábitats e especies.
CONCELLOS: Carballedo, Chantada e Taboada.
A comarca de Chantada está situada no suroeste da provincia de Lugo, entre as serras da Dorsal (Martiñá, Faro, Farelo e Vacaloura), que lle serven de linde con Pontevedra e Ourense polo oeste, e o val do río Miño, ao leste, lindando coas Terras de Lemos. No territorio desta comarca distínguense claramente tres unidades: as serras, con altitudes superiores aos 1.000 m, a superficie de aplanamento de Chantada e o encaixado val do Miño, con paredes que nalgúns lugares acadan os 400 m de altura.
As serras e o río Miño son os grandes protagonistas da natureza da comarca e neles atópanse paisaxes e espazos naturais de gran beleza e valor ecolóxico.
Vigo é unha comarca que se extende por territorios que se asentan entre a costa e a Dorsal Galega e inclúe outras comarcas menores como o Miñor e a Louriña. O relevo é irregular sen grandes elevacións pero con fortes pendentes e poucas zonas chans, agás a Depresión Meridiana que atravesa a comarca de norte a sur e os tramos finais dos vales dos ríos.
A rede fluvial é moi densa e diversificada: forma parte da as cuncas do Miño e Verdugo e hai numerosos ríos menores que van directamente ao mar.
A pesar da intensa presión humana conserva numerosos lugares de interese natural, varios deles protexidos e numerosos parques urbanos e forestais, nos que se poden realizar rutas de sendeirismo.
CONCELLOS: Baiona, Fornelos de Montes, Gondomar, Mos, Nigrán, Pazos de Borbén, O Porriño, Redondela, Salceda de Caselas, Soutomaior e Vigo.
É un grupo de serras cos cumes aplanados situado na zona central da provincia de Ourense. No seu conxunto presenta unha forma redondeada de aspecto macizo escavada polas beiras polos profundos vales dos ríos que nacen nos cumes. Está rodeado polo val do Sil, polo norte, o val do Bibei polo leste, a depresións de Monterrei polo sur e as depresións da Limia e de Maceda polo oeste.
A Limia é unha comarca formada polos concellos de Baltar, Os Blancos, Calvos de Randín, A Porqueira, Rairiz de Veiga, Sandiás, Sarreaus, Trasmiras, Vilar de Barrio, Vilar de Santos e Xinzo de Limia. É unha área de marcado carácter rural que ten como núcleo fundamental a vila de Xinzo de Limia. Acolle unha gran diversidade de hábitats, desde as veigas húmidas da antiga lagoa da Antela, ata a alta montaña dos cumes que superan os mil metrose conserva importantes restos histórico-artísticos e etnográficos e festas de interese cultural como o Entroido.
CONCELLOS: Arzúa, Boimorto, O Pino e Touro.
A comarca de Arzúa está situada no sur da provincia da Coruña entre os ríos Tambre e Ulla.
O relevo está formado por unha sucesión de formas suaves que separan os vales do Tambre e Ulla e van gañando altura cara ao leste onde se atopan as estribacións dos montes do Bocelo.
Está atravesada por numerosos cursos de auga que fragmentan o territorio e circulan cara aos dous ríos principais.
Os espazos naturais de maior valor atópanse nos ríos Ulla e Tambre e nos seus afluentes.
Concellos de Cervo, Ourol, O Vicedo, Viveiro e Xove.
A Mariña Occidental forma parte da Mariña de Lugo. Abrangue o territorio comprendido entre a serra dos Cabaleiros, polo leste, e o río Sor, que fai de linde coa provincia da Coruña, polo oeste.
Acolle un importante patrimonio natural (espazos naturais fluviais, costeiros e de montaña) e cultural.

A comarca do Condado constitue unha unidade xeográfica ben definida asentada no val do río Tea, que inclúe case toda a súa cunca, agás un pequeno tramo do seu curso alto, desde as estribacións cara ao suroeste do Suído, ao norte; ao río Miño, ao que vai o Tea, ao sur; flanqueada polo leste polos montes da Paradanta, e polo oeste pola serra do Galleiro e os montes de Budiño. Os principais valores naturais da zona ofrecennos os ríos e as amplas e ricas paisaxes que se poden gozar desde os seus montes coroados, nalgúns casos, por formidables penedos.
CONCELLOS: Mondariz, Mondariz Balneario, As Neves, Ponteareas e Salvaterra.
CONCELLOS: Bóveda, Monforte de Lemos, Pantón, A Pobra do Brollón, O Saviñao e Sober.
A comarca de Terra de Lemos está situada no sur da Provincia de Lugo, entre os vales dos ríos Miño e Sil e os contrafortes do Courel. É unha área dunha grande diversidade morfolóxica e climática o que da lugar a unha grande variedade de ecosistemas con especies atlánticas e mediterráneas e a paisaxes dun grande interese. Ademais acolle un valioso patrimonio cultural.
Comprende os concellos de Allariz, Baños de Molgas, Maceda, Paderne de Allariz, Xunqueira de Ambía e Xunqueira de Espadañedo. Desde o punto de vista natural ten varias zonas claramente diferenciadas: as depresións de Maceda e unha pequena parte da Limia, o val do Arnoia e as serras que a limitan polo leste (Meda, San Mamede), onde se atopan as maiores alturas, en terreos dos concellos de Xunqueira de Espadañedo e Maceda. É unha comarca dunha gran riqueza natural, en especial na contorna dos ríos e serras; histórica, artística e etnográfica.
CONCELLOS: Cariño, Cerdido, Mañón e Ortigueira
A comarca de Ortegal atópase na costa nordeste da provincia da Coruña entre o Océano Atántico e o Mar Cantábrico. O territorio sitúase arredor da ría de Ortigueira, incluíndo as puntas de Estaca de Bares e Ortegal, cunha costa na que se combinan impresionantes cantís con rías, enseadas, esteiros e praias. No interior as terras baixas, formadas polos vales dos ríos Mera, Baleo e Maior e dous sistemas de serras: no oeste o Macizo da Capelada e no leste unha aliñación formada polas serras da Coriscada e Faladoira.
É unha comarca con grandes valores naturais nas serras, na costa e nos ríos.
El documento describe el clima de alta montaña. Las temperaturas son muy bajas en invierno y frescas en verano, y hay abundantes precipitaciones a lo largo del año que a menudo caen como nieve. La vegetación varía con la altitud y exposición a la luz solar. El climograma muestra altos niveles de precipitación y bajas temperaturas.
Este documento describe las maravillas de la alta montaña en Colombia. Explica que las zonas de alta montaña tienen glaciares de gran belleza aunque solo quedan 6 montañas con picos nevados y desaparecerán en 20 años. También describe que Colombia tiene el 60% de los paramos del mundo, ecosistemas que purifican el agua. Explora la vida y geografía de la alta montaña, incluyendo su diversa fauna como el cóndor, oso de anteojos y variedad de aves y mamíferos.

Este documento describe el ecosistema de matorral y pastizal de alta montaña. Explica que las duras condiciones climáticas de la alta montaña, como el frío y la falta de alimento, limitan el desarrollo de la vegetación y la diversidad de especies. Detalla algunos animales como el sarrio, el topillo nival y aves como la perdiz nival que se han adaptado a vivir allí. Finalmente, brinda información sobre el clima de montaña, caracterizado por inviernos fríos y veranos cortos,
El documento describe el clima y los procesos geológicos en las zonas glaciares y periglaciares. Explica que en estas zonas las temperaturas son extremadamente frías, casi no hay precipitaciones, y la nieve se acumula y se transforma en hielo permanente. También describe los diferentes tipos de glaciares, morrenas, circos, valles en forma de U, y otras características del relieve modelado por la acción de los glaciares.
El documento describe el clima de alta montaña, incluyendo que los cultivos se encuentran por debajo de los 1,000 metros, la vegetación varía según la altitud y latitud disponiéndose en pisos, y los habitantes se dedican principalmente a la ganadería, explotación del bosque y producción de energía hidroeléctrica.
Los ecosistemas terrestres y acuáticos se caracterizan por sus biotopos y biocenosis. Los terrestres incluyen bosques, cultivos y parques urbanos, mientras que los acuáticos son marinos como fondos arenosos y de agua dulce como ríos y lagos. Ambos están influenciados por factores como la temperatura, luz, humedad y oxígeno y albergan una gran diversidad de seres vivos.
Este documento describe los biomas de alta montaña. Explica que el clima se vuelve más frío y seco a mayor elevación, y que los suelos y vegetación también cambian de acuerdo a la altitud. Detalla algunas adaptaciones de plantas y animales a las condiciones extremas de la montaña, como hojas plateadas en plantas tropicales para reflejar la luz solar. Finalmente, señala que aunque los bosques montañosos se han alterado menos que en tierras bajas, ahora son explotados para madera y agricultura.
El documento describe dos zonas climáticas frías: la zona polar y la zona de alta montaña. La zona polar se encuentra al norte y sur de los círculos polares y tiene un clima muy frío debido a la inclinación de los rayos solares, mientras que la vegetación y fauna se han adaptado a estas condiciones extremas. La zona de alta montaña a más de 2500 metros también tiene un clima frío todo el año.
CONCELLOS: Amoeiro, Barbadás, Coles, Esgos, Nogueira de Ramuín, Ourense, O Pereiro de Aguiar, A Peroxa, San Cibrao das Viñas, Toén, Vilamarín e Taboadela.
Inclúe as serras do Eixe, A Mina, Calva e unha pequena parte da Segundeira, unha parte da do Canizo, os montes do Covelo e varios tramos do val do Bibei.
Linda co Parque Natural “Lago de Sanabria e arredores” (Zamora) e o Monumento Natural Lago da Baña (León).
É un espazo que combina a alta montaña con algúns vales de ríos nos que se dan condicións climáticas que propician a aparición dunha grande diversidade de animais e vexetais. Ademais ten un grande interese xeolóxico e paisaxístico.
O BAIXO MIÑO ocupa o extremo SO da provincia de Pontevedra, entre o río Miño e o mar. O territorio ten inclinación N-S, entre as estribacións cara ao leste da serra da Groba e as estribacións cara ao oeste da serra do Galiñeiro, e o río Miño. Está formado polos vales polos que baixan os últimos afluentes do Miño, todos eles de curto percorrido.
Pódense distinguir, a nivel paisaxístico, tres zonas: a costa, rectilinea, rochosa, sen apenas abrigos e batida constantemente polo mar; a montaña, unha sucesión de cumes achairados que ocupan o norte e o oeste; e os vales nos que se desenvolve unha intensa actividade agrícola.
É unha comarca con importantes valores históricos, etnográficos, paisaxísticos e ecolóxicos.
CONCELLOS: A Guarda, Oia, O Rosal, Tomiño e Tui.
CONCELLOS: Cerceda, Frades, Mesía, Ordes, Oroso, Tordoia e Trazo.
A comarca de Ordes está situada no centro da provincia da Coruña e articúlase arredor do río Tambre e os seus afluentes pola dereita, sobre todo o Samo e o Lengüelle que forman amplos vales. As maiores alturas atópanse no norte e sobrepasan pouco os 500 m.
Os principais valores naturais atópanse na contorna dos ríos, en especial do Tambre.
CONCELLOS: A Estrada e Forcarei
A comarca de Tabeirós-Terra de Montes está situada ao norte da provincia de Pontevedra, separada da Coruña polo río Ulla e de Ourense e a comarca do Deza polas serras da Dorsal que a limitan polo leste. É unha comarca cun relevo moi variado na que se diferencian tres áreas con características específicas. Ao norte as terras máis, baixas, no Val do Ulla, no centro terras de media altura e no sur e leste serras que acadan ata máis de 1.000 m de altitude.
A rede fluvial é tamén diversa e está estruturada arredor do Ulla, o Umia e o Lérez que, xunto cos seus afluentes forman multitude de vales.
A riqueza paisaxística e de espazos naturais é un dos importantes atractivos desta comarca na que se atopan varios espazos protexidos.
Tradicionalmente Cerdedo e Forcarei formaron a comarca coñecida como Terra de Montes.
A comarca coñecida como O Arenteiro ou O Carballiño está situada ao noroeste da provincia de Ourense, lindando coas de Pontevedra e Lugo. O territorio é moi irregular e está intensamente fracturado. Sitúase entre as serras da dorsal (Candán, Testeiro e Faro) coas súas estribacións cara ao sur e leste (Martiñá, Montes do Paraño) e os vales do Miño e os seus afluentes; Avia, do que colle a metade norte da cunca cos ríos Doade, Viñao e Arenteiro, e Barbantiño, do que colle a metade oeste. É unha comarca dunha grande riqueza natural, asociada aos vales dos ríos e á montaña.
CONCELLOS: Beariz, Boborás, O Carballiño, O Irixo, Maside, Piñor, Punxín, San Amaro e San Cristovo de Cea.
CONCELLOS: Antas de Ulla, Monterroso e Palas de Rei.
A comarca da Ulloa está situada na zona suroriental da provincia de Lugo a carón das serras da Dorsal Galega que lle fan de linde polo leste e sur. Ocupa un territorio chan resto dunha antiga superficie de erosión formada por bloques afundidos, con suaves ondulacións e moi incidido pola erosión dos ríos. Está rodeado en todo o seu contorno por serras de formas suaves e alturas que non sobrepasan os 800 m. O río principal é o Ulla que lle da nome á comarca e ten nela o seu curso alto e parte do medio. Acolle espazos de grande valor natural: a Serra do Careón, o canón do Ulla e en xeral todos os cursos dos ríos e as serras.
CONCELLOS: Camariñas, Vimianzo e Zas
A Terra de Soneira ten unha gran diversidade paisaxística: costa exposta e recortada (costa da Morte) costa protexida (Ría de Camariñas) vales fluviais (Val de Soneira -cunca do río Grande-, curso alto do río Castro e encoro da Fervenza no Xallas) e pequenas serras( Serra da Pena Forcada, serra de Santiago, Faro da Fontefría, estribacións de Buxantes e montes de Santa Bárbara ) que sen chegar aos cincocentos m de altura ondulan a paisaxe, enriquécenna e súrtena, segundo a súa estrutura e composición, de atractivas formas.
O concello de Vimianzo está situado, na súa maior parte, no núcleo do Val de Soneira -o val do río Grande-. Conta con dous pequenos tramos de litoral, na costa ao mar aberto e no interior da Ría de Camariñas. Está protexido no LIC/ZEC e ZEPA “Costa da Morte”.
A ría de Corme e Laxe está situada na Costa da Morte. Ábrese entre as puntas do Roncudo (ao norte) e Laxe (ao sur), na saída ao mar do río Anllóns. Nesta ría pódense distinguir dúas áreas diferenciadas: o interior, formado polo esteiro do Anllóns, protexido da forza do mar por unha barra de area de 2 km; e o resto do espazo, máis aberto, rochoso e recortado con algunhas zonas abrigadas nas que hai praias. As vilas máis importantes son Corme, Ponteceso e Laxe. Está protexida no LIC/ZEC “Río Anllóns” e “Costa da Morte” e na ZEPA “Costa da Morte”.
O concello de Ponteceso está situado na marxe dereita da ría de Corme e Laxe e na costa de mar aberto, entre as puntas do Roncudo e Queimada. Os principais núcleos de poboación son Ponteceso e Corme. Acolle áreas de grande valor paisaxístico e biolóxico asociados ás costas e ao río. Está protexida nos LICs/ZECs “Costa da Morte” e “Río Anllóns” e na ZEPA “Espazo Mariño da Costa da Morte”.
O concello de Laxe está situado no corazón da Costa da Morte, entre a ría de Corme e Laxe e o litoral de mar aberto. Ten unha costa moi diversa na que se alternan grandes areais e marismas, ría, enseadas, cabos, illotes, furnas... con tramos expostos e protexidos, zonas baixas e elevados cantís. É dun grande interese paisaxístico, xeolóxico e biolóxico. Está protexida no LIC/ZEC e ZEPA “Costa da Morte” e na Paisaxe Protexida “Penedos de Traba e Pasarela”.
O concello de Camariñas está situado no centro da Costa da Morte. Ten unha parte de costa moi exposta polo norte e o oeste e outra parte protexida, dentro da ría, polo sur. Acolle importantes áreas de interese paisaxístico, xeolóxico, ecolóxico e cultural. Está protexida no LIC/ZEC e ZEPA “Costa da Morte”,no Sitio Natural de Interese Nacional “Cabo Vilán” e no Lugar de Interese Xeolóxico “Praia do Trece”.
CABANA DE BERGANTIÑOS está situado no fondo e na banda sur da ría de Corme e Laxe, onde ten un amplo tramo de litoral, en parte protexido nos LICs/ZECs “Río Anllóns” e “Costa da Morte”.
O concello de Malpica de Bergantiños forma parte do tramo de litoral coñecido como Costa da Morte, unha sucesión de cantís abruptos entre os que se atopan algunhas praias e que inclúe as illas Sisargas.
Acolle importantes valores naturais e culturais. Parte do litoral está protexido no LIC/ZEC e ZEPA “Costa da Morte”.
O concello de Carballo forma da parte da Costa da Morte, unha costa exposta aberta ao océano e moi diversa, na que se alternan grandes areais e marismas, enseadas cabos, illas... con zonas baixas e elevados cantís. Parte do litoral está protexido no LIC/ZEC e ZEPA “Costa da Morte”.
O concello de Arteixo atópase na fachada atlántica, no comezo do tramo de costa coñecido como “A Costa da Morte”. Nos seus 19 km de costa atópanse cantís de distintas alturas, esteiros, coídos e extensos areais. É unha costa dun grande valor ecolóxico, paisaxístico e xeolóxico, cunha importante actividade industrial e turística. Unha parte está protexida no LIC/ZEC e ZEPA “Costa da Morte”.
O concello de A Laracha ten unha única parroquia que da ao mar, Caión. Está situada na Costa da Morte e ten un litoral que alterna cantís e areais de grande valor paisaxístico e biolóxico.
A costa comprendida entre a Punta de Mera e Torella é un espazo de mar aberto que separa as rías da Coruña e Betanzos-Ares. Un espazo de enormes valores paisaxísticos e ecolóxicos.
É unha ría curta e ampla, que se abre entre as puntas do Seixo Branco e Herminia, cunha separación de 4 km, e unha lonxitude total de 14 km, dos que case a metade corresponden á chamada ría do Burgo formada polo esteiro do Mero, que está separada da parte máis ancha pola frecha de Santa Cristina.
O concello de Oleiros ten unha liña litoral de case 40 km. Unha parte na ría do Burgo, outra na ría da Coruña, unha terceira mirando ao mar aberto e outra na boca da ría de Betanzos. Parte está protexida no LIC/ZEC e Monumento Natural “Costa de Dexo e Seixo Branco”
O concello da Coruña ten unha costa moi recortada e variada, parte na ría, onde se atopa o porto da cidade, e parte en mar aberto onde se suceden cantís e fermosas praias como as de Orzán e Riazor.
2. Encoro das Portas no río Camba, entre as serras do Invernadeiro
(á esquerda) e os montes de Parada da Serra (á dereita).
A comarca de Viana está situada no extremo suroriental da provincia de Ourense lindando
con Zamora polo leste e por Portugal polo sur.
O sur da Gudiña e os concellos de A Mezquita e Riós, coñécese como Terra de Frieiras.
O territorio é, na súa maior parte, de alta montaña, situado entre dous importantes macizos,
Pena Trevinca e Macizo Central Ourensan, e varias serras de menor altitude. É unha sucesión
de cumes e vales profundos e encaixados polos que circulan ríos das cuncas do Sil (Bibei,
Camba e Conso) e do Douro (Rabaçal, con numerosas cabeceiras).
É unha comarca con importantes valores ambientais e culturais.
4. CLIMA
Oceánico de montaña, con matices mediterráneos nalgunhas áreas do val do Bibei.
Outono no val do Camba
5. ACTIVIDADES
As principais son os servizos e a agrogandaría. Destaca o cultivo da castaña.
Hai unha gran área explotada por centrais hidoreléctricas.
Rabaño de cabras
6. PATRIMONIO
Conserva un rico patrimonio etnográfico e histórico artístico.
O Camiño de Santiago da Ruta da Prata atravesa a comarca de oeste a leste polos concellos da
Mezquita e A Gudiña.
Pazo da casa de Láncara (pazo
dos Cardóniga) na Mezquita
Ventá prerrománica da igrexa de
Viana do Bolo
7. Mina de Valgrande (A Barxa, A Gudiña). Foi explota para a obtención de estano e wolframio.
8. CONCELLOS
A Gudiña, coa serra do Canizo como fondo. A vila da Gudiña está
situada nun lugar de entrada natural a Galiza, por onde se
construíron as vías de comunicación.
A GUDIÑA
Está situado no suroeste da comarca, lindando polo sur con Portugal. O territorio ten unha
elevada altitude, que rara vez descende dos 800 metros e serve de divisoria de augas entre as
concas do Sil e do Douro. No centro atópase unha superficie de aplanamento enmarcada por
dous sitemas montañosos; ao norte a serra Seca e Parada; ao nordeste a Serra do Canizo,
prolongación da serra de Segundeira, ao oeste as prolongacións do Macizo Central e Serra do
Invernadeiro e a serra da Urdiñeira.
Os ríos principais son o Mente (no linde con Riós), o San Lourenzo, o Pereiro e o Pentes.
SUPERFICIE:
179,06 km2
POBOACIÓN:
1.392 habitantes (2015)
PARROQUIAS:
Barxa, O Canizo,
Carracedo da Serra, A
Gudiña, Parada da Serra,
Pentes, San Lourenzo de
Pentes e O Tameirón.
9. Prados e ovellas no val do río Pentes
As principais actividades son o comercio, a hostalería, a construción e demais servizos, e a
agrogandaría.
Os valores naturais están asociados ás serras onde se consevan carballeiras e soutos de
grande valor e nas que se poden facer rutas de sendeirismo.
Pola Gudiña atravesa a Vía da Prata que se dirixe a Santiago desde o sur.
Detalle da igrexa da Gudiña
10. SUPERFICIE:
104, 25 km2
POBOACIÓN:
1.109 habitantes (2015)
PARROQUIAS:
Cádavos, Castromil,
Chagoazoso, A Esculqueira,
Manzalvos, A Mezquita, O
Pereiro, Santigoso e A
Vilavella.
Cádavos, coa serra da Azureira ao fondo
A MEZQUITA
Está situado no surleste da comarca, nos lindes con Zamora e Portugal. As maiores alturas
atópanse ao norte nas serras do Canizo e a Segundeira (Aguallal, con 1.440 m). Ao leste, no
límite con Zamora atópanse as serras do Marabón e A Azureira e ao sur, no límite con
Portugal, a serra da Esculqueira. O centro e sur do concello é unha extensa superficie inclinada
de N a S con vales pouco profundos na que sobresaen pequenas elevacións de formas suaves.
Os ríos forman parte da conca do Douro, son pequenos regos das cabeceiras do Rabaçal como
o Cádavos e o Rego das Veigas.
11. Detalle da Vila da Mezquita
As principais actividades son os servizos e a grogandaría. Destaca o cultivo de castañas.
Dentro do concello está o LIC Pena Maseira.
Tén un rico patrimonio cultural: pazos, igrexas, casas tradicionais.
Campo de centeo, un cultivo que aínda se
pode ver nas terras altas da Mezquita
12. SUPERFICIE: 270,35 km2
POBOACIÓN: 3.037 habitantes
(2015)
PARROQUIAS: Bembibre,
Caldesiños, Cepedelo, Covelo,
Fornelos de Filloás, Fradelo, Froxais,
Grixoa, Hedroso, Louzaregos,
Mourisca, Paradela, Penouta,
Pexeiros, Pinza, Pradocabalos,
Pradorramisquedo, Punxeiro, Quintela
de Hedroso, Quintela de Umoso,
Quintela do Pando, Ramilo, Rubiais,
San Cibrao, San Mamede, San
Martiño, Santa María da Ponte,
Sever, Solbeira, Tabazoa de Hedroso,
Tabazoa de Umoso, Viana do Bolo,
Vilardemilo, Vilarmeao, e Vilaseco da
Serra.
Médulas de Caldesiños, una antiga explotación romana de ouro polo
método de “ruína montium” preto do Bibei.
VIANA DO BOLO
Está situado ao nordeste da comarca, no linde con Zamora.
O releve é moi complexo, con gran número de serras e vales fluviais encaixados. Ao norte e
leste está a serra Calva, coa máxima altitude na pala Cerrada, con 1.79 m. No centro os vales
do Bibei, Camba e Conso. No sur a serra do canizo e no oeste as estribacións da serra da
Queixa. A rede fluvial depende do Bibei que percorre o concello nun val encaixado facendo
un arco, primeiro en dirección sur, facendo linde con Zamora e despois cambia a dirección
norte. Recibe o Camba e o Conso e numerosos regos de curto percorrido que baixan das
serras que rodean o seu curso.
13. Vista xeral da vila de Viana do Bolo ao pé do encoro do
Vao, na confluencia dos ríos Bibei e Camba.
As principais actividades son a agrogandaría e os servizos. Destaca o cultivo de viñedos
nalgúns lugares protexidos do val do Bibei.
É un concello con importantes valores naturais, sobre todo na Serra Calva, dentro do LIC
“Pena Trevinca” e nos vales dos ríos.
Tén un rico patrimonio etnográfico e histórico-artístico: pontes, casas tradicionais, muíños,
castros, castelos, igrexas, pazos…
Torre de Viana do Bolo, restos dun castelo do
século XV. Acolle un museo etnográfico que
recolle a cultura tradicional da zona.
14. VILARIÑO DE CONSO
Ocupa a zona noroeste da comarca cun territorio que forma parte na súa totalidade do
macizo Central e caracterízase pola súa elevada altitude e o releve formado por aliñacións de
serras que se estenden desde Manzaneda con dirección NO-SE e rematan
perpendicularmente ao val do Conso que percorre o extremo leste do concello de SO a NE. As
principais serras son Fial das Corzas e Invernadeiro, onde se atopan os cumes máis altos
(Castrelo Grande, con 1.613). Entre as serras circulan varios ríos que verten ao Bibei: Ribeira
Grande e Ribeira pequena, afluente do Camba; Conso ou Cerveira e o seu afluente o Cenza ou
Couselo.
SUPERFICIE:
200,17 km2
POBOACIÓN:
615 habitantes (2015)
PARROQUIAS:
Castiñeira, Chaguazoso,
Conso, Mormentelos,
Pradoalvar, Sabuguido, San
Cristovo, San Mamede de
Hedrada, Veigas de Camba
e Vilariño de Conso.
Paisaxe de Vilariño de Conso
15. É un concello rural, sen grandes núcleos de
poboación e moi despoboado. As principais
actividades son a agrogandaría (sobre todo
ovellas e vacas) e os servizos.
Acolle importantes valores naturais:
pegadas glaciares, ecosistemas de gran
diversidade, paisaxes espectaculares,
fervenzas, bosques… Unha grande parte
está protexido no Parque Natural serra do
Invernadeiro e no LIC “Macizo Central.
As Edradas, no val do río Conso
Vilariño de Conso, no
val do río Conso
16. RELEVO
Serra da Segundeira e Azoreira, e formas suaves e vales pouco escavados
A comarca de Viana ten un releve moi irregular formado por antigas superficies de erosión
moi desgastadas e fracturadas nas que os ríos escavaron profundos vales aproveitando as
numerosas fracturas do terreo. Todo o territorio é unha alternacia de montañas e vales, máis
elevadas e escarpadas no norte e leste e de formas máis suaves no sur.
Ao norte atópanse as serras do Invernadeiro, A Serra da Queixa e a Serra Calva. Ao leste O
Canizo, Segundeira e Azoreira. Ao sur Pena Maseira e A Esculqueira. Ao oeste a Urdiñeira, a
Serra Seca e Fial das Corzas. Ademaís, no interior, entre os vales dos diferentes ríos, atópanse
unha serie de elevacións menores como a Cabeza Grande (1.250 m) ou o Alto dos Picaños
(1.104 m). As máximas alturas son o Aguallal, na serra Segundeira (1.669 m) no linde con
Zamora e o Castelo Grande, na serra do Invernadeiro (1.613 m).
17. Os materiais son moi variados: lousas, cuarcitas, granitos, pelitas, e distintos tipos de
sedimentos nos vales dos ríos.
Son serras dun grande valor xeolóxico que conservan numerosas mostras da actividade dos
glaciares.
Vista leste da serra da
Queixa no val do
Conso. As lousas e as
fortes pendentes
dificultan o
asentamento da
vexetación.
18. Vexetación na serra do Invernadeiro: matogueiras,
especies caducifolias e piñeiros de repoboación.
A grande diversidade do relevo e a variedade de alturas da lugar á formación de ecosistemas
diversos: pradeiras e matogueiras nos cumes, fragas nas abas avesías e soutos nas áreas máis
humanizadas que acollen a unha rica e variada fauna.
19. Turbeira, formación carácterística dos
cumes chans e asolagados.
Piñeiro rubio (Pinus sylvestris). A especie de piñeiro que se
emprega para repoboar zonas de montaña.
21. Dente de can (Erytronium dens-canis). Pódese atopar
na primavera nas montañas máis altas da comarca.
Tollemerendas (Crocus serotinus). Una das primeiras
flores que asoman na primavera.
23. Carpaza boieira (Halimium alyssoides).
Forma parte dos matos de terreos secos.
Cantroxo ou arzaia (Lavandula stoechas).
Arbustiño aromático que se atopa por toda a área de
clima mediterráneo.
26. Cabra.
As cabras e as ovellas
son o gando máis común
nas serras da comarca
de Viana.
27. Cumes da serra de Fial das Corzas
SERRA DE FIAL DAS CORZAS
Esténdese polo linde entre Vilariño de Conso e a comarca de Verín, con orientación N-SE. É
unha serra de cumes redondeados formada por areíscas e lousas. Os cumes máis altos na
comarca son a Cabeza da Veiga do Fial, con 1.552 m e Cabeza do Pozo Negro, con 1.536 m
Nas súas vertentes nacen os ríos Ribeira Grande e Pequena.
A maioría da vexetación é mato e bosques nas partes baixas.
Accedese desde Laza por Camba, ou desde os Montes do Invernadeiro por pistas sen asfaltar. Pódese
seguir a ruta ata Manzaneda. Desde os cumes hai unhas vistas espectaculares de toda a comarca e do
Macizo Central.
29. Vista suroeste da Serra do Invernadeiro co val do Camba á dereita
MONTES DO INVERNADEIRO
Esténdense desde o Pico do Seixo ata o Val do río Camba, con orientación NO-SE. Están
formados por xistos, lousas e cuarcitas. Están limitadon polos ríos Ribeira Grande e Conso que
escavan profundos vales e desembocan no Camba no encoro das Portas. Os cumes máis altos
son o Pico do Seixo, con 1.707 m, e Castrelo Grande, con 1.608 m.
A zona ten moito interese xeolóxico, paisaxístico, botánico e faunístico. Posúe unha gran
riqueza vexetal con especies atlánticas e mediterráneas, bosques de ribeira e amplas áreas
repoboadas con piñeiro silvestre. Está declarado Parque Natural.
Accedese pola estrada de Verín a Campobecerros.
30. Val do Ribeira Grande desde O Seixo. Na cabeceira do río Ribeira Grande, debaixo do Pico Seixo atópase o
circo glaciar de Guasenza ou Figueiro, unha Reserva Integral con bosques de gran valor ecolóxico.
32. Cumes da Serra da Queixa
SERRA DA QUEIXA
Ocupa a parte central do Macizo Central, con orientación N-S e nela atópanse os picos máis
altos. Nesta comarca atópanse as estribacións cara ao leste entre os vales dos ríos Cenza e
Conso. As rochas dominantes son os granitos de dúas micas. Os cumes máis altos son Alto da
Pioreta (1.537 m), Brotiais (1.532 m) e Pena Forcada (1.426 m.)
O relevo deste macizo é de formas suaves e redondeadas, aplanadas polos glaciares e
nalgunhas zonas sobresaen formacións graníticas acasteladas. Na vertente oriental nacen os
ríos Cernado, Cenza e Conso, que escavan vales profundos con grandes desniveis.
É una serra que conserva importantes mostras do glaciarismo en sobre todo no val dos ríos
Cenza.
Accedese desde Pradoalvar, Chagoazoso (polo encoro do Cenza) ou Mormentelos.
34. Vista desde os cumes da serra da Queixa carao ao val do Cenza
35. Encoro de san Sebastián no val do Bibei, no linde con
Zamora. Á esquerda a serra Calva.
SERRA CALVA
Esténdese desde Pena Trevinca cara ao sur, pola fronteira con Zamora e facendo límite entre
os concellos de Viana do Bolo e A Veiga. Prolóngase polo oeste ata o pico de San Bernabé, con
1.127 m, ao sur do Bolo, e cara ao sur polos Montes de Viana.
O montes máis altos nesta comarca son Pala Cerrada (1.580 m) e Pedra dos Altares (1.580 m).
Está rodeada polo río Bibei polo leste, o sur e o oeste.
Está formado por granitos e gneis “ollo de sapo”
Accedese desde a estrada que vai de Vilavella (nas proximidades da Canda) a Porto de Sanabria. Pódense
facer rutas desde Pradorramisquedo (Viana do Bolo) e Xares (A Veiga).
Ollo de Sapo
36. Vista da Serra Calva (Sextil do Can) na zona de Pradorramisquedo
37. Vista xeral da serra
SERRA SEGUNDEIRA
Situada maioritariamente en Zamora, agás na zona do Alto do Torno, ao norte, no límite coa
Serra do Eixe, con 1.944 m; e o Pico de Aguallal, ao sur, con 1.664 m, ao sur, no concello da
Mezquita. Está formada por granitos e ollo de sapo.
Accedese desde a estrada que vai de Vilavella (nas proximidades da Canda) a Porto de Sanabria.
38. Tunel no Portelo da Canda, a1.262 m de altitude. Entre o Valdeinfantes (1.440 m, na
Serra Segundeira, (A Mezquita) e o Marabón (1.493 m, Zamora).
39. Vista norte da serra do Canizo. Na aba
nodeste, seguindo o val do Bibei, o Canizo cae
en paredes moi inclinadas onde abondan as
fervenzas en época de chuvias.
SERRA DO CANIZO
Unida á Segundeira, con orientación NE-SO, está rodeada polo profundo val do Bibei polo
norte e leste, e polo Canela (afluente do Camba) no oeste, no límite entre A Gudiña e Viana
do Bolo. O monte máis alto é O Testeiro, con 1446 m.
Accedese desde A Gudiña ou Viana do Bolo.
Monte Testeiro
41. Vista xeral da serra da Azoreira
SERRA DA AZOREIRA
Situadoa entre A Mezquita e Zamora, con orientación N-S. Está formada por materiais
graníticos. Os puntos máis altos son Azoreira, con 1.394, Uzal, con 1.361 m, e O Castelo, con
1.306 m. No estremo norte está o Portelo da Canda, paso natural das estradas de Galiza á
Meseta. Os ríos verten á conca do Douro.
Accedese desde A Mezquita.
42. Penedo dos tres Reinos (1.004 m). É un pequeño cume no alto dunha serra de formas planas. Está situado ao sur da serra
da Azoreira e nel conflúen Galiza, Castela e Portugal. Accedese desde Cádavos.
43. Vista xeral da Mezquita coa serra da Esculqueira ao fondo
SERRA DA ESCULQUEIRA
Pequena serra con orientación NO-SE situada ao sur do concello da Mezquita limitando con
Portugal. Está formada por granitos hercínicos de dúas micas. O punto máis alto é o Serro ou
Medo, con 1.143 m. Os ríos son afluentes do Açureiro que vai ao Douro.
Nas partes altas domina o monte baixo (xestas, uces, carqueixas, carrascos, tomelo...) e as
brañas. Nos vales consérvanse fragas de cerquiños mesturados con sanguiños e bidueiros.
Abondan os soutos de castiñeiros, algúns moi vellos e hai grandes áreas repoboadas de
piñeiros.
Accedese desde A Mezquita pola estrada de Chaguazoso e Manzalvos.
45. SERRA DA URDIÑEIRA
Segue una dirección norte-sur no linde entre os concellos de Riós (comarca de Verín) e A
Gudiña (Comarca de Viana). Os cumes máis altos son A Urdiñeira, con 1.146 m, e O Bruzo con
1.134 m.
Accedese desde Parada da Serra (A Gudiña) ou desde Pedrosa (Riós).
46. Covas das Choias ou Casa das Grallasos nos cumes da serra da Urdiñeira, a cabalo da raia que delimita os concellos de A
Gudiña e Riós, nunha paisaxe singular, unha parede vertical de cuarcitas e xistos, materiais de dureza e consistencia
diferente, nos que os séculos de erosión, deron lugar a curiosas formas e algúns agochos entre os que destaca pola súa
estrutura e situación esta cova, unha cavidade que se abre en varios arcos cara ao leste e desde a que podemos gozar de
fermosas panorámicas.
47. MONTES DE PARADA DA SERRA
Esténdense con dirección leste-oeste seguindo o curso do río Camba. Os cumes máis altos son
o Alto de Rebouzo (1.113 m), e Val do Cabo (1.079 m).
48. SERRA SECA
Esténdese con dirección leste-oeste entre A Gudiña e o val do Camba. É una serra de formas
redondeadas, moi erosionada e afectada polos incendios forestais. A máxima elevación é o
Alto dos Picaños, con 1.104 m. Na aba sur nacen as cabeceiras do río San Lourenzo que vai ao
Rabaçal, na cunca do Douro.
49. Val Glaciar do Cenza.
No Corvo de Cavalo, na
vertente sudoriental da
serra da Queixa, ocupando
o curso alto do río Cenza
consérvanse as melloras
mostras das glaciacións de
Galiza: circo glaciar en
forma de funil, morrenas
laterais, rochas de aspecto
aborregado pulimentadas
e estriadas polo xeo, unha
lagoa estacional de orixe
glaciar, turbeiras...
Parte do val está ocupado
por un encoro.
ACTICTIVIDADE GLACIAR
Durante as glaciacións do final do Cuaternario (Würm), a alta zona achairada da Queixa estivo
ocupada por un glaciar de casquete ata os 1.250 m e en cotas máis baixas por varios glaciares
de circo e lingua.
Desta época consérvanse numerosas pegadas nas serras de Queixa, Invernadeiro e Calva:
circos glaciares de Guasenza, Forcadas, Cernados e Mallada-Cerveira, vales do Munxidoiro e
Corvo de Cabalo, morrenas de Chaguazoso...
50. Rocha traballada polo xeo
Morrena de Chaguazoso,
situada na poboación do
mesmo nome, a 1.290 m de
altitude. É unha morrena
lateral da marxe esquerda do
val do río Cenza. É a morrena
glaciar mellor conservada de
Galiza, formada por grandes
bloques graníticos entre os que
están asentadas as casas da
poboación.
Morrena no val Glaciar do
Cenza, na cabeceira do encoro.
53. RÍOS
A rede fluvial da comarca de Viana forma parte de dùas concas separadas polas serras do
Canizo e Seca. A maior parte do territorio verte cara ao norte á conca do Sil a través do Bibei e
os seus afluentes. No sur, numerosos regos forman as cabeceiras do río Rabaçal que circula
cara a portugal a xuntarse co Túa, un afluente do Douro.
Os ríos teñen un réxime pluvio-nival con augas altas no inverno e primavera. Discorren por
vales profundamente encaixados e son frecuentes os rápidos e fervenzas.
Nos canóns dos ríos son frecuentes as pozas e túneis que
a auga escava nas pedras durante moitos anos.
Río Cenza en Castiñeiras
(Vilariño de Conso)
54. Río Bibei no encoro do Vao
Na contorna dos ríos consérvase un rico patrimonio histórico e etnográfico: muíños, pontes...
Unha grande parte do sistema Bibei-Camba-Cenza está afectada por grandes encoros.
55. Ponte romana sobre o río Conso, no camiño de
Pradoalvar ao castelo de Cerveira. Declarado ben de
interese cultural.
Muíño e Penafurada, no río Pentes en Barxas (A Gudiña)
O furado, de entre 20 e 30 m de longo, desvía a corrente do
río Pentes para permitir o acceso ás bocas das minas de
Valgrande (estano e o volframio) sen ter que pasar pola
auga.
56. Nos cursos fluviais e na súa contorna hai unha rica flora e fauna. Nas ladeiras máis protexidas
e expostas ao sol danse especies de tipo mediterráneo.
Nos prados da beira do río pódense atopar varias
especies de narcisos, entre elas o de flores máis
grandes e vistosas é o Narcissus pseudonarcissus
ou herba de San Xosé.
57. Canón do Bibei en Pradorramisquedo.
A estrada que vai de Viana do Bolo a Pradorramisquedo
e Porto de Sanabria segue o canón do Bibei. En diversos
puntos pódense ver vistas espectaculares do río,
fervenzas, pozas…
RÍO BIBEI
Nace na vertente zamorana de Pena Trevinca a 1.900 m de altura. Percorre os concellos de
Viana do Bolo, o Bolo, Manzaneda, Pobra de Trives e fai a divisoria entre Ribas de Sil e
Quiroga. Desemboca no Sil nas proximidades de Montefurado.
O seu curso alto, de direción norte sur, salva un forte desnivel aproveitando antigos vales
glaciares labrados en granitos e gneis “ollo de sapo” . Cando penetra en Galiza vira
bruscamente ao Norte e rodea o Macizo de Pena Trevinca. Desde Viana do Bolo (a 733 m de
altura) ata que se une co Sil (a 290 m) o Bibei discorre por un canón de 40 km de lonxitude e
ata 500 m de profundidade excavado en granitos, xistos e gneis.
Na comarca de Viana recibe pola esquerda ao Sariñas,
Camba e Conso; e pola dereita Sete Nabos, Campiña,
Porta da Arca e Pontón. No inverno increméntase o
caudal cos numerosos regos que baixan das serras
formando fermosas fervenzas.
59. O Bibei en Viana do Bolo, entre a serra do Canizo e a Calva
60. Fervenza nun rego afluente do Bibei que cae da serra do
Canizo. Vista desde Dradelo.
Na estrada que segue o val do Bibei pola aba nordeste
do Canizo é frecuente ver regos que forman fervenzas na
época de chuvias.
Paradela (Viana do Bolo)
Rego de Porto Ferrado (Bibei)
61. Encoro de O Bao no Bibei. A orografía da cunca do Bibei, un val estreito é fondo, é
aproveitada para encoralo en varios puntos e obter enerxía eléctrica.
63. Fervenza de Arcos (Montes do Invernadeiro)
RÍO CAMBA
Nace nos Altos de Gancedo (Camba-Laza), rodea polo sur o Macizo Central ourensán, pasa polos concellos
de Castrelo do Val, Vilariño de Conso e Viana do Bolo, e bótase no Bibei en Viana do Bolo. Os afluentes
máis destacados son o Ribeira Grande, o Ribeira Pequena e o Carracedo.
Corgo das Rubias, nos Montes do Invernadeiro
64. Río Ribeira Grande. Nace debaixo
do Pico do Seixo, nos Montes do
Invernadeiro e xúntase ao Camba
no encoro das Portas.
Río Ribeira Pequena. Baixa desde o
alto de Fial das Corzas ata xuntanse co
Camba no encoro das Portas, no
Parque Natural do Invernadeiro.
65. Encoro das Portas no río Camba, o
segundo de Galiza en volume de auga.
Presa das Portas, de 141 m de altura, a maior de Galiza.
Rego das Corgas. Río Canelas (Camba).
Pixeiros-Viana do Bolo.
66. Río Conso nas Hedradas
RÍO CONSO
Chamado Cerveira na súa cabeceira. Nace no Sextil Branco (Serra de Queixa) e baixa entre os Montes do
Invernadeiro e os os montes da Pioreta e a Culadiña, cambiando bruscamente de dirección cara ao norte
para xuntarse co Bibei no encoro do Bao, entre Viana do Bolo e Vilariño de Conso. O principal afluente é o
Cenza.
67. Fervenza en Pradoalvar, no río Conso. Atópase no comezo da ruta
que sae de Pradoalvar cara á serra (castelo de Cerveira).
Corga do Val do Cenza
Pradoalbar-Vilariño de Conso
68. Fervenza da Louseira. En Entrecinsa, na parroquia de
Sabuguido.
Corga de Reboredo-Gorbias. Entrecinsa-Sabuguido
(Vilariño de Conso)
70. RÍO CENZA
Fórmase no antigo circo glaciar do Corvo do Cavalo, na vertente leste de Cabeza de Manzaneda, e xúntase
ao Camba en Vilariño de Conso. O seu tramo alto quedou asolagado por un encoro que fixo desaparecer o
mellor val glaciar de Galiza e interesantes representacións de turbeiras de montaña.
O río Cenza nas abas da serra da Queixa
71. Salto da Cenza (Castiñeiras, Vilariño de
Conso).
Un desnivel en rochas graníticas de máis
de100 m de altura (é a fervenza máis alta de
Galiza). Antes do salto o río forma un pequeno
canón con varios saltos máis pequenos, pozas
e rápidos.
72. Río Pereiro ou Diabredo, na Mezquita
CABECEIRAS DO RÍO RABAÇAL
O sur da comarca de Viana está percorrido por varios ríos e regatos que baixan das serras dos
Entirlos, Teixeira, Urdiñeira, Seca, Canizo, Azureira e Esculqueira.
O principal é o Mente que percorre un pequeño tramo no linde entre A Gudiña e Riós e
intérnase en terras portuguesas ata xuntarse co Rabaçal, un afluente do Tua, da cunca do
Douro.
Outros ríos que forman as cabeceiras do Rabaçal son o Moas ou Pentes (Cabeceiras: San
Lourenzo, Ribeiriña e Pereiro); e o Rego das Veigas e Cádavo que forman en Portugal o
Açúreiro, outro afluente do Rabaçal.
Pontella no Rego das Veigas, na Mezquita
75. Río Mente no linde entre
A Gudiña e Riós
Río Parada (Mente)
na Urdiñeira
76. AS ÁRBORES
Rebolos nos Montes do
Invernadeiro
Na comarca de Viana consérvase algunha áreas con bosques autóctonos formados por
carballos do país e rebolos, refuxiados nas abas máis abruptas das serras e no fondo dos vales
dos ríos. Una grande superficie de monte está ocupada por piñeiros de repoboación.
Nas áreas poboadas hai grandes superficies adicadas a soutos para o cultivo das castañas, un
dos recursos da comarca. Por toda a zona aparecen exemplares de castiñeiros monumentais.
(P) Incluídos no
Catálogo de Árbores
Senlleiras da Xunta
de Galiza.
77. Souto na Mezquita
Castiñeiro (Castanea sativa)
A Ribeira (Manzalvos, A Mezquita) (P)
Cádavos (A Mezquita) (P)
Prado da Ponte (Cádavos, A Mezquita) (P)
O Val (A Mezquita)
Varios (Manzalvos, A Mezquita)
Chagoazoso (A Mezquita)
Souto dos Trogais (Cádavos, A Mezquita)
Quintela de Umoso (Viana do Bolo)
Dradelo (Viana do Bolo)
Mesexo (Viana do Bolo)
Edroso (Viana do Bolo)
Pinza (Viana do Bolo)
Mosexos (Pinza, Viana do Bolo)
Caldesiños (Viana do Bolo)
Seoane de Abaixo (Caldesiños, Viana do Bolo)
Seoane de Arriba (Solbeira) (Viana do Bolo)
Santuario do Pai Eterno(Viana do Bolo)
Soutogrande (Vilariño de Conso)
78. Castiñeiro da Ribeira. Manzalvos (A Mezquita)
Ten arredor de 500 anos, 25 m de altura e 10,85
m de perímetro no toro. (P)
Castiñeiro das Necas-Prado da Ponte
(Cádavos, A Mezquita)
-9,60 m de perímetro. (P)
79. Castiñeiro O Val. Manzalvos (A Mezquita).
-6,90 m de perímetro no toro.
Castiñeiro “O Mola”. Chaguazoso (A Mezquita).
Mide 9,50 m de perímetro. Foi queimado e só lle
queda unha ponla.
82. Castiñeiro de Dradelo. Viana do Bolo.
Castiñeiro en Seoane de Arriba
(Solbeira, Viana do Bolo)
-9,65 m de perímetro.
83. Castiñeiro da Parranda (Seoane de Arriba,
Viana do Bolo) -12, 10 m de perímetro
Castiñeiro en Pinza (Viana do Bolo
-11,16 m de perímetro
Castiñeiro en Caldesiños (Viana do Bolo)
-8,16 m de perímetro
84. Castiñeiro O Real (Viana do Bolo)
-15,30 m de perímetro
Castiñeiro en Edroso (Viana do Bolo)
85. Carballo (Querqus robur)
Pai dos Rebolos (Dradelo Viana do Bolo) (P)
Fieiró (Montes do Invernadeiro)
Pai dos Rebolos (Dradelo, Taboaza de Umoso,
Viana do Bolo)
Carballos nos Montes do Invernadeiro
87. ESPAZOS PROTEXIDOS
Vista dos Montes de
Invernadeiro desde
Fial das Corzas
PARQUE NATURAL SERRA DO INVERNADEIRO
Situado no Surleste do Macizo Central, cunha superficie de 5.722 ha, no concello de Vilariño
de Conso. É un espazo de alta montaña con cumes que acadan máis de 1.700 m e profundos
vales fluviais formados polos ríos Ribeira Grande e Ribeira Pequena que desembocan no
Camba no encoro das Portas.
Accedese desde Campobecerros. Precísase solicitar un permiso da Delegación da Consellería de Medio
Ambiente de Ourense.
88. O espazo ten un grande interese xeolóxico, paisaxístico, botánico e faunístico. Posúe unha
gran riqueza vexetal con especies atlánticas e mediterráneas, bosques de ribeira e amplas
áreas repoboadas con piñeiro silvestre. Destaca pola riqueza da súa fauna silvestre, con 150
especies de vertebrados (40 mamíferos e 90 aves).
Polygala microphylla
Cervo (Cervus elaphus). Foi reintroducido e críase
en espazos pechados para logo soltalo.
89. Pradoalvar
LIC MACIZO CENTRAL
É o segundo espazo protexido máis extenso de Galiza, 45.196 ha nas serras do Macizo Central
ourensán. Nesta comarca inclúe os Montes do Invernadeiro e parte das serras de Fial das
Corzas e Eixe, nos concellos de Viana do Bolo e Vilariño de Conso. Conéctase co LIC Pena
Trevinca a través do val do Bibei.
90. Tollemerendas e narcisos, as primeiras flores
da primavena na montaña.
Ao ser unha superficie tan ampla e co relevo tan variado atopamos ecosistemas moi diversos
tanto de tipo mediterráneo (val do Bibei) como atlántico. A zona ten un grande interese
xeolóxico e biolóxico. As paisaxes de montaña, os canóns dos ríos e as fervenzas son
espectaculares e algúns bosques conservan exemplares de árbores centenarios. Un dos
valores máis importantes son as pegadas dos glaciares que se conservan nos vales que baixan
das serras do Eixe e Invernadeiro.
Acolle unha gran riqueza botánica, con máis de 900 especies e case cen endemismos ibéricos,
e una grande variedade animal, con 176 especies de vertebrados.
Perdiz
91. Vista da Serra Calva desde o val do Bibei
LIC PENA TREVINCA
Gran espazo de 24.860 ha que inclúe o Macizo de Pena Trevinca, os montes do Covelo e o val
do río Bibei ata o encoro de O Bao. Nesta comarca terreos no concello de Viana do Bolo,
principalmente a serra Calva, parte do Canizo e o val do Bibei.
É un espazo que combina a alta montaña con algúns vales de ríos nos que se dan condicións
climáticas que propician a aparición de gran diversidade de animais e vexetais. Ademais ten
un grande interese xeolóxico e paisaxístico.
92. Cimbro (Juniperus conmunis). Unha
conífera rastreira que só se atopa
nas alturas das serras orientais.
A maior parte do macizo está cuberto por mato de uces brancas e rosas, queirugas,
carqueixas, arandeiras e carpazas. Nas partes altas aparecen xenebreiros e xestas olorosas.
Nas depresións impermeábeis hai turbeiras con esfagnos, rorelas e outras especies típicas.
So no fondo dos vales máis inaccesibles sobreviven algúns bosques autóctonos formados por
carballos, bidueiros, acivros, capudres ou escanfrés, e nalgúns puntos teixos. Neste espazo
atópanse especies de plantas e animais de gran interese e numerosos endemismos.
Ra patilonga
93. Vista xeral do espazo de Pena Maseira onde se aprecian
os perfís suaves dos montes e os campos de centeo.
LIC PENA MASEIRA
Espazo de 5.715 ha nos concellos de A Gudiña e A Mezquita que limita co parque natural
portugués de Montezinho.
É unha zona de media montaña de relevo suave que inclúe as serras da Esculqueira, Penedos
dos Tres Reinos e Azureira e o curso alto dos ríos Cádavos ou Açureira e das Veigas, afluentes
do Rabaçal, da cunca do Douro.
O pico máis alto é o Serro ou Medo con 1.143 m.
94. Macela de monte (Hellycrysum stoechas)
Nas partes altas domina o monte baixo (xestas, uces, carqueixas, carrascos, tomelo...) e as
brañas. Nos vales consérvanse fragas de cerquiños mesturados con sanguiños e bidueiros.
Abondan os soutos de castiñeiros, algúns moi vellos e hai grandes áreas repoboadas de
piñeiros.
Corzo (Capreolus capreolus).
No espazo de Pena Maseira hai una poboación
estable de lobo e corzo.