TERRA DE MELIDE
A NATUREZA
A comarca de Melide está situada no surleste da provincia da Coruña, separada de Lugo polas
serras da Dorsal e de Pontevedra polo río Ulla. O territorio é moi variado en formas de relevo
e na composición das rochas o que da lugar a unha gran diversidade paisaxística e biolóxica.
Sitúase entre unha superficie achairada, as serras da Dorsal Galega que fan de linde polo leste
e o profundo val do Ulla. Outros ríos que recollen as augas da comarca son o Mandeo e o
Tambre, nos seus cursos altos.
Acolle importantes valores naturais asociados ás serras e aos ríos.
Terras de Melide. Ao fondo o Careón.
SUPERFICIE:
367,2 km2
POBOACIÓN:
12.439 habitantes (2015)
CONCELLOS:
Melide, Santiso, Sobrado e
Toques
ESPAZOS PROTEXIDOS:
-LIC “Serra do Careón”
-Lagoa de Sobrado
CLIMA
Atlántico húmido, con invernos fríos e veráns frescos.
ACTIVIDADES
As principais actividades son os servizos, a agrogandaría, a construcción e a industria (en
especial as asociadas ao agro). Destaca a elaboración de queixos dentro da Denominación de
Orixe “Arzúa-Ulloa”.
Queixo de Arzúa-Ulloa
PATRIMONIO
É unha comarca cun rico patrimonio etnográfico e histórico-artístico na que podemos atopar
numerosas igrexas románicas, o mosteiro de Sobrado, pontes medievais, pazos, muíños e
núcleos tradicionais.
Dúas rutas do Camiño de Santiago pasan pola comarca. O Camiño Francés, de leste a oeste,
desde o Careón; e o Camiño do Norte, que entra por Sobrado.
Dolme Forno dos
Mouros, A Moruxosa
(Toques)
Campamento romano da Ciadella (Sobrado), un asentamento militar activo entre os séculos II e IV, no tramo viario
entre Brigantium e Lucus Augusti. Nel mantíñanse entre 500 e 600 militares da Cohors I Celtiberorum Equitata civium
romanorum, que tiña como función a vixilancia da Vía XX (traballo que desempeñou entre os anos 123 e 395).
Melide, igrexa do Carme Melide, igrexa de Furelos
Melide, igrexa de San Martiño de Moldes
Melide, igrexa de San Pedro
Melide, igrexa de Santa María
Melide, igrexa do Sancti Spiritu
Melide, igrexa de Vitiriz Melide, igrexa de Leboreiro
Santiso, igrexa de Pezobrés
Mosteiro de Sobrado dos Monxes
Toques, igrexa de Santa Uxía do Monte
Toques, igrexa de Santa María de Brañas
Igrexa de Santa María en Santo Antoniño de Toques
Melide
Melide
CONCELLOS
SUPERFICIE:1 01,22 km2
POBOACIÓN: 7.538
habitantes (2015)
PARROQUIAS: Abeancos, Os
Ánxeles, Baltar, O Barreoro,
Campos, Castro, Folladela,
Furelos, Golán, Gondollín,
Grobas, O Leboreiro,
Maceda, O Meire, Melide,
Moldes, Orois, Pedrouzos,
San Cibrao, San Cosme de
Abeancos, Santa María de
Melide, Santalla de Agrón,
As Varelas, Vitiriz, Xubial e
Zas de Rei.
Vista xeral de Melide desde o Careón
MELIDE
Está situado no centro da comarca. As máximas alturas do concello atópanse ao norte, nos
montes do Bocelo (Coto do Pilar, con 806 m e Coto Pedro, con 648 m), e no leste, na serra do
Careón (Castro, con 708 m). A zona centro é de relevo achairado con abundancia de arxilas e o
sur de formas máis irregulares. O río principal é o Furelos que atarvesa o concello de norte a
sur e os seus afluentes Pedrouzos e Catasol. Polo leste circula o Seco.
Cruceiro de Melide, un dos máis
antigos de Galiza
As principais actividades son a agrogandaría, os servizos e a industria.
Ten importantes espazos naturais na serra do Careón e no río Furelos que están protexidos no
LIC “Serra do Careón”.
Acolle un importante patrimonio histórico artístico moi ligado ao camiño de Santiago: igrexas
románicas, pontes medievais, pazos... Na vila de Melide atópase o museo Terras de Melide
que recolle aspectos históricos e etnográficos da comarca.
Edificio do antigo Hospital de peregrinos de Sancti
Spiritus que na actualidade acolle o Museo Etnográfico e
Arqueolóxico da Terra de Melide.
SUPERFICIE: 67,33 km2
POBOACIÓN: 1.742
habitantes (2014)
PARROQUIAS: Barazón,
Beigondo, Belmil, Liñares,
Mourazos, Niñodaguia,
Novela, Pezobre, Pezobrés,
A Ponte Arcediago,
Ribadulla, San Román,
Santalla de Rairiz, Santiso,
Serantes, Vimianzo e
Visantoña.
Panorámica do concello de Santiso desde a outra beira do Ulla
SANTISO
Está situado no sur da comarca, cun relevo de formas suaves con alturas que rondan os 400 m
e que van diminuíndo cara o val do Ulla. Os cumes máis altos atópanse ao norte, no linde con
Melide (monte Roda, con 447 m, e Castro de Vimianzo, con 443 m).
O río Ulla percorre o linde sur do concello e está parcialmente encorado en Portodemouros.
Recibe pola dereita o Seco, Furelos, Beseña, Muíño e Boente.
Pazo de Vilar
de Ferreiros
As principais actividades son agrogandaría
(gando porcino e vacún) e o sector forestal.
A capital municipal é Agro do Chao.
Os espazos naturais de maior interese
atópanse nos río Furelos e nas últimas
estribacións do Careón, protexidos no LIC
“Serra do Careón”, e no río Ulla.
O máis representativo do patrimonio histórico-
artístico é a igrexa románica de Santo Estevo
de Pezobres e numerosos pazos, entre os que
destaca o de Vilar de Ferreiros.
Pazo de Vilar de Ferreiros.
O Ulla encorado en Portodemouros ocupa amplas áreas
do seu val no concello de Santiso.
O Ulla encorado en
Portodemouros ocupa
amplas áreas do seu val no
concello de Santiso
SUPERFICIE: 120,56 km2
POBOACIÓN: 1.911
habitantes (2015)
PARROQUIAS: Carelle, A
Ciadella, Codesoso,
Cumbraos, Folgoso,
Grixalba, Nogueira, A Porta,
Pousada e Roade.
Lagoa de Sobrado, unha das xoias naturais do concello
SOBRADO
Está situado ao norte da comarca. No relevo apréciande dúas zonas. No norte e oeste unha
superficie de erosión de formas achairadas cunha altitude media de 500 m. No oeste as serras
da Dorsal (Cova da Serpe, co cume máis alto do concello, con 838 m; e Corno de Boi), e no sur
os montes do Bocelo, no linde con Toques e Melide.
Está drenado polos cursos altos dos ríos Tambre, que discorre de leste a oeste e recibe o
Batán, Caxide e Cabalar; e o Mandeo, que dircorre cara ao norte.
Gando en Portocal
As principais actividades son a agrogandaría e os sector forestal.
Acolle importantes áreas naturais nas serras e na lagoa de Sobrado e boas carballeiras.
O patrimonio histórico-artístico é moi destacado: restos romanos, mosteiro de Sobrado,
igrexas románicas de Ciadella e Carelle e varios pazos.
No Casal de Abaixo, en Grixalba, atópase a Casa do Queixo.
Mosteiro de Sobrado, un dos grandes e máis coñecidos
mosteiros de Galiza
SUPERFICIE: 77,87 km2
POBOACIÓN: 1.248
habitantes (2014)
PARROQUIAS: A Capela,
Mangoeiro, Ordes,
Paradela, San Martiño de
Oleiros, San Xiao do
Monte, Santa Eufemia do
Monte, Santa María de
Brañas, Vilamor e
Vilouriz.
Paisaxe de Toques
TOQUES
Está situado no centro-leste da comarca. A zona surleste do territorio forma parte dunha
superficie de erosión de formas suaves e unha altitude de 400 a 500 m. No norte atópanse os
Montes do Bocelo e no leste a serra do Corno de Boi e O Careón, coa máxima altura do
concello, con 802 m.
O río máis importante é o Furelos ou Salgueiras que circula con dirección norte-sur e recibe
numerosos afluentes como o Sandión, Portacovo e Pequeño.
Igrexa prerománica de Santa María da Capela. É o que queda do antigo
mosteiro de Santo Antoniño de Toques, de orixe descoñecida pero que
xa existía no século XII. Os veciños estaban obrigados, ademais doutros
tributos, a plantar dous carballos na carballeira da Capela.
A principal actividade é a agrogandaría.
Os espazos de interese natural atópanse no río Furelos (As Fervenzas) e na serra do Careón,
protexidos no LIC “Serra do Careón”.
O patrimonio histórico-artístico está representado polo dolme Forno dos Mouros e as igrexas
de Santa María, Brañas e Santa Eufemia do Monte.
Na Capela hai unha Aula da Natureza desde a que se fan diferentes rutas de sendeirismo.
Fervenza no río Salgueiras ou Furelos
XEOLOXÍA/RELEVO
Cumes do Careón
No territorio da comarca de Melide distínguense tre áreas. O centro e norte (de Sobrado a
Melide)está ocupado por unha antiga superficie de erosión cunha altitude media de 500 m,
interrumpida polos montes do Bocelo que a atravesan de leste a oeste. As serras da Dorsal
Galega (Covas da Serpe, Corno de Boi e Careón) forman unha cadea que fan de linde polo
leste coa provincia de Lugo. No sur, en terreos de Santiso, un terreo de releve irregular con
distintas elevación que van descendendo cara ao val do Ulla onde se atopa a altitude máis
baixa da comarca, con 300.
O cume máis elevado da comarca é o da Cova da Serpe, con 838 m.
Brañas de Melide
Bolos graníticos no Bocelo
As rochas son moi variadas. Unha grande
parte está formada por granitos e lousas.
A Serra do Careón ten unha zona de rochas
básicas (anfibolitas, serpentinitas) que dan
lugar a unhas condicións especiais para as
plantas.
Serpentinas no Careón
Ollo de sapo nunha
construción en Melide
Vista dos cumes do Corno de Boi desde o alto do Bocelo
Os cumes dos montes de pouca altura están aproveitados con pasteiros e nas zonas máis altas
hai un mato de toxos e breixos. Nalgunhas áreas aparecen repoboacións de piñeiros e nas
máis afastadas carballeiras. A fauna máis destacada está representada polas aves do mato e
de espazos abertos, réstiles e insectos.
A carqueixa convive con toxos e breixos
nos matos dos cumes
Santolina melidensis, no Careón
Breixos no Careón
Esta araña (Argiope bruennuichi)
constrúe a tea arrentes do chan para
pillar saltóns.
Carriza (Troglodytes troglodytes)
SERRA DA COVA DA SERPE
Esténdese con dirección N-S facendo límite entre as provincias de A Coruña (Curtis e Sobrado)
e Lugo (Guitiriz e Friol).
Está formada por granitos de dúas micas, gneis “ollo de sapo”, xistos, cuarcitas e granitos
intrusivos. Ten un aspecto masivo e suave cunha maior inclinación cara ao leste. O monte
máis alto é o Pico da Cova, con 841 m. Na vertente leste nacen afluentes do Parga e na oeste
do Mandeo.
Accedese pola estrada de Sobrado a Guitiriz.
Vista cara a Sobrado e o Corno do Boi desde o Pico da Cova
Pena Cova da Serpe, na Pena Furada. Segundo a lenda nesta cova vivía unha grande serpe que comía ao gando e ás
persoas. Outra versión di que a serpe baixaba polas noites á aldea e mamaba leite das vacas.
Vista desde a Cova da Serpe
SERRA DE CORNO DE BOI
Pequena serra situada entre os concellos de Toques e Sobrado (A Coruña) e Friol (Lugo). O
monte máis alto é o Campelo, con 803 m. Na vertente oeste nace o río Mandeo e na leste
afluentes do Narla (Miño).
Accedese desde a estrada de Sobrado a Friol.
Paisaxe do Corno de Boi no concello de Sobrado
O Careón desde os montes do Bocelo (vertente oeste)
SERRA DO CAREÓN
Esténdese, con orientación N-S, facendo de linde entre as provincias de A Coruña e Lugo.
É unha serra de alturas medias, coa cota máxima no Monte Careón, con 798 m. As rochas
dominantes son granitos de dúas micas e intrusivos, gneis “ollo de sapo”, xistos, e no sector
sudoeste afloramentos de rochas ultrabásicas (serpentinitas, peridotitas, granulitas
piroxénicas, gabros, anfibolitas, xistos verdes...).
Nela nacen afluentes do Miño (Narla) e do Ulla (Pambre, Seco, Furelos...).
Accedese desde Melide pola pista do parque eólico.
O Careón desde Pena Armada
Corte de solo de serpentinas
Armeria merinoi
A Serra do Careón ten un grande interese polas formacións rochosas ultrabásicas, que determinan á súa
vez a presenza dunha flora moi especializada adaptada ás características químicas do solo.
Nos montes domina o mato de toxos, xestas, carqueixas e uces. Destacan o piorno espiñento (Genista
anglica) e o piorno de follas pequenas (Genista micrantha).
Aparecen endemismos típicos de terreos serpentínicos, algunhas especies únicas desta zona: Santolina
melidensis, Alyssum guitianae, Anthyllis melidiensis, Armeria merinoi, Asplenium adiantum nigrum, var.
corunnense, Centaurea janeri susp. gallaecia, Sagina merinoi, Koeleria crassipes var. pilosa, Santolina
rosmarinifolia sups. melidensis, Thlaspi oligospermum...
Santolina melidensis, endemismo do Careón
en grave perigo de extinción.
Vista dos cumes do Bocelo
MONTES DO BOCELO
Situados entre Toques, Melide, Sobrado e Boimorto perpendicularmente, polo oeste, ao
Corno de Boi e Careón, con orientación SO-NO. Están formados por granitos de mica negra
que aparecen nos cumes en grandes bolos e penedos. A máxima altura é o Pico do Pilar, con
803 m. Fai de divisoria das concas do Ulla e do Tambre.
Accedese desde a estrada de Sobrado a Toques.
Toques e os montes de Bocelo desde o Careón
Pena da Moura, nas proximidades atópase o dolme chamado forno das Mouras
OS RÍOS
O Ulla en Santiso
A comarca de Melide forma parte de tres cuncas fluviais. A máis importante é a do Ulla que
percorre o linde sur e separa as provincias de A Coruña e Pontevedra e recibe afluentes
importantes como o Furelos, que atravesa a comarca de norte a sur. No centro-norte atópase
o curso alto do Tambre, que circula de leste a oeste, e no norte a do Mandeo que discorre
cara ao norte.
En xeral os ríos forman
vales abertos de perfís
suaves e só hai pequenos
tramos encaixados no
Ulla e no curso alto do
Furelos onde hai
fermosas paraxes con
rápidos, pozas e
fervenzas.
Os pequenos ríos da comarca corren entre os
penedos no seu curso alto formando rápidos e
fervenzas.
Lirio á beira do río Tambre
Arredor dos ríos atópanse interesantes espazos de interesse natural con bosques de ribeira
dunha grande biodiversidade.
Fento Blechnum spicants. Os fentos son as plantas
máis comúns nas zonas húmidas que hai debaixo
das árbores á beira dos ríos.
Avelás. As avelairas atópanse habitualmente
formando parte dos bosques de ribeira.
Os brións medran nas rochas da beira dos ríos
onde dispoñen de sombra e humidade.
Cabaliño do demo (Libelula quedrimaculata)
Ra patilonga (Rana iberica). Vive nos cursos altos
dos ríos de auga limpa e con vexetación nas
beiras.
Os lugares húmidos e sombrizos, como a beira dos ríos, son idóneos para o desenvolvemento dos fungos da madeira,
como esta orella de xudeo (Hirneola auricula judae) que vive preferentemente nos sabugueiros.
Arredor dos ríos atópanse interesantes espazos de interesse natural con bosques de ribeira
dunha grande biodiversidade.
O aproveitamento dor ríos foi moi importante
noutros tempos nos que movían a maioría das
máquinas preindustriais. En San Antoniño de Toques,
no que foi o edificio do antigo mosteiro, houbo unha
fábrica de cravos que empregaba a enerxía do río
Pedriña, un afluente do Furelos.
Tamén é moi importante o patrimonio
etnográfico representados sobre todo polos
numerosos muíños para aproveitar a enerxía
hidráulica para moer o cereal.
Muíño das Canizas (Santiso)
Muíños no río Catasol (Melide)
Muíño en Sobrado
O Mandeo en Sobrado, entre Cumbraos e Grixalba
RÍO MANDEO
Nace no Marco das Pías (Sobrado dos Monxes), entre os montes do Bocelo e do Corno do Boi.
Despois de 56 km de percorrido desemboca na ría de Betanzos. Na comarca ten o seu curso
alto no concello de Sobrado e recibe as augas dos regos Pinte Carballal, Ramalleira e Lombao.
O Tambre na
área de lecer de
Sobrado dos
Monxes
RÍO TAMBRE
Nace na Serra do Bocelo (montes de Vilariño) e desemboca en Ponte Nafonso, na Ría de Noia,
despois de 124,5 km de percorrido. Pola comarca discorre lentamente no seu curso alto.
Presenta augas altas de decembro a marzo e estiaxe en agosto.
Nesta comarca recolle augas do concello de Sobrado e o seu principal afluente é o Caxide.
O Tambre é un dos poucos ríos galegos onde se atopa a Macromia splendens, un cabalo do
demo en perigo de extinción en toda Europa.
LAGOA DE SOBRADO. Os monxes de Sobrado represaron nunha lagoa, arredor do 1500, os regos Caxide e
Rodel que baixan da serra do Bocelo que forman as nacentes do río Tambre.
A lagoa ten unha grande importancia a nivel botánico e faunístico.
Destaca a presenza de dúas plantas de interese europeo: Isoetes velatum e a alga Nitella flexilis, polo que
está considerada Zona Húmida de Importancia Europea. Acolle unha importante poboación de aves
acuáticas sedentaria e invernantes, sobre todo anátidas.
O Ulla en entre Santiso e Agolada
RÍO ULLA
Nace no monte Picouzo, entre as Parroquia de Ansar (Taboada), Viloide e Os Ferreiros
(Monterroso) e Olveda (Antas de Ulla) e forman as súas cabeceiras o Sucastro, Ribeira e
Ermida. Percorre varias comarcas, ás que lle da nome ; a Ulloa, a Ulla e o Ullán e desemboca
na ría de Arousa, entre Padrón e Pontecesures, despois de 132 km. Na comarca drena, xunto
cos seus afluentes, os concellos de Santiso, Melide e Toques. Recibe pola dereita o Seco,
Furelos, Beseña e Boente.
O río Ulla no seu encontro co Furelos en Ponte Arcediago (Santiso)
Área rde lecer do Liño en Santiso
O Ulla no encoro de Portodemouros
Transbordador que fai o traxecto entre Santiso e Vila de Cruces
Río Salgueiras
RÍO FURELOS
Nace da confluencia dos regos Salgueira e Pequeno na parroquia de Mangueiro (Toques) entre as serras
do Bocelo e Corno de Boi e circula con dirección norte-sur por terras dos concellos de Toques, Melide e
Santiso. Xúntase ao Ulla nas proximidades de Barazón. O seu principal afluente é o Catasol.
Río Furelos
Fervenza no río Pedriña, ao pé do mosteiro de San Antoniño de Toques
Fervenza no río Pedrouzo, un afluente
do Furelos que baixa do Careón.
Atópase ao pé da estrada que vai de
Vilamor a Melide, nunha zona
cuberta de mato onde hai varios
muíños abandoados.
FERVENZA DE BRAÑAS
Na parroquia de Brañas (Toques). O río Salgueiras, unha
das cabeceiras do Furelos, afluente do Ulla forma unha
fervenza duns 30 m de altura ao cair nun desnivel de neis
de fronte ampla e perfil inclinado. Nos arredores hai un bo
bosque de ribeira, carballos, castiñeiros e loureiros.
COMO CHEGAR: cóllese a estrada de Melide a Toques e 2,5
km máis adiante sae unha pista que vai a Brañas e pasa por
diante da fervenza.
Fervenza na
primavera, no
inverno e no
verán
Ponte sobre o río Furelos (Furelos, Melide)
Ponte medieval sobre o río Seco en Laboreiro (Melide), punto de paso obrigado
para os peregrinos que seguen o Camiño Francés a Santiago.
RÍO SECO
Nace na aba sur do Careón, discorre polo concello de Melide e logo fai fronteira entre os concellos de
Santiso e Palas de Rei.
Pontella sobre o río Catasol en Melide
RÍO CATASOL
Nace na aba sur dos Montes do Bocelo e discorre polo concello de Melide.
Río Boente entre Santiso e Arzúa
RÍO BOENTE
Nace no Couto do Vieiro, en Melide e circula
con dirección norte-sur por terras de Melide e
Santiso, facendo en parte de linde coa comarca
de Arzúa. Xúntase ao Ulla no encoro de
Portodemouros.
As serras da comarca de Melide conservan carballeiras formadas por carballos do país
(Quercus robur) acompañados por castiñeiros, estripos, bidueiros, avelairas... e áreas
repoboadas de piñeiros e eucaliptos. Pero a meirande variedade de árbores atópanse en
pequenas manchas, acompañando o cursos dos ríos e nas lindes das parcelas.
Nos adros das igrexas e nalgunhas poboacións consérvanse boas carballeiras e nos xardíns das
vilas e dos pazos hai algúns exemplares monumentais de carballos, eucaliptos e especies
exóticas.
Paisaxe típica da comarca
AS ÁRBORES
CARBALLO
(Quercus robur)
Carballo de Armada, en Cumbraos (Sobrado).
Contan que nel apareceuse a Virxe e por iso se
construíu a capela a finais do século XVIII.
Carballo de Portocal. San Xulián de Cumbraos (Sobrado).
Ten 20 m de altura. Destaca pola amplitude da súa copa.
Carballeira da Casa do Gado, en Sobrado. Está
formada por carballos antigos de bo porte e con
áreas dun rico sotobosque.
Freixos da Casa do Gado (Sobrado).
Incluídos no Catálogo de Árbores Senlleiras da Xunta de Galiza.Eucalipto na carballeira da Casa do Gado (Sobrado)
Cedro do Him na igrexa de Cumbraos
(Sobrado)
Cedro do Atlas (Cedrus atlantica). Convento Pais
Pasionistas, actualmente Residencia da Terceira
Idade. (Melide). Miden 25 e 23 m de altura.
ESPAZOS PROTEXIDOS
As rochas ultrabásicas da Serra do Careón altéranse con
moita facilidade
LIC SERRA DO CAREÓN
Inclúe A Serra do Careón, as Gándaras de Melide e o curso do río Furelos, 6.568 ha protexidas
nos concellos de Melide, Santiso e Toques (A Coruña); Friol e Palas de Rei (Lugo).
É unha área de grande interese polas formacións xeolóxicas. Hai afloramentos de rochas
ultrabásicas (serpentinitas, peridotitas, granulitas piroxénicas, gabros, anfibolitas, xistos
verdes...) que determinan á súa vez a presenza dunha flora moi especializada adaptada ás
características químicas do solo. As Gándaras de Melide están situadas na parte baixa, ás
beiras da estrada que vai a Lugo. Son terreos que permanecen enchoupados unha gran
departe do ano e nos que se desenvolve unha vexetación adaptada á húmidade.
Vexetación das brañas
Santolina melidensis,
un endemismo do
Careón que recibe o
nome de Melide
Reina (Filipendula vulgaris),
planta rara en Galiza, asociada
aos terreos ultrabásicos.
Sagina Merinoi,
endemismo da Serra
do Careón.
LAGOA DE SOBRADO
Espazo que inclúe a lagoa de orixe artificial froito da construción dun dique para a contención,
almacenamento e aproveitamento de augas no ano 1500, posteriormente reforzado.
Formouse ao encorar varios regos das cabeceiras do Tambre.
Acolle unha importante poboación de aves acuáticas invernantes, sobre todo anátidas.
Desde o punto de vista botánico está considerada Zona Húmida con Importancia Europea, e
enclave con interese singular no que se localizan plantas acuáticas que foron catalogadas
como taxóns singulares.
Na actualidade está xestionada pola Fundación Fragas do Mandeo
Os ambroíños cobren coas súas follas as partes menos
fondas da lagoa e salpícana de branco no verán coas
súas flores de ata 15 cm de diámetro.
Trevo de auga (Menyantes trifoliata),
planta pouco común en Galiza, pero
abundante na lagoa de Sobrado.
Caseta de observación e
paneis informativos
MONTAXE E FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta
abril 2017
Comarca Terra de Melide
Comarca Terra de Melide
Comarca Terra de Melide
Comarca Terra de Melide
Comarca Terra de Melide
Comarca Terra de Melide

Comarca Terra de Melide

  • 1.
  • 2.
    A comarca deMelide está situada no surleste da provincia da Coruña, separada de Lugo polas serras da Dorsal e de Pontevedra polo río Ulla. O territorio é moi variado en formas de relevo e na composición das rochas o que da lugar a unha gran diversidade paisaxística e biolóxica. Sitúase entre unha superficie achairada, as serras da Dorsal Galega que fan de linde polo leste e o profundo val do Ulla. Outros ríos que recollen as augas da comarca son o Mandeo e o Tambre, nos seus cursos altos. Acolle importantes valores naturais asociados ás serras e aos ríos. Terras de Melide. Ao fondo o Careón.
  • 3.
    SUPERFICIE: 367,2 km2 POBOACIÓN: 12.439 habitantes(2015) CONCELLOS: Melide, Santiso, Sobrado e Toques ESPAZOS PROTEXIDOS: -LIC “Serra do Careón” -Lagoa de Sobrado
  • 4.
    CLIMA Atlántico húmido, coninvernos fríos e veráns frescos.
  • 5.
    ACTIVIDADES As principais actividadesson os servizos, a agrogandaría, a construcción e a industria (en especial as asociadas ao agro). Destaca a elaboración de queixos dentro da Denominación de Orixe “Arzúa-Ulloa”. Queixo de Arzúa-Ulloa
  • 6.
    PATRIMONIO É unha comarcacun rico patrimonio etnográfico e histórico-artístico na que podemos atopar numerosas igrexas románicas, o mosteiro de Sobrado, pontes medievais, pazos, muíños e núcleos tradicionais. Dúas rutas do Camiño de Santiago pasan pola comarca. O Camiño Francés, de leste a oeste, desde o Careón; e o Camiño do Norte, que entra por Sobrado. Dolme Forno dos Mouros, A Moruxosa (Toques)
  • 7.
    Campamento romano daCiadella (Sobrado), un asentamento militar activo entre os séculos II e IV, no tramo viario entre Brigantium e Lucus Augusti. Nel mantíñanse entre 500 e 600 militares da Cohors I Celtiberorum Equitata civium romanorum, que tiña como función a vixilancia da Vía XX (traballo que desempeñou entre os anos 123 e 395).
  • 8.
    Melide, igrexa doCarme Melide, igrexa de Furelos
  • 9.
    Melide, igrexa deSan Martiño de Moldes Melide, igrexa de San Pedro
  • 10.
    Melide, igrexa deSanta María
  • 11.
    Melide, igrexa doSancti Spiritu
  • 12.
    Melide, igrexa deVitiriz Melide, igrexa de Leboreiro
  • 13.
  • 14.
  • 15.
    Toques, igrexa deSanta Uxía do Monte Toques, igrexa de Santa María de Brañas Igrexa de Santa María en Santo Antoniño de Toques
  • 16.
  • 17.
  • 18.
    CONCELLOS SUPERFICIE:1 01,22 km2 POBOACIÓN:7.538 habitantes (2015) PARROQUIAS: Abeancos, Os Ánxeles, Baltar, O Barreoro, Campos, Castro, Folladela, Furelos, Golán, Gondollín, Grobas, O Leboreiro, Maceda, O Meire, Melide, Moldes, Orois, Pedrouzos, San Cibrao, San Cosme de Abeancos, Santa María de Melide, Santalla de Agrón, As Varelas, Vitiriz, Xubial e Zas de Rei. Vista xeral de Melide desde o Careón MELIDE Está situado no centro da comarca. As máximas alturas do concello atópanse ao norte, nos montes do Bocelo (Coto do Pilar, con 806 m e Coto Pedro, con 648 m), e no leste, na serra do Careón (Castro, con 708 m). A zona centro é de relevo achairado con abundancia de arxilas e o sur de formas máis irregulares. O río principal é o Furelos que atarvesa o concello de norte a sur e os seus afluentes Pedrouzos e Catasol. Polo leste circula o Seco.
  • 19.
    Cruceiro de Melide,un dos máis antigos de Galiza As principais actividades son a agrogandaría, os servizos e a industria. Ten importantes espazos naturais na serra do Careón e no río Furelos que están protexidos no LIC “Serra do Careón”. Acolle un importante patrimonio histórico artístico moi ligado ao camiño de Santiago: igrexas románicas, pontes medievais, pazos... Na vila de Melide atópase o museo Terras de Melide que recolle aspectos históricos e etnográficos da comarca. Edificio do antigo Hospital de peregrinos de Sancti Spiritus que na actualidade acolle o Museo Etnográfico e Arqueolóxico da Terra de Melide.
  • 20.
    SUPERFICIE: 67,33 km2 POBOACIÓN:1.742 habitantes (2014) PARROQUIAS: Barazón, Beigondo, Belmil, Liñares, Mourazos, Niñodaguia, Novela, Pezobre, Pezobrés, A Ponte Arcediago, Ribadulla, San Román, Santalla de Rairiz, Santiso, Serantes, Vimianzo e Visantoña. Panorámica do concello de Santiso desde a outra beira do Ulla SANTISO Está situado no sur da comarca, cun relevo de formas suaves con alturas que rondan os 400 m e que van diminuíndo cara o val do Ulla. Os cumes máis altos atópanse ao norte, no linde con Melide (monte Roda, con 447 m, e Castro de Vimianzo, con 443 m). O río Ulla percorre o linde sur do concello e está parcialmente encorado en Portodemouros. Recibe pola dereita o Seco, Furelos, Beseña, Muíño e Boente.
  • 21.
    Pazo de Vilar deFerreiros As principais actividades son agrogandaría (gando porcino e vacún) e o sector forestal. A capital municipal é Agro do Chao. Os espazos naturais de maior interese atópanse nos río Furelos e nas últimas estribacións do Careón, protexidos no LIC “Serra do Careón”, e no río Ulla. O máis representativo do patrimonio histórico- artístico é a igrexa románica de Santo Estevo de Pezobres e numerosos pazos, entre os que destaca o de Vilar de Ferreiros. Pazo de Vilar de Ferreiros. O Ulla encorado en Portodemouros ocupa amplas áreas do seu val no concello de Santiso. O Ulla encorado en Portodemouros ocupa amplas áreas do seu val no concello de Santiso
  • 22.
    SUPERFICIE: 120,56 km2 POBOACIÓN:1.911 habitantes (2015) PARROQUIAS: Carelle, A Ciadella, Codesoso, Cumbraos, Folgoso, Grixalba, Nogueira, A Porta, Pousada e Roade. Lagoa de Sobrado, unha das xoias naturais do concello SOBRADO Está situado ao norte da comarca. No relevo apréciande dúas zonas. No norte e oeste unha superficie de erosión de formas achairadas cunha altitude media de 500 m. No oeste as serras da Dorsal (Cova da Serpe, co cume máis alto do concello, con 838 m; e Corno de Boi), e no sur os montes do Bocelo, no linde con Toques e Melide. Está drenado polos cursos altos dos ríos Tambre, que discorre de leste a oeste e recibe o Batán, Caxide e Cabalar; e o Mandeo, que dircorre cara ao norte.
  • 23.
    Gando en Portocal Asprincipais actividades son a agrogandaría e os sector forestal. Acolle importantes áreas naturais nas serras e na lagoa de Sobrado e boas carballeiras. O patrimonio histórico-artístico é moi destacado: restos romanos, mosteiro de Sobrado, igrexas románicas de Ciadella e Carelle e varios pazos. No Casal de Abaixo, en Grixalba, atópase a Casa do Queixo. Mosteiro de Sobrado, un dos grandes e máis coñecidos mosteiros de Galiza
  • 24.
    SUPERFICIE: 77,87 km2 POBOACIÓN:1.248 habitantes (2014) PARROQUIAS: A Capela, Mangoeiro, Ordes, Paradela, San Martiño de Oleiros, San Xiao do Monte, Santa Eufemia do Monte, Santa María de Brañas, Vilamor e Vilouriz. Paisaxe de Toques TOQUES Está situado no centro-leste da comarca. A zona surleste do territorio forma parte dunha superficie de erosión de formas suaves e unha altitude de 400 a 500 m. No norte atópanse os Montes do Bocelo e no leste a serra do Corno de Boi e O Careón, coa máxima altura do concello, con 802 m. O río máis importante é o Furelos ou Salgueiras que circula con dirección norte-sur e recibe numerosos afluentes como o Sandión, Portacovo e Pequeño.
  • 25.
    Igrexa prerománica deSanta María da Capela. É o que queda do antigo mosteiro de Santo Antoniño de Toques, de orixe descoñecida pero que xa existía no século XII. Os veciños estaban obrigados, ademais doutros tributos, a plantar dous carballos na carballeira da Capela. A principal actividade é a agrogandaría. Os espazos de interese natural atópanse no río Furelos (As Fervenzas) e na serra do Careón, protexidos no LIC “Serra do Careón”. O patrimonio histórico-artístico está representado polo dolme Forno dos Mouros e as igrexas de Santa María, Brañas e Santa Eufemia do Monte. Na Capela hai unha Aula da Natureza desde a que se fan diferentes rutas de sendeirismo. Fervenza no río Salgueiras ou Furelos
  • 26.
    XEOLOXÍA/RELEVO Cumes do Careón Noterritorio da comarca de Melide distínguense tre áreas. O centro e norte (de Sobrado a Melide)está ocupado por unha antiga superficie de erosión cunha altitude media de 500 m, interrumpida polos montes do Bocelo que a atravesan de leste a oeste. As serras da Dorsal Galega (Covas da Serpe, Corno de Boi e Careón) forman unha cadea que fan de linde polo leste coa provincia de Lugo. No sur, en terreos de Santiso, un terreo de releve irregular con distintas elevación que van descendendo cara ao val do Ulla onde se atopa a altitude máis baixa da comarca, con 300. O cume máis elevado da comarca é o da Cova da Serpe, con 838 m.
  • 27.
  • 28.
    Bolos graníticos noBocelo As rochas son moi variadas. Unha grande parte está formada por granitos e lousas. A Serra do Careón ten unha zona de rochas básicas (anfibolitas, serpentinitas) que dan lugar a unhas condicións especiais para as plantas. Serpentinas no Careón Ollo de sapo nunha construción en Melide
  • 29.
    Vista dos cumesdo Corno de Boi desde o alto do Bocelo Os cumes dos montes de pouca altura están aproveitados con pasteiros e nas zonas máis altas hai un mato de toxos e breixos. Nalgunhas áreas aparecen repoboacións de piñeiros e nas máis afastadas carballeiras. A fauna máis destacada está representada polas aves do mato e de espazos abertos, réstiles e insectos.
  • 30.
    A carqueixa convivecon toxos e breixos nos matos dos cumes Santolina melidensis, no Careón
  • 31.
  • 32.
    Esta araña (Argiopebruennuichi) constrúe a tea arrentes do chan para pillar saltóns. Carriza (Troglodytes troglodytes)
  • 33.
    SERRA DA COVADA SERPE Esténdese con dirección N-S facendo límite entre as provincias de A Coruña (Curtis e Sobrado) e Lugo (Guitiriz e Friol). Está formada por granitos de dúas micas, gneis “ollo de sapo”, xistos, cuarcitas e granitos intrusivos. Ten un aspecto masivo e suave cunha maior inclinación cara ao leste. O monte máis alto é o Pico da Cova, con 841 m. Na vertente leste nacen afluentes do Parga e na oeste do Mandeo. Accedese pola estrada de Sobrado a Guitiriz.
  • 34.
    Vista cara aSobrado e o Corno do Boi desde o Pico da Cova
  • 35.
    Pena Cova daSerpe, na Pena Furada. Segundo a lenda nesta cova vivía unha grande serpe que comía ao gando e ás persoas. Outra versión di que a serpe baixaba polas noites á aldea e mamaba leite das vacas.
  • 36.
    Vista desde aCova da Serpe SERRA DE CORNO DE BOI Pequena serra situada entre os concellos de Toques e Sobrado (A Coruña) e Friol (Lugo). O monte máis alto é o Campelo, con 803 m. Na vertente oeste nace o río Mandeo e na leste afluentes do Narla (Miño). Accedese desde a estrada de Sobrado a Friol.
  • 37.
    Paisaxe do Cornode Boi no concello de Sobrado
  • 38.
    O Careón desdeos montes do Bocelo (vertente oeste) SERRA DO CAREÓN Esténdese, con orientación N-S, facendo de linde entre as provincias de A Coruña e Lugo. É unha serra de alturas medias, coa cota máxima no Monte Careón, con 798 m. As rochas dominantes son granitos de dúas micas e intrusivos, gneis “ollo de sapo”, xistos, e no sector sudoeste afloramentos de rochas ultrabásicas (serpentinitas, peridotitas, granulitas piroxénicas, gabros, anfibolitas, xistos verdes...). Nela nacen afluentes do Miño (Narla) e do Ulla (Pambre, Seco, Furelos...). Accedese desde Melide pola pista do parque eólico.
  • 39.
    O Careón desdePena Armada
  • 40.
    Corte de solode serpentinas
  • 41.
    Armeria merinoi A Serrado Careón ten un grande interese polas formacións rochosas ultrabásicas, que determinan á súa vez a presenza dunha flora moi especializada adaptada ás características químicas do solo. Nos montes domina o mato de toxos, xestas, carqueixas e uces. Destacan o piorno espiñento (Genista anglica) e o piorno de follas pequenas (Genista micrantha). Aparecen endemismos típicos de terreos serpentínicos, algunhas especies únicas desta zona: Santolina melidensis, Alyssum guitianae, Anthyllis melidiensis, Armeria merinoi, Asplenium adiantum nigrum, var. corunnense, Centaurea janeri susp. gallaecia, Sagina merinoi, Koeleria crassipes var. pilosa, Santolina rosmarinifolia sups. melidensis, Thlaspi oligospermum... Santolina melidensis, endemismo do Careón en grave perigo de extinción.
  • 42.
    Vista dos cumesdo Bocelo MONTES DO BOCELO Situados entre Toques, Melide, Sobrado e Boimorto perpendicularmente, polo oeste, ao Corno de Boi e Careón, con orientación SO-NO. Están formados por granitos de mica negra que aparecen nos cumes en grandes bolos e penedos. A máxima altura é o Pico do Pilar, con 803 m. Fai de divisoria das concas do Ulla e do Tambre. Accedese desde a estrada de Sobrado a Toques.
  • 43.
    Toques e osmontes de Bocelo desde o Careón
  • 44.
    Pena da Moura,nas proximidades atópase o dolme chamado forno das Mouras
  • 45.
    OS RÍOS O Ullaen Santiso A comarca de Melide forma parte de tres cuncas fluviais. A máis importante é a do Ulla que percorre o linde sur e separa as provincias de A Coruña e Pontevedra e recibe afluentes importantes como o Furelos, que atravesa a comarca de norte a sur. No centro-norte atópase o curso alto do Tambre, que circula de leste a oeste, e no norte a do Mandeo que discorre cara ao norte. En xeral os ríos forman vales abertos de perfís suaves e só hai pequenos tramos encaixados no Ulla e no curso alto do Furelos onde hai fermosas paraxes con rápidos, pozas e fervenzas.
  • 46.
    Os pequenos ríosda comarca corren entre os penedos no seu curso alto formando rápidos e fervenzas.
  • 47.
    Lirio á beirado río Tambre Arredor dos ríos atópanse interesantes espazos de interesse natural con bosques de ribeira dunha grande biodiversidade. Fento Blechnum spicants. Os fentos son as plantas máis comúns nas zonas húmidas que hai debaixo das árbores á beira dos ríos.
  • 48.
    Avelás. As avelairasatópanse habitualmente formando parte dos bosques de ribeira. Os brións medran nas rochas da beira dos ríos onde dispoñen de sombra e humidade.
  • 49.
    Cabaliño do demo(Libelula quedrimaculata) Ra patilonga (Rana iberica). Vive nos cursos altos dos ríos de auga limpa e con vexetación nas beiras.
  • 50.
    Os lugares húmidose sombrizos, como a beira dos ríos, son idóneos para o desenvolvemento dos fungos da madeira, como esta orella de xudeo (Hirneola auricula judae) que vive preferentemente nos sabugueiros. Arredor dos ríos atópanse interesantes espazos de interesse natural con bosques de ribeira dunha grande biodiversidade.
  • 51.
    O aproveitamento dorríos foi moi importante noutros tempos nos que movían a maioría das máquinas preindustriais. En San Antoniño de Toques, no que foi o edificio do antigo mosteiro, houbo unha fábrica de cravos que empregaba a enerxía do río Pedriña, un afluente do Furelos. Tamén é moi importante o patrimonio etnográfico representados sobre todo polos numerosos muíños para aproveitar a enerxía hidráulica para moer o cereal. Muíño das Canizas (Santiso)
  • 52.
    Muíños no ríoCatasol (Melide) Muíño en Sobrado
  • 53.
    O Mandeo enSobrado, entre Cumbraos e Grixalba RÍO MANDEO Nace no Marco das Pías (Sobrado dos Monxes), entre os montes do Bocelo e do Corno do Boi. Despois de 56 km de percorrido desemboca na ría de Betanzos. Na comarca ten o seu curso alto no concello de Sobrado e recibe as augas dos regos Pinte Carballal, Ramalleira e Lombao.
  • 54.
    O Tambre na áreade lecer de Sobrado dos Monxes RÍO TAMBRE Nace na Serra do Bocelo (montes de Vilariño) e desemboca en Ponte Nafonso, na Ría de Noia, despois de 124,5 km de percorrido. Pola comarca discorre lentamente no seu curso alto. Presenta augas altas de decembro a marzo e estiaxe en agosto. Nesta comarca recolle augas do concello de Sobrado e o seu principal afluente é o Caxide. O Tambre é un dos poucos ríos galegos onde se atopa a Macromia splendens, un cabalo do demo en perigo de extinción en toda Europa.
  • 55.
    LAGOA DE SOBRADO.Os monxes de Sobrado represaron nunha lagoa, arredor do 1500, os regos Caxide e Rodel que baixan da serra do Bocelo que forman as nacentes do río Tambre. A lagoa ten unha grande importancia a nivel botánico e faunístico. Destaca a presenza de dúas plantas de interese europeo: Isoetes velatum e a alga Nitella flexilis, polo que está considerada Zona Húmida de Importancia Europea. Acolle unha importante poboación de aves acuáticas sedentaria e invernantes, sobre todo anátidas.
  • 56.
    O Ulla enentre Santiso e Agolada RÍO ULLA Nace no monte Picouzo, entre as Parroquia de Ansar (Taboada), Viloide e Os Ferreiros (Monterroso) e Olveda (Antas de Ulla) e forman as súas cabeceiras o Sucastro, Ribeira e Ermida. Percorre varias comarcas, ás que lle da nome ; a Ulloa, a Ulla e o Ullán e desemboca na ría de Arousa, entre Padrón e Pontecesures, despois de 132 km. Na comarca drena, xunto cos seus afluentes, os concellos de Santiso, Melide e Toques. Recibe pola dereita o Seco, Furelos, Beseña e Boente.
  • 57.
    O río Ullano seu encontro co Furelos en Ponte Arcediago (Santiso)
  • 58.
    Área rde lecerdo Liño en Santiso
  • 59.
    O Ulla noencoro de Portodemouros
  • 60.
    Transbordador que faio traxecto entre Santiso e Vila de Cruces
  • 61.
    Río Salgueiras RÍO FURELOS Naceda confluencia dos regos Salgueira e Pequeno na parroquia de Mangueiro (Toques) entre as serras do Bocelo e Corno de Boi e circula con dirección norte-sur por terras dos concellos de Toques, Melide e Santiso. Xúntase ao Ulla nas proximidades de Barazón. O seu principal afluente é o Catasol. Río Furelos
  • 62.
    Fervenza no ríoPedriña, ao pé do mosteiro de San Antoniño de Toques
  • 63.
    Fervenza no ríoPedrouzo, un afluente do Furelos que baixa do Careón. Atópase ao pé da estrada que vai de Vilamor a Melide, nunha zona cuberta de mato onde hai varios muíños abandoados.
  • 64.
    FERVENZA DE BRAÑAS Naparroquia de Brañas (Toques). O río Salgueiras, unha das cabeceiras do Furelos, afluente do Ulla forma unha fervenza duns 30 m de altura ao cair nun desnivel de neis de fronte ampla e perfil inclinado. Nos arredores hai un bo bosque de ribeira, carballos, castiñeiros e loureiros. COMO CHEGAR: cóllese a estrada de Melide a Toques e 2,5 km máis adiante sae unha pista que vai a Brañas e pasa por diante da fervenza. Fervenza na primavera, no inverno e no verán
  • 65.
    Ponte sobre orío Furelos (Furelos, Melide)
  • 66.
    Ponte medieval sobreo río Seco en Laboreiro (Melide), punto de paso obrigado para os peregrinos que seguen o Camiño Francés a Santiago. RÍO SECO Nace na aba sur do Careón, discorre polo concello de Melide e logo fai fronteira entre os concellos de Santiso e Palas de Rei.
  • 67.
    Pontella sobre orío Catasol en Melide RÍO CATASOL Nace na aba sur dos Montes do Bocelo e discorre polo concello de Melide.
  • 68.
    Río Boente entreSantiso e Arzúa RÍO BOENTE Nace no Couto do Vieiro, en Melide e circula con dirección norte-sur por terras de Melide e Santiso, facendo en parte de linde coa comarca de Arzúa. Xúntase ao Ulla no encoro de Portodemouros.
  • 69.
    As serras dacomarca de Melide conservan carballeiras formadas por carballos do país (Quercus robur) acompañados por castiñeiros, estripos, bidueiros, avelairas... e áreas repoboadas de piñeiros e eucaliptos. Pero a meirande variedade de árbores atópanse en pequenas manchas, acompañando o cursos dos ríos e nas lindes das parcelas. Nos adros das igrexas e nalgunhas poboacións consérvanse boas carballeiras e nos xardíns das vilas e dos pazos hai algúns exemplares monumentais de carballos, eucaliptos e especies exóticas. Paisaxe típica da comarca AS ÁRBORES
  • 70.
    CARBALLO (Quercus robur) Carballo deArmada, en Cumbraos (Sobrado). Contan que nel apareceuse a Virxe e por iso se construíu a capela a finais do século XVIII.
  • 71.
    Carballo de Portocal.San Xulián de Cumbraos (Sobrado). Ten 20 m de altura. Destaca pola amplitude da súa copa. Carballeira da Casa do Gado, en Sobrado. Está formada por carballos antigos de bo porte e con áreas dun rico sotobosque.
  • 72.
    Freixos da Casado Gado (Sobrado). Incluídos no Catálogo de Árbores Senlleiras da Xunta de Galiza.Eucalipto na carballeira da Casa do Gado (Sobrado)
  • 73.
    Cedro do Himna igrexa de Cumbraos (Sobrado) Cedro do Atlas (Cedrus atlantica). Convento Pais Pasionistas, actualmente Residencia da Terceira Idade. (Melide). Miden 25 e 23 m de altura.
  • 74.
    ESPAZOS PROTEXIDOS As rochasultrabásicas da Serra do Careón altéranse con moita facilidade LIC SERRA DO CAREÓN Inclúe A Serra do Careón, as Gándaras de Melide e o curso do río Furelos, 6.568 ha protexidas nos concellos de Melide, Santiso e Toques (A Coruña); Friol e Palas de Rei (Lugo). É unha área de grande interese polas formacións xeolóxicas. Hai afloramentos de rochas ultrabásicas (serpentinitas, peridotitas, granulitas piroxénicas, gabros, anfibolitas, xistos verdes...) que determinan á súa vez a presenza dunha flora moi especializada adaptada ás características químicas do solo. As Gándaras de Melide están situadas na parte baixa, ás beiras da estrada que vai a Lugo. Son terreos que permanecen enchoupados unha gran departe do ano e nos que se desenvolve unha vexetación adaptada á húmidade. Vexetación das brañas
  • 75.
    Santolina melidensis, un endemismodo Careón que recibe o nome de Melide Reina (Filipendula vulgaris), planta rara en Galiza, asociada aos terreos ultrabásicos. Sagina Merinoi, endemismo da Serra do Careón.
  • 76.
    LAGOA DE SOBRADO Espazoque inclúe a lagoa de orixe artificial froito da construción dun dique para a contención, almacenamento e aproveitamento de augas no ano 1500, posteriormente reforzado. Formouse ao encorar varios regos das cabeceiras do Tambre. Acolle unha importante poboación de aves acuáticas invernantes, sobre todo anátidas. Desde o punto de vista botánico está considerada Zona Húmida con Importancia Europea, e enclave con interese singular no que se localizan plantas acuáticas que foron catalogadas como taxóns singulares. Na actualidade está xestionada pola Fundación Fragas do Mandeo Os ambroíños cobren coas súas follas as partes menos fondas da lagoa e salpícana de branco no verán coas súas flores de ata 15 cm de diámetro.
  • 77.
    Trevo de auga(Menyantes trifoliata), planta pouco común en Galiza, pero abundante na lagoa de Sobrado. Caseta de observación e paneis informativos
  • 78.
    MONTAXE E FOTOS:Adela Leiro, Mon Daporta abril 2017