Ocupa o tramo final do val do río Limia en terras de Ourense e o conxunto de serras que o rodean polo NO (estribacións das serras do Leboreiro e o Monte do Quinxo) e polo S-SE (serras de Santa Eufemia, do Xurés e do Pisco). É un espazo cun grande valor paisaxístico ecolóxico e cultural no que se atopan especies pouco comúns ou únicas.
Presentación breve sobre las principales características de este bello parque nacional donde se explica su flora, fauna, itinerarios y principales valores naturales del mismo.
Power Point acerca de los principales accidentes geográficos del relieve físico de la Península Ibérica, para trabajar en clase de 1º de la ESO, Geografía e Historia.
Presentación breve sobre las principales características de este bello parque nacional donde se explica su flora, fauna, itinerarios y principales valores naturales del mismo.
Power Point acerca de los principales accidentes geográficos del relieve físico de la Península Ibérica, para trabajar en clase de 1º de la ESO, Geografía e Historia.
En esta presentación aparecen todas las indicaciones fundamentales para realizar el comentario de una pirámide, que es una práctica esencial en la asignatura de geografía de España. Es fácil si entiendes los pasos, sabes la teoría y no te saltas las indicaciones, que aparecen y haces muchas
POWER POINT
IES LLORENÇ GARCIES I FONT
(moficiat i seleccionat només la part del relleu de les Illes Balears).
Elaboració: Jaume Alzina i Elionor Mascaró
Power point complet: http://weib.caib.es/Recursos/geografia_relleu/geografia2_.htm
Relieve y ríos de España. Costas de España. Montes de León. Cordillera Cantábrica. Sistema Ibérico. Sierra Morena. Río Ebro. Río Guadalquivir. Macizo Galaico. Pirineos. Montes Vascos. Relieve costero.
-LIC (decembro 2004) e -ZEC (Zona de Especial Protección dos Valores Naturais) Baixa Limia-Serra do Xurés.
Exténdese polas serras limítrofes entre Galiza e Portugal, desde o río Barxas ata o linde do concello de Calvos de Randín con Baltar. Serras do Laboreiro, Queguas, Quinxo, Santa Eufemia, Xurés, Pisco e A Pena. Inclúe un pequeno tramo do río Limia (no encoro de Lindoso) e as cabeceiras dos afluentes que baixan desas serras, así como o río Barxas, as cabeceiras do Deva (da cunca do Miño).
Unha achega ao Parque Nacional da Peneda-Gerês, en Portugal: descrición, xeoloxía, releve, ríos, flora, fauna, aproveitamento, valores culturais, problemas...
En esta presentación aparecen todas las indicaciones fundamentales para realizar el comentario de una pirámide, que es una práctica esencial en la asignatura de geografía de España. Es fácil si entiendes los pasos, sabes la teoría y no te saltas las indicaciones, que aparecen y haces muchas
POWER POINT
IES LLORENÇ GARCIES I FONT
(moficiat i seleccionat només la part del relleu de les Illes Balears).
Elaboració: Jaume Alzina i Elionor Mascaró
Power point complet: http://weib.caib.es/Recursos/geografia_relleu/geografia2_.htm
Relieve y ríos de España. Costas de España. Montes de León. Cordillera Cantábrica. Sistema Ibérico. Sierra Morena. Río Ebro. Río Guadalquivir. Macizo Galaico. Pirineos. Montes Vascos. Relieve costero.
-LIC (decembro 2004) e -ZEC (Zona de Especial Protección dos Valores Naturais) Baixa Limia-Serra do Xurés.
Exténdese polas serras limítrofes entre Galiza e Portugal, desde o río Barxas ata o linde do concello de Calvos de Randín con Baltar. Serras do Laboreiro, Queguas, Quinxo, Santa Eufemia, Xurés, Pisco e A Pena. Inclúe un pequeno tramo do río Limia (no encoro de Lindoso) e as cabeceiras dos afluentes que baixan desas serras, así como o río Barxas, as cabeceiras do Deva (da cunca do Miño).
Unha achega ao Parque Nacional da Peneda-Gerês, en Portugal: descrición, xeoloxía, releve, ríos, flora, fauna, aproveitamento, valores culturais, problemas...
Unha comarca do sur de Ourense, no linde con Portugal, formada polos concellos de Bande, Entrimo, Lobeira, Lobios e Muíños. De grande interese natural e cultural.
Inclúe unha ampla área de montaña entre o norte de Portugal e o suroeste da Provincia de Ourense, en Galiza, dominada polas serras do Xurés-Gerês, Amarela e A Peneda, e cunha rede fluvial que se articula fundamentalmente arredor do Limia/Lima. É un grande espazo cun enorme valor ecolóxico, paisaxístico e cultural.
O espazo protexido inclúe A Serra do Careón, as Gándaras de Melide, un pequeno tramo do río Ulla e os cursos dos seus afluentes Furelos e Seco. É unha área dun grande interese xeolóxico, pola presenza de rochas pouco comúns e formacións xeolóxicas de interes e dunha excepcional relevancia botánica, por acoller especies vexetais únicas.
CONCELLOS: Melide, Santiso, Toques (A Coruña), Friol e Palas de Rei (Lugo)
Inclúe as serras do Eixe, A Mina, Calva e unha pequena parte da Segundeira, unha parte da do Canizo, os montes do Covelo e varios tramos do val do Bibei.
Linda co Parque Natural “Lago de Sanabria e arredores” (Zamora) e o Monumento Natural Lago da Baña (León).
É un espazo que combina a alta montaña con algúns vales de ríos nos que se dan condicións climáticas que propician a aparición dunha grande diversidade de animais e vexetais. Ademais ten un grande interese xeolóxico e paisaxístico.
Concellos: Castrelo do Val, Cualedro, Laza, Monterrei, Oímbra, Riós, Verín e Vilardevós.
A comarca de Verín está situada no sur da provincia de Ourense, no linde con Portugal. O centro está ocupado pola depresión de Monterrei ou de Verín, unha foxa tectónica rodeada de montañas que segue unha inclinación lixeira de norte a sur, e atravesada polo río Támega e os seus afluentes. As maiores alturas atópanse ao norte, nas serras do Macizo Central.
Acolle zonas de gran interese natural.
É un grupo de serras cos cumes aplanados situado na zona central da provincia de Ourense. No seu conxunto presenta unha forma redondeada de aspecto macizo escavada polas beiras polos profundos vales dos ríos que nacen nos cumes. Está rodeado polo val do Sil, polo norte, o val do Bibei polo leste, a depresións de Monterrei polo sur e as depresións da Limia e de Maceda polo oeste.
CONCELLOS: A Capela, Cabanas, Monfero, Pontedeume e As Pontes de García Rodríguez.
A comarca do Eume esténdese desde as serras da Dorsal Galega, ao leste ata a ría de Ares ao oeste, nun territorio moi diverso onde se dan grandes diferenzas de altitude, de formas de releve e litolóxicas no que o río Eume é o principal protagonista.
É unha comarca con numerosos espazos naturais e cunha paisaxe moi rica en matices.
Inclúe parte do Macizo Central (Serras da Queixa, Montes do Invernadeiro, Altos do Samión e unha parte das de Fial das Corzas e San Mamede); parte do val do río Bibei, cos afluentes pola esquerda e parte do Xares, pola dereita; e o val do Navea entre os encoros de Chandrexa e Guistolas.
É unha área de elevado interese xeomorfolóxico e paisaxístico que acolle unha grande diversidade de hábitats e especies.
A comarca de Quiroga, coñecida en grande parte tamén co nome do Courel, está situada ao sur de Lugo, lindando polo leste con León e O Barco (Ourense) e inclúe os concellos de Folgoso do Courel, Quiroga e Ribas de Sil. O territorio é, na súa maior parte, de alta montaña, agás o val do Sil, que a atravesa polo sur. Está percorrida por numerosos ríos, pertencentes á cunca do Sil, que escavan profundos vales.
É unha comarca dun grande interese natural que acolle pegadas glaciarias, monumentos xeolóxicos, paisaxes impresionantes en calquera época do ano, e unha grande biodiversidade.
Situada no nordeste de Galiza, entre a Terra Cha e as Mariñas Lucenses, nos concellos de Muras, Ourol, Vilalba e Abadín.
Prolóngase cara ao norte nos montes do Buio e dos Cabaleiros, polo leste na Toxiza e cara ao leste pola Carba e o Guriscado, formando un conxunto que se podería considerar un macizo.
É unha serra que acolle importantes valores naturais, en especial as turbeiras.
O LIC “Ancares-Courel” é un amplo espazo que inclúe dúas áreas coñecidas tradicionalmente como “Os Ancares” e “O Courel”, artellados na contorna das serras do mesmo nome, situadas no leste de Galiza. Un territorio de montañas de relevo abrupto, no que se suceden serras e vales e que acolle importantes valores xeolóxicos (vales glaciares, canóns, fervenzas, pregamentos), paisaxísticos, e ecolóxicos (diversidade de ecosistemas entre os que destacan as grandes fragas).
A amplitude e importancia ambiental dos Ancares e do Courel faríaos merecentes dunha protección de maior nivel.
Este primeiro traballo está dedicado aos Ancares, o terreo situado na contorna da serra dos Ancares e o val do río Navia.
Unha serra de enorme interese xeolóxico, biolóxico e cultural. Situada no sur de Pontevedra. Exténdese nuns 10 km de lonxitude, con orientación NO-SE, paralela á Depresión Meridiana e o val do Louro.
CONCELLOS: Vigo, Gondomar, O Porriño, Mos e Tui.
A serra do Laboreiro forma un arco con orientación NO-S ao longo da fronteira (coñecida como Raia Seca) entre Galiza e Portugal; desde o val do río Barxas ou Troncoso (onde cae cara ao Miño), ata o río Castro Laboreiro (Limia). Ocupa terreos dos concellos de Padrenda, Quintela de Leirado, Verea, Bande, Lobeira Lobios e Entrimo (Ourense); e Melgaço (Portugal).
É unha serra que acolle importantes valores ecolóxicos, etnográficos e arqueolóxicos.
Similar to Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés (20)
O concello de Vimianzo está situado, na súa maior parte, no núcleo do Val de Soneira -o val do río Grande-. Conta con dous pequenos tramos de litoral, na costa ao mar aberto e no interior da Ría de Camariñas. Está protexido no LIC/ZEC e ZEPA “Costa da Morte”.
A ría de Corme e Laxe está situada na Costa da Morte. Ábrese entre as puntas do Roncudo (ao norte) e Laxe (ao sur), na saída ao mar do río Anllóns. Nesta ría pódense distinguir dúas áreas diferenciadas: o interior, formado polo esteiro do Anllóns, protexido da forza do mar por unha barra de area de 2 km; e o resto do espazo, máis aberto, rochoso e recortado con algunhas zonas abrigadas nas que hai praias. As vilas máis importantes son Corme, Ponteceso e Laxe. Está protexida no LIC/ZEC “Río Anllóns” e “Costa da Morte” e na ZEPA “Costa da Morte”.
O concello de Ponteceso está situado na marxe dereita da ría de Corme e Laxe e na costa de mar aberto, entre as puntas do Roncudo e Queimada. Os principais núcleos de poboación son Ponteceso e Corme. Acolle áreas de grande valor paisaxístico e biolóxico asociados ás costas e ao río. Está protexida nos LICs/ZECs “Costa da Morte” e “Río Anllóns” e na ZEPA “Espazo Mariño da Costa da Morte”.
O concello de Laxe está situado no corazón da Costa da Morte, entre a ría de Corme e Laxe e o litoral de mar aberto. Ten unha costa moi diversa na que se alternan grandes areais e marismas, ría, enseadas, cabos, illotes, furnas... con tramos expostos e protexidos, zonas baixas e elevados cantís. É dun grande interese paisaxístico, xeolóxico e biolóxico. Está protexida no LIC/ZEC e ZEPA “Costa da Morte” e na Paisaxe Protexida “Penedos de Traba e Pasarela”.
O concello de Camariñas está situado no centro da Costa da Morte. Ten unha parte de costa moi exposta polo norte e o oeste e outra parte protexida, dentro da ría, polo sur. Acolle importantes áreas de interese paisaxístico, xeolóxico, ecolóxico e cultural. Está protexida no LIC/ZEC e ZEPA “Costa da Morte”,no Sitio Natural de Interese Nacional “Cabo Vilán” e no Lugar de Interese Xeolóxico “Praia do Trece”.
CABANA DE BERGANTIÑOS está situado no fondo e na banda sur da ría de Corme e Laxe, onde ten un amplo tramo de litoral, en parte protexido nos LICs/ZECs “Río Anllóns” e “Costa da Morte”.
O concello de Malpica de Bergantiños forma parte do tramo de litoral coñecido como Costa da Morte, unha sucesión de cantís abruptos entre os que se atopan algunhas praias e que inclúe as illas Sisargas.
Acolle importantes valores naturais e culturais. Parte do litoral está protexido no LIC/ZEC e ZEPA “Costa da Morte”.
O concello de Carballo forma da parte da Costa da Morte, unha costa exposta aberta ao océano e moi diversa, na que se alternan grandes areais e marismas, enseadas cabos, illas... con zonas baixas e elevados cantís. Parte do litoral está protexido no LIC/ZEC e ZEPA “Costa da Morte”.
O concello de Arteixo atópase na fachada atlántica, no comezo do tramo de costa coñecido como “A Costa da Morte”. Nos seus 19 km de costa atópanse cantís de distintas alturas, esteiros, coídos e extensos areais. É unha costa dun grande valor ecolóxico, paisaxístico e xeolóxico, cunha importante actividade industrial e turística. Unha parte está protexida no LIC/ZEC e ZEPA “Costa da Morte”.
O concello de A Laracha ten unha única parroquia que da ao mar, Caión. Está situada na Costa da Morte e ten un litoral que alterna cantís e areais de grande valor paisaxístico e biolóxico.
A costa comprendida entre a Punta de Mera e Torella é un espazo de mar aberto que separa as rías da Coruña e Betanzos-Ares. Un espazo de enormes valores paisaxísticos e ecolóxicos.
É unha ría curta e ampla, que se abre entre as puntas do Seixo Branco e Herminia, cunha separación de 4 km, e unha lonxitude total de 14 km, dos que case a metade corresponden á chamada ría do Burgo formada polo esteiro do Mero, que está separada da parte máis ancha pola frecha de Santa Cristina.
O concello de Oleiros ten unha liña litoral de case 40 km. Unha parte na ría do Burgo, outra na ría da Coruña, unha terceira mirando ao mar aberto e outra na boca da ría de Betanzos. Parte está protexida no LIC/ZEC e Monumento Natural “Costa de Dexo e Seixo Branco”
O concello da Coruña ten unha costa moi recortada e variada, parte na ría, onde se atopa o porto da cidade, e parte en mar aberto onde se suceden cantís e fermosas praias como as de Orzán e Riazor.
3. Ocupa o tramo final do val do río Limia en terras de Ourense e o
conxunto de serras que o rodean polo NO (estribacións das serras
do Leboreiro e o Monte do Quinxo) e polo S-SE (serras de Santa
Eufemia, do Xurés e do Pisco).
Ten un gran interese xeolóxico, ecolóxico, etnográfico e histórico.
4. PROTECCIÓN:
Parque Natural (febreiro 1993) e
ampliado en outubro de 2009.
Forma parte tamén da Zona de Especial
Protección dos Valores Naturais: “Baixa
Limia-Serra do Xurés” (31.287 ha) e “Baixa
Limia” de 33.920 ha; da Zona especial de
conservación (ZEC) “Baixa Limia” (33.921
ha) e da Reserva da Biosfera “Reserva da
Biosfera transfronteiriza Gerês-Xurés”
A área forma unha unidade coa ZEPA
PT002 (62.922 ha) e co Parque Nacional
Peneda-Gerês (70.290 ha), en Portugal.
Trátase do primeiro parque
transfronteirizo designado como
EUROPARC (GêresXurés) pola FNNP.
Está incluído no inventario de áreas
importantes para a herpetofauna española
(Xurés-Laboreiro; Dirección Xeral de
Conservación da Natureza, 2004).
5. O parque natural inclúe varias zonas de Reserva Integral, en áreas de valor natural moi alto
nas que prevalece a conservación sobre calquera outro tipo de actividade: o Barranco de
Olelas, os cumios e amesetamentos superiores da serra do Xurés, o Barranco da Cruz de
Touro (ao sur de Santa Eufemia) e o contorno da Barxa, no val do río Salas.
Olelas
6. O RELEVO
Unha sucesión de serras compartidas entre Galiza e Portugal: Leboreiro, Queguas, montes
do Quinxo, Santa Eufemia, Cruz de Piñeiro, Xurés, Pisco e A Pena. As cotas máximas son os
altos de Nevosa (1.546 m) e Fontefría (1.458 m) situados no núcleo central dos cumes da
serra Gerês-Xurés. A maioría das rochas son granodioritas intrusivas tardías (granito
rosado de mica negra) que dan lugar a un relevo abrupto de picos espectaculares e grandes
bolos rochosos.
7. Destaca pola súa paisaxe agreste de masas graníticas (especialmente O Quinxo, Xurés e
Santa Eufemia) en contraste con serras de contornos máis suaves. A altitude oscila entre os
125 e os 1.540 m sobre o nivel do mar, e a maior parte da zona está por enriba dos 1.000 m.
Dominan as áreas ocupadas por extensos rochedos e as pendentes abruptas.
Serra do Xurés desde o alto da serra de Queguas
8. SERRA DO LABOREIRO
Describe un arco orientación NO-S ao longo da fronteira entre os concellos de Entrimo,
Lobeira, Verea, Quintela de Leirado e Padrendra con Portugal. De morfoloxía suave, formada
por granitos de dúas micas na zona central, granodioritas no occidental e xistos no oriental.
O pico máis alto é o Codesal (1.334 m). Nas vertentes galegas nacen ríos e regatos que van
ao Arnoia (Cexo, Ourille...), ao Miño (Deva e os seus afluentes, e Barxas) e ao Limia (Grou,
Casal...). Na vertente portuguesa o máis importante é o río Barcia ou Castro Laboreiro,
afluente do Limia.
9. SERRA DE QUEGUAS
Con orientación N-S, situada entre as serras do Quinxo e Leboreiro, rodeada polos vales dos
ríos Agro e Casal. Acada as alturas máximas na fronteira con Portugal, en Corraídos, con
1.233 m e Pena Grande, con 1.208 m. Conserva restos arqueolóxicos (mamoas) e
etnográficos (cabanas) e algunhas zonas de bosques autóctonos.
11. MONTES DO QUINXO
Macizo granítico de orientación N-S, con 1.169 m de altura máxima no Outeiro da Quintana
ou Quinxo. Polo oeste limita co río Barcia ou Castro Leboreiro, que fai fronteira con Portugal
e polo sur co Limia. É unha serra de formas abruptas con formacións graníticas de bolos e
formas acasteladas. O Barranco de Olelas é unha Reserva Integral.
13. SERRA DE SANTA EUFEMIA
Situada entre os vales dos ríos Caldo e Limia, con orientación N-S, continúa en Portugal coa
Serra Amarela. A altura máxima son 1.107 m no Alto de Santa Eufemia. Acolle unha
importante flora e fauna e varios endemismos. Unha gran área da serra está declarada
Reserva Integral
14. SERRA DO XURÉS/GERÈS
Con orientación NE-SO. Compartida por Galiza (Ourense) e Portugal. Destaca pola súas
paisaxes graníticas de cumes irregulares e agrestes, en contraste coas dos arredores, de
contornos máis suaves. Os cumes máis altos son A Nevosa (1.546 m) e Fontefría (1.458 m).
A maioría das rochas son granodioritas intrusivas tardías (granito rosado de mica negra)
que dan lugar ao seu relevo característico de picos espectaculares e grandes bolos. A liña
fronteiriza é rica en wolframita que foi explotada no tempo da II Guerra Mundial. O primeiro
tramo da serra, ao leste da Portela do Homen, coñécese co nome de Serra da Cruz do
Piñeiro.
16. SERRA DO PISCO
Compartida entre o concello de Muíños e Portugal, con orientación NE-SO e unida ao Xurés
polo oeste. O punto máis destacado é o Alto do Pisco, con 1.398 m. As formas en xeral son
suaves e os materiais dominantes son os granitos rosados de mica negra que conforman
unha paisaxe de castelos e bolos moi erosionada.
17. SERRA DA PENA
Ocupa o extremo meridional do concello de Calvos de Randín no límite con Portugal. O
punto máis alto é o Monteagudo con 1.363 m. Hai unha grande área de migmatitas e algún
neis glandular da serie llo de Sapo. Hai tamén unha gran intrusión de granito de dúas micas
e algúns diques de aplita e pegmatita.
22. GLACIARISMO:
No Wurmiense desenvolveuse nos cumes do Xurés un sistema glaciar de meseta cunha
superficie duns 60 km2, entre os 1300 e os 1500 m de altura. Por todo o espazo,
especialmente na serra do Xurés, consérvanse vestixios destes fenómenos: Circos
glaciares, vales glaciares (Vilameá -punto de interese xeolóxico-); moreas glaciares
(Vilameá, Muíño Vello -San Paio, Lobios-).
24. CLIMA:
As características climáticas son de transición entre a zona atlántica e a
mediterránea. Neva con frecuencia nos cumios, e alcánzanse temperaturas
especialmente baixas na parte oriental.
As diferencias de altitude entre os cumios e os vales dos ríos da lugar a unha
ampla variedade de microclimas e ecosistemas de gran riqueza biolóxica.
25. OS RÍOS
O río principal, eixe do espazo, que o atravesa de NE a SO en toda a súa
lonxitude, é o Limia, e completan a rede todos os afluentes (Salas, Grou, Caldo,
Castro Laboreiro) que baixan a el desde a serras que o rodean. En xeral, os ríos
teñen cursos curtos e con fortes pendentes, nos que se forman series de rápidos
e algunhas fervenzas importantes. Están retidos en varios encoros para a
produción de enerxía hidroeléctrica (Lindoso, As Cunchas, Grou e Salas).
26. RÍO LIMIA/LIMA
Nace no monte Talariño (Sarreaus) e despois de atravesar a Limia cun discorer
maino entra na Baixa Limia, onde, obrigado polo relevo, ten un curso sinuoso e
rápido, que é freado polos encoros da Cunchas e Lindoso. Desemboca en Viana
do Castelo. Neste espazo recibe pola dereita as augas do Grou, río do Casal ou da
Montaña e Castro Leboreiro; e pola esquerda o Salas, Lobios e Caldo.
27. O Limia no encoro de Lindoso co Xurés ao fondo.
28. Río Salas
Nace na Serra do Larouco e xúntase ao Limia no encoro de Lindoso. Os afluentes máis importantes
son o Lobios, Cabaleiros e Mao.
Fervenzas: Fecha de Xermeade, Fecha Carneira (rego de Salgueiros), Fecha de Cela ou Fecha da Balsa,
Pozo Negro ou Pozo da Seima, As Olas (río Mao), As Forcadiñas (río Chao de Requeixo-Cabaleiro), rego
da Portela,
Pozo Negro
30. Río Caldo
Nace na Portela do Home e descende nun curso recto cheo de rápidos e pequenos saltos ata o Limia, no
encoro de Lindoso. O principal afluente é o Vilameá.
O río Caldo recibe o seu nome da surxencia de augas termais que se producen na mesma canle do río e
que son aproveitadas con fins medicinais.
Fervenzas: Corga da Fecha (regato da Fecha).
Corga da Fecha nun afluente do Río
Caldo.
32. Río Barcia ou Castro Laboreiro
Nace en Portugal e durante unha gran parte do seu percorrido fai fronteira cos concellos de Lobios e
Entrimo. Discorre moi encaixado entre as serras da Peneda e do Quinxo e recibe as augas do río da
Peneda (co Pomba). Xúntase co Limia no encoro de Lindoso.
Fervenzas: Castro Leboreiro, Pozas do Mallón e outras no Barranco de Olelas.
Pozas do Mallón
33. Río Nau
Nace nos montes de Santa Eufemia e baixa ao Limia no encoro do Lindoso. Nunha grande parte do seu
curso hai numerosos rápidos e pequenos saltos.
34. Río Pacín ou da Montaña
Baixa da serra de Queguas (rego da
Montaña) e recolle afluentes da serra
do Quinxo (Agro e rego de Illa).
Xúntase co Limia no encoro de
Lindoso, en Lantamil.
Fervenzas: río Agro (Entrimo), Fecha
do Fragón, Corga das Rozadas e
Corga de Merlán (río da Montaña),
Pozo Caído (río Pacín).
35. Río Grou
Recolle as augas do concello de Lobeira e
baixa cara ao sur ata o Limia. Está
explotado por unha minicentral.
Fervenzas: rego Rabo de Besta, rego da
Ramallosa (Fragoso).
Corga de Castrelo
36. FLORA
As características climáticas da zona, de transición entre a zona atlántica e a
mediterránea, dan lugar a unha gran riqueza florística (máis de 600 especies) na
que se mesturan especies de ambos tipos con diversidade de hábitats terrestres
e acuáticos: fragas, pradeiras de montaña, turbeiras, matogueiras, bosques de
ribeira, pradeiras húmidas, ríos, encoros... onde se atopan numerosos
endemismos ibéricos e locais.
39. Loro ou acereiro (Prunus lusitanica). En Galiza
só se atopa no Xurés e no val do Arnoia.
40. Érbedo (Arbutus unedo). Arbusto ou pequena árbore que en Galiza
aparece nas áreas de clima con influencia mediterránea.
41. Sanguiño (Rhamnus frangula). Árbore de pequeno
porte que gosta de humidade. Aparece á beira dos
ríos e dos regueiros..
42. Lirio do Xurés (Iris boissieri) iridácea
endémica galaico-portuguesa, unha das
especies máis emblemáticas do parque
natural, que ten aquí a maior poboación das
tres coñecidas en España e que está
considerada en perigo crítico de extinción.
Eryngium duriaei juresianum, un cardo
endémico da Serra do Xurés.
44. Sedum forsteranum. So se
atopa no sur-leste de Galiza.
Paradisea lusitanica. Unha liliácea
endémica do Norte de Portugal e NO de
España. Atópase no sur de Galiza.
45. ÁRBORES SENLLEIRAS
Carballos (Quercus robur):
-Capela da Nosa Señora do Xurés en Vilameá,
Lobios (varios exemplares de ata 5,57 m de
perímetro).
-San Pedro de Ludeiros, en Manín, Lobios.
46. ÁRBORES SENLLEIRAS
Cerquiños ou rebolos (Quercus pyrenaica).
-Casas da Carballeira en Queguas, Entrimo (4,65 m
de perímetro). Incluído no catálogo de Árbores
Senlleiras da Xunta de Galiza.
-Ermida do Xurés en Vilameá, Lobios
(3,53 m de perímetro)
48. FAUNA
A Serra do Xurés acolle unha importante representación da fauna silvestre galega
que se atopa en todo tipo de hábitas acuáticos ou terrestres. Conta coa presenza
de numerosas especies escasas e consideradas en perigo ou vulnerables.
Cabra fera (Cabra pirenaica victoriae).
Foi introducida desde 1997 en
substitución do endemismo local
(Capra pyrenaica subsp. lusitanica)
extinta en 1892.
49. MAMÍFEROS: Censadas máis de 30 especies: destaca a presenza do desmán
(Galemys pyrenaicus), o gato bravo (Felis sylvestris), a lontra (Lutra lutra), a marta
(Martes martes), o lobo (Canis lupus), o corzo (Capreolus capreolus), así como os
quirópteros, con especies pouco coñecidas, como o morcego da fraga
(Barbastella barbastellus). Citouse tamén o leirón (Glis glis) que alcanzaría nestas
serras o límite sudoccidental da súa área de distribución europea.
Morcego de ferradura
(Rhinolophus ferrumequinum)
Donicela (Mustela nivalis)
50. AVES: Máis de 140 especies. Destaca a presenza de aves de rapina, incluíndo
especies moi ameazadas e de distribución moi localizada, como é o caso da aguia
real (Aquila chrysaetos), a aguia perdigueira (Hieraaetus fasciatus), e o bufo real
(Bubo bubo) cunha pequena poboación nidificante reforzada coa solta de varios
exemplares. Ademais, nidifican a aguia cobreira (Circaetus gallicus), o miñato
abelleiro (Pernis apivorus), a gatafornela (Circus cyaneus), a tartaraña cincenta
(Circus pygargus), e o falcón peregrino (Falco peregrinus).
Aguia perdigueira
(Hieraaetus fasciatus)
Bufo real
(Bubo bubo).
51. Aves ligadas aos rochedos e matogueiras de montaña, con moitas especies de
distribución máis ou menos localizada en Galiza: o pombo pequeno (Columba
oenas), a andoriña dáurica (Hirundo daurica), a pica campestre (Anthus
campestris), o pedreiro rubio (Oenanthe hispanica), os merlos rubio (Monticola
saxatilis), e azul (Monticola solitarius), a choia (Pyrrhocorax pyrrhocorax), e o
escribente hortelán (Emberiza hortulana).
Pica campestre (Anthus campestris)Choia (Pyrrhocorax pyrrhocorax)
52. O espazo (xuntamente co Parque Nacional Peneda-Gerês) acolle algunhas das
poboacións máis sudoccidentais de especies típicamente eurosiberianas, como a
pica das árbores (Anthus trivialis), a a papuxa picafollas (Sylvia borin), o picanzo
vermello (Lanius collurio ), o cardeal ou paporrubio real (Pyrrhula pyrrhula), e o
escribente amarelo (Emberiza citrinella). O cruzabico (Loxia curvirostra), ten aquí
unha das súas poucas (quizais a única) zona de cría en Galiza.
Entre a avifauna acuática, ligada aos encoros, destaca a presenza como
invernante do mergullón cristado (Podiceps cristatus) con concentracións moi
notables no encoro do Salas, e a cría da píllara pequena (Charadrius dubius).
Mergullón cristado (Podiceps cristatus).Paporrubio real (Pyrrhula pyrrhula),
53. RÉPTILES:
15 especies: destacan a lagarta rabuda (Psammodromus algirus), a cobra
rateira ou cobregón (Malpolon monspessulanus), a cobra riscada (Rhinechis
scalaris) e, singularmente, a víbora fociñuda (Vipera latasti) que só se atopa
en contados puntos da provincia de Ourense.
Lagarta rabuda (Psammodromus algirus)
Cobregón, cobra rateira
(Malpolon monspessulanus), a cobra
galega que pode acadar o maior tamaño,
case 2 m de lonxitude.
Lagartixa dos penedos (Podarcis hispanica)
55. ANFIBIOS
12 especies. Destaca a salamántiga galega ou píntega rabilonga (Chioglossa
lusitanica) endémica de Galiza e norte de Portugal.
Saramaganta, píntega rabilonga (Chioglossa lusitanica), habita nos numerosos regatos de augas
rápidas en vagoadas máis ou menos sombrizas,
56. PEIXES: Coñécense seis especies, entre as que destacan como máis
características o barbo (Barbus bocagei) (a súa distribución en Galiza restrínxese
ás concas do Limia e do Támega), o cacho (Squalius carolitertii), a vermella
(Rutilus arcasii), a boga do Douro (Chondrostoma duriense), e o espiñento
(Gasterosteus gymnurus).
Espiñentos na lagoa dos Carríns
57. INVERTEBRADOS: destaca a presenza da lesma (Geomalacus maculosus), a
vacaloura (Lucanus cervus), e o cabalo do demo (Macromia splendens)
(incluídas no Anexo II da Directiva Hábitats) e a bolboreta (Erebia triarius
subsp. Mendesi).
Cigarra (Cicadetta montana).
Antes de converterse no adulto da
imaxe a larva pasa varios anos
enterrada zugando saiba das raíces
das árbores e matogueiras.
Bolboreta (Erebia triarius)
Chlorophorus trifasciatus, un
escarabello de cornos longos.
58. HISTORIA/PATRIMONIO CULTURAL
As terras do Xurés-Gerês foron habitadas deste tempos moi antigos. Nelas
deixaron pegadas as xentes da prehistoria, os visigodos e, sobre todo, os
romanos que construiron por este territorio unha das principais vías de
comunicación da provincia Gallaecica. Na actualidade, xunto cos importantes
valores naturais, acolle un rico patrimonio histórico artístico e etnográfico.
Dolme “Casa da Moura” na
Serra de Queguas.
59. A Baixa Limia foi unha importante
zona de pasoa na época romana. Por
esta zona discorría unha das catro
vías, a que cruzaba pola Portela do
Home, que atravesaban Galiza para
unir Braga e Astorga.
Calzada romana en
Riocaldo (Lobios)
62. Albariza. As produccións das abellas, que
aproveitan a gran cantidade e variedade de
flores que producen os matos, son unha
achega para a economía das persoas que
viven nestas áreas.
Chivana, un refuxio de pastores típico
das montañas do Xurés.
66. Mina das Sombras (Lobios).
Nos cumes da serra do Xures atópase volframio que foi explotado, sobre todo, durante a II Guerra
Mundial. Pecharon definitivamente na década de 1970.
67. USOS E APROVEITAMENTO
Agrogandeiro, forestal, turismo, producción enerxía eléctrica…. Destaca a raza de
vacas autóctonas “cachena” de Olelas e os cabalos garranos.
Nas partes altas das serras habita en semiliberdade o cabalo garrano, raza galaico-portuguesa, da que
se está levando a cabo un programa de recuperación.
68. As cachenas son as vacas típicas do Xurés e as máis pequenas de Galiza, as femias non pasan dos 300
kg. Ata hai uns anos estiveron a piques de desaparecer. Unha campaña de protección das razas
autóctonas está impulsando a súa recuperación.
69. Alvite, um dos asentamentos máis altos na Serra do Xurés.
71. ITINERARIOS NATURAIS:
Por toda a área do Parque Natural hai indicados intinerarios de distinta dificultade e duración:
-Serra do Xurés: Mina das Sombras (val de Vilameá); río Vilameá; Padrendo; cabaniña do Curro; de
Guende ás Gralleiras A Fontefría; de Guntumil a Pitões;
-Serra de Queguas: A Chaira: camiño entre Vilar e Queguas (bosque de Queguas, pallozas de Corrales,
dolme Casa da Moura)
-Monte do Quinxo e barranco de Olelas
-Val do Río Caldo e Corga da Fecha
-Serra de Santa Eufemia
-Serra do Pisco
72. Os incendios deixaron a súa
pegada no Xurés.
PROBLEMAS
Incendios forestais, asolagamento de terreos polos encoros, liñas de alta tensión,
abandono do rural, extinción de especies, especies invasoras...…
Debido ás cortas, ao antigo costume de realizar queimas para a creación de pastos para o
gando e ao intenso pastoreo, estas serras sufriron xeneralizados procesos erosivos que, ao
longo dos séculos, provocaron enormes perdas de solo e afloramento dun substrato pétreo
descarnado.