ESPAZOS NATURAIS
LIC Costa de Dexo
MONUMENTO NATURAL
Costa de Dexo-Serantes
SUPERFICIE: 349,96 ha
CONCELLOS: Oleiros
VALORES NATURAIS:
cantís e vexetación e
fauna asociadas
SITUACIÓN:
Ao noroeste da provincia
da Coruña, entre as rías de
Ares e Betanzos e da
Coruña, no fondo do golfo
Ártabro. Tramo de costa
comprendida entre o Faro
de Mera e o porto de Lorbé.
Lugar de importancia
comunitaria (LIC) 29 de
decembro de 2004.
Zona especial de conservación
(ZEC) 31 de marzo de 2014.
Monumento Natural “Costa de
Dexo-Serantes” 270 ha (2000).
PROTECCIÓN
A costa comprendida entre a Punta de Mera e Torella é un espazo de mar aberto
que separa as rías da Coruña e Betanzos-Ares. Un territorio próximo á área
metropolitana da Coruña densamente poboado e cunha gran presión urbanística
e turística.
O elemento principal do espazo é a paisaxe onde se combina mar, cantís e terreo
de pasteiros o monte, xunto con espazos humanizados. A altitude vai dos 0 aos
81 m sobre o nivel do mar.
As rochas dominantes son os xistos de foliación moi marcada con gran variedade
de diques, fracturas e pregues.
XEOLOXÍA
O nome do Seixo Branco ven dado pola existencia dun grande filón de aplita (non de seixo),
moi chamativo polas súas dimensións e a súa cor branca que corta o cantil de xisto.
Segundo os especialistas ten unha orixe posterior á Oroxenia Hercínica.
Filón na Punta
Torrella
AS FURNAS
Fórmanse polo continuo desgaste
que xera a forza da ondada facendo
que as partes máis brandas e débiles
se degraden máis rapidamente que as
rochas próximas, dando lugar a
cavidades. Ás veces, en etapas máis
evolucionadas do proceso de erosión,
prodúcese a unión de dúas covas
contiguas, quedando illados anacos
do cantil en forma de illotes.
En ocasións, o teito da cova
derrúbase, dando lugar a
impresionantes ocos no terreo. Neste
tipo de furnas orixínase un pozo ou
conduto vertical que conecta a
superficie co fondo da cova.
Exemplos diso son as furnas de Ollo
Grande, A Regocha e Ollo Pequeno,
todas elas localizadas no Seixo
Branco.
Furna do
Ollo Grande
Furna A Regocha
Enseada de Canabal
Punta Mera
Erosión nos xistos
Os case 11 km de costa deste espazo forman parte na unidade de xistos
cristalinos de Bergondo, rochas metamórficas moi sensibles á erosión polo que
presenta un perfil irregular con zonas de altos cantís en forma de serra, de ata 40
m de altura nalgúns puntos e con con pequenas calas intercaladas. Hai un
pequeno complexo de illas e illotes nas que destaca A Marola, Monte Meán e O
Corval e impresionantes covas mariñas ou furnas.
A COSTA
Punta de Mera
Punta Monte Meán
Illote de Monte Meán
Enseada de Canabal e Punta do Seixo Branco
Punta Seixo Branco desde Monte Meán
Puntas Meán e Mera desde O Seixo Branco. Ao fondo A Coruña.
Vista da Coruña desde o Seixo Branco
Puntas Monte Meán e Seixo Branco co porto de Ferrol ao fondo.
O Seixo Branco desde o mar
-En 1985 a goleta Prosperidad fixo prácticas de tiro
aproveitando a visibilidade que tiña o filón da punta de
Seixo Branco desde o mar provocando varios feridos.
O Seixo Branco
Punta do Seixo Branco
Punta de San Antón
Vista desde A Rasa cara a Seixo Branco
A Rasa
Portiño e praia de Dexo coa illa da Marola ao fondo
A Marola coñecida polo refrán “quen pasa a Marola, pasa a mar toda”
Punta Corval
Punta Corval
Punta Porrido cos illotes Marolete e Marola
Punta da Roza desde Punta Torrella
A Revolta
Vista desde Punta Torrella cara ao Castelo
Punta Torrella
Punta Torrella
Punta Torrella
O mar na Punta Torrella. Ao fondo a Punta da Roza e A Marola.
Lorbé e punta de Pena Roxa
Pena Roxa, Lorbé
Lorbé
Oceánico húmido, caracterizado por unha escasa oscilación térmica e abondantes
precipitacións.
CLIMA
TIPOS DE HÁBITATS DO ANEXO I DA DIRECTIVA 92/43/CEE
-Bancos de area cubertos permanentemente por auga mariña, pouco profunda
-Grandes calas e baías pouco profundas
-Arrecifes
-Vexetación anual sobre argazos
-Vexetación perenne de coídos
-Cantís con vexetación das costas atlánticas e bálticas
-Ríos dos pisos basal a montano con vexetación de Ranunculion fluitantis e de
Callitricho-Batrachion
-Queirogais húmidos atlánticos de zonas temperadas de Erica ciliaris e Erica tetralix
-Queirogais secos europeos
-Zonas subestépicas de gramíneas e anuais do Thero-Brachypodietea
-Prados con molinias sobre substratos calcários, turbosos ou arxilo-limosos (Molinion
caeruleae)
-Megaforbios eutrofos hidrófilos das orlas de chaira e dos pisos montano a alpino
-Prados pobres de sega de baixa altitude (Alopecurus pratensis, Sanguisorba
officinalis)
-Mananciais petrificantes con formación de tuf (Cratoneurion)
-Encostas rochosas silíceas con vexetación casmofítica
-Rochedos silíceos con vexetación pioneira do Sedo-Scleranthion ou do Sedo albi-
Veronicion dillenii
-Furnas mariñas
-Bosques aluviais de Alnus glutinosa e Fraxinus excelsior (Alno-Padion, Alnion
incanae, Salicion albae)
A vexetación do espazo distribúese en tres zonas en función da súa proximidade ao mar:
FLORA
-Zona próxima ao mar,
ocupada por especies que
se instalan nas paredes e
fendas do cantil como os
liques.
No espazo litoral destaca a
presenza de gran
diversidade de algas
apegadas ás rochas ou
ocupando as pozas e
fendas.
-Zona de pasteiro e
matogueira costeiros,
caracterizada polo perixel
do mar, a herba de
namorar, Leucanthemum
merinoi, L. pluriflorum,
colexas, leiteras, carlinas,
caliborcia, Anthyllis
vulneria, pulicaria, Rumex,
trevos...
-Zona interior cunha
cuberta vexetal de
matogueira
de toxo e breixo, e
arboredo mixto de con
plantacións de piñeiros e
eucaliptos.
Centaurium maritimum
Sedum e liques
Herbas namoradeiras
Herba namoradeira (Armeria pubigera, subsp. pubigera)
Colexas (Silene uniflora) e pirixel do mar
Leucanthemun pluriflorum, endemismo das costas
atlánticas galegas, de Cabo Fisterra a Asturias.
O espazo acolle varios endemismos galaicos e do noroeste da península Ibérica.
Margaridas (Leucanthemum merinoi)
endemismo da costa atlántica de Galiza.
Anthyllis vulneraria
Caliborcia
(Heracleum spondifolium)
Gladiolo (Gladiolus illyricus)
Centaurea nigra
Herba pulgueira (Pulicaria odora)
Orquídea (Serapias cordigera)
Cardo (Silybum marianum)
Queiruga (Erica ciliaris)
FAUNA
MAMÍFEROS: 17 especies (e once probables): furafollas ibérico, toupa ibérica,
raposo, coello, donicela, furaño común, morcegos…
Toupa (Talpa occidentalis)
AVES: é o grupo de vertebrados máis abundante, cun total de 82 especies, entre
mariñas e terrestres, das que 57 crían na zona (favorecido polos refuxios que
ofrecen os cantís).
Aquí aniñan aves que se reproducen de forma escasa ou localizada no resto do
territorio galego, como o andoriñón real ou o lagarteiro. O corvo mariño cristado
aniña nos cantís e furnas. Tamén hai falcón peregrino, corvo grande, rabirrubio,
papuxa do mato, azulenta , chasco común…
Fronte á costa pódense ver pardelas furabuchos, paíños, mascatos, parrulos
pentumeiros e carolos.
Chasco (Saxicola torquata). Unha ave insectívora
que gosta dos lugares abertos con mato baixo.
Gaivota patiamarela (Larus michahellis)
criando nos cantís
ANFIBIOS: oito especies: sapiño pinto, píntega, pintafontes común…
Sapiño pinto (Discoglossus galganoi)
RÉPTILES: oito especies: lagartixa galega, víbora de Seoane, lagarto das
silvas, cobra lagarteira común…
Lagartixa galega, macho (Podarcis bocagei)
INVERTEBRADOS: abondan, sobre todo, os insectos: bolboretas, abellas,
vésporas, escaravellos...
Bolboreta (Melanargia lachesis)
Na zona intermareal
atópanse especies que se
apegan ás rochas:
mexillóns, lapas,
percebes, arneiróns ou
que se refuxian nas pozas
mareais (cangrexos,
caracolas, apegóns...).
Nas zonas infralitorais hai
peixes de rocha
(maragota, bello, faneca,
sargo...), polbos,
crustáceos...
Os percebes (Polycipes
cornucopia) son crustáceos
coloniais que viven apegados
ás rochas da zona
mediolitoral e infralitoral das
zonas de mar batido.
-Pesca na área costeirra
-Acuicultura
-Agricultura
-Turismo
ACTIVIDADES
Porto de Lorbé
Desde tempos remotos a costa de Dexo-Serantes estivo poboada, do que dan
testemuña os restoss de antigos asentamentos fortificados como os castros de
Subiña, Castromén, punta Roza e punta Torrella.
-No Seixo Branco e punta de Mera consérvanse os restos de baterias militares
instaladas da década de 1920 para defender a costa de Ferrol e A Coruña.
HISTORIA-PATRIMONIO CULTURAL
Embarcacións
tradicionais
en Lorbé
-Puntas de Mera, Montemeán, Seixo Branco,
Torrella...
-Portos de Lorbé e Dexo
-Igrexa románica de Santa María de Dexo
-Faros de Mera.
- Centro de Recepción de Visitantes do Monumento
Natural Costa de Dexo-Serantes.
-Roteiros: por toda a zona hai marcados roteiros de
interesa natural que nos achegan a distintos tramos
da costa.
PUNTOS DE INTERESE
Igrexa románica (século XII) de Santa
María de Dexo, nos lindes do espazo
protexido.
Faros de Mera: dúas torres de enfilada que
cumpren tamén a función de marcas de
balizamento, construídas en 1917. Nos seus
primeiros tempos tiñan unha lámpada de
incandescencia para vapor de petróleo e en
1932 cambiaron ao actual sistema eléctrico
que emite luz visible ata 8 millas.
-Punta de Mera. No edificio da vivenda do fareiro está instalado o Centro de Recepción de Visitantes do
Monumento Natural Costa de Dexo-Serantes:.
-Presión humana
-Presenza de especies invasoras
PROBLEMAS
Helychrisum petiolare, unha planta
invasora orixinaria de Sudáfrica.
Enseada e praia de Canabal
Montaxe e fotos: Adela Leiro, Mon Daporta.
Xullo 2016

LIC/ZEC Costa de Dexo

  • 1.
    ESPAZOS NATURAIS LIC Costade Dexo MONUMENTO NATURAL Costa de Dexo-Serantes
  • 3.
    SUPERFICIE: 349,96 ha CONCELLOS:Oleiros VALORES NATURAIS: cantís e vexetación e fauna asociadas SITUACIÓN: Ao noroeste da provincia da Coruña, entre as rías de Ares e Betanzos e da Coruña, no fondo do golfo Ártabro. Tramo de costa comprendida entre o Faro de Mera e o porto de Lorbé.
  • 4.
    Lugar de importancia comunitaria(LIC) 29 de decembro de 2004. Zona especial de conservación (ZEC) 31 de marzo de 2014. Monumento Natural “Costa de Dexo-Serantes” 270 ha (2000). PROTECCIÓN
  • 5.
    A costa comprendidaentre a Punta de Mera e Torella é un espazo de mar aberto que separa as rías da Coruña e Betanzos-Ares. Un territorio próximo á área metropolitana da Coruña densamente poboado e cunha gran presión urbanística e turística.
  • 6.
    O elemento principaldo espazo é a paisaxe onde se combina mar, cantís e terreo de pasteiros o monte, xunto con espazos humanizados. A altitude vai dos 0 aos 81 m sobre o nivel do mar.
  • 7.
    As rochas dominantesson os xistos de foliación moi marcada con gran variedade de diques, fracturas e pregues. XEOLOXÍA
  • 8.
    O nome doSeixo Branco ven dado pola existencia dun grande filón de aplita (non de seixo), moi chamativo polas súas dimensións e a súa cor branca que corta o cantil de xisto. Segundo os especialistas ten unha orixe posterior á Oroxenia Hercínica.
  • 9.
  • 10.
    AS FURNAS Fórmanse polocontinuo desgaste que xera a forza da ondada facendo que as partes máis brandas e débiles se degraden máis rapidamente que as rochas próximas, dando lugar a cavidades. Ás veces, en etapas máis evolucionadas do proceso de erosión, prodúcese a unión de dúas covas contiguas, quedando illados anacos do cantil en forma de illotes. En ocasións, o teito da cova derrúbase, dando lugar a impresionantes ocos no terreo. Neste tipo de furnas orixínase un pozo ou conduto vertical que conecta a superficie co fondo da cova. Exemplos diso son as furnas de Ollo Grande, A Regocha e Ollo Pequeno, todas elas localizadas no Seixo Branco. Furna do Ollo Grande
  • 11.
  • 12.
  • 13.
  • 15.
    Os case 11km de costa deste espazo forman parte na unidade de xistos cristalinos de Bergondo, rochas metamórficas moi sensibles á erosión polo que presenta un perfil irregular con zonas de altos cantís en forma de serra, de ata 40 m de altura nalgúns puntos e con con pequenas calas intercaladas. Hai un pequeno complexo de illas e illotes nas que destaca A Marola, Monte Meán e O Corval e impresionantes covas mariñas ou furnas. A COSTA Punta de Mera
  • 16.
  • 17.
  • 18.
    Enseada de Canabale Punta do Seixo Branco
  • 19.
    Punta Seixo Brancodesde Monte Meán
  • 20.
    Puntas Meán eMera desde O Seixo Branco. Ao fondo A Coruña.
  • 21.
    Vista da Coruñadesde o Seixo Branco
  • 22.
    Puntas Monte Meáne Seixo Branco co porto de Ferrol ao fondo.
  • 23.
    O Seixo Brancodesde o mar -En 1985 a goleta Prosperidad fixo prácticas de tiro aproveitando a visibilidade que tiña o filón da punta de Seixo Branco desde o mar provocando varios feridos.
  • 24.
  • 25.
  • 26.
  • 27.
    Vista desde ARasa cara a Seixo Branco
  • 28.
  • 29.
    Portiño e praiade Dexo coa illa da Marola ao fondo
  • 30.
    A Marola coñecidapolo refrán “quen pasa a Marola, pasa a mar toda”
  • 31.
  • 32.
  • 33.
    Punta Porrido cosillotes Marolete e Marola
  • 34.
    Punta da Rozadesde Punta Torrella
  • 35.
  • 36.
    Vista desde PuntaTorrella cara ao Castelo
  • 37.
  • 38.
  • 39.
  • 40.
    O mar naPunta Torrella. Ao fondo a Punta da Roza e A Marola.
  • 41.
    Lorbé e puntade Pena Roxa
  • 42.
  • 43.
  • 44.
    Oceánico húmido, caracterizadopor unha escasa oscilación térmica e abondantes precipitacións. CLIMA
  • 45.
    TIPOS DE HÁBITATSDO ANEXO I DA DIRECTIVA 92/43/CEE -Bancos de area cubertos permanentemente por auga mariña, pouco profunda -Grandes calas e baías pouco profundas -Arrecifes -Vexetación anual sobre argazos -Vexetación perenne de coídos -Cantís con vexetación das costas atlánticas e bálticas -Ríos dos pisos basal a montano con vexetación de Ranunculion fluitantis e de Callitricho-Batrachion -Queirogais húmidos atlánticos de zonas temperadas de Erica ciliaris e Erica tetralix -Queirogais secos europeos -Zonas subestépicas de gramíneas e anuais do Thero-Brachypodietea -Prados con molinias sobre substratos calcários, turbosos ou arxilo-limosos (Molinion caeruleae) -Megaforbios eutrofos hidrófilos das orlas de chaira e dos pisos montano a alpino -Prados pobres de sega de baixa altitude (Alopecurus pratensis, Sanguisorba officinalis) -Mananciais petrificantes con formación de tuf (Cratoneurion) -Encostas rochosas silíceas con vexetación casmofítica -Rochedos silíceos con vexetación pioneira do Sedo-Scleranthion ou do Sedo albi- Veronicion dillenii -Furnas mariñas -Bosques aluviais de Alnus glutinosa e Fraxinus excelsior (Alno-Padion, Alnion incanae, Salicion albae)
  • 46.
    A vexetación doespazo distribúese en tres zonas en función da súa proximidade ao mar: FLORA -Zona próxima ao mar, ocupada por especies que se instalan nas paredes e fendas do cantil como os liques. No espazo litoral destaca a presenza de gran diversidade de algas apegadas ás rochas ou ocupando as pozas e fendas. -Zona de pasteiro e matogueira costeiros, caracterizada polo perixel do mar, a herba de namorar, Leucanthemum merinoi, L. pluriflorum, colexas, leiteras, carlinas, caliborcia, Anthyllis vulneria, pulicaria, Rumex, trevos... -Zona interior cunha cuberta vexetal de matogueira de toxo e breixo, e arboredo mixto de con plantacións de piñeiros e eucaliptos.
  • 47.
  • 48.
  • 49.
    Herba namoradeira (Armeriapubigera, subsp. pubigera)
  • 50.
    Colexas (Silene uniflora)e pirixel do mar
  • 51.
    Leucanthemun pluriflorum, endemismodas costas atlánticas galegas, de Cabo Fisterra a Asturias. O espazo acolle varios endemismos galaicos e do noroeste da península Ibérica.
  • 52.
    Margaridas (Leucanthemum merinoi) endemismoda costa atlántica de Galiza.
  • 53.
  • 54.
  • 55.
  • 56.
  • 57.
  • 58.
  • 59.
    FAUNA MAMÍFEROS: 17 especies(e once probables): furafollas ibérico, toupa ibérica, raposo, coello, donicela, furaño común, morcegos… Toupa (Talpa occidentalis)
  • 60.
    AVES: é ogrupo de vertebrados máis abundante, cun total de 82 especies, entre mariñas e terrestres, das que 57 crían na zona (favorecido polos refuxios que ofrecen os cantís). Aquí aniñan aves que se reproducen de forma escasa ou localizada no resto do territorio galego, como o andoriñón real ou o lagarteiro. O corvo mariño cristado aniña nos cantís e furnas. Tamén hai falcón peregrino, corvo grande, rabirrubio, papuxa do mato, azulenta , chasco común… Fronte á costa pódense ver pardelas furabuchos, paíños, mascatos, parrulos pentumeiros e carolos. Chasco (Saxicola torquata). Unha ave insectívora que gosta dos lugares abertos con mato baixo. Gaivota patiamarela (Larus michahellis) criando nos cantís
  • 61.
    ANFIBIOS: oito especies:sapiño pinto, píntega, pintafontes común… Sapiño pinto (Discoglossus galganoi)
  • 62.
    RÉPTILES: oito especies:lagartixa galega, víbora de Seoane, lagarto das silvas, cobra lagarteira común… Lagartixa galega, macho (Podarcis bocagei)
  • 63.
    INVERTEBRADOS: abondan, sobretodo, os insectos: bolboretas, abellas, vésporas, escaravellos... Bolboreta (Melanargia lachesis)
  • 64.
    Na zona intermareal atópanseespecies que se apegan ás rochas: mexillóns, lapas, percebes, arneiróns ou que se refuxian nas pozas mareais (cangrexos, caracolas, apegóns...). Nas zonas infralitorais hai peixes de rocha (maragota, bello, faneca, sargo...), polbos, crustáceos... Os percebes (Polycipes cornucopia) son crustáceos coloniais que viven apegados ás rochas da zona mediolitoral e infralitoral das zonas de mar batido.
  • 65.
    -Pesca na áreacosteirra -Acuicultura -Agricultura -Turismo ACTIVIDADES Porto de Lorbé
  • 66.
    Desde tempos remotosa costa de Dexo-Serantes estivo poboada, do que dan testemuña os restoss de antigos asentamentos fortificados como os castros de Subiña, Castromén, punta Roza e punta Torrella. -No Seixo Branco e punta de Mera consérvanse os restos de baterias militares instaladas da década de 1920 para defender a costa de Ferrol e A Coruña. HISTORIA-PATRIMONIO CULTURAL Embarcacións tradicionais en Lorbé
  • 67.
    -Puntas de Mera,Montemeán, Seixo Branco, Torrella... -Portos de Lorbé e Dexo -Igrexa románica de Santa María de Dexo -Faros de Mera. - Centro de Recepción de Visitantes do Monumento Natural Costa de Dexo-Serantes. -Roteiros: por toda a zona hai marcados roteiros de interesa natural que nos achegan a distintos tramos da costa. PUNTOS DE INTERESE Igrexa románica (século XII) de Santa María de Dexo, nos lindes do espazo protexido.
  • 68.
    Faros de Mera:dúas torres de enfilada que cumpren tamén a función de marcas de balizamento, construídas en 1917. Nos seus primeiros tempos tiñan unha lámpada de incandescencia para vapor de petróleo e en 1932 cambiaron ao actual sistema eléctrico que emite luz visible ata 8 millas.
  • 69.
    -Punta de Mera.No edificio da vivenda do fareiro está instalado o Centro de Recepción de Visitantes do Monumento Natural Costa de Dexo-Serantes:.
  • 70.
    -Presión humana -Presenza deespecies invasoras PROBLEMAS Helychrisum petiolare, unha planta invasora orixinaria de Sudáfrica. Enseada e praia de Canabal
  • 71.
    Montaxe e fotos:Adela Leiro, Mon Daporta. Xullo 2016