SlideShare a Scribd company logo
SERRA DOS
É unha serra
compartida por
varias
comunidades,
situada na parte
máis oriental da
provincia de Lugo
(comarca dos
Ancares), na parte
máis occidental da
provincia de León
(comarcas do
Bierzo e Laciana) e
o suroeste de
Asturias (concello
de Ibias).
A unidade de relevo que inclúe a serra dos Ancares forma unha curva
de dirección NE SO que segue o linde administrativo entre Galiza, León
e Asturias. Son as derradeiras estribacións cara ao Oeste da Cordilleira
Cantábrica, limitada polo río Navia no norte (Ibias) e afluentes do Sil
(Cúa, Valcarce-Burbia e Ancares) polo leste e sur.
Os Ancares desde Becerreá. A altitude dos Ancares,ademais de facelos visibles desde todas as áreas da contorna, é a
consecuencia de que sobre eles se manifesten, antes que en ningunha outra zona, as variacións climáticas.
SERRA DOS ANCARES
COS PRINCIPAIS CUMES E RÍOS
Vista xeral da Serra dos Ancares desde a serra de Vilamane.
Miravalles
Porto de Ancares Cuíña
Penalonga
Mostallar
Corno Maldito
Penarrubia
Tres Bispos
Vista xeral da Serra dos Ancares desde o monte da Pintinidoira
O territorio que se coñece co nome dos Ancares chamábase antes Serra dos Picos e Montes
de Cervantes. O nome de Ancares aplicóuselle a partir da xeralización do topónimo do Val de
Ancares, en terreos do Bierzo leonés.
A serra dos Ancares ten un grande interese xeolóxico, paisaxístico, biolóxico e etnográfico.
Val de Ancares desde o Porto de Ancares.
CONCELLOS:
Cervantes, Navia de Suarna (Galiza), San
Antolín de Ibias (Asturias), Balboa, Vega
de Valcarce, Vilafranca do Bierzo, Vega
de Espinaredo, Candín, Peranzanes,
Fabero, Páramo do Sil, Palacios do Sil.
ESPAZOS PROTEXIDOS:
LICs “Os Ancares O Courel” , “Sierra de
los Ancares”, “Fuentes del Narcea y del
Ibias”
RESERVAS DA BIOSFERA: “Os Ancares
lugueses”, “Os Ancares leoneses”.
ZEPA “Ancares”
Serra dos Ancares no linde con Asturias.
Val da Fornela desde Cienfuegos
Pico Ladeirón
Porto de Cienfuegos, Serra dos Ancares no linde con Asturias.
Algúns autores consideran que a serra dos Ancares comeza a partir do Miravalles (ao fondo).
Cara norte do Miravalles desde Cienfuegos
Miravalles (1.969 m).
Miravalles desde o Porto de Ancares
Pico do Surcio. Na chaira que se
ve á dereita da imaxe conflúen
Galiza, Asturias e León.
SERRA DE SURCIO
No límite de Navia de Suarna con Asturias, con orientación NO-SE. Na vertente sur nace o río Rao ou
Balouta (afluente do Navia), que forma un profundo canón de grandes paredes verticais de cuarcita, entre
esta serra e a do Brañal. A máxima altura é o Pico de Surcio, con 1.456 m.
SERRAS DE MURIAS E DO BRAÑAL
Esténdense con orientación NE-SO entre os regos de Balouta e Murias. O punto máis alto é o
Teso de Sobreporeiras, con 1.252 m.
Vista da zona de
Murias de Rao.
De esquerda a
dereita: o canón do
Rao, a serra do
Brañal co Penedo
de Murias e a serra
de Airelos.
Vista das Brañas de pan de Zarco, nos
cumes da serra do Brañal.
Penedo de Murias de Rao, con 1.027 m de
altura. Este impresionante penedo de
cuarcitas sobresae á beira do camiño de
Murias de Rao ás Brañas de Pan de Zarco.
Moreiras nas abas da serra da Cespedosa
Porto de Ancares (á esquerda) e pico do Tiro do Porto de Ancares (1.762 m)
Val de Ancares desde o Porto de Ancares
Circo glaciar do val de Ancares, aos pés do Cuíña
Cuíña (1.987 m), o cume máis alto da serra, en León.
Cuíña e Penalonga
Vista desde o Cuíña cara ao nordeste
Vista desde o Cuíña cara ao norte: monte da Cespedosa e serra do Surcio
Vista desde o Cuíña cara ao oeste: Piornedo, o val do Ser e as serras da Fiosa e Granda de Arroxo
Vista desde o Cuíña cara ao sur (de Penalonga a Penarrubia)
Dos Hermanitos desde o Cuíña
Penalonga (1.880 m), (cara norte)
Penalonga (cara sur)
Val de Burbia
Mostallar (1.924 m) desde o val de Piornedo
Mostallar desde Burbia
Mostallar (Cara oeste)
Vista da serra de Agulleiro e Villous no inverno.
SERRAS DE AGULLEIRO E VILLOUS
Esténdense con dirección SO-NO desde Os Ancares ata o río das Pontes. Está rodeada polos
regos Ortigal e Piornedo. O cume máis alto son o Agulleiro con 1.693 e a Golada da Toca con
1.598 m. Conserva restos de acción glaciar nas súas abas en forma de penedos aliñados.
Vista desde o Mostallar cara ao sur: Picos Lagoa, Corno Maldito e Tres Bispos. Ao fondo Penarrubia.
Charcas (1.860) e Corno Maldito (1.830 m)
Vedual (entre os vales de Burbia e Porcarizas
Val de Porcarizas
Campo del Agua (Val de Porcarizas)
Ao Fondo Tres Bispos e á dereita O Fieiró, coas abas ocupadas polo Avesedo de Donís.
Vista da serra dos Ancares desde Campo del Agua: de Tres Bispos a Corno Maldito)
Val do Ortigal: Fieiró (á dereita) co Pico de Lagos ao fondo
Vista desde Tres Bispos cara ao norte: Pico dos Charcos, Corno Maldito e Pico de Lagos.
Tres Bispos (1.763 m)
Tres Bispos
Tres Bispos (cara oeste)
Tres Bispos
Golada das Brañas e monte da Trapa desde Tres Bispos
Serra dos Ancares entre Tres Bispos e Penarrubia.
Á esquerda Pico de Bois e á dereita serra das Maseiras coa fraga de Cabana Vella.
Serra dos Ancares no inverno: Tres Bispos, Penarrubia e serra das Maseiras co val do rego da Vara.
SERRAS DO PANDO E MASEIRAS
É un sistema montañoso que se pode considerar como unha das estribacións dos Ancares,
con orientación NE-SO. O punto máis elevado é o monte Fieiró de Deva, con 1.643 m. Está
rodeada polos regos da Vara e Brego (afluentes do Cancelada-Cervantes).
Vista da Serra das Maseiras co val do rego da Vara desde o camiño a Tres Bispos.
Cereixedo e detrás a serra do Pando.
Nas abas da serra das Maseiras
consérvanse unhas das fragas máis
importantes dos Ancares.
Camiño de Penarrubia
Valongo (1.681)
Penarrubia, no fondo do val a campa do Brego.
Alto da Becerreira e Penarrubia
Penarrubia (1.826 m).
Penarrubia
Penarrubia (cara oeste)
Pena Cabalar e Penarrubia (ao fondo) desde val da Teixeira
Penarrubia e A Piosa
Vista desde Penarrubia cara ao sur (á esquerda as Matas Cimeiras).
Serra das Matas Cimeiras que separan os vales de Teixeira e Balboa
O Páramo (1.464 m)
O Rastro (1.415 m)
Val de Balboa cara ao Outeiro (1.772 m)
Balboa
O Portelo (1.146 m)
AS ROCHAS
As máis abundantes son as
lousas do Paleozoico,
posteriormente pregadas na
Oroxenia Hercínica, que lle
confiren un perfil suave,
mesturadas con filitas, cuarcitas,
areíscas, granitos de dúas micas
e pequenas áreas calcárias.
Crista de
cuarcitas
Paredes de lousas en Penarrubia
O relevo dos Ancares é o resultado das oroxenias hercínica (hai 380 a 280 millóns de
anos) e alpina (hai 37 a 24 millóns de anos que elevaron e fracturaron o terreo en
diferentes etapas, e da posterior acción do modelado do xeo e da auga.
Cumes dos Ancares desde o val do Ser
GLACIARISMO
Nos Ancares existen numerosas pegadas de actividade glaciaria desenvolvida desde
hai 25.000 a 10.000 anos que se reflicten nas particulares formas de relevo
modeladas polo xeo (circos glaciares, vales con forma de U, umbrais, ombreiras),
rochas puidas e os depósitos típicos (morrenas, depósitos glacio-lacustres,
sedimentos glaciares…).
Corte do solo onde se aprecian os
distintos materiais transportados
en períodos de xeo-desxeo.
A acción glaciar foi máis intensa
nos vales orientais onde o xeo
chegou a ter espesores de 260 e
280 m nos vales de Burbia e
Ancares, con linguas glaciares de
11 e 13 km de lonxitude que
baixaron ata os 800 m de altitude.
Na parte galega destacan os vales
de Piornedo e Suarbol e o circo
glaciar de Tres Bispos.
Rochas erosionadas polo xeo
Val de Ancares e lago de Cuíña nunha das terrazas do circo do glaciar
Vista desde o Mostallar sobre o val glaciar de Piornedo
Morrenas en Piornedo. No val de Piornedo
(val de Bous) houbo un glaciar de 6 km de
lonxitude e 180 m de espesor.
Val do Ortigal desde Tres Bispos
Circo glaciar de Tres Bispos, cabeceira
do Ortigal, afluente do Ser.
Depósitos no circo de Tres Bispos
Depósitos glaciarios no Chan dos Penedos, no val de Porcarizas
Val de Burbia
Val de Burbia
Val de Teixeira
RÍOS
A serra dos Ancares acolle unha densa rede fluvial que aproveita as numerosas fallas
e fracturas do terreo. Na parte oriental fórmanse as cabeceiras do río Cúa (Ancares,
Burbia), na occidental as cabeceiras do Ser, o Rao (afluentes do Navia) e ao norte as
do Ibias, tamén afluente do Navia.
Rego das Pasadas,
afluente do Ser.
Río Piornedo ou de
Bous ao pé do
Mostallar.
En xeral os ríos teñen un réxime pluvio-nival con augas altas no inverno e primavera, e
percorridos encaixados e con grandes desniveis nos que abondan as pozas e os rápidos. Na
súa contorna consérvanse espazos naturais de grande valor ecolóxico e un rico patrimonio
etnográfico: pontes, muíños, caneiros, mazos...
Val do río Ortigal, unha das cabeceiras do Ser (afluente do Navia).
RÍO SER
Fórmase con numerosos regos que baixan
dos Ancares e das serras próximas. Nun
comezo chámase rego das Pontes. Xúntase
co Navia en Souto.
Val do Ser
FERVENZA DAS PONTES. Parroquia de Donís (Cervantes).
No rego de Piornedo, pouco antes de xuntarse co río das
Pontes (Ser).
RÍO ORTIGAL. Parroquia de Donís (Cervantes).
O Ortigal é unha das cabeceiras do Ser, afluente do
Navia. Ten un percorrido en moita pendente con
rápidos e fervenzas. A máis accesible está ao pé da
estrada e salva un desnivel en cuarcitas de 6-7 m de
altura en dous saltos.
O REGO DE BOUS OU DE PIORNEDO nace
no Penalonga e desemboca no río das
Pontes (afluente do Sor que á súa vez vai
ao Navia). En todo o seu percorrido forma
varias fervenzas de pequeno tamaño,
pozas e rápidos. Pódense observar na ruta
que vai de Piornedo ao Mostellar, na
estrada de Campo da Braña a Piornedo
(un pouco antes de Donís) ou na
desembocadura cando se xunta co río das
Pontes.
Pontella sobre o río Piornedo
no camiño do Mostallar.
RÍO RAO
Fórmase con varios regos que baixan
das serras de Ancares, Airelos, Murias,
Brañal, Surcio e Barreiro e xúntase ao
Navia preto do Tabillón. Forma un val
moi encaixado con rápidos, fervenzas
e tobogáns de moi difícil acceso.
PESQUEIRA DE LASTROA. En Murias, parroquia de Rao
(Navia de Suarna). No rego de Campos, unha das
cabeceiras do Murias, afluente do Rao.
Canon do Rao (Navia de Suarna),
entre Murias e Valouta.
RÍO CÚA
Nace no Campo da Pesca, ao pé do porto de Cienfuegos e xúntase co Sil á altura de Toral dos
Vados. Os principaos afluentes son o Ancares e o Burbia, pola dereita.
Río Cúa na Veiga de Espiñaredo
Fontes do Cúa, na parte alta do Val da Fornela
Nacentes do Río Da Veiga, un afluente do río Ancares
Canón do río Porcarizas
(Teixeira-Burbia-Cúa).
Val do Teixeira, un afluente do Burbia (Cúa).
Río Balboa (Valcarce-Burbia-Cúa). Recolle augas do sur dos Ancares
RÍO IBIAS
Nace no porto do Cerredo (cordilleira
Cantábrica) e xúntase co Navia en
Negueira de Muñiz. Varios dos seus
afluentes nacen na vertente norte dos
Ancares.
CLIMA
Oceánico de montaña con invernos moi fríos e veráns frescos e unha abundante
pluviosidade. Máis seco na vertente do leste (O Bierzo)
Xantes, na primavera
e no inverno.
Mencer na serra do Pando. Vista desde o alto do Cieiro. O vapor de auga que se condensa e descende de nivel ao baixar
as temperaturas polas noites forma pola mañán masas de nubes das que sobresaen cumes.
Os cumes das serras están cubertos de pasteiros de montaña e mato de breixos, uces, piornos
e xestas (Genista obtusiramea e Genista florida), xenebreiros... e por debaixo atópanse as
formacións arbóreas, que varían segundo a orientación e a altitude dos montes.
Atópanse 20 endemismos da área cantábrica Campanula cantabrica, Gentiana lutea, subsp.
aurantiaca, Iris latifolia, Juniperus nana, Vaccinium uliginosum...)
FLORA
Prados no cume do Mostallar
Uces e carqueixas
Piorno (Genista florida)
Uces e carballos
Especies caducifolias (carballos, pradairos, bidueiros...) e perennifolias (acivros, teixos) , distribuídas segundo a
orientación.
Xensás nos prados dos cumes dos Ancares
Flores e froitos de xensá
Arandeira (Vaccinium myrtillus). Lilium martagon
Iris latifolia
Eryngium duriaei
Tollemerendas
(Crocus serotinus)
Pinguicula lusitanica.
Nas áreas achairadas dos cumes máis altos abondan as
trubeiras onde se poden atopar especies adaptadas aos
solos pobres que se alimentan de insectos como as
grasillas e as rorelas..
Fento (Criptogramma crispa)
Liques
AS ÁRBORES
Na serra dos Ancares atópanse varias fragas representativas dos bosques naturais atlánticos
(caducifolos). Son fragmentos dos bosques antigos orixinais que chegaron aos nosos días cun
grao de naturalidade máis ou menos importante. Teñen unha estrutura complexa nas que se
diferencia un estrato arbóreo, arbustivo, herbáceo e muscinal. As árbores dominantes son o
carballo, a abelaira, o bidueiro ou o pradairo, e, en menor cantidade capudres, faias, carbas,
castiñeiros e especies de folla perenne como loureiros, acivros, érvedos... Ademais atópanse
boas representación de acibeirais, carballeiras, soutos, aciñeirais e faiais. Algunhas áreas
están repoboadas con piñeiros. En moitos lugares consérvanse exemplares monumentais de
carballos, bidueiros, acivros e castiñeiros.
Capudres na fraga de
Penarrubia, un dos maiores
bosques dos Ancares.
O avesedo de Donís, situado no val do Ortigal foi o bosque máis grande de Galiza. Durante moitos anos
talose madeira de carballo e carba, para as travesas de ferrocarril e a construción naval.
Os avesedos son bosques que medran nas abas sombrizas (avesías) orientadas ao norte.
Fraga da Cabanavella (Os Ancares)
Interior dunha fraga camiño de Penarrubia.
Acibeiral na
Fraga da
Cabanavella.
Froitos de acivro (Ilex aquifolilium), Os acivros medran como sotobosque nas fragas e
carballeiras e ás veces forman bosques monoespecíficos en zonas de altura moi illadas. Son
importantes para o mantemento da vida na zona. A persistencia das follas crea núcleos libres
de neve e os froitos, que se manteñen na árbore ata o inverno e no chan durante moito tempo,
son o principal alimento do que dispoñen moitos animais nos momentos máis duros do
O capudre ou carnabudo (Sorbus aucuparia)
é unha árbore típica das montañas. Cóbrese
de flores a finais da primavera e os seus
froitos vermellos atraen aos paxaros
durante o outono.
Sorbeira (Sorbus aria)
O cultivo de castiñeiros tivo sempre gran importancia
nos Ancares. A utilidade mixta do castiñeiro para
madeira e castañas favoreceu o seu cultivo, que
noutros tempos ocupou amplas superficies. Na
actualidade segue sendo unha fonte de recursos para
os habitantes da montaña.
Os soutos rodean os núcleos habitados.
ÁRBORES SENLLEIRAS
Incluídos no Catálogo de Árborese Senlleiras da Xunta de Galiza (P)
CARBALLO (Quercus robur)
Monte da Vara e Fraga de Cabana Vella.
(Cereixido, Cervantes). Nove exemplares de
grande porte, de ata 4,7 m de perímetro. (P)
Río Ortigal (P)
Monte da Vara e Fraga de Cabana Vella. (P)
Os Acebais (Piornedo, Donís, Cervantes)
CARBA/MOURÉS (Quercus petraea)
Os Acebais (Piornedo, Donís, Cervantes).
Nas abas de Penalonga.
Varios exemplares, os de máis porte
acadan os 10,30 m de perímetro.
As Freitas (Piornedo, Donís, Cervantes)
Avesedo de Donís (Cervantes)
Varios exemplares de ata 6,40 m de
perímetro.
Río Ortigal
Teso das Valiñas (Piornedo)
As Freitas (Piornedo, Donís, Cervantes)Teso das Valiñas
Avesedo de Donís (Cervantes)
Rebolos no Teso das Valiñas
(Piornedo, Cervantes)
REBOLO/CERQUIÑO (Quercus pineraica)
Aciñeiral no val de Finolledo (O Bierzo)
CASTIÑEIRO
(Castanea
sativa)
Aucella (Cervantes)
Vallo (Navia de Suarna) -6 m de perímetro .
A Pedreira (Queizán-Navia de Suarna) -6,97m de
perímetro.
Souto de Saencia (Rao-Navia de Suarna)
Varios exemplares de ata 8,40 m de perímetro.
Robledo de Rao (Rao-Navia de Suarna)
Varios exemplares de ata 6,30 m de perímetro.
Rao (Navia de Suarna), varios exemplares no souto e
no centro da aldea, de ata 9,5 m de perímetro.
Castelo de Frades (Cereixedo- Cervantes)
-10, 30 m de perímetro.
Verdello de Cereixedo (A Canceliña, Veiga do Seixo,
Cervantes)
-7 m de perímetro.
-O Campano (Vilar de Acero) -16 m de perímetro
(Incluído no Catálogo de Especimes Vexetais
Singulares de Castela e León)
-Balboa -8,18 m de perímetro
-Burbia -8,18 m de perímetro
Verdello de Cereixedo
Castelo de Frades
A Pedreira
(Queizán-Navia de
Suarna) Vallo (Navia de Suarna)
Souto de Saencia (Rao-Navia de Suarna)
Rao (Navia de Suarna),
Robledo de Rao (Rao-Navia de Suarna)
-O Campano (Vilar de Acero)
-16 m de perímetro (Incluído no Catálogo de Especimes
Vexetais Singulares de Castela e León)
-Balboa
-8,18 m de perímetro
Burbia
-8,18 m de perímetro
Fraga da Cabana Vella
ACIVRO/XARDÓN
(Ilex aquifolium)
Fraga da Cabana Vella
(Cereixedo-Cervantes).
- Varios exemplares de bo porte.
Avesedo de Donís (Cervantes).
- Varios exemplares de bo porte de
ata 3,20 m de perímetro.
Avesedo de Donís
BIDUEIRO / BIDO
(Betula celtiberica)
Monte dos Acebais (Piornedo,
Cervantes). Nas abas de Penalonga.
Varios exemplares de ata 4,30 m de
perímetro.
Avesedo de Donís (Cervantes).
Varios exemplares de ata 4,30 m de
perímetro.
Monte dos Acebais (Piornedo, Cervantes)
PRADAIRO
(Acer pseudoplatanus)
Pradairos na capela de Fombasallá (Vilafranca do Bierzo)
-3,46; 3,57 e 2,90 m de perímetro
Avesedo de Donís (Cervantes).
A Fauna é moi variada e conta con moitas especies en perigo, entre as que destaca o oso
pardo, o pito negro, a lebre de piornal, o bufo real, a charrela, a víbora de Seoane...
FAUNA
Oso pardo, visitante ocasional dos Ancares
procedente das serras cantábricas.
Bufo real (Bubo bubo)
Rebezos (Rupicapra rupicapra)
Pica dos prados (Anthus pratensis)
Voutre (Gyps fulvus)
Víbora de Seoane (Vipera seoanei cantabrica). Endémica do norte
peninsular que en Galiza só se atopa nos Ancares, Courel e Trevinca.
Carricanta (Ephippiger ephippiger)
ACTIVIDADES
Agrogandaría, forestal, pequenas industrias, servizos, turismo...
A zona do Bierzo tivo unha importante actividade de mineiría do carbón
Teleférico para o transporte do mineral en Peranzanes
HISTORIA e PATRIMONIO
A pesar do seu relevo accidentado é unha zona habitada desde a prehistoria como o
atestiguan os numerosos restos arqueolóxicos atopados. Conserva un rico patrimonio
histórico-artístico (petroóglifos, castros, igrexas, castelos...) e etnográfico (pallozas, hórreos,
núcleos tradicionais, pontes, alvarizas, muíños, folclore...).
Capela e castro de Santa María do Castro (Cervantes )
Petróglifo no camiño da campa
do Barreiro (Cervantes)
Igrexa de Donís (Cervantes)
Igrexa de Suarbol
Igrexa de Balboa
Igrexa da Teixeira
Balouta (Candín)
Piornedo (Cervantes)
As Alzadas eran lugares de pastoreo
no verán. As cabanas estaban
acondicionadas para residir na
tempada de verán mentres se
coidaba do gando na montaña.
Cabanas na alzada de
Pan de Zarco (Cervantes)
Restos dunha palloza na alzada de Campo del
Agua (Vilafranca do Bierzo).
En 1989 arderon todas as construcións (acababan
de ser restauradas con axuda pública).
Está declarada Ben de Interese Cultural.
Os habitantes dos Ancares conservaron unha forma de vida tradicional e unha arquitectura
herdada da cultura castrexa, considerada unha das máis antigas de Europa.
Hórreos típicos dos Ancares (de planta cadrada)
Balouta (Candín) Suarbol (Candín)
Vilarello (Cervantes)Teixeira (Vilafranca do Bierzo)
A palloza é unha construción propia das serras Orientais galego-leonesas. Hoxe consérvanse
algunhas nos Ancares e no Cebreiro. Hai uns anos extendíanse desde A Fonsagrada ata a serra
do Courel e O Bierzo.
É un tipo de vivenda moi primitiva tanto na súa forma como nas súas estruturas. É unha
unidade na que se integra a vivenda e todas as dependencias necesarias nunha casa agro-
gandeira: corte, forno, almacén...
AS PALLOZAS
Palloza en
Piornedo
A planta pode ser redonda, elíptica, oval,
rectangular-redondeada...
A construción está realizada cos materiais da
contorna aplicando técnicas elementais. Nas
paredes úsase xisto e pedra de gran. Madeira de
castiñeiro ou de carballo para vigas e soportes e
palla centea para a cuberta.
Os ocos son reducidos e escasos para evitar perdas
de calor.
O interior está dividido en dúas partes por unha
parede que separa a zona do gando (estravariza) da
das persoas. Enriba da estrabariza hai unha división
horizontal (barra) que serve de almacén de herba e
palla para o inverno, e como dormitorio no verán.
O piso é terreo agás na zona da lareira que vai
enlousado.
Nalgúns casos constrúense tabiques de madeira
para delimitar un cuarto de durmir.
A altura do cume serve para darlle inclinanción á
cuberta e favorecer o escoado da auga e permitir
que o fume se eleve.
A palloza adáptase ao terreo e encáixase nel para
protexerse dos ventos e íllase da humidade cun
rego ou canle (viela) que recopola que escoa a auga
ou a neve.
Pallozas en Vilar (1980).
O arquitecto Pedro de Llano catalogou no ano 1984, 300 pallozas nos concellos de Baleira, Baralla, Becerreá, Cervantes, A
Fonsagrada, Navia de Suarna e Pedrafita do Cebreiro, das que 50 estaban habitadas e o resto adicadas a cortes ou palleiras.
Piornedo (Cervantes)
Balouta (Candín)
Piornedo
Interior dunha palloza-
museo en Piornedo.
Balouta (Candín)
ESPAZOS PROTEXIDOS
RESERVA DA BIOSFERA
OS ANCARES LUCENSES
53.664 ha nos concellos de Navia de Suarna,
Cervantes e Becerreá cunha poboacións duns
4.900 habitantes.
Está situada en plenas serras orientais galegas,
ao leste da provincia de Lugo, no linde con
León. É un territorio eminentemente de
montaña de relevo accidentado con son áreas
habitadas desde a prehistoria como o
atestiguan os numerosos restos arqueolóxicos
atopados. Na actualidade conserva
importantes valores naturais e culturais.
RESERVA DA BIOSFERA OS ANCARES LEONESES
67.280 ha nos concellos de Vega de Espinareda, Villafranca del Bierzo, Fabero, Páramo del Sil,
Palacios del Sil, Villablino, Peranzanes e Candín, cuns 33.003 habitantes.
É un espazo dun alto valor natural (paisaxes, vales glaciares, montañas, vales fluviais,
bosques, fauna...) e cultural (núcleos tradicionais, pallozas, folclore...)
LIC “OS ANCARES O COUREL”
É un grande espazo de 102.830 ha que abrangue as Serras Orientais de Lugo, ata o límite con
León, nesta comarca os concellos de Becerreá, Cervantes, Navia de Suarna, As Nogais e
Pedrafita do Cebreiro. É un espazo eminentemente de montaña onde se atopan serras que
acadan case os dous mil metros que verten as súas augas case por completo ao río Navia.
Conserva importantes valores xeolóxicos (vales glaciares), ecolóxicos (diversidade de
ecosistemas entre os que destacan as grandes fragas) e etnográficos.
Pita do monte (Tetrao urogallus), unha especie que desapareceu
dos Ancares. A Fauna dos Ancares é moi variada e conta con
moitas especies en perigo, a de maior interese por estar é o oso
pardo, que procedente dos montes cantábricos aparece
esporadicamente polos Ancares.
Aula da Natureza, en Degrada.
PARQUE NATURAL
FUENTES DEL NARCEA Y DEL IBIAS
Protexido tamén como LIC e RESERVA DA BIOSFERA
Un grande espazo do sur de Asturias cunha
superficie de 555 km2
. Inclúe as abas do
norte da serra de Ancares, no linde co
Bierzo que drenas cara ao río Ibias.
Vista desde o porto de Cienfuegos
Entre a avifauna propia
de matogueiras,
pasteiros e rochedos
montanos atópanse a
moi ameazada charrela
(Perdix perdix), a pica
alpina (Anthus
spinoletta), a azulenta
alpina (Prunella collaris),
o merlo rubio
(Monticola saxatilis), e a
choia (Pyrrhocorax
pyrrhocorax).
ZEPA OS ANCARES
Un espazo protexido de 12.656 ha en terreos de Cervantes e Navia de Suarna que se
corresponde parcialmente tamén coa IBA 009 “Serra dos Ancares”, incluída no inventario de
SEO/BirdLife (2012).
A serra dos Ancares constitúe o límite sudoccidental da área de distribución durante a época de cría para
un bo número de especies eurosiberianas vinculadas aos bosques montanos, aínda que os seus efectivos
son en xeral moi escasos. Entre elas, dúas están probablemente extintas na actualidade, a pita do monte
cantábrica (Tetrao urogallus subsp. Cantabricus) (sen datos de cría desde 1995) e o peto mediano
(Dendrocopos medius). A becada (Scolopax rusticola), o peto negro (Dryocopus martius), a estreliña do
norte (Regulus regulus), e o ferreiriño palustre (Parus palustris), son outras especies deste grupo de aves
forestais de ámbito moi restrinxido en Galiza.
Hai unha interesante
poboación de aves rapaces,
con presenza de aguia real
(Aquila chrysaetos),
actualmente non nidificante,
miñato abelleiro (Pernis
apivorus), aguia cobreira
(Circaetus gallicus),
gatafornela (Circus cyaneus ),
tartaraña cincenta (Circus
pygargus), aguia calzada
(Hieraaetus pennatus), falcón
peregrino (Falco peregrinus),
e bufo real (Bubo bubo),
entre as nidificantes
probables ou seguras. Choia
PROBLEMAS
Despoboamento e abandono das actividades tradicionais, incendios forestais, introdución de
especies alleas, perda de biodiversidade...
MONTAXE E FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta
Outubro 2016

More Related Content

What's hot

LIC Os Ancares-O Courel- 2-Courel
LIC Os Ancares-O Courel- 2-CourelLIC Os Ancares-O Courel- 2-Courel
LIC Os Ancares-O Courel- 2-Courel
monadela
 
Trevinca
TrevincaTrevinca
Trevinca
monadela
 
Comarca A Fonsagrada
Comarca A FonsagradaComarca A Fonsagrada
Comarca A Fonsagrada
monadela
 
Comarca O Sar
Comarca O SarComarca O Sar
Comarca O Sar
monadela
 
Serra do Xurés/Gerês
Serra do Xurés/GerêsSerra do Xurés/Gerês
Serra do Xurés/Gerês
monadela
 
Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés
Parque Natural Baixa Limia Serra do XurésParque Natural Baixa Limia Serra do Xurés
Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés
monadela
 
Val do Navea
Val do NaveaVal do Navea
Val do Navea
monadela
 
Comarca Viana
Comarca VianaComarca Viana
Comarca Viana
monadela
 
Parque Natural Enciña da Lastra
Parque Natural Enciña da LastraParque Natural Enciña da Lastra
Parque Natural Enciña da Lastra
monadela
 
Serra do Galiñeiro
Serra do GaliñeiroSerra do Galiñeiro
Serra do Galiñeiro
monadela
 
Comarca Chantada
Comarca ChantadaComarca Chantada
Comarca Chantada
monadela
 
Lic Negueira
Lic NegueiraLic Negueira
Lic Negueira
monadela
 
Serra da Barbanza
Serra da BarbanzaSerra da Barbanza
Serra da Barbanza
monadela
 
LIC Serra do Careón
LIC Serra do CareónLIC Serra do Careón
LIC Serra do Careón
monadela
 
LIC Río Cabe-
LIC Río Cabe- LIC Río Cabe-
LIC Río Cabe-
monadela
 
LIC Canón do Sil
LIC Canón do SilLIC Canón do Sil
LIC Canón do Sil
monadela
 
Serra do Xistral
Serra do XistralSerra do Xistral
Serra do Xistral
monadela
 
Comarca Noia
Comarca NoiaComarca Noia
Comarca Noia
monadela
 

What's hot (20)

O courel
O courelO courel
O courel
 
LIC Os Ancares-O Courel- 2-Courel
LIC Os Ancares-O Courel- 2-CourelLIC Os Ancares-O Courel- 2-Courel
LIC Os Ancares-O Courel- 2-Courel
 
Trevinca
TrevincaTrevinca
Trevinca
 
Comarca A Fonsagrada
Comarca A FonsagradaComarca A Fonsagrada
Comarca A Fonsagrada
 
Comarca O Sar
Comarca O SarComarca O Sar
Comarca O Sar
 
Serra do Xurés/Gerês
Serra do Xurés/GerêsSerra do Xurés/Gerês
Serra do Xurés/Gerês
 
Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés
Parque Natural Baixa Limia Serra do XurésParque Natural Baixa Limia Serra do Xurés
Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés
 
Val do Navea
Val do NaveaVal do Navea
Val do Navea
 
Comarca Viana
Comarca VianaComarca Viana
Comarca Viana
 
Parque Natural Enciña da Lastra
Parque Natural Enciña da LastraParque Natural Enciña da Lastra
Parque Natural Enciña da Lastra
 
Serra do Galiñeiro
Serra do GaliñeiroSerra do Galiñeiro
Serra do Galiñeiro
 
Río Sil
Río SilRío Sil
Río Sil
 
Comarca Chantada
Comarca ChantadaComarca Chantada
Comarca Chantada
 
Lic Negueira
Lic NegueiraLic Negueira
Lic Negueira
 
Serra da Barbanza
Serra da BarbanzaSerra da Barbanza
Serra da Barbanza
 
LIC Serra do Careón
LIC Serra do CareónLIC Serra do Careón
LIC Serra do Careón
 
LIC Río Cabe-
LIC Río Cabe- LIC Río Cabe-
LIC Río Cabe-
 
LIC Canón do Sil
LIC Canón do SilLIC Canón do Sil
LIC Canón do Sil
 
Serra do Xistral
Serra do XistralSerra do Xistral
Serra do Xistral
 
Comarca Noia
Comarca NoiaComarca Noia
Comarca Noia
 

Similar to Serra dos Ancares

A Dorsal Galega
A Dorsal GalegaA Dorsal Galega
A Dorsal Galega
MonContos
 
Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo
Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do MandeoReserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo
Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo
monadela
 
Serra do Courel
Serra do CourelSerra do Courel
Serra do Courel
monadela
 
Montañas xeoloxía
Montañas xeoloxíaMontañas xeoloxía
Montañas xeoloxía
monadela
 
Comarca Ortegal
Comarca OrtegalComarca Ortegal
Comarca Ortegal
monadela
 
Comarca Os Ancares
Comarca Os AncaresComarca Os Ancares
Comarca Os Ancares
monadela
 
Comarca Arzúa
Comarca ArzúaComarca Arzúa
Comarca Arzúa
monadela
 
LIC Baixa Limia-Serra do Xurés
LIC Baixa Limia-Serra do XurésLIC Baixa Limia-Serra do Xurés
LIC Baixa Limia-Serra do Xurés
monadela
 
Parque Nacional Peneda Gerês
Parque Nacional Peneda GerêsParque Nacional Peneda Gerês
Parque Nacional Peneda Gerês
monadela
 
LIC Ulla-Deza
LIC Ulla-DezaLIC Ulla-Deza
LIC Ulla-Deza
monadela
 
Serra da Paradanta.pptx
Serra da Paradanta.pptxSerra da Paradanta.pptx
Serra da Paradanta.pptx
MonContos
 
Río Miño
Río MiñoRío Miño
Río Miñomonadela
 
Comarca A Mariña Occidental
Comarca A Mariña OccidentalComarca A Mariña Occidental
Comarca A Mariña Occidental
monadela
 
Comarca,Aa Mariña Occidental
Comarca,Aa Mariña OccidentalComarca,Aa Mariña Occidental
Comarca,Aa Mariña Occidental
monadela
 
Comarca Terra de Celanova
Comarca Terra de CelanovaComarca Terra de Celanova
Comarca Terra de Celanova
monadela
 
Serra da Faladoira
Serra da FaladoiraSerra da Faladoira
Serra da Faladoira
monadela
 
Comarca Sarria
Comarca SarriaComarca Sarria
Comarca Sarria
monadela
 

Similar to Serra dos Ancares (18)

A Dorsal Galega
A Dorsal GalegaA Dorsal Galega
A Dorsal Galega
 
Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo
Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do MandeoReserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo
Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo
 
Serra do Courel
Serra do CourelSerra do Courel
Serra do Courel
 
Montañas xeoloxía
Montañas xeoloxíaMontañas xeoloxía
Montañas xeoloxía
 
Comarca Ortegal
Comarca OrtegalComarca Ortegal
Comarca Ortegal
 
Comarca Os Ancares
Comarca Os AncaresComarca Os Ancares
Comarca Os Ancares
 
Comarca Arzúa
Comarca ArzúaComarca Arzúa
Comarca Arzúa
 
LIC Baixa Limia-Serra do Xurés
LIC Baixa Limia-Serra do XurésLIC Baixa Limia-Serra do Xurés
LIC Baixa Limia-Serra do Xurés
 
Parque Nacional Peneda Gerês
Parque Nacional Peneda GerêsParque Nacional Peneda Gerês
Parque Nacional Peneda Gerês
 
LIC Ulla-Deza
LIC Ulla-DezaLIC Ulla-Deza
LIC Ulla-Deza
 
Serra da Paradanta.pptx
Serra da Paradanta.pptxSerra da Paradanta.pptx
Serra da Paradanta.pptx
 
Río Miño
Río MiñoRío Miño
Río Miño
 
Río Eo
Río EoRío Eo
Río Eo
 
Comarca A Mariña Occidental
Comarca A Mariña OccidentalComarca A Mariña Occidental
Comarca A Mariña Occidental
 
Comarca,Aa Mariña Occidental
Comarca,Aa Mariña OccidentalComarca,Aa Mariña Occidental
Comarca,Aa Mariña Occidental
 
Comarca Terra de Celanova
Comarca Terra de CelanovaComarca Terra de Celanova
Comarca Terra de Celanova
 
Serra da Faladoira
Serra da FaladoiraSerra da Faladoira
Serra da Faladoira
 
Comarca Sarria
Comarca SarriaComarca Sarria
Comarca Sarria
 

More from monadela

rata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxrata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptx
monadela
 
rata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxrata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptx
monadela
 
Serra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptSerra do Suído.ppt
Serra do Suído.ppt
monadela
 
LIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptLIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.ppt
monadela
 
Serra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxSerra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptx
monadela
 
Vimianzo, A Costa
Vimianzo, A CostaVimianzo, A Costa
Vimianzo, A Costa
monadela
 
Ria de Corme e Laxe
Ria de Corme e LaxeRia de Corme e Laxe
Ria de Corme e Laxe
monadela
 
Ponteceso, A Costa
Ponteceso, A CostaPonteceso, A Costa
Ponteceso, A Costa
monadela
 
Laxe, A Costa
Laxe, A CostaLaxe, A Costa
Laxe, A Costa
monadela
 
Camariña. A Costa
Camariña. A CostaCamariña. A Costa
Camariña. A Costa
monadela
 
Cabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A CostaCabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A Costa
monadela
 
Malpica, A Costa
Malpica, A CostaMalpica, A Costa
Malpica, A Costa
monadela
 
Carballo a costa
Carballo a costaCarballo a costa
Carballo a costa
monadela
 
Arteixo, a costa
Arteixo, a costaArteixo, a costa
Arteixo, a costa
monadela
 
A Laracha, A Costa
A Laracha, A CostaA Laracha, A Costa
A Laracha, A Costa
monadela
 
LIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de DexoLIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de Dexo
monadela
 
Ria da Coruña
Ria da CoruñaRia da Coruña
Ria da Coruña
monadela
 
Oleiros, A Costa
Oleiros, A CostaOleiros, A Costa
Oleiros, A Costa
monadela
 
Culleredo, A Costa
Culleredo, A CostaCulleredo, A Costa
Culleredo, A Costa
monadela
 
A Coruña, A Costa
A Coruña, A CostaA Coruña, A Costa
A Coruña, A Costa
monadela
 

More from monadela (20)

rata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxrata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptx
 
rata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxrata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptx
 
Serra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptSerra do Suído.ppt
Serra do Suído.ppt
 
LIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptLIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.ppt
 
Serra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxSerra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptx
 
Vimianzo, A Costa
Vimianzo, A CostaVimianzo, A Costa
Vimianzo, A Costa
 
Ria de Corme e Laxe
Ria de Corme e LaxeRia de Corme e Laxe
Ria de Corme e Laxe
 
Ponteceso, A Costa
Ponteceso, A CostaPonteceso, A Costa
Ponteceso, A Costa
 
Laxe, A Costa
Laxe, A CostaLaxe, A Costa
Laxe, A Costa
 
Camariña. A Costa
Camariña. A CostaCamariña. A Costa
Camariña. A Costa
 
Cabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A CostaCabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A Costa
 
Malpica, A Costa
Malpica, A CostaMalpica, A Costa
Malpica, A Costa
 
Carballo a costa
Carballo a costaCarballo a costa
Carballo a costa
 
Arteixo, a costa
Arteixo, a costaArteixo, a costa
Arteixo, a costa
 
A Laracha, A Costa
A Laracha, A CostaA Laracha, A Costa
A Laracha, A Costa
 
LIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de DexoLIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de Dexo
 
Ria da Coruña
Ria da CoruñaRia da Coruña
Ria da Coruña
 
Oleiros, A Costa
Oleiros, A CostaOleiros, A Costa
Oleiros, A Costa
 
Culleredo, A Costa
Culleredo, A CostaCulleredo, A Costa
Culleredo, A Costa
 
A Coruña, A Costa
A Coruña, A CostaA Coruña, A Costa
A Coruña, A Costa
 

Serra dos Ancares

  • 2. É unha serra compartida por varias comunidades, situada na parte máis oriental da provincia de Lugo (comarca dos Ancares), na parte máis occidental da provincia de León (comarcas do Bierzo e Laciana) e o suroeste de Asturias (concello de Ibias).
  • 3. A unidade de relevo que inclúe a serra dos Ancares forma unha curva de dirección NE SO que segue o linde administrativo entre Galiza, León e Asturias. Son as derradeiras estribacións cara ao Oeste da Cordilleira Cantábrica, limitada polo río Navia no norte (Ibias) e afluentes do Sil (Cúa, Valcarce-Burbia e Ancares) polo leste e sur. Os Ancares desde Becerreá. A altitude dos Ancares,ademais de facelos visibles desde todas as áreas da contorna, é a consecuencia de que sobre eles se manifesten, antes que en ningunha outra zona, as variacións climáticas.
  • 4. SERRA DOS ANCARES COS PRINCIPAIS CUMES E RÍOS
  • 5. Vista xeral da Serra dos Ancares desde a serra de Vilamane. Miravalles Porto de Ancares Cuíña Penalonga Mostallar Corno Maldito Penarrubia Tres Bispos
  • 6. Vista xeral da Serra dos Ancares desde o monte da Pintinidoira
  • 7. O territorio que se coñece co nome dos Ancares chamábase antes Serra dos Picos e Montes de Cervantes. O nome de Ancares aplicóuselle a partir da xeralización do topónimo do Val de Ancares, en terreos do Bierzo leonés. A serra dos Ancares ten un grande interese xeolóxico, paisaxístico, biolóxico e etnográfico. Val de Ancares desde o Porto de Ancares.
  • 8. CONCELLOS: Cervantes, Navia de Suarna (Galiza), San Antolín de Ibias (Asturias), Balboa, Vega de Valcarce, Vilafranca do Bierzo, Vega de Espinaredo, Candín, Peranzanes, Fabero, Páramo do Sil, Palacios do Sil. ESPAZOS PROTEXIDOS: LICs “Os Ancares O Courel” , “Sierra de los Ancares”, “Fuentes del Narcea y del Ibias” RESERVAS DA BIOSFERA: “Os Ancares lugueses”, “Os Ancares leoneses”. ZEPA “Ancares”
  • 9. Serra dos Ancares no linde con Asturias.
  • 10. Val da Fornela desde Cienfuegos
  • 12. Porto de Cienfuegos, Serra dos Ancares no linde con Asturias. Algúns autores consideran que a serra dos Ancares comeza a partir do Miravalles (ao fondo).
  • 13. Cara norte do Miravalles desde Cienfuegos
  • 15. Miravalles desde o Porto de Ancares
  • 16. Pico do Surcio. Na chaira que se ve á dereita da imaxe conflúen Galiza, Asturias e León. SERRA DE SURCIO No límite de Navia de Suarna con Asturias, con orientación NO-SE. Na vertente sur nace o río Rao ou Balouta (afluente do Navia), que forma un profundo canón de grandes paredes verticais de cuarcita, entre esta serra e a do Brañal. A máxima altura é o Pico de Surcio, con 1.456 m.
  • 17. SERRAS DE MURIAS E DO BRAÑAL Esténdense con orientación NE-SO entre os regos de Balouta e Murias. O punto máis alto é o Teso de Sobreporeiras, con 1.252 m. Vista da zona de Murias de Rao. De esquerda a dereita: o canón do Rao, a serra do Brañal co Penedo de Murias e a serra de Airelos.
  • 18. Vista das Brañas de pan de Zarco, nos cumes da serra do Brañal. Penedo de Murias de Rao, con 1.027 m de altura. Este impresionante penedo de cuarcitas sobresae á beira do camiño de Murias de Rao ás Brañas de Pan de Zarco.
  • 19. Moreiras nas abas da serra da Cespedosa
  • 20. Porto de Ancares (á esquerda) e pico do Tiro do Porto de Ancares (1.762 m)
  • 21. Val de Ancares desde o Porto de Ancares
  • 22. Circo glaciar do val de Ancares, aos pés do Cuíña
  • 23. Cuíña (1.987 m), o cume máis alto da serra, en León.
  • 25. Vista desde o Cuíña cara ao nordeste
  • 26. Vista desde o Cuíña cara ao norte: monte da Cespedosa e serra do Surcio
  • 27. Vista desde o Cuíña cara ao oeste: Piornedo, o val do Ser e as serras da Fiosa e Granda de Arroxo
  • 28. Vista desde o Cuíña cara ao sur (de Penalonga a Penarrubia)
  • 29. Dos Hermanitos desde o Cuíña
  • 30. Penalonga (1.880 m), (cara norte)
  • 33. Mostallar (1.924 m) desde o val de Piornedo
  • 36. Vista da serra de Agulleiro e Villous no inverno. SERRAS DE AGULLEIRO E VILLOUS Esténdense con dirección SO-NO desde Os Ancares ata o río das Pontes. Está rodeada polos regos Ortigal e Piornedo. O cume máis alto son o Agulleiro con 1.693 e a Golada da Toca con 1.598 m. Conserva restos de acción glaciar nas súas abas en forma de penedos aliñados.
  • 37. Vista desde o Mostallar cara ao sur: Picos Lagoa, Corno Maldito e Tres Bispos. Ao fondo Penarrubia.
  • 38. Charcas (1.860) e Corno Maldito (1.830 m)
  • 39. Vedual (entre os vales de Burbia e Porcarizas
  • 41. Campo del Agua (Val de Porcarizas)
  • 42. Ao Fondo Tres Bispos e á dereita O Fieiró, coas abas ocupadas polo Avesedo de Donís.
  • 43. Vista da serra dos Ancares desde Campo del Agua: de Tres Bispos a Corno Maldito)
  • 44. Val do Ortigal: Fieiró (á dereita) co Pico de Lagos ao fondo
  • 45. Vista desde Tres Bispos cara ao norte: Pico dos Charcos, Corno Maldito e Pico de Lagos.
  • 50. Golada das Brañas e monte da Trapa desde Tres Bispos
  • 51. Serra dos Ancares entre Tres Bispos e Penarrubia. Á esquerda Pico de Bois e á dereita serra das Maseiras coa fraga de Cabana Vella.
  • 52. Serra dos Ancares no inverno: Tres Bispos, Penarrubia e serra das Maseiras co val do rego da Vara.
  • 53. SERRAS DO PANDO E MASEIRAS É un sistema montañoso que se pode considerar como unha das estribacións dos Ancares, con orientación NE-SO. O punto máis elevado é o monte Fieiró de Deva, con 1.643 m. Está rodeada polos regos da Vara e Brego (afluentes do Cancelada-Cervantes). Vista da Serra das Maseiras co val do rego da Vara desde o camiño a Tres Bispos.
  • 54. Cereixedo e detrás a serra do Pando. Nas abas da serra das Maseiras consérvanse unhas das fragas máis importantes dos Ancares.
  • 57. Penarrubia, no fondo do val a campa do Brego.
  • 58. Alto da Becerreira e Penarrubia
  • 62. Pena Cabalar e Penarrubia (ao fondo) desde val da Teixeira
  • 63. Penarrubia e A Piosa
  • 64. Vista desde Penarrubia cara ao sur (á esquerda as Matas Cimeiras).
  • 65. Serra das Matas Cimeiras que separan os vales de Teixeira e Balboa
  • 68. Val de Balboa cara ao Outeiro (1.772 m)
  • 71. AS ROCHAS As máis abundantes son as lousas do Paleozoico, posteriormente pregadas na Oroxenia Hercínica, que lle confiren un perfil suave, mesturadas con filitas, cuarcitas, areíscas, granitos de dúas micas e pequenas áreas calcárias. Crista de cuarcitas
  • 72. Paredes de lousas en Penarrubia
  • 73. O relevo dos Ancares é o resultado das oroxenias hercínica (hai 380 a 280 millóns de anos) e alpina (hai 37 a 24 millóns de anos que elevaron e fracturaron o terreo en diferentes etapas, e da posterior acción do modelado do xeo e da auga. Cumes dos Ancares desde o val do Ser
  • 74. GLACIARISMO Nos Ancares existen numerosas pegadas de actividade glaciaria desenvolvida desde hai 25.000 a 10.000 anos que se reflicten nas particulares formas de relevo modeladas polo xeo (circos glaciares, vales con forma de U, umbrais, ombreiras), rochas puidas e os depósitos típicos (morrenas, depósitos glacio-lacustres, sedimentos glaciares…). Corte do solo onde se aprecian os distintos materiais transportados en períodos de xeo-desxeo. A acción glaciar foi máis intensa nos vales orientais onde o xeo chegou a ter espesores de 260 e 280 m nos vales de Burbia e Ancares, con linguas glaciares de 11 e 13 km de lonxitude que baixaron ata os 800 m de altitude. Na parte galega destacan os vales de Piornedo e Suarbol e o circo glaciar de Tres Bispos.
  • 76. Val de Ancares e lago de Cuíña nunha das terrazas do circo do glaciar
  • 77. Vista desde o Mostallar sobre o val glaciar de Piornedo
  • 78. Morrenas en Piornedo. No val de Piornedo (val de Bous) houbo un glaciar de 6 km de lonxitude e 180 m de espesor.
  • 79. Val do Ortigal desde Tres Bispos
  • 80. Circo glaciar de Tres Bispos, cabeceira do Ortigal, afluente do Ser.
  • 81. Depósitos no circo de Tres Bispos
  • 82. Depósitos glaciarios no Chan dos Penedos, no val de Porcarizas
  • 86. RÍOS A serra dos Ancares acolle unha densa rede fluvial que aproveita as numerosas fallas e fracturas do terreo. Na parte oriental fórmanse as cabeceiras do río Cúa (Ancares, Burbia), na occidental as cabeceiras do Ser, o Rao (afluentes do Navia) e ao norte as do Ibias, tamén afluente do Navia. Rego das Pasadas, afluente do Ser. Río Piornedo ou de Bous ao pé do Mostallar.
  • 87. En xeral os ríos teñen un réxime pluvio-nival con augas altas no inverno e primavera, e percorridos encaixados e con grandes desniveis nos que abondan as pozas e os rápidos. Na súa contorna consérvanse espazos naturais de grande valor ecolóxico e un rico patrimonio etnográfico: pontes, muíños, caneiros, mazos... Val do río Ortigal, unha das cabeceiras do Ser (afluente do Navia).
  • 88. RÍO SER Fórmase con numerosos regos que baixan dos Ancares e das serras próximas. Nun comezo chámase rego das Pontes. Xúntase co Navia en Souto. Val do Ser
  • 89. FERVENZA DAS PONTES. Parroquia de Donís (Cervantes). No rego de Piornedo, pouco antes de xuntarse co río das Pontes (Ser). RÍO ORTIGAL. Parroquia de Donís (Cervantes). O Ortigal é unha das cabeceiras do Ser, afluente do Navia. Ten un percorrido en moita pendente con rápidos e fervenzas. A máis accesible está ao pé da estrada e salva un desnivel en cuarcitas de 6-7 m de altura en dous saltos.
  • 90. O REGO DE BOUS OU DE PIORNEDO nace no Penalonga e desemboca no río das Pontes (afluente do Sor que á súa vez vai ao Navia). En todo o seu percorrido forma varias fervenzas de pequeno tamaño, pozas e rápidos. Pódense observar na ruta que vai de Piornedo ao Mostellar, na estrada de Campo da Braña a Piornedo (un pouco antes de Donís) ou na desembocadura cando se xunta co río das Pontes. Pontella sobre o río Piornedo no camiño do Mostallar.
  • 91. RÍO RAO Fórmase con varios regos que baixan das serras de Ancares, Airelos, Murias, Brañal, Surcio e Barreiro e xúntase ao Navia preto do Tabillón. Forma un val moi encaixado con rápidos, fervenzas e tobogáns de moi difícil acceso. PESQUEIRA DE LASTROA. En Murias, parroquia de Rao (Navia de Suarna). No rego de Campos, unha das cabeceiras do Murias, afluente do Rao. Canon do Rao (Navia de Suarna), entre Murias e Valouta.
  • 92. RÍO CÚA Nace no Campo da Pesca, ao pé do porto de Cienfuegos e xúntase co Sil á altura de Toral dos Vados. Os principaos afluentes son o Ancares e o Burbia, pola dereita. Río Cúa na Veiga de Espiñaredo
  • 93. Fontes do Cúa, na parte alta do Val da Fornela
  • 94. Nacentes do Río Da Veiga, un afluente do río Ancares
  • 95. Canón do río Porcarizas (Teixeira-Burbia-Cúa).
  • 96. Val do Teixeira, un afluente do Burbia (Cúa).
  • 97. Río Balboa (Valcarce-Burbia-Cúa). Recolle augas do sur dos Ancares
  • 98. RÍO IBIAS Nace no porto do Cerredo (cordilleira Cantábrica) e xúntase co Navia en Negueira de Muñiz. Varios dos seus afluentes nacen na vertente norte dos Ancares.
  • 99. CLIMA Oceánico de montaña con invernos moi fríos e veráns frescos e unha abundante pluviosidade. Máis seco na vertente do leste (O Bierzo) Xantes, na primavera e no inverno.
  • 100. Mencer na serra do Pando. Vista desde o alto do Cieiro. O vapor de auga que se condensa e descende de nivel ao baixar as temperaturas polas noites forma pola mañán masas de nubes das que sobresaen cumes.
  • 101. Os cumes das serras están cubertos de pasteiros de montaña e mato de breixos, uces, piornos e xestas (Genista obtusiramea e Genista florida), xenebreiros... e por debaixo atópanse as formacións arbóreas, que varían segundo a orientación e a altitude dos montes. Atópanse 20 endemismos da área cantábrica Campanula cantabrica, Gentiana lutea, subsp. aurantiaca, Iris latifolia, Juniperus nana, Vaccinium uliginosum...) FLORA
  • 102. Prados no cume do Mostallar
  • 106. Especies caducifolias (carballos, pradairos, bidueiros...) e perennifolias (acivros, teixos) , distribuídas segundo a orientación.
  • 107. Xensás nos prados dos cumes dos Ancares
  • 108. Flores e froitos de xensá
  • 111. Tollemerendas (Crocus serotinus) Pinguicula lusitanica. Nas áreas achairadas dos cumes máis altos abondan as trubeiras onde se poden atopar especies adaptadas aos solos pobres que se alimentan de insectos como as grasillas e as rorelas..
  • 113. Liques
  • 114. AS ÁRBORES Na serra dos Ancares atópanse varias fragas representativas dos bosques naturais atlánticos (caducifolos). Son fragmentos dos bosques antigos orixinais que chegaron aos nosos días cun grao de naturalidade máis ou menos importante. Teñen unha estrutura complexa nas que se diferencia un estrato arbóreo, arbustivo, herbáceo e muscinal. As árbores dominantes son o carballo, a abelaira, o bidueiro ou o pradairo, e, en menor cantidade capudres, faias, carbas, castiñeiros e especies de folla perenne como loureiros, acivros, érvedos... Ademais atópanse boas representación de acibeirais, carballeiras, soutos, aciñeirais e faiais. Algunhas áreas están repoboadas con piñeiros. En moitos lugares consérvanse exemplares monumentais de carballos, bidueiros, acivros e castiñeiros. Capudres na fraga de Penarrubia, un dos maiores bosques dos Ancares.
  • 115. O avesedo de Donís, situado no val do Ortigal foi o bosque máis grande de Galiza. Durante moitos anos talose madeira de carballo e carba, para as travesas de ferrocarril e a construción naval. Os avesedos son bosques que medran nas abas sombrizas (avesías) orientadas ao norte.
  • 116. Fraga da Cabanavella (Os Ancares)
  • 117. Interior dunha fraga camiño de Penarrubia.
  • 118. Acibeiral na Fraga da Cabanavella. Froitos de acivro (Ilex aquifolilium), Os acivros medran como sotobosque nas fragas e carballeiras e ás veces forman bosques monoespecíficos en zonas de altura moi illadas. Son importantes para o mantemento da vida na zona. A persistencia das follas crea núcleos libres de neve e os froitos, que se manteñen na árbore ata o inverno e no chan durante moito tempo, son o principal alimento do que dispoñen moitos animais nos momentos máis duros do
  • 119. O capudre ou carnabudo (Sorbus aucuparia) é unha árbore típica das montañas. Cóbrese de flores a finais da primavera e os seus froitos vermellos atraen aos paxaros durante o outono.
  • 121. O cultivo de castiñeiros tivo sempre gran importancia nos Ancares. A utilidade mixta do castiñeiro para madeira e castañas favoreceu o seu cultivo, que noutros tempos ocupou amplas superficies. Na actualidade segue sendo unha fonte de recursos para os habitantes da montaña. Os soutos rodean os núcleos habitados.
  • 122. ÁRBORES SENLLEIRAS Incluídos no Catálogo de Árborese Senlleiras da Xunta de Galiza (P) CARBALLO (Quercus robur) Monte da Vara e Fraga de Cabana Vella. (Cereixido, Cervantes). Nove exemplares de grande porte, de ata 4,7 m de perímetro. (P) Río Ortigal (P)
  • 123. Monte da Vara e Fraga de Cabana Vella. (P)
  • 124. Os Acebais (Piornedo, Donís, Cervantes) CARBA/MOURÉS (Quercus petraea) Os Acebais (Piornedo, Donís, Cervantes). Nas abas de Penalonga. Varios exemplares, os de máis porte acadan os 10,30 m de perímetro. As Freitas (Piornedo, Donís, Cervantes) Avesedo de Donís (Cervantes) Varios exemplares de ata 6,40 m de perímetro. Río Ortigal Teso das Valiñas (Piornedo)
  • 125. As Freitas (Piornedo, Donís, Cervantes)Teso das Valiñas
  • 126. Avesedo de Donís (Cervantes)
  • 127. Rebolos no Teso das Valiñas (Piornedo, Cervantes) REBOLO/CERQUIÑO (Quercus pineraica)
  • 128. Aciñeiral no val de Finolledo (O Bierzo)
  • 129. CASTIÑEIRO (Castanea sativa) Aucella (Cervantes) Vallo (Navia de Suarna) -6 m de perímetro . A Pedreira (Queizán-Navia de Suarna) -6,97m de perímetro. Souto de Saencia (Rao-Navia de Suarna) Varios exemplares de ata 8,40 m de perímetro. Robledo de Rao (Rao-Navia de Suarna) Varios exemplares de ata 6,30 m de perímetro. Rao (Navia de Suarna), varios exemplares no souto e no centro da aldea, de ata 9,5 m de perímetro. Castelo de Frades (Cereixedo- Cervantes) -10, 30 m de perímetro. Verdello de Cereixedo (A Canceliña, Veiga do Seixo, Cervantes) -7 m de perímetro. -O Campano (Vilar de Acero) -16 m de perímetro (Incluído no Catálogo de Especimes Vexetais Singulares de Castela e León) -Balboa -8,18 m de perímetro -Burbia -8,18 m de perímetro
  • 131. A Pedreira (Queizán-Navia de Suarna) Vallo (Navia de Suarna)
  • 132. Souto de Saencia (Rao-Navia de Suarna)
  • 133. Rao (Navia de Suarna), Robledo de Rao (Rao-Navia de Suarna)
  • 134. -O Campano (Vilar de Acero) -16 m de perímetro (Incluído no Catálogo de Especimes Vexetais Singulares de Castela e León)
  • 135. -Balboa -8,18 m de perímetro
  • 136. Burbia -8,18 m de perímetro
  • 137. Fraga da Cabana Vella ACIVRO/XARDÓN (Ilex aquifolium) Fraga da Cabana Vella (Cereixedo-Cervantes). - Varios exemplares de bo porte. Avesedo de Donís (Cervantes). - Varios exemplares de bo porte de ata 3,20 m de perímetro.
  • 139. BIDUEIRO / BIDO (Betula celtiberica) Monte dos Acebais (Piornedo, Cervantes). Nas abas de Penalonga. Varios exemplares de ata 4,30 m de perímetro. Avesedo de Donís (Cervantes). Varios exemplares de ata 4,30 m de perímetro. Monte dos Acebais (Piornedo, Cervantes)
  • 140. PRADAIRO (Acer pseudoplatanus) Pradairos na capela de Fombasallá (Vilafranca do Bierzo) -3,46; 3,57 e 2,90 m de perímetro
  • 141. Avesedo de Donís (Cervantes).
  • 142. A Fauna é moi variada e conta con moitas especies en perigo, entre as que destaca o oso pardo, o pito negro, a lebre de piornal, o bufo real, a charrela, a víbora de Seoane... FAUNA Oso pardo, visitante ocasional dos Ancares procedente das serras cantábricas. Bufo real (Bubo bubo)
  • 144. Pica dos prados (Anthus pratensis)
  • 146. Víbora de Seoane (Vipera seoanei cantabrica). Endémica do norte peninsular que en Galiza só se atopa nos Ancares, Courel e Trevinca.
  • 148. ACTIVIDADES Agrogandaría, forestal, pequenas industrias, servizos, turismo...
  • 149.
  • 150.
  • 151. A zona do Bierzo tivo unha importante actividade de mineiría do carbón Teleférico para o transporte do mineral en Peranzanes
  • 152. HISTORIA e PATRIMONIO A pesar do seu relevo accidentado é unha zona habitada desde a prehistoria como o atestiguan os numerosos restos arqueolóxicos atopados. Conserva un rico patrimonio histórico-artístico (petroóglifos, castros, igrexas, castelos...) e etnográfico (pallozas, hórreos, núcleos tradicionais, pontes, alvarizas, muíños, folclore...). Capela e castro de Santa María do Castro (Cervantes ) Petróglifo no camiño da campa do Barreiro (Cervantes)
  • 153. Igrexa de Donís (Cervantes) Igrexa de Suarbol Igrexa de Balboa Igrexa da Teixeira
  • 156. As Alzadas eran lugares de pastoreo no verán. As cabanas estaban acondicionadas para residir na tempada de verán mentres se coidaba do gando na montaña. Cabanas na alzada de Pan de Zarco (Cervantes) Restos dunha palloza na alzada de Campo del Agua (Vilafranca do Bierzo). En 1989 arderon todas as construcións (acababan de ser restauradas con axuda pública). Está declarada Ben de Interese Cultural.
  • 157. Os habitantes dos Ancares conservaron unha forma de vida tradicional e unha arquitectura herdada da cultura castrexa, considerada unha das máis antigas de Europa.
  • 158. Hórreos típicos dos Ancares (de planta cadrada) Balouta (Candín) Suarbol (Candín) Vilarello (Cervantes)Teixeira (Vilafranca do Bierzo)
  • 159.
  • 160. A palloza é unha construción propia das serras Orientais galego-leonesas. Hoxe consérvanse algunhas nos Ancares e no Cebreiro. Hai uns anos extendíanse desde A Fonsagrada ata a serra do Courel e O Bierzo. É un tipo de vivenda moi primitiva tanto na súa forma como nas súas estruturas. É unha unidade na que se integra a vivenda e todas as dependencias necesarias nunha casa agro- gandeira: corte, forno, almacén... AS PALLOZAS Palloza en Piornedo
  • 161. A planta pode ser redonda, elíptica, oval, rectangular-redondeada... A construción está realizada cos materiais da contorna aplicando técnicas elementais. Nas paredes úsase xisto e pedra de gran. Madeira de castiñeiro ou de carballo para vigas e soportes e palla centea para a cuberta. Os ocos son reducidos e escasos para evitar perdas de calor. O interior está dividido en dúas partes por unha parede que separa a zona do gando (estravariza) da das persoas. Enriba da estrabariza hai unha división horizontal (barra) que serve de almacén de herba e palla para o inverno, e como dormitorio no verán. O piso é terreo agás na zona da lareira que vai enlousado. Nalgúns casos constrúense tabiques de madeira para delimitar un cuarto de durmir. A altura do cume serve para darlle inclinanción á cuberta e favorecer o escoado da auga e permitir que o fume se eleve. A palloza adáptase ao terreo e encáixase nel para protexerse dos ventos e íllase da humidade cun rego ou canle (viela) que recopola que escoa a auga ou a neve.
  • 162. Pallozas en Vilar (1980). O arquitecto Pedro de Llano catalogou no ano 1984, 300 pallozas nos concellos de Baleira, Baralla, Becerreá, Cervantes, A Fonsagrada, Navia de Suarna e Pedrafita do Cebreiro, das que 50 estaban habitadas e o resto adicadas a cortes ou palleiras.
  • 166. ESPAZOS PROTEXIDOS RESERVA DA BIOSFERA OS ANCARES LUCENSES 53.664 ha nos concellos de Navia de Suarna, Cervantes e Becerreá cunha poboacións duns 4.900 habitantes. Está situada en plenas serras orientais galegas, ao leste da provincia de Lugo, no linde con León. É un territorio eminentemente de montaña de relevo accidentado con son áreas habitadas desde a prehistoria como o atestiguan os numerosos restos arqueolóxicos atopados. Na actualidade conserva importantes valores naturais e culturais.
  • 167. RESERVA DA BIOSFERA OS ANCARES LEONESES 67.280 ha nos concellos de Vega de Espinareda, Villafranca del Bierzo, Fabero, Páramo del Sil, Palacios del Sil, Villablino, Peranzanes e Candín, cuns 33.003 habitantes. É un espazo dun alto valor natural (paisaxes, vales glaciares, montañas, vales fluviais, bosques, fauna...) e cultural (núcleos tradicionais, pallozas, folclore...)
  • 168. LIC “OS ANCARES O COUREL” É un grande espazo de 102.830 ha que abrangue as Serras Orientais de Lugo, ata o límite con León, nesta comarca os concellos de Becerreá, Cervantes, Navia de Suarna, As Nogais e Pedrafita do Cebreiro. É un espazo eminentemente de montaña onde se atopan serras que acadan case os dous mil metros que verten as súas augas case por completo ao río Navia. Conserva importantes valores xeolóxicos (vales glaciares), ecolóxicos (diversidade de ecosistemas entre os que destacan as grandes fragas) e etnográficos. Pita do monte (Tetrao urogallus), unha especie que desapareceu dos Ancares. A Fauna dos Ancares é moi variada e conta con moitas especies en perigo, a de maior interese por estar é o oso pardo, que procedente dos montes cantábricos aparece esporadicamente polos Ancares. Aula da Natureza, en Degrada.
  • 169. PARQUE NATURAL FUENTES DEL NARCEA Y DEL IBIAS Protexido tamén como LIC e RESERVA DA BIOSFERA Un grande espazo do sur de Asturias cunha superficie de 555 km2 . Inclúe as abas do norte da serra de Ancares, no linde co Bierzo que drenas cara ao río Ibias. Vista desde o porto de Cienfuegos
  • 170. Entre a avifauna propia de matogueiras, pasteiros e rochedos montanos atópanse a moi ameazada charrela (Perdix perdix), a pica alpina (Anthus spinoletta), a azulenta alpina (Prunella collaris), o merlo rubio (Monticola saxatilis), e a choia (Pyrrhocorax pyrrhocorax). ZEPA OS ANCARES Un espazo protexido de 12.656 ha en terreos de Cervantes e Navia de Suarna que se corresponde parcialmente tamén coa IBA 009 “Serra dos Ancares”, incluída no inventario de SEO/BirdLife (2012). A serra dos Ancares constitúe o límite sudoccidental da área de distribución durante a época de cría para un bo número de especies eurosiberianas vinculadas aos bosques montanos, aínda que os seus efectivos son en xeral moi escasos. Entre elas, dúas están probablemente extintas na actualidade, a pita do monte cantábrica (Tetrao urogallus subsp. Cantabricus) (sen datos de cría desde 1995) e o peto mediano (Dendrocopos medius). A becada (Scolopax rusticola), o peto negro (Dryocopus martius), a estreliña do norte (Regulus regulus), e o ferreiriño palustre (Parus palustris), son outras especies deste grupo de aves forestais de ámbito moi restrinxido en Galiza. Hai unha interesante poboación de aves rapaces, con presenza de aguia real (Aquila chrysaetos), actualmente non nidificante, miñato abelleiro (Pernis apivorus), aguia cobreira (Circaetus gallicus), gatafornela (Circus cyaneus ), tartaraña cincenta (Circus pygargus), aguia calzada (Hieraaetus pennatus), falcón peregrino (Falco peregrinus), e bufo real (Bubo bubo), entre as nidificantes probables ou seguras. Choia
  • 171. PROBLEMAS Despoboamento e abandono das actividades tradicionais, incendios forestais, introdución de especies alleas, perda de biodiversidade...
  • 172. MONTAXE E FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta Outubro 2016