SITUACIÓN
No noroeste deGaliza, na da provincia de A Coruña, entre as rías do Burgo e Betanzos, nas
comarcas de A Coruña, Betanzos e Terra de Melide.
SUPERFICIE: 116.724,3 ha (113.970,3 ha terrestres e 2.754. ha mariñas)
TIPO DE PROTECCIÓN
Reserva da Biosfera (28 de maio de 2013)
Inclúe: LIC/ZEC: “Encoro de Abegondo-Cecebre”, “Costa da Morte”, “Betanzos-Mandeo” e
“Costa de Dexo”, e Monumento Natural “Costa de Dexo”.
CONCELLOS:
Comarca da Coruña: Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada.
Comarca de Betanzos: Aranga, Betanzos, Coirós, Curtis, Irixoa, Miño, Oza-Cesuras e Paderne.
Comarca da Terra de Melide: Sobrado.
4.
Esténdese desde olitoral ata o límite coa
provincia de Lugo, onde enlaza coa Reserva
da Biosfera Terras do Miño.
Está formado esencialmente polas cuncas
dos ríos Mero e Mandeo e polo litoral das
rías de Betanzos e A Coruña (agás o do
propio termo municipal da Coruña).
O territorio é dunha gran diversidade
xeolóxica e morfolóxica, desde as terras
baixas achegadas á costa ata os cumes da
Dorsal e as penichairas do interior da
provincia da Coruña, o que da lugar tamén a
unha gran diversidade paisaxística, climática
e biolóxica.
Dentro do territorio atopánse diferentes
paraxes naturais protexidas, praias e cantís,
fermosas fragas e montes, lagoas e encoros
ou tranquilas rías, pero ademais existe unha
grande riqueza patrimonial e cultural, con
castros, construcións romanas, pazos,
mosteiros, igrexas ou castelos que son
testemuñas doutros tempos.
5.
ZONA NÚCLEO:
É ade maior valor ambiental e
cun maoir grao de protección.
Inclúe os cumes da Cova da Serpe
e Corno de Boi, a Fraga das
Barbudas, as Brañas do Deo,
parte do curso e o esteiro do
Mandeo, os esteiros do Lambre e
o Baxoi, o encoro de Cecebre, a
costa de Dexo-Serantes e un
tramo da costa de Arteixo.
ZONA TAMPÓN:
Áreas limítrofes da zona
núcleo, a maioría dos cursos
fluviais, o fondo da ría de
Betanzos, o litoral de Dexo-
Serantes e parte do litoral de
Arteixo.
ZONA DE TRANSICIÓN:
O resto do territorio, ás áreas
máis humanizadas.
6.
CLIMA
Nas áreas próximasá costa o clima é oceánico-húmido, cunha media de 13,3 ºC. No
interior ten matices continentais, con invernos moito máis frios (en Curtis a media é
de dous graos menos).
Curtis
Sada
7.
190.800 habitantes (ano2014).
A maior densidade dase na costa e nas áreas próximas á cidade da Coruña. A máis baixa nas
áreas montañosas do interior.
POBOACIÓN
8.
RELEVO
En xeral oterreo é irregular, con alternancia de zonas baixas e altas, de vales profundos,
serras e penichairas. As partes baixas forman parte do chamado Complexo de Ordes, con
rochas moi variadas, (xistos, anfibolitas, gabros...) e as altas está formadas maiormente por
granitos.
No relevo distínguense varias zonas: no oeste e norte unha área de baixa altitude de vales
amplos que descenden en xeral cara á costa; no centro unha área de transición con relevos
abruptos e abundancia de granitos; e no sur unha ampla penichaira de 500 a 600 m de
altitude. No linde leste unha sucesión de serras que forman parte da Dorsal Galega: serra da
Loba, Cordal de Montouto, Cova da Serpe e Corno de Boi, no sur os montes de Bocelo e Tieira,
no noroeste os Montes de Xalo e, atravesando o territorio e separando as cuncas do Mandeo
e do Mendo, os Montes do Gato.
A maior altitude está no monte da Cova da Serpe (841 m).
Cumes da serra da Loba
9.
Vista xeral daserra.
SERRA DA LOBA
Esténdese con dirección N-S, facendo de fronteira entre as provincias de Lugo e A Coruña,
desde a Depresión das Pontes ata as cabeceiras dos ríos Mandeo (oeste).
É unha serra de relevo suave modelado sobre granito de dúas micas, gneis “ollo de sapo”,
xistos migmatíticos e granito intrusivo. Os puntos máis altos no espazo son o Serrón Gordo,
con 682 m e o Outeiro da Loba, con 639 m. Accedese desde Cambás (Aranga). Unha ruta
indicada polo concello de Aranga permite percorrer gran parte desta serra e do Cordal de
Montouto.
10.
CORDAL DE MONTOUTO
Serrade relevos aplanados con orientación norte-sur e fai de divisoria entre A Coruña
(Aranga) e Lugo (Gutiriz). Na vertente oeste nacen afluentes do Mandeo. O punto máis alto é
Pena da Uce, con 734 m. Nos vales do Barranco da Loba e rego da Palanca consérvanse
fragas autóctonas de bastante extensión.
Accedese desde Cambás (Aranga).
Fraga do Barranco da Loba, na ladeira oeste do Cordal de Montouto.
11.
SERRA DA COVADA SERPE
Esténdese con dirección N-S facendo linde entre as provincias de Lugo (Guitiriz e Friol) e A
Coruña (Curtis e Sobrado). Está formada por granitos de dúas micas, gneis “ollo de sapo”,
xistos, cuarcitas e granitos intrusivos. Ten un aspecto masivo e suave cunha maior inclinación
cara ao leste. O monte máis alto é a Pena do Ombral, con 644 m.
Na vertente oeste nacen afluentes do Mandeo.
Accedese desde Teixeiro.
Aproveitamento agro-gandeiro na serra.
12.
SERRA DE CORNODE BOI
Pequena serra situada entre os concellos de Toques e Sobrado (A Coruña) e Friol (Lugo). O
monte máis alto é o Campelo, con 803 m. Na vertente oeste nace o río Mandeo. Accedese
desde a estrada de Sobrado a Friol.
13.
MONTES DO BOCELO
Situadosentre Toques, Melide, Sobrado e Boimorto perpendicularmente, polo oeste, ao
Corno de Boi e Careón, con orientación SO-NO. Están formados por granitos de mica negra
que aparecen nos cumes en grandes bolos e penedos. A máxima altura é o Pico do Pilar, con
803 m. Fai de divisoria das concas do Ulla e do Tambre.
Accedese desde a estrada de Sobrado a Toques.
14.
Vista dos montesdo Gato desde Paderne.
MONTES DO GATO
Serra que se estende con direción SE-NO polos lindes dos concellos de Coirós, Oza-Cesuras e
Aranga. Os cumes máis destacados son o Petón (557 m), Pena Moura (554 m) e Felgar (512
m). Son a divisoria das augas do Mandeo e o Mendo.
15.
MONTES DA TIEIRA
Pequenaaliñación que se estende con dirección leste-oeste entre os concellos de Oza-Cesuras
e Mesía. Os cumes máis destacados son o alto de Gabrui, con 482 m e o Alto do Sesto, con
439 m. Accedese desde Borrifáns.
16.
MONTES DO XALO
Macizode granito de mica negra situado na confluencia da comarca da Coruña coa de Ordes.
Nel nacen varios afluentes do Mero. Os cumes máis destacados son o Alto do Anxelio, con 521
m e o Xalo, con 453 m. Ten unhas formación graníticas moi curiosas: bloques, bolos, paredes
verticais... Accedese desde a N-550 Santiago-A Coruña, en Tabeaio (Carral).
Vista desde o cume do Xalo.
17.
OS RÍOS
Unha grandeparte do espazo está drenado polo río Mandeo que o percorre, primeiro de sur a
norte, e despois de leste a oeste ata desaugar na ría de Betanzos. Ao norte están os ríos Baxoi
e Lambre que desembocan na marxe dereita da ría. O Mero atravésaa de surleste a noroeste
e desemboca na ría da Coruña e o Seixedo e o Bolaños desembocan no mar aberto, na costa
de Arteixo. En Sobrado atópase o nacemento e curso alto do Tambre.
Os ríos forman vales encaixados nos cursos altos, nos que son frecuentes os rápidos e as
fervenzas e amplos esteiros na súa desembocadura.
Rego da Palanca.
O releve irregular favorece a
presenza de saltos e fervenzas,
sobre todo nos pequenos ríos
das cabeceiras.
18.
Nas augas dosríos e nas beiras fórmanse
ecosistemas moi variados e dunha grande
riqueza biolóxica: bosques de ribeira, pozas,
marismas...
Asociados aos ríos consérvanse tamén unha
grande cantidade de patrimonio cultural:
pontes, muíños, mazos, caneiros,
lavadoiros...
Numerosas rutas por toda a área permiten
percorrer as zonas máis interesantes.
Os cursos altos e medios dos ríos do
espazo están flanqueados por bosques
de ribeira ben conservados.
Esteiro do Baxoi. Os principais
ríos da zona forman, na súa
desembocadura, esteiros dunha
grande riqueza biolóxica.
19.
Esteiro do Baxoi
enMiño.
RÍO BAXOI
Os ríos Anduriña e Vilariño que nacen en
Monfero, na serra do Queixeiro, forman
o Xurio, en Vilarmaior, nomeado Baxoi
en Miño, onde desemboca dando lugar,
en acción conxunta co mar, unha frecha
de area que forma a praia Grande de
Miño, na ría de Betanzos.
O río Anduriña, unha das
cabeceiras do Baxoi, en
Vilarmaior.
20.
RÍO LAMBRE
Nace noMonte da Pena da Uz (Monfero) e desemboca na Ponte do Porco na ría de Betanzos
facendo fronteira entre os concellos de Paderne e Miño.
Ponte medieval sobre o
Lambre na estrada da Ponte
do Porco a Vilamateu.
Río do Medio
(Lambre) entre
Callobre
(Miño) e
Güimil
(Vilarmaior)
21.
O Mandeo naCastellana discorre por un
tramo encaixado con forte desnivel no que
forma pozas, rápidos e fervenzas.
RÍO MANDEO
Nace no Marco das Pías (Sobrado dos Monxes), entre os montes do Bocelo e do Corno do Boi.
Nos seus 56 km de percorrido drena os concellos de Sobrado, Aranga, Curtis, Irixoa, Oza-
Cesuras, Coirós, Paderne e Betanzos. Despois dun lento percorrido pola penichaira cae
rapidamente no val de Betanzos onde moi a modo acada a desembocadura formando un
amplo esteiro.
Os principais a fluentes pola dereita son o
Portabenza, Cambás (co Palanca) e Zarzo; e pola
esquerda o Deo (co Carballido), Vexo e Mendo.
Ten varios aproveitamentos hidroeléctricos:
Central Eléctrica Mandeo-Zarzo, MC da Castellana
(no Mandeo), MC Vexo e Cambás.
Está protexido desde a confluencia do Cambás
(Ponte Aranga) ata o esteiro no LIC “Betanzos-
Mandeo”. En Chelo (Coirós) hai unha Aula da
Natureza e un centro de interpretación dos ríos e
da auga.
22.
FERVENZAS DA CASTELLANA
Naparroquia de Vilarraso (Aranga). O río Mandeo á altura da Castellana encáixase nun canón en rochas graníticas
facendo unha combinación de rápidos, fervenzas e grandes pozas. A de máis altura é a do pozo da Xesta, de entre 6 e 8
m. O caudal do río está moi diminuído polo encoro que se atopa un pouco máis arriba.
Rápidos e pozo da Maraguda.
Rego da Portorosa ou Piogueira, un afluente do
Mandeo que desemboca no canón na Castellana-
Vilarrasa (Aranga)
23.
O Mandeo enBetanzos.
Moitos dos barcos do
río empréganse para
remontalo na romería
dos Caneiros.
O Mandeo en Chelo.
24.
Esteiro do
Mandeo.
Ponte doPedrido,
sobre a
desembocadura
do Mandeo, entre
os concellos de
Bergondo e
Paderne.
25.
O Deo enCurtis
RÍO DEO
Nace nos montes da Carriceira e da Graña (Curtis) e xúntase co Mandeo na Castellana (Aranga). Os seus
principais afluentes son o Martín, o Carballido, o Rego de Porto Espiñeira e o Rego de Vilarraso.
26.
RÍO CAMBÁS
Fórmase coaconfluencia do Rego da Loba (que ven da Serra da Loba) e o rego da Palanca (que ven do
Cordal de Montouto). No seu percorrido atravesan formacións de lousas e neis con agún afloramento de
cuarcita e escavan profundos canóns onde se combinan rápidos e fervenzas.
FERVENZAS DO REGO DA PALANCA
Na parroquia de Cambás (Aranga). A
fervenza máis grande salva un desnivel duns
30 m en neis. A caída principal ten 20 m de
altura.
Augas arriba da fervenza grande atópase o
atranco da antiga minicentral e unha
pequena fervenza duns 5 m de altura.
Nos vales destes dous ríos consérvase a fraga das
Barbudas, un bosque autóctono que se pode
percorrer cun itinerario (ruta de sendeirismo nº 2 do
concello de Aranga) que pasa por antigas
instalacións de centrais eléctricas e varios muíños e
fervenzas.
27.
Ao pé deantiga minicentral atópase esta fervenza, con
dous saltos de de 5 e 10 m de altura.
POZO DE CASTRO RODICIO
No rego da Loba, na parroquia de Cambás (Aranga).
O río, moi diminuído polo encoro que hai máis arriba,
salva un desnivel de máis de 20 m en varios saltos e
forma un pozo circular moi profundo.
28.
RÍO VEXO
Nace pretodos montes do Gato (Aranga). No seu percorrido atravesan formacións de lousas e neis con
agún afloramento de cuarcita e escavan profundos canóns onde se combinan rápidos e fervenzas.
Río Vexo en Santa
María de Ois.
Unha ruta que sae
de Ponte Xora
(Coirós) segue o
curso do río nunha
zona con varios
saltos e áreas de
rápidos, muíños,
unha minicentral e
restos dun mazo.
29.
FERVENZAS DE FERVENCEDO
Naparroquia de Fervenzas (Aranga). O río das Fervenzas, afluente do Mandeo,
baixa por unha zona de rochas granítica moi encaixado con varios saltos de
máis de 5 m e numerosos rápidos.
Rego das Moas,un
afluente do río Zarzo en
Mántaras (Irixoa)
RÍO ZARZO
Un afluente do Mandeo que baixa dos Montes da Pena e atravesa terreos de Irixoa e Paderne. Únese ao
Mandeo en Vigo (Paderne) nun estreito canón no que se atopa unha sucesión de rápidos e pequenas
fervenzas. Está aproveitado por unha minicentral que mingua moito o seu caudal.
Río Zarzo en
Vigo (Paderne)
FERVENZA DA REXEDOIRA
Naparroquia de Filgueira de Barranca (Oza-
Cesuras). O río Mendo ten un tramo con rápidos
e varias fervenzas en xistos e lousas. A máis
grande mide arredor de 8 m de altura encaixada
entra rochas.
RÍO MENDO
É o principal afluente do Mandeo. Nace en Foxado (Curtis), entre o coto da Carriceira e o monte da Graña,
e percorre terreos de Oza-Cesuras (fai límite con Coirós) e Betanzos onde se xunta co Mandeo, pouco
antes da desembocadura. Ten como afluentes pola dereita o Carnes, Miñatos e Torarou; e pola esquerda
o Piñeiredo e Velín.
34.
Encoro de Cecebre.
RÍOMERO
Nace nos montes de Tieira e descende lentamente case todo o seu curso cara ao Atlántico cun
trazado sinuoso, para desembocar na ría do Burgo, entre Culleredo e Cambre, despois de 46
km de percorrido. Recibe pola dereita o Furoca, Corbeira e Gándara; e pola esquerda o Govia,
Barcés, Brexa e Baliñas.
Está protexido no LIC “Encoro de Cecebre”.
35.
FERVENZA DE VISANTOÑA
Nolinde entre os concellos de Cesurase Mesía. O
río da Furoca, afluente do Mero, salva un resalte
en xistos e lousas de aproximadamente 8 m de
altura en varios saltos. Río abaixo hai outras
fervenzas máis pequenas.
Ponte de Beldoña, entre
Betanzos e Abegondo.
36.
O río Barcésen Carral.
RÍO BARCÉS
Nace nos montes do Xalo e recolle as augas dos concellos de Carral e Abegondo. Está protexido en parte
do seu percorrido no LIC “Encoro de Cecebre”.
Rego de Abelleira, un
afluente do Barcés que
cae desde a beira da
Meseta de Ordes e
xúntase ao Barcés no val
da Barcia. No seu curto
percorrido ten un tramo
cun forte desnivel no
que se suceden rápidos e
fervenzas.
A ruta dos muíños do
Batán, na costa da Égoa
fai un percorrido pola
zona máis interesante na
que se atopan 14 muíños
e unha pequena central
eléctrica, cun Eco-
museo.
37.
REGO DE XESTEIRAS.
Unhadas cabeceiras do Baliñas (afluente do Mandeo) que baixa do Xalo. Entre Celas e A Hemida hai unha
ruta indicada pola súa beira que pasa por once muíños.
38.
O Seixedo naárea recreativa de Arteixo.
RÍO SEIXEDO
Nace en Canzobre e desemboca na Praia de Alba. Case todo o seu percorrido está no concello
de Arteixo, onde está encorado en Sabón, no polígono industrial. O principal afluente é o
Comares.
39.
RÍO ARTEIXO
Nace noBrañadoiro, no linde con A Laracha e precorre o concello de Arteixo ata desembocar
na punta de Alba. Nalgúns tramos chámase Bolaño.
Ponte dos Brozos en Arteixo
40.
O río Sisaldena súa desembocadura.
RÍO SISALDE
Nace no monte de Pedra Maior e, despois dun curto percorrido polo concello de Arteixo,
desemboca na praia de Barrañán. Unha ruta de sendeirismo permite percorrelo ata a fraga de
Sisalde, situada no seu curso medio e alto.
41.
RÍO TAMBRE
Nace naSerra do Bocelo e desemboca na ría de Muros e Noia. En Sobrado ten as fontes e está
encorado nunha lagoa.
O Tambre en Sobrado.
42.
A COSTA
A áreacosteira deste espazo abrangue desde a praia do Andaio, en Perbes (Miño) ata a
desembocadura do rego de Alvite, na enseada do Folgueiro (Arteixo). Queda excluído o litoral
do concello da Coruña, desde a ponte da Pasaxe, na ría do Burgo, ata A Moa.
Acolle diversos ecosistemas de costa exposta e protexida: esteiros, marismas, praias, dunas e
cantís nos que se conserva unha rica flora e fauna adaptada.
É unha costa que acolle ricos bancos pesqueiros e marisqueiros, fonte de recursos para os
seus habitantes, e numerosas praias que son destino turístico importante, a nivel comarcal e
como atractivo para o turismo exterior.
Varios tramos están protexidos nos LICs “Costa da Morte”, “Costa de Dexo” e “Betanzos-
Mandeo”.
Punta do Seixo Branco (Oleiros)
43.
Praia de Perbes.Ao fondo a illa
Carboeira.
En Perbes hai tres areais
(Andaio, San Pedro e Marín)
que en conxunto miden 600 m
de lonxitude.
RÍA DE BETANZOS
Mide 12 km de fondo e presenta dous sectores ben diferenciados. O primeiro, de Betanzos
ata a ponte do Pedrido, é un esteiro típico onde sedimentan os lodos transportados polos ríos
Mandeo e Mendo, unha zona estreita con amplas zonas fangosas que quedan descubertas
coa marea baixa. O segundo, entre as puntas Lavadoira e Torrella, é máis amplo e conflúe coa
ría de Ares. As rochas dominantes son xistos, filitas e lousas. É unha importante zona
marisqueira (ameixa, berberecho...). Os esteiros do Mandeo e do Lambre, e a parte da ría de
Betanzos entre Miño e Gandarío forma parte do LIC “Betanzos-Mandeo”
Praias: Perbes, Miño, Ponte do Porco, punta Xurela, O Pedrido, Moruxo, Gandarío, Sada...
44.
Praia de SanPedro, en Perbes
Praia Grande de Miño (1360 m), formada sobre a frecha que pecha o
esteiro do río Baxoi. Miño é un dos centros de veraneo máis
importantes de Galiza.
45.
Praia de Pontedo Porco, na
desembocadura do río Lambre,
etre Miño e Paderne.
Praia pequena de Miño ou da
Ribeira, e punta Xurelos.
46.
Ría de Betanzosdesde Ponte Pedrido, na desembocadura do Mandeo, o río principal que alimenta a ría de Betanzos. O
tramo final do río conserva unhas extensas marismas de gran riqueza biolóxica.
Praia de Gandarío,un acolledor areal de 700 m de
lonxitude.
Sada, un porto de orixe fenicia e poboado desde a
antigüidade, como dan testemuña os numerosos
achádegos arqueolóxicos da zona. Na actualidade é
unha vila pesqueira e turística. A praia de Sada, de
400 m de lonxitude, está situada en pleno casco
urbán e é unha das máis concurridas da zona.
Punta Gaivoteira desde a praia de San Pedro.
Sada, un porto de orixe fenicia e poboado desde a
antigüidade, como dan testemuña os numerosos
achádegos arqueolóxicos da zona. Na actualidade é
unha vila pesqueira e turística. A praia de Sada, de
400 m de lonxitude, está situada en pleno casco
urbán e é unha das máis concurridas da zona.
Punta Gaivoteira desde a praia de San Pedro.
49.
Lorbé, pequeno portopesqueiro con gran actividade de
acuicultura. Nas proximidades están as praias de San Pedro e
Cirro.
Punta Torrella, o límite da ría
de Betanzos polo oeste.
50.
Punta do Corvale O Marolete
Tramo de costa comprendida entre a Punta Torrella e o Faro de Mera.
A costa presenta un perfil irregular con zonas de cantís, de entre 25 e 40 m de altura na Punta
de Dexo e en Punta Torrella, moi recortados entre os que se atopan zonas de pendentes
suaves e pequenas calas; e varios illotes rochosos entre os que destacan A Marola e O Corval.
As rochas dominantes son os xistos con gran variedade de diques, fracturas e pregues.
A punta de Seixo Branco está formada por xistos de foliación moi marcada cun dique de aplita
branca da que recibe o nome.
O espazo entre a Punta de Mera e o porto de Lorbé está protexido como LIC/ZEP. A punta de
Dexo e Seixo Branco é Monumento Natural.
51.
Porto de Dexoe a Marola. O porto de Dexo é un
pequeno entrante no cantil que serve de abrigo
a pequenas embarcacións de pesca.
Punta de Canabal e illote do monte Meán. Cantís de Dexo. Punta de San Antón e Punta Rasa.
A Marola
52.
O Seixo Branco.
OSeixo Branco, a enseada de Canabal
e a punta de Mera.
53.
Santa Cruz (Oleiros)
RÍADA CORUÑA
É unha ría curta e ampla, que se abre entre a punta de Mera e a Punta Herminia, cunha
separación de 4 km, e unha lonxitude total de 14 km, dos que case a metade corresponden á
chamada ría do Burgo formada polo esteiro do Mero, o río principal que está separada da
parte máis ancha pola frecha de Santa Cristina.
Ten un perfil recortado con varias enseadas e numerosas praias. As rochas da banda oriental
son xistos que lle dan ao releve formas suaves, mentras que as da beira occidental son
granitos que se erosionan en penedos e bolos e forman releves máis abruptos.
É unha ría densamente poboada e dunha gran actividade industrial e turística. A poboación
máis importante é a cidade de A Coruña. Á súa beira atópanse tamén, O Burgo, Perillo, Santa
Cruz e Mera. O litoral do concello da Coruña, desde a ponte da Pasaxe, na ría do Burgo, ata A
Moa non forma parte da Reserva da Biosfera.
Praias: Mera, Bastiagueiro, Santa Cruz, Santa Cristina.
54.
O Faro deMera e a Torre de Hércules son as luces
que sinalan os límites da Ría da Coruña.
Enseada de Mera, punta Bufadoira e A Coruña ao fondo. A
praia, de 430 m de lonxitude é un areal situado en pleno
casco da vila pesqueira e turística de Mera.
Praia de Portelo
55.
Illa do Portelo
Praiade Santa Cristina (880 m ).
Aséntase na frecha que separa a ría do Burgo da de A
Coruña. Está formada polo enfrontamento entre a ondada
do mar e as achegas do río Mero.
Praia de Bastiagueiro, de 580 m de lonxitude.
Praia de Santa Cruz
56.
Praia e portode Suevos.
COSTA DE ARTEIXO
Tramo de litoral de mar aberto que alterna
cantís moi recortados e praias
Praias: Alba ou Sabón, Repibelo, Salsa,
Valcovo, Combouzas e Barrañán.
Praia de Sabón.
Costa de Arteixo coa punta Langosteira ao fondo.
Un paseo peatonal e un carril para bicicletas
permite percorrer parte da costa de Arteixo desde
a praia de Sabón ata a de Barrañán.
57.
Praia da Salsa,en Arteixo..
Praia de Valcovo.
Alí atópase a furna de San
Xián accesible só na
baixamar onde, segundo
conta a tradición popular,
un mariñeiro soltou un
galo atado por unha perna
cun cordel, e apareceu
dous quilómetros máis
adiante, noutra furna onde
abrolla auga dóce.
58.
Praia de Barrañán.É un grande areal de case 2 km de lonxitude cun sistema dunar ben conservado. Forma un conxunto,
separado por pequenos saíntes rochosos, coas pequenas praias de Cambouzas e Santa Irene.
59.
ESPAZOS PROTEXIDOS
LIC BETANZOS-MANDEO
Comprende865 ha o curso do río Mandeo, desde Ponte Aranga, e o do Mendo desde Oza dos
Ríos, os esteiros do Mandeo e do Lambre, e a parte da ría de Betanzos entre Miño e Gandarío.
Nesta comarca terreos dos concellos de Aranga, Betanzos, Irixoa, Miño, Paderne e Oza-
Cesuras.
Os principais valores residen nos ecosistemas ligados aos distintos tramos do río.
O Mandeo na zona da Espenuca e Chelo discorre encaixado por un
angosto canón de rochas xistosas e granitos. Nesa zona atópase a
aula da natureza cun centro de interpretación fluvial. Esteiro do Mandeo
60.
BRAÑAS DO DEO
Éun espazo proposto como LIC (3.385,2 ha), pendente de aprobación. Está situado na cunca
do río Deo (afluente do Mandeo) ao sur da.
As brañas aséntase nunha ampla penichaira atravesada por numerosos cursos de auga
tributarios do do Deo (afluente do Mandeo). A maior parte do terreoo está ocupado por
brañas, prados e matogueira con árbores nas beiras e faixas de bosques de galería que
acompañan os cursos dos ríos. Hai tamén amplas zonas de repoboación con piñeiros e
eucaliptos.
61.
LIC ENCORO DECECEBRE
É un encoro construído en 1976 para o abastecemento de auga potable á Coruña. O espazo
protexido comprende 522 ha no encoro, áreas da súa ribeira e parte dos cursos dos ríos Mero
e Barcés. Nesta comarca unha parte do concello de Betanzos.
O principal interese deste espazo son as aves acuáticas, tanto sedentarias como de paso,
entre as que se atopan algungas pouco comúns en Galiza.
62.
ESTEIRO DO BAXOI
Éun espazo proposto como LIC (93 ha, 64,8 terrestres e 28,2 acuáticas) pendente de
aprobación. Inclúe o tramo final do río Baxoi desde Ponte Baxoi ata a punta Redonda e unha
pequena parte da frecha que forma a praia Grande de Miño.
Os ecosistemas de maior interese son o esteiro, as dunas e un pequeno bosque de ribeira.
63.
LIC e MONUMENTONATURAL COSTA DE DEXO E SERANTES
Tramo de costa comprendida entre o Faro de Mera e o porto de Lorbé. Abrangue 350 ha nas
parroquias de Serantes e Dexo, no concello de Oleiros. Alternan zonas de altos cantís con
pendentes máis suaves e pequenas calas, e varios illotes. As rochas dominantes son os xistos
con gran variedade de diques, fracturas e pregues.
Os principais valores son as paisaxes, as formas xeolóxicas (cantís, furnas...) e a flora e fauna
asociadas.
O Seixo Branco
64.
LIC COSTA DAMORTE
É un espazo de 11.885 ha que comprende o litoral coruñés dende Cabo Fisterra ata Arteixo.
Dada a diversidade da costa atopamos tamén diversidade de ecosistemas: costa rochosa,
costa areosa, dunas (fixas e móbiles), coídos, enseadas, marismas, esteiros, lagoas litorais nos
que habitan moitas especies de interese.
Nesta comarca está incluído parte do litoral de Arteixo
65.
LAGOA DE SOBRADO
Lagoade orixe artificial froito da construción dun dique para a contención, almacenamento e
aproveitamento de augas no ano 1500, posteriormente reforzado. Está considerada como un
dos nacementos do río Tambre. Ten unha gran importancia a nivel botánico e faunístico.
Destaca a presenza de dúas plantas de interese europeo: Isoetes velatum e a alga Nitella
flexilis (única cita en España). Acolle unha importante poboación de aves acuáticas
invernantes, sobre todo anátidas. Desde o punto de vista botánico está considerada Zona
Húmida de Importancia Europea, considerado enclave con interese singular no que se
localizan plantas acuáticas que foron catalogadas como taxóns singulares.
Na actualidade está xestionada pola Sociedade Galega de Historia Natural.
66.
TIPOS DE HÁBITATSDO ANEXO I DA DIRECTIVA 92/43/CEE
-Bancos de area cubertos permanentemente por auga mariña, pouco profunda
-Esteiros
-Chairas lamacentas ou areentas que non están cubertos de auga na baixamar
-Grandes calas e baías pouco profundas
-Arrecifes
-Furnas mariñas
-Vexetación anual sobre argazos
-Cantís con vexetación das costas atlánticas
Vexetación anual pioneira con Salicornia e outras especies de zonas lamacentas ou areentas
-Pasteiros de Spartina (Spartinion maritimi)
-Pasteiros salinos atlánticos (Glauco-Puccinellietalia maritimae)
-Matogueiras halófilas mediterráneas e termoatlánticas (Sarcocornetea fructicosae)
-Dunas móbiles embrionarias
-Dunas móbiles de litoral con Ammophila arenaria (dunas brancas)
-Dunas costeiras fixas con vexetación herbácea (dunas grises)
-Ríos dos pisos basal a montano con vexetación de Ranunculion fluitantis e deCallitricho-Batrachion
-Ríos de ribeiras lamacentas con vexetación de Chenopodion rubri p.p. e deBidention p.p.
-Queirogais húmidos atlánticos de zonas temperadas de Erica ciliaris e Erica tetralix
-Queirogais secos europeos
-Zonas subestépicas de gramíneas e anuais do Thero-Brachypodietea
-Prados con molinias sobre substratos calcáreos, turbosos ou arxilo-limosos(Molinion caeruleae)
-Megaforbios eutrofos hidrófilos das orlas de chaira e dos pisos montano a alpino
-Prados pobres de sega de baixa altitude (Alopecurus pratensis, Sanguisorba officinalis)
-Encostas rochosas silíceas con vexetación casmofítica
-Rochedos silíceos con vexetación pioneira do Sedo-Scleranthion ou do Sedo albi-Veronicion dillenii
-Bosques de encostas, desprendementos ou barrancos do Tilio-Acerion
-Bosques aluviais de Alnus glutinosa e Fraxinus excelsior (Alno-Padion, Alnion incanae, Salicion albae)
-Carballeiras galaico-portugueses con Quercus robur e Quercus pyrenaica.
67.
FLORA
Nos cursos mediosdos ríos consérvanse bosques de ribeira con amieiras,
salgueiros freixos, bidueiros, abelairas, sabugueiros, sanguiños, carballos, fentos
(dentabrú, blechno, fento macho, fento femia, Woodwardia radicans...), brións,
molinia, espadainas, xuncos, salgueiriño, amenta de auga, amarelle, ranúnculos,
oucas, pe de boi, raíña, adelfiña, herba centella, espiga de auga...
Nas zonas asolagadas e nas beiras atópanse espadanas, xuncos, esparganio,
eleocaris, chantaxe de auga, sombreiriño de auga, Sphagnum pylaisii...
Freixos na ribeira do Mandeo.
Carrizos (Phragmites communis), gramíneas que poden
acadar 4 m de altura e ocupan grandes extensións nas
zonas húmidas dos cursos baixos dos ríos.
68.
No esteiro eas marismas podemos atopar sebas, xuncos, salicornias, verdoaga
marítima, acelga salgada, herba das anduriñas, escirpo...
Nos areais hai correola, feo, caquile, cardo mariño...
Na rochas podemos atopar pirixel do mar, herba de namorar, liques, sedum...
Nas zonas de pasteiros e matogueiras costeiros hai herba de namorar,
Leucanthemum merinoi (endemismo da costa galega), Leucanthemum
pluriflorum, colexas, leiteras, carlinas, caliborcia, Anthyllis vulneria, pulicaria,
Rumex, trevos...
No espazo litoral destaca a presenza de gran diversidade de algas apegadas ás
rochas ou ocupando as pozas e fendas.
Correola da praia (Calystegia soldanella),
unha planta típica dos areais. Margarida (Leucanthemum merinoi)
69.
Sedum nas rochasdos cantís de Mera
Herba de namorar (Armeria...)Bocho (Fucus vesiculosus)
Pulicaria odora
70.
Nas áreas demonte baixo hai matogueira de toxo, xesta, breixo..
En xeral o terreo forestal está ocupado por plantacións de piñeiros e eucaliptos.
Nas serras da dorsal e nos vales máis profundos dos ríos consérvanse fragas
atlánticas dunha gran diversidade formadas por carballos, bidueiros, castiñeiros,
pereiras bravas...
Breixos, unha das plantas
máis abundantes no mato
dos montes.
Fraga das Barbudas en
Aranga. Pódese percorrer
seguindo a ruta nº 2 do
concello de Aranga.
71.
ESPECIES DO ANEXOII DA DIRECTIVA 92/43/CEE
Narcissus cyclamineus
Trichomanes speciosum
Woodwardia radicans
Narciso (Narcissus cyclamineus)
Fento (Woodwardia radicans)
72.
ÁRBORES SENLLEIRAS
Por todoo espazo consérvanse exemplares de árbores de gran porte ou idade, algunha
recollidas no Catálogo de Árbores Senlleiras da Xunta de Galiza (P).
Destaca o Pazo de Mariñán.
Eucalipto (P)
Mirtos. Os
máis antigos
(máis de 150
anos) e de
maior tamaño.
-4,9 e 5,7 m de
altura e 1,3 m
de perímetro.
(P)
Plátanos. Algúns exemplares acadan 50 m
de altura e case 6 m de perímetro. (P)
73.
Maceira en Colantres(Coirós). Mide 2,80 m de perímetro e ten unha ampla copa de 23 m de diámetro.
Segundo os veciños chegou a dar 2.000 kg de mazáns.
74.
FAUNA
Dada a amplitudedo espazo e a diversidade de hábitats podemos atopar un gran número das
especies da fauna galega, algunhas de gran valor biolóxico.
Destaca o gran número de aves acuáticas (de esteiros e marismas, de zonas húmidas e de
costa rochosa), de bosque de mato e de zonas de montaña.
Gaivotas nos
cantís de Dexo.
Galiña de auga
(Gallinula chloropus).
Picapeixes (Alcedo atthis)
75.
ESPECIES DO ANEXOII DA DIRECTIVA 92/43/CEE
Invertebrados
-Escaravello lonxicorne (Cerambyx cerdo)
-Vacaloura (Lucanus cervus)
-Bolboreta (Euphydryas aurinia)
-Cabalo do demo (Oxygastra curtisii)
-Caracol plano (Elona quimperiana)
-Lesma manchada (Geomalacus maculosus)
-Mexillón de río (Margaritifera margaritifera)
Mexillón de río (Margaritifera margaritifera)
Escarabello lonxicorne (Cerambyx cerdo)
Bolboreta (Euphydryas aurinia)
ACTIVIDADES
As principais actividadesson os servizos, a industria, a pesca, o marisqueo e a agrogandaría.
Destaca a elaboración de viños en Betanzos que contan cunha Indicación Xeográfica
Protexida e de pan artesanal, especialmente en Carral.
Porto de Lorbé
Gandería e xeradores
eólicos nas serras.
Rosca de pan
tradicional.
79.
É unha áreadensamente poboada desde tempos moi antigos do que dan testemuña os restos
de todas as épocas. Destaca a vila de Betanzos, capital dunha das sete provincias do antigo
Reino de Galiza. O seu porto foi ata o século XVIII o un dos máis importantes centros
pesqueiros e comerciais.
HISTORIA
Igrexa de San Francisco (Betanzos), do século XIV.
80.
PATRIMONIO
A área daReserva da Biosfera conserva un rico patrimonio histórico artístico no que
hai representación de todas as épocas: mámoas, castros, restos romanos, igrexas,
conxuntos históricos (Betanzos), pontes, muíños, pazos, castelos, hórreos...
Pola zona pasan os Camiños de Santiago Inglés e do Norte.
Ademáis consérvanse tradicións e manifestacións folclóricas (romerías, festas
populares, globo de Betanzos...)
81.
ABEGONDO
Encoro de Cecebre
Pontede Beldoña
Cruceiro Bonito
Aula da Natureza de Crendes
Casa das Abellas
ÁRBORES SENLLEIRAS: Pazo de Orto (eucalipto, piñeiro manso).
PUNTOS DE INTERESE
“Cruceiro Bonito” de Abegondo.
Piñeiro manso
monumental do
Pazo de Orto,
ao pé do encoro de
Cecebre.
82.
ARANGA
Igrexa románica deMuniferral
Pontes: Aranga, vella da Castellana
Fervenzas dos regos Cambás e Palanca (ruta)
Fraga das Barbudas
Canón do Mandeo na Castellana
Rio Vexo ou das Fervenzas (Fervencedo): fervenzas e muíños
Ponte sobre o Mandeo en Aranga.Canón do Mandeo
en Aranga
(A Castellana).
83.
ARTEIXO
Área recreativa deMonticaño
Encoro do Rexidoiro (reserva ornitolóxica)
Fraga de Sisalde
Praias: ruta costeira
Igrexas románicas de Santaia de Chamín
e Santa María de Lañas
Ponte dos Brozos
Balneario
Igrexa románica de Santa
Mariña de Lañas.
Balneario de Arteixo. As augas conteñen sales de cloro,
sodio, iodo, bromo, litio e flúor. Están indicadas para
problemas da pel, reumáticos e respiratorios.
84.
BERGONDO
Igrexa románica deSan Salvador de Bergondo
Pazo de Mariñán
O Pedrido
Praia de Gandarío
ÁRBORES SENLLEIRAS: Pazo Mariñán (camelias,
chopo negro, freixo florido, freixo de folla estreita,
eucaliptos, érbedo, mirtos, pacana de illinois,
palmeiras datileiras, buxos, plátanos de sombra,
teixos, piñeiro de monterrei, carballo, alcipreste de
lawson, alcipreste de portugal, picea, tuia xigante),
Pazo Do Casal (secuoia xigante), Pazo de Baldomir
(teixo).
Igrexa de San
Salvador de
Bergondo, do século
XII. No lugar houbo
un mosteiro
benedictino.
Pazo de Mariñán
85.
BETANZOS
Conxunto histórico-artístico
Igrexas desanta María de Azogue, Santiago,
San Francisco, Tiobre...
Murallas (portas)
Pazo de Bendoña
Torre do Reloxo
Pontes no Mandeo
Xardíns do Pasatempo
Detalle do pórtico de Santa María de Azogue,
de finais do século XIV e comezos do XV.
86.
CAMBRE
Ponte do Burgo
Igrexade Santa María
Ábside da igrexa románica (século XII) de Santa María de Cambre.
Formou parte dun mosteiro fundado no século IX polos Templarios.
87.
Monumento aos Mártiresde Carral.
Ecomuseo dos Muíños do Batán na Costa da Égoa.
CARRAL
Muíños e fervenzas da costa da Égoa (ruta río Abelleira)
Monumento aos Mártires
88.
Aula da naturezaen Chelo, centro de
interpretación da auga e do río.
Campanario no cume da Espenuca.
COIRÓS
A Espenuca
Petroglifo de Pena Furada (Figueiras)
Igrexa de Santa Mariña de Lesa
Aula da Natureza de Chelo e ruta polo Mandeo
Mazo e muíños de Ois (ruta no río Vexo)
ÁRBORES SENLLEIRAS: maceira de Colantres
89.
CULLEREDO
Monte Xalo
Torre deCelas (museo)
Xardín Botánico Ría do Burgo e Aula da Natureza
Juan Lembeye
Ponte do Burgo
Muíño de marea de Acea da Má
Igrexas de San Estevo de Culleredo (Tarrío) e
Santiago do Burgo
ÁRBORES SENLLEIRAS: Pazo de Vilaboa (eucaliptos
glóbulus, pinsapo, chopos, alcanforeiro, camelia,
tilleira, ulmeiros), Vilaboa (Ginkgo, ailanto, cedro do
Atlas, secuoia xigante)
Acea da Ma, muíño de mareas na ría do Burgo que
acolle un museo etnográfico.
Torre de Celas. No seu interior está
instalado un museo.
90.
CURTIS
Igrexa de Santaia
Brañasdo Deo
Centro Etnográfico e de formación do Mandeo
ÁRBORES SENLLEIRAS: carballo da Nosa Sra dos
Remedios (Teixeiro).
Carballo (Quercus robur) do campo da igrexa
parroquial da Nosa Señora dos Remedios en
Teixeiro (Curtis). Mide 20 m de altura.
Río Carballido, na cabeceira do Deo, en augas altas.
91.
IRIXOA
Ermida de SanCosme de Mántaras
Pedrafita de Mántaras
Fervenzas do río Zarzo en Verís, rego das Moas en Mántaras.
Río Zarzo en Verís (Irixoa)
92.
Ponte medieval (doséculo
XIV) sobre o Baxoi, en Miño.
Igrexa románica de San Xoán de
Vilanova, do século XII.
MIÑO
Pontes do Lambre e do Baxoi
Muíño de vento de Boucelo en Bernantes (Nogueirido, A Pinza)
Igrexa románica de san Xoán de Vilanova
Praias de Miño, Ponte do Porco e Perbes
Esteiro do Baxoi
93.
Castelo de SantaCruz en Liáns, na actualidade sede
do Centro de Estudos Medioambientais.
OLEIROS
Igrexas de Santa María de Dexo e San Cosme de Maianca
Castelo de Santa Cruz (Centro de Educación Ambiental e sede do CEIDA).
Praias de Mera, Santa Cristina, santa Cruz, Bastiagueiro...
LIC e Monumento Natural: costa de Dexo
Porto de Lorbé
Punta, faros e Aula do mar de Mera
Lagoa de Mera
ÁRBORES SENLLEIRAS:
Castelo Sta Cruz ( Alcipreste de california, Piñeiro de Monterrei, Piñeiros mansos) Centro cultural (ombú),
Pazo Miraflores (secuoia xigante), Pazo Arenaza ou centro terceira idade (Teixos)
94.
Igrexa románica de
SanNicolao de Cis.
O Sanatorio (O Paraxón, Bragade).
Construído en 1927 con cartos dos
emigrantes cubanos, só funcionou como
centro antituberculoso durantes uns
meses. Actualmente é un parque municipal
cun amplo espazo de bosque.
OZA-CESURAS
Sanatorio e parque de O Paraxón (Bragade)
Igrexas románicas de San Salvador de Cis e
San Pedro de Oza
Fervenzas da Rexedoira no río Mendo
(Filgueira de Barranca)
95.
Ponte do Pedrido,na
desembocadura do Mandeo.
Igrexa de San
pantaleón das
Viñas, no camiño
de Santiago.
PADERNE
Muíños do Rei (río Lambre)
Fervenzas rego Maínzoso, río Zarzo en Vigo,
Igrexa de San Pantaleón das Viñas
Ponte do Pedrido, Praia da Xurela
96.
Quiosco de Sada.Edificio modernista
trasladado da Coruña en 1919.
Sada foi desde hai anos un
importante centro turístico e de lecer.
O Complexo Artístico Cultural do Castro,
do grupo Sargadelos. Inclúe unha fábrica
de cerámica, o Laboratorio Xeolóxico de
Laxe, o Museo de Arte Moderno “Carlos
Maside”, unha Escola de Cerámica e as
edicións do Castro.
SADA
Lápida funeraria romana no cemiterio de Soñeiro
A Terraza e vivendas modernistas
O Castro: Fábrica de Cerámica, Museo Galego de
Arte contemporánea Carlos Maside e Laboratorio
Xeolóxico de Laxe.
Restos dun muíño de vento en Meirás
ÁRBORES SENLLEIRAS: Pazo Meirás (Eucalipto,
Cocoteiro de Chile , Castiñeiro de Indias, loureiros,
tulipeiro de Virxinia).
Praia
97.
SOBRADO
Mosteiro de SantaMaría de Sobrado
Ciadella: igrexa con restos románico e campamento romano
Lagoa de Sobrado e Centro Ictiolóxico
ÁRBORES SENLLEIRAS: Carballo de Portacal, Carballo da capela de Armada, Cedro
do Himalaia de Cumbraos, Casa do Gado (Carballeira, Freixos, Sabugueiro)
Cedro de Cumbraos
Mosteiro de Sobrado
98.
PROBLEMAS
Abandono do rural,envellecemento da poboación, destrución de espazos agrarios, aumento
das plantacións de especies alleas, contaminación, presenza de especies invasoras ( véspora
asiática, troita arco da vella, acacia, mimosa, plumeiro, tritonia, tradescantica, unlla de gato,
sargazo xaponés ...)
Os eucaliptais ocupan cada vez máis terreo de monte