Concellos: A Rúa, A Veiga, Carballeda de Valdeorras, Larouco, O Barco de Valdeorras, O Bolo, Petín, Rubiá e Vilamartín de Valdeorras.
Está situada no surleste de Galiza, ocupando o norleste da provincia de Ourense, nos lindes con Zamora e León das que a separan os montes do Macizo de Trevinca e Enciña da Lastra.
O territorio presenta grandes contrastes entre o valdo Sil, de fondo aplanado, onde se asenta a maior parte da poboación e dos recursos, e as serras do norte (Cereixido, Cabalos, Lastra) e do centro e sur (Mouzón, Macizo de Trevinca), onde se atopan as maiores alturas de Galiza.
CONCELLOS: Castro Caldelas, Montederramo, Parada do Sil e A Teixeira
A comarca de Terra de Caldelas está situada no centro-norte da provincia de Ourense, separada de Lugo polo profundo canón do río Sil.
É un territorio de grandes contrastes no relevo e no clima marcado polas grandes diferenzas de altitude entre o fondo do Val do Sil (300 m) e os cumes das serras (a máxima altura está no San Mamede, con 1.619 m), e pola diferente orientación á solaina ou avesía, o que da lugar a numerosos ambientes.
Nas áreas máis asolladas domina o cultivo da vide acollido, desde 1995 á D.O. Ribeira Sacra, dentro da subzona Ribas de Sil.
A comarca Terra de Celanova atópase ao oeste da provincia de Ourense, lindando con Portugal polo suroeste. O territorio é moi irregular e está formado polas serras Serras (Laboreiro, Outeiro de Augas, Montes de Bande, Monte Calvo e San Cibrao) e os vales dos ríos Arnoia e Deva e os seus afluentes. É unha área dun grande interesse natural e cultural.
Concellos: A Bola, A Merca, Cartelle, Celanova, Gomesende, Pontedeva, Quintela de Leirado, Ramirás e Verea.
Concellos: A Gudiña, A Mezquita, Viana do Bolo e Vilariño de Conso
O territorio é, na súa maior parte, de alta montaña, situado entre dous importantes macizos, Pena Trevinca e Macizo Central Ourensan, e varias serras de menor altitude. É unha sucesión de cumes e vales profundos e encaixados polos que circulan ríos das cuncas do Sil (Bibei, Camba e Conso) e do Douro (Rabaçal, con numerosas cabeceiras). O sur da Gudiña e os concellos de A Mezquita e Riós, coñécese como Terra de Frieiras.
É unha comarca con importantes valores ambientais e culturais.
Concellos: Castrelo do Val, Cualedro, Laza, Monterrei, Oímbra, Riós, Verín e Vilardevós.
A comarca de Verín está situada no sur da provincia de Ourense, no linde con Portugal. O centro está ocupado pola depresión de Monterrei ou de Verín, unha foxa tectónica rodeada de montañas que segue unha inclinación lixeira de norte a sur, e atravesada polo río Támega e os seus afluentes. As maiores alturas atópanse ao norte, nas serras do Macizo Central.
Acolle zonas de gran interese natural.
CONCELLOS: Melide, Santiso, Sobrado e Toques.
A comarca de Melide está situada no surleste da provincia da Coruña, separada de Lugo polas serras da Dorsal e de Pontevedra polo río Ulla. O territorio é moi variado en formas de relevo e na composición das rochas o que da lugar a unha gran diversidade paisaxística e biolóxica. Sitúase entre unha superficie achairada, as serras da Dorsal Galega que fan de linde polo leste e o profundo val do Ulla. Outros ríos que recollen as augas da comarca son o Mandeo e o Tambre, nos seus cursos altos.
Acolle importantes valores naturais asociados ás serras e aos ríos.
CONCELLOS: Carballedo, Chantada e Taboada.
A comarca de Chantada está situada no suroeste da provincia de Lugo, entre as serras da Dorsal (Martiñá, Faro, Farelo e Vacaloura), que lle serven de linde con Pontevedra e Ourense polo oeste, e o val do río Miño, ao leste, lindando coas Terras de Lemos. No territorio desta comarca distínguense claramente tres unidades: as serras, con altitudes superiores aos 1.000 m, a superficie de aplanamento de Chantada e o encaixado val do Miño, con paredes que nalgúns lugares acadan os 400 m de altura.
As serras e o río Miño son os grandes protagonistas da natureza da comarca e neles atópanse paisaxes e espazos naturais de gran beleza e valor ecolóxico.
CONCELLOS: A Estrada e Forcarei
A comarca de Tabeirós-Terra de Montes está situada ao norte da provincia de Pontevedra, separada da Coruña polo río Ulla e de Ourense e a comarca do Deza polas serras da Dorsal que a limitan polo leste. É unha comarca cun relevo moi variado na que se diferencian tres áreas con características específicas. Ao norte as terras máis, baixas, no Val do Ulla, no centro terras de media altura e no sur e leste serras que acadan ata máis de 1.000 m de altitude.
A rede fluvial é tamén diversa e está estruturada arredor do Ulla, o Umia e o Lérez que, xunto cos seus afluentes forman multitude de vales.
A riqueza paisaxística e de espazos naturais é un dos importantes atractivos desta comarca na que se atopan varios espazos protexidos.
Tradicionalmente Cerdedo e Forcarei formaron a comarca coñecida como Terra de Montes.

CONCELLOS: Agolada, Dozón, Lalín, Rodeiro, Silleda e Vila de Cruces.
A comarca do Deza está situada no centro de Galiza, ao nordeste da provincia de Pontevedra.
O territorio é moi diverso en canto ao relevo e á paisaxe, desde as terras baixas nos arredores do Ulla ata os cumes do Faro. Está rodeada polo leste e sur polas serras da Dorsal Galega e forma parte por completo da cunca do Ulla e os seus dous afluentes principais na comarca, o Arnego e o Deza.
Ten áreas dun grande valor natural incluídas en diferentes espazos protexidos.
CONCELLOS: Dodro Padrón e Rois
A comarca do Sar está situada ao sur da provincia da Coruña ocupando parte do esteiro e do último tramo do Ulla e os vales de varios afluentes entre os que destaca o Sar. É un terreo de contrastes entre as terras baixas, as Veigas de Padrón e pequenos cumes, restos de antigas superficies de erosión que se sitúan polos lindes leste e oeste.
A comarca conta con interesantes espazos naturais, sobre todo a área protexida no río Ulla e o seu esteiro.
Concellos de Chandrexa de Queixa, Manzaneda, A Pobra de Trives e San Xoán de Río.
A comarca de Terra de Trives está situada no centro-norte da provincia de Ourense. Está asentada sobre un territorio cun releve moi accidentado e de grandes alturas no que se poden diferenciar dúas unidades de relevo en liña xerais: no leste, centro e sur un conxunto de serras que van elevándose ata acadar as máximas alturas na Cabeza Grande de Manzaneda (1.782 m), no Macizo Central; ao norte os restos dunha penichaira moi erosionada e dividida polos profundos vales dos ríos que desembocan no Bibei, en especial o Navea e o San Lázaro.
Acolle un importante patrimonio natural e cultural.
A comarca de Quiroga, coñecida en grande parte tamén co nome do Courel, está situada ao sur de Lugo, lindando polo leste con León e O Barco (Ourense) e inclúe os concellos de Folgoso do Courel, Quiroga e Ribas de Sil. O territorio é, na súa maior parte, de alta montaña, agás o val do Sil, que a atravesa polo sur. Está percorrida por numerosos ríos, pertencentes á cunca do Sil, que escavan profundos vales.
É unha comarca dun grande interese natural que acolle pegadas glaciarias, monumentos xeolóxicos, paisaxes impresionantes en calquera época do ano, e unha grande biodiversidade.
Unha comarca do sur de Ourense, no linde con Portugal, formada polos concellos de Bande, Entrimo, Lobeira, Lobios e Muíños. De grande interese natural e cultural.
Ocupa o tramo final do val do río Limia en terras de Ourense e o conxunto de serras que o rodean polo NO (estribacións das serras do Leboreiro e o Monte do Quinxo) e polo S-SE (serras de Santa Eufemia, do Xurés e do Pisco). É un espazo cun grande valor paisaxístico ecolóxico e cultural no que se atopan especies pouco comúns ou únicas.
Inclúe parte do Macizo Central (Serras da Queixa, Montes do Invernadeiro, Altos do Samión e unha parte das de Fial das Corzas e San Mamede); parte do val do río Bibei, cos afluentes pola esquerda e parte do Xares, pola dereita; e o val do Navea entre os encoros de Chandrexa e Guistolas.
É unha área de elevado interese xeomorfolóxico e paisaxístico que acolle unha grande diversidade de hábitats e especies.
CONCELLOS: Cerceda, Frades, Mesía, Ordes, Oroso, Tordoia e Trazo.
A comarca de Ordes está situada no centro da provincia da Coruña e articúlase arredor do río Tambre e os seus afluentes pola dereita, sobre todo o Samo e o Lengüelle que forman amplos vales. As maiores alturas atópanse no norte e sobrepasan pouco os 500 m.
Os principais valores naturais atópanse na contorna dos ríos, en especial do Tambre.
A comarca de Sarria está situada no centro-sur da provincia de Lugo, entre o val do Miño e as serras orientais galegas. No territorio diferéncianse tres unidades claras. O centro está ocupado pola depresión de Sarria, o leste e sur polas serras de Albela, Oribio, Lóuzara e Trapa, e o oeste polos restos dunha penichaira moi erosionada na que o Miño escavou a súa canle e na que se ergue a serra do Páramo.
Os ríos forman parte da cunca do Miño (Neira-Sarria) e do Sil (Cabe-Mao, Lóuzara).
CONCELLOS: O Incio, Láncara, Paradela, O Páramo, Samos, Sarria e Triacastela.
Concellos: Arnoia, Avión, Beade, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, Leiro, Melón e Ribadavia.
O territorio da comarca sitúase ao abrigo das últimas serras da Dorsal Galega (O Suído e o Faro de Avión) e ocupa unha parte do val do Miño, o val do Avia e o curso baixo de Arnoia. As variacións de altitude e no releve determinan a existencia de áreas diferenciadas: os vales dos ríos e zonas próximas e as áreas de montaña, que chegan ata alturas superiores aos 1.000 m. Os principais valores naturais sitúanse nos cumes das serras e nos ríos, onde se conserva unha rica flora e fauna.
A Limia é unha comarca formada polos concellos de Baltar, Os Blancos, Calvos de Randín, A Porqueira, Rairiz de Veiga, Sandiás, Sarreaus, Trasmiras, Vilar de Barrio, Vilar de Santos e Xinzo de Limia. É unha área de marcado carácter rural que ten como núcleo fundamental a vila de Xinzo de Limia. Acolle unha gran diversidade de hábitats, desde as veigas húmidas da antiga lagoa da Antela, ata a alta montaña dos cumes que superan os mil metrose conserva importantes restos histórico-artísticos e etnográficos e festas de interese cultural como o Entroido.
Comprende os concellos de Allariz, Baños de Molgas, Maceda, Paderne de Allariz, Xunqueira de Ambía e Xunqueira de Espadañedo. Desde o punto de vista natural ten varias zonas claramente diferenciadas: as depresións de Maceda e unha pequena parte da Limia, o val do Arnoia e as serras que a limitan polo leste (Meda, San Mamede), onde se atopan as maiores alturas, en terreos dos concellos de Xunqueira de Espadañedo e Maceda. É unha comarca dunha gran riqueza natural, en especial na contorna dos ríos e serras; histórica, artística e etnográfica.
CONCELLOS: Arzúa, Boimorto, O Pino e Touro.
A comarca de Arzúa está situada no sur da provincia da Coruña entre os ríos Tambre e Ulla.
O relevo está formado por unha sucesión de formas suaves que separan os vales do Tambre e Ulla e van gañando altura cara ao leste onde se atopan as estribacións dos montes do Bocelo.
Está atravesada por numerosos cursos de auga que fragmentan o territorio e circulan cara aos dous ríos principais.
Os espazos naturais de maior valor atópanse nos ríos Ulla e Tambre e nos seus afluentes.
CONCELLOS: Ames, Boqueixón, Brión, Santiago de Compostela, Teo, Val do Dubra e Vedra
A comarca de Santiago está situada no centro-sur da provincia de A Coruña. É unha área que inclúe outras comarcas con entidade propia como A Ulla, parte de Amaía ou o Val do Dubra.
O territorio preséntase cunha gran diversidade de formas debido á confluencia de factores téctónicos, como a gran falla que o rompe de norte a sur, e da erosión dos numerosos ríos que a atravesan que forman parte das concas do Tambre, ao norte, e do Ulla, ao sur.
Os espazos naturais están asociados aos ríos. Conta ademais cunha grande riqueza botánica en parques e xardíns, tanto públicos como privados.
CONCELLOS: Cariño, Cerdido, Mañón e Ortigueira
A comarca de Ortegal atópase na costa nordeste da provincia da Coruña entre o Océano Atántico e o Mar Cantábrico. O territorio sitúase arredor da ría de Ortigueira, incluíndo as puntas de Estaca de Bares e Ortegal, cunha costa na que se combinan impresionantes cantís con rías, enseadas, esteiros e praias. No interior as terras baixas, formadas polos vales dos ríos Mera, Baleo e Maior e dous sistemas de serras: no oeste o Macizo da Capelada e no leste unha aliñación formada polas serras da Coriscada e Faladoira.
É unha comarca con grandes valores naturais nas serras, na costa e nos ríos.
É un grupo de serras cos cumes aplanados situado na zona central da provincia de Ourense. No seu conxunto presenta unha forma redondeada de aspecto macizo escavada polas beiras polos profundos vales dos ríos que nacen nos cumes. Está rodeado polo val do Sil, polo norte, o val do Bibei polo leste, a depresións de Monterrei polo sur e as depresións da Limia e de Maceda polo oeste.
A comarca do Condado constitue unha unidade xeográfica ben definida asentada no val do río Tea, que inclúe case toda a súa cunca, agás un pequeno tramo do seu curso alto, desde as estribacións cara ao suroeste do Suído, ao norte; ao río Miño, ao que vai o Tea, ao sur; flanqueada polo leste polos montes da Paradanta, e polo oeste pola serra do Galleiro e os montes de Budiño. Os principais valores naturais da zona ofrecennos os ríos e as amplas e ricas paisaxes que se poden gozar desde os seus montes coroados, nalgúns casos, por formidables penedos.
CONCELLOS: Mondariz, Mondariz Balneario, As Neves, Ponteareas e Salvaterra.

Concellos de Cervo, Ourol, O Vicedo, Viveiro e Xove.
A Mariña Occidental forma parte da Mariña de Lugo. Abrangue o territorio comprendido entre a serra dos Cabaleiros, polo leste, e o río Sor, que fai de linde coa provincia da Coruña, polo oeste.
Acolle un importante patrimonio natural (espazos naturais fluviais, costeiros e de montaña) e cultural.

Está situada ao surleste de Pontevedra, lindando con Ourense e Portugal dos que a separa o río Miño. O relevo, irregular, está condicionado pola serra do Suído, ao norte, a do Faro de Avión ao norleste, a Paradanta no centro, cruzando a comarca do norleste ao suroeste, entre as que se atopa o val e o curso alto do río Tea; e o río Miño ao leste e ao sur cara ao que se dirixen as pendentes e os afluentes Ribadil, Deva e Cea.
É unha comarca que acolle importantes valores naturais, ligados sobre todo aos rios e as serras.
CONCELLOS: Arbo, A Cañiza, Crecente e Covelo.
Vigo é unha comarca que se extende por territorios que se asentan entre a costa e a Dorsal Galega e inclúe outras comarcas menores como o Miñor e a Louriña. O relevo é irregular sen grandes elevacións pero con fortes pendentes e poucas zonas chans, agás a Depresión Meridiana que atravesa a comarca de norte a sur e os tramos finais dos vales dos ríos.
A rede fluvial é moi densa e diversificada: forma parte da as cuncas do Miño e Verdugo e hai numerosos ríos menores que van directamente ao mar.
A pesar da intensa presión humana conserva numerosos lugares de interese natural, varios deles protexidos e numerosos parques urbanos e forestais, nos que se poden realizar rutas de sendeirismo.
CONCELLOS: Baiona, Fornelos de Montes, Gondomar, Mos, Nigrán, Pazos de Borbén, O Porriño, Redondela, Salceda de Caselas, Soutomaior e Vigo.
A comarca dos Ancares inclúe os concellos de Baralla, Becerreá, Cervantes, Navia de Suarna, As Nogais e Pedrafita do Cebreiro. Está situada en plenas serras orientais galegas, ao leste da provincia de Lugo, no linde con León. É un territorio eminentemente de montaña onde se atopan serras que acadan case os dous mil metros altura. O río Navia atravesa a comarca de sur a norte e recibe numerosos afluentes que baixan das serras. Conserva importantes valores xeolóxicos (vales glaciares, canóns, fervenzas), ecolóxicos (diversidade de ecosistemas e de especies), e culturais.
CONCELLOS: Amoeiro, Barbadás, Coles, Esgos, Nogueira de Ramuín, Ourense, O Pereiro de Aguiar, A Peroxa, San Cibrao das Viñas, Toén, Vilamarín e Taboadela.
CONCELLOS: Antas de Ulla, Monterroso e Palas de Rei.
A comarca da Ulloa está situada na zona suroriental da provincia de Lugo a carón das serras da Dorsal Galega que lle fan de linde polo leste e sur. Ocupa un territorio chan resto dunha antiga superficie de erosión formada por bloques afundidos, con suaves ondulacións e moi incidido pola erosión dos ríos. Está rodeado en todo o seu contorno por serras de formas suaves e alturas que non sobrepasan os 800 m. O río principal é o Ulla que lle da nome á comarca e ten nela o seu curso alto e parte do medio. Acolle espazos de grande valor natural: a Serra do Careón, o canón do Ulla e en xeral todos os cursos dos ríos e as serras.
CONCELLOS: Caldas de Reis, Catoira, Cuntis, Moraña, Pontecesures, Portas e Valga
A comarca de Caldas, coñecida tamén co nome de Ulla-Umia ou simplemente Umia, está situada ao noroeste da provincia de Pontevedra, no linde coa de A Coruña, da que a separa o río Ulla. O territorio é unha transición entre as chairas costeiras da ría de Arousa e as pequenas elevacións que seguen o trazado das numerosas fallas que atravesan a comarca. As concas fluvias pertencen, na súa maior parte, ao Ulla (ao norte) e ao Umia, que atravesa a comarca polo sur, de leste a oeste.
É unha comarca moi diversa con ecosistemas e paraxes naturais moi ricos e variados: costa do fondo da Ría de Arousa e esteiro do Ulla, vales fluviais amplos, ríos encaixados e montañas de pouca altura.
Cabana de Bergantiños, Carballo, Coristanco, A Laracha, Laxe, Malpica de Bergantiños e Ponteceso
A comarca de Bergantiños está situada no oeste da provincia de A Coruña e forma parte do amplo espazo coñecido como Costa da Morte. É un territorio de relevo moi accidentado cunha grande diversidade morfolóxica e litolóxica atravesado de SE a NO polo río Anllóns, a arteria principal que drena a comarca. Ten unha costa moi recortada na que alternan cantís, enseadas, rías e areais que son a base de actividades pesqueiras e turísticas.
CONCELLOS: Ares, Cedeira, Fene, Ferrol, Moeche, Mugardos, Narón, Neda, San Sadurniño, As Somozas e Valdoviño
A comarca de Ferrol ten unha gran diversidade morfolóxica, litolóxica e paisaxística: unha grande área costeira con rías, praias e cantís; zonas de montaña, e amplos vales fluviais que se articular arredor do principal curso, o río Grande de Xuvia e os seus afluentes.
É unha comarca moi poboada, en especial na faixa costeira e na contorna da ría de Ferrol, onde se concentran ademais a maior parte dos servizos e das industrias.
Acolle importantes espazos naturais moi diversos.
CONCELLOS: A Lama, Barro, Campo Lameiro, Cerdedo-Cotobade, Poio, Ponte Caldelas, Pontevedra e Vilaboa.
A comarca de Pontevedra esténdese desde a costa, no fondo das rías de Pontevedra e Vigo, aos cumes da Dorsal Galega nas serra do Cando e o Suído. É unha comarca cun medio físico moi variado onde se poden atopar paisaxes costeiras, vales fluviais e unha grande parte de terreo montañoso que, partindo das serras orientais vai perdendo altura pouco a pouco ata a Depresión Meridiana, unha foxa tectónica que ocupa o centro dos concellos de Barro e Pontevedra con direción N-s e na que se concentra a maior parte da poboación e das infraestruturas. A rede fluvial estrutúrase na maior parte arredor do Lérez e, en menor medida, do Verdugo.
A comarca do Salnés está situada no noroeste da provincia de Pontevedra entre a banda sur da ría de Arousa e a banda norte da ría de Pontevedra. O territorio está formado polo amplo val do Salnés, no curso baixo do río Umia, rodeado de pequenas elevacións, cunha costa recortada e protexida que é unha importante fonte de recursos pesqueiros e marisqueiros.
É unha comarca densamente poboada con importantes núcleos urbáns, entre os que destaca Vilagarcia e que conserva importantes espazos de interese natural, en especial na costa.
Concellos: Cambados, O Grove, A Illa de Arousa, Meaño, Meis, Ribadumia, Sanxenxo, Vilagacía de Arousa e Vilanova de Arousa
O concello de Vimianzo está situado, na súa maior parte, no núcleo do Val de Soneira -o val do río Grande-. Conta con dous pequenos tramos de litoral, na costa ao mar aberto e no interior da Ría de Camariñas. Está protexido no LIC/ZEC e ZEPA “Costa da Morte”.
A ría de Corme e Laxe está situada na Costa da Morte. Ábrese entre as puntas do Roncudo (ao norte) e Laxe (ao sur), na saída ao mar do río Anllóns. Nesta ría pódense distinguir dúas áreas diferenciadas: o interior, formado polo esteiro do Anllóns, protexido da forza do mar por unha barra de area de 2 km; e o resto do espazo, máis aberto, rochoso e recortado con algunhas zonas abrigadas nas que hai praias. As vilas máis importantes son Corme, Ponteceso e Laxe. Está protexida no LIC/ZEC “Río Anllóns” e “Costa da Morte” e na ZEPA “Costa da Morte”.
O concello de Ponteceso está situado na marxe dereita da ría de Corme e Laxe e na costa de mar aberto, entre as puntas do Roncudo e Queimada. Os principais núcleos de poboación son Ponteceso e Corme. Acolle áreas de grande valor paisaxístico e biolóxico asociados ás costas e ao río. Está protexida nos LICs/ZECs “Costa da Morte” e “Río Anllóns” e na ZEPA “Espazo Mariño da Costa da Morte”.
O concello de Laxe está situado no corazón da Costa da Morte, entre a ría de Corme e Laxe e o litoral de mar aberto. Ten unha costa moi diversa na que se alternan grandes areais e marismas, ría, enseadas, cabos, illotes, furnas... con tramos expostos e protexidos, zonas baixas e elevados cantís. É dun grande interese paisaxístico, xeolóxico e biolóxico. Está protexida no LIC/ZEC e ZEPA “Costa da Morte” e na Paisaxe Protexida “Penedos de Traba e Pasarela”.
O concello de Camariñas está situado no centro da Costa da Morte. Ten unha parte de costa moi exposta polo norte e o oeste e outra parte protexida, dentro da ría, polo sur. Acolle importantes áreas de interese paisaxístico, xeolóxico, ecolóxico e cultural. Está protexida no LIC/ZEC e ZEPA “Costa da Morte”,no Sitio Natural de Interese Nacional “Cabo Vilán” e no Lugar de Interese Xeolóxico “Praia do Trece”.
CABANA DE BERGANTIÑOS está situado no fondo e na banda sur da ría de Corme e Laxe, onde ten un amplo tramo de litoral, en parte protexido nos LICs/ZECs “Río Anllóns” e “Costa da Morte”.
O concello de Malpica de Bergantiños forma parte do tramo de litoral coñecido como Costa da Morte, unha sucesión de cantís abruptos entre os que se atopan algunhas praias e que inclúe as illas Sisargas.
Acolle importantes valores naturais e culturais. Parte do litoral está protexido no LIC/ZEC e ZEPA “Costa da Morte”.
O concello de Carballo forma da parte da Costa da Morte, unha costa exposta aberta ao océano e moi diversa, na que se alternan grandes areais e marismas, enseadas cabos, illas... con zonas baixas e elevados cantís. Parte do litoral está protexido no LIC/ZEC e ZEPA “Costa da Morte”.
O concello de Arteixo atópase na fachada atlántica, no comezo do tramo de costa coñecido como “A Costa da Morte”. Nos seus 19 km de costa atópanse cantís de distintas alturas, esteiros, coídos e extensos areais. É unha costa dun grande valor ecolóxico, paisaxístico e xeolóxico, cunha importante actividade industrial e turística. Unha parte está protexida no LIC/ZEC e ZEPA “Costa da Morte”.
O concello de A Laracha ten unha única parroquia que da ao mar, Caión. Está situada na Costa da Morte e ten un litoral que alterna cantís e areais de grande valor paisaxístico e biolóxico.
A costa comprendida entre a Punta de Mera e Torella é un espazo de mar aberto que separa as rías da Coruña e Betanzos-Ares. Un espazo de enormes valores paisaxísticos e ecolóxicos.
É unha ría curta e ampla, que se abre entre as puntas do Seixo Branco e Herminia, cunha separación de 4 km, e unha lonxitude total de 14 km, dos que case a metade corresponden á chamada ría do Burgo formada polo esteiro do Mero, que está separada da parte máis ancha pola frecha de Santa Cristina.
O concello de Oleiros ten unha liña litoral de case 40 km. Unha parte na ría do Burgo, outra na ría da Coruña, unha terceira mirando ao mar aberto e outra na boca da ría de Betanzos. Parte está protexida no LIC/ZEC e Monumento Natural “Costa de Dexo e Seixo Branco”
O concello da Coruña ten unha costa moi recortada e variada, parte na ría, onde se atopa o porto da cidade, e parte en mar aberto onde se suceden cantís e fermosas praias como as de Orzán e Riazor.
2. Petín, A Rúa e o Sil desde o alto do Mouzón
A comarca de Valdeorras sitúase no surleste de Galiza, ocupando o norleste da provincia de
Ourense, nos lindes con Zamora e León das que a separan os montes do Macizo de Trevinca e
Enciña da Lastra.
O territorio presenta grandes contrastes entre o valdo Sil, de fondo aplanado, onde se asenta
a maior parte da poboación e dos recursos, e as serras do norte (Cereixido, Cabalos, Lastra) e
do centro e sur (Mouzón, Macizo de Trevinca), onde se atopan as maiores alturas de Galiza.
3. SUPERFICIE:
969,2 km2
POBOACIÓN:
32.400 habitantes
(1014)
CONCELLOS:
A Rúa, A Veiga,
Carballeda de
Valdeorras, Larouco,
O Barco de
Valdeorras, O Bolo,
Petín, Rubiá e
Vilamartín de
Valdeorras.
ESPAZOS
PROTEXIDOS:
-Parque Natural,
zona ZEPA e -LIC
“Enciña da Lastra”.
-LIC “Trevinca”
-LIC “Macizo Central”
(unha pequena parte)
QUIROGA
5. ACTIVIDADES
Agrogandaría (especialmente viticultura), mineiría e a industria derivada (sobre todo da
lousa) e servizos.
Valdeorras é un dos primeiros produtores de lousa a nivel mundial e acolle a DO “Valdeorras”
que ampara os viños brancos da variedade godello e tintos, sobre todo mencía.
É unha comarca que mantén unha intensa relación co Bierzo a través do val do Sil.
6. PATRIMONIO
É unha área de grande interese histórico-artístico e etnográfico que conserva restos e
monumentos de todas as épocas: castros, aras romanas, pontes romanas e medievais,
mosteiros, pazos, castelos, muíños, adegas...
Casa en ruínas na Portela (Vilamartín de Valdeorras)
Ponte sobre o Sil en Sobradelo.
As construcións tradicionais son un bo mostrario de
xeoloxía das zonas nas que se atopan. Os construtores
xogaron tamén coa estética na combinacións das cores das
rochas: conglomerados, xistos, lousas e cantos de seixo.
8. O mosteiro de Xagoaza, que pertenceu á orde de Xerusalén, é un dos mellores exemplos de románico da comarca onde
se pode ver o emprego das rochas da zona (conglomerados, calcarias, xistos...). O edificio do mosteiro, do século XVII,
está actualmente convertido nunha adega.
11. CONCELLOS
SUPERFICIE: 30,5 km2
POBOACIÓN: 4.595
habitantes (2015)
PARROQUIAS: Roblido,
A Rúa de Valdeorras e
San Xulián.
A Rúa desde Correxais
A RÚA
Situado ao oeste da comarca, ao norte do río Sil. O relevo presenta unha forte inclinación
desde o norte e o oeste (serra do Cereixido) cara ao sur (río Sil). O clima, como consecuencia
do abrigo da serra e a orientación, presenta cracterísticas mediterráneas.
12. Ponte da Cigarrosa sobre o río
Sil, entre os concellos A Rúa e
Petín. Ten de cinco arcos
separados por catro peares
con tallamares triangulares,
augas arriba. É unha ponte
medieval construída sobre
cimentos romanos (cinco
ringleiras de cantería que
acadan unha altura de 1,95m)
que sufríu algunha
modificación ao construírse a
estrada e o encoro. Pertence á
Vía XVIII do Itinerario de
Antonio de Brácara a Asturica.
As principais actividades son a mineiría, a industria, a construción e os servizos; a actividade
agraria está centrada no cultivo da vide. Os valores naturais máis destacados atópanse no río
Sil e o encoro de San Martiño, unha valiosa reserva natural de 7 km de longo e 1700 metros
de ancho que ten 15 illas e unha profundidade media de 2 metros. Acolle gran variedade de
plantas e constitúe un importante refuxio para aves acuáticas sedentarias ou migratorias. Hai
acondicionadas dúas área recreativas: O Aguillón, con máis de 10 hectáreas de recreo e
distintas instalacións deportivas, e A Reza, na Rúa Vella, un parque fluvial cunha plantación
de pradairos con máis de 50 anos.
13. SUPERFICIE:
290,5 km2
POBOACIÓN:
946 habitantes (2015)
PARROQUIAS: Baños,
Candeda, Carracedo,
casdenodres, Castromao,
Castromarigo, Correxido,
Corzos, Curra, Espiño, Edreura,
Lamalonga, Meda, Meixide, A
Ponte, Prada, Prado,
Pradolongo, Requeixo,
Riomao, San Fiz, San
Lourenzo, Santa Cristina,
Seoane, Valdín, A Veiga,
Vilaboa, Vilanova e Xares. O concello da Veiga desde o cume do Covelo.
A VEIGA
O territorio é, na súa maior parte, de alta montaña, cunha altitude media que supera os 1.000
metros. Ao norte, nos lindes con Zamora e Carballeda de Valdeorras, a Serra do Eixe (coa
máxima altura de Galiza en Pena Trevinca, con 2.124 m) e as súas estribacións cara aos altos
do Campanario e a Moeda. Ao sur as serras de San Lourenzo (A Gonza 1.296 metros), Calva (A
Corraliza 1.661 metros) e Segundeira (Alto do Torno 1.942 metros).
Numerosos ríos e regatos que baixan destas serras conflúen no Xares, que atravesan o
concello de leste a oeste.
14. As poboacións aséntanse nas zonas máis baixas, nos vales dos ríos Xares e os seus afluentes
O clima é de tipo continental con duros invernos con neves e baixas temperaturas, veráns
frescos e baixas precipitacións.
As principais actividades son a gandaría, a extracción de rochas e os servizos. Recentemente
está adquirindo importancia o turismo ligado á natureza.
Unha grande parte do territorio está incluída no LIC Pena Trevinca.
A Veiga, ao pé do encoro de Prada. O Xares, que no comezo do seu
percorrido baixa rápido e encaixado, é retido nos encoros de Prada e Santa
Baia, antes de se xuntar co Bibei.
Casa en Corzós.
15. SUPERFICIE: 222,7 km2
POBOACIÓN: 1.698
habitantes (2015)
PARROQUIAS:Candeda,
Carballeda, Casaio, Casoio,
Domiz, Lardeira, A Portela
do Trigal, Pumares,
Pusmazán, Riodolas,
Robledo, S. Xusto, Sta. Cruz,
Sobradelo, Soutadoiro, Vila
e Vilaquinta Ponte sobre o Sil en Sobradelo, capital do concello de Carballeda de
Valdeorras. É de base romana e está construído combinando os
conglomerados (pedra vermella), cantos rodados de seixo e xistos. Ten sete
arcos e o central foi cortado para conter a invasión francesa.
CARBALLEDA DE VALDEORRAS
Está situado ao leste da comarca. Ocupa un tramo do val do Sil ao norte e a cunca do río
Casaio entre as serras do Eixe e as súas estribacións, montes do Campanario e da Moeda, que
o limitan polo sur, e a serra da Mina que o limita polo leste, serras que forman parte do
macizo de Trevinca. O relevo é moi accidentado, con fortes pendentes e vales estreitos e
profundos, o que impide o seu aproveitamento agrícola, agás en áreas ben orientadas de
media ladeira ou en superficies aplanadas de altitude media. O clima e mediterráneo no val e
continental nas serras.
16. Explotacións de lousa. O val do río Casaio está inzado de canteiras e plantas transformadoras de lousa que converten a
paisaxe nunha “canteira” case ininterrumpida que chega ata as proximidades dos cumes de Trevinca.
As principais actividades son a explotación e manufactura da lousa nas numerosas canteiras e
minas do concello, e os servizos.
O concello de Carballeda de Valdeorras acolle importantes valores naturais incluídos no LIC
Pena Trevinca.
17. SUPERFICIE: 23,7 km2
POBOACIÓN: 544
habitantes (2014)
PARROQUIAS:
Freixido, Larouco,
Portomourisco e
Seadur.
Vista de Larouco
LAROUCO
Está situado ao oeste da comarca, entre o val do Sil, que o limita polo norte, e os vales do
Xares e o Bibei, que o limitan polo sur. O relevo, irregular e con numerosas pendentes,
presenta as maiores elevacións polo oeste, nos montes das Bacarizas, onde acada os 860 m;
polo sur cai bruscamente aos vales do Xares e o Bibei e polo norte ao Sil, que presenta nesta
zona un encaixamento.
18. Paisaxe de Larouco.
O cultivo das vides, acollidas á D O Valdeorras, está
recuperándose nos últimos anos e axudando a relanzar a
economía da zona.
É un concello eminentemente rural onde a paisaxe está dominada polos profundos canóns
dos ríos e as vides que ocupan os terreos con menos pendente e as encostas traballadas
durante séculos con socalcos para aproveitar o terreo e facititar o traballo.
A principal actividade é o cultivo da vide.
Igrexa de Seadur.
19. SUPERFICIE: 85,7 km2
POBOACIÓN: 13.899
habitantes (2014)
PARROQUIAS: Alixo, O
Barco, O Castro de
Valdeorras, Cesures,
Coedo, Éntoma, Forcadela
e Nogaledo, Millarouso e
Santurxo, A Proba, Santa
Mariña do Monte,
Santigoso, Vilanova de
Valdeorras, Viloira e
Xagoaza.
Vista xeral do territorio do Barco desde a estrada que sube á
Fervenza. A capital do municipio, concentra a maior parte da
poboación, con preto dos 11.500 habitantes.
O BARCO
Ocupa unha posición central dentro da metade norte da comarca, entre a serra da Lastra ao
norte e os montes Mouzón e da Moeda ao sur, atravesado de leste a oeste polo río Sil.
O relevo ten dúas características moi marcadas: ao norte e ao sur as fortes pendentes que
baixan desde os 1.500 m ao Sil e as terrazas fluviais, chairas, no centro.
O clima pola súa situación e orientación ten características mediterráneas .
20. A Vila do Castro foi un dos
primitivos núcleos e cabeza
da xurisdición de
Valdeorras. Conserva os
restos dunha torre
medieval, casas e adegas
tradicionais e varios pazos.
Desde o alto hai unha boas
vista sobre O Barco.
As principais actividades son aa industria e os
servizos e o cultivo da vide.
Os principais valores naturais están ligados ao río
Sil e os seus afluentes e os montes, onde se
conservan soutos centenarios.
Hai numerosas rutas de sendeirismo sinaladas
polo concello: O Serro, Camiño Real, Penas
Marías, Panorámica...
Adega-cova no Castro. Unha
ruta sinalada percorre as
adegas tradicionais na parte
máis antiga do Barco de
Valdeorras.
21. SUPERFICIE: 91 km2
POBOACIÓN: 1.013
habitantes (2014)
PARROQUIAS: O Bolo,
Buxán, Cambela, Celavente,
Chandoiro, Chao de Castro,
As Ermidas, Fornelos,
Lentellais, Paradela, S.
Martiño, Santa Cruz, O
Seixo, Teixido, Tuxe,
Valdanta, Vilaseco e Xava.
O BOLO
Está situado ao SO da comarca, entre os vales dos ríos Bibei (ao oeste) e Xares (ao leste).
O relevo está constituído por unha penichaira ondulada, con pendentes suaves, de
orientación leste oeste que se interrompe bruscamente para cair aos profundos vales do Xares
e o Bibei.
Vista do Bolo.
22. O Bolo é un concello eminentemente rural con amplas
paisaxes nas que destacan os canóns dos ríos e as abas
orientadas ao sur traballadas con socalcos para aproveitar o
pouco terreo de que se dispón para o cultivo da vide.
Torre do Bolo, construída no século XII
e con posteriores reconstrucións.
Acolle un centro municipal de
interpretación da vida medieval e da
historia do edificio. Desde o alto da
torre pódese ver unha grande parte do
concello e arredores.
As Ermidas, nunha encosta ben asollada no val do Bibei, rodeado de viñedos.
A historia das Ermidas comeza ca milagrosa aparición dunha imaxe da Virxe a finais do
século XIII cando os pastores escavaron nun lugar ao que non lle gustaba ir ao gando. Alí
levantaron a primeira ermida, que acabou no chan, debido ao costume dos devotos de
arrancar anacos de rocha como protección para os seus males.
O edificio actual é barroco, do século XVII e XVII e na súa contorna hai unhas fermosas
fontes de pedra.
23. SUPERFICIE: 30,5 km2
POBOACIÓN: 961
habitantes (2014)
PARROQUIAS:
Freixido, Mones (San
Miguel), Montes
(Santa María),
Portomourisco e
Santoalla do Monte
PETÍN
Está situado no centro-oeste da comarca, ao sur do río Sil e separado, en parte, polo sur do
concello do Bolo polo río Xares.
O relevo presenta unha parte chan, na beira do río Sil e elévase cara ao sur e cara ao leste
onde no Mouzón e A Pena acada as máximas alturas.
Vista de Petín desde Santa María do Castro
24. As principais actividades son a agrogandaría e os servizos.
É un concello con importantes valores naturais ligados aos río Sil e Xares e aos cumes do
Mouzón e A Pena polos que se poden facer rutas con vistas panorámicas espectaculares.
Ponte de Portomourisco sobre o río Xares. A seu carón
hai unha ermida do século XVIII. Portomourisco foi lugar
de paso tradicional que cobrou importancia co auxe do
Santuario das Ermidas.
Seguindo o río Xares ata O Seixo e o encoro de Santa
Baia pódese facer unha ruta para coñecer a obra que os
romanos escavaron nas rochas para conducir a auga.
Igrexa de Santa María, situada na coroa dun castro
desde o que hai unha vistas espectaculares sobre Petín e
toda a comarca de Valdeorras.
Na parede sur da igrexa consérvase unha pedra que
representa un xogo romano, que perdurou ata a
actualidade co nome do “Tres en Raia”.
25. SUPERFICIE: 100,7 km2
POBOACIÓN: 1.494
habitantes (2014)
PARROQUIAS: O Barrio
de Cascallá, Biobra,
Covas, Oulego,
Pardollán, O Porto,
Quereño, O Robledo da
Lastra, Rubiá e A Veiga
de Cascallá.
RUBIÁ
Está situado ao noreste da comarca. O relevo está marcado polas serras da Agulla e a Enciña
da Lastra, que enmarcan o val do Éntoma, e o río Sil ao leste.
Paisaxe de Rubiá: O Real, O Porto e Robledo da Lastra.
Ao fondo os Penedos de Oulego.
26. As principais actividades son o cultivo da vide e a
mineiría.
É un concello que acolle importantes valores naturais e
etnográficos. Unha boa parte do seu territorio está
protexido dentro do espazo natural Enciña da Lastra
catalogado como Parque Natural, LIC e Zona de Especial
protección para as Aves (ZEPA).
Antigo forno de Cal en Covas.
A especial composición xeolóxica dos
terreos de Rubiá determinou que fosen
explotados diversos minerais desde tempos
antigos: ouro nas areas do Sil, limonitas e
calcarias dos seus montes.
Covas, unha pequena poboación situada ao pé do canón
do Sil, no encoro de Penarubia.
27. SUPERFICIE: 88,3 km2
POBOACIÓN: 1.793
habitantes (2014)
PARROQUIAS: Arcos,
Arnado, Cernego,
Córgomo, Correxais, O
Mazo, A Portela, San
Miguel do Outeiro, San
Vicente de Leira,
Valencia do Sil e
Vilamartín de
Valdeorras.
Vista de Vilamartín de Valdeorras
VILAMARTÍN DE VALDEORRAS
Está situado no centro-norte da comarca de Valdeorras, entre as serras do Cereixido e Os
Cabalos, ao norte, e o Mouzón, ao sur.
É un terreo con grandes contrastes de altitudes, desde os 300 m no val do Sil, que o percorre
de leste a oeste, e a serra dos Cabalos (Montouto e Turrieiro) onde se sobrepasan os 1600 m
de altitude.
28. Igrexa do convento de Correxais. Ao valor artístico deste
enclave engádese o paisaxístico, xa que desde todo o
camiño de ascenso desde Vilamartín se poden
contemplar unhas vistas espectaculares do val do Sil e
das serras do Cereixido, os Cabalos e A Lastra.
As principais actividades son o cultivo da vide, a industria e os servizos.
Acolle importante valores naturais asociacidos ao val do Sil (rañas de Arnado) e ás serras onde
se conservan soutos centenarios e desde as que se poden contemplar panorámicas
espectaculares.
Cernego, nas abas da serra de Cereixido.
29. RELEVO
Val do Sil e os montes do norte da comarca: en primeiro plano pequenas serras rodeadas polo val do Sil: Coto Maior,
Penas Negras, Xirimil, Tres Marías... Detrás Enciña da Lastra, Serra da Enciñeira (co Turrieiro no centro), Montouto e
Cereixido.
Na comarca de Valdeorras distínguense dúas zonas de relevo moi diferenciadas: o val do Sil e
as serras do norte e do sur.
O val de Valdeorras, cunha altitde media de 300 m, é unha fosa tectónica resultado do
movemento de bloques e modelada pola acción dos ríos Sil e sus afluentes. Nel abondan as
arxilas e os conglomerados.
Ao norte atópanse (de oeste a leste) as serras de Cereixido, Os Cabalos, A Lastra e Enciña da
Lastra, e pequenas elevacións como As Tres Marías.
Ao leste a serra de Mina, coas maiores alturas nos lindes con Zamora (Égoas con 1.894 m,
Valdeboi, con 1.856m e Carril, con 1.760 m). Ao leste e sur o Macizo de Trevinca; e ao oeste
os contrafortes do Covelo que caen cara ao val do Bibei.
No centro da comarca, entre o Sil, O Xares e o Mao, as prolongación cara ao noroeste da serra
do Eixe que se estenden polos Altos do Campanario e a Moeda e chegan ata A Pena e O
Mouzón.
30. Os cumes máis altos da comarca son tamén os máis altos de Galiza, con alturas por enriba dos 2.100 m.
31. As rochas son moi variadas: xistos, calcárias, gneis “ollo de sapo”, granitos, cuarcitas, lousas...
Ollo de sapo, unha rocha metamórfica
que se atopa nunha banda que vai desde
Estaca de Bares ata o macizo de Trevinca.
Neste caso pódemos ver a súa aplicación
na construcción da Torre do Bolo.
Estalactitas nas rochas calcárias
32. A vexetación das serras é moi variada, debido ás grandes diferencias de altitude e á
confluencia de características climáticas atlánticas e mediterráneas. Podemos atopar prados
de montaña, matogueiras, carballeiras de carballo do país e rebolo, bidueirais, teixidais e
masas forestais de piñeiros de repoboación, cunha rica e variada fauna asociada.
Bosques de rebolos nas abas de Pena Survia (Macizo de Trevinca).
33. Landras de aciñeira (Quercus ilex)
Cerquiño ou rebolo (Quercus pyrenaica), o carballo máis
común das terras de Valdeorras. Vive en zonas altas e
secas. Ten as follas moi veludas polo envés e despois de
secas permanecen na árbore ata a primavera.
34. Esteva (Cistus ladanifer) un arbusto
tipicamente mediterráneo que está presente
nas ladeiras da serra que dan ao val do río Sil.
Dente de can (Erytronium dens-canis).
Pódese atopar na primavera nas montañas máis altas.
35. Femia de lagarta rabuda (Iberolacerta galani), un endemismo do
Macizo de Trevinca, recentemente descrita.
Charaxes jasius, unha das bolboretas máis
grandes e coreadas de Galiza, as súas
eirugas aliméntanse exclusivamente de
ervedos.
36. O macizo de Trevinca desde Manzaneda
MACIZO DE TREVINCA
Está situado no leste e sur da comarca facendo de linde con León e Zamora. Fórmano cinco
serras: Eixe, Mina, Cabreira (case enteiramente en Zamora), Calva e Segundeira, que conflúen
en Pena Trevinca. As lousas son as rochas máis abundantes na vertente norte e orixinan
releves suaves nos que sobresaen, ás veces, picos de cuarcita. No resto abonda o granito e as
migmatitas e na zona sur aparece o gneis glandular “ollo de sapo”.
Formouse na Oroxenia Hercínica e sufríu importantes fracturas na Oroxenia Alpina o que da
lugar a unha paisaxe de precipicios e barrancos. As fracturas dos bloques afectaron aos cursos
do Bibei e Xares que sofren bruscos cambios de dirección nos seus vales.
O macizo é un importante nó hidrográfico no que se forman varios ríos: Tera (afluente do
Douro), e Bibei ( co Xares) e Casaio (afluentes do Sil).
37. Lagoa da Serpe.
Trevinca acolle a maior concentración de Lagoas de
España despois dos Pirineos, cun conxunto duns 35
humedais de diverso tamaño situados a máis de 1.600 m
de altitude.
Durante as glaciacións do Cuaternario, hai uns 10.000 anos houbo neste macizo varios
sistemas glaciares que cubrían máis de 10.000 ha. As línguas deses glaciares labraron vales en
U, actualmente ocupados polos cursos altos dos ríos. Ao desapareceren os glaciares nos seus
circos ou nas áreas pechadas polas morrenas terminais formáronse lagoas como as de Ocelo,
A Serpe e Sextil Alto.
38. Vista xeral da serra do Eixe co Maluro (1.957 m) no centro
SERRA DO EIXE
Con orientación NO-SE, ao norte do concello de A Veiga, no límite con Valdeorras, separando
as cuncas do Sil e o Xares.
Está formada maioritariamente por lousas, cuarcitas e xistos. Vai gañando altura desde Petín
(Alto Mouzón, con 1.200 m), continúa polos Altos da Moeda e o Campanario (arredor dos
1.500), a Mina (1.900) e culmina en Trevinca (o pico máis alto de Galiza, con 2.127 m), e moi
próximos a ela Pena Negra (2.123 m) e Pena Survia (2.112 m).
Accedese desde Xares, A Ponte, Vilanova (A Veiga) e Casaio (Carballeda de Valdeorras). Varias rutas
indicadas permiten facer percorridos de gran interese biolóxico e paisaxístico.
39. As tres máximas alturas da serra do Eixe: á esquerda Pena Survia, no centro e máis lonxe, Pena Trevinca e á dereita Pena
Negra. Nas abas que miran ao norte unha das cabeceiras do río Casaio.
40. Vista do val glaciar do Xares, ou de Ponte desde o alto da serra do Eixe. Ao fondo Cabeza de Manzaneda cos cumes
nevados. Por este val dicurríu un glaciar de 9,5 km de espesor e 200 m de lonxitude.
41. Montes do Campanario e A Veiga desde o Covelo
ALTOS DO CAMPANARIO
Son unha prolongación cara ao noroeste da Serra do Eixe. Serven de divisoria de augas entre
os ríos Xares e Casoio. Son montes de cumes aplanados de formas suaves que teñen o cume
máis alto no Campanario, con 1.559 m.
42. Vista dos antos da Moeda con Trevinca ao fondo
ALTOS DA MOEDA
Situaos a continuación do Campanario, acadan a máxima altura con 1.526 m. Separan as
concas dos ríos Mao-Paredes, que van ao Xares, e Candés, que circula con dirección norte
cara ao Sil. Son cumes de formas suaves cubertos nas partes altas de bosques de repoboación
e de soutos e carballeiras nos cavorcos dos ríos.
43. Cume do Alto da Moeda e arranque do val do río Mao
44. A Pena (1.382 m) desde O Mouzón
A PENA DAS FORCADAS E O MOUZÓN
Forman as últimas estribacións cara ao noroeste da serra do Eixe, limitadas polo Sil, ao norte
e polo Xares e o seu afluente, o Mao, ao sur. Son serras de cumes suaves onde os materiais
dominantes son as lousas e os xistos con algunhas cuarcitas. Desde os cumes hai unha vistas
espectaculares cara ao val do Sil e as terras da Veiga e Trevinca.
Accedese pola estrada de O Barco á Veiga, desde Correxais ou Santoalla do Monte.
45. Val do río Mao. O Mao ou Riomao forma un val profundo entre as abas da Pena Forcada e o alto da Moeda. Orientado
ao sur atópase Riomao rodeado de castiñeiros. Nas paredes case verticais da serra pódense ver varios pregamentos.
46. O Mouzón (1.326 m)
desde A Rúa
Vista do Barco e Rubiá desde o alto do Mouzón
47. Nas serras críase gando en liberdade.
Vacas caldelás no alto da Pena.a
48. O Sestil
SERRA CALVA
Esténdese desde Pena Trevinca cara ao sur, pola fronteira con Zamora e facendo línde entre
os concellos de A Veiga e Viana do Bolo e prolóngase polo oeste ata o pico de San Bernabé,
con 1.127 m, ao sur do Bolo, e cara ao sur polos Montes de Viana. O monte máis alto é o
Sestil, con 1.755 m. Está rodeada polo río Bibei polo leste, o sur e o oeste.
Está formado por granitos e gneis “ollo de sapo”
Accedese desde Xares, pola estrada que vai de Vilavella (nas proximidades da Canda) a Porto de Sanabria
ou desde Pradorramisquedo.
49. Rebolos na serra Calva.
Unha ruta que sae de Xares pasa por Corzós e Valdín e remata nas carballeiras das abas da serra Calva.
50. Lagoa de Ocelo no verán.
As lagoas dos cumes da serra formáronse ao
desapareceren os glaciares e quedar retida a
auga pola acumulación de materiais nas
morrenas frontais.
Turbeira nos cumes do Sestil. Nas zonas chans
entre cumes, onde se acumula auga, fórmanse
estes ecosistemas que se caracterizan pola
presenza dunha vexetación dominada polos
brións (sphagnum...) e outras plantas da zonas
húmidas que se van descompoñendo, nun medio
pobre en osíxeno, dando lugar a turba.
51. A Serra Segundeira na Veiga de Valdelienda, unha das rutas de subida a Trevinca desde o Porto de Sanabria (Zamora),
seguindo o val do Bibei.
SERRA SEGUNDEIRA
Situada maiormente en Zamora, e unha pequena parte en contacto coa Serra do Eixe en
Trevinca. Nas súas abas nace o río Bibei que discorre por un val glaciar no seu curso alto.
O cume máis alto é o alto do Torno con 1.944 m, situado na fronteira.
52. O Covelo desde O Bolo
MONTES DE COVELO
É unha pequena serra situada entre os vales do Bibei e o Xares. O cume máis alto, que
destaca pola súa forma cónica, é o San Bernabé, con 1.226 m. Nas abas consérvanse
carballeiras e está incluído no LIC Pena Trevinca.
Accedese desde desde a estrada da Veiga no Alto de Covelo.
Desde os cumes hai unha amplas panorámicas de toda a comarca.
53. Serra de Enciña da Lastra e Penedos de Oulego
SERRA DE ENCIÑA DA LASTRA
É unha cadea de montañas calcárias con dirección N-S, na fronteira entre as Comarcas de
Valdeorras e O Bierzo. Os Picos máis elevados son O Piornal, con 1.529 m e o Tara, con 1.112
m, nos Penedos do Oulego. A orografía é moi abrupta, con grandes desniveis entre os cumes
dos montes e as partes baixas, ata 1.000 m en poucos quilómetros. Na vertente sur nace o río
Éntoma (afluente do Sil).
54. As aciñeiras gabean polos
Penedos de Oulego.
As pedras calcárias dan lugar a
formas características: canóns
profundos, como o do Sil en Covas,
agullas espectaculares (Penedos de
Oulego), covas ou palas, moi
numerosas na zona, na que hai
censadas 77. As partes baixas está
formadas por lousas e xistos.
A Serra de Enciña da Lastra ten un
gran interese paisaxístico, ecolóxico
e biolóxico.
Forma parte do Parque Natural, do
LIC e da ZEPA (Zona de Especial
Protección para as Aves) “Enciña da
Lastra”.
Accédese desde Covas, Biobra,
Vilardesilva ou Oulego (concello de
Rubiá).
56. SERRAS DA LASTRA E DA ACIÑEIRA
Situadas ao norte de Valdeorras, facendo fronteira con León. Esténdese desde o Montouto
ata os Penedos de Oulego, limitadas polo norte polo val do Selmo e polo sur polo val do Sil.
Están formada por lousas, xistos, areíscas e calcárias.
O punto máis alto é A Turrieira, con 1610 m. Na vertente sur nacen afluentes do Sil que
escavan profundos vales (A Pincheira, San Miguel, Leira, Farelos, Mariñán, Cigüeño e Galir).
Accedese desde Rubiá, Vilamartín ou O Barco de Valdeorras. Hai unha ruta de sendeirismo
que, desde O Barco, sobe aos cumes do Serro e as Tres Marías.
A Turrieira
57. Vista da serra, o río Sil e o Barco de Valdeorras. No centro a Turrieira, punto de confluencia dos concellos de Vilamartín
de Valdeorras, O Barco e León. Nunha primeira liña atópanse O Serro e as Tres Marías nos que destacan cristas de
cuarcita. Nas abas da serra vense varias canteiras de calcárias que se empregan para a elaboración de cal.
61. O Montouto e o val do río Leira desde a subida a Cernego
SERRA DOS CABALOS
Con dirección NE-SO, situada nos límites entre Galiza e León. Está formada por lousas,
granitos, areíscas, cuacitas e calcárias. O punto máis alto é o Pico Montouto, con 1.524 m na
confluencia das provincias de Ourense, Lugo e León. Das súas abas baixan pequenos regos
cara ao Sil.
O acceso nesta comarca pódese facer pola estrada que sube de Vilamartín a Cernego e Robledo.
62. Vertente da serra que da a Valdeorras desde a subida a Correxais. Na parte baixa o val do Sil e Vilamartín de Valdeorras.
SERRA DE CEREIXIDO
Macizo situado entre A Rúa e Quiroga, limitada polo norte polo río de Barreiros, polo oeste,
polo Soldón e polo sur o val do Sil e a depresión de Valdeorras ao sur. Está formada por
lousas, granitos, cuacitas e calcárias. A máxima altura nesta comarca é o Alto da Fraga da
Cerva, con 1.241 m. Nas abas consérvanse soutos con castiñeiros centenarios.
Accedese desde Vilamartín, por Cernego e Robledo, ou desde A Rúa por San Miguel de Outeiro a San
Xulián.
63. Cernego e Robledo, na serra do Cereixido. O percorrido que conduce a estas poboacións ten unhas voistas
espectaculares sobre a serra e todo o val do Sil.
64. OS RÍOS
A comarca de Valdeorras verte todas as augas á conca do Sil que a atravesa de leste a oeste
aproveitando a falla de Valdeorras e recolle numerosos pequenos afluentes dos montes que a
limitan, e máis adiante, ao xuntarse co Bibei, recolle as augas das vertentes oeste e sur do
macizo de Trevinca.
O Sil en Sobradelo, nun tramo encaixado entre lousas
65. A maioría dos ríos teñen percorridos curtos e moi encaixados, favorecidos polo levantamento
de bloque no terciario. Forman estreitos canóns non que abondan os rápidos e saltos. Algúns
afluentes do Sil salvan en pouca distancia desniveis de máis de mil metros, desde o seu
nacemento ata xuntarse co río principal nunha altitide media de 300 m.
Unha gran parte dos tramos dos ríos principais (Sil, Bibei, Xares, Casaio) está ocupados por
encoros construídos para aproveitar enerxía eléctrica.
O Sil no encoro de San Martiño (A Rúa e Petín) e no último tramo do seu percorrido na comarca, no que se encaixa entre
Larouco e A Rúa.
66. Ponte das Olagas no río Xares
Arredor dos ríos atópanse ecosistemas ben conservados, en especial nos tramos de montaña
e nos canóns.
No val de Valdeorras o río discorre lentamente e favorece o depósito de sedimentos que
forman as rañas, nas que se asenta unha variada vexetación que serve de refuxio a unha
importante poboación de aves acuáticas sedentarias ou invernantes.
67. Flores masculinas
dos chopos.
As flores dos chopos agrúpanse en amentos
pouco aparentes. Nacen en pes separados e
antes da saída das follas.
Flores femininas dos chopos
68. Ra patilonga (Rana iberica).
Endemismo do noroeste Ibérico, conserva en
Galiza o maior número dos seus efectivos,
Atópase nos pequenos regatos que discorren
polas fragas e montañas
Mergullón cristado (Podiceps cristatus). Pódese ver
habitualmente e cría nalgúns encoros do Sil e os seus
afluentes. Ten no encoro de Penarrubia unha das
poucas áreas de cría de Galiza.
69. O Xares na Ponte (A Veiga)
Os cursos dos ríos conservan un rico patrimonio histórico e etnofráfico: pontes, muíños,
lendas...
70. O Estreito, entrada do Sil en Galiza. O Sil entra en
Galiza por un canón escavado en calcárias entre A
Enciña da Lastra e os Montes Aquilanos leoneses
onde se represa no encoro de Penarrubia.
RÍO SIL
O Sil nace en Cuetos Albos (Porto de
Somiedo-Asturias) e, despois de cruzar a
comarca do Bierzo, entra en Galiza polo
concello de Rubiá, nun tramo encaixado
entra calcárias, cruza a depresión de
Valdeorras (concellos de Carballeda, O
Barco, Vilamarín, A Rúa e Petín) e volve a
encaixarse entre A Rúa e Larouco para
seguir un percorrido por canóns ata
xuntarse ao Miño nos Peares. Os afluentes
pola dereita son Éntoma ou Galir, Mariñan,
San Xulián e Leira, e pola esquerda
esquerda Casoio, Balado, Fervenza, Candís
e Bibei.
71. Encoro de Penarrubia e Covas.
O río e a súa contorna teñen un grande interese xeolóxico (canóns, rápidos, rañas ou chairas
aluviais), paisaxístico, ecolóxico (bosques de ribeiras e zonas remansadas creadas polos
encoros onde se pode ver unha interesante avifauna) histórico e etnográfico.
As súas beiras estiveron poboadas desde tempos moi antigos e os seus aluvións foron
intensamente explotados, especialmente polos romanos, para obter ouro.
Un tramo do río Sil está protexido nos espazo “Enciña da Lastra”
72. Rañas de Arnado. Entre O Barco, na marxe dereita, e Arnado, na esquerda, o río Sil formou unha ampla chaira aluvial de
1.500 m de ancho limitada por empinadas ladeiras de lousa. Na canle do río hai varios illotes (rañas), o maior ten 800 m
de lonxitude. Nelas, e nos seus arredores, está a máis extensa formación de chopos de Galiza. As rañas acollen ademais
un importante número de aves acuáticas entre as que destacan as cegoñas. Unha parte importante está ocupada por
instalacións industriais.
73. Encoro de San Martiño. No alto a igrexa de Santa María do Castro (Petín). Está rodeado por unha densa formación de
amieiras, salgueiros e chopos e nas beiras da auga carrizos, espadanas, lirios, ranúnculos, oucas, ambroíños, equisetos...
74. O Sil entre A Rúa e Vilamartín. As terrazas fluviais aprovéitanse como terreos de cultivo
75. Área recreativa do bañadoiro, en Vilamartín de
Valdeorras. Conta cun observatorio de aves
Mañán no encoro de Santiago en Vilamartín de Valdeorras
76. Cegoñas no Sil.
Na área do encoro de San Martiño hai censadas 124
especies de aves. É unha importante área de
invernada de aves acuáticas: pato asubión, parrulo
chupón, corvo mariño grande, garza real, cerceta real,
parrulo crisitado común, pato asubión, pato
rabilongo, parrulo rubio, charneco, demo negro... No
verán poden verse cegoñas e garzas. É un dos poucos
lugares de Galiza onde cría o somorgullo cristado,
ademáis cría o somorgullo pequeno, o alavanco real, a
galiña de río, e a galiñola negra e a cegoña. Destaca a
presenza de aves pouco comúns como o somorgullo
cincento, o somorgullo lavanco e o parrulo ferruxento.
É Refuxio de Caza e está contemplado nas Normas
Complementarias e Subsidiarias da Xunta de Galiza.
77. O RÍO GALIR OU DE ÉNTOMA
Recolle as augas de Enciña da Lastra e lévaas ao Sil. É un río de gran interese ecolóxico por ser
un dos poucos nos que vive o cangrexo de río autóctono. Preto da súa desembocadura, en
Éntoma, consérvase unha cruriosa ponte antiga feita con lousas.
Chopos na beira do Galir
Cangrexo de río (Austrapotamobius pallipes)
78. Val do río Galir, Oulego e O Piornal, onde se atopan as nacentes do río
79. O río Valborráz, unha
das cabeceiras do
Casoio. No val
atópanse as antigas
minas de wolfran.
RÍO CASOIO
Ten como cabeceiras o San Xil e o Valborrás que baixan das abas da Serra do Eixe. Drena as
terras do concello de Carballeda de Valdeorras e xúntase ao Sil en Sobradelo, nun pequeno
canón escavado en lousas onde hai dúas fervenzas.
Desembocadura do
Casoio no Sil. Un
pouco máis arriba
consérvanse os restos
dunha ponte antiga.
80. Fervenza de Portomao. No lugar de
Fervenza, na parroquia de Santa Mariña
do Monte (O Barco de Valdeorras). Ten
maís de 25 m de caída nunha parede de
lousas chea de brións e fentos.
RÍO FERVENZA
É un río de curto percorrido e escaso
caudal que nace preto da Pena
Armada, no Barco de Valdeorras e
desemboca no Sil en Arnado
(Vilamartín). No seu percorrido salva
un gran desnivel e forma as fervenzas
de A Requeixada e Portomao.
81. RÍO LEIRA
Baixa do Montouto e percorre de norte a
sur o concello de Vilamartín de Valdeorras
ata desembocar no Sil, ao pé da área
recreativa do Bañadoiro.
Desembocadura do Leira no Sil
82. O Bibei nas Ermidas (O Bolo)
RÍO BIBEI
Nace na vertente zamorana de Pena Trevinca a 1.900 m de altura e fai fronteira entre a
comarca de Valdeorras (concellos de O Bolo e Larouco) e Terra de Trives, onde discorre
encaixado nu profundo canón. Desemboca no Sil nas proximidades de Montefurado.
Nesta comarca o seu afluente máis importante é o Xares.
83. RÍO XARES
Recolle augas da vertente sur da serra do Eixe e da Serra Calva. No curso alto discorre polo
antigo val glaciar de A Ponte e despois de Prada encáixase forrmando un profundo canón até
xuntarse co Bibei na zona do Larouco.
Os principais afluentes son o Melados, Requeixo, Matabois e Mao pola dereita e o Corzós
pola esquerda.
O río Xares en Xares
88. AS ÁRBORES
Carballeiras e soutos
no val do Rio Mao
Esta comarca acolle bosques diversos, debido aos grandes contrastes climáticos e a
composición das rochas: bosques mediterráneos onde dominan as aciñeiras, carballeiras de
carballo do pais ou de cerquiños ou rebolos, bidueirais e o único teixidal de Galiza.
Nos arredores das poboacións podemos atopar soutos con exemplares monumentais e
nalgunhas poboacións exemplares monumentais en xardíns de pazos.
90. Vista xeral
do teixidal
orientado ao norte. É bosque de teixos máis meridional de Europa, formado por uns 300 teixos
centenarios mesturados con outras especies, que ocupa unha superficie de algo menos de seis hectáreas.
Conta con arredor de 300 teixos de grandes dimensións, os máis altos con 20 m de altura e os máis grosos
con 4 m de perímetro. Algúns acadan os 800 anos.
Situado na vertente norte de Pena Survia. É o bosque de teixos máis meridional de Europa que ocupa algo
menos de seis hectáreas.
Forma parte “Pena Trevinca” e está Incluído no Catálogo de Árbores Senlleiras da Xunta de Galiza
Accedese desde
Casaio seguindo o
camiño da mina de
Valborraz e pasando
ao outro val a través
dos cumes dos
montes. Tamén se
pode baixar desde o
acceso a Trevinca por
Fonte da Cova.
95. Aciñeira de Cobas (Rubiá). É a máis grande e máis antiga de
Galiza, con perto de 400 anos. Mide 17,50 m de alto e 6 m
de perímetro.
Segundo unha lenda local debaixo da pedra que está na
base do toro hai enterrado un tesouro do tempo dos
mouros.
Atópase na entrada de Covas á esquerda da estrada.
Aciñeira de Foiogrande. Casaio (Carballeda). Ten
máis de cen anos e mide 18 m de altura. Atópase
en Casaiosuso, na parte baixa das casas.
96. Castiñeiros de Outeiro en Viloira (O Barco
de Valdeorras).
-6,60 m de perímetro. Castiñeiro de Cernego (Vilamartín de Valdeorras). Mide 6,40 m
de contorno e ten unha copa ampla e ben conservada.
99. Cedro do Líbano
(Cedrus libani)
Casa dos Camba
(A Portela. Vilamartín de Valdeorras)
-32 e 31 m de altura; 4 e 4,13 m de perímetro.
100. Bidueiral de Xares
(Xares, A Veiga)
No interior do Coto de Xares
(A Morteira).
Varios exemplares de grande porte.
Protexido como Formación Senlleira
101. ESPAZOS PROTEXIDOS
PARQUE NATURAL SERRA DA ENCIÑA DA LASTRA
Declarado tamén Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA), e LIC (unha área máis
ampla). De grande interese paisaxístico, ecolóxico e biolóxico.
Comprende a Serra da Enciña da Lastra e parte do val do Sil na zona de Covas, 3.151 ha no
concello de Rubiá. É unha área de transición entre as Rexións Eurosiberiana e Mediterránea.
As grandes diferencias de altura (entre 1.112 m nas serras e 400 m nos vales do Sil) , xunto
coa composición das rochas, dan lugar a ambientes e ecosistemas moi diferentes e de grande
interese: mediterráneo seco, na parte baixa das ladeiras, e centroeuropeo frío e húmido nas
partes altas, o que orixina unha diversidade vexetal sobresaínte con presenza de moitas
especies únicas.
A Serra de Enciña da Lastra é unha das formacións de bosques de aciñeiras e matogueiras
mediterráneas máis extensas e mellor conservadas de Galiza.
102. Arce de Montpellier (Acer monspessulanum).
Árbore de pequeno porte que ten en Enciña da
Lastra a única localización en Galiza. Aciñeiras gabeando polas cristas calcárias da serra
Neste espazo hai 69 especies de plantas
consideradas moi raras en Galiza, entre elas o
fento Cheilantes acrosticas, as herbas Alyssum
minutus, Legousia hybrida, Ononis pusilla e Silene
saxifraga e os arbustos Sorbus domestica e
Viburnum lantana. Tamén se atopan 25 especies
de orquídeas, a maior variedade de Galiza, 20
especies calcícolas, das que Aethionema saxatile
subsp. ovalifolium, Anthyllis vulneraria var.
penarrubiense e Thymus zygis teñen aquí as únicas
poboacións galegas; e varios endemismos
exclusivos da serra, entre eles Petrocoptis
grandiflora, Rhamnus legionensis e Armeria
rothmaleri.
103. A fauna é moi variada, hai censadas
máis de 160 especies de vertebrados.
Destaca a presenza de nove especies
de morcegos (mediterráneo de
ferradura, de orellas fendidas, das
covas...).
As aves están representadas por case
cen especies, entre as que sobresaen
as aves de rapina (aguia cobreira,
falcón peregrino, voitre branco,
miñato abelleiro, azor, aguia caudal,
aguia real, aguia albela, bufo real,
bufo pequeno, moucho común,
avelaiona...) e as acuáticas do encoro
de Penarrubia, en especial o
somorgullo cristado no verán.
Voitre branco (Neophron percnopterus),
única localización en Galiza.
104. A maior parte do macizo está
cuberto por mato de uces brancas
e rosas, queirugas, carqueixas,
arandeiras e carpazas. Nas partes
altas aparecen xenebreiros e
xestas olorosas. Nas depresións
impermebles hai turbeiras con
esfagnos, rorelas e outras especies
típicas.
Só no fondo dos vales máis
inaccesibles sobreviven algúns
bosques autóctonos formados por
carballos, bidueiros, acivros,
capudres ou escanfrés, e nalgúns
puntos teixos. Destacan a fraga de
Foio Castaño e o Teixidal de
Casaio. No val do Casaio hai
aciñeiras e xaras, e nas partes
máis altas cerquiños.
LIC PENA TREVINCA
Inclúe o Macizo de Pena Trevinca, os montes do Covelo e o val do río Bibei ata o encoro de O
Bao, 24.860 ha nos concellos de Carballeda de Valdeorras, A Veiga, Viana do Bolo,
Manzaneda e O Bolo. Está declarado tamén como Zona de Especial Protección para as Aves
(ZEPA), con 22.510 ha.
É un espazo que combina a alta montaña con algúns vales de ríos nos que se dan condicións
climáticas que propician a aparición de gran diversidade de animais e vexetais. Ademais ten
un grande interese xeolóxico e paisaxístico.
105. Narcisos (Narcissus asturiensis)
En Pena Trevinca atópanse especies
de plantas de gran interese: Agrostis
tilenii, Campanula cantabrica
occidentalis, Cardamine raphanifolia
gallaecica, Desmazeria marina
pauciflora, Dianthus merinoi, Genista
sanabrensis, Helianthemum croceum
rothmaleri, Jasione brevisepala,
Luzula caespitosa, Potentilla recta
asturica, Santolina rosmarinifolia
semidentata, Thymelaea coridifolia
dendrobryum, o fento Driopteris
abreviata....
106. A Fauna é moi rica. Hai censadas 36 especies de
mamíferos (lobo, corzo, xabarín, ourizo cacho,
furafollas -grande, ibérico e pequeño-, murgaño
de Cabrera, furaño común, leirón careto, armiño,
doniña branca, donicela, tourón, garduña, londra,
algalia, gato bravo...; 100 especies de aves (aguia
real, rapina cinsenta, voitre leonado, miñato
común, lagarteiro, perdiz -charra e rubia-, bufo
real, coruxa común, moucho de orellas, moucho
común, choia biquivermella...; 13 especies de
réptis (lagarto das silvas, lagartixa galega,
lagartixa da serra, cobra lagarteira común, cobra
lagarteira meridional, lagarto arnao, esgonzo
común, víbora...; 12 especies de anfibios
(salamántiga galega, limpafontes -común e
verde-, ra -patilonga, vermella e verde-, estroza,
sapo corriqueiro, sapo cunqueiro...; e numerosos
invertebrados entre os que se se atopa algún
insecto endémico.
Iberodorcadion seoanei subs. kricheldorffi,
variedade rutilimembre. Un escaravello
cerambícido endémico do macizo de Trevinca.
Os perdigóns, diante do perigo, inmovilízanse confiando
que a súa cor sexa suficiente para protexelos.
107. Val do Xares
MACIZO CENTRAL
É un gran espazo que, nesta comarca, ocupa parte dos terreos de Larouco e O Bolo, arredor
do canón do Bibei e o Xares.
Nos canóns fluviais e nas zonas baixas e soleadas do macizo atopamos unha vexetación
mediterránea formada por sobreiras, aciñeiras, erbedos, lavandas, xaras..
Por riba dos 600 m de altura hai bosque mixto de carácter aurosiberiano formado por rebolos,
bidueiros, abelairas, pradairos e capudres.
108. Val do Bibei na zona das Ermidas. O Río discorre
por un profundo canón entre as estribación dos
Macizo Central e os montes do Bolo.
Arzaia (Lavandula stoechas), unha
planta típica de lugares con
características mediterráneas.
109. MINAS DE PINTURA
(Pardollán, Rubiá)
Un depósito presilúrico de limonita
(empregada para fabricar pinturas) de
elevado interese estratigráfico.
Están incluídas no catálogo de Puntos
de Interese Xeolóxico polo Instituto
Xeolóxico e Mineiro de España.